Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fito, cantante da Roda será homenaxeado en Vigo

O 13 de outubro terá lugar un festival de música no auditorio novo vigués



O Auditorio Mar de Vigo acollerá o próximo 13 de outubro unha homenaxe popular a Adolfo Domínguez, Fito, o cantante da Roda, falecido a comezos do pasado mes de setembro. O festival contará con grandes figuras da música galega, como Xurxo Souto, Mini e Mero, Susana Seivane e Anxo Pintos, así como tamén con grupos de canción de taberna.

Incluso estará presente o grupo A Roda, co seu novo vocalista. Durante a presentación do concerto, Alfredo Dourado, fillo de Fito e compoñente do grupo, afirmou: «Xa non como cantante e eixo da Roda, voz irrepetible, artellou un dous grupos, creo que o que máis, coñecidos da música popular; fixo moito pola cultura da cidade». Nesta presentación tamén estivo presente outro membro do grupo, Bernardo Xosé Rodríguez, quen afirmou: «Fito forma parte da historia; podo dicir que Fito é Vigo, o home de Teis».

Fito Domínguez faleceu a comezos de setembro, unha perda moi lamentada desde diversos ámbitos da cultura galega pola súa achega ao mantemento da música popular. A Roda naceu en 1976, no seo dun grupo de amigos do barrio de Teis , que aproveitaban os seus momentos de lecer para cantar. Despois chegaron as gravacións e a profesionalización.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-10-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 1 (Luns)

Terza feira 2 (Martes)

Corta feira 3 (Mércores)

Quinta feira 4 (Xoves)
• Xoán Eiriz no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30
• Coanhadeira e Leilía na praza de Santa María (Lugo) ás 21.15
• Festival de Noso (Lugo): Os John Deeres, Terbutalina, Machina no Campo Castelo (Lugo) ás 21:30
• Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 5 (Venres)
• Saltonocribo e Sondeseu en Lugo na Praza de Santa Maria ás 20:15
• IV Zumbanocoiro: A Volta do Agro, As Lagharteiras, Tiruleque na Praza do Campo Castelo (Lugo) ás 22:30
• Noite de Tasca na Ponte Carreira-Frades
• Serán de Carcacía

Sábado 6
• X Festival de Cultura Tradicional (Lugo) na Praza de Santa María ás 18:00
• Serán da Colleita en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa
• Serán de Tahúme (Olveira-Riveira)
• Serán de Fefinans (Cambados) no barrio de Triana na praza San Gregorio

Domingo 7
• XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo) ás 11:30 e ás 17:30
• I Certame do Traxe Tradicional Galego (Lugo) no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
• Brincadeira e Ruote na praza de Santa María (Lugo) ás 19:30
• Malvela na Praza de Santa Maria de Lugo ás 21:00
• Sés no Campo Castelo de Lugo ás 22:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2012 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de tasca en Frades
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Colleita (Parderrubias- Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2012 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán Tahúme (Sirves-Riveira)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame do Traxe tradicional galego de Lugo
I CERTAME DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO DE LUGO

O día 7 de outubro, dentro do programa de Festas do San Froilán, a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo convoca o I Certame do Traxe Tradicional Galego coas seguintes

BASES
1ª Poderán concorrer todas as persoas que o desexen, cubrindo a folla de solicitude que se facilitará na páxina web do concello de Lugo www.sanfroilan.info.

2ª. Na folla de inscrición sinalarase: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo ou de nova feitura; comarca de procedencia; época á que pertence; e as pezas que compoñen o traxe. Esta información deberá acompañarse de toda a documentación necesaria para a valoración do traxe por parte do xurado (fotografías, descricións, etc...) Non se admitirá traxe ningún que non veña suficientemente documentado, agás na modalidade de traxe infantil, na que só se esixirá que se respecten os canons da vestimenta tradicional.
Na categoría de grupo cubrirase unha folla de inscrición única e acompañarase das fotografías dos traxes que se van presentar, indicando as comarcas ás que pertencen.
No apartado de nenos/as poderán participar concursantes de 0 a 14 anos.
Os traxes antigos, debido ás reducidas dimensións das pezas, poderán ser presentados por nenas ou nenos sen que se considere, por iso, categoría infantil.
Unha vez aceptada a inscrición enviaráselle a cada inscrito un número de participante, que é o que indicará a orde que ocupará no desfile e na presentación dos traxes diante do Xurado.
No mesmo impreso atoparanse as normas de organización que rexerán a presente edición do certame .

O prazo de presentación de solicitudes para participar no certame remata o día 2 de outubro ás 24:00 horas, e deben ser enviadas por correo electrónico ao enderezo cultura@concellodelugo.org.

4ª Todos os traxes feitos na actualidade débense inscribir como traxe moderno, sendo imprescindible que garden o canon do traxe antigo.

5ª Os traxes antigos deberanse presentar como tales, facendo referencia detallada aos seus antecedentes e procedencia.

6º Sexan os traxes antigos ou modernos, os seus tecidos serán naturais e de uso tradicional, e a súa feitura e os seus adornos axeitaranse aos patróns tradicionais.

7º É condición imprescindible que tódalas prendas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo.

8ª Non poderán combinarse prendas de distinta comarca.

9ª O Xurado, no momento da súa deliberación, terá moito en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das pezas que o compoñen, e tamén dos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc., así como a documentación e información aportada e mais a explicación que se faga no momento da avaliación .

11ª O Xurado será nomeado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e estará constituído por expertos na materia que traballen en institucións e grupos vencellados á cultura tradicional galega, asistidos por un secretario con voz e sen voto.

12ª O Xurado será designado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, terá todas as facultades para a interpretación destas bases e poderá outorgar as mencións que xulgue convenientes.

13ª Establécense os seguintes premios:

PREMIO TRAXE ANTIGO COMPLETO
Homes: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres:300 EUROS e agasallo conmemorativo

PREMIO TRAXE MODERNO
Homes:
Primeiro Premio: 200 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo

Mulleres:
Primeiro Premio:200 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 100 EUROS e agasallo conmemorativo

Nenos:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
Nenas:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo

PREMIO ESPECIAL de 400 EUROS para o grupo de máis de 10 persoas que se inscriban como asociación, grupo folclórico, etc., e do que ningún dos membros estea inscrito no certame de xeito individual.

PREMIO ESPECIAL DE 100 EUROS á mellor peza ou conxunto de pezas antigas que non compoñan un traxe completo.

www.sanfroilan.info
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-10-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
II Curso de música e baile galego en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-10-2012 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de música tradicional galega (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-10-2012 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer