Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

2ª conversa aberta na EAEM
aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.

Para esta 2ª conversa aberta o tema escollido é “Camiños musicais por transitar”

- Ugia Pedreira
- Pablo Sax
- Xacobe Martínez Antelo
- Noel Feáns

Será este sábado 22 de novembro ás 19.30 h no Auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
O A Polo Ghit vai de xira
Os dous grupos actúan este venres en Vigo, o primeiro de seis concertos que os levarán a Lugo, Ordes, Ponteareas, A Coruña e Ourense.

O verán xa vai alá, e tamén o A Polo Ghit 2008, pero a música continúa, e os dous grupos gañadores do certame andan de xira. A xira do A Polo Ghit levará a Boy Elliott e a Skandalo GZ por seis salas do país nas vindeiras semanas, comezando este venres en Vigo e pechando as actuacións en Ourense a mediados de decembro. O rock independente de Boy Elliott ou o punk e o ska de Skandalo GZ, nunha xeira de actuacións organizada polo Extrarradio da Radio Galega e máis pola Agadic.

Programa de concertos
Venres, 21 nov. Fábrica de Chocolate (Vigo)
Sábado, 22 nov. Pub Clavicémbalo (Lugo)
Sábado, 29 nov. Pub Badulake (Ordes)
Venres, 12 dec. Salón Parroquial (Ponteareas)
Sábado, 13 dec. Pub Garufa (A Coruña)
Sábado, 20 dec. Café Cultural Auriense (Ourense)


www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre en Gala Solidaria
Luar na Lubre colaborará cunha pequena actuación na III Gala Solidaria, organizada pola asociación "Tierra de Hombres", o próximo día 21 de Novembro.

O evento será a partir das 20h, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia, na Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou en París
O Centro de Estudos Galegos da Universidade Paris III – Sorbonne Nouvelle e mais A Nosa Casa de Galica de Paris, están a organizar para o día 23 de novembro de 2008 un «Magosto galego». E polo tanto, temos o pracer de convidalos a honrar coa súa presenza esta celebración dedicada á festa da castaña, que se desenvolverá a partir das 12:30 no Hogar de los españoles (4, rue de l'esclangon 75018 Paris).

Así pois, a festa está dirixida a todos aqueles que queiran coñecer e participar da nosa cultura e festividades.

O prezo da entrada é de 5 euros (3 euros para socios da Nosa Casa de Galicia e simpatizantes CEGA) e ofrecerase aos invitados castañas, viño, queimada e boa música galega.

A partir das 12:30 ofreceránse tapas (pulpo, empanada, tortilla…) a prezos asequibles para os interesados en degustar comida típica galega. Sempre acompañados da música e do baile asegurados co grupo Aires da terra da nosa casa Galicia.

A partir das 15:30 comezarán os concertos dos grupos:

- Os Miñotos
- Quempallou


invitados para a ocasión e vidos directamente dende Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Premio IAR
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Actas do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Xa están publicadas as actas do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega que a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou os días 7,8 e 9 de decembro do pasado ano 2007 en Santiago de Compostela. Nelas recóllense todos os relatorios, mesas redondas, obradoiros e comunicacións que se presentaron neste importante evento.

Nesta publicación de 290 páxinas pódese atopar información sobre temas tan interesantes como o coidado da voz, xogos populares e tradicionais galegos, a orixe da requinta, novas tecnoloxías no ensino da música tradicional, danzas gremiais...

Os socios da AGG poden solicitar o seu exemplar gratuíto no teléfono 986 847 074 e recibilo por correo postal, asumindo os custos de envío, ou ben recollelas no local da nosa oficina situada no seguinte enderezo:

Rúa Alfonso XIII, nº 7 - Oficina 8 (2º andar) - Pontevedra

O horario de atención ó público é de 9 a 14 h. e de 16 a 19h.

Os demais interesados poden adquirilas a un prezo de 10 Euros. Para máis información, poden chamar por teléfono ou mandar un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Folc no Rock Mariño (A Coruña)
Acaba o Rock Mariño edición 2008 con concertos no Playa Club (A Coruña).

26 grupos musicais da Coruña dando concertos en 5 locais da cidade dentro da programación desta edición 2008.

O Forum Celticum , O Garufa, o Jazz Vides, o Mardigrass e o Playa Club foron os locais escollidos para os concertos celebrados fundamentalmente os xoves e de entrada de balde.

Xoves 20 de novembro no Playa Club (A Coruña)
Entrada de balde ás 22:00

Tatara trio e Madialeva


MADIALEVA

O Folk acústico deste grupo coruñés parte dun sentido lúdico e dinámico da música. Gústalles alternar concertos de máis repercusión (Festival de Ortigueira, Guísamo, Noites Celtas de Riazor…) con desengraxantes sesións en locais onde a conexión co público é máis íntima.

Melodías galegas alternan con ritmos doutras tradicións afíns e con composicións orixinais. Letra e música conflúen invitando o público, por veces, á reflexión, mais, sobre todo, a mover os pés.

TATARA TRIO

Somos tres músicos de formacións xa asentadas no eido da música galega: RUOTE, DONAIRE e TIRULEQUE e interpretamos varios temas portugueses, do norte de Castela, Asturias...

O noso repertorio está composto nun 50% por temas tradicionais amañados e outro 50% por temas de composición propia, así como unha variada instrumentación (acordeón, piano, gaita, clarinete, frauta de tres buratos e percusións diversas: tamboril, caixa, pandeiro, caixa, zambomba, cunchas, pandeireta...). Unha parte fundamental é a vocal.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
A banda sonora do Culturgal

ACTUARÁN UNS 20 GRUPOS GALEGOS

Actuarán, entre outros, Quempallou, Uxía, Narf+Manecas Costa, Lizgairo, Telémaco, Capitán Furilo, The Homens ou Bonovo.


A segunda edición do Culturgal abrirá as súas portas do 4 ao 7 de decembro no Palexco da Coruña. En total, participarán máis de cen entidades galegas dedicadas á creación, a distribución e a promoción dos produtos e servizos culturais. Cultur.gal é o mellor espazo para o encontro, a interrelación e o contacto profesional para todas as persoas relacionadas coa cultura en Galiza. Con este fin organízanse xuntanzas dos diferentes sectores da produción e xestión cultural, mesas redondas, intercambios de experiencias, seminarios e actividades de contacto entre ámbitos e empresas e entre empresas e clientes.

En Culturgal a música terá unha presenza moi importante. Unha vintena de grupos e solistas actuarán en exclusiva para programadores musicais. É a primeira vez que se pon en práctica unha experiencia semellante en Galiza, ao estilo das grandes feiras mundiais, para a promoción musical e para o achegamento directo dos programadores ás últimas propostas musicais de cara á contratación para a vindeira tempada de concertos. Desenvolveranse todas as tardes da feira, agás o domingo, a partir das catro da tarde.

Realizouse unha escolla variada dunha vintena de bandas e solistas, representativos de todos os estilos e formatos, para que os responsábeis das programacións galegas teñan a posibilidade, de primeira man, de coñecer a creación máis actual da música do país. Nela figuran Marcos Teira, Quempallou, Uxía, Aló Irmão, Mutenrohj Faino Ti, Escoitar, Pai da Cana, Lizgairo, Covalblú, Vellas Historias, VI-Gop Quartet, Telémaco, Duplo Son, Aphonnic, Capitán Furilo, Maryland, Roberto Sobrado e Bonovo.

Industria Musical
Ademais destes concertos, integran a programación musical especializada as II Xornadas da industria musical galega e meeting points para profesionais. Nesta actividade contarase tamén cunha representación de artistas pertencentes ao proxecto NSAIO da Dirección Xeral de Xuventude, nun intento de que os máis senlleiros xa vaian tendo contacto cos modos e usos da industria musical.

Do ámbito musical disporán de stand propio 14 entidades: Asociación Galega de Empresas Fonográficas (Agaphono), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Berrogüetto Producións SL, Dos Acordes, Falcatruada Imaxe e Música SL, Lonxa Cultural SL, Músicas de Salitre, Nordesía Producións SL, Nsaio. Rede Galega de Locais de Ensaio, Ouvirmos SL, Saraiba Producións, SinsalAudio SL, Sons Galiza Comunicación SL e Zouma Producións SL.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke te Crew ou como transformar a túa aldea nunha factoría de hip hop

A localidade galega de Ordes convértese no epicentro rapero do norte peninsular

Galicia xa non anda sobrada de vacas, pero abunda en malo leite. A máis cremosa dáse en Ordes, un pequeno pobo reconvertido no epicentro do hip hop galego trala irrupción musical dunha panda de chavalotes inquedos que responden por Dios Ke Te Crew. Son unha das propostas máis orixinais do xénero nacidas no último lustro debido a un puñado de factores dos que fan gala: orgullo rural, verbo comprometido, temática local, lingua autóctona e récord de raperos por metro cadrado.

DKTC fan rap, graffiti, breakdance, beat box, scratch, DJing... Tamén secuencian, mesturan, masterizan, gravan e un longo etcétera de funcións terminadas en -ing. En definitiva, dúas ducias de artistas han implantado a cultura hip hop nun pedazo de terra afastado das capitais galegas e as grandes urbes estatais. "Para o reducido tamaño que ten Ordes, aquí hai bastantes grupos, desde Kastomä ata Axóuxere, que practican estilos que van do rock ao folk. Nós, en realidade, xurdimos en 2002 cando 5 Talegos e Ghamberros unimos as nosas forzas".

Xa non fai falta nacer na periferia da metrópoli para cargar contra políticos, empresarios, monarcas ou forzas de seguridade. Pero a graza de DKTC é adaptar consígnaa universal a protéstaa patria sen perder autenticidad. Por exemplo, cargan contra Paco Vázquez (o sen par ex alcalde coruñés) en Herdeiros da ditadura, onde poñen a caldo a castellanización dos topónimos.

Dios Ke te Crew en galego, ¿non che mola? / É o que hai / Paco Vázquez es un julai / Non fodas con Arteijo, Rianjo, Sanjenjo / Vivero, A Garda, Ordes, Boymuerto / Puertosín, Puertosón..., vociferan os MC do combo, críticos coa absurda españolización de moitos nomes de lugar.

"Nós rimamos en galego porque nos resulta natural, máis aló de consignas políticas, pois falamos e pensamos no noso idioma", afirman desde o seu cuartel xeral en Ordes, a poucos quilómetros de Santiago de Compostela. Lles secundan Os Trasnos de Moscoso, Non Residentz, Juanito Broders, Malandromeda e, en ocasións, Alto Asalto. Hip hop feito na casa cuxa filiación lingüística entronca con outras bandas contemporáneas de power pop (The Homens), rock duro (Zënzar) ou disco (Projecto Mourente) que contribuíron á normalización da súa lingua ao utilizala, na súa maioría, como un instrumento de comunicación e non exclusivamente político.

DKTC procura non mirarse ao ombligo entre rima e rima. "Escapamos dese rolo que levan en España ou Estados Unidos os raperos malos. O seu é un rap de competición que se reflicte en frases como as miñas rimas son a hostia, as túas, unha merda e son o mellor. Os nosos temas, ademais de reprobar esa actitude, pasan pola contaminación ambiental, a especulación inmobiliaria e a represión en xeral. Forman parte da realidade que nos afecta, pero desde un punto de vista galego, aínda que algunhas letras son máis universais e pódeas entender tanto un tío de aquí como un de Australia. E, abofé, nos textos tamén hai espazo para a festa".

Con Public Enemy e Cypress Hill como principais referentes, a crew de Ordes puxo o lume a lume de biqueira para ter a punto o seu próximo disco na primavera, que tomará a substitución de Xénese, editado por DKTK Sons en 2006. Despois, no verán, tocará o regreso aos palcos, que deixaron de lado para preparar as súas novas cancións e aos que só volveron para participar na Feira Internacional do Libro da Habana. Unha experiencia que permanece na súa retina.

Dios Ke Te Crew: 100% Galician Flow
"Sorprendeunos a resposta dos 3.000 asistentes, identificados coas letras críticas pese á diferenza idiomática, que non supuxo ningún obstáculo".

En versión española, talvez hai nomes en Galicia que soaron máis, como O Puto Coke. Ademais do vigués, na lingua de Cervantes tamén compoñen Rack Eterno (Porriño) ou Pa A Pena ou Bronquitis Crónica (ambos de Santiago). Pero Dios Ke Te Crew non se quedaron nunha banda de rap, senón nunha corrente que arrastrou a moitos paisanos, desde un pequeno punto no mapa, ao templo do hip hop do noroeste peninsular.

"Cando decidimos xuntarnos, tiñamos unha idea clara en mente: crear non só un grupo senón tamén un colectivo no que quedasen plasmadas as diferentes vertentes do hip hop". Misión cumprida. Eche aquí DKTC, 100% Galician Flow.

www.adn.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Minixira de Marful
Marful comeza este mes unha minixira pola península, con cinco concertos únicos. Entre finais de Novembro e comezos de Decembro, o grupo darase cita co público de Madrid, Estremadura, Castela a Mancha e Castela-León.

O cuarteto, ben coñecido no noso país, abre as cancelas e leva os sons do noroeste ata o interior. A música atlántica, mestura de estilos tan variados coma o twist, o tango ou as habaneras, chega da man de Marcos Teira, e os irmáns Pedro e Pablo Pascual, combinada coa voz, sempre intensa e persoal de Ugia Pedreira.

O son de Marful, elegante e atemporal, encherá de ritmos a meseta en cinco citas:

- Martes 25 de novembro, no Café-Teatro Ávalon de Soria
- Mércores 26 de novembro na Sala La Bola de Cáceres
- Xoves 27 de novembro na Sala Garcilaso de Toledo
- Sábado 29 de novembro, na Sala La Oveja Negra de Segovia
- Luns 1 de decembro, na Sala Clamores de Madrid
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
O día que Galiza decidiu ser unha nación
A Fundación Galiza Sempre recupera o manifesto coa publicación dunha edición facsímile.

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. Así comeza o Manifesto ao Pobo Galego saído da I Asemblea das Irmandades da Fala, celebrado en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, acta fundacional do nacionalismo galego. Coincidindo co seu noventa aniversario, a Fundación Galiza Sempre (que adquiriu o documento en 1999 e o depositou no Museo do Pobo) publica unha edición facsímil.

As primeiras Irmandades creáranse na Coruña dous anos antes, desenvolvendo neste tempo unha pelexa entre rexionalistas e nacionalistas, e entre progresistas (os irmáns Villar Ponte, Lois Porteiro, Lois Peña Novo, Roberto Blanco Torres, Xaime Quintanilla ou Xoan Vicente Viqueira) e tradicionalistas (Losada Diéguez, Vicente Risco). A primeira, saldouse cunha vitoria das teses nacionalistas, a segunda tamén foi vencida polos progresistas, seguramente dun xeito menos claro, pero suficiente para que poidamos falar de que o nacionalismo galego tivo dende as súas orixes unha base nidiamente esquerdista.

Para Xusto Beramendi o documento constitúe "o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político" e os acordos adoptados na asemblea de Lugo "configuran o cerne de tódolos programas do nacionalismo galego até os anos sesenta. É, xa que logo, a súa acta de nacemento". Defíne a Galiza como nazonalidade, reivindica a súa autonomía cunha carga moi importante de competencias, fai unha proposta federal ou mesmo confederal para a Península Ibérica, e defende a cooficialidade de galego e castelán. Propugna, ademais, unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país. Beramendi salienta que "gran parte das arelas maiores que inspiraron este documento fican hoxe insatisfeitas e seguen a constituir motivo de conflicto político en España e en Galicia".

É un manifesto nacionalista, pois, mais tamén un texto de esquerdas, no que os postulados progresistas, herdeiros do republicanismo federal, priman sobre as ideas tradicionalistas. Para Beramendi "estamos perante un proxecto moi avanzado para o seu momento, que postula unha democracia representativa moderna, daquela non existente en ningún país europeo e menos aínda na España da Restauración: voto para a muller, representación proporcional, limpeza no sufraxio, erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais e os concellos rurais...".

Non é tan avanzada, no entanto, o seu programa de transformacións socioeconómicas, en particular a cuestión dos foros e dos reximes de propiedade e cesión da terra, non dedicando a este asunto máis ca unha declaración moi laxa: A Asambleia declara de toda urxencia a resolucion do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia e Tamén declara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

Actos de conmemoracións en Lugo
Baixo o título A Galiza das Irmandades, unha perspectiva actual, a Deputación de Lugo programou nove conferencias sobre a vixencia dos postulados do manifesto, que serán impartidas no salón de actos da institución entre o 18 de novembro e o 31 de xaneiro de 2009. Entre os conferenciantes destacan Francisco Rodríguez (18 de novembro), Xoán Garrido (2 de decembro), Encarna Otero (3 de decembro), Margarita Ledo (4 de decembro), Pilar García Negro (8 de xaneiro), Xosé Díaz (15 de xaneiro) ou Antón Bao (16 de xaneiro).

Pola súa banda, o Centro Social Mádia Leva! conmemora o noventa aniversario da asemblea este martes no hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña) a partir das sete e media da tarde.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto da I Asemblea Nacionalista (Lugo - 1918)

Os persoeiros das Irmandades da Fala reunidos en asambleia magna tida na cibdá de Lugo nos dias 17 e 18 do mes da data pra conquerire do Goberno da Sua Maxestade El Rey autonomia integral da Nazón Galega e fixar n-un programa concreto as que coidan testas soluciós ôs problemas que intresan d-un xeito fondonisimo â vida nazonal da Galicia, aprobaron e sosteñen, c-o corazón ateigado de espranza e os ollos postos no porvir da nay Terra, as siguentes conclusiós, que fan públicas pra conocimento e meditazón do pobo Galego, nestora solemne do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a sua y-alma e fan xurdir a súa persoalidade.

I
PREVIA

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

II
Poblemas constituentes

1º. Autonomia integral pr-a Galicia.
2º. Autonomia municipal, distinguindo o municipio aldean do vilego, axeitándose o Concello aldean sóbor da base do reconocimento da persoalidade xurídica das parroquias, que terán as súas Xuntas, elexidas antr-os cabezas de familia, (petrucios) homes ou mulleres, pra termaren dos seus bés privativos. Os presidentes ou cabezaleiros d-estas Xuntas, serán vocás nados ou concelleiros da corporación municipal e nomearán d-antre eles o Alcalde que dirixa o Concello. As parroquias, con persoalidade xuridica, poderán contrataren y-estableceren seguros e instituciós de creto an-tros veciños e adeministrare os bés comús, que o Poder Central, terá de lles restituire, dispoñendo o seu aproveitamento. O Concello terá de sere pol-o tanto, mais que unha organización de carácter ademenistrativo, unha prolongación ou compremento das parroquias, como estas o son do fogar, que presidirá a vida económica e social das mesmas.
3º. Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.
4º. Federación da Ibéria.
5º. Dentro d-esta federación, igoaldade de relaciós con Portugal.
6º. Crendo na accidentalidade das formas de goberno intrésanos acrarar que non apelamos por ningunha, mais simpatizaremos dende logo con aquela que se amostre mais doada pra chegare â federación con Portugal.
7º. Ingreso das nazonalidades da Ibéria na Liga das Nazóns.

III
Poblemas politicos

1º. Igoaldade de dereitos pr-a muller.
2º. Custión eleitoral: A función eleitoral terá de sere da responsabilidade do goberno e protexida pol-o Poder público. Representación proporcioal como sistema eleitoral. Non serán elexibles os elementos que non rendan unha función útil pr-a colectividade. A Asambleia declara: Que si nas eleiciós pr-a Cortes Constituentes Hespañolas non se nos dera unha prenda en garantia exceicional pr-a que a vontade do pobo poida manifestarse con toda libertade- pois coas organizaciós oligarquicas de oxe non seria abranguible- apelariamos ôs representantes das nazonalidades Eúskara e Catalana e, si elo non abondara, ô Estado mais afin ô noso pra que na Liga das Nazóns defenda o noso dereito â libertade cibdadana.
3º. Acabamento das Diputaciós provinciás.
4º. Creación do Poder Autónomo, representado por un xuntoiro ou Parlamento Galego, elexido por sufraxio universal, con todal-as facultás que a reforma da Costitución non garde pr-ô Poder Central e sempre, pol-o menos as siguentes:

IV
Facultás do Poder Galego

1ª. Nomeamento da Xunta Gobernadora que terá de exercel-o Poder executivo, composta d-un Presidente e seis Segredarios encarregados dos Departamentos de Adeministración, Xusticia, Enseño, Obras publicas, Agricultura, e Industria e Comercio.
2ª. Todal-as funciós adeministrativas.
3ª. Lexislación social, agas n-aqueles casos nos que os problemas sociaes se extendan âs diversas nazóns da Ibéria.
4ª. Réximen tributario, sin intervención do Poder Central ô que somentes pagará o Autónomo a cantidade que se fixe nos concertos económicos.
5ª. A potestade docente do Estado autual pasará enteira ô Poder Galego.
6ª. O réximen bancario no que intervirá pol-a función social que oxe teñen os Bancos. A mesma facultade pr-a solución do Creto agricola.
7ª. Correios e Telegrafos: O seu servicio ô carrego do Poder Central; a sua creación será cousa do Poder Autónomo; o servicio dos teléfonos ô carrego do poder galego. A censura n-estes servicios, non poderá ser exercida pol-o Poder Central mais que no caso de guerra.
8ª. Ferrocarris: A sua nazonalizazón. A su lexilazon sobor dos mesmos será facultade do Poder Central; a sua construción e ademenistración, encarga do Poder Autónomo.
9ª. Portos francos. A lexislación e regularización do trafico maritimo, encarga do Poder Central.
10ª. Si vén co-a Paz o acabamento dos exercitos permanentes, e no caso de que somente quedaran exercitos policias, tamén será facultade do Poder Galego a fixación das forzas que xuzgue precisas pra o orde interno de Galicia.

V
Cuestiós Xurídicas

1ª. Sustantividade do Dreito foral galego.
2ª. Derogación do Artigo V do Código Civil e reforma do seu articulado no que se refire â sucesión ab-intestato.
3ª. A publicación das leises, farase no idioma Galego.
4ª. Igoaldade de dereitos da muller casada pol-o menos no caso de emigrazón do marido.
5ª. A función dos Trabuales da Xusticia rematará en recurso derradeiro en Galicia e sempre realizada por funcionarios galegos.
6ª. As terras dos pequenos propietarios que as laboreen consideraranse instrumentos de traballo pra os efeutos do embargo.
7ª. O arrendatario, terá dereito a unha parte da supervalia do arrendado, sempre que sexa debida a os melloramentos producidos pol-o seu traballo.

VI
Problemas económicos

1º. As custiós aduaneiras, serán resoltas por concerto entre o Poder Autónomo e o Central, salvo o libre cambio de cereales.
2º. Reintegración â propiedade privada, pol-o xeito mais doado dos montes do Estado, dos pobos e de propios.
3ª. Repoblación forestal forzosa. Si os particulares a non fan, a faria o Poder galego por anualidades gravando sobre a riqueza creada, o capital invertido mais os intreses. Reforma da lexislación civil n-este punto.
4ª. A Asambleia declara de toda urxencia a resolucion do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia.
5ª. Tamén declara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

VII
Aspeitos artisticos

1º Proclamar a soberania estética da Nazón Galega que se exercerá:
a. Sobor as costruciós urbanas e ruraes, ditándose unha ley que obrigue ôs propietarios a axeitare o estilo das suas costruciós ô estilo xeneral de cada vila galega.
b. Na expropiacion de moimentos e paisaxes.
c. Na organización do ensiño artistico, con creación de unha Escola Musical Galega.

Na cibdá de Lugo a noite do dazaoito do Sanmartiño do ano de mil novecentos dazaoito. Por todol-os Asambleistas, representados e adheridos.


Remate
Vede, irmáns galegos, o noso programa. Non é nin pode ser nosa verba difinitiva; mais é, por decontado, un berro d´anguria que vos chama e a úneca afirmación creadora feita na nosa patria galega.
Son chegadol-os tempos d´erguere a y-alma e o pensamento de Galicia, e sobor todo a súa soberanía, compreta e sin cativeces. N-isto non caben discusións: Galicia ten direito, un direito fundamental, a ser dona ausoluta de si mesma. Con vountade ceibe faremos nupcias d´amore con outras soberanías, contr´as que non vai nin quér ire a soberanía nosa.
Pensade pois, nas nosas concrusións, feitas pra todol-os galegos. Pró, ademais, sentídeas, practicádeas. Nosos brazos están abertos pr´a fecunda aperta. Todos xuntos melloraremos a grande obra. O ideial que nos aloumiña vos pide que sintades a Galicia, coma nós no recuncho mais intenso das vosas almas.
Ninguén é inútil pra ista cruzada. A nosa mocedade tén unha santa obriga co-a patria, e agardamos, ateigados do lume inmenso do noso amore, que todo galego dino nos mande súa adhesión á Santa Causa da Redenzón da Nai Terra.
Na cibdá de Lugo, a noite do dazaoito de Samartiño do mil novecentos dazaoito.

Pol-os asambleistas:
Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Arturo Noguerol, Xaime Quintanilla, Manuel Banet Fontenla, Ramón Cabanillas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Gonzalo López Abente, Victoriano Taibo, V. Parateha, Antón Villar Ponte, J. Ferreira, Lois Peña Novo, L.P. Carballa, X. Culebras, E. Bidegain, Francisco Vázquez Enríquez, G. Cedrón, F.M. Balboa, Johán Vicente Viqueira, Roberto Blanco Torres]], Rodríguez de Vicente, Ivo Fernández, Correa Calderón, Ramón Villar Ponte, L. Ares, A. Ramos, S. Mosteiro, X. Ares, X. Peña, L. Briones, Díaz Varela, P. Peña Novo, Sánchez Taíz, X. Faraldo, V. Veiga, C. Monasterio, X. Sarmento, L. de Labra, Xosé Ramón Fernández-Oxea, C. García Colmelo, R. Gutiérrez, X. García Colmelo, F. Abelaira, Ánxel Casal, T. Rodríguez, F. Zamora, V. Maceiras, A. Martínez, I. Rodríguez, X. Robles, R. Carballal, R. Areses, Eugenio Charlón, M. Sánchez Hermida, T. Amador, M. Vázquez, B. Varela, I. A. Garaloces, X. Basteiro, E. Lence Santar, Guitián, Víctor Casas e X. Monteiro Mejuto.

A Asambreia que aprobou iste manifesto asistiron persoeiros de tódal-as Irmandades; estiveron representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturaes; e mandaron sua adhesión cinco federaciós agrarias, once Concellos, mais de 40 Asociaciós e numerosísimas persoalidades de Galicia.

(A cantos simpaticen con iste manifesto pregámoslles comuniquen-o o mais axiña posibre, a calquera Irmandade da Galicia, pra faguer público o estado da opinión galeguista).


www.gl.wikisource.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-11-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
The Homens, de trio a cuarteto
THE HOMENS estarán hoxe mércores 19 de volta en Santiago DC, ao vivo no Ultramarinos, presentando novas cancións e estreando na súa cidade a nova formación a catro.

Aproveitarán tamén para repasar os temas de Tres, o seu primeiro LP (Falcatruada 2007), e do single compartido con Samesugas e que vén de editar Lixo Urbano (2008).

www.thehomens.com



www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Conversa con Xurxo Souto en Compostela
Será este mércores 19 de novembro, ás 19h30, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, CONVERSA con Xurxo Souto baixo o título:

“Música galega, todo o mundo na fin do mundo. A relación da música popular galega con outras culturas musicais”

Xurxo Souto é licenciado en Filoloxía clásica, traballou sucesivamente como músico, vocalista e acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto, escritor (A aldea terremota, O retorno dos homes mariños…), guionista de televisión, director da programación da Radio Galega, director do programa de música “Aberto por reformas”. O seu obxectivo na vida: contar historias poderosa.

Este é un evento argallado polo equipo de normalización lingúística.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Antón Castro (Fuxan os Ventos)

“A militancia no idioma haina que manter sexa como sexa, se é nos escenarios mellor”

Dende o nacemento de Fuxan os Ventos nos anos setenta máis de trinta persoas pasaron pola agrupación, pero seguen mantendo a súa identidade coma o primeiro día. Unha idiosincrasia que Antón Castro, integrante do grupo, define coma un duro traballo da “musica tradicional e cos poemas de autores galegos cun transfondo reivindicativo claro”. Despois de varios anos sen actuar en directo, o pasado mes de outubro volveron a subirse aos escenarios animados pola produtora Nonsi. O público deu o seu apoio masivo esgotando as entradas, e Antón deixa a porta aberta a futuras actuacións, “se sae algo máis para presentar esta xira fóra de Galiza ou o que sexa, pois ben acollido será”.

- Estades sorprendidos pola acollida do voso regreso?
Que volvas despois de tantos anos sen actuar nos escenarios e que todas as entradas estean esgotadas é algo que te anima. Saber que vai estar chea a sala os dous días da actuación é algo que te enche por dentro.

- Que vos animou a regresar aos escenarios despois de tantos anos sen pisalos?
O motivo fundamental foi que houbo unha proposta da produtora Nonsi de dúas actuacións en Santiago, cunha banda de música detrás e coa posibilidade de levar colaboracións. Isto para Fuxan os Ventos era un soño. Tamén había outro matiz, que tíñamos dous discos gravados dos que non fixéramos directos ningún. Outra cuestión é que había moita xente que nos dicía que os seus fillos tiñan no seu fondo musical a Fuxan os Ventos e que non estaría de máis que nos escoitasen. E o poder facelo é cumprir un soño que todos tíñamos

- Despois desta experiencia, destas dúas actuacións, prantexáchedesvos facer unha xira?

Inevitabelmente cando volves a un escenario a pregunta que te fas é sempre a mesma: facer todo este esforzo só para dúas actuacións? Pois se sae algo máis para presentar esta xira fóra de Galiza ou o que sexa, pois ben acollido será, pero nós estamos centrados fundamentalmente nestas dúas actuacións, pero estaremos atentos ao que aconteza, porque os colaboradores están avisados só para estas dúas, e a ver o que pasa. Entre nós falámolo, pero é algo que non temos valorado.

- Un novo disco é viábel neste momento?
Nestas dúas actuacións grávanse os directos, en principio só cabe esa posibilidade.

- Pero un disco con novas cancións?
En principio non. O grupo se non fose polo contacto que a produtora Nonsi fixo con nós, non estaríamos facendo nada por volver aos escenarios. Habitualmente estamos ensaiando xuntos as cancións ou melodias que van aparecendo, sempre estamos un grupo de 4 ou 5 facendo arranxos pero non estaba no noso ánimo hai 6 meses estar cantando nos escenarios. Chegou a proposta e puxémonos as pilas, apeteceunos facelo, o que vaiamos facer a partir de agora é unha cousa que teremos que falar entre nós.

- Pasaron máis de 30 persoas como integrantes de Fuxan os Ventos, é difícil manter a personalidade do grupo despois de tantos cambios?
A cuestión é que dende hai vinte tantos anos estamos as mesmas persoas, pero seguimos mantendo contacto con xente que estivo no grupo. O importante é manter a personalidade. Fuxan os Ventos é un proxecto que nace nos anos setenta e toda a xente que marcha e se incorpora a este proxecto ten claro o que xa hai: que traballamos a música tradicional e poemas de autores galegos fundamentalmente e que temos un transfondo reivindicativo, tanto as letras como os lugares onde actuamos, en defensa da lingua, dunha Galiza que poida decidir o seu destino. Aí é onde hai que marcar o destino de Fuxan os Ventos, e a xente que sempre pasou estaba de acordo nesas dúas cuestións: a cuestión idiomática e a defensa de que Galiza se fose desenvolvendo por ela mesma.

- O momento actual, o debate que existe sobre a lingua galega, influiu na vosa volta?

Iso inflúe non como grupo, senón como cada un de nós o sentimos en nós mesmos. Non é que se volvese por iso, porque hoxe en día hai xente que está cantando en galego, hai xente que reivindica o idioma. O que está claro é que a militancia no idioma haina que manter sexa como sexa, se é nos escenarios mellor, fóra deles haino que levar a onde faga falta. O caso é que a produtora que nos chama é quen desencadea toda a cuestión, nada máis.

- Que valoración se pode facer do panorama musical que Galiza vive na actualidade?
É un panorama dunha riqueza moi grande, xa dende o punto de vista só da música tradicional hai moitos grupos. Hai un nivel moi alto e iso é moi animoso para a produción musical. O que acontece é que creo que ten que ir parello esa cantidade de xente que sabe tocar e toca facendo musica tradicional con que leven na súa vida o idioma e ese traballar por Galiza e a súa música como conciencia de país.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novas de Carlos Nuñez
Carlos Núñez: "A música celta do futuro está en Latinoamérica"

O gaiteiro galego Carlos Núñez cre firmemente que o futuro da música celta está en Latinoamérica, unha terra de mixturas na que xa se gesta o seu vindeiro disco, que será froito dunha intensa investigación musical e persoal en Brasil.


"Creo que este disco é un primeiro paso cara a esta nova experiencia que imos vivir en Latinoamérica: a música celta do futuro temos que facela aquí, en Latinoamérica", dixo o artista vigués nunha entrevista concedida hoxe en Bos Aires, onde o vindeiro martes dará un concerto tras cinco anos sen tocar en Arxentina.

O repertorio do recital que brindará no teatro Coliseo inclúe temas dos seus discos "Carlos Núñez E amigos", gravado fai catro anos en Vigo ante 30.000 persoas, e "Cinema do Mar" (2007), dedicado ás bandas sonoras de películas, traballo nacido durante o proceso creativo da banda de son do filme "Mar dentro", de Alejandro Amenábar.

Este traballo presenta versións de grandes títulos do cine, como "A misión" ou "O padrino", e de clásicos universais, como o Preludio á Suite 1 para Cello, de Bach, o Bolero de Ravel, o Concerto de Aranjuez ou o tema de Popeye.

Desde entón Núñez, de 37 anos, fixo outras incursiones no cine, colaborando nas bandas sonoras de filmes como "Manuale d'Amore 2" e a película de animación xaponesa "Gedo Senki" ("Historias de Terramar").

Pero agora mesmo as súas musas ancoran no Brasil, onde este ano pasou xa cen días gravando o seu novo disco e unha película que mostrará este proceso creativo que o músico español ten en mente desde fai dez anos e no que comezou a traballar en firme fai tres.

Alquimista dos sons, Núñez baseouse nunha profunda investigación en Brasil que lle levou a escoitar discos antigos, e a botar man de arquivos históricos e de estudos académicos sobre como era a música brasileira a inicios do século XX, para alumar un álbum que terá novos temas e versións de melodías lendarias do variopinto panorama musical brasileiro.

Núñez sinala que foi a deixarse "comer por Brasil", un país que "cómeo todo e dixíreo para devolver algo novo", terra onde as melodías europeas, africanas e indíxenas "mesturáronse dun modo marabilloso e sen complexos".

O músico, que coñeceu a fama da man dos británicos The Chieftains, sinala que "moitas cancións brasileiras veñen do alma da gaita", o primeiro instrumento levado a Brasil polos portugueses e que "gustaba moito aos indígenas".

Para este próximo álbum, o gaiteiro e flautista promete sons "innovadores" logrados xunto a artistas brasileiros como Carlinhos Brown, aos que destaca como "moi bos músicos, moi dinámicos e moitísimo ritmo".

Pero esta viaxe de descubrimento e creación musical esconde outro, moito máis íntimo e persoal, un periplo polo extenso Brasil buscando o rastro do seu bisabó músico, que en 1904 emigrou dende España cara a -teóricamente Belém do Pará, no norte brasileiro.

"Desapareceu e sempre pensamos que o mataron por celos amorosos. Pero descubrimos que non foi así. Quedouse en Brasil, en Río de Janeiro e fixo unha segunda vida", revelou Núñez, que mentres segue a pista da súa bisabó en Brasil e trata de dar cos seus descendentes, aproveita para dar renda solta á exploración musical.

Núñez, que se iniciou na arte da gaita aos 8 anos, promete indagar no futuro nas músicas de Arxentina, onde fixo boas migas co acordeonista "Chango" Spasiuk e co cantautor León Gieco, que colaborou no gran concerto de Vigo, ao que considera como "un amigo xeneroso" e do que admira "a súa música, o seu traballo humanitario e o seu respecto polas tradicións arxentinas".

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-11-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Tradescola abre as súas portas
O centro de ensino de música e baile tradicional galego promovido pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, a Tradescola, comezou onte as clases con máis de 70 alumnos matriculados.

O equipo docente está composto por nomes destacados no eido da música tradicional tales como Bruno Villamor, Emilio Mesías, Luis Correa "O Caruncho", Montse Rivera ou Pedro Lamas, que impartirán clases de zanfoña, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. O obxectivo da Tradescola é acadar os cen alumnos, para o cal a matrícula permanecerá aberta ata finais de novembro. O custo da matrícula é de 90 euros por materia para os socios da AGG e de 120 para os non socios, aínda que tamén hai ofertas dispoñibles. Na escola poden inscribirse persoas de todas as idades, e nenos a partir de 7 anos, tanto para niveis de iniciación como de perfeccionamento. As clases impártense en horario de tarde e de luns a venres.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2008 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
A banda de Poi - Kommies
Moi bo videoclip da canción Kommies do grupo A Banda de Poi.

Mágoa que o grupo estea en parada técnica, xa que o seu disco foi unha grata sorpresa en calidade e orixinalidade na escea galega.

Videoclip:
A banda de Poi - Kommies

Dirixido por Xabier Jácome


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-11-2008 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew abre, por fin, a súa web
Despois de tanto tempo "en construcción", de arriba pa'baixo do andamio... facendo masa, levantando tabiques, cúpulas, altares e fazendo bancos e bancos para que houbera sitio para todos....
Abren as portas do seu templo, un templo en forma de libro sagrado no que, se buscades nas súas páxinas, poderedes atopar infromación, música, fotos, graffitis, videos, ... TODO SOBRE DIOS KE TE CREW.

Pois sí, DKTC veñen de estrear, por fin, a web!! donde mentres están inmersos na preparación do novo traballo, que sairá no verán, abren a web para ke todo o mundo poida descargarse os anteriores traballos de gratis!!!

www.komunikando.net

www.diosketecrew.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
DUF resumo
Logo dunha intensa fin de semana en Pontevedra, o equipo de produción de aCentral Folque cumplíu coa súa intención de ofrecer na cidade do Lerez un programa variado e para diferentes públicos sobre un instrumento tan galego e universal á vez coma é o pandeiro de mao.

DUF, o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao rematou este domingo coa clausura da feira de artesanía musical e un concerto de Felisa Segade. Concertos, obradoiros, charlas, un serán, presentación editorial en diferentes espazos do casco vello dos que moita xente puido desfrutar de balde.

Elevada asistencia de público que non deixou baleira en ningún momento a carpa situada na praza da Ferrería onde estiveron expostos instrumentos de Xaneco, Carlos do Viso, Paulo Meirinhos (Miranda do Douro) e Victor Barral (Madrid) e onde tivo lugar o concerto de presentación do primeiro CD de Tanxedoras. Un concerto de grande nivel, aínda sen estar o quinteto completo destas cinco novas raparigas de Vigo.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-11-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co Gaiteiro de Paíme

Hoxe, luns, día 17/11/2008

O "Alalá" desta semana ten unha mestura de sentimentos, de felicidade por ter chegado a tempo de coñecer un gran gaiteiro, tenro e cheo de ilusión e entusiasmo; pero unha profunda tristura porque hoxe el xa non pode verse nin escoitarse na televisión. En outubro o gaiteiro de Paíme deixounos para sempre, e para todo o equipo do programa, o ",Alalá", desta noite é súa homenaxe particular a un músico que nos cativou o corazón.

Pouco antes do seu pasamento viu o programa e, polo que nos contou a súa muller, a súa adorada Josefa, gustoulle moito e nós así llo imos ofrecer.

Darío nunca soñou con ser unha estrela. Vivía coa muller en Paíme, en Ribeira de Piquín, un deses lugares onde hai que ir sen présa, para admiralo e para descubrir como pasaba a vida o noso protagonista. A música deste gran gaiteiro das montañas de Lugo foi a súa paixón, e hoxe veremos como compaxinou o traballo diario, de agricultor, coa de 'luthier afeccionado', xa que cando precisaba un recambio para a gaita era quen de facelo coas súas propias mans.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-11-2008 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
• Presentación do CD Proxecto Son de Rianxo no C.P. Brea Segade de Taragoña ás 20:30
• V Mostra de Cuartetos Tradicionais "Os Peruchos" en Marín: mesa de debate e concerto de "Luvas Verdes"
• Dezapal no Salason de Cangas do Morrazo
• Roncarela (Folc-Rock) na Casa da Cultura de Boimorto
• V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao en Pontevedra:
- Barbod. Irán
- Leilía. Galiza
- Mohammed el Sayed. Exipto

Sábado 15
• V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao en Pontevedra:
- Tanxedoras ás 12:00
• Ruxe-Ruxe na sala Dzine (San Sadurniño)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba en Expo-Ourense
• XX "Homenaxe o Gaiteiro" no Teatro-Sala de concertos Caixanova de Vigo:
- Faíscas de Solobeira
- Cántigas da terra
- Asociacion Cultural "Lembranzas da Ria”
• Magosto festeiro en Santa Marta de Babio (Bergondo, A Coruña) ás 19:30
• Polafía no Centro Sociocultural de Vilamartín de valdeorras con Xavier Blanco ás 17:00
• III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
• Serán en Pontevedra, na praza da Ferreiría

Domingo 16
• V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao en Pontevedra
• Festa do Cabazo no Carballal (Vigo)
• Magosto Foliada no restaurante O Cadaval, en Ponte Carreira (Frades, A Coruña) con Maghúa cantareiros, Os Viqueiras... ás 13:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 15 de novembro
-III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
-Serán en Pontevedra, na praza da Ferreiría

Sábado 22 de novembro
- III Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)
-Magosto-Serán de Chan das Pipas en Saxamonde (Redondela)
-Serán na Casa Cultural de Burgueira (Oia)

Xoves 4 de decembro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2008 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Ponteareas e Serán de Caldelas de Tui
A fin de semana pasada uns cantos decidimos ir de rolda, primeiro a unha Foliada no C.S. O Fresco de Ponteareas e rematar xa de madrugada no Serán de Caldelas de Tui

Eí van as probas gráficas...

Unha aperta moi grande a todos eses festeiros, e en especial aos Tarambainos e Tarambainas que tan ben saben disfrutar da festa.

Foliada en Ponteareas e serán de Caldelas de Tui
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2008 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Sobradelo (Vilagarcía)
Sobradelo recupera e transmite o patrimonio cultural galego coa celebración do “Serán’08”

O serán 08 converterá a Sobradelo no epicentro da cultura popular galega o vindeiro sábado, 15 de novembro.

Aparte de ofrecer un espazo de diversión, este evento lúdico, cultural, musical e gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica destas xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as costumes de cada zona de xeración en xeración.

Seguindo a costume tradicional, o Serán de Sobradelo reunirá a nenos, mozos, adultos e persoas maiores para compartir unhas horas de diversión como se facía antes e co obxectivo de que os máis novos teñan a oportunidade de aprender cancións, lendas, bailes e técnicas instrumentais pero todo, baixo o denominador común da diversión.

Os organizadores deste evento son os membros da Asociación Cultural “Nós” de Sobradelo, colectivo que conta cona colaboración da Concellería de que facilita parte da infraestrutura precisa para a promoción e desenvolvemento do acto.

O Serán comezará ás 22:00 horas e desenvolverase no campo da festa, onde se instalará unha gran carpa dotada con canóns de calor. Como se facía antigamente, despois das xornadas de labranza, desfolladas e outras actividades que antigamente se facían de forma comunitaria, os veciños asistirán ao serán para compartir unha noite de diversión cantando, bailando e tocando. Ao Serán de Sobradelo acudirán colectivos de diferentes puntos de Galicia, xa que a organización pretende que nel se poidan ver os distintos xeitos de bailar, tocar pandeiretas, pandeiros e gaita e mesmo de cantar temas da tradición popular. Os maiores xogarán un papel destacado lembrando os seráns do seu tempo, as costumes, xeitos de tocar instrumentos musicais, relatando lendas e demais; polo que o serán, a parte do carácter festivo e cultural,adquire tamén unha compoñente de relación interxeracional.

E como a gastronomía ten unha parte importante na cultura galega, a organización repartirá entre os asistentes viandas típicas como mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café e, xa de madrugada e para manter as forzas despois de tanta festa, haberá chocolate quente con rosca e churros.

Tanto os representantes da Asociación Cultural “Nós”, como o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, fixeron un chamamento a todos os veciños do municipio e tamén ós da bisbarra do Salnés para que acudan o Serán’08 de Sobradelo. O presidente do colectivo “Nós”, Xurxo Santos, comentou que o ano pasado participaron neste evento unhas 1.800 persoas, cunha media constante no interior da carpa dunhas 500. A previsión desta nova edición é a de superar as cifras de 2007.

Pola súa banda, Castro Ratón, salientou a importancia do “Serán” de Sobradelo, un dos máis multitudinarios dos que se celebran nestes intres en Galicia, e agradeceu á Asociación “Nós” que teñan recuperado esta importante tradición galega, esencial para o mantemento e transmisión do noso patrimonio cultural.

www.ivilagarcia.com
Comentarios (6) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-11-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
DUF, V Encontro de Pandeiros de Mao
Entre o venres 14 e domingo 16 de novembro celebrarase en Pontevedra esta cita anual que esta edición ten dúas importantes novidades: a dimensión pública do festival ao celebrarse fundamentalmente ao aire libre na praza da Ferrería e o novo concepto mirando cara as orixes deste tipo de instrumentos na cultura árabe.

DUF, verba de etimoloxía árabe da que derivou adufe, coa que tamén se denomina ao pandeiro, dá nome a este Encontro que dirixe a súa ollada á tradición musical árabe, responsábel da incorporación deste instrumento ao patrimonio musical galego achegando a Pontevedra a mestría de Massud Naderi (Irán) e Mohammed el Sayed (Exipto) que compartirán priograma artístico con Leilía e Tanxedoras ademais da celebración do xa clásico Serán Urbano.

O entusiasmo polos cantos populares acompañados de pandeiros, a finais do s.XIX, entre os eruditos e investigadores pontevedreses interesados no patrimonio musical galego, lecou a Perfecto Feijóo co seu grupo Aires d’a terra a realizar as primeiras gravacións comerciais de adufe en 1904. Este singular instrumento depositado actualmente no Museo de Pontevedra será exhibido extraordinariamente durante os días do Encontro no Novo Edificio da institución.

Venres 14 Novembro

16:00 h Praza da Ferraría-Apertura da Haima DUF: feira de artesanía musical na que participarán mestres de Galiza (Carlos Collazo, Xaneco Tobío), Portugal (Paulo Meirinhos), Castilla (Victor Barral).
-Punto de información xeral
-Tetería con especialidades árabes,
-Exposición de material bibliográfico e fonográfico.
20:00 h Centro Social Caixanova.Concerto
Barbod. Irán
Leilía. Galiza
Mohammed el Sayed. Exipto


Sábado 15 Novembro

10:00 h Museo de Pontevedra-Obradoiro “Fai o teu pandeiro!” O mestre artesán Carlos Collazo dirixe a construción dun pandeiro cadrado, reprodución do orixinal de Perfecto Feijóo -co que se realizaron as primeiras gravacións fonográficas deste instrumento en 1904- conservado no Museo.
*Esta actividade conta cun número de prazas limitadas.
11:00 h Praza da Ferraría-Ao encontro de… Mohammed el Sayed na Haima Duf. O maestro exipcio compartirá conversación e té con interesados na súa realidade musical nun encontro de mediación cultural entre artista e público.
12:00 h -Concerto de Tanxedoras, presentando en exclusiva o seu primeiro lanzamento discográfico.

17:30 h -Artesáns en palco: Exhibición musical dos artesáns participantes na feira no escenario central no que presentarán os seus instrumentos interpretando repertorio específico das súas tradicións musicais.
20:00 h -Serán Urbano: Concerto aberto inaugurado polas futuras promesas xurdidas no selo da AFI de Pontevedra e actuacións de tocadores de pandeiros de man afeizoados e experimentados músicos da bisbarra pontevedresa. Tamén haberá unha representación dos colectivos de mulleres árabes na Galiza.

Domingo 16 Novembro

10:00 h-14:00 h Casa das Campás
-Master class de pandeireta galega impartida por Felisa Segade
-Concerto, exhibición de repertorio e técnica galega a cargo de Felisa Segade.
-Presentación de Etnofolk do número especial da Revista galega de etnomusicoloxía Etnofolk, nº8. Coordinado polo Conservatorio de Música Tradicional e Folque (CMTF) que inclúe traballos presentados por profesores do encontro internacional de pandeiros de mao de Pontevedra nas edicións pasadas.

www.folque.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-11-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe ao Gaiteiro 2008
Homenaxe ao Gaiteiro 2008
Sábado 15 de novembro,

O grupo "A Buxaina" pertencente o Centro Cultural de Coruxo vai a celebrar a XX edicion da "Homenaxe o Gaiteiro" no Teatro-Sala de concertos Caixanova de Vigo.

A entrada será de balde mediante invitacións que se poderán recoller a partires do sábado 8 de novembro no Centro Cultural de Coruxo (unha semana antes para os socios do CRACC).

Este ano estará presentado por Luís "O Caruncho" e nos acompañarán no recoñecemento ós homenaxeados:

- Faíscas de Solobeira
- Cántigas da terra
- Asociacion Cultural "Lembranzas da Ria”

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cabazo no Carballal (Vigo)
“XXI FESTA DO CABAZO” NO CARBALLAL (Vigo)

O vindeiro domingo día 16 de novembro celebrarase a “XXI Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.

A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:

- Grupo de Gaitas “Xestarega” da A. C. O Coto.
- Grupo de pandereteiras “Salgadeira” da A. F. Lembranzas Galegas.
- Lectura do pregón
- Grupo de pandereteiras “Rueiro” do C. C. Rueiro de Coia.

Pola tarde, a partir das 17:00 h., actuarán:

- Grupo de gaitas “Os Feiticeiros de Borbén”.
- Grupo de pandereteiras “As Tarambainas”.
- Durante todo o día poderán degustarse diferentes pratos feitos con CABAZO.
- Mostra de Artesanía
- Exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

A pregoeira desta festa será a escritora e catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Vigo MARÍA CAMIÑO NOIA CAMPOS.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Polafía en Vilamartín de Valdeorras
CENTRO SOCIOCULTURAL "SANTA LUCÍA"
Sábado, 15 de novembro de 2008, ás 5 da tarde. Entrada libre


Coa intervención do músico XAVIER BLANCO e de VECIÑAS e VECIÑOS da comarca de Valdeorras

Colaboran :
Agrupación Cultural "Abertal" / Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila" / Xornal "O Sil" e concello de Vilamartín de Valdeorras
Divulgador: Antonio Reigosa
Recitador: Isidro Novo

Organiza.
AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina:
Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación Cultural.

Nota:
Ao remate celebrarase un magosto popular organizado pola Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila"

POLAFÍA
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral,
Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como
obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao esenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova
proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo
e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste
patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no
desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.
____________________

VINDEIRAS POLAFÍAS

-Sábado, 22 de novembro, ás 6 da tarde no Museo Etnográfico de San
Paio de Narla, Friol (Lugo)
-Sábado, 6 de decembro, ás 6 da tarde, en Riotorto (Lugo).


www.ghastaspista.com

www.galiciaencantada.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Son de Rianxo
Un traballo de recollida sonora e gráfica permiteu ao proxecto Educaldea contar e espallar unha boa parte da memoria gráfica e sonora dos músicos e as músicas do concello de Rianxo, incorporando materiais deses vellos gaiteiros que non tendo accedido a estudos de gravación corrían o risco de perderse a súa memoria sonora.

Presentación pública do proxecto


Venres 14 de novembro
Lugar: Colexio Público Brea Segade de Taragoña
Hora: 20.30 h.

Presentación do proxecto:
-José Luís do Pico Orjais. Mestre do Brea Segade e Coordenador.
-Milagros Torrrado e Adolfo Muíños. Membros da Xunta Directiva de Barbantia.
-Milagres Lantes. Delegada Provincial da Consellaría de Cultura e Deporte.

Actuacións Musicais confirmadas:
-Charanga Vai de Roda de Rianxo
-Buxaina de Taragoña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
III Seminario Galego de Etnografía
Terceiro Seminario Galego de Etnografía (Vigo)

Divulgar a vida cotiá dos galegos e as galegas na época contemporánea é o obxectivo da terceira edición do Seminario Galego de Etnografía, segundo explicou este venres a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure.

As xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar os días 15, 22 e 29 de novembro no auditorio do Verbum-Casa das Palabras de 10.30 a 13.30 horas e a inscrición pode facerse a través da web www.vigo.org/artesania ou no teléfono 986 220 758.

"O Centro de Artesanía Tradicional da Concellería de Patrimonio Histórico organiza anualmente este seminario co obxectivo de divulgar entre a cidadanía diferentes aspectos que nos teñen definido histórica e culturalmente", subliñou a edil do BNG, quen sinalou que o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela Xavier Castro Pérez impartirá as xornadas. Nelas abordaranse a "historia dos galegos e as galegas dos dous últimos séculos de diferente condición social", dende as persoas que comían ben e durmían en colchóns de lá aos que levaban unha existencia precaria e tíñanse que deitar en xergóns de follato.

Elena Maure indicou que especial atención terá o papel da muller no marco da familia tradicional galega. Neste sentido aclarou que o profesor Castro Pérez, aínda que considera fundamental o papel da muller na toma de decisións e os homes adoitaban escoitar o seu parecer, rexeita a idea do matriarcado como característica da familia galega tradicional. Así, lembrou que o ordeamento xurídico as discriminaba, necesitaban a autorización do pai ou marido para viaxar ou vender unha leira.

A concelleira nacionalista subliñou que o seminario é gratuíto, co obxectivo de "facilitar a participación de toda a cidadanía", e as persoas interesadas poden facer a inscrición a través da web www.vigo.org/artesania ou no teléfono 986 220 758 antes do 13 de novembro.

Así, na xornada do 15 de novembro estará adicada á vida nos fogares labregos. A sesión do día 22 centrarase nas etapas dende a infancia á vellez. Finalmente, o 29 de novembro tratarase o tema da familia e a muller e as causas do fin desa concepción da familia
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-11-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
3ª Xornada da LNB Sur

A terceira xornada da LNB Conferencia Sur celébrase en Marín o sábado 15 de novembro ás 16 horas no Colexio da Laxe en Marín.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2008 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas prazas para os cursos DUF
Aínda quedan algunhas prazas libres para os cursos prácticos que se desenvolven dentro do V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF.

Son dous cursos que se celebrarán esta fin de semana:

Master-class de pandeireta galega de Felisa Segade. Curso práctico e pequeno concerto de exhibición.
Domingo 16 de 10 a 14 h Casa das Campás. 30 €

Fai o tei pandeiro! obradoiro de artesanía musical con Carlos do Viso onde se montará un pandeiro, copia do histórico instrumento co que Perfecto Feijóo fixo as primeiras gravacións comerciais deste instrumento, exemplar que estará exposto extraordinariamente no novo edificio do Museo de Pontevedra.
Sábado 15 de 10 a 13 h. 100 € (material incluído)

Para inscribirse dirixirse a matricula@folque.com ou no teléfono 881 031 829.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2008 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Outono 2008 no Campus de Elviña
Música en galego na defensa da universidade pública galega

Os Comités (antes coñecidos como Comités Abertos de Facultade, CAF)do Campus da Coruña están a preparar para este xoves 13 ás 21:30 h a segunda edición do Festival de Outono, haberá un carpa no aparcamento de informática e buses á volta, este ano no marco da campaña na defensa da universidade pública galega que culminará o vindeiro mércores 19 coa Folga.

Festival de Outono 2008

Xoves 13 de novembro
Campus de Elviña (A Coruña)


- Lamatumbá
- Ruxe-Ruxe
- Festicultores
- Trapallada


Acceso libre e de balde
Con carpa

www.comitesabertos.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-11-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer