Sexta feira 28(Venres)
? III Cantos de Taberna "Hai que Cantar!" de Ourense
? Caxade ás 23.30 na Fundación (Melide)
? Fanfarria Taquikardia no Cabiria Bar (Vigo) ás 23:00
? Superoito e Os Vacalouras no Avante (Compostela) ás 23:00
? Estalotada no Mundo Celta (Compostela) ás 22:00
? Foliada de outono no mesón Tuiriz (Lugo)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 29
? I Festival de música tradicional de Baiona ás 19:00
? II Concerto Solidario Ong INTI: Anxo Lorenzo&Xosé Liz, O Fiadeiro,... no auditorio do Conservatorio Superior de Vigo ás 19:30
? Xosé Constenla no Café A Farola (A Estrada) ás 21:00
? Tanto Nos Ten na Arca de Noé (Vilar de Santos)
? Maskarpone no Avante (Compostela)
? II Música e Cantos de Taberna na Praza do Pilón (Pobra de Trives)
? IV Repichoca en Canido (Ferrol)
? I Serán no Concello de Barro, no pazo da Crega ás 20:00
? Serán en Mondariz, na praza de abastos
Domingo 30
? Ataque Escampe na Zona C (Compostela) ás 20:00
? Os Modernos no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
Finou esta noite o señor Secundino Perez Sanromán aos 83 anos, gaiteiro de Chan de Brito.
Foi menbro da murga "Los leones de Camos" sendo el o gaiteiro de dita murga ala polos anos 45-50. Rivais directos dos "Terribles de Donas" o cal lles facian fronte, musicalmente falando.
Quizais en Vigo non sexa mui coñecido pero si en todo o Val Miñor pois deu clases de gaita moitos anos en Bahiña, Borreiros, Peitieiros, Priegue, Nigrán, Sabaris, etc ... Tamen en Vincios, i algún tempo en Valladares. Fundou entre outras a banda de gaitas de Couso.
Está no tanatorio de Sabaris e o enterro será este venres en Chan de Brito, as 17:00h.
Trala boa acollida do segundo encontro de cantos de taberna que tivo lugar na zona dos viños de Ourense o pasado 16 de maio, o grupo organizador (alumnos e alumnas do 2º curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP Farixa) pon en marcha a III Edición de ?Hai que cantar!?.
Este venres 28 de novembro, o casco vello de Ourense será testemuña unha vez máis dunha actividade organizada por e para revitalizar a antiga tradición de ?dar o cante nas tabernas? como décadas atrás o facían aqueles que nelas se reunían para desfrutar do bo viño da nosa terra entonando unhas cantigas cos seus.
Porén, arredor das oito da tarde, os grupos participantes arrancarán dende a Praza do Ferro un percorrido por varias tabernas da zona dos viños. Estas serán as mesmas que participaron na pasada edición:
BAR ORELLAS (Rúa da Paz), MONTECARLO, SOL, O RURAL, O COGUMELO e BAR PARÍS.
Ademais, ó igual tamén que no anterior encontro, contaremos co patrocinio de Viña Reboreda.
Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta ?Lúas de outubro e agosto? o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.
A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do
grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes
proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.
?Lúas de outubro e agosto? contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das
composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza
e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e
propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.
?Lúas de Outubro e agosto? gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de
Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a
Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de
Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.
?Lúas de Outubro e Agosto? preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con
faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.
Acollemento, sensibilidade, madurez, dozura, proximidade, personalidade, profesionalidade? son algunhas das palabras que me veñen á mente cando penso no que me transmite co seu cantar a muller que hoxe ocupa estas liñas. É sen lugar a dúbidas unha das voces máis características do panorama musical galego, que gusta ou non gusta, debido precisamente a iso de que é ?persoal?.
E pensaredes quen nos ledes: primeira entrevista a Xabier Díaz e agora a Guadi? Cheira mal! ;) E non, non é que sexa unha ?grupie? de Berrogüetto, nin tampouco de Acadacanto. Que me gustan ámbolos dous? Non o podo negar. Mais as razóns de que a miña segunda entrevistada sexa precisamente ela non ten nada que ver con iso. E é que o mundo da música está de celebración! Xustamente hoxe sae á rúa o seu último traballo, ?Lúas de outubro e agosto?, e tivo a ben deixarme entrar ?un chisco? na súa mente para contarme moitas cousas que agardo que vos resulten de interese.
Tod@s te coñecemos como a Guadi Galego que cantaba en Berrogüetto, xa que a túa presenza no grupo foi a que te deu a coñecer. Que che achegou e como encaraches a túa carreira despois diso?
Comecei en Berrogüetto cun obxectivo, que era cubrir a praza dun gaiteiro e as voces das pandeireteiras, tarefa imposible. Eu non era cantante, desde logo; cantaba pero non era a miña prioridade. Eu basicamente era Gaiteira. Aí empezou a miña encrucillada e o difícil mundo da voz, pero que é á súa vez tan apaixonante.
O que se vive nunha banda que consegue transmitir tanto como Berro, marcar unha etapa importante da música do país, exportar cultura, convencer a crítica e a público? son cousas que non se poden explicar con palabras. Con Berrogüetto percorrín medio mundo e coñecín xente e culturas varias, experiencias que sei que son irrepetibles. E despois chega a calma e o comezo dunha experiencia distinta: a canción como prioridade, versións, repertorio mariñeiro e a música de autora, escribir cancións e espirse pouco a pouco. Ao deixar Berrogüetto pasou algo moi curioso no palco, só quería cantar en formatos pequenos, tiña esa necesidade. E remataron os nervios, nunca máis volvín saír nerviosa ao palco. Coa seguridade de que aquilo piquiniño e tan meu ía ser o meu pequeno gozo. E así foi.
Nervios? palco? Que sensacións ten Guadi Galego antes, durante e despois de estar sobre o escenario? Como describirías o que lle achega á artista esa experiencia?
O palco é un tributo á humanidade, un bocado de espido, un bocado de verdade e outro de mentira, un bocado de evidencia, de banalidade e de transcendencia, un bocado de pudor, un bocado de medo, de? é unha exposición dun anaco do que ti es, coas miserias e virtudes. Hai días que te sentes xenial e días que non tan xenial, depende de como esteas, como na vida mesma.
?Ao deixar Berrogüetto só quería cantar en formatos pequenos. E nunca máis volvín saír nerviosa ao palco. Coa seguridade de que aquilo piquiniño e tan meu ía ser o meu pequeno gozo?
Como foron os teus comezos na música? Fuches a clases de voz? Tocas algún instrumento, ademais da gaita?
Comecei como calquera nena na vila, en Cedeira, compaxinando a música clásica coa tradicional e relativamente tarde, tiña 10 anos. Comecei tocando piano e gaita, despois cantei na Coral Eixil durante anos e finalmente metinme en canto tradicional con Xabier Díaz, pero aí xa era moito maior.
Fun a clases, múltiples, pero son unha grande indisciplinada para o académico, fun aprendendo da xente coa que toquei e compartín conversas e mil horas de música. Fun ao conservatorio a clases de canto con varios mestres, pero pouco tempo. A miña técnica é froito de moitas horas de investigación na miña limitada voz.
Falas de investigación, como foi ?madurando? Guadi Galego musicalmente co paso dos anos? Cales son as túas principais influencias?
A madurez é algo que non se analiza? maduras ou non. Son máis madura para afrontar a vida e os problemas, o traballo e os obxectivos, e sigo sendo unha auténtica inconsciente para seguir meténdome en grandes leas como ?Lúas de outubro e agosto?, un disco tan distinto nunha etapa vital social dubidosa e cunha responsabilidade na miña vida persoal moi grande que me quita moito tempo, pero así son eu.
Musicalmente déixome ir e nunca penso nas influencias, póñome a camiñar e fago o que me pide o corpo e a alma. Escribo sen medos e dende o abrazo compartido. Sei que as miñas letras nin son grandes nin o pretenden, son miñas, o que sinto. As músicas parten da esencia do aprendido, do escoitado, da música tradicional, da música de taberna, da música de autora, do pop, do jazz?
E en todo ese proceso, como afrontas o traballo compositivo?
Sempre do mesmo xeito. Funciona a esencia? Para diante coa estética, non funciona á lixeira. Hai letra? A pola melodía e a harmonía. Hai melodía? A pola harmonía e a letra.
Cóntame un pouco máis de ?Lúas de outubro e agosto?, que hoxe sae á rúa. Como o describirías e que podemos atopar nel? Xa puidemos escoitar Mergullei e Matriarcas e ver que o estilo é moi diferente a todo o que levas feito ata agora. Que buscabas?
?Lúas de outubro e agosto? son cancións miñas e de xente á que quero e admiro. Hai dous temas en concreto, un de Kevi, un dos homes con máis talento para facer cancións que coñezo e non se digna a sacar un disco, e outro de Karlos Abal; deste podería dicir que nunca deixa de sorprenderme, hai un tema del, O Norte, que é unha delicia. Hai tamén un tema de Pachi, o produtor do disco, un auténtico talento do pop español, que espero que algún día poida vir rebentar salas en Galicia. Buscaba un son distinto ao feito ata agora, buscaba as miñas melodías, as miñas harmonías, as miñas letras e os meus temas cos seus pros e contras, un son pop pero sofisticado, por iso pensei en Pachi. O disco ten unha sonoridade distinta ata o de agora feito por min, pero a esencia de Guadi Galego está. Quen a busque atoparaa.
E como cres que o vai acoller o público, asustarase? Preocúpache ou para nada? Espero que non se asuste, a xente que me segue non se sorprenderá demasiado.
?O disco ?Lúas de outubro e agosto? ten unha sonoridade distinta ata o de agora feito por min, pero a esencia de Guadi Galego está. Quen a busque atoparaa?
Unha curiosidade, por que este título de ?Lúas de outubro e agosto?? Ten algo que ver coa gran responsabilidade na vida persoal, que che quita tempo, da que me falabas?
Si, ten. As lúas de outubro e de agosto foron as lúas cheas que trouxeron aos meus nenos.
E como nai, de que xeito encaixa a música no teu día a día? Consegues ter tempo para ela?
Consigo poder convivir coa felicidade de sentirme moi chea cada vez que teño uns minutos para dedicarlle.
Es unha das cantantes con máis personalidade á hora de cantar que coñezo. En calquera sitio que te escoiten es totalmente recoñecible e mesmo hai moita xente que te ?imita?, porque xa es un referente. Como conformaches ese estilo propio?Non teño nin idea, supoño que non renunciando a expresar as cousas como quero coa voz.
Algún truco á hora de coidar a voz?
Ningún. Só non berrar, non cantar durante moitas horas; engadindo que non fumo, non bebo frío e son de boa raza (risas).
Como ves o panorama musical actual?
Moi rico, moito nivel, en Galicia súper nivel, máis do que pensamos, pero pouco risco por parte de tod@s. Moi bos músic@s, cantantes excelentes, e moitas e moitos.
E xa para finalizar, e por non perder costume, un interrogatorio en toda regra! Dime unha cantiga que che guste moito.
Instrumental, Marcha de Breixo. Cantada, Fisterra, a versión de Treixadura.
Un ou unha artista a quen admires.
Calquera que me transmita máis verdade que mentira e, sobre todo, emoción. Quédome con Uxía, por todo iso.
Un ou unha artista con quen che gustaría compartir escenario.
Con Javier Ruibal (adoro os Xabieres).
Un lugar no que xa actuaches e que te marcou especialmente.
Sen dúbida, Bos Aires, a primeira vez que fun con Berrogüetto.
Un lugar no que che gustaría actuar. Calquera onde queiran escoitarme ou cantar comigo.
Ganas de escoitar ?Lúas de outubro e agosto? desa nova Guadi son as que teño eu. Xa sabedes, desde hoxe á venda!
54 proxectos pasarán a 2ª rolda de votacións. MAV concederá este ano o seu Premio Honorífico a N.H.U., un grupo dos 70 cuxo único disco de rock progresivo en galego segue a ser obxecto de culto
Nun acto sinxelo e moi familiar, no que a música correu a cargo d?A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, gañadores da pasada edición na categoría de Orquestras, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 2ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. Foi no transcurso da Festa de Nomeados do certame que se volveu celebrar nas instalacións das Bodegas Martín Códax, en Cambados. Entre os finalistas, proxectos con traxectoria, e mesmo premiados na anterior edición como é o caso de Transivalnians ou Machina; Narf que desta volta aparece coa formación de trío; e tamén finalistas que repiten como Xoel López que nesta ocasión prefire vincularse á nova categoría de Canción de Autor; Caxade, Pablo Díaz, Cró ou Wöyza. Este é o listado os 54 proxectos nomeados:
Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales
Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
Canción de Autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
Metal: Aphonnic / Nao / Machina
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando
Ao remate do acto, o presidente das Bodegas Martín Códax, José Martínez Chantada, deu a benvida aos asistentes e destacou que "a adega estivo vinculada dende a súa fundación á cultura galega que é signo distintivo da nosa terra e é unha honra para a nós dar nome a este certame". Chantada valorou a implicación da firma nestes premios como ?unha aposta que nos está demostrando que paga a pena defender o noso, e que o sector musical ten un potencial que debemos promover tanto dentro como fora das nosas fronteiras?.
Implicación dos músicos
O acto estivo conducido por Xacobe Martínez Antelo, voceiro de Músicos ao Vivo que agradeceu ?a implicación dos músicos galegos unha vez máis neste proxecto ilusionante que nesta edición logrou reunir a 360 proxectos e que volve converter a web dos premios www.premiosmartincodaxdamusica.com na plataforma de música galega máis importante do momento. Antelo lembrou que o balance non podía ser máis positivo: 307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación inscritos, e engadiu que ?este segundo certame, pasará á memoria como a edición da consolidación. O que parecía un fito histórico que viña facer xustiza e recoñecer o traballo de moitas carreiras musicais, pasou a formar parte da nosa realidade cotiá?. Canto aos Premios Organistrum, asegurou que ?fan un primeiro achegamento sobre as salas, os festivais e os espazos de comunicación musical que valoran positivamente a visibilidade que supoñen estes premios?. O voceiro de MAV concluiu a súa valoración asegurando que ?o espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios? e resaltou o feito de que en todas as categorías haxa proxectos consagrados, xunto con propostas radicalmente novas e frescas, algo que fai deste certame a convocatoria perfecta para dar a entender o que temos entre mans cando falamos de Música en Galicia?.
A esta festa de nomeados asistiu tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil, que felicitou a todos os nomeados e reiterou o seu apoio a esta iniciativa da Asociación de Músicos ao Vivo.
Os asistentes puideron disfrutar dunha cea servida polo chef do Grupo Nove, Antonio Botana, que presentou un menú baseado nas creación gastronómicas coas que a diario traballa nos seu restaurante de Cambados, Pandemonium; e que se acompañou cos viños das Bodegas Martín Códax. Durante o acto presentáronse tamén as primeiras estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala que se celebrará o mércores 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, e onde ademais dos 18 gañadores que sairán desta lista de finalistas, entregarase tamén o premio Honorífico Músicos Ao Vivo á banda galega de rock progresivo dos 70, N.H.U.
Durante cinco anos camiñou polas aldeas para recoller a nosa cultura musical popular. Corría o 1978 e a imaxe dunha musicóloga suíza na busca de cantigas non pasaba desapercibida. Agora Dorothé Schubarth doa o seu arquivo ao Museo do Pobo Galego.
O arquivo de Dorothé Schubarth volve ao pobo do que o recolleu. A musicóloga suíza que en 1978 chegou a Galiza para estudar a nosa música popular e recolleu o valiosísimo material co que elaboraría o Cancioneiro popular galego en sete volumes, en colaboración co académico e profesor da USC Antón Santamarina, fixo doazón do seu arquivo sonoro ao Museo do Pobo Galego, entidade que definiu a súa obra como ?un corpus fundamental para o coñecemento do noso acervo folclórico?.
Cinco anos estivo Dorothé Schubarth en contacto con moreas de informantes das que recollía o rexistro sonoro, persoas que traspasaron o seu saber popular e coas que a musicóloga suíza afondou no contacto e a afectividade coa terra.
O fondo de Dorothé Schubart incorpórase ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade no que se integrarán os rexistros en cinta magnética ademais de diverso material musical e tamén escrito. Ademais, dixitalizaranse as gravacións orixinais para que poidan ser consultados por persoas interesadas. Os materiais que non foron editados xa pola Fundación Barrié poranse a disposición no portal www.apoi-mpg.org
Primeira no Día das Galegas nas Letras
Dorothé Schubart foi este verán protagonista da primeira edición do Día das Galegas nas Letras, unha celebración ideada polas promotoras da plataforma de crítica feminista A Sega que congregou na Estrada centos de mulleres que destacaron o labor na nosa cultura da musicóloga suíza.
No ?Aturuxo?, o manifesto que A Sega fixo público para a ocasión, falan de Dorothé Schubart como a ?primeira que ousou poñer os nosos nomes a cada unha das composicións?.
?Se nós temos voz é porque houbo quen foi quen de conservala e aínda máis importante, quen foi quen de recoñecela como de nosoutras, lonxe deses discursos da "comunidade" nos que as mulleres ficamos invisibles. Ese foi o traballo de Dorothè Schubarth que hoxe celebramos, vindicamos e recoñecemos?, rematan desde a Sega no seu manifesto, para recoñecer o labor desenvolvido pola homenaxeada.
Sexta feira 21(Venres)
? Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda): Cuchufellos, Chotokoeu,...
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Sete Cuncas, Os Carunchos
? Grande Baile Assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 22
? Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda): Zurrumalla, Terbutalina,...
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Os Ventos de Comesaña, A Buxaina, Xarabal.
? Almuiña Folk (Cela-Mos): Ardentía, Almuiñ, Os Tangaraños
? Pesdelán en Bergondo, no Edificio Sociocultural da Senra ás 18:00
? Diplomáticos de Montealto, os Papaqueixos,... no Garufa (A Coruña)
? Caxade no auditorio de Bandeira (A Estrada) ás 20:00
? Esquíos no Chimarrao (Ferrol)
? Aniversario de Traspés en Mondariz
? Magosto e Foliada en Pontemuíños (Pontevedra)
? IV Foliada "Castañas asadas e viño con mel" no C. C. Rosalía de Castro en Domaio (Moaña) ás 17:00.
? Magosto furtivo no Viso (Redondela)
Domingo 23
? O Fiadeiro no Auditorio do Centro Cívico de Teis (Vigo) ás 12:00
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Tanxedoras, Xistra de Coruxo
? VI Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
Quinta feira 20 (Xoves)
? Luis Emilio Batallán no C. Sociocultural Afundación (A Coruña) ás 20:00
? Talabarte na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
? Foliada no Candela (Vigo) ás 22:00
Sexta feira 21(Venres)
? Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda): Cuchufellos, Chotokoeu,...
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Sete Cuncas, Os Carunchos
? Grande Baile Assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 22
? Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda): Zurrumalla, Terbutalina,...
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Os Ventos de Comesaña, A Buxaina, Xarabal.
? Almuiña Folk (Cela-Bueu): Ardentía, Almuiñ, Os Tangaraños
? Pesdelán en Bergondo, no Edificio Sociocultural da Senra ás 18:00
? Diplomáticos de Montealto, os Papaqueixos,... no Garufa (A Coruña)
? Caxade no auditorio de Bandeira (A Estrada) ás 20:00
? Esquíos no Chimarrao (Ferrol)
? Aniversario de Traspés en Mondariz
? Magosto e Foliada en Pontemuíños (Pontevedra)
? IV Foliada "Castañas asadas e viño con mel" no C. C. Rosalía de Castro en Domaio (Moaña) ás 17:00.
? Magosto furtivo no Viso (Redondela)
Domingo 23
? O Fiadeiro no Auditorio do Centro Cívico de Teis (Vigo) ás 12:00
? I Festival Folc Atlántida (Matamá-Vigo): Tanxedoras, Xistra de Coruxo
? VI Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
Sexta feira 14(Venres)
? Narf no Bar O Recanto de Silleda
? Familia Caamagno en Sigueiro
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
? V "Serán-magosteiro", a ruada de Moraña
Sábado 15
? V edición das Xornadas de Baile Tradicional - AGG
? Festival de música tradicional Os Alegres (Pontevedra)
? Ventorock (Ventosela-Redondela)
? Caxade no auditorio de Valga (Pontecesures) ás 21:30
? Esquíos en Burela
? Ataque Escampe no Con do Moucho (A Illa de Arousa)
? Mamá Cabra no recinto Feiral de Arzúa ás 19:00
? Pandeiromus no recinto Feiral de Arzúa ás 20:30h
? Foliada Magosto da Ponte Vella (Reis-Teo)
? Foliada da Chuva en Cela (Bueu)
? Fuliada en Santo André de Vea (A Estrada)
? Serán no Centro cultural Chan das pipas (Saxamonde- Redondela)
? Serán solidario en San Andrés de Comesaña (Vigo)
? II Serán da castaña (A Cañiza)
? Serán magosto en Mondariz, na praza de abastos
? Ruada de Cuspedriños (Cotobade)
? VII Serán Paradanda no Grove
Domingo 16
? Ciclo de Coros históricos (A Coruña)
? Esquíos no C.S. A Xebra (Burela)
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
PANDEIROMUS presentan novo disco este sábado 15 de Novembro no recinto Feiral de Arzúa, ás 20:30h.
Unha 1ª entrega do que será unha triloxía, que inicia este "Teño Días", que virá seguido o proximo ano da 2ª parte "Teño noites", ata formar un corpo único na súa 3ª entrega, "TEño días e teño noites" a finais de 2015.
Temas orixinais, baseados na súa ampla traxectoria musical e pleno coñecemento da tradición musical do país, aportando a súa visión e estilo que conforma unha proposta moi sólida e chea de calidade e orixinalidade.