Resultados das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que tiveron lugar no auditorio do C.C Valadares de Vigo o pasado domingo 27 de novembro
Categoría de baile
1º premio: Traspés (Vigo).2.000 euros, medalla e diploma.
2º premio: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 1.000 euros, medalla e diploma
3º premio: Trébede de Marín. 500 euros, medalla e diploma
4º premio: Xirandola de Bandeira. Accésit de 200 euros
5º premio: Andarela de Vigo. Accésit de 200 euros
6º premio: Os Xeitosos de Trazo. Accésit de 200 euros
7º premio: A Buxaina de Coruxo (Vigo)
Premio ó mellor acompañamento: Traspés de Vigo. 300 euros.
Premio ó mellor vestiario: Colexiata de Sar (Santiago de Compostela). 500 euros
Premio á mellor coreografía arranxada: Andarela de Vigo. 1.000 euros
Corta feira 30 (Mércores)
? Berroguetto na Fnac da Coruña
Quinta feira 1 (Xoves)
? Snacth no Glasgow (Sanxenxo)
? Vitor Aneiros no Pazo da Cultura de Narón
? Serán no Sarela (Compostela)
Sexta feira 2 (Venres)
? Tic Tac no Centro Sociocultural do Graxal (Cambre)ás 19.00
? Culturgal no Pazo de Congresos (Pontevedra)
? Cuarteto Caramuxo na Praza da Verdura (Pontevedra) ás 21:00
? Malvela no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra ás 21:30
? Mercedes Peón en Pontevedra no Teatro Principal ás 22:30
? Projecto Trepja no CITA (Pontevedra) ás 24:00
? Raiba na sala Zona Cero (Caldas de Reis)
? Noite de Tasca en Sigueiro
Sábado 3
? Concurso de Dúos Gaita-Percusión ás 19:00 horas, no Local Social do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
? Xornadas " As fontes musicais nos Ancares" Casa da Cultura de Ponferrada (O Bierzo)
? Culturgal no Pazo de Congresos (Pontevedra): Banda Crebinsky, Berroguetto, Germán Díaz
? Os da Ría e Davide Salvado no Teatro Principal (Pontevedra) ás 22:00
? Ses en Laracha na Libraría Coma unha Novela ás 20:00
? Festa da Liberdade: Mini e Mero, Marxe Esquerda,... no Torreiro da Festa (Vigo)
? Foliada XV aniversario Retrouso de Cela (Cela-Bueu)
? II Fía e baile de pandeireta en Trazo
? Serán en Pinzás (Tomiño)
Domingo 4
? Festa do Cabazo (Vigo)
? Xornadas " As fontes musicais nos Ancares" no antigo economato de compostilla Ponferrada (O Bierzo)
? Culturgal no Pazo de Congresos (Pontevedra): Mamá Cabra, Assembly Point, Riobó, Vaamonde, Lamas e Romero,
SERÁNS DO SARELA
Xoves 1 de decembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
?Seráns en Compostela agora no Sarela!?
Chega o último serán do ano!
Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro a cargo de Alexandre Sotelino (Castro Floxo e Rebulir)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Devotos do Folclore
24h00 . Maghúa
01h00 . Foliada ata que o corpo aguante!
Máis información www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
O teatro Principal da Estrada acollerá este domingo ás 19.00 horas a cuarta edición do certame de folk Lume na lareira, presentado onte polo presidente do colectivo organizador, Juan Ruibal, e o edil de Cultura, Juan Constenla.
Actuarán sete grupos: O son da Fervenza, Bico da Balouta, Os Alegres, Juan Ruibal, Brais Maceiras, Tarataña e Lume na lareira.
Pecharase cunha actuación conxunta que reunirá sobre o escenario aos cen músicos participantes. Das 400 entradas dispoñibles en orixe, quedan 100.
O despacho de billetes abrirá ás 18.00 e a entrada custará 5 euros.
Sexta feira 25 (Venres)
? Homenaxe a Xosé Manuel Eirís: Miro Casabella, Luís Pastor e Uxía no Pazo da Cultura de Carballo ás 21:00
? Mamá Cabra en Valdoviño
? Os Tres Tenedores en Coristanco ? Ses no Badulake (Ordes) ADIADO
? Zurrumalla na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 26
? Uxía no Auditorio da Illa de Arousa ás 21:00
? Capitán Furilo no Liceum (O Porriño)
? Terbutalina e Ataque Escampe na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Som do Galpóm na sala O Torreiro da Festa (Vigo)
? Tonhito de Poi no Auditorio Lois Tobio - Gondomar
? Xoan Curiel en Pobra do Caramiñal ? Ses no C.S. Lume ás 19:30 ADIADO
? Raiba na sala A Reserva (Carballo)
? Castelo Rock Expresso (Muros): Kastomá, Chícharo Psicótico,...
? Pandereteiras "Faragullas" e Grupo Folk "Tarxa" na A.V. de Sampaio (Vigo) ás 17:00
? Pandereteiras Chorouvía, Grupo de gaitas Xangal e A.F. Traspés na A.V. Cabral (Vigo) ás 18:00
? Festival de música tradicional `Os Alegres´ (Pontevedra) no teatro Principal ás 20:00
? II Magosto furtivo (O Viso-Redondela): Os Irmandiños, Os Modernos, Zurrumalla, A requinta da Laxeira,...
? II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
? Ruada en Cuspedriños (Cotobade)
? Serán en Saxamonde (Redondela)
? Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)
? I Serán de Tui na antiga fábrica de boinas, frente o CEIP Nº1.
? III Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
? Repichoca no local do Canido (Ferrol)
Domingo 27
? Festival Lume na Lareira ás 19.00 no Teatro Principal de A Estrada: O Son da Fervenza, Bico da Balouta, Os Alegres de Pontevedra, Tarantaña,...
? XII Xornadas de Danza e Músicas Tradicionais Galegas (Vigo) no C.C. Valadares ás 19:00
26 novembro
- II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)
- I Serán de Tui na antiga fábrica de boinas, frente o CEIP Nº1.
- III Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- Serán-Repichoca en Ferrol (no local do Canido)
- Ruada en Cuspedriños (Cotobade)
3 decembro
- Serán en Pinzás (Tomiño)
10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)
28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
14 abril
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
35 aniversario da Asociación Cultural Lumieira de Carballo
Homenaxe a Xosé Manuel Eirís
Venres 25 de novembro
21.00 h
Pazo da Cultura de Carballo
Entrada libre e de balde até completar aforoPazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo
A asociación cultural Lumieira, de Carballo, segue celebrando o seu 35 aniversario e non quixo esquecerse dun dos principais impulsores culturais da capital de Bergantiños, Xosé Manuel Eirís, ao que homenaxearán este venres (21.00 horas, Pazo da Cultura) cun concerto moi especial.
«Sempre apoiou a todas as entidades e a súa sensibilidade artística foi enorme, por iso queremos lembralo permanentemente», explicou onte o presidente de Lumieira, Farruco Fraga, que presentou o concerto acompañado por outro dos membros da entidade, Xosé Muíño, e Feliciano Eirís, un dos irmáns do homenaxeado. Será, contaron, un concerto íntimo e emotivo, no que participarán -e non dubidaron nin un instante en acudir á chamada de Lumieira- os cantautores Miro Casabella e Luís Pastor, ademais de Uxía, «gran amiga de Xosé Manuel e sempre moi ligada a Bergantiños».
«Será un concerto moi aberto a todas as culturas e senbilidades, reflectindo así a personalidade de Xosé Manuel», destacó Fraga.
Esperanza Pan Collazo é a presidenta da Agrupación Polifónica de Carballo, unha entidade que xurdiu hai agora dez anos. Hoxe actúa en primeiro lugar no festival de corais de Carballo, iniciativa que dará comezo as 21.00 horas no Pazo da Cultura carballés.
-¿Inflúe saír ao escenario en primeiro lugar?
-Non, impón máis actuar diante dos teus veciños e amigos. Pero cando levas tanto tempo cantando lévalo moito mellor. Aínda así, e con trinta actuacións no que vai de ano, os nervios seguen a ser os nervios.
-¿Teñen definidas as pezas a cantar?
-Si, o programa esixe interpretar catro temas. No noso caso sairemos con Alecrín, Fisterra, La perla e remataremos cun Popurrí galego.
-Non ten mala pinta o repertorio.
-Traballamos moi duro todo este tempo e espero que todo saia ben.
-Javier Otero é o director da agrupación polifónica. ¿Que lle ofrece de valor engadido ao grupo?
- Seguridade e tranquilidade. Non somos unha coral profesional e iso nótase. Aínda así, os ensaios das últimas semanas foron moi positivos e esperemos e desexamos que a xente saia contenta da nosa actuación. Ademais, hai que ter en conta que moitos dos compoñentes traballan e non poden acudir aos ensaios como quixeran.
-¿Hai relevo xeracional?
-Non moito. A nosa coral ten unha medida de idade elevada e non se percibe zume novo.
Hoje no Pichel teremos a inaugaraçom da exposiçom de fotos coletiva de algumhas das alunas da escola mestre mateo, isso será às 20h30 e depois o grupo vigues "Zurrumalla" ofrecerá um concerto a partir das 23h00
...nom o podes perder!!!!!
Uxía actuará no Auditorio da Illa de Arousa o 26 de novembro ás 21:00 h
Neste concerto, Uxía estará acompañada en directo por Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho, viola caipira e percusións) e por Xoán Porto ?Guancho? (guitarra, acordeón e percusións) e interpretará temas do seu último traballo dsicográfico ?Meu Canto? co que está a celebrar 25 anos de carreira sobre os escenarios.
Un cuarto de século cantando as máis fermosas letras de amor merecen un disco homenaxe. Uxía, unha das artistas de referencia do folk galego, acaba de recompilar no seu último traballo, Meu canto, temas propios baseados en poemas de autores da terra consagrados e cancións populares como A Rianxeira. Porque tal e como ela mesma di: «¿Quen non se estremece cando escoita algúns dos clásicos da nosa tradición?».
-A palabra «canto» repítese na maioría dos temas deste último disco. ¿É unha casualidade?
-Comezou sendo así, pero pronto dinme conta de que a repetición deste termo respondía á necesidade que tiña de expresar os sentimentos que me provoca cantar, sen artificios e coa voz como protagonista, porque cando está espida expresa doutro xeito.
-¿Como se inspira para compoñer os temas máis intimistas?
-A inspiración vénme en calquera lugar, no avión, viaxando, ou na casa, porque vivo pendente da música. Non vou a dicir o porqué, pero na Illa síntome moi ben e a tranquilidade deste lugar serviume moitas veces para compoñer.
-¿Cal é o segredo para que a música tradicional galega chegue do xeito que chegan as súas cancións ao público máis novo?
-Trato de reinventarme en todos os meus discos e fago arranxos contemporáneos na maioría das cancións. Os galegos levamos moitos anos tratando de que a música tradicional conecte cos mozos, e por iso eu trato de escoitar todo tipo de música, ata hip-hop.
-¿Cambiará a temática das súas cancións ao tempo que cambia a forma de vivir dos galegos?
-Seguirei cantando ao amor, ao desamor, á esperanza dun futuro mellor para a nosa terra e do que os galegos sentimos no século XXI. Teño claro que hai cousas que soan mellor nesta lingua. O amor soa mellor en galego.
-¿Cre que a música galega atópase nun bo momento?
-Penso que está mellor que nunca grazas aos impresionantes proxectos de moitos músicos que están redescubrindo novos instrumentos como a zanfona. O canto galego apréciase en todo o mundo, tal e como puiden comprobar nas miñas xiras, ata en Cabo Verde.
O 2011 foi un ano de moitas viaxes para BellónMaceiras, pero, por fin, témolos esta semana en concerto aquí cerquiña, en Narón!
Empezaron o ano en Rusia, onde tocaron un repertorio especial de Nadal, para máis de 1.000 persoas na Catedral Católica de Moscú,
tamén estiveron, entroutros, nos festivais de Cosquín (Arxentina), Montelago (Italia), ou Viana do Castelo (Portugal).
Tiveron incluso un programa Alalá adicado a eles, pecharon o primeiro ano da escola de música con éxito e xa están, en pleno segundo curso, pensando ampliar aulas porque xa non caben os alumnos...
Para resumir este ano 2011 (que aínda non acabou), podemos utilizar a palabra "éxito".
Este xoves 24 de novembro, ofrecerán un concerto moi especial, con temas do seu disco en Quinteto: Folkfusión.
datos concerto: xoves 24 de novembro do 2011
Pazo da Cultura de Narón
rúa Holanda, s/n.
15570 Narón (A Coruña)
20h30
entradas: 8 euros / aboados: 5,60 euros / carné xove ou estudante (ate 25 anos): 4 euros
reserva entradas: 981 102 897
O tambor de prata. Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives é o título do segundo álbum que lanza o trio Vaamonde, Lamas & Romero da man de Do Fol.
O proxecto comprende un CD con temas inspirador polo grupo dos Trintas, que desenvolveron a súa actividade musical a comezos do século XX, así como un DVD cunha actuación ao vivo de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero canda a Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera desta cidade.
O vindeiro 4 de decembro o grupo fará un miniconcerto no marco do Culturgal en Pontevedra, e o 13 do mesmo mes será a presentación oficial no Salón Teatro de Santiago.
A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XVII Edición do Premio de Investigación "Antonio Fraguas". Bases
Nordestin@s fai um alto no caminho, soltamo-nos das maos mas queremos despedir-nos cum concerto no Teatro Principal de Santiago, o teatro donde apressentamos o disco no 2006.
O día 19 de Nadal,podedes coller as entradas neste enderezo ,agardámosvos!!!!
Grazas de corazón por estes anos.
Lugar:
Conservatorio Profesional de Vigo
Fotografo Felipe Prosperi s.n
Vigo
Moisés Quintas presenta a "Guía didáctica de instrumentos galegos". Un libro CD para o coñecemento e ensino da música galega, con máis de 100 fotografías e 40 pistas de audio con todos os instrumentos, ademais dunha pista interactiva en formato web cun obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.
Hai que mollarse...non queda outra... De ter un deputado galego a ter 5 deputados galegos son moi poucos votos a diferencia:
Para arrebatar escanos ao PPSOE e ao bipartidismo corrupto, o BNG só precisa sacar en comparación cos votos do ano 2008:
-2.049 votos máis na província da Coruña, para un segundo escano.
-3.667 votos máis na província de Lugo, para un escano.
-4.577 votos máis na província de Ourense, para un escano.
- En Pontevedra o deputado estaría no marxe de manterse ou perderse por uns centenares de votos
Sexta feira 18 (Venres)
? Presentación do libro: Berrogüetto "O Pulso da Terra" na Casa do Libro de Vigo ás 20:00
? Capitán Furilo na Sala 99(Ponteareas)
? Terbutalina no Restaurante Praia de Quenxe (Ézaro) ás 23:00
? Marxe Esquerda no pub 2 de mayo de Aldán
? Picuiña na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:30
? Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
? Foliada no Caviria (Vigo)
? Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 19
? Festival de Cantareiras no C.C. Carvalho Calero (Ferrol) ás 20:00
? Habelas Hainas na Praza de abastos de Padrón
? Zurrumalla en Couso (Gondomar) ás 21:00
? Capitán Furilo na Auriense (Ourense)
? Invivo na sala TNT (Compostela)
? Emilio Rúa no Auditorio Municipal de Ourense
? Xoan Curiel en Carballo
? Som do Galpóm no pub Grecos (Sada)
? Dios Ke Te Crew na sala The Star (Carral)
? Seran de Moreira (Soutomaior)
? Serán na sala Capitol, antigo cine da Illa de Arousa, rúa Con do Moucho.
19 novembro
- Seran de Moreira (Soutomaior)
- Serán na sala Capitol, antigo cine da Illa de Arousa
26 novembro
- II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)
- I Serán de Tui
- III Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)
28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
14 abril
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
Presentación do libro: Berrogüetto "O Pulso da Terra" escrito por Fernando Neira.
Casa do Libro de Vigo. Venres 18 de Novembro. 20 horas
Entrada libre
Van participar neste acto Francisco Castro, editor, Antón Seoane, músico de Milladoiro, e Anxo Pintos, músico de Berrogüetto e mestre de zanfona da e-Trad, xunto aos seus compañeiros Quico Comesaña, Quim Farinha e Santiago Cribeiro. Trátase da primeira biografía sobre Berrogüetto, escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG no Auditorio de Galicia, en Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto, que inclúe ademais un tema inédito.
Berrogüetto. O pulso da terra percorre de xeito minucioso a historia do grupo ao longo destes quince anos de actividade, tanto en Galicia como ao longo do Estado español e as súas xiras internacionais. Detalla a peripecia artística de todos os seus integrantes (os sete actuais e os que formaron parte da banda nalgún momento) e retrata a eclosión do folk galego como un dos fenómenos musicais máis relevantes para a recuperación do patrimonio cultural do país.
O libro nútrese de abundantes conversacións mantidas ex profeso para a ocasión con todos os músicos do grupo, así como con outras personalidades da cultura galega e estatal que desenvolveron un papel relevante ao longo destes tres lustros: compañeiros de profesión, colaboradores, representantes, técnicos, amigos? A través da historia de Berrogüetto, percórrese tamén a historia da música de raíz en Galicia durante os seus anos máis esplendorosos. Non faltan no libro as fotografías imprescindibles para contar a historia, moitas delas inéditas, nun formato visualmente moi coidado coa estética propia de Berrogüetto.