Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán do Samaín (Redondela)
Este mércores 31 celebrarase na Alameda de Redondela o que xa ven sendo tradicional nos último anos Samaín. Este comezará as 17:30 h con diversos obradoiros para nenos e nenas; obradoiro de decoración de cabazas nos que os nenos e nenas deberán traer a súa propia, obradoiro de maquillaxe e outro de manualidades. As 18:00 h comezará o Magosto con castañas para tódolos asistentes, aínda que a novidade deste ano será o Concurso de Postres con Cabaza ou Castañas que dará comezo as 20.30, polo que animamos a toda a xente que o desexe a participar. Durante a xornada haberá ambientación musical ata chegar as 21:30 h, momento no que dará comezo o Serán popular no que calquera grupo tradicional é benvido a tocar.


Queremos resaltar e lamentar que este año o Concello de Redondela comunicara onte mesmo, luns día 29, que deixa de colaborar e apoiar o xa consolidado Samain de Redondela, que integra á súa vez o Magosto de Redondela e o único Serán urbano da Vila, despois de que esta institución levase máis 5 de anos organizándoo xunto coa Asociación Xoeira, Millo Verde e a Asociación Cultural Santa María do Viso. As asociacións participantes consideran inexplicable que unha actividade xa consolidada e deste calado, sempre apoiada dende esta institución local, sufra un menosprezo de tal calibre. Deste xeito obrígase na presente edición, e unha vez xa anunciado o evento, que todo o peso da súa organización recaia plenamente nas tres asociacións sen apoio, colaboración, nin axuda por parte do Concello para poder realizar un evento a altura de edicións pasadas e cunhas infraestruturas mínimas necesarias para que os veciños de Redondela e arredores poidan gozar dun evento que recupera e leva ó mesmo centro da vila tres aspectos relevantes da cultura tradicional galega.


Tamén, e unha vez coñecido este caso, dende a Plataforma pola Defensa da Cultura laméntase que se sigan dando por parte do Concello de Redondela este tipo de situacións que dificultan o traballo e as actividades de moitas asociacións en prol dos veciños e veciñas do concello.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-10-2012 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de defuntos cos Chichisos (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2012 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Falperrys en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Video e xira `Pazos e bares´ de Os Cempés
O Novo videoclip feito nas festas percebeiras que se fixeron cos mecenas que aportaron 1200? xa está na rede.



Os Mecenas que aportáchedes 25,30,50,100 e 1200? tedes dereito a invitacións para o concerto (único) de Presentación no Pazo da Cultura de Narón o 29 de Novembro.

Ese concerto forma parte da Xira "de PAZOS e BARES" que faremos este inverno. En breve vos contamos cómo facer para conseguir as vosas entradas. Máis info sobre as datas da Xira no Facebook de Os Cempés ou no blog de Os Cempés: www.oscempes.blogspot.com

Novembro:

Sábado 10
Casa da Estación, Pontedeume (Magosto). 21h.

Xoves 29
Pazo da Cultura, Narón. (+ Invitados.)

Decembro:

Xoves 20
A Regueifa, Vigo

Venres 21
O Aturuxo, Bueu.

Sábado 22
Taberna Marrucho, Baiona.

Domingo 23
Sala Discotasca, Redondela (sesión Vermú).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2012 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Banda Baile Asalto na Coruña
Hai que bailar! este é o obxectivo do grupo Baile Banda Asalto que desde o seu comezo, busca a interacción co público. Goza do seu directo o martes 30 de outubro no Teatro Colon da Coruña, ás 20:30 horas. Compra aquí a entrada para este espectáculo.

Banda Baile Asalto é un grupo pontevedrés nato en xuño de 2011, co esqueixe da súa participación no VIN Festival Folc de Muxía. Cun repertorio alegre, desenfadado e co toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta.

Un proxecto froito das inquietudes de seis músicos de diferentes estilos, na percura dunha linguaxe única. Ademais dun profundo coñecemento da música tradicional galega, unha particular visión artística, e o seu gusto polas músicas doutros países e estilos, fai que a Banda se converta nun proxecto apeteceible e inetiquetable: música do mundo feita no noso país.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2012 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Rodrigo Romaní
AS ARPAS DE BREOGAN

Dispoñible a partir do 20/11/12

O novo traballo discográfico de Rodrigo Romaní será presentado aos medios o venres 23 de novembro ás 12:30 horas na SEDE SGAE/ FUNDACION AUTOR,
Parque Vista Alegre
Rua das Salvadas, 2A
SANTIAGO DE COMPOSTELA


Desque a finais da década dos 70 no pasado século Emilio Cao, primeiro e Rodrigo Romaní despois, introduciran o uso da arpa céltica nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego, planteaba sobre a música de tradición oral, danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular, un longo camiño foi percorrido por grupos e solistas de todo o pais que incorporaron o instrumento proporcionándolle diferentes acentos e modos de interpretación. Particularmente a aparición da primeira aula dedicada a arpa céltica en España no seo da Universidade Popular de Vigo en 1996, por empeño do luthier Ramón Casal e de Rodrigo Romaní, e o seu posterior desenvolvemento na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) na mesma cidade, marca un punto de inflexión determinante na creación dun estilo propio con acento galego. Milladoiro, Berrogüetto ou máis recentemente Lulavai, Sete Saias, Roi Casal ou a sección de arpas da orquestra Folk Sondeseu, tiveron ou teñen vinculación coa Aula de Arpa Céltica da ETRAD. Hoxe podemos atopar neste fermoso recuncho atlántico cualificados intérpretes e constructores dun instrumento prácticamente descoñecido en España hai tres décadas.

En As Arpas de Breogán, Rodrigo Romaní presenta un traballo adicado ao son da arpa céltica é á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.

http://musicaengalego.blogspot.com.es


http://youtu.be/POFl_C1iaLg
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco da Banda Crebinsky
"JET LAG" NOVO DISCO DE BANDA CREBINSKY

Banda Crebinsky é unha pequena orquesta popular surxida dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky. Do mesmo xeito, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, percorren as rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Si houbera que etiquetar o seu estilo, pronto teríamos serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións coma ?composicións eclécticas-delirantes próximas á world music? ou ben ?música popular dun país inexistente?que nos aproximaría un chisco á realidade. Da sua escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de grande calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é casi imposibel escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois é a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos.

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen un amplo bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das suas experiencias i estilos persoales, dende o klezmer ou do folk ó jazz, rock, música clásica ou experimental.

En 2010, publican o seu primeiro disco titulado ?Banda Crebinsky?, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir de este momento comenzan a ofrecer concertos en diversos formatos: Universo Crebinsky (película con actuación da Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos ?Veranos de la Villa? no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy (Paris) entre outros.

Tamén en 2011 reeditan con Fol Musica un DVD que inclue a película, a BSO e un directo que Banda Crebinsky ofreceu en octubre de 2010 no Teatro Principal de Pontevedra.

Agora sae á venda o seu segundo disco ?Jet Lag? no cal a Banda opta por un sonido máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas nun viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Este disco de 50 minutos contén 12 temas, mezcla temas cantados e instrumentáis, dentro deste segundo grupo pertenecen ? Dúas mulleres?, ¨Chai ¨o ? Lulu is coming?

http://youtu.be/MpmRaGhHZxw
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Libro disco María Fumaça
Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro ou Carlos Blanco son só algúns dos artistas que colaboran en María Fumaça.

Este libro disco, que acaba de publicar Galaxia, aposta pola ledicia e vida fronte aos problemas das discapacidades. Segundo sinala a editora o proxecto "gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear este libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas".

Textos, ilustracións, un CD de audio e un DVD con vídeos con karaoke fan parte deste título, que conta cunha vintena de temas destianados aos máis novos. Boa parte dos contidos de María Fumaça están adaptados a persoas con discapacidades.

A obra está dispoñible na colección Sonárbore a un prezo de 22 euros.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Once grupos gravan os seus primeiros discos co programa Outra + Outra

Once grupos da coruña recibían onte mil copias de cadanseu debut discográfico no marco do programa Outra+Outra. A VII edición deste proxecto, coordinado pola Fundación Paideia, o Estudio Mans e mais a Deputación da Coruña, beneficiou desta volta ás Cantareiras Algarabía + Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro, ao Coro e Grupo Celta de Ortigueira, a Zoar Ensemble, Pablo Galdo, El Arrabal, Escola Banda de Música de Ortigueira, Banda de Música de Teo, Dúo DeContrabando, Quinteto Cimarrón e Honreiras.

A coincidir con esta entrega presentouse a oitava edición do programa, que está aberto á participación de grupos da provincia da Coruña, que estean integrados na Rede Cultural da Deputación e que teñan interese de gravar o seu primeiro álbum.

O único requisito para participar é estar incluido na rede cultural da Deputación do presente ano, ou no seu defecto comprometerse a inscribirse na convocatoria da rede cultural da Deputación do ano 2013, e ter residencia na provincia da Coruña, puidéndose presentar grupos de calquera estilo musical (corais, pop, rock, jazz, rondallas, bandas de música, etc.).
A Deputación da Coruña financia o 50% do custo da edición e a Fundación Paideia contribue co Estudo de Gravación e os seus medios técnicos e profesionais, así como coa distribución a través da colaboración de FNAC Coruña.

www.culturagalega.org

www.mans-paideia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2012 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Maghúa
MAGHÚA ?Corricán?

Maghúa son un grupo de mozos afincados na vila d?A Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequeña porción da tradición do País.


Bótanse á auga en decembro de 2006 como grupo de cantareiros. Unicamente voz, pel e madeira.
?Corricán? (ou curricán) é unha arte de pesca respectuosa co medio. Consiste en empregar canas, ou varas con liñas e anzois para ir apañando as pezas dunha nunha. Peixe azul...
Deste xeito Maghúa botou o anzol ás pezas que conforman esta mostra.. Unha a unha foron caendo nos distintos caladoiros do País, e mesmo fóra da raia ?administrativa?.

Unha selección do traballo realizado por Maghúa desde o ano 2006. Non podía coller todo nesta lata, obviamente, porén as pezas descartadas atoparán acomodo no futuro....

Levan actuado por todo o País, e tamén teñen saído a Estremadura, Barcelona, Valladolid, Porto, Xenevra.... Van onde os leve a maré.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de `Mel de Meiga´
Mel de Meiga é unha nova formación liderada pola cantante Eva Carreras, que tras o seu paso por OT, aposta por unha nova etapa con composicións baseadas na música tradicional galega, da que sempre estivo fortemente vinculada.

Como tapiz, unha sonoridade pop con cortes minimalistas e de escoita fácil, o disco debut chámase ?Crecente? e nel acompáñanlle algúns dos music ?Mutenrohi?, con los que ha traballado en ex-compoñentes da formación de folk & celtic-los últimos años.

Formación:

Eva Carreras: Voz
Kakus Campos Seijo: Violin
Iván Salgado: Piano
David Regueiro: Guitarra
Pablo Dalama: Whistle y Gaita
Loren Tabarés: Bajo
Diego Valero: Batería
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Telephones Rouges
Telephones Rouges xa ten na rede o seu primeiro LP Disenso.

Presentación de "Disenso", o seu primeiro LP. O 5 de novembro sae á venda en vinilo 12" da man dos selos Mama Vynila Records e Matapadre. A partir desa data tamén poderás descargalo gratuítamente.

Logo de dous Ep´s a banda do Grove ven de producir o disco coa axuda de Iñaki Bea, tanto na gravación nos estudios A Ponte en agosto do 2012 xunto con Tomás Ageitos, como na masterización nos estudios Planta Sónica de Vigo con Pancho Suárez. O disco está editado por Mama Vynila e Matapadre.

Disenso está composto por 11 novos temas nos que as melodías hipnóticas e letras unhas veces emotivas, outras combativas e con mala hostia, conseguen sumerxirse nos terreos máis correosos do Garage, Punk e Rock.

http://telephonesrouges.bandcamp.com

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sergio Tannus grava o seu novo disco
Sergio Tannus está a gravar o seu novo album "Son Brasilego", un traballo onde conta con perto de 40 músicos colaboradores (Uxía, Carlos do Carmo, Joao Afonso, Ugía Pedreira, Antonio Zambujo, Narf, Sonia Lebedynski.........).

Rematadas as gravacións todas, xa o disco se atopa no estudio, a piques de rematar ca masterización. E para axudar a colaborar con esta auto-producción, Sergio Tannus lanzará nestes días un proxecto de pequeno mecenazgo ou crowdfunding a través da páxina Verkami.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Alvariza presenta o seu novo disco
Alvariza presenta o seu novo disco ?Once Badaladas?

"Once badaladas" é o novo traballo discográfico de Alvariza, resultado destes últimos once anos nos que se consolidan como formación estable no panorama músical galego. No disco móstrase unha nova maneira de interpretar ou reinventar a música galega, unha aposta orixinal e novidosa na que mesturan temas populares, tradicionais e de autoría.


"Once badaladas" xa está dispoñible para descarga ou escoita nas principias plataformas de distribución da rede:

Escoita Once Badaladas en Spotify

Merca Once Badaladas en iTunes

Tamén se pode mercar o cd na web da Regionalista, no enlace da Tenda:

http://www.aregionalista.es/store/

Outros puntos de venda do disco físico en Santiago de Compostela: A Bulideira (San Lázaro); A Grileira (Sar) e Decotío (Fonte Sequelo).


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-10-2012 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 29 (Luns)

Terza feira 30 (Martes)
? Banda Baile Asalto no Teatro Colón (A Coruña)

Corta feira 31 (Mércores)
? Arenga na sala Super 8 (Ferrol)
? Falperrys na Taberna Marrucho de Baiona ás 22.30
? Foliada de A Banda das Crechas (Compostela)
? Serán do Samaín (Redondela)

Quinta feira 1 (Xoves)
? Primordiais na Regueifa (Vigo)

Sexta feira 2 (Venres)
? The Crass e Davide Salvado en Vigofeira (Ifevi-Vigo) ás 18:00
? ISGA Collective no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? XX Magosto Celta de Balboa (O Bierzo): Habelas Hainas, Chotokoeu,...
? Noites de Tasca no bar O Brumeiral en Leira (Ordes - A Coruña)

Sábado 3
? Zenzar no pub Gales (Betanzos)
? Festival Castañazo Rock (Chantada): Os Diplomáticos de Montealto, Os Papaqueixos, Rastreros,...
? XX Magosto Celta de Balboa (O Bierzo): Abelladeira, Malantes,...
? Os Irmandiños de Vincios na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:30
? I Foliada da Vila na Praza da Marieta (Cedeira - A Coruña) ás 20.30
? Foliada de Sada

Domingo 4
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas
O pasado sábado 27 de outubro o auditorio Mar de Vigo acolleu a final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, organizadas pola asociación Interfolk, coa colaboración do Concello de Vigo.

Catro grupo folklóricos galegos participaron na final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais que se desenvolveron no a auditorio Mar de Vigo o pasado sábado, 27 de outubro: Andarela, Colexiata do Sar, Seixebra e Traspés. Ademais, o certame contou co Coro Tradicional Cantares do Brión como artista invitado.

Premios:

1º Premio: A. C. Traspés
2º Premio: A. F. Colexiata do Sar
3º Premio: A. C. Seixebra
4º Premio: A. F. Andarela

- Premio ao mellor acompañamento: A. C. Traspés
- Premio ao mellor vestiario: A. C. Traspés
- Premio á mellor peza coreográfica: A. F. Colexiata do Sar


Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-10-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Música Tradiciona​l de Luou - Teo

Este domingo tiña lugar en Luou (Teo) a VI edición do Concurso de Música Tradicional desta vila.
O público asistente ateigou ata a bandeira o Salón de Actos do Local Social de Luou para disfrutar dunha tarde de música e de músic@s de moi alto nivel.

Nesta edición participaban 9 grupos na seguinte orde:
1-Virutas de Ébano
2-Painho do Mal Tempo
3-Xente Nova
4-Picurruchos
5-Os Fonte Suairas
6-Chiquirindaina
7-Fol de Coiro
8-A Folla da Hedra
9-Vedoira

Os premios determinados polo xurado, composto por Manuel Nieto, Edelmiro Fernández e Iván Costa, foron:

1º-Clasificado - A Folla da Hedra de Ponteareas
2º-Clasificado - Paínho do Mal Tempo de Pontevedra
3º-Clasificado - Picurruchos de Lugo


A entrega de premios foi levada a cabo por D. Martiño Noriega (Alcalde de Teo), Dª. Carme Hermida (Concelleira de Cultura do Concello de Teo) e D. Ramón Parajó (Presidente da A.C. A Mámoa)

Dende a A.C. A Mámoa só nos cabe darlle as grazas un ano máis a todol@s grupos por seguir deleitándonos ca sua música e a todol@s asistentes por ateigar e disfrutar da tarde na nosa compaña.
De hoxe nun ano!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-10-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Premio IAR do folclore galego
BASES PREMIO ?IAR? DO FOLCLORE GALEGO

O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.


Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:

1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ?IAR? está aberto ate o 7 de Novembro, valorando nesta vixésima edición o labor realizado ata finais do ano 2011, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4. As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

5. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio ?IAR?

6. O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

7. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio ?IAR? anterior.

8. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

9. O Premio ?IAR? 2012 fallarase antes da celebración da XXI edición do Festival de Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Centro Sociocultural Ágora, o vindeiro 17 de Novembro de 2012.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
? III Festival de Cantareiras as 20:00 no salón de actos do Centro Cívico Carvalho Calero (Ferrol)
? Os Folkgazais no Cine Teatro de Ribadeo ás 21.30
? Esquíos no Local Social de Pontemuiños (Pontevedra)
? Pentalfa no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Tanto nos Ten e Pelepau na Sala Disco Tasca (Redondela)
? Foliada en Couso (A Estrada)
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 27
? Espazo Activo da Ulla, en San Miguel de Sarandón- Vedra
? Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 20:00: Ataque Escampe, Magnifique Band Dos Homes sen Medo, Mini e Mero, Dolce Vita, O Leo i Arremecaghona, Garcia MC,...
? XIII Xornadas de danza e músicas tradicionais galegas (Vigo) ás 19.00 horas no Auditorio Mar de Vigo: A. C. Andarela, A. F. Colexiata do Sar, A. C. Seixebra, A. C. Traspés e Coro Tradicional Cantares do Brión
? A Quenlla, Aitor Cuervo, Pablo Hasel na Disco Tasca (Redondela)
? Sés no Liceum (O Porriño) ás 23:30
? Medomedá na Cervexaría Encontro (Barrantes-Ribadumia)
? II Ruada de Faragullas (Teixeiro)
? III serán da colleita (Randufe, Achas-A Cañiza) no campo de futbol de Randufe

Domingo 28
? VI Concurso de Música Tradicional da A.C. A Mámoa de Luou - Teo ás 18:00
? Espazo Activo da Ulla, en San Miguel de Sarandón- Vedra
? Sobre Rodas (Carlos do Viso e Luis "O Caruncho") no Multiusos da Xunqueira en Redondela ás 21.30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Ranfufe (Achas-A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-10-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-10-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-10-2012 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
II Ruada de Faragullas (Teixeiro)
Ola festeiros de toda Ghalisia,

A xente de FARAGULLAS quere convidalos a sua II RUADA. que terá lugar o vindeiro 27 de Outubro, ás 21:30 horas en CASA MIRAZ- TEIXEIRO ( A CORUÑA)

Se queredes mais información chamades os teléfonos:
655098915: SANDRA
618971909: OTILIA

Haberá Comilona e Chocolatada GRATIS para tódolos asistentes e lugar con calefacción para durmir.

PARA OS MAIS VALENTES HABERA RUTA DO COGUMELO ORGANIZADA POLO CONCELLO O DIA SIGUENTE!!!!!!!


CONTAMOS CON TODOS VÓS!!!!!!!!!
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival de Cantareiras (Ferrol)
Para manter a noso Folklore vivo, a Agrupación Folklórica e Cultural Terra Meiga, organiza dende mais de 40 anos diversas actividades. Este ano como nos dous anteriores, vimos de organizar conxuntamente coa Asociación Alen de Ancos (Grupo de Música Folk) o III Festival de Cantareiras.

Tera lugar o vindeiro Venres 26 as 20,00h.. no salón de actos do Centro Cívico Carvalho Calero.

Este evento ten lugar gracias a Colaboración e o Patrocinio do Concello de Ferrol?Cultura e a Excma. Diputación de A Coruña, dentro da Rede Cultural (Convenio de Actuacións) Actuarán os seguintes grupos:

Cantareiras CHIRINDAINA (Ferrol)

Este grupo de Cantareiras nece dunha actividade extraescolar no ano 2002 no C.E.I.P. San Xoán de Ferrol. No ano 2008, as alumnas deixan o colexio e deciden continuar cantando, formándose así o Grupo de Cantareiras. Todos estes anos traballaron recuperando os cantos tradicionais galegos gracias ó arquivo da Asociación Folklórica Berce, composta dun amplo repertorio de cantigas recuperadas das aldeas galegas mediante un arduo traballo de campo.
No ano 2009 deciden adherirse ó grupo de baile tradicional Lembranzas do Condado de Doniños, para conformar o grupo de Cantareiras do mesmo. Deste xeito comenzan a participan en festivais foklóricos e internacionais por Galicia, Madrid, Asturias, León, Portugal?, ainda que continúan a súa actividade como Grupo de Cantatareiras Chirindaina.

Cantareiras da Asociación de Música e Danza Tradicional QUEIROA (Sada)

A asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, nace en novembro de 2002 no concello de Sada (A Coruña, Galicia, España), respondendo á demanda e inquietudes musicais da súa poboación. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro cuio obxectivo fundamental é a difusión do baile e da música tradicional.Na actualidade, Queiroa desenvolve as súas actividades (gaita, percusión, canto, pandeireta e baile tradicional) ao longo de todo o ano nuhas instalacións cedidas desinteresadamente por varios colexios do concello. Mantén polo tanto, unha escola de música na que se forman e ensaian, a partir dos tres anos de idade máis de 120 alumnos/as, dirixidos por catro monitores.Ao longo destes anos de existencia, recibe unha mención especial, cuatro primeiros, seis segundos e dos terceiros premios en diferentes concursos de pandeireta e gaita da provincia. No repertorio tradicional do grupo de Cantareiras, podemos destacan muiñeiras, pasodobres, xotas, polcas e alboradas.

MAIANAS Pandereterias da Maia (Ames)

Hai cinco anos,un grupo de amigas, que gozaban cantando e tocando a pandeireta, decidiron xuntarse e formar o grupo de pandeireteiras ?Val da Maía?, levando así o nome da súa terra alá onde van. Pouco tempo despois, decidiron abreviar o nome e pasaron a ser as ?Maianas?, pois así é como se chaman as mulleres desta zona. Nestes cinco anos coñecen a moita xente que lles dá forza e ánimos para seguir adiante con este proxecto musical, entre os que cabe destacar unha centenaria de Cordeiro, no concello pontevedrés de Valga, señora Herminia, a quen lle fan a primeira recollida, e a Dionisio Aboal, director do grupo de gaitas ?Os Alegres?, de Pontevedra, quen lle abriu as portas nesta provincia. A agrupación realiza diferentes tipos de actuacións, adaptando tanto o repertorio como a vestimenta ás mesmas; así, participan tanto en romarías, como festivais, festas, e incluso achegando a música e os instrumentos aos centros educativos con concertos didácticos. O repertorio é moi variado, tanto que abrangue dende pezas de composición propia, nas que abundan os xogos de voces e instrumentos, ata cancións puramente tradicionais e populares coas que tratan de achegar ao público máis escéptico a este tipo de actuacións.

Un saudo.
A.F.C. Terra MeigaAlén de Ancos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana na Disco Tasca (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño (Compostela)



?Un home do Aquí? é o nome da primeira homenaxe que se lel renderá a Roberto Vidal Bolaño ao se cumpriren dez anos do seu pasamento e en vísperas de que comece o 2013 no que a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. Teatro e música lembrarán ao primeiro dramaturgo que protagonizará un 17 de maio.


O actor Carlos Blanco será o encargado de presentar a homenaxe que o día 27 de outubro terá lugar no Salón Teatro de Compostela. O actor conducira xa a entrega dos Premios María Casares que, pouco despois da súa morte, constituira a grande homenaxe do sector a Vidal Bolaño, cando todo o auditorio do Rosalía de Castro luciu un nariz verbello na súa memoria.

Mais non comezará no escenario a homenaxe das amizades titulada ?Un home do Aquí?, en referencia á compañía teatral que dirixía Vidal Bolaño. Os monicreques de Kukas conducirán un pasarrúas que partirá da Alameda, na vontade que tamén el tiña de que o teatro tomase a rúa.

Música e teatro por parte de grupos, persoas e compañías próximas a Roberto Vidal Bolaño integrarán o programa que ás 20 horas dará comezo no teatro público compostelán no mesmo no que o dramaturgo fora velado hai dez anos, cando a profesión quixo poñer á vista que a despedida tiña que ser no escenario, o seu lugar natural.

Magnifique Band dos homes sen medo, Ataque Escampe -banda na que toca seu fillo Roi Vidal- Dolce Vita, Mini e Mero e Leo arremecaghoná & García na parte musical e Chévere, Laura Ponte, Rubén Ruibal e X. Carlos Mejuto ademais de Pako D- Pink& Perello no apartado teatral compartirán o programa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Espazo activo do Ulla
Programa 2012:

Sábado 27 de Outubro

Ás 16.30 horas comezarán os actos do Espazo Activo da Ulla na parroquia de San Miguel de Sarandón, coa celebración do Pasabodeghas, unha ruta gaiteira con degustacións polo sete adegas participantes no evento. Os asistentes poderán adquirir o pack pasabodeghas por 10? e inclúe unha xerra conmemorativa con degustación de viño e petisco polas adegas.

A ruta contará co acompañamento musical das Sobreiras do Ulla, Regachos de Matamulleres, O Ghusto do Boi, Agarimo, A Ferreña Furtiva, os Re-voltas, Vouvirvorver, Raiolo, os Esfolladores de Illobre, Vai de Roda, Devotos do Folclore, os Ke Hai, O Recobío, Xarandeira, Trécola, Varacuncas, os de Couso, Celturia...e demais grupos que queiran participar.

Durante a xornada tamén haberá xogos populares con Raiceiros, Cabezudos con Rebulir, Monicreques con Pés Ceibes, exposicións, obradoiros, artesanía, etc. Pola tarde, no campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.
A partir das 23.00 horas animarase a festa coas actuacións musicais a cargo de Pet Piper's Project, Carapaus e Cuchufellos.

Domingo 28

Na xornada dominical comezará a festa coa sesión vermú ás 13.00 horas e a continuación Xantar Popular cun menú composto de empanada de cogumelos e bonito, carne ó caldeiro e para a sobremesa, queixo con marmelo, bizcocho e café con pingas. Todos os que desexen gozar do menú deberán retirar a invitación por un prezo de 15? persoa.

O día estará animado coas actuacións a cargo da Asoc. Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras, A Gaita de Sarandón, as pandereteiras de Silandeira e Deladeiras, os Campantes da Baña, Aloumiños, os Pequenos, os Laxeiriños e A Requinta da Laxeira.

Ás 18.00 horas, poderase gozar dun espectáculo circense e de malabares a cargo de Rudi Dudi (Clowntamination).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pola defensa da Ría (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Medomedá en Barrantes (Ribadumia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas de danza e músicas tradicionais galegas (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-10-2012 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de Música Tradicional da A.C. A Mámoa de Luou - Teo
Outro ano máis estamos encantad@s de poder facervos chegar toda a información relativa ó xa "VI Concurso de Música Tradicional" da A.C. A Mámoa de Luou - Teo.
A data na que terá lugar o evento será o vindeiro 28 de Outubro de 2012 no Local Social de Luou.


Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Sen máis, convidarvos a tod@s a que ese domingo vos acheguedes a Luou a vivir un domingo cheo de música do país.
Saúdos.

A. C. A Mámoa
Luou - Teo
www.facebook.com/acamamoa

Bases para o concurso de cuartetos tradicionais ?VI Concurso de Cuartetos Tradicionais? (Luou ? Teo)

1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
- Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico).
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohibido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.

3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para cuartetos tradicionais galegos.

4.-O Xurado valorará os seguintes puntos:
- Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5.-O Concurso celebrarase o día 28 de Outubro de 2012 no Local Social de Luou, Teo.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas.
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6.-A data tope de inscrición será o día 24 de Outubro de 2012.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal:

A. C. A Mámoa
?Concurso de Música Tradicional?
A Igrexa s/n ? Luou
15883 ? Teo

Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com

As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa

7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos grupos seleccionados.

8.-A Organización establece 3 premios:
1º Premio ? 1.000 ? + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo

9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións
- Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
- A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa
Telf.: 609 666 805 (Miguel)
657 247 504 (Xandre)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-10-2012 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Libro De vello, gaiteiro! en Pontevedra
O vindeiro xoves 25 de outubro ás 20.00 horas na Casa das Campás - Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto - 9-11 Pontevedra) terá lugar a presentación do Libro De vello, gaiteiro!

De vello, gaiteiro! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e músico tradicional. Neste traballo faise un percorrido pola biografía da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos que neste ano 2012 cumpriu os seus 18 anos de existencia.

O presente libro sírvelle ó autor para conmemorar esa maioría de idade da agupación, facendo un repaso ó que foron estas case dúas décadas de traballo a prol da divulgación da cultura musical tradicional galega en tódalas súas vertentes. Biografías dos músicos, historia da agrupación, actividades didácticas, obradoiros, colaboracións culturais, artigos, fotografías, prensa, concertos, festas e romarías desfilan polas páxinas da obra construíndo un completo retrato do que foi e é a agrupación musical e asociación cultural Os Chichisos. De vello, gaiteiro! inclúe, ademais, un catálogo de 33 cadros do artista Francisco Sutil onde Os Chichisos son os protagonista da súa obra pictórica.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-10-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ?Son do Fol? en Compostela

Hoxe mércores 24 de outubro ás 19.00 horas terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións que se farán do libro ?Son do Fol?, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta este traballo froito da intensa labor que esta asociación está a desenvolver a prol da cultura galega apostando sempre pola promoción da música tradicional entre os mais cativos, facendo así partícipes da nosa cultura, ás novas xeracións.

Xaime Estévez, autor de ?Son do Fol? estará acompañado do deseñador da obra, Ramón Marín; eles serán os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 24-10-2012 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo traballo de Os Folkgazais
Os Folkgazais presenta o seu segundo disco, cantado en galego de Asturias

O grupo Os Folkgazais está a piques de sacar á rúa o seu segundo disco. Leva por título 'Haiga', está cantado en galego de Asturias e a súa posta de longo en Ribadeo será o venres ás nove e media da noite no Cine Teatro da localidade ribadense.

Do mesmo xeito que no seu debut, practican de novo o que eles denominan «pachanga-folk», que en realidade explican que «é música de baile dos anos 50 e 60 do século pasado». Aclaran que nese saco aparecen estilos de música como as cumbias, foxtrot, bossanova, swing ou pasodobre.

En 'Haiga' inclúen unha novidade importante, un narcocorrido, as popularísimas cancións mexicanas dedicadas a narrar musicalmente as historias dos capos da droga, en ocasións con resultados fatais para os seus intérpretes.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-10-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños
Un libro recolle a tradición oral do municipio cabanés
"O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños", de Olga Kirk e Pablo Díaz, foi presentado esta mañá na Casa do Concello


Ante representantes do movemento asociativo local e arroupados por dirixentes de tres Administracións diferentes, Pablo Díaz e Olga Kirk presentaron este mediodía en Cabana un libro que recolle boa parte da tradición oral do municipio. Coplas, regueifas, cantos de nadal e outras manifestacións da cultura popular recollidas de boca dos veciños máis veteranos do concello aparecen neste volume.

No acto participaron o alcalde cabanés, José Muíño; o concelleiro de Cultura e deputado provincial, Perfecto Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o arqueólogo e museólogo Felipe Senén e o asesor cultural do concello Xosé Manuel Varela.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 24-10-2012 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0