Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Foliada Tapalle o Micelio!! (Orazo-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Noites de Carpenta (A Coruña)
O día 6 de novembro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXVI.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón 2009
Final da 19º Edición do Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" 2009

Domingo 8 de novembro ás 20 horas

O día 8 de novembro de 2009 no Teatro Jofre de Ferrol realizarase finalmente o XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN", o certame que foi suspendido en agosto ante a retirada dalgúns dos apoios económicos que viña recibindo, finalmente celebrarase en novembro ao obter o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Ferrol.


O domingo día 8 ás 20 horas terá lugar a FINAL dos GAITEIROS SOLISTA, a entrega da Mención de Gaita de Ouro e a entrega de premios do apartado de COMPOSICIÓN.

A posta en escea das obras premiadas no apartado de COMPOSICIÓN será dentro deste ano 2009
pero anunciarémolo máis adiante xa que premura do tempo non permitía executalo como se merece!

Vémonos o domingo!

Finalistas:

- Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas (Ourense).
- Gonzalo Manuel Abelairas Lemos. (Ourense)
- Ricardo Mouriño Freire. (Ferrol)
- Isidro Vidal Gallardo. O Carballiño (Ourense)
- Bruno Villamor Gay. (Lugo)
- Pedro Alvarez Fariñas. (Nigrán)
- Daniel Lumbreras Rodríguez. Donostia (España) “GAITEIRO DE SOUTELO”
- Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez. Bos Aires (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
- Santiago Agustín Molina. (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
- Eric Alexander Corrante. Valencia (Venezuela) “GAITEIRO DE SOUTELO”
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada (Sada)
Organizado pola Asociación de música e danza tradicional Queiroa e o Concello de Sada, o vindeiro sábado 7 de novembro ás 20:00 h, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a II Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa.

Coincidindo con ela celebrarase o Magosto municipal, no que colaborarán as Asociacións de Sada.

No transcurso da foliada, celebrarase un Concurso de baile tradicional por parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns. Podedes participar tocando e/ou cantando no escenario, ou ben, bailando ao pé del. Sempre música tradicional. Se non queredes actuar, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.

Se desexades actuar, ou participar no concurso, confirmádeo canto antes (tel.: 617 94 08 33 / 636 69 28 00, correo: tercermolino@telefonica.netEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ). Cando saibamos o número de participantes, informarémosvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Tralas actuacións previstas, a intervención será libre.

Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, etc.) e a media noite, queimada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Baile por parellas na II Foliada de Sada

CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

BASES DE PARTICIPACIÓN

1.O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 7 de novembro de 2009, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da II Foliada de Sada.

2.A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.

3.Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade. Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.

4.A inscrición das parellas será gratuíta. A folla de inscrición deberá chegar, debidamente cumprimentada, antes do 05 de Novembro ó correo grupoqueiroa@gmail.com. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de cinco e un máximo de dez parellas inscritas. A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo electrónico, o mesmo día da inscrición.

5.As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.

6.O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.

7.Establécense os seguintes premios:

1º Clasificado: 150 €
2º Clasificado: 100 €
3º Clasificado: 50 €


8.A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de recibir o premio.

Para calquera dúbida, chamar ó teléfono: 615222046 (Miguel)/636692800 (Fernando)

ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL
Rúa Miguel Pereiro Tacón, s/n
Mondego – 15168 Sada (A Coruña)
Telf.: 981 621 421
www.queiroa.org – Email: queiroa@queiroa.org
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-11-2009 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Outono (Couso-A Estrada)
Festa do Outono (Couso-A Estrada)

7 de novembro 2009 no Campo da Festa de Couso - A Estrada.


Organiza Asociación A Xesteira.

Xuntarémosnos con bailadores e cantadeiras de Pazos de Borbén e Mondaríz, con Bouba Pandereteiras, pandereteiros de Brincadeira, Maghúa, Pandeiromus, bailadores de A Ponte Vella, músicos de Ardentía, Os Que Hai, Retrouso, Os Regatos de Matamulleres, Vilarachos e moitos mais festeiros para facer unha gran foliada.

Ademais cogumelos, castañas asadas, viño novo e licor café.

Lembra, pódese usar a ESCOLA NOVA para DURMIR, o lado do Campo da Festa. Trae SACO/ESTERILLA, UNHA MANTA OU ... O QUE QUEIRAS.

Quedas convidado.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2009 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto Trepia en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2009 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival San Martiño (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-11-2009 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Castañazo Rock 2009 (Chantada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-11-2009 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto de Balboa (O Bierzo)
VENRES 6
22,30 h. Sortilegio Queimada do Druida
23,30 h. CELTICÚE -Cartagena(Palloza de Balboa)
01,30 h. FRAGÜEL FOLK -Bierzo (Palloza de Chis)

SÁBADO 7
16,30 h. FILANDÓN NO SOUTO
19,30 h. L'ARCU LA VIEYA-Cabrera (Palloza de Balboa)
22,00 h. AMENIZANTES
00:00 h. CONTRADANZA -Andalucía (Palloza de Balboa)
02,00 h. JABARDEUS (Palloza Chis)
03,30 h. VARACUNCAS -Lalín (Palloza de Chis)

DOMINGO 8
17,00 h. XEITU -Variopinto (Palloza de Balboa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2009 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto en Sendelle
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2009 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto no Faísca (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2009 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Zeca Afonso na Gentalha do Pichel (Compostela)
A GENTALHA TRAZ OS AMIGOS DO ZECA AO PICHEL:

Será na próxima sexta 6 de Novembro a partir das 21h00, e contaremos com músicos e músicas do calibre de:


NA VIRADA
XAN LÓPEZ
UXIA SENLLE
LUÍS ALMEIDA.


Também nos acompanharám Xico de Carinho, Benedito, Antom Labranha, Juan Guitián e Arturo Reguera.

Veremos vídeos, ouviremos as palavras das companheiras portuguesas da Associaçom José Afonso e partilharemos umha noite que promete ser linda e emotiva.

Já sabedes que a venda de bilhetes é antecipada no Pichel (aforo limitado a 50 pessoas) e nom ficam muitos... O preço é de 4 € (5 € para nom sócias)

Fazei já as vossas reservas.
(Haverá petiscos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Ponteareas do novo disco de Capitán Furilo
ROCK é o novo traballo de Capitán Furilo.
Gravado nos estudios Élite de Vigo baixo a tutela de Tino Alvarez (A-rritmic), ROCK confirma a evolución sonora do grupo e recolle a enerxía que define o actitude da banda en directo. Once cancións directas, inmediatas e cheas de luz, así é o novo traballo de Capitan Furilo.

E que mellor maneira de presentar en sociedade o novo disco que unha Cea-Baile.
Capitan Furilo non ve mellor maneira de dar a conocer as novas cancións que non sea no seu hábitat natural, ao vivo nunha Cea-Baile con queimada e sesión dj incluida, a festa está asegurada.

O Sábado 7 de Novembro, às 22hs. no Restaurante Cuevas de Ponteareas

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival benéfico en Vigo
Este xoves dia 5 de novembro no Hotel Los Escudos de Alcabre (Vigo), a FEDERACIÓN DE PEÑAS DO R.C.CELTA DE VIGO S.A. organiza un festival benéfico para recadar fondos para a operación de Jessica.

DIA: 05/11/2009
HORA: 20:30
LUGAR: Hotel Palacio los Escudos de Alcabre
PREZO ENTRADAS: 10 euros.

DE VENDA EN:
RESTAURANTE A NOGUEIRA (A SALGUEIRA)
BELEN ALVAREZ (LOCALIA TV)
CIRCULO CULTURAL DE CHAPELA
FEDERACIÓN DE PEÑAS DO R.C.CELTA

A Gala estará presentada por BELÉN ÁLVAREZ

www.vigosolidario.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2009 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Nasa (Compostela)
Este xoves, 5 de novembro temos Serán na NASA.

Seguimos coa novidade do "Obradoiro de iniciación ós seráns" a partir das 21:30. Esta xornada adicamoslla á xota e o valse, para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.

E para os demáis bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a grande festa.

Os grupos que van poñer música son:

1. Donaire
2. Verdegaio
3. Campantes da Baña

E TI POS O BAILE
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Justo do Rego no Alalá

Hoxe, martes, día 03/11/2009

A casa da gaita de Justo do Rego, un espazo dunha pequena parroquia da Fonsagrada, Pacios, que noutrora foi un sitio único e distinto, será o punto de encontro do "Alalá" de hoxe, que comparará a tranquilidade de hoxe co rebumbio que circulada por este lugar visitado por todos aqueles a quen lle gustaba a música.


Estas terras percorreunas infinidade de veces o funcionario de correos e o gaiteiro e este é o paraíso do noso protagonista, Justo do Rego.
Justo do Rego medrou nunha familia acomodada en que a música era a alegría do lugar e nesta casa da gaita medrou o neno e fíxose músico contaxiado daquelas notas que a diario soaban na cociña da súa casa. Aquí armábanse hai moitos anos unhas ruadas incribles, había festa cando pasaban os cegos e cando alguén da familia dos do Rego tocaba, pois era unha saga de músicos: tocaba o avó, o pai, os fillos, tocou o neto e agora o bisneto.

Con oitenta anos, Justo segue a ser un gaiteiro magnífico, un home entrañable e distinguido que tocou no famoso grupo "Os Gaiteiriños da Puebla"; iso si, a Justo a vida fíxoo pasar por momentos moi difíciles a perda de seu irmán e a de seu fillo- que o obrigaron a pousar a gaita e chegou a estar trinta anos sen tocar. Justo resume a súa historia musical en que "isto é terminar moitas veces e volver empezar outras tantas", e "nun futuro non se sabe como será".
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 03-11-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (luns)

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 5 (Xoves)
• Gala benéfica no Hotel Os Escudos Alcabre-Vigo): Ardentía, Os Carunchos, Marta Quintana, ... ás 20:30
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
• Serán na sala Nasa (Compostela): Donaire, Verdegaio, Campantes da Baña,...

Sexta feira 6 (Venres)
• Transilvanians no Auriense (Ourense)
• Zenzar en Bueu
• Covalblú no Liceum (O Porriño)
• Tino Baz no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Homenaxe a Zeca Alfonso na Gentalha de Pichel (Compostela): Na Virada, Xan López, Uxía Senlle e Luis Almeida
• XXVI Noite de Carpenta (A Coruña)

Sábado 7
• I Concurso de música tradicional Galega (Bembrive-Vigo)
• Projecto ['trepia] na Sala Mondo Club de Vigo ás 22:00
• Skarallaos no Sala 600 de Melide
• Banda Potenkim no Roi Xordo (Allariz)
• Pito de Pikasso no Pub O Foso de Santa Comba
• Marxe Esquerda no Revolta (Vigo)
• Capitan Furilo presenta disco nunha Cea-Baile às 22:00 no Restaurante Cuevas de Ponteareas
• Castañazo Rock no Mercado Gandeiro de Chantada ás 21:00: Talco, Dixebra, Peste & Sida, Kogito e Skándalo GZ.
• Festa do Outono (Couso-A Estrada)bailadores e cantadeiras de Pazos de Borbén e Mondaríz,Bouba Pandereteiras, Brincadeira, Maghúa, Pandeiromus, ...
• II Foliada de Sada (A Coruña) ás 20:00 na Praza Irmáns Suárez Picallo
• Serán en San Martiño de Ventosela (Redondela)
• Foliada dos Cativos (Bueu)

Domingo 8
• I Foliada !!Tápalle o Micelio!! (Orazo): Alvariza, Xuntanza dos Regatos, Regato de Matamulleres, Requinta da Laxeira
• XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" no Teatro Jofre (Ferrol)
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer