Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O debut de Roi Casal
Roi Casal debuta en solitario cun disco que fusiona o folk máis tradicional co rock e co pop
O arpista de Milladoiro considera que sería traizoarse se non emprendese este proxecto


"Traizoaríame a min mesmo se non emprendese un camiño en solitario". Así xustifica o músico Roi Casal, membro de Milladoiro dende hai case dez anos e fillo do gaiteiro do grupo, Nando Casal, a gravación do seu primeiro disco en solitario, titulado Lendas douradas, da man do selo Pai Música.

Este traballo baséase na música tradicional galega, como correspondía á súa procedencia familiar, pero cunha "reinterpretación contemporánea" para demostrar que non está anquilosada nin anticuada. "Hai algúns arranxos arriscados, porque aos 28 anos non podo ser conservador", asegura o músico, quen acusa a influencia do rock e do pop á hora de compoñer, así como a doutros músicos e estilos. E é que, malia o "risco" que poida supoñer publicar nestes tempos, Casal afirma que é algo tan natural para un músico "como para un mestre dar clase".

Roi Casal non ten "afán de ser estrela" á marxe de Milladoiro. "Levo no grupo dende os 19 anos e teño unha perspectiva del máis global que os membros fundadores, porque o vivín dende o ventre da miña nai, aos camerinos e logo aos escenarios, pero Milladoiro non é o meu proxecto", sostén o músico, que cre que emprender un camiño en solitario non é incompatible.

O responsable de Pai Música, o ex baixista de Siniestro Total Segundo Grandío, destacou que o selo "quere facer de Roi un artista de longo percorrido", xa que se trata dun "artista ambicioso e maduro" que tanto toca a arpa, como o bouzuki, a zanfona, o oboe ou o piano.

A ANÉCDOTA Inspirado por Curros Enríquez

Namentres buscaba os poemas de Rosalía de Castro e Manuel María que logo musicaría, Roi Casal atopouse cun texto de Curros que dicía "O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son lendas douradas" e foi entón cando naceu o título do álbum.

www.galicia-hoxe.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestacións do 13 de novembro
Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos.

Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.

A Mariña: Saída ás 19:30 da Praza Maior de Viveiro

A Coruña: Saída ás 20:00 da Praza da Palloza.

Ferrol: Saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro, diante do sindicato.

Lugo: Saída ás 20:00 h da Ronda da Muralla, diante do sindicato.

Ourense: Saída, ás 20:00 h do pavillón dos Remedios.

Pontevedra: Saída ás 20:30 h da Praza da ferrería.

Santiago: Saída ás 20:00 h da Praza Roxa.

Vigo: Saída ás 20:00 da Vía Norte.

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
CQC na Galiza
Reportaxe de CQC sobre o desmantelamento do transporte de pasaxeiros en ferrocarril na liña Vigo-Coruña

Curiosamente aparecen as opinións do PP e do Psoe, mais o BNG que ten presentado ante o Ministerio de Fomento solicitude de traspaso de competencias e liñas de ferrocarril para a creación dunha Rede de Cercanias Galega non aparece na reportaxe...

Atentos a como Touriño perde as formas...

www.misexta.tv
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Tradescola: botamos un rouso?
Na fraga amurallada afíncase un proxecto cultural de recuperación, difusión e aprendizaxe da música e baile tradicional. Tradicional de noso, o herdado no pouso dos devanceiros nas xeracións mozas que innovan e revoltean cos sons e puntos sen se afastar do celme, a verdadeira herdanza indelébel en nós.

Mais volvamos á foliada que se armou aló pola rúa Pintor Corredoira número 4 de Lugo, no complexo residencial Lug II. Fóichevos cousa da Asociación de Gaiteiros Galegos que teimaron no seu e agora inauguran un novo chanzo musical. Entre as actividades: formación, aulas, cursos monográficos, audicións, recollida do folclore, mediateca… Unha boa iniciativa que cómpre recoñecer.

Galiza posúe un acervo cultural de indubidábel prestixio. Bon, dubidábel para os catro papaxoubas paranoicos de continuas aldraxes ao raciocinio humano que denuncian ser perseguidos polo idioma e por iso mandan aos fillos a Sevilla a aprender castelán. Eu tamén dubido da súa conexión neuronal. Dicía que posúe ese acervo que ten unha mostra na riqueza musical. Cumpría recuperar e manter o legado das cantigas, dos instrumentos co cadanseu xeito ou os puntos dunha danza; cumpría tamén difundir a aprendizaxe dese instrumento de voz luída como é a zanfona que noutrora acompañaba aos parrafeos do cego. Velaí dúas das tarefas máis ambiciosas da Tradescola, entre outras tantas.

Mais este traballo debe ser posto en valor, en colectividade pois só dese xeito poderemos coñecer e comprender este acervo. En colectividade como é o ensino, nos cativos e na mocidade. Se cadra é hora de darlle a importancia que merece á música á vez de que un mestre de música non sexa un desleigado da mesma. Tanto me ten saber quen era Chopin ou Gustavo Freire se logo non sei apreciar o son da súa música. Digo eu, ou? Do contido pedagóxico que enraíza na música non falo ren.

Ao inicio faleivos do celme no herdo dos devanceiros como formante da nosa identidade. Abofé porque nel vén a memoria, a historia, a fala, o traballo e o noso aquel tan noso que até os castelánfalantes fachendean fóra de Galiza. Nós ampliamos esa herdanza coa nosa propia experiencia e deixarémoslla aos vindeiros. Nesa herdanza tócanos hoxe tomar posición, posición ante o desafino financeiro, entoar verbas que nunca foron falsas para xebrar a falacia do humanismo capitalista. Ser bailador pola romaría de Monterroso non quita de nos manifestar contra o sistema o 13 de novembro nas rúas das principais cidades da nosa nación.

Algún día poderemos aturuxar a peito descuberto, cunha perniña para arriba e outra para abaixo, marcando os puntos como quen sabe e botándolle un rouso como buxainas, cando no mundo vallan máis as persoas cós bancos.
Déixoume de lerias. Benzón aos músicos da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Xurxo Martínez González

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ao calor das pandeiretas
Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a quinta edición do Encontro Internacional de Pandeiras de Man

A innovación e o mestizaxe achégase a Pontevedra a través do Encontro Internacional de Pandeiros de Man. O festival tratará, nesta edición, de achegarse á tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península este instrumento de percusión e que se converteu no son máis popular en Galicia dos últimos mil anos.

Con este espírito a quinta edición do DUF pretende ser un encontro de culturas, de música e de tradición. O festival comezará este venres ás catro da tarde coa instalación da Haima DUF na praza da Ferrería, que recibirá a feira de artesanía musical na que participarán mestres de Galicia, como Carlos Collazo, de Portugal, como Paulo Meirinhos e de Castela, como Víctor Barral.

Actuación estelar
As oito da noite o centro social de Caixanova acollerá o concerto estelar do encontro porque xuntaranse o grupo galego Leilía, xunto co iraní Massud Naderi e Barbod e o exipcio Mahamed el Sayed, dous grandes mestres percusionistas da música oriental. O Centro Galego de Música Popular, entidade organizadora do evento, elixiron estes dous países porque neles é onde se atopan «as tradicións máis ricas e tecnicamente máis complexas» do mundo do pandeiro.
O sábado, as dez da mañá no museo da Pontevedra, haberá o obradoiro «fai o teu pandeiro». O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución orixinal de Perfecto Feijoo, co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904, e que permanece conservado no museo.
Ás once da mañá, na praza da Ferrería, o mestre exipcio Mohammed el Sayed estará na Haima Duf onde compartirá conversación e té cos interesados na súa realidade.

As Tanxedoras
Este festival cultural tamén servirá para que un novo grupo de folk galego presente en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico. O evento será á unha do mediodía.
O sábado rematará co evento Serán Urbano, todos os que dispoñan dunha pandeireta poderán achegarse á Ferrería a panderetar nun concerto aberto, no que participarán futuras promesas da Aula de Folque Infantil de Pontevedra e tocadores afeccionados e experimentados da comarca pontevedresa.

Este encontro rematará o domingo cunha master class dirixida por Felisa Segade na Casa das Campás. A continuación, Segade ofrecerá un concerto que poñerá o broche final a este encontro cheo de tradición e raíces culturais.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Farto, xa conta con dezasete versións dentro do concurso de Mesturas de Lamatumbá

A 15 días do remate do concurso de mesturas de Lamatumbá, a redacción de PAI Música leva recibido xa dezasete versións do tema "Farto" incluído no último disco da banda ourensá.

PAI Música e Lamatumbá séntense sorprendidos e agradecidos ante a acollida do concurso e o seu espallamento pola rede, que fixo posible que o primeiro tema chegara dende a mesma Arxentina do outro lado do atlántico.

Polo de agora as versións tocan distintos xéneros, dende a electrorumba de Davidmorales ata os ritmos latinos do cubano de Marcos de Paz.

Dende PAI Música e en nome de Lamatumbá, queremos agradecer a acollida desta iniciativa que fai que nos síntamos en plena forma para impulsar novas formas de acercar os nosos artistas a todo o público e así mesmo que este último poda participar.

Podedes escoitar todos os temas na web de PAI Música

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Milladoiro
A Quinta das Lágrimas

O novo disco de Milladoiro estará á venda a partir do 24 de novembro.

Concertos de presentación

25 de novembro A Coruña
Teatro Colón
Artista invitada: Mafalda Arnauth

17 de decembro Vigo (Pontevedra)
Teatro do Centro Cultural Caixanova 20:30 h.
Artista invitada: Mafalda Arnauth

27 de decembro Ribadumia (Pontevedra)

www.milladoiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco do trío Vaamonde, Lamas & Romero

Xa na rúa do disco "Vellas Artes" do trío Vaamonde, Lamas & Romero

www.vaamondelamaseromero.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-11-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Roi Casal
Roi Casal lanza ao mercado o seu primeiro disco: Lendas Douradas

A música tradicional, a poesía e a vangarda dun estilo musical ligado a Galicia fusiónanse en Roi Casal dunha forma natural e harmónica, sen imposicións e sen modas.
Nace así Lendas Douradas, resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI.
Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo, o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, sendo froito dun coidado estudo da música tradicional, medieval e da poesía galega onde se aposta polo idioma galego como soporte fundamental.

O traballo que presenta PAI Música, é a síntese do que buscamos nos nosos proxectos:
Frescura, profesionalismo e ambición musical. Debido a isto, os vieiros que levamos trazando e o que vén de iniciar Roi Casal, crúzanse e compleméntanse nunha simbiose que fai medrar a ambos.

Dende o ano 2000 Roi Casal forma parte de Milladoiro, o grupo mais recoñecido internacionalmente do folk galego, e debido ás súas inquietudes artísticas e creativas sente a necesidade de exportalas e facerse un lugar con nome propio.

En definitiva, Pai Música comprácese de presentar Lendas Douradas, esencia do que somos, do que facemos e do que cremos. Un disco galego deste século para unha nova xeración de cidadáns universais. Contemporáneo, xenuíno e con pequenos tintes de pop.

Roi Casal é o que acaba de conseguir con este traballo, pasar a ser unha lenda dourada. A súa capacidade na composición e o seu talento na interpretación fai que teñamos ante nós a un artista que aínda que xa teña unha experiencia e unha carreira consolidada, non esquezamos que pertence a Milladoiro, é unha fonte viva e que perdurará coas maxistrais cancións que desarrollará na longa traxectoria en solitario que acaba de comezar.

Videos e canciósn en:
www.pai-musica.com

Temas:
1.- Ninfas das frescas augas
2.- O voso cantar
3.- Noite de San Xoan
4.- Baixo A túa sombra
5.- Fandango
6.- Din dan
7.- Inimigos
8.- Por ti
9.- Dat insignem viam
10.- Recordos da infancia
11.- A revolución
12.- Tecín soia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 12-11-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Escándalo na Consellaría de Medio Ambiente
Prevaricación?
Teñen medo ao Ecoloxismo?

Unha federación ecoloxista recentemente creada lévase a metade das axudas
A Fegama recibe 610.000 euros porque Medio Ambiente cambiou o concurso


Chámase Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), naceu en novembro de 2007 e xa recibe a metade dos preto de 1,2 millóns de euros de subvencións que reparte a Consellería de Medio Ambiente para 2008 e 2009. A organización, que se desmarca do "ecoloxismo fundamentalista", agrupa a 30 asociacións locais de toda Galicia e conta entre as súas filas con persoas vinculadas a Unións Agrarias, o sindicato agrario de UGT. A Fegama puido solicitar as axudas porque a consellería cambiou os requisitos da anterior convocatoria, publicada en 2007. Entón primaba a antigüidade das agrupaciones e a súa actividade durante os últimos dous anos, uns criterios que o departamento do socialista Manuel Vázquez retirou.

O selo agrario de UGT
Medio Ambiente deu un envorco ao sistema de reparto de subvencións que aprobou en decembro de 2006. De primar "as actividades desenvolvidas nos dous últimos anos", a "antigüidade", a "experiencia en accións similares" e o número de voluntarios que se mobilizan, o departamento de Vázquez pasou a pedir como requisitos o "proxecto de actividades que se realizarán", unha "previsión de gastos e ingresos" e o "número de entidades federadas".

Este último cambio ha reportado á Fegama un importante ingreso de axudas públicas. A convocatoria deste ano reserva por primeira vez unha modalidade de subvencións destinada en exclusiva ás federacións de asociacións ambientais, unha condición que só cumpren en Galicia a Fegama, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Federación Galega de Micoloxía. No reparto favorécese o número de asociacións integradas, un aspecto no que a entidade nada fai un ano gaña por goleada, xa que integra a 30 colectivos fronte aos 16 da FEG ou as 15 da federación micolóxica. A distribución dos 103.000 euros de diñeiro público deste apartado realízase así: 99.000 van parar á federación recentemente constituída e 828 á FEG.

Ademais destes 99.000 euros para investimentos en material e traballo de campo, a Fegama recibe outros 60.000 para gastos de funcionamento e 20.000 para actividades. Se a estas cantidades súmanse os 432.000 euros que ingresan as súas asociadas individualmente, a federación percibe uns 610.000 euros. Medio Ambiente subvenciona á outra federación, a FEG, e os seus grupos cuns 50.000 euros e á suma de asociacións independentes, cuns 500.000. Adega non recibe diñeiro porque, segundo a consellería, presentou a solicitude fóra de prazo.

Entre a convocatoria de 2007 e a deste ano as relacións do conselleiro co ecologismo tamén deron un xiro. As protestas das organizacións contra a súa política ambiental, sobre todo tralo impulso do plan de piscifactorías, recibiron un duro contrataque por parte de Vázquez. Trala manifestación que congregó en febreiro a 5.000 persoas en Santiago, o socialista asegurou que estas organizacións "non representan á sociedade galega", senón que defenden "intereses particulares". O conselleiro dixo de Adega que é un "salvapatrias barato" e da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra que fai "política amarela".

A Fegama se desmarcará do resto de asociacións. O seu secretario xeral, Miguel Acuña, que foi durante anos responsable técnico da asociación forestal de Unións Agrarias, explica que a federación foi creada "para ter máis forza mediática" e que "escapa do ecologismo fundamentalista". Un portavoz de Medio Ambiente defendeu onte a "objetividad" da convocatoria e xustificou o cambio dos criterios na necesidade de "estimular o movemento asociativo ecoloxista" e acabar cos "monopolios". A FEG, que integra a Adega, Verdegaia ou a Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra, acusa a Medio Ambiente de "amañar a convocatoria para favorecer un ecoloxismo a medida".

A dirección e representación da Fegama está en mans de dous técnicos de Unións Agrarias (UU AA) que, segundo a federación, romperon xa a súa vinculación co sindicato agrario de UGT. Miguel Acuña Garaboa, secretario xeral da entidade, foi durante anos responsable técnico de Asefoga, asociación forestal vinculada a UU AA; mentres que María Luz Eyo Gestoso exerceu como técnica ambiental do sindicato. A presenza de persoas de UU AA na federación esténdese polas asociacións que a integran. Representante da Asociación Naturista dá Comarca de Ortegal é Rosa Carrodeguas, secretaria do sindicato en Ortegal; Verónica Rodríguez Vicente é portavoz da Asociación Medioambiental Ou Rosal e técnica de Asefoga; Rosa Cobas representa á Asociación Medioambiental Comarca do Deza e a UU AA para o desenvolvemento do Plan Leader, unha dobre representación que compaginan Angel Rodríguez Mirás (Asociación Medioambiental Terra de Melide) e Alejandro Neto Martínez (Asociación Medioambiental Compostela).

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Lugo estrea o primeiro centro de ensino de música e danza dos gaiteiros galegos
A música e danza tradicional galega chega a Lugo da man da Tradescola. Será o primeiro centro de ensino neste ámbito creado institucionalmente e xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. O obxectivo final que persegue é formar aos futuros profesores e conservar, deste xeito, un patrimonio cultural propio.

A presentación do centro celebrouse este xoves nun acto ao que asistiron o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; a delegada da Consellería de Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez Pazos; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao; e o secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xoán Manuel Tubío.

Na súa intervención, Rubén Cela afirmou que a escola lucense será "referente galego" en formación de músicos tradicionais e adiantou que, no futuro, é posible que se cren máis Tradescolas noutras provincias baseándose neste primeiro proxecto. Para o director xeral da Xunta é unha iniciativa que mostra a boa relación existente entre as distintas administracións á hora de servir á sociedade.

Na mesma liña, Bao sinalou que se trata dun proxecto cultural esperado e necesario desde hai moito tempo en Lugo que vai estar ao servizo de moitos galegos. Ademais, destacou a calidade do equipo de profesionais que impartirán as clases e destacou o feito de que a xestión a leve unha entidade asociativa sen ánimo de lucro con máis de vinte anos demostrando o seu compromiso co país.

Branca Rodríguez situou a Tradescola no complexo residencial xuvenil Lug II, onde contará con catro aulas para as sesións formativas, unha sala de reunións e un despacho de administración. Sobre a xestión falou Xosé Manuel Tubío quen advertiu que o prazo de matrícula xa está aberto e que as clases comezarán o luns 17 de novembro.

O prezo por curso lectivo será de noventa euros por materia para os socios e de 120 para o resto. Haberá unha "tarifa plana" de 200 euros para aquelas persoas que decidan anotarse para a aprendizaxe de varios instrumentos. Poderán inscribirse persoas de todas as idades, sempre que superen os sete anos, en niveis de iniciación e perfeccionamento.

Un total de nove profesores de recoñecido prestixio impartirán en horario de tarde clases de zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandereita, percusión, requinta, linguaxe musical e de etnografía e investigación.

Tubío indica que o centro especializado ofrecerá unha formación integral cunha proposta educativa estruturada tanto en música como en baile tradicional. Hai tempo que era necesaria unha Tradescola, comentou, pois en Galicia existen 24.000 alumnos, 800 profesores e 700 centros de ensino diversos pero non unha formación integral e completa en música tradicional galega.

www.galiciae.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista sobre a Tradescola
BRUNO VILLAMOR: Graduado superior de gaita polo Conservatorio de Música de Vigo, Bruno Villamor atrévese a ser profesor na primeira Tradescola que se pon en marcha en Galicia co apoio das institucións.

¿Cal é o obxectivo principal da Escola?
Trátase de ofrecer unha formación integral en música tradicional e non só a tocar a gaita.

¿A que tipo de persoas recoméndalles aprender a tocar este instrumento?
A todas as que estean interesadas e gústelles. É un instrumento que representa a cultura musical de Galicia. É un símbolo.

Moitos relacionan as gaitas coas romerías, ¿cre que é un instrumento só para estas ocasións?
Para nada. A gaita está á altura de calquera instrumento de música clásica. É máis, eu penso que a música tradicional está máis preto da xente que a culta porque hai máis compositores e artesanos achegándoa ao público.

¿Como cambiou a gaita co paso do tempo?
Varios cambios técnicos conseguiron melloras en afinación. Isto facilita que, na actualidade, compóñanse numerosas obras para gaita e piano, entre outras novidades.

MARÍA LUISA DAPEREIRA:
Con dez anos, María Luisa Dapereira comezou os seus estudos musicais aprendendo a tocar o acordeón e o piano. Quedou atrapada polo primeiro instrumento e agora é profesora.


¿Seguro que o acordeón é un instrumento tradicional galego?
Pasou a selo co paso do tempo. A principios do século XX xorde en Galicia un novo tipo de agrupación musical, as murgas, que, coa gaita como protagonista, contan con distintos instrumentos como o clarinete, flautas varias, percusión e o acordeón, entre outros. Foron formacións distintas ao tradicional cuarteto que revolucionaron o panorama.

¿Tamén se formarán agrupaciones musicais na Tradescola?
A nosa intención é facer desde o principio pequenas formacións mixtas para que coñezan as vantaxes de tocar en grupo e favorecer unha educación integral.

¿Como definiría ao acordeón?
É un vento polifónico. Para min foi un amor a primeira vista. Desde pequena gustábame como soaba e empecei a tocalo porque era abrazable.

¿A quen lle recomenda aprender a tocalo?
A todo aquel que lle interese, porque a música ten que gustar.

www.galiciae.com
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
4ª edición do Día do Peón.
O vindeiro 11 de novembro Brinquedia convoca a 4ª edición do Día do Peón.

Despois da grande repercusión que tivo nos 3 anos anteriores (acadando arredor de 12.000 participantes na edición do ano pasado), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais, diríxese esta convocatoria non só aos centros de ensino (nomeadamente os maiores organizadores desta campaña), senón a concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño (11 de novembro) e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.

MANIFESTO DÍA DO PEÓN 2008

Para ese día (11 de novembro) ás 12 da mañá, proponse a leitura dun Manifesto (que será publicado nos próximos días) e a concentración de nenas, nenos e persoas maiores, coa finalidade de bailar milleiros de peóns en diferentes escolas, prazas públicas e/ou espazos cubertos do noso país.

www.xogospopulares.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-11-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Renovado compromiso a prol da recuperación do traxe galego

A Asociación do Traxe Galego convoca a XIV edición do Premio de investigación "Antonio Fraguas" sobre o traxe tradicional galego. Este galardón, o único destas características que existe en Galicia, supón un importante recoñecemento a aqueles que traballan a prol da recuperación e do coñecemento do traxe galego.

A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, presentaron esta nova edición do Premio. Como en anos anteriores, haberá dous agasallos: un para os traballos descritivos, cunha dotación de 600 euros, e outro para os analíticos, con 1.200.

Como en cada edición que se presenta este Premio, Pilar Domínguez volveu a amosar todo o seu entusiasmo na defensa do traxe galego. Recordou como foi no século XIX cando se comezaron a adornar os traxes e que, na actualidade, ese embelecido de pedrería é unha das características distintivas do noso traxe respecto ao doutros lugares. Expresou o "cariño e orgullo" con que se realizan estes traxes e con que se locen, e o seu "abraio" por ver a tanta xente nova levándoos.

Pola súa parte, Socorro García Conde felicitou á Asociación do Traxe Galego o seu traballo para "afondar no coñecemento das nosas tradicións e nas razóns que as promoveron". Comprometeuse a seguir apoiando "con todas as nosas forzas" este labor.

Descritivos e analíticos
Á hora de valorar os traballos, o xurado distinguirá as dúas categorías apuntadas. Os descritivos son aqueles que, recuperando traxes, especificarán cuestións como a materia na que están feitos, o lugar onde se atoparon e no que están actualmente ou a época da que son. Os traballos analíticos achegarán máis elementos de investigación sobre a súa procedencia e elaboración, e mesmo sobre as crenzas e valores relacionados co traxe e a súa influencia en ámbitos relixiosos, económicos, políticos ou sociolóxicos.

Os traballos, en lingua galega, remitiranse á sede da Asociación do Traxe Galego (avenida de Coimbra, 2 baixo). A data límite é o 30 de novembro. Un xurado integrado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito do folclore, da antropoloxía e da investigación do traxe elixirá os gañadores. Os premios entregaranse nun acto que se celebrará no Salón Nobre de Raxoi.

Bases

www.santiagodecompostela.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
O Patrimonio Inmaterial está vivo
IVÁN AREA Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo

O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, é o coordinador do Proxecto Ronsel para a salvagarda e posta en valor do patrimonio inmaterial cultural, unha iniciativa na que participan as tres universidades galegas e conta co patrocinio da Consellería de Cultura, a Consellería de Innovación e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Iván Area é matemático e vén da Escola de Teleco, pero ademáis é músico (aínda que agora non ten moito tempo é un virtuoso da gaita) e é unha persoa preocupada pola cultura tradicional dende hai anos.

¿Por qué as universidades galegas saen ao rescate do patrimonio inmaterial en Galicia?
Eu non diría que saen ao rescate, eu falaría de salvagarda e posta en valor do patrimonio inmaterial, son conceptos moi distintos. Pensamos que o noso patrimonio ten unha potencialidade moi ampla en distintos campos e por este motivo se asina este convenio.

No caso de que as institucións non deran este paso, ¿o patrimonio inmaterial correría perigo de perderse?
Aquí hai un tema que hai que deixar claro, o patrimonio inmaterial sempre estivo vivo na sociedade civil, en asociacións, en persoas físicas, entidades xurídicas, e aí é onde transcorre o seu ciclo de vida. Neste momento o único que se fai é asinar un convenio coas universidades para desenvolver determinadas actuacións. Eu penso que este feito de ter un paraugas para dar acubillo a moitas iniciativas é moi importante. Ademáis de esto, as universidades tamén teñen un papel moi interesante no que é o deseño de estratexias a seguir para traballar nesta liña. Hai un traballo intelectual propio das universidades moi importante.

Parece que sempre estemos falando do último cesteiro, do último afiador, como que é algo que vai morrer se non facemos nada.
Non, este discurso está moi superado. Nun periodo como estamos, de crise, debemos reflexionar máis. O papel das universidades é moi importante en periodos como éste onde agroman as mellores ideas e xorden iniciativas como ésta que ten que ver con cómo có patrimonio inmaterial podemos ter unha sociedad máis sustentable. Esa é realmente a esencia, hai moitos preconceptos que levan a malinterpretar.

¿Cáles serían esos preconceptos dos que fala?
Por exemplo, asociar o patrimonio inmaterial únicamente ao rural. Nada máis lonxe da realida de, o patrimonio é un continuo, agora temos prácticas que xa son patrimonio de todos nós e que tamén se desenvolven na sociedade urbana, é un continuo.

Di vostede que a Universidade ten interés en facerse máis presente na sociedade e que é unha das razóns desta aposta.
A Universidade ten que estar inxerida na sociedade, de moitas fomas. Por exemplo, cos convenios coas empresas, levamos máis de 9.000, coas cátedras e aí seguimos sendo un referente absoluto, por suposto socialmente tamén é importante a movilidad de estudantes que xa o dixo a CRUE que estamos moi ben posicionados, e eu tamén entendo que é tamén a relación co mundo das asociacións. Este tipo de proxectos axudan a que haxa unha comunicación.

¿Cáles son os ámbitos do patrimonio inmaterial nos que decidiron traballar?
Traballamos nos cinco ámbitos nos que a Unesco divide o patrimonio inmaterial (tradicións e expresións orais; artes do espectáculo; usos sociais, rituais e actos festivos; coñecemento e usos relacionados coa natureza e o universo; técnicas artesanais tradicionais). Entra prácticamente todo o que constitúe quén somos e ónde queremos chegar. Volvo a falar non sólo do pasado senon do futuro, de utilizar o patrimonio para a sociedade. Aí entran o que son as tradicións orais, alguén pode decir ’e que sólo temos as regueifas’, pero está actualizado o discurso no hip-hop, eso é patrimonio. Temos as artes do espectáculo, preferiría chamarlle artes da representación, entra a música tradicional máis tamén o que se está producir nun debate de actualización. Por exemplo temos as técnicas artesanais tradicionais, que son os oficios, algúns se poden actualizar e outros formarán parte da etnografía e a antropoloxía.

No caso de Vigo xa houbo outra iniciativa do proxecto Ronsel, que foi unha lectura de contos en castelán, galego, inglés e francés no acto de benvida aos erasmus, e que logo editouse nun libro.
Estas cousas son arriscadas, pero ver aos estudantes extranxeiros lendo con interés o libro foi moi satisfactorio. O que fixemos foi unha escolma de contos para que os estudantes poidan coñecer algo máis de nós. Aí entra outra parte importante da nosa concepción da cultura tradicional, que a cultura é de todos, por tanto todo o traballo que facemos está a disposición de calquera en internet. Foi curioso no acto de benvida aos erasmus que unha alumna, ao ver o libro, dixo que ela falaba sete idiomas e que a partir do segundo todo é maís fácil.

¿Que atoparán os visitantes na II Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial que acaban de abrir en Ourense?
Van percibir a viveza de moitísimas manifestacións culturais, a posibilidade de participar en actividades que forman parte da nosa identidade colectiva. O programa ten unha parte moi participativa: se pode traballar o barro, traballar a forxa, y no sólo actividades deficitarias económicamente, porque o traballo dos ourives o un constructor de violins tamén é patrimonio e asóciase con ventaxe competitiva, tamén haberá un luthier, un torneiro facendo unha gaita, xoguetes tradicionais, xogos, un poteiro destilando augardente, olería, un afiador. Ten unha parte moi dinámica, moi interactiva. Pero unha universidade tamén ten que apostar por un discurso máis especializado e hai conferencias dos mellores especialistas que puideron vir. Pola noite esto se completa con música, aí colaboramos coa asociación de gaiteiros galegos. En paralelo aínda que nos entendemos que o patrimonio está vivo, sí temos exposicións físicas, como este ano é en Ourense hai unha mostra dos instrumentos que construiu de Faustino Santalices, que é un dos máximos exponentes da recuperación da gaita e da zanfona. Tamén sobre ferramentas do afiador e sobre o Antroido que en Ourense é importante. Calquer persoa pode ter un interese de facer cousas e pode ter un interese intelectual.

www.atlantico.net
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Rebelión de ritmo e verso
Rap e regueifa se alían para fomentar o galego entre a mocidade

"Cando os americanos chegaron ao rap, aquí xa había retranca, picardía, enxeño", lanza Pinto d'Herbón ao grupo de adolescentes que acoden os sábados desde outubro ao curso de rap e regueifa. Organizado pola Concejalía de Mocidade da Coruña, o seu ánimo é o de fomentar o galego entre a mocidade a golpe de versos e ritmo con dous estilos musicais diferentes e á vez parecidos.

As orixes son similares, aínda separados por séculos de distancia: a regueifa, un ancestral arte de facer cantigas populares con poesía improvisada, cheo de ironía e sarcasmo, naceu en Galicia das clases máis desfavorecidas e analfabetas que fixeron da oratoria un arma para arremeter contra o sistema, os curas e os políticos. "Igualito que o rap, que saíu do Bronx máis pobre", apunta D'Herbón.

Xunto ao seu colega Luís Ou Caruncho, culminarán este taller o día 22 de novembro cunha clase final e conxunta con Serxio García, do grupo galego de hip hop Deus ke che crew. Non é a primeira nin a última colaboración destes dous regueifeiros profesionais co rapero de Ordes. Os tres protagonizan o documental Da regueifa ao rap de Alicerce Faxil e Helena Villares, estreado a semana pasada en Santiago.

Hai unha conexión evidente entre as súas artes, por moito que unha proceda da tradición e a outra de tempos modernos. Ou pese a que o rap, de ritmo libre con provocadora letra recitada, resulte moito máis fácil que a regueifa. Esta require non só ter o don da ironía e do sarcasmo, senón o de improvisar en cuartetas, é dicir: compoñer catro versos de oito sílabas, dos cales deben ser asonantes o segundo e o último.

"É difícil", corroboran os novos asistentes a este curso. Este sábado, tiveron que "facer controversia" en versos sobre o botellón. Uns regueifaron a favor coas palabras ligar, barato, compartir, garrafón e outros se opuxeron con rimas sobre o alcoholismo, o descontrol, as meadas, os vómitos e a desorde. Os adolescentes que seguen preferindo o rap, aseguran, aínda que descobren con curiosidade e asombro a regueifa, destacan Aldán e Samuel.

Este último marabillouse ao aprender por boca do seu avó que procede de Ponteceso, terra de "grandes regueifeiros" aínda hoxe. Ou ao descubrir como naceu a regueifa, un pan para as vodas polo que combatían, coa palabra e os versos, dous homes. "Improvisaban unha controversia, sempre aceda, e o que se quedaba coa última cuarteta, decidía o reparto do pan e levábase os mellores anacos", relata Samuel.

Pinto D'Herbón, que xa leva tempo dando con O Caruncho obradoiros en institutos, asegura que pese á dificultade, xorden regueifeiros. O éxito do primeiro concurso desta "poesía controvertida", fai ano e medio en Vigo, coa participación de mil estudantes de Secundaria do sur de Pontevedra demostrou "que hai canteira". "As mellores son agora as rapazas, moito máis botadas para adiante".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comezo da nova tempada de Alalá

Hoxe, luns, día 10/11/2008

TVG ás 21:35

Especial Seráns

"ALALÁ" retoma a temporada facéndonos unha proposta moi propia destas datas, pois esta noite vannos convidar a todos a unha festa, pero daquelas que se celebraban nas aldeas hai décadas durante os meses de inverno, cando baixaban as temperaturas.

Este tipo de reunións en que a xente se reunía para cantar e bailar podía ter nomes diferentes segundo a zona, pero neste caso imos descubrir os Seráns que se facían no sur da provincia de Pontevedra, concretamente estaremos na parroquia da Ermida, en Pazos de Borbén; pasaremos por San Vicente de Oitavén, en Fornelos de Montes, e chegaremos a Aboal, no concello de Mondariz. Grazas a que os seráns se volveron poñer de moda asegurando que o proceso de transmisión da tradición funciona, cando se xuntan todas as xeracións, coñeceremos hoxe o divertimento propio dunha época que cos anos foi esmorecendo pouco a pouco. Pero as ganas dos veciños de contar todas as andanzas dos seus anos mozos segue viva e neste primeiro "ALALÁ" da nova temporada estarán todo os protagonistas, quen viviu os seráns e quen axudou a recuperalos, neste caso, o investigador de todo este proceso, Luís Prego, que supuxo moitas horas e días escoitando con ansia e agarimo a todos os veciños.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2008 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado das IX Xornadas de Danza e Música Tradicional

Resultado das IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia, que tivo lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova o domingo 9 de novembro.

PREMIOS:

1º premio: 1.500.- € medalla e diploma
- Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira

2º premio: 900.- € " "
- Asociación Cultural "Tangaraño" de Mos

3º premio: 600.- € " "
- Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela;

4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 €
... Desertos por falta de participantes

Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.
- Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela;

O xurado valorou de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e tivo como base fundamental os seguintes criterios:

- Calidade artística dos bailarins/as,
- Grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado,
- Valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estivo formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,director do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuou como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.

Comentarios (23) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-11-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VI Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VI Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.


O vindeiro sábado 29 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Albergue de Sabucedo (A Estrada). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,30h. Recibimento no Albergue de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra): www.alberguedesabucedo.com

-21,30h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño mencía, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. ¿? Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Fitoria (La Pola Siero-Asturies).

-Os Muíños de Oliveira (Ponteareas-Galiza).

-¿¿??h. Festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Inscricións.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 21 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanza_transeu@hotmail.com.

Prezos e pagamento.
-Cea máis aloxamento e almorzo no Albergue: 40 Euros.

-Só cea: 25 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a.

Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Nota: se preferides durmir en Hostal, podedes reservar persoalmente praza nos Hostais Forga de Cerdedo (Tlf. 986 753 038) ou Novo París de Forcarei
(Tlf. 986 754 134), ambos a 10 minutos de Sabucedo.


2u Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

El prósimu sábadu 29 de Payares, fiesta escomanada ya convivencia astur-galaica nel Albergue de Sabucedo (A Estrada). Veníi toos ya toes a compartir migayines de cultura pente pueblos hermanos, de la manu de pelleyes ya ruxideres ya los vieyos cantares de les nueses cantantes que mos pondrán a baillar ya armar folixa dica'l ñacer del día.

Programa.
-20,30h. Recibimientu nel Albergue de Sabucedo (A Estrada):
www.alberguedesabucedo.com

-21,30h. Cena-confraternización a base de produtos del país (cocido galego, bon vinu mencía, postre, café...).

-23,30h. ¿? Actuación de los grupos de pandereteres:

-Pandereteres de Fitoria (La Pola Siero-Asturies).

-Os Muíños de Oliveira (Ponteareas-Galiza).

-¿¿??h. Fiesta escomanada dica l'alborecer (polo menos!!).


Inscripciones.
-Unviar datos personales (nome ya apellíos, teléfonu, e-mail de contautu) ya mou de pagu elexíu (en cuenta o en manu el mesmu día) enantes del día 21 de Payares a les señes lletróniques:
xuntanza_transeu@hotmail.com.

Precios ya mou de pagu.
-Cena más agospiu na Casa de Turismo Rural: 40 Euros.

-Sólo cena: 25 Euros.

Ingresu na cuenta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Alcuentru” o “Encontro” ya mail o nome del pagador/a.
Non escaecer trayer el resguardu de pagu el propiu día del Alcuentru.

Nota: se preferís dormir en habitación individual, podéis reservar agospiu personalmente nos Hostales Forga de Cerdedo (Tlf. 986 753 038) o Novo París de Forcarei (Tlf. 986 754 134), ambos a 10 minutos de Sabucedo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-11-2008 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Ouvirmos busca artistas para un novo proxecto musical
Ouvirmos e a productora Control Z organizan un casting co fin de seleccionar artistas para un novo proxecto musical e multimedia dirixido ao público xuvenil.

Os mozos e mozas que queiran formar parte desta aventura deberán cumprir os seguintes requisitos: ter entre 18 e 25 anos e saber cantar e/ou bailar.Aquelas persoas que teñan este perfil e desexen participar na selección, deberán enviar antes do 14 de novembro un vídeo ─cunha duración non superior aos dous minutos─ xunto aos seus dados persoais ao enderezo ftp:

Sevidor: ftp.ouvirmos.com
Usuario: videocasting
Contrasinal: video2008casting

www.ouvirmos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-11-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros do V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao
Aberto o prazo de matrícula para obradoiros en DUF, V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

Serán dous obradoiros que terán lugar dentro de DUF, o festival que aCentral Folque está a argallar na cidade de Pontevedra o vindeiro fin de semana o 14, 15 e 16 de novembro.

Esta será a V edición do Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, unha cita que reúne diferentes actividades ao redor desta familia de instrumentos que levan na tradición musical galega máis de 1000 anos.

Serán actos escénicos, pedagóxicos e divulgativos en diferentes localizacións do centro de Pontevedra pero a actividade estará centrada na praza da Ferrería.

Entre as actividades que se anunciarán en breve, os obradoiros con límite de praza que se ofertan son:

- Pandeireta galega con Felisa Segade:
Domingo 16 novembro na Casa das Campás. De 10 h a 13 h
30 €


- “Fai o teu pandeiro!” O artesán Carlos Collazo (do Viso) dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución do orixinal de Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904- conservado no Museo de Pontevedra.
Sábado 15 novembro novo edificio do Museo de Pontevedra. De 10 h a 13 h
100 € (inclúe material)


Para inscribirse dirixirse a matricula@folque.com ou no teléfono 881 031 829.

Non hai reserva de prazas, a matrícula será por orde de inscripción.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-11-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense)

PROGRAMA

SÁBADO 8 (de 10:30 a 00:30 h)

MAÑÁ, obradoiros de 10:30 a 14:00 h
Olaría (Agustín Vázquez, Niñodaguia, Ourense).
Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo).
Lutharía (Xaneco Tubío, Outeiro de Rei, Lugo).
Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña).
Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo-Balcaide, Teo, A Coruña).
Obradoiro de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra; e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
Obradoiros de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia.
Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra).
Construción en barro e adobo (Guido Tomasini, Vilarmide, A Pontenova, Lugo).
Oleiro (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo).
Afiador tradicional (Armando, San Xoán de Río, Ourense).
Na Cabana das Palabras:
Primeiras Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica, organizadas polo CRAEGA nas que colabora a Consellería do Medio Rural.
Actuacións no escenario principal:
- Manuel Viqueira (gaiteiro de Ordes, A Coruña) e José Torres (tamborileiro de A Coruña).
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).


TARDE, continuación dos obradoiros da mañá, de 17:00 a 19:30 h
Na Cabana das Palabras:
16:00 a 18:00 h Emisión en directo do programa Lume na Palleira da Radio Galega.
18:00 a 18:30 h Acto de inauguración oficial da mostra
18:30 a 19:00 h Francisco Javier Limia Gardón. “Antón Faílde e Xosé Cid: memoria artística de dous escultores de Ourense”.
19:00 a 19:30 h Ángel López Domínguez. “Aproximación á análise dun oficio artesanal tradicional: O Prateiro”.
19:30 a 20:00 h Félix Castro Vicente. “Os Ciprianillos e libros infernais en Galicia”.

NOITE, de 20:30 a 00:30 h
Festival de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG):
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
- Ludovaina (cuarteto tradicional do Morrazo, Pontevedra).
- Tanxedoras do Pandeiro (Vigo, Pontevedra).
- Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
- A Requinta de Xián (comarca da Ulla, Boqueixón, A Coruña).

Durante estas actuacións poderase asistir e degustar a queimada feita coas augardentes destiladas polo noso poteiro.
Actuacións ao longo do día polas rúas e a carpa:
- Folión “A Caniceira” de Trives (Trives, Ourense).
- Manuel Viqueira (gaiteiro de Ordes, A Coruña) e José Torres (tamborileiro da Coruña).
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro da Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
- Antroido de Laza (Laza, Ourense).
- Antroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo).


DOMINGO 9 (de 10:30 a 20:30 h)

MAÑÁ, obradoiros de 10:00 a 14:00 h
Olaría (Agustín Vázquez, Niñodaguia, Ourense).
Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo).
Lutharía (Xaneco Tubío, Outeiro de Rei, Lugo).
Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña).
Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo-Balcaide, Teo, A Coruña).
Obradoiro de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra; e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
Obradoiros de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia.
Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra).
Construción en barro e adobo (Guido Tomasini, Vilarmide, A Pontenova, Lugo).
Oleiro (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo).
Coroceiro (Alejandro Regal, Carballedo, Lugo).
Coroceira (Concha de Cernedo, A Barcia, A Lama, Pontevedra).
O proceso do Liño. Colectivo de mulleres de Parada de Outeiro (Vilar de Santos, Ourense).

TARDE, continuación dos obradoiros da mañá, de 17:00 a 19:30 h
Na Cabana das Palabras:
17:30 a 18:00 h Xosé Manuel González Reboredo. “O Instituto de Estudos das identidades (Museo do Pobo Galego):
conservación e difusión do noso patrimonio oral”.
18:00 a 18:30 h Xosé Carlos Sierra. “O concepto de patrimonio inmaterial: un debate necesario”.
18:30 a 19:00 h Elías Torres. “Patrimonio e cohesión social”.
19:00 a 19:30 h Julia Varela. “Urxe coidar a riqueza material e inmaterial do rural”.
19:30 a 20:00 h José Cuevas. “Da tradición á modernidade na castaña”.
Durante todo o día actuarán na mostra algúns dos mellores músicos e bailadores tradicionais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal:
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
- José Marentes (gaiteiro de Santa Xuía, A Fonsagrada).
- César Fernández (trompeiro de Queixoiro, A Fonsagrada).
- Veciños/as de Limiñoa, bailadores/as de muiñeira vella da Costa da Morte (Ponteceso, A Coruña).
- Treboadas de Tomiño (Tomiño, Baixo Miño, Pontevedra).


LUNS 10 (de 10:30 a 00:30 h)

MAÑÁ, obradoiros de 10:30 a 14:00 h
Olaría (Agustín Vázquez, Niñodaguia, Ourense).
Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo).
Lutharía (Xaneco Tubío, Outeiro de Rei, Lugo).
Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña).
Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo-Balcaide, Teo, A Coruña).
Obradoiro de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra; e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
Obradoiros de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia.
Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra).
Construción en barro e adobo (Guido Tomasini, Vilarmide, A Pontenova, Lugo).
Oleiro (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo).
Obradoiro de regueifas: Luís Correa “O Caruncho” e “O Pinto de Herbón”.

TARDE, continuación dos obradoiros da mañá, de 17:00 a 19:30 h
18:00 a 19:00 h Obradoiro de xogos bailados por Luís Prego.
Na Cabana das Palabras:
17:30 a 18:00 h Fátima Braña. “Liñas xerais para o coñecemento do patrimonio cultural vitivinícola”.
18:00 a 18:30 h Anselmo López Carreira. “Martiño de Dumio e Ourense”.
18:30 a 19:00 h Faustino Santalices. “Faustino Santalices e a súa obra”.
19:00 a 19:30 h Xoan Carlos Carreira. “O presente da agricultura tradicional ou non profesionalizada en Galiza”.

NOITE, de 20:30 a 00:30 h
Festival de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG):
- Henrique Carregal (Gaiteiro de Melide, A Coruña).
- Juanjo Fernández (Gaiteiro de Lugo).
- Tres Estralos (romances e cantos) (Redondela, Pontevedra).
- Pai da Cana (murga) (Poio, Pontevedra).
- Tanto nos ten (quinteto) (Redondela, Pontevedra).


Durante estas actuacións poderase asistir e degustar a queimada feita coas augardentes destiladas polo noso poteiro e a un obradoiro de baile tradicional impartido por Luís Prego (de 21:00 a 22:00 h).
Durante todo o día actuarán na mostra algúns dos mellores músicos e bailadores tradicionais da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal:
- A Música de Vilar (Murga da Limia, Ourense).
- Enrique Carregal (Gaiteiro de Melide, A Coruña).
- Coplas de cego por Carlos do Viso (O Viso, Redondela, Pontevedra).


MARTES 11 (de 10:30 a 00:00 h)

MAÑÁ, obradoiros de 10:30 a 14:00 h
Olaría (Agustín Vázquez, Niñodaguia, Ourense).
Forxa (Oliverio Álvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo).
Lutharía (Xaneco Tubío, Outeiro de Rei, Lugo).
Construción de instrumentos musicais vexetais (Emilio Lois, A Baña, A Coruña).
Torneiro (Oli Xiráldez, Cascandelo-Balcaide, Teo, A Coruña).
Obradoiro de xoguetes tradicionais (Xosé López, Tui, Pontevedra; e Xosé Manuel García, Lourenzá, Lugo)
Obradoiros de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia.
Poteiro (Kike Simón, Barcela, Arbo, Pontevedra).
Construción en barro e adobo (Guido Tomasini, Vilarmide, A Pontenova, Lugo).
Oleiro (Tomás López, Proendos, Sober, Lugo).
Obradoiro para aprender a tecer no tear. Centro de Cultura Tradicional “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense.
Obradoiro de máscaras de Antroido. Manuel Quintas de Laza.

TARDE, continuación dos obradoiros da mañá, de 17:00 a 19:30 h
Na Cabana das Palabras:
17:30 a 18:00 h Ana Filgueiras Antiga. “O val de Elviña (Campus Universitario da Coruña). O silencio dorido da memoria”.
18:00 a 18:30 h Delfín Caseiro. “A Romaría da Saínza: mouros e cristiáns”.
18:30 a 19:00 h Elena Domínguez. “O Museo da Limia: a presenza da memoria”.
19:30 a 20:00 h Julio Fernandez Senra. “Os artesáns galegos no século XXI”.
Actuacións ao longo do día:
- Francisco Villarino Ojea (gaiteiro de Escornabois, A Limia, Ourense).
- Emilio Lois “O Bañas” (gaiteiro de A Baña, A Coruña).
- Grupo de pandereteiras Agarimo (Ourense).


MAGOSTO POPULAR ORGANIZADO POLO CONCELLO DE OURENSE
XARDÍNS BISPO CESÁREO (ALAMEDA DE ABAIXO)
12:00 h Concerto da banda de música.
14:00 h Xantar nunha carpa onde se poderá comer polbo e carne ao caldeiro.
17:00 h Magosto e queimada popular con degustación de castañas, chourizos e viño novo.
Actuación de Paco de Escornabois e o grupo de pandereteiras Agarimo (Ourense).

OFERTA AUDIOVISUAL NA CABANA DA PALABRA
Domingo 9
11:00 h Proxección de diferentes Alalás producidos pola TVG nos que participan portadoras do noso canto tradicional:
Maruxa das Cortellas, Concha de Lueda e Rosa de Moscoso.
12:00 h Proxección do documental producido polo proxecto RONSEL: “A danza de espadas de Redondela”.
12:20 h Proxección do documental producido polo Proxecto RONSEL: “O antroido ribeirao”.
12:40 h Proxección do documental producido polo proxecto RONSEL: “A danza de Darbo”.
13:00 h Proxección do documental producido polo proxecto RONSEL: “Os cabezudos de Santiago de Compostela”.
13:30 h Proxección dos programas Alalá producidos pola TVG dedicados aos maios de Vilafranca e a José “O ghaitas”, gaiteiro de Aldán.
Luns 10
11:00 h Proxección do documental de Xaquín Lourenzo O Carro producido polo Museo do Pobo Galego.
11:30 h Proxección do documental producido polo Proxecto RONSEL: “Como se fai unha trompa?” coa participación en vivo
de César Fernández (trompeiro) e Oliverio Fernández (ferreiro).
12:30 h Proxección do vídeo producido polo Museo Agrícola de Vila do Conde (Portugal), no que poderemos ollar xeitos tradicionais de cría de gando, regadío etc.
13:00 h Proxección do vídeo As festas do alá cedido polo Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega.
Martes 11
11:00 h Proxección dos programas Alalá producidos pola TVG dedicados a Manuel Viqueira e ao acordeonista de Pazos de Merexo.
12:30 h Proxección do filme Aínda há pastores? de Jorge Pelícano.
13:30 h Proxección do programa Alalá producido pola TVG dedicado a Francisco Villarino, gaiteiro de Escornabois, coa presenza deste músico.

AS CABANAS
- A Cabana do Verán: Exposición de xoguetes e obradoiros da súa fabricación. Xosé López (Tui, Pontevedra) e Xosé Manuel García (Lourenzá, Lugo).
- Cabana do Inverno: Traxes de antroido polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense.
- Cabana da Primavera: Rodas de afiar e outras ferramentas da colección de Florencio Arboiro.
- Cabana do Outono: Colección de instrumentos musicais, libros, partituras e discos de pedra de Castor e Félix Castro Vicente. Zanfonas de Faustino Santalices.
- Cabana do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
- Cabana do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. As razas autóctonas Galegas.
- Cabana das Palabras: relatorios e conferencias.

EXPOSICIÓNS PERMANENTES
Esta mostra pretende achegar formas, materias e sensacións do noso patrimonio a todos e todas. De aí que parte dos elementos expostos poidan ser manipulados polo público, que, por exemplo, ha poder experimentar e fabricar diversos xoguetes e instrumentos musicais vexetais, degustar algúns produtos ecolóxicos, tecer xuncos, facer formas de barro, mazar no ferro, tecer no tear, tornear etc.

- Exposición e degustación de produtos ecolóxicos galegos. Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia (CRAEGA).
Monforte de Lemos, Lugo.
- Exposición de información sobre as razas autóctonas galegas. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Fontefiz, Ourense.
- Traxes tradicionais galegos de traballo, corozas e capotes do século XVI II-XIX, cedidos polo Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense.
- Instrumentos musicais tradicionais. Pezas galegas cedidas por Félix e Castor Castro Vicente e por Faustino Santalices entre as que cómpre destacar dúas zanfonas da colección de Faustino Santalices (pai) e seis gaitas de fol antigas galegas ademais doutros
instrumentos musicais, partituras, revistas, discos de pedra etc.
- Ferramentas dos oficios de afiador: seis rodas e un carro grande de afiador. Pezas de Florencio de Arboiro.
- Exposición de xoguetes tradicionais, da colección particular de Xosé López (Tui, Pontevedra) e Xosé Manuel García (Lourenzá, Lugo).
- Traxes de antroido. Poderanse ver os antroidos de Trives; volantes, pucho e peliqueiros da Ribeira Sacra lucense e peliqueiros de Laza.
- Exposición das ferramentas relacionadas co traballo do cereal realizada polo proxecto para a recuperación da memoria histórica de Valga.
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2008 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
• Encontro dos Axouxeres en Ribadavia na Casa da Cultura ás 18:00
• Ataque Escampe no Pub Gatos de Melide
• Marta Quintana no Rincón del Ósculo de Redondela
• Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro da Coruña

Sábado 8
• Encontro dos Axouxeres en Celanova no Claustro Barroco ás 12:00
• Mesa redonda “Uxía e Emilio Cao no espello” e presentación da revista Etno-folk,
ás 19.30 h no auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago.
• Xornadas de Baile Tradicional de Vigo: Presentación coa Escola de baile do Concello, Lembranzas Galegas,...
• Ataque Escampe no Pub Fragua de Redondela
• Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense):
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
- Ludovaina (cuarteto tradicional do Morrazo, Pontevedra).
- Tanxedoras do Pandeiro (Vigo, Pontevedra).
- Aula de Música Tradicional Gomes Mouro (Ourense).
- A Requinta de Xián (comarca da Ulla, Boqueixón, A Coruña).
• Magosto en Teixois (Taramundi)
• I Foliada do Magosto ás 21:30 no Frontón do Pazo de Deportes de Riazor (A Coruña).
• Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
• Ruada (Serán) en Caroi (Cotobade)

Domingo 9
• Mostra de instrumentos populares do mundo. Roberto Sala. No C. S. de Fointiñas (Compostela) ás 12:30.
• Xornadas de Baile Tradicional de Vigo: Final con Tangaraño, Xirandola e Colexiata do Sar,ás 20:00 no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova
• Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial (Ourense):
- Joaquim Pereira “O Carriço” (gaiteiro de Quinta do Valongo, Mealhada, Portugal).
- José Marentes (gaiteiro de Santa Xuía, A Fonsagrada).
- César Fernández (trompeiro de Queixoiro, A Fonsagrada).
- Veciños/as de Limiñoa, bailadores/as de muiñeira vella da Costa da Morte (Ponteceso, A Coruña).
- Treboadas de Tomiño (Tomiño, Baixo Miño, Pontevedra).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
-Ruada (Serán) en Cuspedriños (Cotobade)
-Foliada na Coruña no Frontón de Riazor

Sábado 15 de novembro
-III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
-Serán en Pontevedra, na praza da Ferreiría

Sábado 22 de novembro
- III Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)
-Magosto-Serán de Chan das Pipas en Saxamonde (Redondela)

Xoves 4 de decembro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile tradicional galego en Cíes
Pois si, xa ía sendo hora... dende o verán... é que estamos un pouco preguiceiros coas fotos.

Por fin subimos as fotos do Obradoiro de baile tradicional galego que parte de Malmequer fixo con rapaces e rapazas do Campamento Xuvenil de Cíes.


A maioría non galegos, mais positivamente todos moi implicados e moi colaboradores. Así, deste xeito pasámolo xenial con eles, divertímonos tod@s e disfrutamos dun grandioso fin de semana nesas illas marabillosas.

Un saúdo para todo o campamento e graciñas por facernolo pasar tan ben.

Fotos do obradoiro de baile tradicional galego en Cíes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 31 de outubro de 2008
Vai de baile do 31 de outubro de 2008

As Pedras dos Muiño VS Os Xoldra

Fase de Concurso


Fase de Puntuación
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Outono en Cuspedriños (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
Sábado 8 de novembro

A foliada comezará ás 21:30 no frontón de Riazor coa participación activa das asociacións da cidade: Xacarandaina, Iar, Arestora, Donaire, Cántigas da Terra e co grupo convidado Tátara Trio.

Ven botar un baile!!!


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2008 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Carpenta
O venres 7 de novembro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, exactamente, a edición XVIII.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

Animádevos!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2008 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
IX Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

A Concelleria de Festas organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia que terá lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 8 e 9 de novembro (sábado e domingo) as 20 horas.

Sábado 9 de novembro
Presentación das Xornadas coa actuación de:
- Escola Municipal de Danza
- Lembranzas Galegas

Domingo 10 de novembro
Final do Concurso de baile tradicional
- Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela;
- Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira
- Asociación Folcórica "Tangaraño".


Durante a deliberación do xurado actuará o Cuarteto Caramuxo.

O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios:calidade artística dos bailarins/as, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.

O xurado estará formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,directo do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuará como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.

PREMIOS:

1º premio: 1.500.- € medalla e diploma
2º premio: 900.- € " "
3º premio: 600.- € " "
4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 €
Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.

O comenzo dos actos será as 20,00 horas. As persoas interesadas en asistir ás xornadas debereán recoller as invitacións o sábado e domingo a partir das 18.30 horas no teatro.
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-11-2008 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto Celta de Balboa (O Bierzo)

Este ano celébrase a décima edición do MAGOSTO CELTA de Balboa que terá lugar ao longo dos días 6, 7, 8 e 9 de novembro.

Ao asado das castañas e ás habituais actuacións nocturnas musicais de raíz celta nas pallozas, únense nesta ocasión a homenaxe a un dos castiñeiros máis longevos do val (500-600 anos) e un dos poucos que ten nome propio, O Fiangueiro de Balboa, e unha acción teatral do grupo berciano ESES 2.

As actividades musicais empezarán o xoves 6 na Palloza de Balboa coa rólda de CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) que ademais animará a festa coa súa música na rúa ao longo do fin de semana.

O venres 7 actuará CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) na Palloza de Balboa (00.00 h.) e EL GARCIELO (O Bierzo) na Palloza de Chis (02.00h.)

O sábado 8 ás 16,30 h. as PANDERETERAS DE GRITSANDA conducirannos camiñando ata o próximo O Fiangueiro (castiñeiro centenario) onde se realizará unha cerimonia de exaltación da árbore e da castaña. Sobre as 18.00 h. repartiranse castañas asadas en todos os establecementos do val. As mesmas PANDERETERAS DE GRITSANDA quentarán o ambiente ás 20.00 h. no Molino de Agüita (Quintela) onde ás 21.00 h. ESES 2 realizarán a acción teatral Chamuscáronse as Meigas. O escenario da Palloza de Balboa se reabrirá ás 00.00 h. con DIATÓNIC (Laciana) e proseguirá na Palloza de Chis ás 02.00 h. con NESS (Maragatería).

O domingo 9 ás 17.00 h. haberá concerto de rabel a cargo de José Francisco Fernández Juárez na palloza de Balboa. O reparto de castañas asadas seguirá a tarde do domingo ata esgotar existencias.

Programa

Xoves 6

21.00 h. Rolda con CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de Balboa

Venres 7

21.00 h. Rolda con CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de Balboa
00.00 h. CELTICUE Grupo de gaitas (Cartagena) Palloza de Balboa
02.00 h. EL GARCIELO (O Bierzo) Palloza de Chis

Sábado 8

17,00 h. PANDERETERAS DE GRITSANDA (León) Homenaxe Ou Fiangueiro
20.00 h. PANDERETERAS DE GRITSANDA (León) Molino de Agüita -Quintela
21.00 h. ESES 2 en Chamuscáronse as Meigas Molino de Agüita -Quintela
00.00 h. h. DIATÓNIC (Tsaciana) Palloza de Balboa
02.00 h. NESS (Maragatería) Palloza de Chis

Domingo 9

17.00 h. JOSÉ FRANCISCO FERNÁNDEZ JUÁREZ Tañedor de Rabel Palloza de Balboa.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e campionato de Billarda en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto en Marín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
IV escola de formación Fermín Penzol (Ribadeo)

Venres 7 de Novembro, no Auditorio de Ribadeo, inaugúrase a IV escola de formación Fermín Penzol.
O acto comeza ás 17h e de seguido terán lugar as actividades programadas para ese día: A conferencia de Suso F. Acevedo sobre "Historia e escolma da prosa no Eo-Navia", un recital de poetas de Galicia e da terra Eo-Navia, e a representación teatral de "A casa de Bernarda Alba" a cargo da escola de Teatro de Ribadeo.

Para o sábado 8 de novembro, está previsto que as actividades comecen ás 9:30 h coa conferencia "O teatro no Eo-Navia", por Rita Bugallo, e "Fotografías antigas do Eo-Navia" a cargo de Carlos X. Varela Aenlle. Ás 11:45 entregarase o Premio Fermín Penzol pola defensa da lingua e da cultura tradicional, e logo celebrarase unha mesa redonda sobre "Presente e futuro da música tradicional en Galicia e no occidente de Asturias", na que participaran Abel Pérez Méndez e xaquín Xesteira.
Pecharan os actos da mañá unha homenaxe musical e literario da escola Fermín penzol no cemiterio de Castropol.
A partir das 16:30 farase unha visita guiada polas terras do Eo-Navia e rematará a xornada coa asistencia á castañada pupular nos Teixois-Taramundi.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2008 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer