Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xoán Curiel e Rui Davide en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
AcadaCanto en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chavellos en Tui
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Gala do Fiadeiro en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Orquesta Gharbo! en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

O sábado 23 de novembro, ímoslle tod@s ata Asturies, participarmos na décimo terceira edición desta xuntanza de convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns astures. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!!

Información e Inscricións:
-Chamando ao propio. El Sabil: 985 761 472 . info@elsabil.net

www.elsabil.net.

Prezos por persoa (durmida, cea e festa):

- Habitación doble: 34 eur.
- Habitación triple: 32 eur.
- Habitación cuadruple; 30 eur.

Menú típico de Asturies:
-Sopa de la güela
-Picadillo quirosan con güevos y patatas
Postres de casa

PRAZAS LIMITADAS!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Libro CD `A Terra Queima´ (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Habelas Hainas en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Milesios en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de Coros de música popular (Xinzo de Limia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
IX Ciclo de Coros galegos históricos (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-11-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
A Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-11-2013 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ventorock (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-11-2013 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Hanneke Cassel & Mike Block na ETRAD. (Vigo)
Hanneke Cassel & Mike Block na ETRAD.
Auditorio Milladoiro.
Mércores 20 de novembro.
21hs


Hoxe mércores 20 de novembro, vai ter lugar no auditorio Milladoiro da ETRAD unha pequeña mostra do saber musical de dous artistas de primeiro nivel mundial. Trátase de Mike Block e Hanneke Cassel, dúas primeiras figuras do mundo do fiddle. Mike Block é mestre na Universidade de Berklee en Boston e xira xunto a Yo-Yo Ma no Silk Road Ensemble, onde tamén colabora puntualmente a gaiteira ourensá Cristina Pato. Hanneke Cassel é unha das violinistas alternativas cunha traxectoria máis salientable no mundo do fiddle. Ten gravados seis álbumes e fará a presentación mundial do seu último cd en Galicia.


O pequeno concerto irá precedido dunha demostración da súa técnica e unha explicación do estilo que cultivan. Presentarán tamén o curso a desenvolver a vindeira fin de semana na sé da Asociación Cultural Galicia Fiddle, convalidable por 8 horas de aulas extraescolares da ETRAD. Queremos agradecer a súa xenerosa colaboración por facer posible a súa presenza na escola.


A actividade dará comezo as 21:00 hrs. e terá unha hora de duración. A entrada é libre ata completar o aforo

Hanneke Cassel & Mike Block
Auditorio Milladoiro.
Mércores 20 de novembro.
21hs.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
A música tradicional hoxe (Compostela)
XOVES 21 DE NOVEMBRO DE 2013

Esta xornada está pensada para facer unha análise da situación da música tradicional no mo-mento actual, unha vez perdido xa totalmente o seu carácter funcional e sopesar os riscos aos que está sometida, debido fundamentalmente á vaga globalizadora que nos invade. Así mesmo, estudar posibles actuacións na difusión, ensino e posta en valor de toda a riqueza cultural que representa a nosa música popular para mostrala ás novas xeracións.

PROGRAMA

16:45 h. Presentación da xornada
17:00 h. A música tradicional ante o reto da globalización
Josep Martí. Catedrático do Departamento de Arqueoloxía e Antropoloxía do CSIC (Barcelona)

Presenta: Xosé V. Ferreirós

17:45 h. Educación e Música Tradicional Xaime Estévez. Profesor e xefe do seminario de música do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo)

Presenta: Sergio Sieiro

18:30 h. Mesa redonda
Josep Martí
Xaime Estévez
Ramón Rodríguez Palleiro. Gaiteiro e arquiveiro do coro Cántigas da Terra (A Coruña)
Xosé Lois Romero. Compositor, arranxador e profesor na Tradescola (Lugo)

Presenta: Xosé V. Ferreirós
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2013 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo


Menudo día chea de emocións que vivíu Muxía. O mesmo Kepa Junkera volvía pola Costa da Morte aproveitando a presentación do seu novo disco: Galiza. E el mesmo, en persoa, quixo achegarse ata unha pequena e brava aldea chamada Merexo para entregarllo, en man, a un amigo moi especial.

Acordou ca familia aparecer a media mañá, e darlle unha sorpresa ao gran Pazos de Merexo, do que xa teñen falado aquí Viki Rivadulla ou Xurxo Souto. O bo de Pazos, aos seus anos, é partícipe do disco, pois grabou algún dos temas co equipo vasco (outras bandas galegas como Luar na Lubre, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño… tamén participaron). E o artista euskaldún, nun exemplo de achegamento á terra, como o propio disco demostra, quixo entregarllo en man.

Pero para facer a visita máis completa, antes de aparecer por casa, quixo deixar a súa pegada nun dos coles máis activos da zona, o CEIP Os Muíños, no que ademais estudia o bo de Manuel, o neto. Un neto que xa lle dá ao acordeón case coma o avó, e que hoxe tamén era un dos homenaxeados. Manuel fíxolle o dúo cos acordeóns e a compañeira Paula atreveuse ca pandeireta.

Kepa non dubidou en sacar a súa trikitixa, o noso acordeón, e os pequenos aprenderon a apreciar cantas cousiñas boas temos na nosa terra.

Sorpresa na casa

Malia que algún que outro medio, por intentar sacar a exclusiva case rompe a sorpresa, Kepa sorprendeu ao seu amigo Pazos na súa casa en Merexo. Disfrutaron pequenos, maiores e protagonistas. Unha auténtica estampa feliz viviu Merexo durante esta mañá, na que o acordeón de Kepa compartiu notas co de Pazos de Merexo e co seu bravo neto Manuel.

As emocións desbordábanse a cada comentario, a cada debuxo traído dende a escola, acada recordo do bo de Pazos, ou a cada loubanza de Kepa, que mantivo en todo momento o seu papel de idólatra, nunca no de ídolo.

E ollo, que prometeu voltar por Merexo!!

Temos iso, agradecer a invitación da familia muxiá, que nos brindou a posibilidade de disfrutar dunha velada tan entrañable coma esta. E ao tempo felicitalos por ser tan auténticos que

Ah!, e non vos perdades a historia do acordeón de Pazos de Merexo, que dá para unha película!

www.quepasanacosta.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2013 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de colares tradicionais (A Coruña)
Ola, informámosvos da realización dun curso de colares na A.C. Donaire. Será en dúas sesións intensivas (hora e media/dúas horas, dependerá dos que vos animedes), nas mañás dos sábados 14 e 21 de decembro no CCM de San Diego (A Coruña).

- Prezo: 40€ socios / 50€ non socios
Inclúe o curso e todo o material para facer 5 colares.

- Inscrición: Mediante e-mail a info@acdonaire.com por rigurosa orde de inscrición.
- Data límite: 23 de novembro.

Haberá límite de prazas, así que rogamos que confirmedes canto antes. Se houbera máis xente interesada, faríamos outra quenda ou realizaríamos outro no mes de xaneiro.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-11-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
XIX edición do Premio de Investigación
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2013 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
I Premios galegos da Música Martin Codax
Os premios galegos da música xa teñen finalistas. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 13 de decembro nas Adegas Martín Codax.

Grandes grupos e grandes proxectos constitúen a listaxe de finalistas dos I Premios da Música Martin Codax organizados pola Asociación Músicos ao Vivo. Nunha xornada de festa desenvolvida en Cambados o 15 de novembro e conducida polo voceiro de Músicos ao Vivo, Xacobe Martínez Antelo, a Asociación deu a coñecer a listaxe de nomes que pasarán á segunda votacións.

Pop e indie

- Xoel López
- Eladio y Los Seres Queridos
- TERELAND

Rock, blues, funk &soul
- NARF
- Cró!
- Foxy Freire

Jazz e músicas improvisadas
- Abe Rábade Trío
- Marcos Pin Factor E-Reset
- Paco Charlín "Flood"

Hip-Hop e músicas urbanas
- Dios ke te Crew
- Wöyza
- García MC

Música clásica e contemporánea
- Taller Atlántico Contemporáneo
- Orquestra Vigo 430
- Vertixe Sonora Ensemble

Folque
- Berrogüetto
- Cuarteto Caramuxo
- Caxade

Música tradicional galega
- Treixadura
- Davide Salvado Trío
- Cantigas e Agarimos

Músicas do mundo
- Banda Crebinsky
- 2us
- Germán Díaz Método Cardiofónico

Música infantil
- Mamá Cabra
- A Nena e o GrilonunBarquiño
- Pablo Díaz e a Banda Tic Tac

Electrónica
- Das Kapital
- Aquofono
- Sub Rosa

Metal
- Machina
- Nao
- Tálesien

Reggae, ska&mestizaxe
- Transilvanians
- Dakidarría
- Cuchufellos

Orquestras, grupos e música de verbena

- A Magnifique Bande
- Os da Ría
- Orquestra Os Modernos

www.premiosgalegosdamusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2013 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 18 (Luns)

Terza feira 19 (Martes)

Corta feira 20 (Mércores)

Quinta feira 21 (Xoves)
• O Ladrón de Amorodos (Davide Salvado, Santi Cribeiro e Cristian Silva) no C.C. Torrente Ballester (Ferrol)

Sexta feira 22 (Venres)
• La Musgaña no Clavicémbalo (Lugo)

Sábado 23
• XII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Proaza (Asturies)
• Festival A Rebusca de Outono (Manzaneda): Tiruleque, Maskarpone, Guintervan, Labregos dos tempos do Sputnik,...
• Festival Ventorock (Redondela): Liska!, Sete Cuncas, Noite Fechada,...
• Orquestra Gharbo! no Auditorio municipal de Cangas do Morrazo ás 21:00
• Terbutalina na sala Marrucho (Baiona)
• Brath na Fundación Novacaixagalicia (Pontevedra) ás 21:00
• La Musgaña no Liceum (O Porriño)
• Acadacanto no Museo do mar de Vigo ás 21:00
• IV Fia e Baile de Pandeireta en Trazo
• Ruada de Loimil (A Estrada)

Domingo 24
• IX Ciclo de Coros Históricos no C.C. Ágora (A Coruña)
• O Fiadeiro no cine Salesianos ás 12:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2013 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
A piques de lograr a autoedición de "Música de tradición oral no concello de Bueu"
A Asociación Cultural Retrouso de Cela quere editar un traballo discográfico que escolme o froito de quince anos de recollas de campo a persoas maiores de todo o Concello de Bueu.

Un disco estará cheo das mellores gravacións, pezas tradicionais desta área morracense que abrangue a riqueza pandeireteira da Illa de Ons, gaiteiros da Portela e de Cela, tocadores de filharmónica en Cela e a riqueza melódica de áreas como Beluso, Xexide ou Ermelo. Todo isto glosado no libreto con datos dos informantes e unha breve explicación técnico musical.

O outro disco conterá un tributo de Retrouso de Cela a estes informantes e ás músicas que nos teñen transmitido, con 12 pezas interpretadas en base ao explicado polas persoas maiores e engadindo pequenas pinceladas en coherencia con elas.

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
A Asociación Retrouso de Cela logrou financiar xa a gravación do disco homenaxe e estase a traballar na escolma do disco das recollas. Os cartos son necesarios para o proceso de edición e mellora de todos os audios, así como a xeneración do libreto e as copias dos discos.

CALENDARIO
Tras conseguirmos o voso financiamento vía Verkami, o calendario de produción ha ser:

Decembro: edición e mellora dos audios dos dous discos.
Decembro e xaneiro: Redacción e deseño do libreto.
Febreiro: copias listas para a súa distribución.

O noso plan, polo tanto, é poder facer a entrega das recompensas en febreiro de 2014. Algunha delas (a entrega de 10 pezas en mp3) poderá entregarse mesmo antes: en decembro de 2013.

Gaspar Broullón axudounos coa creación do vídeo e contamos coa colaboración de Luís Davila co debuxo das Retrocamisolas!

http://elelelos.com/

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2013 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Narf en Ferrol
Narf leva ao Torrente un diálogo musical con Rosalía de Castro

Narf, nome artístico de Fran Pérez, súbese hoxe xoves ás 21.00 horas ao escenario da capela do Centro Cultural Torrente Ballester dentro do ciclo municipal “As Noites na Capela”.


Hoxe presentará o seu terceiro traballo discográfico como Narf, “Nas tardes escuras”. O prezo da entrada é de 4 euros. Esta obra discográfica converte en cancións doce coñecidos poemas de Rosalía de Castro e supón o diálogo entre dúas artes e dous artistas de diferentes ámbitos. Un músico cunha marcada identidade e un estilo persoal xa consolidado, e unha muller que converteu a súa obra en paradigma da cultura galega.

Compositor e intérprete de sólido prestixio que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro, gañando varios premios María Casares e Mestre Mateo, Pérez foi membro de grupos como Psicofónica de Conxo, Os Kinindiola e Nicho Varullo. Actuou só ou noutros proxectos por tódolos continentes. Ata hai pouco participou tamén como actor na montaxe do CDG “A ópera dos tres reás”, de Bertold Brecht e Kurt Weill, protagonizada por Luis Tosar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Doa en Narón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Oscar Ibañez na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina no Barco de Valdeorras

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Iria Estevez e Gonzo Piña en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Buxaina e Os do Cabaleiro no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Seoane Grupo en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo (Cabral-Vigo)

“XXVI FESTA DO CABAZO” NO CARBALLAL

O próximo domingo día 17 de novembro celebrarase a “XXVI Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.


A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:

- Grupo de Gaitas “XESTAREGA” da A. C. "O Coto".
- Grupo de Gaitas e Pandereiteiras da S. C. "AIRIÑOS DOS CARRÍS" de Cerdido.

- Lectura do pregón. O pregoeiro desta festa será D. XESÚS ALONSO MONTERO, escritor e presidente da Real Academia Galega.

- Grupo de Gaitas e Percusión Tradicional "XANGAL” da A.V.C. de Cabral.

Pola tarde, a partir das 17:00 h., actuarán:

- Grupo de Gaitas “CABAZO ATÓMICO”.
- Orfeón Popular "O coto" de Carballal.

- Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con CABAZO.
- Mostra de Artesanía
- Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2013 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do III Concurso de Dúos Gaita - Percusión Toxos e Froles
O dúo Os Feneses, integrado polo gaiteiro Serafín Santamariña e a pandereteira Mar Alvariño, os dous de 16 anos, gañou a terceira edición do concurso para gaita e percusión que organiza o Real Coro Toxos e Froles, e que se dirixe a menores de idade.

Foron os mellores segundo o criterio dun xurado que decidiu entre o bo facer de cinco parellas. Nesta ocasión, de Ferrolterra tamén se contou coa participación de LuscoFusco (desde Narón) e con Gabaxeiros da Castela (de Ferrol). Ademais, repetiron experiencia os gañadores do ano pasado, os Furafoles de Xinzo de Limia, e tamén se achegaron ata a sede do Toxos, desde Muxía, o dúo Do Vendaval.

Os Feneses foron os últimos en tocar e interpretaron a peza “Sanmarelo” e a “Xota da Fonsagrada”, dúas composicións con ritmos moi diferentes nos que deixaron clara a súa afinación, destreza e complicidade. Ambos rapaces forman parte da banda de gaitas Airiños de Fene. Santamariña, ademais, estuda con Daniel Bellón e tamén acordeón e gaita no Conservatorio. Este verán foi finalista do concurso para gaita solista do Ateneo, o Constantino Bellón.

O premio consiste nunha recompensa económica de 500 euros e tamén nun saco de insonorización para gaita, da empresa Insogaita. Nel introdúcese o punteiro e iso permite ensaiar cun volume menor ó habitual.

O xurado do concurso formárono Arturo Lamas, presidente do Toxos, gaiteiro, e mestre de gaita na entidade; Fernando Dopico, tamén gaiteiro e mestre; e Andrés Teijeiro, membro do Real Coro. Durante a súa deliberación actuou no salón de actos do edificio da rúa Magdalena o cuarteto ferrolán Xente Nova, que este mesmo ano se proclamou gañador do concurso para este tipo de formacións, tamén promovido polo Toxos. Acabaron facendo incluso cantar ós alí presentes, ducias de persoas que ateigaban a sala e que daban calor ós rapaces concursantes, algúns de 13 e 14 anos.

O ronsel de pezas e de traxes tradicionais de distintos lugares de Galicia (pois con eles se vestían os participantes) rematou coa entrega de diplomas, o aplaudido fallo do xurado e unha nova interpretación por parte dos gañadores.

Para o Toxos, como se encargou de lembrar o presentador do acto, Eliseo Zaera, este concurso “é unha forma de que todos estes rapaces, coa mesma idade de cando nós empezamos, teñan un aliciente para seguir no mundo da música tradicional”.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-11-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Calvos (Fornelos de Montes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
50 aniversario de Lembranzas Galegas (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2013 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada da Chuva (Cela-Bueu)

Sábado 16 de Novembro

O Torrecino, Cela (Bueu)


Chegou novembro, tempo de chuva, tempo de magostos con castañas, tempo de chuva, de rúas e patios cheos de nenos lanzando buxainas que xiran sen parar, tempo de chuva, tempo de San Martiños que veñen dicirlle adeus a moitos porquiños, tempo de chuva e máis chuva...

E como non podí­a ser doutro xeito, dende a A.C. Retrouso de Cela rendí­moslle homenaxe a esta chuva que nutre e dá vida á nosa terra.
É tempo da nosa foliada, a Foliada da Chuva!!!!

Vinde tocar, cantar, beilar e pasar un bo rato con nós!!

Xa sabedes!! O vindeiro sábado 16 de novembro estaremos no local socio-cultural do Torrecino de Cela (Bueu) a partir das 21:30h agardando por todos vós!!!

E, por suposto, estaremos a cuberto para que poida chover con gusto toda a noite.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
III Magosto-Serán en Cacheiras (Teo)
O vindeiro venres 15 de Novembro, a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) celebra o III Magosto-Serán. Será na Casa Común de Rarís (coa colaboración do Concello de Teo) e haberá castañas asadas de balde.

A cita será a partir das 20:30 da tarde e comezará coas actuacións das escolas de baile e música tradicional da asociación anfitriona, para posteriormente desfrutar das actuacións dos seguintes grupos:

- Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras.
- As Xoubiñas, Os Minchas e As Chispas de Compostela.
- Pandereteiras SILANDEIRAS
- Centro Cultural A Pontevella de Reis (Teo)
- Os Campantes da Baña.
- Grupo A da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos.
- Os Re-Voltas
- Estivada e Riscadela de Calo (Teo)
- Racampetouto.
- Gaiteiro Nubeiro (Raquel Iglesias acompañada de Raúl Galego)
- Alvariza
- Requinta da Laxeira.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2013 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer