Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sabes beillar? Pois demóstrao no Luar
Es dos que escoitan unha gaita e xa lle bolen os pés? Es das que marcas o punto con mestría? Pois agora volves ter a ocasión de demostrar que es unha ou un bailarín de altura. Só tes que atopar unha parella e apuntarte a "Punta Tacón". Na web da Asociación de Gaiteiros Galegos enterámonos do novo concurso de baile do Luar da TVG. Aquí tes toda a información para demostrares ao mundo o que sabes facer.

Realidade virtual e baile tradicional únense neste novo concurso. En Punta Tacón, que se estreou a comezos de outubro, os bailaríns verán reproducidos os seus movementos e pasos en tecnoloxía punta. Trátase dun complexo sistema que permitirá ver en 3D cada un dos puntos desenvolvidos polas parellas de concursantes. Aquí vos deixamos a información precisa para apuntarvos ao concurso.

Dinámica do concurso. "Punta Tacón".

A ritmo de Muiñeira.
30 segundos. A parella “A” fai unha coreografía con dous pasos de muiñeira.

30 segundos. A "Animación" repite a coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto á parella "A" a coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” saca coreografía de muiñeira.

30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.

30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto á parella "B" a coreografía da parella “B”.

Para a jota o esquema é semellante, ademais o concurso terá o formato de “liguilla”, enfrontándose as parellas concursantes entre si.

Cada parella concursante terá que facer varias intervencións en diferentes días, posiblemente 1 intervención cada 6 semanas durante a duración do concurso.

 Cada concursante recibirá unha puntuación de parte do xurado.

O xurado estará composto por tres expertos do mundo do folclore. Montse Rivera, Javier Feijoo”Chisco”, Henrique Peón.

Os concursantes recibirán en concepto de colaboración 50 € cada un, máis os gastos de desprazamento.

O concurso terá un primeiro premio de 4000€ en metálico e un segundo premio de 2000€ en metálico. (Suxeitos ás correspondente retencións de IRPF).

Poden presentarse parellas home/muller, Muller/muller, home/home, que cumprisen os 16 anos.

Aclaración: A “Animación” son os bonecos en 3D que repiten a coreografía que fixo a parella concursante. Para iso, as parellas concursantes terán que facer a “captura de movemento” das coreografías.

 Para facer a “captura de movemento” deberán preparar unha coreografía de cada estilo, muiñeira e jota, e ir un día gravar nun estudio de animación.

Previamente daráselles a música para crearen as coreografías.

A coreografía deberá ter dous puntos (o punto deberá de repetirse coa outra perna, executándoo polo menos dúas veces), despois a composición é “libre”.

 O día da gravación os gastos dos desprazamentos das parellas corren por conta do programa Luar.

O día da gravación da animación, pagaráselles a cada un dos compoñentes da parella 25€ en concepto de colaboración pola gravación.

Para participar manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a luar@crtvg.es ou chama ao teléfono 620 29 41 66.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2012 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Premio de Investigación Antonio Fraguas

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XVIII EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes BASES

1.Establécense DOUS premios:

1.PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros

2.PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros

2.A modo de orientación, para a presentación de traballos:

1.Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, presenten patróns, medidas, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou eses traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.

2.Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS todos aqueles traballos que:
1.Pescuden información sobre o traxe tradicional en: inventarios post-morten, na tradición oral, na iconografía (gravado, pintura, fotografía), na literatura,na lingüística e na fraseoloxía.

2.Centren a investigación sobre: as crenzas e valores relacionados co traxe, na influencia que na indumentaria tiveron os poderes relixiosos, económicos e políticos, e sobre os aspectos sociolóxicos relacionados ca indumentaria tradicional como a dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc).

3.Traballos que documenten a feitura dun determinado traxe, non só amosando e catalogando as pezas que o compoñen, senón tamén, investigando, quen foi o autor ou autora do mesmo, que técnicas de elaboración foron empregadas na transformación das materias primas e tamén na teceduría,, nos adobíos, e nos enfeites das mesmas.

3.Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego: Rúa do Hórreo, nº 19.Galerías Viacambre Local 57-58, 15702 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2012

4.Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.

5.Presentaranse orixinal e tres copias encadernadas dos traballos

6.A Asociación do Traxe Galego reserva para si, os dereitos de publicación dos traballos premiados durante un prazo máximo dun ano contado dende a data de concesión do premio, podendo publicalos, se así o estima conveniente, e mantendo os seus autores/as os dereitos de propiedade intelectual. Pasando dito prazo os dereitos reverterán no autor/a do traballo premiado.

7.O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.
8.O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.

9.O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poderan xurdir nas súas deliberacións.

10.Quedará o Xurado autorizado para interpretar o espírito deste premio de investigación nos casos nos previstos nas bases.

11.Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.

12.Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse os seus autores/as dentro do mes seguinte o veredicto do Xurado.

13.O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-11-2012 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 16 (Venres)
• Maria Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastrano no Teatro Jofre (Ferrol)
• Mamá Cabra no auditorio municipal de Tui
• Guintervan no Curral do Marqués (Taragoña-Rianxo)
• Marful no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• Luis Emilio Batallán no Liceum (O Porriño) ás 23:30
• A Compañía do Ruido na DiscoTasca (Redondela) ás 23:00
• Magosto en Rarís (Teo)
• Estalotada en Compostela

Sábado 17
• Mini e Mero na casa da cultura de Vilalba
• Os Irmandiños de Vincios no C. C. de Vincios ás 22:00
• Kepa Junquera no Ateneo de Ourense ás 21:30
• Compañía do Ruido no Liceum (O Porriño) ás 23:30
• Premio “IAR” de Folclore Galego (A Coruña) ás 19:00
• Sondeseu no Teatro Principal (A Estrada) ás 21:30
• Saltanocribo no Auriense (Ourense)
• Festival Vento Rock (Ventodela): Medomedá, Ultraquans, La Vaga Banda,...
• Festa-concerto Homenaxe ao voluntariado: Xurxo Souto e os Tres Trebóns, Sés, Ruxe Ruxe e Tiroliro no Recinto Feiral de Pontevedra ás 21:00.
• Festival dos Alegres (Pontevedra) ás 20:00 no Teatro Principal: Maravallada, Seixebra, Maianas, Pandereteiras das Burgas,...
• Serán Magosteiro (Chaín-Gondomar)
• I Serán do magosto (Arzúa)
• Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
• Foliada da Chuva (Cela-Bueu)
• Serán en Moaña, no adro de San Martiño

Domingo 18
• Festa do Cabazo (Cabral-Vigo): Xestarega, Chorouvía, Os Meigallos,...
• Sés no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo ás 18:30
• Serán de Lourido (Salvaterra de Miño) ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Saxamonde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán do Magosto (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada da Chuva (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Serán magosteiro (Chaín-Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-11-2012 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional Os Alegres (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-11-2012 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto da ponte Vella (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
II Magosto en Rarís (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Malveiras en Ribadumia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
os Irmandiños de Vincios presentan disco en Vincios (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Uxío García Amor (Vilalba)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro con Kepa Junquera e a música tradicional Vasca (Ourense)
ENCONTRO CON KEPA JUNKERA E A MÚSICA TRADICIONAL VASCA

Avd. da Habana nº 25, baixo, 32003 Ourense

O programa da masterclass virará ao redor dos instrumentos e a música tradicional vasca, Trikitixa, Txalaparta, Alboka, Pandeiro, etc,
xunto con novas incorporacións como tubos de PVC, txalaparta de pedras ademais tamén falará sobre os ritmos mais famosos da música vasca e todo iso cunha posta en practica cos instrumentos en cuestión. Non se trata dunha só dunha Master class de Trikitixa, o instrumento que o consagrou.

MASTERCLASS
HORARIO:
16 de novembro: DE 17 H A 20 H.
17 de novembro: DE 10 H A 13 H.

PREZOS:
SOCIOS ATENEO: 18€
NON SOCIOS: 35€


CONCERTO
16 de novembro ás 21,30
PREZOS:
SOCIOS ATENEO: 10€
NON SOCIOS: 18€


+ info e reservas na Secretaria do Ateneo (Avda. Habana, 25-baixo),
e-mail: ateneo.deourense@gmail.com
e no teléfono: 988372075

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-11-2012 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mamá Cabra en Tui
Venres 16 de novembro de 2012 ás 20h

Auditorio Municipal de Tui, Pontevedra
Organiza: AGADIC, Concello de Tui

Entradas: 2€, 3€, www.culturatui.info e despacho de billetes hora e media antes do inicio da actuación.


Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico.

No espectáculo Ola ola la!, Mama Cabra faise acompañar por un coro de voces do máis divertido.

Unha morea de cancións para concienciar ós máis pequenos da importancia de comer ben, de respectar o meio ambiente, da amizade... e como non, pasalo ben.

Ola ola la! ven de encher todolos auditorios galegos polos que xirou no 2011.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festival homenaxe ao Voluntariado (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-11-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Vento Rock (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-11-2012 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Premio IAR de folclore galego (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2012 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Ourense

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, colabora coa presentación en Ourense do último disco da revolucionaria banda galega Marful, que dende a súa presentación en outono de 2010 do traballo Manual de Sedución percorreu os mellores auditorios de Galicia e Portugal, onde foi o primeiro grupo galego que se presentou no templo da música portuguesa: a Casa da Música de Porto.

O concerto terá lugar este xoves 15 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal e as entradas están dispoñibles na billeteira do mesmo Auditorio.

Marful está considerada, das mellores bandas galegas da última década e, logo do éxito do seu primeiro disco e tras catro anos de espera, chegan con este novo traballo, “un disco para os amantes”, según a súa casa discográfica.

Un manual que recolle vivencias de namoramento

Son moitos os contos, anédotas, e vivencias de namoramento que ten recollido este grupo co seu Manual, porque se sumerxe nas profundidades do amor. Un amor indisoluble que desafía o tempo e ás costumes, que se nega a pactar coa monotonía e a necesidade. É un amor cósmico que cree nas causalidades. Marful cree na feminización do universo e na escoita activa dos biorritmos. Atopa unha unión de xénero entre a fantasía, a inocencia, a frescura, a espontaneidade e a capacidade de xogo. “Os discos como fillos teñen parte de nubes e de soños, os nosos discos non son fillos do ego”.

O Manual de Sedución esgotou a súa primeira edición ao mes da súa presentación, e a segunda seis meses despois. Dende entón foron moitos os que desfrutaron e se namoraron coas súas letras, coa súa música.

Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes). Neste concerto faranse acompañar de José Manuel Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería.

As entradas custan 8 euros e están dispoñibles na billeteira do Auditorio.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía en Narón

CONCERTO - PRESENTACIÓN DE CONsentimento, o novo disco de LEILÍA

Xoves 15 de novembro de 2012 ás 20:30h, no Pazo da Cultura de Narón, Narón (A Coruña)


Entradas:
981 102 897
www.padroadodecultura.es


A finais do 89 decidimos dar a conÞecer a muìsica tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola suìa singularidade e forza, debiìa ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento eì un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creacioìn, a conservacioìn e a transmisioìn da tradicioìn oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva CastinÞeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboracioìn do muìsico e arranxista compostelaìn Xoaìn Porto, proponÞemos neste quinto traballo unha concepcioìn musical acorde a unha nova realidade.

Un disco no que a guitarra, o acordeoìn, o contrabaixo e a gaita, abrigan aì perfeccioìn a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaniì, Yolanda CastanÞo, Eva Moreda, MarinÞa Peìrez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.

O desenÞo do espectaìculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cancioneiro de ida de volta

CABANA DE BERGANTIñOS DINAMIZA O RURAL COA PUBLICACIóN DO SEU CANCIONEIRO

O pasado 23 de outubro vía a luz o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños, un volume que compila as pezas musicais populares que se conservan neste concello. O proxecto, resultado de anos de traballo de Pablo Díaz e Olga Kirk, vai moi para alén da edición deste material, xa que o concello está a aproveitar o volume para artellar unha programación que achega de volta esta música aos veciños.



Segundo recoñece Pablo Díaz, un dos compiladores deste proxecto, o traballo que deu pé á obra non tiña como obxectivo se transformar en libro e foi semellante a moitas outras compilacións de patrimonio sonoro que se teñen feito no país e que non ven a luz neste formato. “Eu din clases de música tradicional neste concello, e entón fun buscando para lles ensinar aos nenas e ás nenas as coplas que xa cantaban os seus avós”, explica. “Fun facendo un percorrido por parroquias, pero do mesmo que xeito que facemos por outros lugares de Galicia”. Un traballo que se realizou ao longo de toda a década dos 90, cun especial énfase entre os anos 93 e 97, a aproveitar fins de semana e tempo libre dos autores, que contaron tamén con colaboradores locais. A acumulación de material conseguido e mais os ánimos que recibiron desde o concello para completar o traballo e buscar un xeito de o publicar foron os pulos que finalmente deron na edición do Cancioneiro. Xosé María Varela, técnico de Cultura do Concello, apunta que “nunca se atopou ata agora o momento de editalo, e foi grazas á axuda da Deputación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística”. Para alén da edición física, o volume está dispoñible de xeito íntegro na rede, no web Educabana.

Patrimonio de Cabana
O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños é un volume que condensa, nunhas 150 páxinas, as pezas musicais que se conservan neste concello a través da memoria de case 50 informantes de diferentes parroquias. Coplas, jotas, parrafeos e mesmo regueifas ou cantares de cego están recollidos nestas páxinas. Entre elas, non deixaron de aparecer algunhas sorpresas, segundo recoñece Díaz. “Sempre se atopan cousas curiosas, en calquera lugar. En Cabana por exemplo atopamos moitas regueifas, cantadas de xeito dialogado, e aparece aí o papel das mulleres como regueifeiras, que é algo que normalmente non se ve”. Canda a isto, os autores destacan a presenza do baile da “muiñeira vella” ou “ribeirana”, só lembrado polos máis vellos e pouco estendido na comarca. Díaz apunta que “case o 85% das coplas están completamente en galego, e é algo curioso. E tamén é raro que se conserven moitas coplas e cantos de cego, cando non hai ningunha feira na zona”. No repertorio destaca asimesmo a grande cantidade de cantos de Nadal, Reis e Aninovo. “Logo hai un detalle curioso que é o feito de que as mozas dos pobos mercaban entre todas as pandeiretas coas que logo ían tocar. Era unha zona na que este instrumento se empregaba moito” advirte.

Dinamizar coas cancións
Para alén da importancia que pode ter o material agora editado en por si, o Concello está a empregar o cancioneiro como fío condutor do seu programa cultural Outono do Patrimonio. Todas as parroquias que aparecen reflectidas no volume están a acoller estes meses unha presentación do mesmo, uns eventos que non só serve para dar a coñecer este traballo, senón que incorpora música e vóltalles aos asistentes un coñecemento que eles mesmos, ou os seus maiores, preservaron e transmitiron. Segundo explica Xosé María Varela “o obxectivo é recuperar toda aquela tradición. Amósanse fotografías dos informantes e cóntase cun presentador vencellados á parroquia. O outro día estivo Lorena Pose, xornalista de Borneiro, e logo contamos con grupos de gaiteiros e corais. Ás veces hai convidados foráneos que teñen relación coa comarca. Nunha vai vir Xosé Touriñán”. As citas complétanse con magostos ou filloadas. “Trátase de que as actividades teñan tirón entre a poboación e que a xente saiba da valía deste patrimonio”

Novos xeitos de transmitir
Dentro destes programas, os autores do Cancioneiro van desenvolver un encontro cos mestres da zona que, para Díaz, “pode ser fundamental á hora de recuperar o que fique pendente. É xente formada que pode incidir e se achegar facilmente ás familias, e os maiores poden traballar cos seus netos. A este nivel o colexio rural resulta un espazo moi interesante”. Canda a isto, o Concello organizou outra sesión de encontro interxeracional nun centro da terceira idade, buscando dinamizar de novo a transmisión destes coñecementos. “A idea é que os rapaces do concello collan consciencia de que fan parte disto, que os seus avós e avoas foron informantes neste proxecto”.

Novos campos
A posibilidade de que se desenvolvan iniciativas semellantes noutros lugares é para Díaz “fundamental. Custa moito dignificar o noso folclore, eu penso que co tempo irémonos dando conta do noso gusto pola música popular, o que acontece é que cómpre coñecela, e é máis sinxelo se está ben posta e ben explicada. Eu penso que aos poucos vaise coñecendo mellor”, sinala. A teor da súa experiencia, Díaz apunta que fica aínda traballo por facer no campo da recollida de pezas tradicionais, aínda que recoñece que “os informantes están a desaparecer, é lei de vida”. Mesmo así “aparecen sempre cousas novas e moi curiosas, variedades locais ou dialectais. Cada persoa é un mundo e o que lembra varía moito segundo gustos ou aprendizaxes”. No entanto, este investigador recoñece que se deu unha creba xeracional na transmisión da música. “En Cabana deixamos de recoller en 2000, e desde que fixemos o traballo como un 85% dos nosos informantes faleceron. Hai zonas nas que esta música mantense máis, con xente de mediana idade coa que se podería traballar aínda, pero é curioso a velocidade coa que se perdeu. Con estes traballos vese tamén a importancia e o peso que ten o noso folclore, que para min é dos máis completos a nivel estatal e canto á variedade de ritmos ou bailes propios”.

Máis cantos
Como é de agardar, estas sesións non só están a revalorizar entre a poboación do concello a importancia deste patrimonio inmaterial, senón que prometen achegar novos datos sobre o mesmo. “Moita xente emociónase cando ve as fotografías que pomos en pantalla grande, sénteno de xeito distinto a cando falaban con nós e nos cantaban. Do primeiro encontro non saíron moitas cousas novas, pero algunha copla sempre lles lembra, é un conto que nunca remata”. “No último encontro unha señora de 99 anos, Aurora, atreveuse a bailar a muiñeira vella”, lembra Varela. “A verdade é que os asistentes están moi contentos”. Agora que o libro está xa editado, desde Cabana non desbotan, para alén do traballo de dinamización que están a facer, continuar coa compilación. “Temos xente que está a facer achegas importantes e contamos coa idea de estender a recollida inicial a parroquias a maiores. Algúns informantes xa nos comentaron que coñecían xentes e variantes, así que agardamos contar con máis material” explica Varela. “O Cancioneiro de Cabana non ten un punto e final, ten puntos suspensivos”, completa Díaz.

www.culturagalega.org

Descarga o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños

Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-11-2012 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Novos camiños para o vello folk galego


Quempallou, Uxía ou Luar na lubre editan disco. Mini e Mero falan do «momento máis difícil para a música galega» en caseE 40 anos. As Leilía reinvéntanse e xorden con forza novos gaiteiros


A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa música folk está vivindo case cen anos despois daquel período». Isto escribían no ano 2000 Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada no libro Crónica do folk galego. 25 anos de historia (TrisTram).

Unha ducia de anos despois, a situación parece outra e ata cambiou o nome: «Universalmente é música celta e aquí parece que se vai impoñendo o de música de raíz, que é máis ampla, porque, por exemplo, para os norteamericanos si falas de folk entenden que son cantautores», explica Roi Maceda, que forma parte do grupo Quempallou e traballa para a discográfica Zouma. Quempallou é unha das formacións que editou disco este ano: Vellas Novas é o seu título. Ademais actuaron en festivais como o de Pardiñas, Lorient, Brincadeira (Cambre) ou Ponte da Barca (Portugal).

Neste outono tamén Uxía Senlle publicaba disco, Andando a terra. Uxía canta a Manuel María, un traballo no que, como indica o título, canta os poemas do escritor da Terra Chá. É a maneira que ten Uxía de celebrar os seus máis de 25 anos no mundo da música, unha traxectoria que vai seguir esta liña xa que ten teño en proxecto «pór música a poemas de Saramago ou Pessoa».

Triple «Sons da lubre»

O grupo máis activo dos últimos anos está sendo Luar na Lubre, e por varios motivos: en xaneiro incorporou a súa nova voz feminina, Paula Rey; en xuño presentaba novo disco, Mar Maior (Warner España). Logo veu a xira de presentación que Bieito Romero resumía nestes datos, antes dos concertos desta semana en Palencia ou no Festival Irish Fleed de Cáceres: «Once semanas nas listas dos discos máis vendidos, 22 concertos, os catro primeiros enchendo durante catro días seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. En total, máis de 40.000 asistentes». E para a próxima semana máis novidades: «Sairá outro disco, Sons da lubre nas noites de luar, un recompilatorio con tres cedés e un DVD do concerto que fixemos o 31 de xullo na praza da Quintana, en Santiago, diante de 6.000 persoas». Con todo isto, e datos como os 30 concertos do ano pasado con motivo dos 25 anos do grupo, Bieito Romero explica que Luar na Lubre tivo que reinventarse: «Agora somos empresa, estamos casi autofinanciándonos porque esta é unha música de militancia, ninguén contrata folk en Galicia; facer música é ir contracorrente».

Na mesma liña sitúanse dous históricos como Mini e Mero: «É duro dicilo, pero o momento actual é máis difícil para a música galega que cando comezamos nós hai case 40 anos». Isto dicían no encontro de música tradicional Terra de Trasancos que organizou o mes pasado o coro Toxos e Froles en Ferrol. Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, insistía esta semana en que iso débese «a moitos factores, como é a depreciación da cultura galega, o autoodio, que non se impulse a cultura desde a Administración, e non falo de subvencións, senón de intencións».

Para Mini e Mero, que teñen recollidas «entre 14.000 e 15.000 cantigas de sempre» que queren que estean a disposición «de todo o mundo na Rede», a cultura «non se pode subvencionar, ten que camiñar por si soa», apunta o primeiro, despois de lembrar que Irmandiños é o último disco destes dous músicos, e o seu grupo A Quenlla, premiados co Pedrón de Ouro.

Roi Maceda asegura que na música galega «o problema é a visibilidade porque Galicia é moi creativa, estamos a un nivel altísimo, na primeira liña de vangarda; o problema é saber vender todo o que facemos».

Festivais si, pagando

Maceda indica que esta fin de semana ten lugar o Castañazo Rock en Chantada, onde están citados os organizadores de varios festivais galegos. A idea é facer unha fronte común que lles permita saír adiante «compartindo estratexias e medios». «Os festivais de música galega teñen moitos problemas e, polo que me din, algún, como o Irmandiños de Moeche, estivo a piques de suspenderse este ano», explica este músico.

«Moitos festivais subsistiron este ano porque fixeron a programación cos colegas», apunta Montse Rivera, de Leilía. E abre a controvertida cuestión do pagamento: «Non hai cultura de pagar por ver actuar a un grupo galego, porque durante anos a música galega foi gratis». Esta é outra liña de debate para un futuro que, segundo os gaiteiros Bellón e Maceiras, non terá nada que ver con aquel bum nos anos 90. Entenden que un dos cambios é que «estamos acostumados á subvención e agora mesmo o apoio a música é penoso, aínda que este é un problema dunha conciencia social na que se valora máis o que vén de fóra que o noso».

Salienta Bellón «todo o poder musical que ten Galicia» e apunta como están sendo as empresas privadas as que están apoiando as iniciativas musicais. Cita os casos de R ou Estrella de Galicia e asegura que «o único que vive da música é Carlos Núñez», actualmente en xira por Estados Unidos e que «actúa nos clubs de Nova York», anota Maceda, que fala tamén de Cristina Pato, que, «está a un nivel moi alto» e tamén se reinventou.

Bellón está «a favor de que se pague entrada para os festivais, como se fai en tódolos sitios do mundo» e apunta outra novidade: «Susana Seivane, que é moi amiga, fai un formato de trío e así pode viaxar fóra, porque con todo o grupo non se pode».

Abada ou Nordesía. A portavoz de Leilía, que actuarán o día 15 no Pazo da Cultura de Narón (20.30 horas), salienta que «por un lado está a crise do mundo profesional e logo a cultura base: nunca tiven tanta xente como agora nas clases de baile». O mesmo pasa na escola BellónMaceiras de Fene, onde votou a andar esta semana unha banda «con 40 gaiteiros de todas as idades; é unha cousa que temos comentado moitas veces con Montse, de Leilía, que tamén dá clases: con esta xente o relevo está garantido».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 12 (Luns)

Terza feira 13 (Martes)
• 2uS na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 14 (Mércores)
• Foliada coa Banda das Crechas (Compostela)

Quinta feira 15 (Xoves)
• Leilía en Narón (A Coruña) no Pazo da Cultura
• Marful no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30

Sexta feira 16 (Venres)
• Mamá Cabra no auditorio municipal de Tui
• Marful no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
• Luis Emilio Batallán no Liceum (O Porriño) ás 23:30
• Magosto en Rarís (Teo)
• Estalotada en Compostela

Sábado 17
• Mini e Mero na casa da cultura de Vilalba
• Os Irmandiños de Vincios no C. C. de Vincios ás 22:00
• Kepa Junquera no Ateneo de Ourense ás 21:30
• Compañía do Ruido no Liceum (O Porriño) ás 23:30
• Premio “IAR” de Folclore Galego (A Coruña) ás 19:00
• Sondeseu no Teatro Principal (A Estrada) ás 21:30
• Saltanocribo no Auriense (Ourense)
• Festival Vento Rock (Ventodela): Medomedá, Ultraquans, La Vaga Banda,...
• Festa-concerto Homenaxe ao voluntariado: Xurxo Souto e os Tres Trebóns, Sés, Ruxe Ruxe e Tiroliro no Recinto Feiral de Pontevedra ás 21:00.
• Festival dos Alegres (Pontevedra) ás 20:00 no Teatro Principal: Maravallada, Seixebra, Maianas, Pandereteiras das Burgas,...
• Serán Magosteiro (Chaín-Gondomar)
• I Serán do magosto (Arzúa)
• Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
• Foliada da Chuva (Cela-Bueu)

Domingo 18
• Festa do Cabazo (Cabral-Vigo)
• Sés no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo ás 18:30
• Serán de Lourido (Salvaterra de Miño) ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2012 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• María Manuela, Mini e Mero, Xiana Lastra no Círculo das Artes (Lugo) ás 20:00
• Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) na Fundación (Melide)
• Terbutalina e Familia Caamagno no Café Auriense (Ourense)
• Treixadura no Auditorio Municipal Cine Alovi de As Pontes ás 21.00
• Martelo no Pub Gatos (Melide)
• Pan de Capazo en Redondela na Discotasca
• Sés en Mondoñedo
• Ruxe-Ruxe na Sala Aquarium - Xuño (Porto do Son)
• Maghúa, Lagharteiras e Abóbriga na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:30
• Tres peixes voando no Pub d´Antón rock café (A Laracha)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
• Serán-Magosteiro en Moraña.

Sábado 10
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• Quempallou en San Martiño Caníbal. Loseiro (Sarria)
• Noitarega no Auditorio de Goián (Tomiño)
• Zenzar na sala Mardigras (A Coruña)
• Ilalelo (Carlos Blanco e X. M. Budiño) no Roixordo (Allariz)
• Os da Ría no Liceum (O Porriño)
• Os Cempés en Pontedeume
• Foliada de Seoane (Antas de Ulla)
• Serán de Sela (Arbo)
• VII Fiada de Viladesuso (Oia)
• II Serán de San Martín, en Currás (Tomiño)

Domingo 11
• I Encontro de Violino Popular (Pobra de Trives)
• De outra Margem no Auriense (Ourense)
• Xoán Curiel en Arzua
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Sela (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-11-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Seoane (Antas de Ulla)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-11-2012 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
VII Fiada de Viladesuso (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-11-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Magosteiro `A Ruada de Moraña´
O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 20:00h as Asociacións culturais Chinguilipé e O Arrieiro celebramos a terceira edición do noso SERÁN-MAGOSTEIRO (a ruada de Moraña) na carballeira de Santa Lucia.

Un ano máis mesturaremos dúas tradicións do pais como son a degustación de castañas acompañadas con outros produto típicos do pais como chourizos e viño coa realización dun serán-foliada para o que contaremos coa colaboración de varios grupos de música tradicional chegado de diversos puntos do pais (nos vindeiros dias iremos poñendo aquí nos nomes!) e cando chegue a media noite foliada aberta a todos aqueles que queirades cantar, tocar ou bailar con nós ata que o corpo nos aguante


Actividades:

20:00h: Comezo do asado e reparto de castañas entre os asistentes e comezo das actuacións musicais dos grupos chegados para o serán.
Grupos:
- Chinguilipé (Moraña)
- Escornabois (Arcade)
- A.C. Seixebra (Moraña)
- Maremonte (Bueu)
- Airiños da Fracha (Pontevedra)
- A.C. Polavila e Banda de gaitas Foula (Pontevedra e Cotobade)
- Alvariza (Teo)

23:30h: Foliada aberta a todos os que se animen a tocar, bailar ou cantar ata que o corpo nos aguante!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-11-2012 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Maghúa, Lagharteiras e Abóbriga en Vigo
MAGHÚA, LAGHARTEIRAS E ABÓBRIGA EN MATAMÁ (VIGO)

Maghúa compartiremos unhas cervexas, cenário, baile e risas coas amigas de Lagharteiras e cos amigos de Abóbriga esta vindeira sexta-feira, 9 de novembro, na Taberna Rianxeira (Devesa, 25, Matamá - VIGO).

Apartir das 22.30 h, e até que o corpo aguante!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán Curiel en Arzua
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega en Goián
Logo dun ano cheo de concertos, o prestixioso grupo de música tradicional Noitarega ofrecerá unha actuación musical ao público tomiñés o vindeiro sábado día 10 de novembro a partir das 20:30 h no Auditorio de Goián.

Formada no ano 1989, e tras a presentación no pasado ano do seu último e aclamado traballo discográfico "XXI", Noitarega está considerada como unha das formacións máis senlleiras da música popular galega, grazas ás súas innumerables actuacións por toda xeografía galega e española, ademais de actuar en países como Portugal, Francia ou os Estados Unidos, o que a converte nunha embaixadora da música tradicional galega alén das nosas fronteiras.

No concerto deste sábado, Noitarega repasará as mellores composicións do seu extenso repertorio e ademais incluíra algunha das novas pezas do seu próximo traballo discográfico. Unha cita ineludible para os amantes da boa música feita en Galicia. A entrada é de balde.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer