Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII Festa do Outono (Couso-A Estrada)
e o sábado 16 festa do outono en Couso, faivos?

Ai vai o programa


17h-20h · Constrúe e toca o teu propio instrumento: requinta e castañeta (Obradoiro impartido por Suso Vaamonde; inscrición previa)

20h30 · Monólogo teatral de Cándido Pazó
22h30 · Ruada do outono, música e baile até o mencer

Viño novo, castañas asadas e outros produtos do outono!!

Contaremos coa presenza de bailadoras, músicos, bailadores e músicas da comarca e de toda Galicia!!

E ti, apúntate tamén; trae o teu instrumento e únete á festa!!

Inscrición ao obradoiro

Máis info

Saudos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán da castaña (A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán Lediacia (Burela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas arredor da Música Tradicional
II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.


Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha intensa programación, moi completa e interesante, que vos amosamos a continuación:

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO
Mañá

10:30 h. Acto de apertura das Xornadas

11:00 h. Ponencia I : A gaita na música barroca de Galicia. Fernando Reyes

12:10 h. Descanso

12:30 h. Ponencia II: Algunhas aportacións sobre a zanfoña e os músicos cegos ambulantes. Pablo Quintana

Tarde
16:00 h. Ponencia III: Gaitas de Fole em Portugal - Miranda, Minho e Coimbra: estamos vivos! Jorge Lira e Gonçalo Cruz

17:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional

Acordeón tradicional e folk galego. Alejandro Balbuena

O Cego de Padrenda Manuel Paz

Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas. Alexandre Cadarso “Cano”

18:00 h. Descanso

18:15 h. Ponencia IV: A Gaita e a Chifla na provincia de León, Luis Mondelo e Rafa Busto

22:00h Foliada na “Nave de Vidán” (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 – Compostela)

DOMINGO 17 DE NOVEMBRO
Mañá

10:00 h. Ponencia V: “Non se toca cunha man…toques de pandeiro. Luís Prego

11:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional.

Xogos Musicais. Luís Prego

Homenaxe Germán V. Soneira. O gaiteiros dos Hnos Lamas. Jose Mª Cebeiro e Xose F. Noia Souto

11:40 h. Descanso

12:00 h. Ponencia VI: “Organoloxía popular catalana. Agrupacións elementais e formacións complexas. Xavier Orriols

Tarde
16:00 h. Ponencia VII: Os cegos músicos na comarca da Limia. Cástor Castro

17:10 h. Ponencia VIII : A incorporación da gaita á música de cámara. David Bellas

18:20 h Descanso

18:30 h Concerto: As formacións da gaita en Galicia ao longo da historia. Pablo Carpintero e Luís Mondelo

19:30 h : Remate das Xornadas

LUGAR
Auditorio CGAC

Rúa Valle Inclán s/n
15704 Santiago de Compostela

INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 14 de novembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Socios da AGG: 5 €
Outros : 10 €

FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “ II Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

Non faltedes!!!!!
www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-11-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de tamboril e bombo en Madrid

www.apintegamarela.org
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-11-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeireta e canto tradicional (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-11-2013 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de peiteado tradicional (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-11-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 11 (Luns)

Terza feira 12 (Martes)

Corta feira 13 (Mércores)
• Victor Aneiros no Clavicémbalo (Lugo)

Quinta feira 14 (Xoves)
• Doa no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
• Narf no C.C. Torrente Ballester (Ferrol)

Sexta feira 15 (Venres)
• Sés no Liceum (O Porriño)
• III Magosto-Serán en Cacheiras (Teo)

Sábado 16
• II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)
• Obradoiros Maghúa (A Coruña). Pandeireta e Canto tradicional
• Festival de Música tradicional "Os Alegres" no Teatro Principal de Pontevedra
• 50 aniversario de Lembranzas Galegas no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) ás 20:30
• Foliada da Chuva (Cela-Bueu)
• Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
• Ruada de Outono en Couso (A Estrada)
• I Serán da Castaña (A Cañiza)
• Serán de Calvos (Fornelos de Montes)
• V Serán Ledicia en Burela

Domingo 17
• II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)
• Obradoiro de peiteado tradicional (Ramirás)
• Pablo Seoane Grupo no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
• V Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2013 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Corisco no Racimo (Vigo)
• Estalotada nos bares Sande (22:00) e Merlego (00:30) da Rúa San Pedro en Compostela.
• IV Serán-Magosteiro en Moraña - A ruada de Moraña

Sábado 9
• Tanxedoras no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Zënzar en Bertamiráns (Ames) no Bobber Cafe
• Pesdelán na Recreación da Esfolla en Doso (Narón)
• Sés no Teatro Principal de Pontevedra
• Pito de Pikasso e Os Vacalouras no Torreiro da Festa (Vigo)
• II Festival do Povo (Compostela)
• San Martiño Canibal en Louseiro (Sarria)
• Magosto da A.C. Xironsa en Cambados
• Magosto e foliada da Pontevella (Teo)
• II Serán de Sela (Arbo)
• I Serán no Souto de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)
• VIII Serán-Fiada de Viladesuso (Oia)

Domingo 10
• III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro "Toxos e Froles" (Ferrol)
• IX Ciclo de Coros Históricos no C.C. Ágora (A Coruña)
• Serán e Magosto en Vincios (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Sela (Arbo)

Os veciños da parroquia de Sela xunto con todos os amigos que nos queiran acompañar máis os grupos que lle apeteza actuar, celebraremos o vindeiro sábado 9 de novembro un Serán popular, coma os que fai máis de cincuenta anos celebraban os nosos avós. Para iso animamos ós asistentes, que veñan vestidos de época, con calquera roupa vella, que atoparán de seguro, nun arcón esquecido de fai anos.

A festa comezará as 5 da tarde, cando o carro de bois saia da veiga onde recolleremos o millo que foi sementado despois dunha labrada popular que tivo lugar no dia 25 de maio pasado. Acompañaremos ó carro, labregos dun e doutro lado do rio Miño, en fraternal manifestación festiva, e continuaremos cun encontro tradicional de labregos miñotos que dará paso a foliada que durará ata altas horas da madrugada.

Agasallaremos a quén nos acompañe, con castañas asadas, caldo, diferentes manxares preparados polos veciños de Sela, e remataremos cunha compota de peros no pote e mais a tradicional queimada no coco.

Pretendemos que sexa a festa da integración de galegos e miñotos, demostrando que o noso patrimonio inmaterial (a cultura, a tradición, a gastronomía….) unenos ainda que o río nos separe.

Haberá comida e viño de abondo para todos. (Caldo, zorza, castañas e os pratos que os veciños cociñarán para agasallarvos como merecedes.
¡Repeludos gaiteiros! Non faltedes.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Serán-Fiada de Viladesuso (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán no souto de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán Magosteiro en Moraña

IV SERÁN-MAGOSTEIRO. A ruada de Moraña

Venres 8 de novembro
Inmediacións da Carballeira de Santa Lucía, Moraña.


20:00h
Comezo do ASADO e reparto de castañas, chourizos e demais de balde entre os asistentes (con viño, refrescos, cervexa e licor café a prezos moi populares) e comezo das ACTUACIÓNS MUSICAIS dos grupos:

-CHINGUILIPÉ
- Alumn@s da AULA FOLQUE DA Escola Municipal de Música
-SEIXEBRA
-REGATO DE MATAMULLERES
- POLAVILA DE QUIREZA
-AIRIÑOS DA FRACHA
-O gaiteiro GERMÁN V. SONEIRA (o gaiteiro dos lamas)

- REGUEIFA: A cargo de Bieito Lobariñas (Trioliro Regueifeiros) e Felipe de Dodro

* Se tedes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos alí mesmo, na ruada.

00:00h
FOLIADA ABERTA

* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!
* Se chove, teremos carpa!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto-Serán en Vincios (Gondomar)
DOMINGO, 10 DE NOVEMBRO
Magosto – Serán


Organizado por Asociación Pica na Pedra e Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.
A partir das 13 horas, o Restaurante Moisés terá a venda comida: Polbo, empanadas e xamón asado.

E a partir das 16 horas, comezo do magosto - serán.
Haberá castañas, viño, bocadiños de chourizo e chocolate para todos os asistentes.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Corisco no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e foliada da Pontevella (Reis-Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto da A.C. Xironsa en Cambados
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Recreación da Esfolla en Doso (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
San Martiño Canibal en Louseiro (Sarria)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival do Povo (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2013 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiro cadrado en Vigo
Construe o teu pandeiro con Xosé Maceda

Sábado 9 de novembro na Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo

Prezo: 55€ (incluido todo o material preciso)
Prazas limitadas

Todos aqueles que esteades interesados na elaboración dun pandeiro, non teñades medo e apuntádevos: non se require ningunha formación previa.

Inscricións:
Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo
R/Cánovas del Castillo 2, baixo
tfno: 986-439799


Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-11-2013 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de Dúos Gaita - Percusión
Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos.

A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:
Bases do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

A data límite para a recepción das solicitudes é o venres 1 de Novembro de 2013

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-11-2013 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 7 de novembro
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Carme (Bouba)

22h30 . Bouba pandereteiras
23h15 . Pradairo
24h00 . Alvariza
01h00 . Foliada até ás 03h00

Máis información
www.seransencompostela.org

seranscompostela@ gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2013 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)

Terza feira 5 (Martes)
• Balakandra na casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 6 (Mércores)

Quinta feira 7 (Xoves)
• aCadaCanto no Café Teatro do Pazo da Cultura Narón
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 8 (Venres)
• Estalotada nos bares Sande (22:00) e Merlego (00:30) da Rúa San Pedro en Compostela.
• IV Serán-Magosteiro en Moraña - A ruada de Moraña

Sábado 9
• Tanxedoras no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Zënzar en Bertamiráns (Ames) no Bobber Cafe
• Pesdelán en Narón
• Sés no Teatro Principal de Pontevedra
• Pito de Pikasso e Os Vacalouras no Torreiro da Festa (Vigo)
• Magosto e foliada da Pontevella (Teo)
• II Serán de Sela (Arbo)
• I Serán no Souto de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)

Domingo 10
• III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro "Toxos e Froles" (Ferrol)
• IX Ciclo de Coros Históricos no C.C. Ágora (A Coruña)
• Serán e Magosto en Vincios (Gondomar)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-11-2013 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 1 (Venres)
• A miña primeira Rosalía (Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra) no Teatro Principal (Compostela) ás 20:00
• Festa aniversario da Fegafe en Chantada con Maskarpone e Dj Enxebre
• Noite de tasca en Sigueiro (Oroso)
• Foliada de Santos en Monterroso (Lugo)
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 2
• IV Concurso de cantos de taberna (Chantada)
• Castañazo Rock (Chantada): Nao, Dakidarria, Lendakaris Muertos, Che Sudaka,...
• Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Vilagarcía
• Superoito no pub Gatos (Melide)
• XXI Magosto Celta de Balboa (O Bierzo)
• VI Foliada de Sada (A Coruña)
• Foliada do Oito no Clavicémbalo (Lugo)

Domingo 3
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2013 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
VI Foliada de Sada
Organizada pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, o vindeiro sábado 2 de novembro ás 20 horas, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a VI Foliada de Sada.

No transcurso dela, celebrarase o IV Concurso Queiroa de Baile Tradicional por parellas e haberá premios para os mellores bailaríns. Previamente, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrarase a xa habitual foliadiña, á que poderán asistir os máis pequenos dos diferentes grupos tradicionais. Hai premios para todos.

Podedes participar tocando e cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del, sempre música tradicional bailable. Se non queres facelo, podedes asistir e simplemente disfrutar das actuacións.

Se desexades actuar na foliada ou àrticipar no comcurso, debedes confirmar no teléfono 617 940 833 (luís) ou no correo grupoqueiroa@gmail.com. Logos das actuacións previstas a intervención será libre.

Haberá bochinche (Castañas, bolos preñados, viño, etc) e a media noite queimada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Santos (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Foliada o primeiro venres do mes!!!

Venres, 1 de Novembro / 23:00 h.


Abre Pandereteiras de Lembranzas da Ria
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada do Oito (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tasca en Sigueiro (Oroso)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-11-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer