Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Premio de Investigación Antonio Fraguas

A Asociación do Traxe Galego, na procura de conseguir e divulga-lo máis amplo coñecemento sobre o traxe galego, en tódalas súas variantes, convoca a XV EDICIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN “ANTONIO FRAGUAS” nesta materia de acordo coas seguintes
BASES

1.- Establécense DOUS premios:
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS ANALÍTICOS Por valor de 1200 euros
PREMIO NA MODALIDADE DE TRABALLOS DESCRITIVOS Por valor de 600 euros

2.- A modo de orientación, para a presentación de traballos:
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS DESCRITIVOS aqueles que, recuperando traxes, especifiquen a materia con que están feitas as pezas, medidas, patróns, onde se atoparon, onde están actualmente e de que época é cada unha das pezas analizadas, pero evitando elevar esas pezas ou esos traxes, sen máis documentación que a confirme e complemente, a categoría absoluta para unha terra ou unha época.
Consideraranse na modalidade de TRABALLOS ANALÍTICOS aqueles nos que, ademais se investigue quen fixo o traxe, con que mecanismos, como traballaba, en que área distribuía a sua producción. Nesta modalidade de investigación recoméndase non só a recolleita e catalogación das formas (incluíndo a pescuda en inventarios pos-mortem, na tradición oral ou na iconografía), senón tamén a investigación verbo das crenzas e valores relacionados co traxe, da influencia na indumentaria dos poderes relixiosos, económicos e políticos, e finalmente dos aspectos sociolóxicos, coma o dos artesáns da nosa indumentaria (zoqueiros, costureiras, etc.)

3.- Os traballos achegaranse á sede da Asociación do Traxe Galego, Avda. Coimbra, nº 2 baixo, 15704 de Santiago de Compostela, por correo certificado ata a data límite do 30/11/2009

4.- Os traballos presentaranse en galego, en sobre pechado no que conste un lema e non poderán asinarse. O autor/a ou autores/as indicarán nunha cuartilla os seus datos persoais: nome, apelidos, enderezo, teléfono e NIF, nun sobre tamén pechado no que conste o mesmo lema que no sobre que contén o traballo.

5.- Os traballos deberán acompañarse da documentación ou fotografía correspondente.

6.- Os traballos premiados poderán publicarse a iniciativa da Asociación do Traxe Galego, se así o estima, mantendo os seus autores/as, os dereitos de propiedade intelectual.

7.- O Xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, antropoloxía e investigación do traxe galego.

8.- O veredicto do Xurado será inapelable, e poderá declarar desertos un ou máis premios se considera que a calidade dos traballos é insuficiente.

9.- O veredicto do xurado adoptarase por maioría simple dos seus membros, quedando aquel facultado para resolve-las incidencias que poideran xurdir nas súas deliberacións.

10.- Poderá concorrer a estes premios calquera persoa, sexa cal fose a súa nacionalidade ou lugar de residencia.

11.- Os traballos, a excepción dos premiados, voltaranse os seus autores/as dentro do mes seguinte o veredicto do Xurado.

12.- O feito de participar neste concurso supón a total aceptación destas bases.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-11-2009 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
As Tarambainas no concurso ´Tu si que vales´de Telecinco

Para quen non puido ver a actuación das Tarambainas...nin o comentario de Loles León...

O noso amigo Edu xa fixo un comentario ao respecto das opinións de Loles León sobre o folclore galego no seu blog



Armadas con pandereita en man, as novas xeracións da Asociación Veciñal de Lavadores conquistaron ao xurado do programa de Telecinco "Tu si que vales", cuxo casting se emitirá hoxe nesta cadea.

E aínda que a selección pilloulles por sorpresa, estas seis nenas que roldan os 10 anos de idade souberon seducir ao estrito xurado deste talent-show que percorre todas as comunidades españolas buscando novos talentos.

Tras participar no casting de Vigo, a directiva do programa fixouse nelas e seleccionounas para acceder á seguinte fase. Chamáronas o xoves para estar en Barcelona o luns seguinte.
Os billetes de avión xa estaban comprados así que só tiveron que facerse á idea de que viaxarían á cidade condal para enfrontarse ao público nunhas poucas horas.
Hoxe pola noite poderemos ver o resultado da súa actuación, froito do traballo das nenas e a súa profesora, Tamara Costas, que leva á fronte do grupo "Meniñas de Tarambainas" desde a súa fundación o ano 2005 na Asociación veciñal de Lavadores (Vigo).
Comentarios (29) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 20 (Venres)
• Samesugas na Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Andarilhos (música portuguesa) no Esmorga (Ourense)
• Labazada na Sala A Reserva de Carballo
• Som do Galpón no bar de Mou (Silleda)
• Capitán Furilo no Blu Bar de Ponteareas
• Os Carunchos no Liceum (O Porriño)
• Milladoiro no C.C. Caixanova (Vigo) ás 20:30
• Crema de Gaita no Retrouso (Samil-Vigo) ás 23:30
• Ugía Pedreira e Fred Martins no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

Sábado 21
• II Certame-Concurso música Tradicional (Rianxo): Gaita, ás 18:00 no Auditorio
• Gala IAR de Folclore Galego no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Presentación das X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
• Espido en Compostela, no acto nacional contra a violencia de xénero do BNG
• Kogito na Sala Le Club (A Coruña)
• Samesugas na Sala Elegua (Lalín)
• Arenga no Revolta (Vigo)
• Pito de Pikasso no Xanela (Vilalba)
• Festival A Rebusca (Manzaneda): Os Cuchufellos, Ultraquáns, Cé Orquestra Pantasma,...
• Guezos no Vagalume (Salvaterra do Miño)
• Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán na Illa de Arousa, no antigo Cine Capitol

Domingo 22
• II Certame-Concurso música Tradicional (Rianxo): pandeireta, ás 17:00 no Auditorio
• I Xornada do traxe tradicional galego na Casa da Cultura de Monforte de Lemos
• Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no antigo Cine Capitol

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

28 de novembro
- Serán da Forna en Budiño (O Porriño)
- Serán en Saxamonde
- Ruada de Cusprediños (Cotobade)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)
- Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

12 de decembro
- Serán de Zamáns (Vigo)
- Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

16 de Xaneiro
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

8 de Maio
- Serán do lecer en Pazos de Borbén

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-11-2009 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
X Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada do Traxe Tradicional Galego (Monforte de Lemos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
II Certame-Concurso de Música Tradicional (Rianxo)
A ASC FOGO FATUO de Rianxo comprácelle informarlles da celebración do II Certame-Concurso de Música Tradicional que se celebrará o 21 e 22 de novembro nas modalidades de Gaita e Pandereta, respectivamente.

BASES

FOLLA DE INSCRICIÓN(PDF)

FOLLA DE INSCRICIÓN(ODT)


Se desexan máis información poden contactar a través do correo electrónico: fogofatuo@fogofatuo.es ou no teléfono: 663 322 149.

Grazas, Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
www.fogofatuo.es
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-11-2009 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII Gala IAR de Folclore Galego (A Coruña)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival A Rebusca en Manzaneda
O Sábado 21 de Novembro en Manzaneda, e durante todo o día, realizase a primeira edición do Festival A Rebusca, que conta cos grupos:

- Cuchufellos
- Ultraqáns
- Humanity
- Cé Orquesta Pantasma
- Arremechagona Produccions
- Eche o que hai
- Musarapas


Tamén haberá senderismo, cea popular, artesanía, talleres para nenos, pasarrúas, ... haberá habilitado um espazo no polideportivo para poder durmir.

Mais info: arebusca.com

FESTIVAL A REBUSCA
21 DE NOVEMBRO


10:00 SENDEIRISMO
Ruta do Castiñeiro de Pumbariños

12:30 PASARRUAS EN CHINPIN
Musarapas
Lugar : Ruas da Vila

13:30 XANTAR
Menu A Rebusca
Prezo : 9 Euros
Lugar : Cafeteria Nevada e Hostal O`Pendon

15:30 XOGOS TRADICIONAIS
Lugar: Patio do Colexio

15:30 MOSTRA DE ARTESANIA
Lugar:Polideportivo Municipal

15:30 TALLER PARA NENOS
Taller de elaboracion de instrumentos musicais
Lugar:Polideportivo Municipal

16:30 BANDA DE GAITAS DE MANZANEDA
Lugar: Patio do Colexio

17:30 GRUPO ANIMACION GAMUSINES
Lugar: Polideportivo Municipal

18:30 CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Lugar:Patio Colexio

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-11-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro, 30 anos de concertos
O grupo folk comeza hoxe en Vigo a súa xira de aniversario "Desde Maeloc"

O seu primeiro concerto celebrouse na Coruña en maio de 1979. Agora, 30 anos despois, Milladoiro comeza a xira "Desde Maeloc" para celebrar o seu 30 aniversario como formación. Esta noite actúan no Centro Cultural Caixanova a partir das 20.30 horas (entradas a 5 euros), un directo no que participarán Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal. A banda folk converteuse nun dos principais embaixadores da cultura galega por todo o mundo.

O primeiro aplauso que recibiron durou preto de dez minutos. Foi na Coruña, en maio de 1979. "O público púxose de pé, unha maneira de dicir que por fin alguén ía máis aló das connotacións folklóricas da época". Con esta descrición Antón Seone (guitarra, acordeón e teclados) lembra un dos momentos máis gloriosos de Milladoiro. A formación cumpre agora 30 anos e para festexalo estrea esta noite, no Centro Cultural Caixanova de Vigo (20.30 horas), "Desde Maeloc", unha xira na que a banda volve subirse aos escenarios galegos para ofrecer as súas mellores cancións.

A paixón e o respecto pola música son a esencia pola que aínda hoxe seguen gozando dos directos. "Somos un grupo de persoas que gozou e goza coa música e o noso amor por esta arte permítenos continuar xuntos", asegura Antón Seoane. "Non coñezo ningunha banda que bote 30 anos coa mesma formación como nós", engade.
O seu segundo "gran momento" tivo lugar en 1985, cando Milladoiro recibiu o Pedrón de Ouro. "A intelectualidade galega estaba a valorar o noso traballo e nós vimos nese xesto un compromiso co noso país", declara Seoane.

Ao longo deste tres décadas presenciaron diversos cambios no panorama musical. "Cando empezamos había moita precariedade artesanal e mediática e había que convercer ao público para conseguir certo recoñecemento social", explica.
Non sabe o lugar que ocupa a música galega, pero considera que os músicos teñen pouca transcendencia. "Non temos un sinal de seriedade como a pintura ou a literatura", afirma. "A música considerouse a cultura do entretemento, o acompañamento das cousas serias", matiza.
Considéranse un anel máis dunha longa cadea composta por compañeiros como Luar na Lubre, Berrogüeto ou Carlos Núñez, entre outros. "Salvo en Oceanía, estivemos en todos os continentes. A música ten unha linguaxe universal e é capaz de emocionar tanto en Galicia como en Tanzania", asegura.

Os membros Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal volverán subirse ao escenario cos seus compañeiros. "A maior sorpresa é que seguimos vivos e, tras éxitos e momentos malos, seguimos gozando xuntos", recoñece Seoane.


www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Preséntase aos medios a Asociación Galega de Músicos ao Vivo


A todos os músicos galegos

Ola a tod@s.

Hai xa uns meses que levamos traballando nesta nova Asociación que pretende dar resposta a unha carencia histórica. Somos un conxunto de músicos que cremos que hai algo común a tod@s nós que está por riba das nosas particularidades individuais. Queremos deixar a un lado o que nos diferenza e concentrarnos na esencia que nos une: a Música ao Vivo. É preciso que tódolos músicos saiban da nosa existencia, porque somos moit@s, e pretendemos chegar a tod@s.

Dende Músicos ao Vivo queremos invitarvos á festa-presentación oficial da asociación.

É moi importante que asistades tód@s @s que poidades xa que a idea é presentar a asociación ós medios e a todos os músicos. Faremos un acto para a prensa cunha foto masiva na que queremos que participedes. Músicos ao Vivo ten tantas caras como soci@s, e queremos que nos vexan a tod@s.

E para celebralo nada mellor que un pouco de empanada galega, alguns pinchos e viño.

Domingo 22 de Novembro as 12:30 da mañá na sala Nasa (Santiago de Compostela)


Para mais información visitade a nosa web
www.musicosaovivo.com

Esperamos vervos a tod@s alí!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Asociación Galega de Músicos ao Vivo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a Violencia de xénero
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración de canles Youtube en galego
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os Andarilhos na Esmorga

Aguardando firme o pulsar dos bombos, enternece ao piano o rasgar do cavaquinho em som festivo... A convergência de chulas e carvalhesas, prevalecendo a energia contagiante das gentes de Portugal que tocam e cantam rodopiando.

O Sábado 21 de Novembro, às 20h30, estará no C.S A Esmorga o grupo de música tradicional portuguesa Os andarilhos. O preço do bilhete é 3€ para sócias e 4€ para não sócias.


Andarilhos é um grupo musical que promove e divulga a música portuguesa de cariz tradicional. Com base na etnografia e nos instrumentos tradicionais, o grupo interpreta e recria temas que fazem parte da identidade musical portuguesa, fazendo prevalecer a energia contagiante das gentes que tocam e cantam rodopiando.
Fruto do convívio entre tocadores baionenses, o grupo forma-se em 1991. O projecto é reestruturado em 1997 dando origem à actual formação e aposta na convergência entre chulas, carvalhesas e tudo o resto da música tradicional portuguesa com as vivências actuais, recorrendo à fusão com estruturas musicais além fronteiras. Os Andarilhos, são um misto de "arruada", com instrumentos como a gaita-de-foles, caixas, bombos e castanholas e um espectáculo de palco, onde estão presentes variados instrumentos tradicionais, onde se salientam os cordofones e as vozes.
O grupo procura não somente recriar os temas populares mais conhecidos do grande público, como outros, fruto de várias recolhas etnográficas efectuadas. Constitui também um tributo a alguns dos autores/compositores que melhor souberam beber dessa inspiração.

Mais informações no site www.andarilhos.com, acesso a temas musicais, vídeos,
contactos e fotos do grupo.

Venha curtir!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno do PP retíralle o apoio ao ensino e difusión da música tradicional galega
A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, denuncia que "o Goberno do PP, segundo a súa política antigalega, estalle a retirar o apoio ao ensino e difusión da música galega". "O máis grave é a xustificación: non é de interese para Galiza", dixo o Goberno.

En concreto, a deputada nacionalista refírese á decisión da Consellaría de Cultura e Turismo de retirar o seu apoiio ao proxecto da Central Folque, "un proxecto que nacera no concello de Lalín, que dera un paso importante coa súa implantación en Santiago, mais que este goberno decide abortar".

Ana Pontón subliña que "o máis grave é a xustificación que se da dende o Goberno de Feijóo: non é de interese para Galiza".

"Non sabemos, pois, para que precisamos unha Consellaría de Cultura, senón é para promover, dignificar e normalizar a cultura galega; non sabemos como os máximos responsábeis culturais da Xunta afirman que non ten interese promover estudos encamiñados a dignificar e promover a nosa música tradicional", advirte a parlamentaria nacionalista.

Ademais, a deputada do BNG denuncia que "a fobia ao galego do Goberno do PP non o leva só a retirar o apoio económico á Central Folque, senón mesmo a impedir que use os espazos da Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, das que viña desfrutando até o momento".

Para Ana Pontón, "esta actitude da Consellaría de Cultura evidencia a deserción do actual Goberno de Feijóo coas súas obrigas no terreo cultural e lingüístico e a intención clara de evitar que os nosos sinais de identidade se normalicen e sexan un elemento de cohesión e orgullo de todos os galegos e galegas".

Ante esta situación, a deputada do BNG esíxelle á Consellaría de Cultura que concrete cales son as razóns que a levaron a retirarlle o seu apoio á Central Folque.

Pregunta tamén se "considera a Consellaría de Cultura e Turismo que apoiar proxectos destinados a promover, estudar e divulgar a música tradicional galega non forma parte dos obxectivos deste departamento".

Por último, demándalle ao Goberno do PP se vai estender esta posición a outros proxectos deste tipo que contaban co apoio da Xunta de Galiza.

www.gznacion.com
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu o folclorista Juanjo Liñares
Bailarín e coreógrafo, era considerado máxima autoridade no estudo do baile tradicional español

Ocurreu o luns aos 76 anos

Nado en Ordes en 1933, Juanjo Linares morreu este luns no hospital madrileño da Concepción tras unha intervención quirúrxica.

Currículum:
TITULACIÓNS:
Bacharel Superior: Instituto de Ensinanza Media da Coruña.
Mestre de Danza Española: Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid.
Bailarín profesional: Sindicato de Profesionais da Danza (exames celebrados en 1959).
Coreógrafo e mestre de danza española: Concedido no ano 1965, previo exame polo Sindicato Profesional da Danza de Madrid. Recoñecemento polo Ministerio de Educación e Ciencia, a efectos de docencia ós estudos superiores de danza regulados na Lei Orgánica 1/1990 de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo. Especialidade: Coreografía e Técnica.
Patrón do Spanish Dance Institute de Perth (Australia).
Mestre do Mundo: diploma e certificado outorgado polo Presidente da Northeastern University de Chicago, Illinois (EE.UU.).

ESTUDOS E FORMACIÓN
Paco Reyes.- Danza española e flamenca.
Maestro Carito.- Danza tradicional e bolera andaluza.
Salvador Melho.- Mestre de Coros e Danzas – Folclore español.
Lolita Domínguez.- Mestra de Coros e Danzas – Folclore español.
Maestro Granas.- Danza española.
Maestro Parrón.- Danza española e valenciana.
Luisa Pericet.- Escola bolera.

Obras realizadas:
COMPOÑENTE, PRIMEIRO BAILARÍN E DIRECTOR
GRUPOS PROFESIONAIS
-Ballet español de Rosario.
-Compañía de Antoñita Moreno “Candilejas” (1960) e “Ronda Española” (1968).
-Ballet de Mariemma (1963-1966).
-Marifé de Triana. Cía. de Variedades “La Niña de Agua Lucero” (1966-67).
-Ballet Español de Pilar de Oro e Alfredo Gil (1963).
-Ballet Español de María Rosa (12969-71).
-Compañía de revistas Eler Barber (1962).
-Curso Superior 1º e 2º. Real Conservatorio de Danza de Madrid (2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006).
-Escola Profesional de Danza de Comandante Fortea, Madrid.
-Escola Profesional de Danza de El Espinillo.
-Escaena, Escola recoñecida de dona Carmen Roche.
-Estudio, Centro de Actividades Artísticas Bella Vista, Madrid.

GRUPOS NON PROFESIONAIS
-Grupo Nacional de Danzas da O.S. de Educación e Descanso. Madrid.
-Grupo de Danzas e Cancións de Educación e Descanso, A Coruña (1952-1959).
-Masa Coral “Follas Novas” da Coruña (1954-55).
-Coro Galego “Anturuxo” da Coruña (1955-58).
-Coros “Rosalía de Castro” de Madrid (1959).
-Coro de Ordes (1945-46).
-Grupo de Coros e Danzas de Vinaroz – Castellón de la Plana (1966-68).

COMO DIRECTOR E MESTRE:
-Abrente Galego. Madrid.
-Centro Extremeño de Aluche. Madrid.
-Río Almanzor de Horcajo de Santiago. Cuenca.
-Amanecer de Villaluenga. Toledo.
-Grupo de Danzas de Torrijos. Toledo.
-Grupo de Danzas de La Malata. Toledo.
-Sbart Dansaire. Tarragona.
-Cantigas e Frores. Lugo.
-Diego Porcelos. Burgos.
-Lembranzas Galegas. Vigo.
-Familia Castellana de Miranda de Ebro. Burgos.
-Andarela. Vigo.
-Motor Ibérica. Ávila.
-Deputación Provincial. Palencia.
-Semillas del Arte de Madrid.
-Grupo Nacional de Danzas de E.D. Madrid.
-Semillas del Arte de Mirasierra. Madrid.
-Semillas del Arte de Sasasmón. Burgos.
-Semillas del Arte de El Berrueco. Madrid.
-Ballet Folklórico de Madrid.
-Grupo de Danzas Relaños de Lozolluela.

FUNDADOR:
-Grupo Nacional de Danzas de Madrid.
-Sementes da Arte de Ordes (A Coruña), 1970.
-Semillas del Arte de Madrid, 1975.
-Semillas del Arte de La Puebla de Montalbán (Toledo), 1973.
-Semillas del Arte de Mirasierra (Madrid).
-Semillas del Arte de Sasamón (Burgos), 1985.
-Grupo de Danzas de La Peña-Fiestalegre, de Mota del Cuervo (Cuenca).
-Ballet Galego da Coruña (con Victoria Canedo), 1957.
-Xuntanza de Galegos de Alcobendas (Madrid), 1996.
-Grupo de Jotas “Semillas del Arte” de El Berrueco (Madrid), 2002.

COREÓGRAFO:
-Imperio Argentina (1957).
-Compañía de José Greco (1959).
-Ballet Español de Paco de Lucía (1959).
-Ballet Español de Queti Clavijo (1973).
-Ballet Español de Paco Ruiz.
-Ballet Español de Paco de Alba.
-Ballet Folclórico Nacional (1974).
-Ballet Nacional de Festivais de España.
-Ballet Nacional de España.
-Ballet de Conchita Mar.
-Demostraciones Sindicales (1973 e 1974).
-Espectáculo Congreso ASTA.
-“Ronda de España”, de Antoñita Moreno – Televisión Española (1967).
-“Ronda de España”, de Antoñita Moreno (1968).
-“300 millones”, Programa de TVE.
-“Un, Dos, Tres”, Programa de TVE.
-Café Teatro King. Cía. de Mary Paz Pondal.
-Compañía de Zarzuela “Isaac Albéniz”.
-Compañía Lírica de Madrid.
-Compañía de Zarzuela de Amengual.
-Ballet Español “Los Solera”.
-Ballet Español “Los Monteros”.
-Ballet Español de “Nino”.
-Ballet Español de “María Rosa”, desde el año 1965.
-Espectáculo Fernán González, Milenario Cidade de Burgos.
-Los Infantes de Lara, Amigos del Teatro. Burgos.
-Segisama, Coplas de Amor y Muerte, anos 1986, 1987 e 1988.
-Belén viviente en Sasamón, años 1988, 1989, 1990, 1991, 1992 e 1993.
-Ballet Español de Antonio Gades. Como colaborador (mestre).
-Ballet Nacional de España.
-Diego Porcelos, de Burgos, 1972 a 2005.

PREMIOS, PLACAS, DIPLOMAS E MEDALLAS
PREMIOS
-Fillo predilecto de Ordes - A Coruña (1991).
-Día Internacional da Danza, Madrid (2002).
-Día Internacional da Danza, Almería (2007).

MEDALLAS
-Medalla de Belas Artes, categoría de prata (1994).
-Medalla de Ouro do Concello de Ordes (1991).
-Medalla de Ouro do Festinatel, Lisboa (1981).
-Medalla de Ouro de E.D. (1957).
-Medalla de Galicia, categoría de bronce (2003).

INSIGNIAS
-Insignia de Ouro da FEAF.
-Insignia de Ouro do Ballet Folclórico de Madrid.
-Insignia de Ouro de Follas Novas, 1956.
-Insignia de Ouro e Esmalte de Semillas del Arte de la P. de Montalbán.
-Insignia de Ouro de Cantigas e Frores de Lugo (1983).
-Insignia de Ouro da Virxe de Gracia de Puertollano (Ciudad Real).
-Insignia de Ouro do Grupo de Coros e Danzas de Jumilla (Murcia).
-Insignia de Prata de Cantigas e Frores de Lugo (1975).
-Peñista de Honra da Peña Fiestalegre de Mota del Cuervo (1993).
-‘Bombeiro con prata’ do Grupo de Danzas IAR da Coruña.

Ademais de insignias e medallas, está en posesión de múltiples placas de prata e foi gañador de varios Premios Nacionais de Folclore e Premios de Danza. Así mesmo, é socio de honra de varias asociacións e grupos de danza.
Impartiu numerosos cursos de danza, así como conferencias en xornadas, congresos... Tamén formou parte de xurados en Concursos de Danza Tradicional e en xurados de Premios Literarios como o Premio de Folclore “Vicente Morales” da Casa de Castela A Mancha de Madrid e Premios de materia tradicional da Deputación de Cidade Real.

LIBROS ESCRITOS E PUBLICADOS:
-“O Baile en Galicia”, editado por E. Galaxia.
-“Historia del Traje en Galicia”.
-“Danzas de Sasamón”.
-Traballos sobre “El Traje y la Danza”.
-“Aproveitamento dos tempos livres dos trabalhadores”, Lisboa.
-“Danzas de la Puebla de Montalbán”, en colaboración con don Benjamín Bustamante.
-R.P. Franciscano.

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN:
-A Danza en Ordes e a súa Comarca, 1945.
- A Danza en Galicia, 1953.
- A Danza en Vinaroz, 1962.
- A Danza en Castellón, 1996 e 1997.
- A Danza en Llerena, 1969.
- A Danza en Extremadura, 1968, 1969 e 1970.
- A Danza en Andalucía, 1961.
- A Danza en Cataluña, 1960.
- A Danza en Madrid e provincia, 1958, 1959 e 1960.
- A Danza en Asturias, 1964.
- A Danza en Vascongadas, 1964.
- A Danza en Baleares, 1960.
- A Danza en Canarias, 1962.
- A Danza en Jarandilla de la Vera, 1992.
- A Danza en Pasarón de la Vera, 1992.
- A Danza en Villasandino, 1992.
- A Danza en Melgar de Fernamental, 1991.
- A Danza en Mota del Cuervo, 1990.
- A Danza na Serra Madrileña, 1995, 1996 e 1997.

Outros datos de interese:
EXPOSICIÓNS DE TRAXES TRADICIONAIS:
-Sasamón – Burgos. Ilmo. Concello.
-Tarancón (Cuenca), marzo 1997.
-Cuenca, abril 1997.
-Cádiz, outubro 1997.
-Córdoba, 1997.
-Santillana del Mar, Cantabria. Fundación del S. del M. – Torre de Don Borja, 1997 e 1998.
-Avilés, Palacio de Ferrera, 1998.
-Alcobendas, Madrid. Casa das Asociacións, 1998.
-Puertollano - Cidade Real. Auditorio Municipal, 1998.
-Tarancón, Cuenca. Auditorio Municipal, 1998.
-La Puebla de Montalbán. Toledo, 2000.
-Córdoba, 2001.
-Ordes (A Coruña), 2005.
-La Cabrera (Madrid), 2005.
-Las Rozas (Madrid), 2005.
-Móstoles (Madrid), 2005.
-Campo de Criptaza, 2005.
-El Espinillo (Madrid), 2004.
-El Berrueco (Madrid), 2007.

www.ordessiete.blogspot.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2009 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
O Home osquestra galego
Homem orquestra" toca com a boca, as mãos e os pés

Chega a carregar mais de uma dezena de instrumentos, toca com as mãos, a boca e os pés e ainda canta. Faz a festa sozinho e é um dos últimos "homens orquestra" da Península Ibérica.


Ligado à música desde pequeno, Cesar Freiria Prado, um galego de 34 anos nascido numa família de gaiteiros, decidiu, no Verão de 2008, transformar-se num "homem orquestra", escolhendo a rua como o palco para os seus concertos.

"Gosto do contacto directo com as pessoas e os meus espectáculos acabam sempre por contar com a colaboração de quem passa na rua", referiu, à Agência Lusa.

Às costas carrega os instrumentos de percussão, nomeadamente o bombo e a pandeireta, que toca com os pés, através de um mecanismo que o próprio inventou. "Chamo-lhe o 'bate-pés'. Quando mexo os pés, acciono um mecanismo que faz tocar o bombo e a pandeireta", explicou.

À frente, transporta um acordeão e, ao pescoço, leva sempre harmónicas ou realejos. Cavaquinhos, violas, flautas, gaita-de-foles, clarinetes e bandolins são outros instrumentos que Cesar Prado transporta sempre que vai para um concerto.

"Tenho de ir preparado para tudo, porque raramente sei que tipo de público vou encontrar", diz.

Dois outros "adereços" que não dispensa são os chocalhos e o corno, com que anuncia a sua chegada e a sua partida.

Do seu repertório faz parte, essencialmente, música tradicional da Galiza, mas também faz "incursões" por outros mundos, tocando, por exemplo, o bem português "Malhão" ou o brasileiro "Mamãe, eu quero".

Cria alguns dos seus instrumentos, com canas e materiais reciclados, compõe muitas das melodias que canta e garante que, por sua vontade, a tradição dos "homens orquestra" não acabará na Península Ibérica.

"A procura tem sido muito boa, o que significa que as pessoas gostam ou acham piada. Ora como eu também gosto e acho piada, quero acreditar que estou nisto para lavar e durar", rematou.

Natural de Vigo, na Galiza, Cesar Prado já esteve em Viana do Castelo, para animar a apresentação do III Festival Internacional de Marionetas e Cinema de Animação, e vai voltar hoje, segunda-feira, àquela cidade, no âmbito do mesmo certame.

www.jn.sapo.pt

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ensaia no Ateneo (Ferrol)
No Ateneo Ferrolán, sabendo da falta de espazos para os ensaios dos grupos locais e comarcais no ámbito da música e das artes escénicas poñemos a vosa disposición o noso auditorio.

De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto connosco, so hai que pedir vez.

E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)

Esperando as túas novas, recibe un cordial saúdo.

www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2009 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
As mulleres mandan moito na música galega
Elas afirman que non se chaman igual e que a proximidade dos seus nomes artísticos, que é igualdade no DNI, ten inducido algunhas confusións, pero ningún problema. Uxía e Ugia Pedreira, tales son os nomes dunha e doutra, andan polo mundo de par da música folk, cantando por escenarios e sen desprezar as tabernas, confiando en que a xente aprenda que a música é un instrumento imprescindible para a felicidade.

Pregunta. ¿Ter o mesmo nome de pía non lles causa algún problema?
Uxía. Algunha confusión, pero non problemas. Eu teño intentando, con pouco éxito, que retiren o meu apelido do nome artístico porque son Uxía e non Uxía Senlle.

Ugia Pedreira. Eu son reintegrata perdida. Dende os dezaseis anos. No meu carné pon María Eugenia, pero grazas a un profe reintegrata descubrín este nome e non teño tido problemas salvo algunha vez nos medios que poñen unha información de Uxía coa miña foto, (ri Uxía) non teño tido problemas.

U. Aínda nos queda outra Uxía, Uxía Blanco. O que sucede é que nos bautizaron igual a nos as dúas: María Eugenia. Eu cambieino no rexistro civil e agora son María Uxía porque o María non mo deixaron quitar.

P. ¿Cal é a circunstancia de ser voz feminina na música galega?
U. As voces de muller teñen moita presenza neste momento. Creo que sempre a tiveron, pero agora somos máis e hai máis vontade de contar cousas. Ademais cun discurso que está lonxe do que cantan os homes e iso me parece moi ben. Eu creo que as mulleres mandan no panorama da música galega. Cando menos hai unha clara visibilidade delas que antes non había.

U.?P. En Galicia, en xeral, hai un matriarcado bastante forte. E na música tamén se dá. E tamén se dá a circunstancia de que vexo nos nosos concertos, nos de todas, un amplo abano do público feminino. Eu vexo que unha parte do meu público son mulleres que entenden o que canto.

P. Unha cousa na que coinciden é en que son máis coñecidas como intérpretes que como compositoras, pero as dúas queren reivindicar esa actividade autoral.
U.?P. Neste país seguimos un pouco baixo dos compositores clásicos. ¿Cantas letristas faltan por saír á luz? Supoño que estamos aínda baixo esa lousa.

U. Decote coñécese máis ás mulleres como intérpretes, aínda que tampouco historicamente foi así, porque temos o caso de Manuela, que é unha compositora extraordinaria. A min paréceme fundamental reivindicar ese traballo porque moitas veces falan de ti, falan dunha cantante, pero non sempre falan dunha autora. É certo que houbo unha etapa, cando estaba con Na Lúa que eu renunciei a compoñer porque quería investigar e cantar outro repertorio. Pero canto máis tempo pasa, máis me gusta cantar o meu.

U.?P. Eu escribo todos os días posibles letras para posibles cancións. A única maneira que teño de ser mellor persoa e relacionarme coa sociedade é escribir cancións. Se non fose isto, pois sería outra cousa, pero o que me interesa de estar enriba do escenario é: señoras e señores, quero dicir isto. Se non igual sería pirata. Sería calquera outra opción.

U. En Brasil están moi estendidas as parcerías. Reúnense os músicos para compoñer xuntos. Aquí non se fai tanto, pero é unha cousa que a min me gusta moito facer e no meu último disco hai algo diso.

U.?P. No mundo do folk, que é unha familia cada vez máis grande, empézase a facer isto. Igual nos noventa non sucedía, pero dende o dous mil si que vai habendo parcerías. O que eu boto de menos é versionármonos uns aos outros para conseguir que haxa estándares. Aquí todo o mundo quere ser supermegaorixinal, algo que cae polo seu propio concepto, pero creo que se podían facer cousas con cancións de Emilio Cao, dos discos anteriores de Uxía ou de Os Resentidos.

U. Hai xente nova que ten como referente a música de Os Resentidos, pero fóra diso, eu creo que si falta un pouco iso de que a xente recoñeza como propias cancións que están nas nosas discografías.

U.?P. Algo así como a banda sonora do noso país.

U. Estou en contacto cos rapaces polas actividades nos institutos e non coñecen nada da historia da música galega. Por iso fan falta outras experiencias docentes como a Central Folque para posicionar a música galega na historia do país.

Case se chaman igual, traballan no mesmo, pero non se senten en competencia. Máis ben o contrario. Pero rétanse a asumir proxectos novos.
P. ¿Poden facer, cada unha, unha aproximación á carreira da outra?

U.?P. Para min Uxía é a dama da canción galega...

U. Fáltame o poncho... (risas das dúas).

U.?P. É a dama da canción galega. Eu estaba no instituto e vin a esta muller cantar en Foz, na praza, deume a volta a cabeza como a nena do exorcista. En plan eu tamén quero facer iso. E se xa o sabía de antes, despois de oíla, sóubeno mellor. Logo, é xenerosidade personificada...

P. ¿Algo de malo?
U.?P. De malo non, pero sempre lle digo que me encantaría vela como a vexo cantando na casa da Illa de Arousa, cantando. Esa Uxía máis salvaxe, desgarrada e mala.

U. Vai saíndo, vai saíndo...

U.?P. Esa é a Uxía que máis me gusta. E tanto Guadi Gallego coma min, que somos grandes colegas dela, estamos esperando un disco de alalás. Porque os borda, porque remoe as palabras.

U. É unha promesa.

U.?P. Xa cha recordaremos.

U. A min encántame de Ugia o punto transgresor tanto na composición como nas interpretacións. Porque eu non a coñecín así. Eu coñecina en Chouteira, eran outros tempos e outra maneira de cantar. Sorpréndeme a evolución porque vai cara ao persoal, cara ao transgresor. Tanto ela como o seu proxecto, Marful, que xa dixen que era o mellor que lle pasou á música galega en moito tempo. Precisamente porque hai a vontade de utilizar a ironía, a transgresión. Tamén o punto perverso. Traspasar a convención musical, atreverse, está moi ben.

P. Falta algo de malo...
U. Todo isto que digo da ironía e o perverso, por veces pode parecer que afasta un pouco o espectador.

U.?P. Como un escudo.

U.?P. Pero resulta interesante porque pode xogar con iso.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Xira nostálxica de Milladoiro
Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influínte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do país, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal.


Lembranzas, anécdotas e un feixe de historias dominaron a presentación do concerto polos seus 30 anos tocando, ‘Desde Maeloc’, que Milladoiro ofrecerá o vindeiro 20 de novembro, ás 20.30 horas, no teatro del Centro Cultural Caixanova, e tralo que iniciarán unha xira por distintas cidades de Galicia.

‘Nós tocamos neste teatro cando aínda era o García Barbón co apoio que sempre nos brindou Caixanova’, lembrou Pepe Ferreirós, que xunto a Moncho García y Nando Casal, tamén no acto, foron a xérmola de Milladoiro: ‘Conquerimos encher o aforo polo empurre dun público que voltará o 20’. Esta vai ser una actuación entrañable para o grupo: ‘Coincidiremos no escenario a formación inicial con Laura Quintillán, Rodrigo Romaní e Roi Casal, polo que faremos un guiño especial para nostalxia con temas sinalados na nosa discografía’, afirmou Moncho García, ao tempo que Nando Casal lembrou unha anécdota que lles aconteceu co ‘Alalá das Mariñas’, incluido entre as cen mellores composicións da música de raíz en Xapón: ‘Ofrecíamos un concerto interno nunha emisora da Coruña e ao tocar este tema, unha parella apértase e comeza a chorar; eran dous madrileños que namoraran escoitándoo’. ‘Este concerto resume un proxecto que iniciamos hai trinta anos na casa de Pepe Ferreirós, en Catoira, tocando a gaita na sala de estar, que pensabamos duraría ata o inverno, pero que nos levou a cumprir moitos sonos como viaxar por todo o mundo e tocar cos grandes’, sentenciou García.

‘A música galega está ‘sanota’ e non vai sufrir recaídas’

Trinta anos de Milladoiro e vintecinco do Centro Cultural Caixanova son dous aniversarios para unha cita especial que percorrerá tres décadas de producción artística, vinte discos no mercado e actuacións ao longo de todo o mundo. O primeiro concerto no Salesianos da Coruña o 15 de maio e o disco Maeloc marcaron un inicio que rematou co grupo Milladoiro enraizado no patrimonio do país, como eles mesmos se ven. ‘O panorama da música tradicional cambiou moito dende que comezamos, daquela estaba en vías de extinción e agora case chegamos a sobrepoboación’, afirmou Ferreirós. O músico de Catoira lembrou que a finais dos setenta os únicos que mantiveron vivo o foclore foron os gaiteiros tradicionais, ‘os que non se lles recoñecía o mérito; de feito, a música folc carecía de consideración ata entre os núcleos máis comprometidos’.

Ferreirós relatou como nun festival onde participaban cantautores presentáronos dicindo: ‘mentres voltamos coas actuacións, van facendo tempo este grupo de gaiteiros’. Esto indignou aos Milladoiros porque ‘considerabámonos igual de reivindicativos que a canción do país’. Nun momento tan delicado para a música galega, ‘intérpretes procedentes doutros ámbitos como o universitario tornaron dela’, declarou García e engadíu que ‘precisaba dunha ornamentación, xa que deixara de ter unha finalidade de acompañamento do rural e tiña que dirixirse a outro público’. Entón xurdíu Milladoiro que supuso un revulsivo: ‘A música galega está ‘sanota’ e non vai sufrir un retroceso ata chegar o de antes, a nosa contribución ao longo de 30 anos servíu para algo’, declarou Ferreirós.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Cuarteto Caramuxo
Aínda que levaban anos tocando xuntos realmente se deron a coñecer ao vencer no certame folk Cancioneiros, organizado pola Fundación Barrié, e agora sacan o disco gravado grazas a acadar ese primeiro lugar.

Estiveron hai un mes participando na homenaxe a Milladoiro organizada na VIII edición dos Premios Opinión e chamaron moito a atención coa súa proposta. Á xente quedáronlle as ganas de saber porque se denominan cuarteto sendo un sexteto e a explicación vén dada “porque nun comezo éramos so catro clarinetes dentro dunha formación clásica de música de cámara Logo engadimos a percusión e despois chegou o acordeón, pero decidimos manter a denominación porque se vas a internet e pos Caramuxo sae a compañía teatral ou a empresa de camisetas”.

–Canto lle debe o grupo ao certame Cancioneiros?
–Foi un empurrón importante e deunos a coñecer a nivel galego. Chegamos xa co traballo feito porque as bases axustábanse ao noso repertorio. Os Cancioneiros foron a nosa fonte de información.

–A súa proposta diferente, baseándose en clarinetes, é a súa gran baza artística?
–Cando non nos coñecen é verdade que fican un tanto abraiados. Unha melodía podes tocala co instrumento que queiras. Cómpre amosar que a música tradicional non está morta e hai diferentes xeitos de abordala. Neste eido queda aínda moito por facer.

–Outro elemento importante son uns arranxos que resultan moi resultóns.
–Partimos dende a melodía e un de nós presenta unha harmonización, e a partir de aí comezamos a xogar e cadaquén comeza a aportar elementos co seu instrumento. É un labor moi colectivo.

–Como traballan esa posta en escena tan eficaz?
–O actor Avelino González, con quen coindimos no teatro, axudounos moito e aprendimos moitas cousas con el para saber estar en escena. É importante que se dea o feedback co público e sinta que se toca para eles. Quizais exista unha imaxe que provén da música clásica dun músico que executa pezas complicadas e está moi concentrado na escena, pero cando fas música popular debes tender a ser divertido e que a música teña vida. Non tocamos cousas que nos queden grandes a nivel interpretativo.

–E móvense entre estilos que poden representar ben dúas pezas metidas no disco, a tradicional de Xosé M. Fernández e a imaxinativa de Nacho Muñoz.
–E son mundos que poden convivir perfectamente. Na actualidade o mundo do folk é moi variado e seguro que vas atopar algo que che guste. A xente vai ver un espectáculo e ás veces a música que chega por detrás é o de menos, entendendo ben esa expresión.

–Que lembran da gala dos PREMIOS OPINIÓN?
-Foi moi agradable. Era a segunda vez que uníamos o noso nome a Milladoiro e iso é como poñerte no máis alto nada máis chegar.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Stop ao ensino da música galega
A consellería de Cultura retira o apoio ao proxecto docente da Central Folque e ordena abandonar a Escola de Altos Estudos Musicais onde se impartían as clases

A Central Folque, un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo no que traballaban 22 persoas, non está a vivir os seus mellores momentos precisamente. Co traslado hai algo máis dun ano do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, xurdido hai sete anos, a Santiago, nacía a Central Folque como un proxecto vertebrado en tres ramas: a docente, coa escola de Santiago -con sede na Escola de Altos Estudos Musicais- e a Aula Folque Infantil de Pontevedra, a de produción e a de investigación. Un proxecto que, nestas tres vertentes, contaba co apoio da Consellería de Cultura, cunha subvención de 200.000 euros, e dos concellos onde se asentaba: Santiago e Pontevedra. Pero os vaivéns políticos dos gobernos galegos non están contribuíndo moito á consolidación dun proxecto de conservatorio de música tradicional galega, seguindo as pautas doutros países.

A nova consellería de Cultura, dirixida por Roberto Varela, comunicou recentemente á directora da Central Folque, Ugía Pedreira, que non podía continuar co proxecto docente do centro. Ademais, a Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais) -organismo dependente de Cultura que dirixe Juan Carlos Fernández Fasero, un músico que, ironías do destino, provén da música tradicional- comunicou á dirección da Central que xa non podían dispoñer do edificio de Altos Estudos Musicais e tampouco do financiamento para levar adiante a escola tal como estaba concibida. Segundo Ugía Pedreira, desde Agadic dixéronlles nunha reunión de carácter informativo que o convenio que tiñan «non era do interese da consellería de Cultura» e que se tiñan que ir do edificio da Escola de Altos Estudos Musicais porque «o convenio non se repetía».

Digamos, poñéndolle letra a esta música, que o conselleiro chegou e mandou parar unha escola de 160 alumnos de toda Galicia ilusionados con facer da música de raíz unha profesión na que labrarse o futuro, contribuíndo coa investigación a súa renovación; un centro no que 9 profesores impartían clases de 8 materias. Os motivos desta minoración do proxecto non parecen obedecer á tan manida crise senón que, segundo o rumor a voces, sería unha das facturas a pagar pola enorme dieta que devora ese monstro que habita o monte Gaiás chamado Cidade da Cultura. Mentres, a directora da Central Folque lembra que o proxecto curricular deste centro «foi modelo na Península para outras entidades que valoran o traballo curricular das músicas de raíz». «Pero pasamos a outra etapa -engade Ugía- coa alegría e orgullo de poder levalo a cabo sete anos en Lalín e un en Santiago».

Mais durante todos estes anos o conservatorio de música tradicional foi creando unha rede musical, social e empresarial que agora vai facer posible a reconversión aos novos tempos. Isto, unido a que o profesorado e o alumnado queren continuar co proxecto docente da Central, posibilitará unha reformulación do mesmo coa Escola Livre da MPG (Música Popular Galega), que co apoio de asociacións e entidades de Santiago dará continuidade a un proxecto docente para a música de raíz.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2009 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan os Ventos no Alalá

Hoxe, martes, día 17/11/2009

Un dos grupos con máis repercusión na historia da música galega, Fuxan os Ventos, que se enmarca no eido da canción protesta dos últimos anos da ditadura Franquista e os primeiros da democracia, volve para seguir facendo historia. Con 8 discos e centos de actuacións por toda Galicia, por España e por Europa, o grupo fixo que moitas das súas cancións, como a "Sementeira", a "Carolina" ou "O Carro", formaran parte do ouvido musical galego dende hai xa máis de trinta anos.


O mito comezou a crearse en Lugo, onde os rapaces de Fuxan tiñan apenas 16 anos e cantaban no coro dunha igrexa; rápido gañaron os primeiros festivais aos que se presentaron e a principios dos 80 chegaron a ser número un de venda en discos na "Philips" en todo o territorio español. Pero este feito non os fixo renunciar aos seus principios e rexeitaron de pleno cantar en castelán, co que renunciaron a moitos beneficios por "royalties" coa discográfica.
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 17-11-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta apoia á música galega?
Curiosa a denuncia que xa circula por intenet.

A nova Xunta de Galicia, de novo a través da AGADIC (está a lucirse), subvenciona a promoción de grupos galegos nunha xira por Arxentina.

Pois un deses grupo, curiosamente o que máis actuacións vai ter, NON E GALEGO!!!!!


Vestusta Morla, a quen ninguén discute a súa calidade, non é un grupo galego, e a única relación con Galiza é que a súa oficina de contratación si que é galega ... polo que unha cousa leva a outra...

Así que veña, todos a promocionar grupos de fora e a favorecer un negocio privado, que paga a Xunta...
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Asturias avisa a SGAE: coidado coa apropiación de cancións tradicionais
O gaiteiro Hevia, directivo da entidade, nega que exista esta práctica: só
se cobra polas versións

Coñecidos representantes da música tradicional asturiana expresaron esta semana, en declaracións a Europa Press, a súa esixencia á Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) para que realice peritaxes e maiores controis das obras que se rexistran, a fin de evitar que determinadas persoas se atribúan os dereitos de autor de coñecidos temas anónimos. Con todo, o gaiteiro José Ángel Hevia, directivo da entidade, nega que exista este problema e recalca que a SGAE só cobra dereitos por arranxos ou versións de temas tradicionais rexistrados por outros grupos.


Todos eles ofreceron a súa opinión a respecto do proceso xudicial aberto entre a SGAE e o Concello de Cabranes, por mor da demanda presentada pola Sociedade, que reclama ao Consistorio 7.500 euros por dereitos de autor. Aínda que moi pequena, de só 96 euros, existe unha parte que corresponde á interpretación de temas tradicionais por parte da Banda Gaites Villaviciosa e diversos grupos de baile. De feito, o director musical desta formación declarará como testemuña no xuízo, para defender que só tocou temas tradicionais e non ningunha versión.

O caso de Héctor Braga

A este respecto, Héctor Braga, músico e musicólogo, esixiulle á SGAE unha peritaxe e un maior control das obras que se rexistran, pois ten claro que existe o problema de que determinados autores inscriben ao seu nome temas tradicionais. O mesmo mantivo hai uns anos un proceso contra a sociedade, tras serlle reclamada a autoría de determinadas pezas de bandurria que el recuperara nun álbum, e que estaban inscritas a nome doutro autor. No xuízo, con gravacións en man, conseguiu demostrar que os temas eran anteriores á devandita inscrición, e non tiñan intérprete coñecido.

Foi un punto de vista no que coincide Xosé Ambás, gaiteiro do grupo N’arba, e vocalista de Tuenda, conxunto que arranxa melodías tradicionais, que el recupera tras gravar cancións que consegue percorrendo pobos e aldeas asturianas. O seu traballo vese reflectido na TPA, no programa ‘Camín de cantares’. “Estou totalmente en contra de que ninguén reciba beneficio pola música tradicional”, sinalou. Con todo si se mostrou conforme con que haxa arranxos rexistrados e instou os músicos asturianos a facelo. Por este motivo, esixiu á SGAE un maior traballo de control do que se rexistra, a fin de evitar que sexan arranxos, e non melodías tradicionais.

Xune Elipe, cantante de Dixebra, e responsable de Discos L’Aguañaz, casa que edita moitos dos grupos de folk asturianos, foi aínda máis esixente: “A SGAE debe facer un traballo moito máis metódico”, porque Autores “non sabe nin o que rexistra nin o que cobra”, declarou antes de considerar que esixir dereitos de autor por música tradicional “sería unha atrocidade

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 16 (luns)
• Covalblú no Forum Metropolitano (A Coruña)

Terza feira 17 (Martes)
• Tanto nos Ten no Bar "Onde Queiras" (O Viso, Redondela) ás 22:30

Corta feira 18 (Mércores)
• Samesugas na Iguana (Vigo)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 19 (Xoves)
• Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)

Sexta feira 20 (Venres)
• Samesugas na Sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Os Carunchos no Liceum (O Porriño)
• Milladoiro no C.C. Caixanova (Vigo)

Sábado 21
• II Certame-Concurso música Tradicional (Rianxo): Gaita, ás 18:00 no Auditorio
• Gala IAR de Folclore Galego no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Espido en Compostela, no acto nacional contra a violencia de xénero do BNG
• Kogito na Sala Le Club (A Coruña)
• Arenga no Revolta (Vigo)
• Pito de Pikasso no Xanela (Vilalba)
• Festival A Rebusca (Manzaneda): Os Cuchufellos, Ultraquáns, Cé Orquestra Pantasma,...
• Guezos no Vagalume (Salvaterra do Miño)
• Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
• Serán na Illa de Arousa, no antigo Cine Capitol

Domingo 22
• II Certame-Concurso música Tradicional (Rianxo): pandeireta, ás 17:00 no Auditorio
• Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 16-11-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de música tradicional


www.masterclassdemusicatradicional.info
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-11-2009 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
O Serán de Sobradelo reunirá esta noite un feixe de músicos dispostos a potenciar a tradición

Os amantes da música tradicional teñen esta noite unha cita cun dos mellores -se non o mellor- seráns de Galicia. Trátase dun tipo de convocatorias que recordan as xuntanzas que se facían nos alboios ou nas eiras unha vez que se remataban as tarefas do día.
Ao Serán de Sobradelo vén cada ano xente de toda Galicia, e nesta ocasión non será menos. Xa van alá varias edicións e a intención dos seus organizadores, a asociación Nós, é facer que perdure.

No campo da festa instalarase unha carpa, e haberá un pequeno pincho para os asistentes. Mexillóns, patacas cocidas, empanada e rosca con chocolate serán algunhas das propostas para esta tarde. A entrada, e tamén a papatoria, serán gratuítas.

As actuacións comezarán ás nove e media da noite, sen horario límite. A medida que vai chegando a xente, vaise anotando e van actuando, respectando dentro do posible a orde.

Este é o cuarto Serán e, pola experiencia de anos anteriores, actuarán arredor de vinte ou vinte e cinco agrupacións folclóricas. Ademais, a xente que teña gañas de tocar, e un mínimo coñecemento de como facelo, pódese sumar. Hai, como dixeron os organizadores onte durante a presentación, unha parte máis formal, proposta polos grupos, e outra máis espontánea, na que poden participar todos os afeccionados que o desexen.

Na primeira división
O concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, e a directiva da asociación Nós, representada onte por Xurxo Santos e José Manuel Millán, presentaron onte este espectáculo, un acto no que Castro Ratón valorou o esforzo que durante os últimos anos se está facendo en Galicia para organizar este tipo de actos e atraer a xente de toda a comunidade. Segundo o concelleiro, o Serán de Sobradelo sitúase na primeira división entre os actos deste tipo que organizan distintas asociacións. Segundo a súa opinión, trátase dunha actividade importante para manter vivo o patrimonio cultural.

Para Xurxo Souto, o Serán dos Namorados, que ten ademais un suxestivo nome, é o máis importante que se fai en Galicia. Pero por detrás del situaríase xa o de Sobradelo.

Así que os seus organizadores invitan a todos os amantes da música tradicional a achegarse esta noite a Sobradelo e, a cuberto da choiva, gozar co bo facer dos máis de trescentos músicos que sen dúbida participarán neste acto. Boa música e boa comida, todo elo de balde, son un plan que sen dúbida resultará apetecible para a noite do sábado.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto no Aturuxo (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación e concerto en defensa da Ría de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Leilía na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• DUF09: Marcos Suzano e Alex Meirelles + Con Canto Donaire no Teatro Caixanova (Pontevedra) ás 21:00
• Tanto Nos Ten no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Serán en Moraña

Sábado 14
• Mostra Patrimonio Cultural Inmaterial: Os Carunchos na Praza Maior de Ourense ás 20:00
• Encontro de pandeireta Galiza-Asturies no Retrouso (Vigo): Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies) e Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).
• DUF09: Obradoiros e Serán Urbano de Pontevedra
• O Chicarro Psicótico no Revolta (Vigo)
• Machina no Pub D´Antón (Laracha)
• The Turres Band no Liceum (O Porriño)
• Javier Constenla no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
• IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
• Serán en Frades (Mondariz)
• II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
• Magosto dos Teixois (Taramundi)

Domingo 15
• XXII Festa do Cabazo (Carballal-Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2009 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no antigo Cine Capitol

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

28 de novembro
- Serán da Forna enBudiño (O Porriño)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

16 de Xaneiro
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Magosteiro en Moraña
I Serán Magosteiro

O vindeiro venres 13 de novembro, a partir das 21:00 horas, celebrarase na carballeira de Santa Lucía de Moraña (Pontevedra) o “I Serán Magosteiro”.

No mesmo poderanse degustar castañas e chourizos asados, viño do pais, etc, podendo participar todo o que queira, tocando, cantando, bailando ou simplemente desfrutando da música tradicional galega. Por se a meteoroloxía non acompaña, contarase cunha carpa, e durante a noite sortearanse diversos produtos regalados polos comercios de Moraña.

Con anterioridade o concello de Moraña organizará o tradicional adorno de cabazas, onde nenos e nenas demostrarán as súas habilidades na transformación desta hortaliza nun auténtico obxecto de decoración e de medo.

Organizan: A. C. Chinguilipé
A. C. O Arrieiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer