Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Encontro de violino popular (Pobra de Trives)
O Violino de Courtier.
I Encontro de Violino Popular.
Pobra de Trives, 9, 10 e 11 de novembro


aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular centrouse nestes 12 anos en mellorar e renovar o mundo da zanfona e do acordeón diatónico a nivel educativo, escénico e de construción. Na actualidade a directora da Escola Livre da Mpg e o profesor de violino da área educativa de aCentral Folque en Santiago de Compostela, Gema Pérez e Gutier Álvarez (músico de Trives) deseñan e programan este primeiro Encontro de Violino Popular baixo o intigrante nome de : O Violino de Courtier.

O violino de Coutier é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Trives no epicentro do violino popular.

Mais quen era Courtier? E por qué imos a Trives?
O violino tal e como o ceñecemos conformouse fundamentalmente en Italia entre os s.XVI e XVIII. Foi un instrumento imprescindíbel na música académica e relixiosa de toda Europa. Desde este ámbito comezou a penetrar na música de rúa nos cegos dependentes do señorio da Igrexa, das clases acomodadas chegou ao pobo e o seu uso civil medrou. A familia Courtier exempliza esta evolución.

A comezos do século XX Juan Courtier (no eido eclesiástico), José Coutier (mestre do grande violinista Sarasate), Hilario Courtier (na música militar) e Ricardo Courtier, que inspira este Encontro. Ricardo aprendeu de seu pai a significación do violino e no seu traballo compositivo cristalizanse a estética e o repertorio das fontes familiares. O seu traballo como músico levouno a Coruña, Barcelona, Cadiz... mais foi en Trives donde o seu nome iría unido á historia da música popular galega. Fíxose cargo da banda de música, do orfeón local e do emblemático cuarteto OS TRINTAS DE TRIVES, grupo primordial no postmodernismo da música popular en Galiza, de inspiración permanente para as actuais xeracións de interpretes e creadores da chamada música tradicional e folque.

Trives será o ponto de luz e de peregrinaxe durante esta fin de semana. Concertos, curso e unha posta en valor da música destas terras para xente de todas as xeracións. Actividades para se comer cun cartel feito empanada violinística por un dos artistas da vangarda plástica galega: Misha Bies Golas.

Actividades que se desenvolverán:

Venres 9
Sesión didáctica “O Violino de Courtier” ás 10:00 Centros Educativos
Concerto de TALABARTE ás 20:30 Casa da Cultura

Sábado 10 -Domingo 11
CURSO INTENSIVO DE VIOLINO con PANCHO ÁLVAREZ

Duración: 10 horas
Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00// domingo 11 de 10:00 a 16:00
Prezo: 140 euros (con pensión completa e aloxamento en casa rural incluído de venres a domingo)
Lugar: Salón da Casa Rural dos Trintas (Trives). Un expazo espectacular vinculado aos lexendarios músicos Os Trintas de Trives, a súa casa familiar.
Inscrición: matricula@folque.com / +34 881 031 829 (Gema)

Sábado 10
FORO COURTIER / 19:00 Casa da Cultura
“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de COMISA BAL

Domingo 11
18:30 Casa da Cultura
Concerto de PANCHO ÁLVAREZ.



+info:
Comunicación Folque
tlfe organización_ 0034 698169327
www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Pan de Capazo en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
San Martiño Canibal (Sarria)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-11-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `A Requinta adobada´ (Bertamiráns)

Presentación dunha publicación de Alexandre Cadarso Suárez sobre un repertorio, de 100 pezas moi doadas de tocar, para que a xente se anime a tocar a requinta.

Presentación do libro:
Sábado, 10 de novembro de 2012.
ás 19.00 horas.
lugar: Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.


Van colaborar na presentación:

A Asociación Cultural Follas Novas de Ames
Oli Xiraldez: artesán de gaitas e requintas e entendido en frautas e requintas.
Enrique Montero: autor do libro " A Requinta na Ulla".
A Requinta da A.C. Follas Novas.
e grupo de Baile Os Muiñeiros do Sarela.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 09-11-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe en Portodoson
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina e Familia Caamagno en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Carlos Nuñez en Vigo
O gaiteiro Carlos Núñez ofrecerá hoxe xoves un concerto no Teatro García Barbón como única actividade lúdica dentro da celebración da Reunión do Panel Internacional do Cambio Climático en Vigo.
Será a partir das 20 horas e a entrada é con invitación.


Carlos Núñez ofrecerá o mellor do seu repertorio aos investigadores que estes días se reúnen na cidade para avaliar as estratexias e alternativas para mitigar o cambio climático.

Participan 281 expertos en calidade de autores principais procedentes de 56 países do cinco continentes e que foron seleccionados entre un total de mil nomeados, aínda que outros expertos contribuirán á redacción do informe en calidade de colaboradores.

Hoxe poderán gozar do gaiteiro vigués máis internacional, Carlos Núñez, que xunto coa cea do martes no Museo do Mar foron os únicos actos lúdicos. O cumio está previsto que conclúa na xornada de mañá venres.

Teatro García Barbón, 20 horas, entrada con invitación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Sarela (Compostela)

SERÁNS DO SARELA
Xoves 8 de novembro (21:30h)


Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia)
22h30 . Alvariza
23h15 . Os Viqueiras de Ordes
24h00 . A. C. Rosalía de Castro (Cacheiras)
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www.seransencompostela.orgseranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-11-2012 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Recompilatorio de Carlos Nuñez
Carlos Núñez converteuse nun artista de alcance global e a publicación o 6 de novembro do seu álbum Discover así o reflicte. É un 2-CD que inclúe 4 inéditos así como múltiples colaboracións con artistas amigos á marxe da súa propia discografía, que agora se unifican neste disco que fai balance destes primeiros anos da súa carreira.

Como escribiu recentemente un xornal durante a súa xira norteamericana, máis que unha antoloxía ao uso é un disco gravado durante 15 anos, tal é a coherencia da viaxe que describe. O completo libreto que o acompaña, escrito en tres idiomas por prestixiosos xornalistas musicais, así o testemuña.

Discover contén 39 temas que percorren a obra dun artista inquieto, arriscado, sempre en permanente procura, revolucionario nas súas aventuras en pos de conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad OConnor ou The Waterboys; o cubano con Omara Portuondo ou Compay Segundo; o mexicano cos Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero facilmente entendibles no fluír do disco e da carreira de Carlos, por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto, ou Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.

Le Monde dedica ao disco unha páxina completa e explica que se chama Discover non porque Carlos sexa un novato descoñecido, senón porque é sorprendente descubrir a cantidade e variedade do feito por este especialísimo artista nestes primeiros 15 anos de carreira : Desde tocar ante 2 millóns de persoas no xubileu de Roma, a actuar na inaguración de Ryder Cup televisada a todo o mundo; de facer un concerto desde o barco da Fura dels Baus, con centos de actores colgados dos guindastres do porto e partindo ao terminar, a facer a música para un dos mellores grupos de danza contemporánea do mundo, o brasileiro Grupo Corpo, ou para unha película de animación de Ghibli - o Disney xaponés - , ou o seu máis coñecida experiencia con Amenábar para Mar Dentro, até tocar nun estadio, ou cunha orquestra sinfónica fronte á Catedral de Santiago.

Carlos Núñez está recoñecido como un dos músicos máis excitantes e serios de mundo pola BBC. O diario francés Libération considerouno como a única estrela planetaria da gaita, The Times deu 5 estrelas ao concerto de presentación do seu último disco no Reino Unido e Os Angeles Times publicou que se é posible converterse nunha estrela pop tocando música tradicional con gaita e frauta, el podería ser o home e Billboard chegou aínda máis lonxe: O Jimi Hendrix da gaita.

www.carlos-nunez.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-11-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Recompilatorio de Luar na Lubre
Luar na Lubre reúne en «Sons da lubre nas noites de luar» vinte e seis anos de carreira

O traballo recompila en tres cedés e un deuvedé 45 temas e un concerto na praza da Quintana o pasado 31 de xullo

«Unha caixa máxica que condensa a historia aínda sen fin, porque Luar na Lubre continúa». Nonito Pereira, amigo e colaborador do grupo e que se encargou de facer o libreto introdutorio, resumía así os tres cedés e o deuvedé que recompilan unha parte da historia musical de Galicia, a de Luar na Lubre, con 45 temas e un concerto en directo na praza da Quintana, gravado o pasado 31 de xullo na capital galega. O traballo componse de tres cedés, nos que non faltan as referencias mitológicas: Trasnos, que recolle as suites instrumentais, Fadas, baladas e romances tradicionais; e Encantos, no que se recompilan colaboracións con Lila Downs, Ismael Serrano, Pedro Guerra ou Pablo Milanés.

Na presentación, o fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, recordaba que «vinteséis anos facendo música en Galicia é delicado, complicado», sobre todo nun momento «hostil, no que a música apenas é recoñecida». No entanto, e tras catorce discos, Romero pode presumir de ter mantido nas listas dos máis vendidos a nivel estatal durante trece semanas o último traballo que publicaron, Mar Maior. No seu novo recompilatorio recóllese «unha forma de entender o país», así como o concerto da Quintana do pasado mes de xullo, «porque entendemos que non había lugar mellor para facelo». Ao finalizar a presentación os músicos interpretaron dous dos temas incluídos nos cedés, entre eles Chove en Santiago, coa voz espida de Paula Rey á fronte.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-11-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de danzas e músicas do ciclo Nadal (Compostela)
Desde Brincadeira estamos a organizar un obradoiro de danzas e músicas do ciclo Nadal para todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer de xeito práctico o rico folclore galego vencellado a esas datas, contando como mestres con algúns dos seus mellores coñecedores: Luís Prego, Felisa Segade e Xoán Porto, nas especialidades de baile, canto e acompañamento instrumental. Deste xeito, quen queira despois poderá recuperar estas tradicións na súa casa, na súa aldea ou na súa cidade, se lle presta...

Neste enlace tedes toda a información de datas, horarios, prezos etc.:

http://www.brincadeira.org/gl/actividades/obradoiro-danzas-e-m-sicas-do-nadal

Comezamos o 18 de novembro! Moitas grazas de antemán por axudarnos a difundir esta actividade entre todas as persoas e colectivos ás que lles poida interesar.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-11-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de palletas con Antón Corral (Madrid)
Obradoiro de construción de palletas con Antón Corral na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 9, 10 e 11 de novembro

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 9, 10 e 11 de novembro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizalo contaremos coa presenza de Antón Corral, o recoñecido mestre de mestres que creou unha importante escola de gaiteiros e artesáns principalmente na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Tui para dar o curso.

Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.

Últimas prazas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es o www.apintegamarela.org
Saúdos,
Juan Luna
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-11-2012 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 5 (Luns)

Terza feira 6 (Martes)

Corta feira 7 (Mércores)
• Xoán Curiel no Ultramarinos (Compostela) ás 22:00
• Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
• Foliada de A Banda das Crechas (Compostela)

Quinta feira 8 (Xoves)
• Farrapos de ghaita na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
• Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 9 (Venres)
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• María Manuela, Mini e Mero, Xiana Lastra no Círculo das Artes (Lugo) ás 20:00
• Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) na Fundación (Melide)
• Terbutalina e Familia Caamagno no Café Auriense (Ourense)
• Treixadura no Auditorio Municipal Cine Alovi de As Pontes ás 21.00
• Martelo no Pub Gatos (Melide)
• Ruxe-Ruxe na Sala Aquarium - Xuño (Porto do Son)
• Maghúa, Lagharteiras e Abóbriga na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:30
• Tres peixes voando no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
• Serán-Magosteiro en Moraña.

Sábado 10
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• Quempallou en San Martiño Caníbal. Loseiro (Sarria)
• Noitarega no Auditorio de Goián (Tomiño)
• Zenzar na sala Mardigras (A Coruña)
• Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) no Roixordo (Allariz)
• Os da Ría no Liceum (O Porriño)
• Os Cempés en Pontedeume
• Foliada de Seoanae (Antas de Ulla)
• Serán de Sela (Arbo)
• VII Fiada de Viladesuso (Oia)

Domingo 11
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• De outra Margem no Auriense (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 2 (Venres)
• The Crass e Davide Salvado en Vigofeira (Ifevi-Vigo) ás 18:00
• ISGA Collective no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• XX Magosto Celta de Balboa (O Bierzo): Habelas Hainas, Chotokoeu,...
• Noites de Tasca no bar O Brumeiral en Leira (Ordes - A Coruña)

Sábado 3
• Zenzar no pub Gales (Betanzos)
• Festival Castañazo Rock (Chantada): Os Diplomáticos de Montealto, Os Papaqueixos, Rastreros,...
• XX Magosto Celta de Balboa (O Bierzo): Abelladeira, Malantes,...
• Os Irmandiños de Vincios na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:30
• I Foliada da Vila na Praza da Marieta (Cedeira - A Coruña) ás 20.30
• Foliada de Sada

Domingo 4
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada da Vila (Cedeira)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-11-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada e III Concurso de baile tradicional por parellas (Sada)
III CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS
(BASES DE PARTICIPACIÓN)


1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 3 de novembro de 2012, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da V Foliada de Sada.

2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.

3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.

4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición (ou os datos que figuran nela), poderá enviarse ao correo grupoqueiroa@gmail.com ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas. A confirmación da participación, comunicarase por teléfono ou correo electrónico o mesmo día da inscrición.

5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración da parella.

6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.

7. Establécense os seguintes premios:
 1º Clasificado: 150 €
 2º Clasificado: 100 €
 3º Clasificado: 50 €
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 €.

8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.

Para calquera dúbida, chamar a calquera dos seguintes teléfonos:
615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-11-2012 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca no bar O Brumeiral en Leira (Ordes - A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-11-2012 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
XX Magosto celta de Balboa (O Bierzo)
Un ano mais convidámosvos a reunirvos connosco para celebrar o outono, a recolección das castañas e a música folk dos nosos antepasados na nova edición do Magosto Celta.

Estarán connosco ao longo do fin de semana HABELAS AINAS, SWINGDIGENTES, CHOTOCOEU, ABELLADEIRA, MALANTES, SARAMAGANTA, SKARALLAOS, OS DA TROULA.

Actividades e por suposto Magosto e patacos para todos

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
III Conscurso de cantos de taberna (Chantada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Treboada Galega´(Goián)
Xerardo F. Santomé, da asociación Xistra, recolle nun libro 25 anos de investigación sobre a música tradicional da zona - O grupo interpretará a auténtica Danza da Peregrina de Estás

A música tradicional baixomiñota, a "treboada", é obxecto de análise e estudo en Tomiño, onde se levará ás unidades didácticas dos colexios. Despois da homenaxe que o Concello tomiñés rendeu a Camilo Riveiro, fundador da Treboada Baixo Miño, e da actuación espectacular das treboadas tomiñesas no inauguración do Espazo Fortaleza, toca a quenda á investigación cunha achega valiosa levada a cabo durante 25 anos e que se dá a coñecer nunha publicación peculiar "Treboada Galega", cuxo autor é Xerardo F. Santomé, membro da asociación Xistra.

A recuperación dunha gaita de barquín do ano 1804, pertencente ao avó de Andrea Pousa, planos para a súa construción e un DVD con fotografías e un vídeo, son algúns dos aspectos que converten o libro "Treboada Galega", de Xerardo F. Santomé, nun exemplar para o estudo.

Presentarase nun acto que terá lugar o vindeiro sábado día 3 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián.
A velada incluirá a actuación de vinte membros elixidos das catro treboadas existentes en Tomiño, ademais do grupo Xistra que actuará utilizando instrumentos recuperados, entre eles a gaita de barquín. Interpretará a Danza da Peregrina de Estás, facendo soar a música auténtica, un acontecemento que atraerá a numerosos veciños da parroquia tomiñesa.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, informou onte sobre a programación de Outono que se centra na música tradicional galega, como diversión e patrimonio inmaterial "queremos difundir que é unha treboada mediante un estudo serio e rigoroso. O proxecto de Xerardo F. Santomé coincide co que queriamos facer e cumpre coas expectativas dos musicólogos do país".

Xerardo F. Santomé explicou que o proxecto comezou con gravacións, fai 25 anos. Tras sucesivos intentos para a publicación do libro, conseguiuse a través dun programa da Comunidade Europea.

O libro ten 1.000 exemplares editados con alta calidade, en galego e en inglés. Distribuirao a propia asociación. A alcaldesa avanzou que se entregará un a cada "treboada" tomiñesa e tamén á biblioteca. Nel atópanse tres elementos: a gaita, o bombo e a caixa. Consta dunha parte gráfica con comentarios curtos, fálase do aspecto social e estuda a "treboada" de antes do ano 1975. Analiza a evolución da percusión e inclúe unha sección con partituras de pezas e planos de construción de instrumentos antigos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-11-2012 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
X Castañazo Rock (Chantada)

O Castañazo Rock celebra o seu décimo aniversario e faino cun cartel que cheira a bravú. Destaca sobre todo o regreso outravolta dos Diplomáticos de Monte-Alto. No seu concerto do 20 aniversario xuraron solemnemente non volver xuntarse ata que pasaran outros dez anos. "Pero as promesas solemnes están para incumprilas", din, e non habia mellor ocasión que o aniversario do festival chantadino, sobre todo porque o Castañazo forma parte ineludible da traxectoria da formación coruñesa.

Pero haberá moito máis. Ademais da banda liderada por Xurxo Souto, no mercado gandeiro de Chantada actuarán Rastreros, Os Papaqueixos, Cuchufellos e Liviao de Marrao. Será este sábado 3 de novembro a partir das nove da noite. E con prezos populares: 12 euros por anticipado -até este venres- ou 18 euros en taquilla.

Nesta nova xuntanza estarán Xurxo Souto (voz), Rómulo Sanjurjo (acordeón), Guni (guitarra), Mangüi (baixo) e Viascón (batería). Grazas ao acordo acadado coa empresa Dubidá o concerto será gravado para a súa distribución en plataformas dixitais. Deste xeito as persoas que non poidan estar en Chantada este sábado poderán ver o concerto integramente a través de internet.

Haberá actividades durante todo o dia. Dende xogos infantis, billarda, cantos de taberna, até xogos bravús: lanzamento de boina, arrebolamento de ourizos, corrida de leiteiras ou movemento de marcos.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-11-2012 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
I Xuntanza festivaleira (Chantada)
Algo se move no tecido asociativo que rodea os festivais da música do país. Aproveitando a décima edición do Castañazo Rock en Chantada, varios festivais galegos convocan unha xuntanza aberta a todas asociacións e persoas que organizan festivais musicais. A idea é dar os primeiros pasos na creación dunha rede que permita dar a coñecer o traballo desinteresado das asociacións que manteñen aceso o facho da resistencia musical galega.

A iniciativa non é nova e xa hai varios anos que xente vencellada a festivais como o Rebumbio, o Terra Brava ou As Revenidas levan barallando unha idea que agora semella botar a andar. A intención é falar entre todas e todos para mellorar e optimizar a organización dos festivais, compartindo información e buscando a redución de custos nos servizos que os festivais se ven obrigados a contratar : empresas de son, escenarios, distribuidoras de bebidas, etc. Ademais, a medio prazo os convocantes pensan na creación dunha rede de festivais galegos, -feitos por asociacións sen ánimo de lucro e centrados maioritariamente na música do país-, para facer unha fronte común diante do absoluto abandono por parte das Administracións Públicas en que se atopan agora os festivais que optan pola autoorganización e a música do país. É sabido que a política da Xunta leva anos favorecendo os grandes festivais organizados por empresas e protagonizados por músicas foráneas, no que semella un outro ataque á parte máis concienciada da nosa sociedade, á que é quen de se organizar para levar a cultura do país por todas as vilas e aldeas.

Por todo isto, -e tamén porque vari@s dos que levamos GZmúsica estamos implicados en festivais-, desde aquí lle damos todo o apoio a unha iniciativa coa que imos colaborar activamente, pois entendemos que é o único camiño diante da coxuntura socioeconómica e o desleixamento cara á nosa cultura en que por desgraza vivimos. O primeiro paso deste novo camiño hase dar sábado en Chantada, pero as e os organizadores queren lembrar que diante da premura na convocatoria é posible que haxa festivais que non poidan asistir. Estes quedan convidados a se unir nas vindeiras reunións, que se han celebrar probablemente no Vento Rock en Redondela o 17 de novembro e na Rebusca de Manzaneda o 24 deste mes.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer