Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.


O vindeiro sábado 14 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Retrouso de Samil (Vigo).

Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,00h. Recibimento no Retrouso de Samil (Vigo), mesmo a carón da bolera.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies).
-Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).


-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Inscricións para a cea.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 10 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanza_transeu@hotmail.com.

Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 23 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 3 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Nota importante: se queredes ficar a durmir, podedes reservar persoalmente praza no Hotel Praia Santa Baia (www.hotelpraiasantabaia.com), a 500 m. do Retrouso, que nos axeita un prezo especial para o Alcuentru de
20 €/persoa en habitacións compartidas (3, 4, 5...). Preguntade por Paz no 986 214 133, polas mañás.

Máis información en xuntanza_transeu@hotmail.com, ou no teléfono 657 209 731 (Guillerme).

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
VI ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular e o Concello de Pontevedra, presentan a VI edición deste festival sobre pandeiros de mao (adufe, pandeireta, pandeiro, bendir, rij, duff, ... ) entre os días 11 e 14 de novembro cunha oferta variada sobre este tipo de instrumentos.

Este ano o país convidado é Brasil, cultura que recibiu o pandeiro dos colonizadores portugueses desde o século XVI e o adaptou ao seu xeito musical acadando grandes cotas de evolución.

Contaremos coa presenza de artistas coma Marcos Suzano, Carlos Núñez, Renato Spencer, Con canto Donaire, e actividades varias: Haima DUF, Fai o teu Pandeiro!, programación infantil, asociacións árabes e brasileiras, Serán Urbano,...

O festival terá lugar entre o 11 e o 14 de novembro en diferentes localizacións: praza do Teucro, Teatro Caixanova e Museo de Pontevedra.

Entre outros, contaremos con Carlos Núñez nun coloquio sobre as súas experiencias no Brasil, a Marcos Suzano en concerto, obradoiros para especialistas, a Haima DUF (espazo aberto e de información), actividades de interculturalidade e o xa clásico Serán Urbano.

Dáse continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao público especializado e o público xeral. A meirande parte da súa programación celebrarase nas rúas e prazas de Pontevedra con concertos, o Serán Urbano, feira de artesanía musical, punto de información cunha exposición temática, actividades infantís, animación de rúa,...

Unha oportunidade para a interación socio-cultural. Este ano terá protagonismo o BRASIL a través de asociacións que recrean música brasileira na Galiza, sen esquecer a comunidade árabe protagonista da pasada edición.

RESUMO DO PROGRAMA

mércores, 11 de novembro
-18 h. Museo de Pontevedra.
"Alborada do Brasil" coloquio con Carlos Núñez

venres, 13 de novembro
- 16 h. Praza do Teucro
Apertura Haima DUF:
Batuke brasileiro, artesanía musical, actividades infantís, feira de artesanía musical, postos de asociacións de colectivos de inmigrantes árabes e brasileiros

- 21 h. Teatro Caixanova
Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire

sábado, 14 de novembro
- 10 h. Museo de Pontevedra
Master Class* con Marcos Suzano. Técnica de pandeiro brasileiro

10 h. Museo de Pontevedra
- Fai o teu pandeiro!* con Carlos do Viso. Construcción dun adufe

*Actividades de pago e prazas limitadas.

- 12 h. Haima DUF
Ao encontro de... Renato Spencer. Concerto didáctico

- 17 h. Haima DUF
"Tan iguais, tan diferentes". Convivio con mulleres brasileiras, galegas e árabes.

- 18 h. Haima DUF
Exhibición de capoeira co grupo Arte Negra

- 20 h. Haima DUF
Serán Urbano

Máis información aquí.

Pra inscrición dos cursos, mail a matricula@folque.com ou no +34 881 031 829

www.folque.com






Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-11-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Cabaza (Carballa-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontro Folclórico Frouma (Oleiros)
III ENCONTRO FOLCÓRICO FROUMA

Este ano celebramos o III Encontro Folclórico Frouma o día 14 de novembro as 19:00 h, nas Torres de Santa Cruz de Liáns (Oleiros),
presentado por Francisco Moris Vázquez (Compoñente e director do noso grupo, Frouma) co seguinte

Programa:

- Queiroa de Sada
- Os Rueiriños de Nós-Oleiros
- Frouma de Oleiros (nós)


Esperamos que asistades todos, é importante para nós contar co voso
apoio e gostaríanos que disfrutárades connosco da nosa música.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
I Curso de Iniciación ao Teatro no Casco vello de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque presenta disco en Compostela

O GRUPO FOLC CORUÑÉS TIRULEQUE PRESENTARÁ EN SANTIAGO O SEU PRIMEIRO DISCO O VINDEIRO XOVES 12 NA CASA DAS CRECHAS

O concerto – presentación do novo traballo discográfico comezará ás 22:30h. Baixo o mesmo título que o nome do grupo a formación coruñesa pretende compartir a súa maneira de entender a música que ven facendo dende hai xa sete anos nun concerto que promete moita festa

Continuando ca xira galega de presentacións do novo disco iniciada o pasado 4 de setembro e tras percorrer festas, encontros musicais e festivais de recoñecido prestixio por case todo o territorio galego, entre os que destacan o de Ortigueira, Pardiñas, Couso, A Marosa, Bretoña ou O Viso, o grupo presentará oficialmente en Compostela o seu primeiro traballo discográfico.

A banda coruñesa está formada actualmente por Antón Bueno (contrabaixo, gaita e coros), Álex Fente (acordeón e coros), Pablo Pintor (clarinete, gaita, pito galego, triángulo e voz), Fernando Román (saxo, clarinete, gaita e coros), Miguel Horjales (caixa, percusións e coros) e Luis García (bombo con pratos, percusións e coros).

O disco, autoproducido integramente polo grupo e gravado en Bonham estudios de A Coruña no 2009, poderá adquirirse no lugar do concerto para todos aqueles que así o desexen. Dende antes da súa estrea, están colgados tres temas na web oficial (www.tiruleque.com) onde poden descargarse gratuitamente para ir abrindo un bo sabor de boca.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumba, de balde na sala Capitol (Compostela)
LAMATUMBÁ ao vivo!!
grupo convidado: Liridade Noctámbula

PARAUGAS TOUR 08/09

12 NOVEMBRO 2009
SALA CAPITOL (Santiago D.C.)

apertura de portas 21:30h
entrada de balde (con invitación)

recollida invitacións: Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche
Rúa Frai Rosendo Sanvado 14-16 Santiago D.C.
a partir do 9 de novembro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola lingua en Vigo con Ataque Escampe
Os Comités do Campus de Vigo organizan un Concerto pola lingua o vindeiro xoves 12 de novembro ás 18.30 horas no teatro universitario situado na área comercial do Campus Universitario de Vigo, onde tocarán os ATAQUE ESCAMPE.

A entrada é de balde.


Os Comités de Vigo organizan un concerto dentro da campaña que estamos a desenvolver actualmente "Na defensa do galego nin un paso atrás".
Será o vindeiro xoves 12 de novembro ás 18.30 horas no teatro universitario situado na área comercial do CUVI. A música e a festa correrá a cargo dos ATAQUE ESCAMPE. A entrada é de balde.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia de Carlos Nuñez en Pontevedra
INAUGURANDO O VI ENCONTRO DE PANDEIROS DE MAO

Carlos Núñez e "Alborada do Brasil"

Hoxe mércores 11 de novembro, Carlos Núñez, dará unha conferencia/coloquio baixo o título "Alborada do Brasil", relatando as súas investigacións que o levaron por naquel país nos últimos anos. Será a partir das 20 h con entrada de balde no novo auditorio do Museo de Pontevedra (edificio 6).


"Alborada do Brasil" é tamén o último disco de Carlos Núñez e é o resultado de varios anos de investigación sobre o paradoiro do seu bisabó músico emigrado aló e as raíces comúns do patrimonio cultural compartido. Un proxecto ambicioso que estreita os lazos de irmanamento entre os dous países.

Esta conferencia/coloquio versará sobre esta experiencia

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
O ensino da música tradicional volve despegar
A escola e-Trad rexistra un inesperado aumento de alumnos no ciclo profesional

Hai dous anos, o Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación, puxo en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (e-Trad), dando un carácter máis organizado aos ensinos musicais que se impartían na Escola de Arte e Oficios. A iniciativa innovadora, proxectada no mesmo edificio para a protección e difusión da música patrimonial galega, pero buscando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano, estivo a piques de morrer prematuramente tras a crise aberta polas irregularidades na contratación do profesorado que atrasou a apertura do curso facendo perigar a súa viabilidade.

Con todo, a pesar daquela crise, xa superada, este ano matriculáronse na e-Trad un total de 194 persoas, das que 82 cursan o itinerario profesional, e o resto, o básico.

Sinalan os seus responsables que «ante o inesperado aumento de alumnos no primeiro ciclo do itinerario profesional, tivemos que facer ampliación de espazos e profesores auxiliares».

Concertos, charlas, obradoiros
Para este curso, a dirección prepara un «espectacular programa de actividades extraescolares», que inclúe cursos de curta duración, concertos, charlas, a segunda edición do ciclo As Músicas Inmigradas, etc. Por outra banda, continuarán cos concertos didácticos (ciclos divulgativos) nos IES de Vigo, e prepararán un plan de control de calidade para conseguir a norma ISO. Ademais están a traballar na presentación próxima dun proxecto europeo de colaboración e intercambios coa Sibelius Academy de Helsinqui e a Grande Orchestra delle Alpi de Turín.

A e-Trad desenvolve actividades propias, de carácter gratuíto, deseñadas con carácter de formación complementaria, que van dirixidas en primeiro lugar ao seu alumnado, aínda que as persoas interesadas non matriculadas neste centro poden asistir no caso de que non se cubra toda a oferta. Entre as actividades hai talleres de diversos temas, como as Danzas de Reis ou a musicoterapia para mestres, entre outras.
Ademais celébranse conferencias na súa sede (que segue sendo o antigo edificio de Artes e Oficios).

As Charlas coloquio, de entrada libre, versan sobre diversos temas de interese relacionados co folclore. Por exemplo, este ano están programas charlas sobre usos e costumes da indumentaria tradicional galega, a cargo do folclorista Anxo Martínez, ou sobre a a luthería dos instrumentos tradicionais galegos, que impartirá Antón Corral.

Un espazo cultural aberto no que naceu a primeira orquestra folk de Galicia, Sondeseu

A e-Trad, en colaboración coa Fundación Sondeseu, oferta unha serie de actividades dirixidas fundamentalmente a músicos vinculados á música folk. A intención é crear un espazo cultural aberto onde os participantes se enriquezan dos coñecementos impartidos, aumentando o interese pola música tradicional e contribuíndo á dinamización e a comunicación social. Estas actividades son abertas para toda persoa maior de 16 anos, que poida estar interesada.

No seo da escola naceu a orquestra Sondeseu, creada a partir dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folk de Galicia, integrada por 35 músicos que recrean repertorio tradicional e de nova composición. No 2004 editaron o seu primeiro disco e no 2007, o segundo.


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Quin Farinha (Berroguetto)
O grupo galego Berrogüetto, do que forma parte o violinista Quim Farinha, está preparando o seu novo disco, que sairá para a próxima primavera

Quim Farinha considera que Berrogüetto “ten un discurso que fala da problemática do noso país”

O violín soa no interior da noite para iluminar a claridade do día, e fai que a xente sinta ganas de bailar. Quim Farinha é unha persoa moi seria, e ao mesmo tempo moi divertida. Séntese como "un animal solitario" que camiña polas rúas de Compostela e leva dentro a sombra agarimosa dun río. Cre na amizade e asegura que el é unha persoa moi creativa. "Cando estou deitado no sofá da miña casa tamén estou pensando, creando." Gústalle viaxar, sentir o ir e vir das culturas, o decorrer constante dos obxectos que van caer ao mar. Quim considera que "Berrogüetto é algo máis ca música, pois ten un discurso que fala da problemática do noso país e da orde mundial". O violín forma parte de Quim Farinha, e tamén está presente -como a sombra do río- no decorrer constante da súa vida.

O violín é o teu mellor amigo?
Lévome moi ben co violín. Empecei tocando o clarinete aos 14 anos. Deime de conta de que os instrumentos de vento non eran o meu. No violín atopei o meu camiño, nos instrumentos de corda. Teño un taller e traballo na madeira, fago algo de luthería. Un luthier é a persoa que fai instrumentos. Fago instrumentos de corda, por afección. O violín marabíllame porque é unha perfecta máquina de facer música. Empecei a tocar o violín aos 17 anos, cando estaba facendo COU en Santiago. A miña primeira profesora foi Laura Quintillán, a primeira violinista de Milladoiro. Falo de principios dos anos 80. Eu empecei a tocar o violín no ano 84.

Ti formas parte da paisaxe viva de Compostela. Nesta cidade atopaches calma e vida artística?
Vivo na zona vella. Os músicos en xeral traballamos máis pola noite que polo día. Tocamos os mércores nas Foliadas de Crechas. Non nos erguemos ás 7 da mañá. Vin a Compostela a estudar BUP e atopei aquí o meu espazo. Vaste amoldando ao sitio no que vives. Gústame viaxar pero non preciso vivir noutros lugares. O que me gusta de Santiago é que é unha cidade pasaxeira. Eu vivo aquí e e en contraste está o ir e vir da xente, os estudantes, os peregrinos. Compostela está sempre renovándose, reinventándose. Gústame a pedra, a choiva. Eu son de inverno.

Se algún día estiveses perdido, poderiamos ir buscarte á Casa das Crechas, e seguro que te atopariamos. Que é o que te namora dese lugar?
Case é a miña segunda casa. Xa coñezo a Víctor Belho dende antes de existir Crechas. Vivín o proceso de creación de Crechas. Xurdeu no ano 1987. Vai para o seu 25 aniversario. Vivín ese momento de eclosión e as distintas obras polas que pasou. Teño parte na decoración de Crechas. Todo o que hai de madeira neste pub fíxeno eu. Ten unha parte de min. Ás veces cando saio, non quedo con ninguén. En Crechas atopo a miña xente. Podes escoitar música de boa calidade e podes viaxar por todo o mundo sen moverte. Podes ir a América, pasando por África e chegando á India.

Galicia é un pequeno país verde?
É un país complicado. O peor que lle vexo é que parece que a xente galega non ten memoria, porque dámonos de fociños contra a mesma pedra e non aprendemos. En xeral, somos bastante eclécticos. Unha proba diso é a catedral, a súa mestura de estilos. É o que sucede hoxe en día co feísmo. Dentro do feísmo atopas cousas alucinantes, moitas fusións e amálgamas de estilos. Iso vai no carácter dos galegos, ese rollo de miscelánea. O galego historicamente emigrou moito e vimos moitas cousas fóra. A música que temos debémoslla a esa mestizaxe e fusión de culturas. Temos rumbas, pasodobles, habaneiras.

Cres que a música galega vive un momento de moita creatividade? Ti es optimista?
Se me refiro á música tradicional e ao folk creo que están nun momento estable. Aféctalles a crise, hai menos cartos e nos concellos prográmase menos. Todas as músicas teñen o seu momento, e eses momentos son cíclicos. Houbo unha gran eclosión a mediados dos 90 no folk e agora estabilizouse. Non deixamos de crear e xorden novos grupos. Hai moitos festivais de música pop e rock e creo que empeza a haber certa saturación. Os costumes da xente están cambiando. Agora sáese menos de copas. Hai colas para o videoclub. A xente non ten cartos e entretense na casa.

Como lembras a saída de "Navicularia", o primeiro disco de Berrogüetto, no ano 1996?
Berrogüetto era unha novidade e tivo unha boa acollida por parte do público, da crítica e dos medios. Iso é moi gratificante. Foi un momento merecido porque viñamos doutro momento no que o folk estaba máis abaixo. Berrogüetto achegou unha fusión moi interesante. Había xente que viña da música tradicional, do folk, do rock, do jazz. Eu viña de Fía na Roca e de Dhais. Achegou un son moi particular e uns directos moi potentes, contundentes. Había xente que nos seguía no verán a todos os festivais. Unha xente de Neda chegou a vernos actuar trinta veces.

Que proxectos ten agora o grupo Berrogüetto?
Estamos gravando e acabando de compoñer o próximo disco que sairá para a próxima primavera. Estou facendo tamén a produción da parte gráfica que, seguindo a liña de Berrogüetto, terá algo que dicir. Procuramos ofertar algo máis ca música. En Hepta fixera tamén eu a produción do tema gráfico. Neste novo disco a parte gráfica inclúe tamén a posta en escena nos directos e toda a imaxe dos decorados. É o primeiro disco de Berrogüetto coa voz de Xabier Díaz, e iso marca un antes e un despois. Confiamos en que o cambio vai ser axeitado e positivo.

Cres que Brasil e Portugal están próximos a Galicia? Es un admirador da "bossa nova"? Sénteste portugués?
Teño tocado bossa nova con Héctor Lorenzo e Najla Shami nun tempo e encántame. Estiven en Brasil fai pouco, en San Salvador. Alí hai máis africanidade. Quedei con ganas de volver a Brasil. A música brasileira gústame. Descubrín o "choro" ou "chorinho" que é unha música máis melancólica aínda que tamén ten melodías instrumentais que son alegres. Case a definiría como unha música "máis culta". Gústame o "fox trot", que é moi bailable. Síntome lusófono e considero que o galego é unha lingua lusófona. A música é un signo de cada cultura. É como se as músicas fosen linguas. Unha "tarantela" italiana ten moito que ver coa nosa muiñeira. Unha "jig" de Escocia e Irlanda é o mesmo ritmo que a muiñeira.

Realizaches as fotografías para o disco "Eterno navegar" de Uxía. Dicías ti que "calquera cuncha, area ou cristal falan do fluír constante no espazo e no tempo."
Eu non son fotógrafo, pero gústame facer fotos e creo que teño bo ollo. Nas fotos do disco de Uxía eu quería capturar ese ir e vir das linguas, das culturas. Todas as influencias entre as distintas culturas. Esa amálgama de obxectos que van caer ao mar, e que van de aquí para alá, nun devalar constante. O máis importante eran as intervencións que facía utilizando os materiais que atopaba. Había areas, cunchas, madeiras pero tamén cachos de plástico, cousas que foron procesadas e modeladas polo mar.

O mar é importante para ti?
Eu nacín en Caldas de Reis e crieime alí. Está moi preto do mar, pero tamén ten un río moi guapo. Eu son máis de río. De novos iamos ao río e gústame esa calma, aínda que hai ríos que teñen tanto poder como o mar. Eu tendo máis á introspección e á meditación. Síntome como un animal solitario e o río ofréceme ese recollemento, esa sombra. Na praia abáfome cando bate moito o sol. Esa calor satúrame.

Poderiamos imaxinar a vida se non existise a música?
Creo que é imposible que existise a vida sen a música. Dalgún xeito a música acabaría nacendo. Sempre hai unha canción que define o teu estado de ánimo e se non a hai, é susceptible de ser creada. A música está en todo. Tamén é certo que hai persoas xordas que non escoitan, e hai cegos que non poden ver. Gustaríame saber "en que pensan".

Unha vez eu pensara en facer unha exposición que sería para invidentes, a base do tacto. Nos museos de arte non che deixan tocar as obras e é algo que non me gusta. Nunha escultura o máis importante é o tacto, a frialdade do material ou a súa suavidade. Nesa exposición que eu imaxinei, entrarías cos ollos vendados e seguirías un percorrido táctil.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2009 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ventos elegantes da música popular
Logo de máis de vinte anos xuntos publican “Tiruriru”, un disco no que visten a música de raíz con jazz, swing e clásica.

O Cuarteto Caramuxo é un grupo singular no panorama musical galego. Primeiro, porque é probabelmente o único cuarteto do mundo con seis compoñentes: catro clarinetes, acordeón e percusión. Segundo, porque desde a formación clásica apostan por unha maneira elegante á vez que divertida de achegarse á música popular. E terceiro, porque despois de dúas décadas de existencia, veñen de publicar agora o seu primeiro álbum, Tiruriru.

Forman Caramuxo Alonso Caxade no acordeón, Patricia Cela na percusión e Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu nos clarinetes. A orixe do cuarteto está nun grupo de compañeiros de conservatorio que tocaban xuntos arranxos para clarinete de pezas clásicas, do que pasaron ao swing e logo á música popular galega. “Chegamos a ela polo compromiso dos membros do grupo: todos queriamos traballar sobre melodías de música galega, e niso se centra o noso traballo dos últimos dez anos”, explica Fernando Abreu.

En Tiruriru, editado por Falcatruada, presentan o repertorio dos últimos anos do grupo. Gravouse en directo entre xullo e agosto, logo de gañar o Festival Folk Cancioneiros, organizado no ano 2008 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Nos trece temas do disco aparecen muiñeiras, valses, pasodobles e outros ritmos populares, xunto a melodías chegadas doutras terras, como a balcánica “Xotis romanés”. Tamén aparecen temas que xa estaban presentes no espectáculo Vento mareiro, no que o cuarteto acompañou a Avelino González polos teatros de Galiza e que lles valeu o premio María Casares 2007 á mellor música orixinal.

Elegancia e frescura
O disco está bañado polo sinal de identidade do Cuarteto Caramuxo: a elegancia. “Pola nosa formación clásica achegámonos á música popular a través de arranxos moi coidados”, sinala Abreu, que destaca que tratan de facer “música elegante sen perder gracia e frescura”. A de Caramuxo é “música para escoitar atentamente, que non seriamente”, na que se mesturan as influencias dos distintos compoñentes do cuarteto: música contemporánea, jazz, música tradicional, etc.

Polo tipo de música que fan e pola súa posta en escena, é nos teatros onde se senten máis cómodos, “espazos pechados nos que poder tocar sen equipo de son”, comenta Abreu. No do Centro Cultural Caixanova de Vigo presentarán o disco ao vivo o vindeiro 28 de novembro. O directo é un dos puntos fortes do grupo, cunha aposta por “música divertida de escoitar e de ver”.

Os seus directos están influenciados en boa medida polo seu traballo para teatro, que cobrou unha gran importancia a partir da súa colaboración con Avelino González no 2006. Desde entón participaron no programa “Concertos para escolares” e “Concertos para a familia” da Orquestra Sinfónica de Galicia co espectáculo didáctico infantil O calcetín amarelo, xunto á compañía Cachirulo e Mónica de Nut. Na actualidade preparan A ratiña laranxa, un novo espectáculo no que de novo queren achegar aa súa música aos oídos máis inquietos: nenos e nenas de 3 a 6 anos

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 11-11-2009 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos ceiba os temas do seu último disco para descarga directa
Ceibamos todos os temas de Oito Destinos

Agora si. Visitade a sección Descargas, onde atoparedes un pequeno agasallo. Todos os temas do noso último disco Oito Destinos xa están dispoñibles para a súa escoita e descarga.

Levádeos con vós e compartídeos sen medo co mundo enteiro (pois lembrade que están editados baixo unha licencia Recoñecemento-Compartir igual Creative Commons).

www.guezos.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 11-11-2009 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga de balde o Recompilatorio A Coruña Son 2009
O Recompilatorio ACS09 [A Coruña Son 2009].

Está composto por 11 temas, de 11 artistas, baixo licenza Creative Commons, polo que podes escoitalo e descarregalo de balde desde a web de ACS .


Os intérpretes cos seus temas son :
- Sandrísima (canción Tic-Tac),
- Sergio Zearreta (Fincapé),
- Fracasados de antemano (Menezes),
- Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán),
- Magritte (Alpinista),
- Supersound (Onde estás),
- Marisol Manfurada (Instinto básico),
- Maus vizinhos (Gira caindo),
- Ángeles Dorrio (O cativo)
- La pelvis (Psicomuiñeira)

aos que se engade o tema “Pouco talento” cantado en galego por Santiago Auserón.

Escoitao e descárgao!

Descarga aquí o disco completo

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 11-11-2009 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Música para manivela
Tres instrumentos accionados con manivela: a zanfona, peza inventada no século X a imaxe a semellanza do sol, e dous mecánicos que len cartóns furados onde están escritas as melodías –a caixa de música (do século XVIII) e o órgano de barbaria (do XIX)–, alíanse coa improvisación e os loops en directo en Pi, o espectáculo musical que Germán Díaz achega hoxe ás 20:00 horas ao Auditorio Caixa Galicia de Lugo, no seo do XIX Festival de Jazz desta cidade, que acaba de comezar.

"O de Pi vén pola relación coa circunferencia de todos os instrumentos. Todos se tocan con manivela...", explicou Díaz. Mentres, unha pedaleira grava sons en directo que despois se lanzan para improvisar. E a circunferencia complétase.

"Unha roda que servía para fregar cordas que se accionaban, unhas, cun curioso teclado disposto nunha caixa harmónica, e outras, co simple rozar desta circunferencia", deu orixe á zanfona, segundo lembra este músico, nado en Valladolid e instalado en Galicia, no dossier de Pi. Despois, varias rodas dentadas serviron para crear a caixa de música. O órgano de barbaria, que funcionaba cunha roda dotada dunha man excéntrica, é o máis moderno dos tres instrumentos.

"Gústame moito a música mecánica. Sempre me interesou esta parte da historia da humanidade. No XIX, a música mecánica comezou a substituír ás bandas, que eran máis caras: o organillo, a pianola... A caixa de música é o aparello que podes atopar, por exemplo, nos xoieiros que tocan ao abrilos. A que eu utilizo le os cartóns que eu perforo. O órgano tamén le os cartóns, pero son lingüetas libres, como nun acordeón...", comentou.

A improvisación é un elemento esencial do espectáculo. "Toco, por exemplo, a caixa, e gravo o son en directo. Despois lánzoo, e compaxínoo coa zanfona... A improvisación serve de contrapunto á rixidez dos intrumentos mecánicos", afirmou.

Así, Díaz ofrece, neste espectáculo, pezas que transitan entre a música tradicional, o jazz... "Algunhas son composicións miñas, outras doutros autores: de Richard Galliano, de Valentín Clastier...", salientou. Germán formou parte de proxectos como a francesa Viellistic Orchestra, o cuarteto acústico do galego Baldo Martínez, un dúo con Pascal Lefeuvre... Tocou con Uxía e editou case unha ducia de traballos propios. No 2004 creou o selo Producciones efímeras.

Neste momento prepara un proxecto de música da guerra civil co guitarrista Antonio Bravo, outro como Pi, en solitario, pero con discos de vinilo e gravación de voz humana, e un CD de arrolos con outros músicos como Guadi Galego, Xabier Díaz, Xacobe Martínez...

O Festival de Jazz ofrece hoxe outros dous concertos: un do galego Pablo Seoane co seu cuarteto no clavicémbalo ás 23:30 horas, e outro dun dos grupos máis sólidos do actual jazz español: CMS TRIO, no Círculo das Artes, á 21:30 horas.


www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá no Brasil (V)

Hoxe, martes, día 10/11/2009

En Río de Xaneiro o "Alalá" vivirá unha experiencia única cos gaiteiros.


Os galegos que chegaron a Río adaptáronse ben, son alegres e festeiros, pero na vida traballaron moito e duro, case todos no comercio e na hostalaría. Na casa de España fixeron a súa pequena Galicia, onde viaxan a través das notas do punteiro cada vez que se xuntan para facer unha comida ou algún curso de galego, pandeireta ou, como non, de gaita.

Chamarse William Monroe e vivir nunha "floresta", que é algo así como a selva brasileira, non cadra moi ben coa gaita, pero esta noite veremos como William Monroe é un dos mellores gaiteiros que temos en Brasil e ademais toca ao xeito tradicional galego que dominan moi poucos gaiteiros mesmo de aquí: William toca en pechado.

William non naceu en Galicia, pero grazas á súa nai Mercedes e a súa avoa herdou un fondo sentimento cara ao galego, pois na emigración a gaita foi un sustento emocional para todos aqueles emigrantes que cando chegaron aquí eran pouco máis que nenos. Por sorte, o xerme da música tradicional prendeu en William, brasileiro de nacemento e galego de corazón.
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 10-11-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sete grupos galegos lembran aos Beatles
The Homens, Niño y Pistola, Narf e Javier Abraldes, Magín Branco & Burgas Beat, Magritte, Faltriqueira e U-lo Trío darán este mércores en Compostela un concerto especial polo 40 aniversario da separación da banda de Liverpool

Sete grupos galegos de diferentes estilos interpretarán cancións dos Beatles nun concerto que se celebrará o vindeiro mércores na Sala Capitol de Compostela con motivo do 40 aniversario da separación da banda de Liverpool.

Esta iniciativa, The Beatles: Re-Volver, foi promovida desde a Concellaría de Cultura de Santiago e forma parte da programación do festival Cineuropa, que inclúe este ano un ciclo dedicado ao grupo inglés, coa proxección de filmes como A Hard days night, Magical Mistery Tour ou a película de animación Yellow submarine, informou a organización nun comunicado.

O legado dos Beatles "será revisado desde diferentes perspectivas" coas actuacións de The Homens, Niño y Pistola, Narf e Javier Abraldes, Magín Branco & Burgas Beat, Magritte, o grupo folk Faltriqueira e a banda de jazz U-lo Trío, nun espectáculo conducido polo escritor e xornalista Camilo Franco. O concerto dará comezo ás 23:00 horas e a entrada terá un prezo de 3 euros.

O repertorio será o seguinte:

Magín Blanco & Burgas Beat: I'm So Tired e Across the Universe

The Homens: Helter Skelter e Please Please Me

Niño y Pistola: I Am The Walrus e And Your Bird Can Sing

Narf + Javier Abraldes: Blackbird e Eleonor Rigby

U-lo Trío: Norwegian Wood e Day Tripper

Magritte: Come Together e Here Comes the Sun

Faltriqueira: I Will e Because


www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (luns)

Terza feira 10 (Martes)
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Coanhadeira na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• Germán Díaz no C. S. Caixa Galicia de Lugo ás 20:00

Corta feira 11 (Mércores)
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Tinta Femia na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• DUF09: Coloquio con Carlos Núñez no Museo de Pontevedra ás 18:00
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 12 (Xoves)
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Concerto didáctico Instrumentos Musicais Galegos, por Pablo Carpintero na Praza Maior de Ourense ás 12:00
• Tiruleque na Casa das Crechas (Compostela)
• Lamatumbá na sala Capitol (Compostela)
• Ataque Escampe no teatro da Universidade de Vigo ás 18:30
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)

Sexta feira 13 (Venres)
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Leilía na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• DUF09: Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire no Teatro Caixanova (Pontevedra) ás 21:00
• Tanto Nos Ten no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Serán en Moraña

Sábado 14
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Os Carunchos na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• Encontro de pandeireta Galiza-Asturies no Retrouso (Vigo): Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies) e Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).
• DUF09: Obradoiros e Serán Urbano de Pontevedra
• O Chicarro Psicótico no Revolta (Vigo)
• Machina no Pub D´Antón (Laracha)
• The Turres Band no Liceum (O Porriño)
• Javier Constenla no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
• IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
• Serán en Frades (Mondariz)
• II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
• Magosto dos Teixois (Taramundi)

Domingo 15
• XXII Festa do Cabazo (Carballal-Vigo)

Segunda feira 16 (luns)
• Covalblú no Forum Metropolitano (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
O ourensán Pablo Devigo volve facerse co ´Constantino Bellón´ de gaita
A actuación dos dez finalistas tivo lugar onte á noite no teatro Jofre

Lonxe das súas datas orixinais -acostumaba a organizarse a finais de agosto, coincidindo coas festas de verán da cidade- o Ateneo e o Concello de Ferrol celebraron onte a XI edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón, que este ano non contou coa esperada e ata o de agora fiel colaboura da Xunta de Galicia.


Dez músicos competiron onte á noite na final no teatro Jofre, e o xurado -que presidía Víctor Fernández Gabeiras- acordou conceder o premio, dotado con tres mil euros a o ourensán de Castro Caldelas Pablo Devigo, que na edición anterior gañara este mesmo galardón e o de composición. Os dous accésits de interpretación, cada un premiado con mil euros, foron para Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, e Gonzalo Manuel Abelairas Lemos, de Ourense.

Xunto a eles chegaron á derradeira fase do certame Eric Alexander Corrante, de Valencia (Venezuela); Ricardo Mouriño Freire, de Ferrol; Santiago Agustín Molina, de Arxentina; Isidro Vidal Gallardo, de O Carballiño; Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez, de Buenos Aires; Daniel Lumbreras Rodríguez, de Donostia e Bruno Villamor Gay, de Lugo e Pablo Devigo Vázquez.

Na velada no Jofre entregouse tamén a Gaita de Ouro, que nesta edición premiou a Miguel Doval González, polo seu labor de difusión e defensa da música tradicional galega. O galardoado quixo agradecer a Airiños de Fene, que dirixe, o labor que desempeña e adicou o premio a súa muller e á súa filla.

Pola súa banda, Jesús Rodil Rodríguez, foi o gañador do premio de composición para gaita galega solista, coa súa partitura “Lugrís”, escrita para gaita solista, orquestra de corda, percusión e piano. Recolleu o galardón a súa moza, que agradeceu ao xurado a súa decisión. Os accésits neste apartado corresponderon a Javier María López Rodríguez, por “Tumbaleira”, para gaita, orquestra de corda e piano, e ao gran triunfador da noite, Pablo Devigo Vázquez, por “Jota”, tamén para gaita, orquestra de corda e piano.

Os finalistas do Constantino Bellón recibiron tamén unha figura de Sargadelos, un diploma e a obra musical Gaifonia, de Bautista Bernat e Xoán Carlos Rilo, cortesía do Concello das Pontes nesta edición.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
EXPOSICIÓNS PERMANENTES
- Ferramentas dos oficios de afiador. Pezas de Florencio de Arboiro.
- Exposición de xoguetes tradicionais, da colección particular de Xosé López (Tui, Pontevedra) e Xosé
- Manuel García (Lourenzá, Lugo).
- Exposición das ferramentas relacionadas co traballo do cereal realizada polo proxecto para recuperar a memoria histórica de Valga.
- Mostra da vida tradicional galega en comunidade, exposición cedida polo Museo do Pobo Galego.
- Exposición de información sobre as razas autóctonas galegas. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Fontefiz, Ourense.
- Exposición de traxes tradicionais galegos de traballo cedidos polo centro de cultura popular “Xaquín Lourenzo” da Deputación de Ourense.


Martes 10

MÚSICA NA PRAZA MAIOR
20.00 h. Concerto do grupo Coanhadeira

Mércores 11 (de 10.00 a 21.00 h)

ACTO DE INAUGURACIÓN ás 11.30
OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30
- Luthería (Xaneco Tubio, Outeiro de Rei, Lugo)
- Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo, Balcaide, Teo, A Coruña)
- Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña)
- Olaría (Fernando Mourón, Buño, A Coruña)
- Obradoiros de xogos tradicionais organizados pola Asociación Brinquedia
- Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
- Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra)
- Olaría (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo)
- Obradoiro de construción de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
- Coroceira (Maruja Torre, Mazaricos, A Coruña)

MAGOSTO POPULAR organizado polo Concello de Ourense nos Xardíns Bispo Cesáreo (Alameda de abaixo)
12.00 Concerto da Banda Municipal de Ourense
17.00 Magosto popular con degustación de castañas, chourizos e viño novo

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- Cantos de Cego (Carlos do Viso, O Viso, Redondela)

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN
DE GAITEIROS GALEGOS
(de 20.00 a 21.00 h)
- Tinta Femia (Balcaide, Teo, A Coruña)

Xoves 12 (de 10.00 a 20.30 h)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- Cuarteto Abelente (Ourense)
- Ramiro Cortizo, o Capador de Muras (Muras, Forcarei, Pontevedra)
- Contacontos (Carlos Rafael, Ourense)

CONCERTO DIDÁCTICO ás 12:00 h.
Os Instrumentos musicais galegos (Pablo Carpintero, Castro de Carballedo, Lugo)

Venres 13 (de 10.00 a 21:00)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS ao longo do día polas rúas e a carpa
- O proceso do liño. Colectivo de mulleres de Parada de Outeiro (Vilar de Santos, Ourense)
- Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo)
- A Requinta da Laxeira (San Miguel de Sarandón, Vedra, A Coruña)

MÚSICA na praza Maior (20.00 a 21.00 h)
Concerto de Leilía

Sábado 14 (de 10.00 a 21:00)

OBRADOIROS de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 19.30

ACTUACIÓNS E REPRESENTACIÓNS
ao longo do día polas rúas e a carpa
- Representación do combate entre mouros e cristiáns da Saínza (Rairiz de Veiga, Ourense)
- Malla tradicional realizada polo proxecto para recuperar a memoria histórica de Valga (Valga, Pontevedra)
- Folión de Mormentelos (Vilariño de Conso, Ourense)
- Cantos de Cego (Luís, O Caruncho, Gondomar, Pontevedra)
- Tanto Nos Ten (Redondela, Pontevedra)

FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL
da Asociación de Gaiteiros Galegos (20.00 a 21.00 h)
- Os Carunchos (Vigo, Pontevedra)

www.ronsel.uvigo.es
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Aberta inscrición a obradoiros de DUF '09
O vindeiro sábado 14 de novembro realizaranse dous obradoiros para iniciados dentro da programación do Festival DUF deste ano.

Serán Fai o teu pandeiro! un curso de artesanía musical de construcción dun adufe co constructor Carlos do Viso e unha Master class de técnica de pandeiro brasileiro co artista convidado deste ano, Marcos Suzano. Ámbolos dous teñen prazas limitadas.

Os dous terán lugar na mañán do 14 de novembro, de 10 a 14 h en Pontevedra.

Fai o teu pandeiro! é un obradoiro de construcción dun adufe, instrumento membranófono de doble pel sobre un bastidor cadrado dirixido polo artesán Carlos do Viso. Non só aprenderás a facer un pandeiro senón que marcharás a casa con el!

Este curso ten un prezo de 150 €. (o material está incluído)

Master Class con Marcos Suzano é unha aula maxistral con grande renovador da técnica de pandeiro brasileiro, un músico que desenvolveu un novo xeito de tañer o pandeiro aplicando técnicas contemporáneas ao toque tradicional. Está orientada a persoas iniciadas na percusión. Podes unha exhibición en vídeo aquí .

Este curso ten un prezo de 80 €.

Para anotarse a estes obradoiros, escribe un mail a matricula@folque.com ou chama ao +34 881 031 829, co título do curso ao que queres asistir.

www.folque.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-11-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Metodoloxía de traballo nas aulas co Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-11-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán
Participa no certame musical para o Pressing Catch de Berrobambán

Consulta as BASES e participa no Certame Musical que organiza Berrobambán para gravar un disco inspirado na súa próxima montaxe, PRESSING CATCH:

A que esperas? poden participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia, inéditas ou non, que teñan a letra en galego, de tema libre, pero relacionadas coa violencia como espectáculo ou obxecto de consumo, ou coa cultura urbana.

Pode enviarse máis dun tema por grupo.


Consulta aquí as bases e vota pola cançom que mais che guste!!!



Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Premio IAR de Folclore Galego
O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:


1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” está aberto dende o pasado mes de Febreiro ata o 12 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2008, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio “IAR”

4. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio “IAR” anterior.

6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

7. O Premio “IAR” 2009 fallarase o 15 de Novembro, antes da celebración da XVIII edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 21 de Novembro de 2009.


Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR”


XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-11-2009 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Concurso Internacional de Gaita Galega ´Constantino Bellón´ 2009 (Ferrol)
PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN" 2009

Domingo día 8 de novembro de 2009

14,30 h.: ENCONTRO - COMIDA GAITEIROS SOLISTAS SELECCIONADOS E PERSONALIDADES DO MUNDO DA GAITA GALEGA INVITADAS

DATA: 8 de novembro
LUGAR: TEATRO JOFRE - FERROL
HORA: 20 h. da tarde

FINAL DO XIX CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”


* Presentación - Gravación en directo pola RTVG para a próxima edición do Cd.
* FINAL DO “CONSTANTINO BELLÓN” 2009. Orde actuación:

1º: Pedro Alvarez Fariñas. (Nigrán)
2º:Eric Alexander Corrante. Valencia (Venezuela) “GAITEIRO DE SOUTELO”
3º: Ricardo Mouriño Freire. (Ferrol)
4º: Santiago Agustín Molina. (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
5º: Isidro Vidal Gallardo. O Carballiño (Ourense)
6º: Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez. Bos Aires (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
7º: Gonzalo Manuel Abelairas Lemos. (Ourense)
8º: Daniel Lumbreras Rodríguez. Donostia (España) “GAITEIRO DE SOUTELO”
9º: Bruno Villamor Gay. (Lugo)
10º: Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas (Ourense).

* Mención de Gaita “Constantino Bellón” Presentación e Entrega “Gaita de Ouro” 2009

MIGUEL DOVAL GONZALEZ
pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.

* Entrega do PREMIO de “Composición para Gaita Galega Solista” punto nº 9 das Bases do XIX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a:

JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura “LUGRÍS”
para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

Entrega dos accésit deste punto nº 9 a:

JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “TUMBALEIRA” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra “JOTA” para Gaita, Orquestra de corda e Piano.


* ENTREGA aos finalistas : Figura Sargadelos , Diploma Participantes e, como aportación especial para este Concurso por parte do Concello das Pontes a obra musical GAIFONIA da que son autores Bautista Bernat Alcaide e Xoan Carlos Rilo Fraga que recentemente foi publicada co apoio da Deputación de A Coruña.

* Actuación Conxunta Finalistas

* LECTURA FALLO DO XURADO, entrega de PREMIOS e ENTREGA do PREMIO (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” (Punto 5 das Bases do Constantino Bellón”) que di:

g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

* Así mesmo, o Obradoiro Seivane como aportación a este Concurso agasallará cun xogo Seipal a todos os finalistas desta edición. (O novo Pallón Seipal Sintético é o resultado de longos estudos do Obradoiro de gaitas Seivane na busca da estabilidade tonal en calquera condición de humidade e temperatura, pero manténdose fiel ao son do pallón tradicional de cana).

XURADO:

D. Víctor Fernández Gabeiras (Presidente)
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
Dª Cristina Meizoso Alonso(Secretaria, sen voto)

ENTIDADES COLABORADORAS:

* CONCELLO DE FERROL
* DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA * OBRADOIRO SEIVANE
* SARGADELOS
* Familia de LUÍS SEOANE
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festa do viño novo de Arentei (Salvaterra do Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2009 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Transilvanians no Auriense (Ourense)
• Zenzar en Bueu
• Covalblú no Liceum (O Porriño)
• Tino Baz no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Homenaxe a Zeca Alfonso na Gentalha de Pichel (Compostela): Na Virada, Xan López, Uxía Senlle e Luis Almeida
• XXVI Noite de Carpenta (A Coruña)

Sábado 7
• I Concurso de música tradicional Galega (Bembrive-Vigo)
• Projecto ['trepia] na Sala Mondo Club de Vigo ás 22:00
• Skarallaos no Sala 600 de Melide
• Banda Potenkim no Roi Xordo (Allariz)
• Pito de Pikasso no Pub O Foso de Santa Comba
• Marxe Esquerda no Revolta (Vigo)
• Capitan Furilo presenta disco nunha Cea-Baile às 22:00 no Restaurante Cuevas de Ponteareas
• Castañazo Rock no Mercado Gandeiro de Chantada ás 21:00: Talco, Dixebra, Peste & Sida, Kogito e Skándalo GZ.
• Festa do Outono (Couso-A Estrada)bailadores e cantadeiras de Pazos de Borbén e Mondaríz,Bouba Pandereteiras, Brincadeira, Maghúa, Pandeiromus, ...
• II Foliada de Sada (A Coruña) ás 20:00 na Praza Irmáns Suárez Picallo
• Serán en San Martiño de Ventosela (Redondela)
• Foliada dos Cativos (Bueu)

Domingo 8
• I Foliada !!Tápalle o Micelio!! (Orazo): Alvariza, Xuntanza dos Regatos, Regato de Matamulleres, Requinta da Laxeira
• XIX Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" no Teatro Jofre (Ferrol) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2009 07:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no Multiusos

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

28 de novembro
- Serán da Forna enBudiño (O Porriño)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

16 de Xaneiro
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada dos Cativos (Bueu)
Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu. Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Buscamos involucrar ao máximo ás asociacións e grupos dos arredores pois coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Grupos de Música Tradicional Galega (Bembrive-Vigo)
I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

BASES:

1. A Entidade Local Menor de Bembrive convoca o “I CONCURSO DE GRUPOS DE MÚSICA GALEGA TRADICIONAL”.

2. O concurso celebrarase en Bembrive, no auditorio do Centro Cultural Helios.

3. Poderán participar nel:
a) Agrupacións musicais tradicionais galegas que pertenzan a unha asociación sen ánimo de lucro, debendo ser esta quen se inscriba. Cada Asociación pode participar ata con dúas agrupacións.
b) Agrupacións musicais tradicionais galegas constituídas por afeccionados non profesionais. Neste caso nomearán a un representante para percibir os premios ou achegas económicas derivadas deste concurso.

4. Tódalas agrupacións deben participar no formato de cuarteto ou quinteto, e comporanse cando menos dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo, podendo formar parte da percusión calquer instrumento considerado tradicional galego: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc.

5. Tódolos instrumentos serán de formato e feitura tradicional, quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

6. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

7. Establecerase unha única categoría con tres premios en metálico. Os importes dos mesmos para a presente edición serán; Primeiro con 1.000 €, o Segundo con 600 €, e o Terceiro con 400 €. Os premios estarán suxeitos as retencións que correspondan polo IRPF.

8. Os premios entregaranse ao remate do concurso. A recollida dos premios farase coa vestimenta utilizada no concurso.

9. O grupo gañador do primeiro premio interpretará unha peza como peche do concurso ao remate da entrega de premios.

10. Establecerase un premio adicional para a mellor peza tradicional polo importe de 200 €.

11. A Entidade fará unha achega económica de 50 € aos grupos participantes neste concurso que non fosen premiados. O pago destas achegas só se realizará cando os participantes houbesen participado no certame, a salvo sempre dea boa fe, a criterio do xurado.

12. Comporase de dúas fases: eliminatoria e final.
Se os grupos a participar superasen o número de quince, as fases celebraranse en dúas xornadas os días 7 e 8 de novembro de 2009. Se foran catorce ou menos, en única xornada o día 7 de novembro de 2009.

13. Na fase eliminatoria os grupos concentraranse diante do edificio da Entidade Local Menor e farán un percorrido ata o Centro cultural Helios, no que os grupos deberán tocar a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas, ben tradicionais ou de autor. Unha vez chegado ao final do percorrido, esperarán a súa quenda para a actuación no escenario. Clasificaranse oito grupos para a fase final.

14. Na fase final, os grupos clasificados deberán interpretar no escenario dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) nun espazo de tempo máximo de oito minutos.

15. A orde de actuación na fase clasificatoria será a inversa á da inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír). A orde de actuación na fase final será aleatoria por sorteo.

16. Os grupos poderán inscribirse de 9 a 15 h. nas oficinas da Entidade Local Menor de Bembrive nos modelos oficiais. O prazo de inscrición comeza o día 26 de outubro de 2009 e remata o 6 de novembro, cun límite de 20 grupos inscritos, no que se terá en conta a orde de entrada no rexistro de inscritos.

Na inscrición deberá figurar o nome do grupo, a dirección postal, o número de compoñentes e o nome, teléfono e DNI do representante e demais datos que constan nos modelos oficiais. As bases pódense recoller na Entidade Local Menor de Bembrive ou descargar na internet http://entidad.blog.com.es/

17. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

18. O Xurado será nomeado pola Entidade Local Menor de Bembrive, tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita (da música e do cante ou do baile tradicional galego).
A labor do Xurado será a de cualificar aos participantes en ámbalas dúas fases, valorando a calidade interpretativa, o número de compoñentes, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas, así como a axeitada presenza de cada un dos grupos.
O Xurado poderá tamén descualificar calquera grupo que incumpra algunhas das bases deste concurso.
O veredicto e outras decisións do Xurado serán inapelables.

19. O Xurado terá potestade para dirimir ao seu bó criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

20. As Bases publicaranse en estracto nalgún diario local de Vigo, e extensas no Taboleiro de Edictos da Entidade Local de Bembrive e no taboleiro de anuncios do Centro Cultural Helios de Bembrive.

Bembrive, 22 de Outubro de 2009

http://entidad.blog.com.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2009 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer