Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruada de Outono de Beariz
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada aniversario de Chinguilipé en Rial (Moraña)
A asociación Cultural CHINGUILIPÉ cumpre 5 anos!!. 5 anos nos cales estes 5 amigos fomos facendo música e festa en todos os lugares nos que nos chamaron.

Alá quedan esas pedazo festazas (sempre) no porquiño á brasa, ás mañás ou tardes de domingo no Carneiro, os magníficos actos do arrieiro polas letras galegas, as vodas na toxeiriña, os pasarúas polo medio de carreteras en Cuntis caldas etc, as tardes de xogos populares, esas ...noites enchendo moraña de tapas e música, aquel serán que cadra no día que máis chove de toda a década, tc, etc, etc....

Semella unha despedida, pero.... como 5 anos non son nada... ameazamos con seguir tocando! :D

E para celebralo, imos facer unha FOLIADA o VENRES 19 DE NOVEMBRO no bar CASA VARELA EN RIAL (Moraña).

Haberá boa comida, bebida e tamén bós prezos, e para amenizar todo contaremos con moit@s amig@s e compañeir@s que virán tocar con nós e facer festa ata que o corpo aguante.

Non podes faltar!, trae o teu instrumento, vén bailar e cantar, ou simplemente achégate ata Rial para pasar unha boa noite de festa ata o amencer
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao Gaiteiro (Vigo)
Moi boas,un ano máis dende fai 21 celebraremos unha nova edicion da Homenaxe ao Gaiteiro.

Este ano ademáis do noso grupo (Etnográfico A Buxaina)que celebra o seu 25 aniversario de existenza, contaremos coa presenza do Coro Tradicional Cantares do Brión do centro cultural de Vincios e Os Terribles de Donas. Carlos do Viso estará tamén con nos como presentador dando continuidade e dinamismo os actos que compoñen o espectáculo.

A Homenaxe o Gaiteiro terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova, a entrada é de balde e farase por medio de invitacións a recoller no Centro Recreativo Artistico e Cultural de Coruxo (CRAC) do 8 ao 13 de novembro para os socios e do 14 ao 20 para os non socios en horario de 19:30 a 21:30 horas, sábados e domingo de 12 a 14 horas.

Quedades todos convidados!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao gaiteiro Manuel Castro `O Freixo´ (As Pontes)

Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo.

Para o día 19 será posible ou desfrutar da música tradicional de Berros do Castro no Conservatorio ou ben bailar ao ritmo dos Jintony´s Son no guateque que terá lugar no Lar de Endesa, nesta mesma noite.

O día 20 será a gran xornada de homenaxe a Freixo e que comezará cunha concentración de gaiteiros na Praza do Hospital para continuar co tradicional festival que, desta vez, estará amenizado polos Feroces da Galgueira, a Banda de Música de As Pontes, a Banda da Escola Municipal de Música Tradicional e os grupos Alfaia e No Cómbaro, festival e que servirá como recoñemento á importante traxectoria deste veterán gaiteiro.

Na noite do día 20 terá lugar a cea popular que se celebrará no restaurante a Nova Ruta de Vilalba e para a que, ata o vindeiro día 17, é posible inscribirse na sucursal do Banco Pastor.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe aos gaiteiros de Cabana de Bergantiños
Os gaiteiros históricos de Cabana de Bergantiños recibirán unha merecida homenaxe este domingo.

Cabana de Bergantiños foi berce de grupos históricos de gaiteiros os cales animaron coas súas músicas tradicionais a totalidade das romarías da Costa da Morte. Por iso, desde o departamento de Cultura do Concello, programouse para as 6 da tarde do vindeiro domingo 21 de novembro unha xornada de homenaxe a estes músicos populares. Nela tamén haberá un concerto de música infantil a cargo de Pablo Díaz e o seu grupo.


Serán tres as formacións históricas as que se lle vai render tributo. Dúas foron orixinarias de Neaño: Os Jaiteiros Reveirana e Os Enxebres. Outra foi de Anos: Os Gaiteiros de Anos.

Os Jaiteiros Reveirana quizais fosen a primeira formación musical da parroquia de Cesullas. Apenas se ten memoria da súa constitución a principios do século XX. Na actualidade consérvase deles unha fotografía en branco e negro.

Os Enxebres de Neaño foi a gran formación histórica de gaiteiros tanto de Cabana de Bergantiños como da Costa da Morte. Fundáronse a finais da década dos 20 e as súas músicas resoaron ata os anos noventa. A súa xeografía musical vai desde a romaría do Santiaguiño do Monte, en Padrón, ata as festas de María Pita na Coruña. Foron unha auténtica escola de gaiteiros na comarca. Neles tocaron músicos populares de Laxe, Cores, Cances ou Zas. De todos modos, a columna vertebral desta formación sempre estivo composta por músicos locais. Entre os nomes máis sonados están O Jay Jay, Manolo de Xusto ou Plácido de Meiruco, entre outros. Este último músico é a única persoa que continúa viva na actualidade de todas as formacións dos Enxebres de Neaño. Meses atrás, a televisión de Galicia dedicoulle un programa de Alalá.

Os Gaiteiros de Anos naceron arredor do movemento musical que se xerou arredor da taberna do Xastre nesta aldea cabanesa. Foron grandes animadores dun salón de baile que había nesta parroquia. Incorporaron grandes innovacións á súa formación coa inclusión do acordeón piano durante as súas actuacións.

Pablo Díaz presenta Tic Tac en concerto gratuíto

Un dos gaiteiros galegos que máis influencias ten do pasado musical de Cabana de Bergantiños é o coruñés Pablo Díaz. Tras os actos protocolarios de homenaxe, os asistentes, sobre todo os máis pequenos, terán a oportunidade de asistir a un concerto de música infantil que servirá de escusa para presentar o seu libro-disco Tic-Tac. Nesta publicación, Pablo Díaz inclúe o tema titulado «O Jay Jay» no que recorda a importancia deste tocador de bombo cabanés no mundo da música tradicional.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de acordeóns na Tabera Rianxeira (matamá-Vigo)
Dende o vindeiro 20 de novembro e ata o 11 de decembro vaise cerebrar cada sabado un serán de ACORDEONS na TABERNA RIANXEIRA.

DIAS DO SERÁN

20 e 27 de novembro e 4 e 11 de decembro.

AS INSCRICCIÓNS PARA PARTICIPAR NO SERÁN, NA TABERNA RIANXEIRA OU NO TELEFONO 625 449 383.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de grupos tradicionais do Porriño
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Abrobriga e Grialia na Guayra (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros e concertos en Canido (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña de Músicos ao Vivo
Este mes de novembro Músicos ao Vivo fará unha campaña de achegamento a músicos e opinión pública de toda Galicia.

A campaña comezará coa II XUNTANZA da asociación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela. Este será un acto festivo como o que se celebrou o ano pasado na Sala Nasa con gran éxito de convocatoria. Haberá pinchos e bebida e moitas sorpresas máis para os presentes. Esta convocatoria está aberta a todos os músicos de Galicia, sexan socios ou non. Como di o lema da Xuntanza “Todo o mundo é benvido“.

Unha semana despois terán lugar ás Reunións Simultáneas en tres vilas galegas: Lugo, Ourense e Vigo. O obxectivo destas reunións é achegar a asociación e os seus servizos aos músicos e colectivos de músicos destas zonas da xeografía galega ás que nunca chegara Músicos ao Vivo ata o de agora.

Estas accións supoñen un esforzo “necesario” por parte da asociación, que quere agradecer publicamente a implicación de socios, músicos e entidades destas vilas no proceso de organización das reunións. Dende “A Gentalha do Pichel” en Santiago, a escola “Fábrica de Sons” en Lugo, a “Escola de Música Tradicional de Ourense” e o “Museo de Arte Contemporáneo en Vigo“, todo foron facilidades e boa vontade para poder levar a cabo as reunións nas súas respectivas instalacións.

Do mesmo xeito, e seguindo coa campaña de comunicación da asociación, Músicos ao Vivo visitará o Culturgal (Feira das Industrias Culturais) co fin de dar a coñecer os servizos ofrecidos polas cooperativas de músicos entre os axentes que interveñen na contratación dos músicos. Este é un punto clave para a asociación tras manter neste mes un encontro co Conselleiro de Cultura e Turismo e o director de AGADIC, onde se chegaron a acordos importantes en materia de colaboración entre estas institucións e Músicos ao Vivo.

Esta campaña pretende ser un punto de inflexión na proxección pública da asociación. Cremos que este final de ano é moi importante debido, en gran medida, aos requirimentos legais de certas actividades e circuítos musicais promovidos pola administración galega para o ano que ven.
Esperamos contar cun gran número de músicos en cada unha destas reunión. Para a Xunta Directiva da asociación é importante ir sumando apoios entre os músicos galegos para ter cada vez máis forza como colectivo, por iso pedímosvos que divulguedes este anuncio entre os vosos coñecidos músicos.

Quedamos a vosa disposición neste correo electrónico ou no teléfono que aparece na firma.

Moitas grazas!
lista@musicosaovivo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2010 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival A Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-11-2010 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala Nasa (Compostela)
Hoxe xoves, 18 de novembro
temos SERÁN da SALA NASA.


Comezaremos cun “Obradoiro de iniciación ós baile solto” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Gustavo Couto.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.

Os grupos que van poñer música son:
1. A Poliafonía Tabernícola
2. Cantareiros Maghúa
3. Cuarteto Os da Chaparra

E TI POS O BAILE
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-11-2010 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Queres traballar n'aCentral Folque?
PARA UN GRUPO DE TRABALLO NOVO E DINÁMICO

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, está buscar unha persoa para sumar ao seu equipo. Alguén para traballar nas nosas oficinas en Vista Alegre (Santiago) e axudar na administración do noso proxecto, unha organización viva, dinámica e cultural. Se pensas que te axustas ao perfil que andamos a buscar, envia o teu CV a info[arroba]folque.com. Manteremos aberta a recepción de candidaturas até finais de novembro.

PERFIL ADMINISTRATIVO/A

Funcións
Xestión da facturación
Trámites administrativos: Facenda, Seguridade Social, Administracións públicas, etc
Busqueda, solicitude e xustificación de subvencións.
Labores administrativas asociadas aos distintos proxectos levados ao cabo por aCentral Folque


Requerimentos
Coñecementos contables, fiscais e laborais
Meticulosidade
Actitude proactiva e de traballo en equipo
Adaptación a entornos dinámicos e cambiantes
Manexo de Office, Contaplus ou otros programas de xestión contable.
Traballo a media xornada

Valorarase
Éxperiencia previa en labores de administración e xestión

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 18-11-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Marful

O grupo galego vén de estar tocando na Casa da Música de Porto, onde conseguiron encher o aforo “ao que contribuíron un bo número de galegos que nos acompañaron nesa actuación e que quizais axudaron a que os espectadores lusos, un chisco hieráticos, estivesen contaxiados polos nosos paisanos”.
Chama poderosamente a atención que sexan a primeira banda do noso país que pisa ese recinto, ao que cualifican como “espectacular, moi moderno e ben deseñado”.

–Nos directos reside unha das bazas que está a xogar o conxunto, xa que exploran territorios alén da propia música?
–Temos unha actitude e un concepto máis aberto no que pretendemos realizar. Movémonos nun mundo onírico ou de realismo máxico. É importante que a xente que veña aos concertos non só escoite a música, senón que mire o que sucede enriba no escenario.

–É o máis difícil para o grupo ser quen de construír un estilo propio cando nas súas composicións beben de moitas fontes e engaden diferentes ritmos?
–Realmente é complicado levar a un escenario ese maremagnum de estéticas e ritmos non cinguidos a unha soa sonoridade. Un reto neste disco era non resultar antinaturais no que queriamos facer. Ten que existir un fío condutor para conducir todo iso. Debemos estar concentrados porque temos un alto nivel de esixencia escénica e musical.

–Xa esgotaron a primeira tiraxe de mil copias e co seu debut venderon uns cinco mil exemplares. Semella que conseguiron algo moi importante, crear uns seareiros fieis.
–Para calquera historia que resida na comunicación é importante fidelizar á xente. Polo momento dímoslles o que querían e contamos co seu apoio. Agora queremos dar o salto internacional, xa que pensamos que é o momento de abrir fronteiras, algo que leva tempo.

–E como tantos outros colegas decidiron recurrir á autoprodución para editar o álbum.
–Con esa medida, artisticamente e a nivel de prazos fas o que queres e a desvantaxe é a falta de liquidez e que debes investir. Por outra banda xa non só debes estar pendente de tocar, senón que cómpre preocuparse doutras cousas. Hoxe en día un contrato con discográficas contén condicións absurdas. Antes podían dicir que ofrecían promoción, pero agora ese traballo podes facelo ti mesmo.

–A recuperación do espírito do antigo salón de baile, cun repertorio variado, é tamén unha aposta para chegar ao maior número de espectadores posible?
–Esa nova lectura que realizamos de todos eses ritmos, con outra estética para adubiar a música, non nos queda tan lonxana porque era o que bailaban os nosos avós ou pais. Ese imaxinario cremos que aínda está presente na sociedade. Pensamos que a esa época non se lle prestou a suficiente atención e non existen gravacións das murgas ou charangas. Nós temos o privilexio de contar con gravacións caseiras.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Luar na Lubre
Presentación do novo disco de Luar na Lubre "Solstício" o 2 de Decembro, en Alcalá de Henares (Madrid).

mais xa podes escoitar o single "Ven bailar Carmiña" no Spotify.


Se queres asistir como público o próximo 1 de decembro (16h30 a 18h30) para ver actuar en acústico a Luar na Lubre no programa "Abierto hasta las 2" de RNE, envíanos un mail con todos os teus datos (nome, dni e tlf de contacto) a acusticos.rne@rtve.es o chama ao contestador do programa 91.346.14.11

www.luarnalubre.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Trasmundi
TRASMUNDI pon son á nosa mitoloxía

“En tempos que se foron…”. Con esta expresión, iniciábase antigamente o ritual da narración oral de contos, lendas ou historias. Hoxe, Trasmundi recupera estas palabras para convidarnos a facer unha viaxe sonora a través do imaxinario colectivo galego.

En tempos que se foron… é o título do novo traballo discográfico do grupo Trasmundi, formado por Moisés Quintas nas frautas, guitarra e mandolina, Xosé Manuel Fernández no piano e acordeón e Rosa Gayoso no violín. O trío galego compón a súa música, nesta ocasión, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras ou a Maruxaina. Trasmundi consigue crear composicións que nos ofrecen a descrición de cada un destes seres, mergullándonos nun mundo de fantasía que perdura nas xentes do noso pobo desde hai moitos anos.

www.trasmundi.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Irtio
Vórtice, este é o título co que a banda de folc galego, Irtio, retoma a súa actividade discográfica despois dunha pausa de case sete anos.

Cunha formación máis asentada e experimentada, anque cunha liña de traballo e procedementos similares a Mar de Pedra, Irtio incorpora unha novidade substancial: a voz masculina de Rodrigo Cuevas. Este folc postmoderno con sabor atlántico, ven a continuar aquel son anovador de Mar de Pedra co que sorprenderon no ano 2003, sen deixar de lado as raíces tradicionais. Este remuíño de sonoridades amalgamadas, densas tímbricas e as máis elaboradas sutilezas son o froito de anos de laborioso traballo e reflexión, no que se amosan a sensibilidade e a particular forma de entender a música tradicional e as músicas actuais.

www.irtio.com

Vindeiro concerto:
26 de novembro - O Lar (Noia). Entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Seserit
Seserit é o antigo nome dunha parroquia rural galega. A parroquia foi ata hai ben pouco o xeito de asentamento e vida en Galiza.

Obviamente xa non é nin moi viva nin forte, a parroquia rural leva anos perdendo poboación e está a desaparecer: Antes como consecuencia de políticas esóxenas–cando Galiza non tiña ningún tipo de poder político–que forzaron a saida de milleiros de persoas fóra de Galiza. E agora–dende que xa temos goberno autónomo–pola mesma razón pero con colaboración endóxena, cunha emigración maioritariamente ás cidades e vilas do país, como resultado das poucas posibilidades de futuro que nos deixaron no rural, ficando as parroquias con pouca xente e avellentadas.

Galiza debe ao mundo rural o seu idioma, a súa idiosincrasia, a súa retranca, a súa cultura etc mais a pesares disto grande parte dos galegos sempre renegaron deste mundo, aínda procedendo del. Porén a música e letras de Seserit inspíranse principalmente nel, porque esmorecente aínda respira.

www.myspace.com/seserit
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Novo EP de Magritte
MAGRITTE formase en Ourense no verán do 2008, ano no que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa” sendo presentada en directo en moitas das salas de concertos de Galicia.

Aproveitando estes concertos para dar forma e solidez as cancións e o son do grupo , así despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entran nos Estudios Abrigueiro e graban o seu primeiro Ep (6 cancións), e contan coa colaboración de “Eladio Santos “ de Eladio y los Seres Queridos poñendo a voz na canción titulada ”Varsovia” e de “Arturo Vaquero” gravando todos os teclados que aparecen no EP.

www.magrittemusica.com

Presentación de "Vendaval EP"

Xoves 25 de Novembro na Sala Moon Music Club de Santiago de Compostela a partir das 23:00, xunto ca banda de versións "Los Martinez (Rock Hudson)"

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
As guitarras afiadas de Noise Project
Título: Asuntos que se resolven co tempo
Grupo: Noise Project
Edita: A Regueifa Plataforma


O sexteto de Valga Noise Project, formado por Raúl Santiago (guitarra e voz), Vítor (batería), Óscar Cereixo (baixo), Xavi (guitarra), Ernst (laptop) e Álvaro (guitarra,voz) preséntase co seu primeiro longo, despois de Teleclube (2007), cun traballo no que a conxunción e a mestura de estilos son predominantes en todas as cancions do disco.

O post-rock e o noise (“Que se pare o mundo cando me dea o sol”, “A casa do ancián”) altérnanse con paisaxes oníricas e medios tempos (“A madalena”, “Gin tonic con Ali Agca”). Tamen hai lugar para composicions onde a melodía conquista dende a primeira escoita (“Deus”).

Un disco de guitarras afiadas, distorsionadas e atmosféricas no que as voces xogan o seu papel coma un instrumento mais, todo iso sumado a unha coidada produción, letras integramente en galego e ecos que recordan a referencias nos estilos devanditos coma Mogwai, Explosions in the sky, Godspeed you! Black Emperor ou os omnipresentes en todo o disco Sonic Youth.

Grabado no estudios Círculo Polar (O Grove) o disco está producido por Iñaki Bea e eles mesmos e conta cunha coidada edición na que a única pega é que non se incluísen as letras.

Agardamos impacientes as futuras entregas deste prometedor grupo dentro dun movemento de vangarda aínda non moi explorado nas nosas terras

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-11-2010 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Miguel Alonso, premio Xuventude Crea de música
Miguel Alonso, ferrolán, gañou o Xuventude Crea 2010, convocado polo Goberno, na categoría de música cantando dous temas do seu disco 'A noite dos cans'.

O cantautor ferrolán, agora veciño de Santiago, Miguel Alonso, acaba de proclamarse gañador do certame Xuventude Crea, organizado pola Xunta de Galicia, na categoría de música e dotado con 3.000 euros. O segundo posto foi para Projecto Trepia e o terceiro para Aid. Este premio fora creado polo Bipartito co nome de GZCrea.

Na final, o cantautor interpretou dous dos temas incluídos no seu último disco A noite dos cans: "Rúas molladas" e "As pantasmas desta casa", compostos por el mesmo, como o resto do traballo. No escenario estivo acompañado pola súa banda habitual: Xavier Santana (guitarras e coros), Xoán Aparicio (baixo) e David Dapena (batería).

Miguel Alonso continúa coa promoción de A noite dos cans, editado a finais deste verán e gravado integramente en galego.


Próximos concertos
27 de novembro: Sala Garufa, A Coruña, xunto ao cantautor madrileño Jorge Castro
17 de decembro: Sala Moby Dick, Sada
20 de decembro: Casa das Crechas, Santiago de Compostela.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2010 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo en Cabral (Vigo)
“XXIII FESTA DO CABAZO” NO CARBALLAL

O próximo domingo día 21 de novembro celebrarase a “XXIII Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.

A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:

- Grupo de Gaitas “ANAQUIÑOS” da S.C.D.R. Helios de Bembrive.
- Grupo "O SERÁN" de Salceda de Caselas.
- Lectura do pregón
- Grupo de gaitas “ECOS E AGARIMOS” do C. C. R. Peitieiros.

Pola tarde, a partir das 17:30 h., actuarán:

- Grupo “AS ZARAGATEIRAS” - As Pedriñas - Mos.
- Grupo “FROLES NOVAS” de Lavadores.
- Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con CABAZO.
- Mostra de Artesanía
- Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.
- A pregoeira desta festa será a escritora AMPARO SOLLA GONZÁLEZ. ( Profesora titular da Universidade de Vigo e Delegada da Universidade na Escola de Maxisterio de Vigo).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2010 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
A Requinta da Laxeira no Alalá

Hoxe, martes, día 16/11/2010

Ás numerosas e afamadas festas do Val da Ulla hai que engadirlles as romarías espontáneas, para as que son necesarias xente con ganas de brincar e alguén que toque, e se están amenizadas por un grupo como a "Requinta da Laxeira", o éxito está asegurado
.

Os da Requinta son un grupo numeroso, o máis novo ten catorce anos e o maior trinta e seis; pero o máis difícil é quedar para os ensaios porque uns traballan, outros estudan, un vive aquí e outro acolá, algún é pai de familia pero os trece están unidos pola música.

Estas terras fértiles son as do soñado viño da Ulla, as da súa augardente, as do Entroido as dos muíños do río, e aquí estes rapaces comezaron na música de moi nenos; aquí comeron, beberon e medraron, nun lugar chamado Sarandón. Agora, guiados por Emilio Lois, o director da tropa, decidiron manter viva a tradición musical desta zona, pois os Laxeiros xogan con vantaxe, son novos, gústalles a foliada e a festa a máis non poder e danlle a este val un aire fresco e alegría coas requintas e gaitas que sempre houbo aquí.

Estamos nunha zona de tocadores da requinta, de aquí saían os mellores grupos en que a gaita e a requinta soaban a un tempo para animar as festas de todas as vilas dun e do outro lado do río; pero, como moitos instrumentos, estivo a piques de desaparecer, senón fose polo testemuño e o saber dos vellos tocadores da requinta e as ganas e a ilusión dos novos músicos. Os da Requinta da Laxeira tocan, bailan e cantan, e son capaces de baixar do escenario e facer bailar ata o pau dunha vasoira. Teñen un repertorio popular moi coñecido, pero ademais, no Alalá desta noite aprenderemos coreografías e ata algunha letra nun karaoke tradicional.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 16-11-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 15
• Riobó no Forum Follk (A Coruña) ás 21:00

Terza feira 16 (Martes)

Corta feira 17 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 18 (Xoves)
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 19 (Venres)
• Xoán Curiel en Carballo
• BellónMaceiras Quinteto no Liceum (O Porriño)
• Snatch en Nerio (Cee)
• Ergom na sala Baranda ( O Barco de Valdeorras)
• Sonoro Maxín na sala Catro Camiños (A Rúa)
• Foliada aniversario de Chinguilipé en Rial (Moraña)

Sábado 20
• Sonoro Maxín en ExpoOurense ás 18:00
• Snatch no Saloon (Ponte do porto-A Coruña)
• Mamá Cabra no Coliseo Noela, Noia (A Coruña)
• BellónMaceiras Quinteto no FNAC (A Coruña) ás 19:30
• Projecto Trepia no Liceum (O Porriño)
• Esquíos na Esmorga (Ourense)
• Som do Galpóm no Pub Trocolo (Noia)
• II Festival A Rebusca en Manzaneda (Ourense): Os Tres Trebóns e Os Homes sem Medo, Cuchufellos, Melech Mechaya, Farra Fanfarra, Humanity, Ce Orquestra Pantasma
• Serán de Loimil (A Estrada) na antiga escola da parroquia
• I Ruada de Outono de Beariz (Ourense)

Domingo 21
• II Encontro de grupos tradicionais do Porriño na Praza do Concello ás 11:30
• Pablo Díaz en Cabana de Bergantiños (A Coruña) ás 18:00
• Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio Municipal de Cedeira (A Coruña) ás 18:30
• Balakandra en Valdoviño
• Homenaxe ao Gaiteiro (Vigo) ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2010 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Folque en Compostela
A MÚSICA A TRAES TI!

Este sábado 13 de novembro organízase unha sesión musical aberta con alumnado e mestres da Escola Livre da MPG. Unha foliada pra estar, tocar e bailar. Será a partires das 21 h na Gentalha do Pichel.


Compartiremos uns petiscos antes de comezar a sesión. Trae algo para a mesa antes de ir á pista!

Facemos a convocatoria ás 21 h na sala da Gentalha do Pichel (rúa santaclara 21, Compostela). A sesión comezará algo antes das 22 h e antes haberá uns petiscos pra compartir. Así que vos convidamos a traer algo e compartilo.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 12 (Venres)
• Mamá Cabra en San Fins do Castro, Cabana de Bergantiños (A Coruña) ás 12:00
• Sas Battor Colonnas na Igrexa de Conxo (Santiago de Compostela) ás 19:30
• Orfeón Terra a Nosa ás 21:00 h. Auditorio Municipal de Negreira
• Ith no pub Desigual (Curtis)
• Ruxe Ruxe e Medomeda na Sala Nasa (Compostela) ás 21:00
• Noitarega en Vigo con Magosto e Serán ás 21:00 na Praza da Estrela
• Magosto na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)

Sábado 13
• Snatch no pub O Muiño (Cervo)
• Pel de noz no Cabíria (Vigo) ás 22:30
• Pé de Boi en Pontecaldelas
• Berroguetto ás 21:00 no Auditorio de Galicia (Compostela)
• Festival solidario pro nenos do Sahara ás 20:00 no auditorio de Vilagarcía de Arousa
• Magosto en Boiro con Xilbarbeira e Algharabia
• Magosto e Foliada en Elviña (A Coruña) na S.R.C.D. Tempo Novo ás 17:30
• Foliada Folque na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 21:00
• I Foliada (Malo será) no Galeón Vikingo de Catoira ADIADO
• Magosto e Serán na Estrada, na Praza de abastos
• Magosto dos Teixois (Taramundi, Asturias)
• Festa de outono en Ouzande (A Estrada)
• Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
• V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
• Serán en Frades (Mondariz)

Domingo 14
• Foliada Tápalle o Micelio!!: Retrouso, Requinta da Laxeira, Xuntanza dos regatos,Pandereteiras Bouba en Orazo (A Estrada)
• II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e Serán na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada (Malo será) no Galeón Vikingo (Catoira)
Iº FOLIADA (MALO SERA)NO GALEÓN VIKINGO DE CATOIRA

O día 13 de Novembro dende as 21 HORAS ata que o corpo aguante, estades convidados todos aqueles grupos de gaitas, asociacións e persoas que queiran pasar un bo rato con nós nesta I Foliada (malo será).

Todos os que queiran vir este día terán que confirmar asistencia, por cousa do PINCHO, totalmente gratuito para os musicos.

En caso de choiva, quedará aplazado.
TRAE O TEU INSTRUMRNTO...NON FALTES.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de outono en Ouzande (A Estrada)
Este sábado, 13 de novembro, castañas asadas e viño novo, de balde para todos e todas.

Enredos con castañas, servizo de bar, chourizos asados e moita festa con Retrouso. Trae o teu instrumento para facer aí­nda máis festa.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada Tápalle o Micelio!! (Orazo-A Estrada)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega en Vigo con Magosto e Serán

Temos o pracer de convidarvos á actuación que este venres, día 12 de novembro de 2010 a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega ofrecerá no Salón de Actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (Praza da Estrela).

Neste concerto, o grupo repasará ao vivo os temas que compoñen "XXI", o seu novo e agardado traballo discográfico, e no que contará cuns convidados de luxo: as Pandeireteiras Grialia e o acordeonista Roberto Comesaña (membro actual da banda de Cristina Pato).

Este concerto encádrase no Encontro Cultural organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, onde ademáis, haberá unha exposición de pintura de Diego de Giráldez (20:30 h.) e, tras o concerto de Noitarega, un magosto-serán na Praza da Estrela ao que estades todos convidados.

A entrada e participación neste Encontro Cultural é de balde.

Sen dúbida, unha máis que atractiva proposta para a noite deste venres.

Myspace:
http://myspace.com/noitarega

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2010 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer