Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Grelo Folc 2010 (Monfero)
A partires das 14:00 horas xantar popular con churrasco, cachelos e requeixo, café e viño... (podedes anotarvos no teléfono do cartaz ou no correo-e: oabordelo@gmail.com)

Pola tarde xogos varios e música. Traede instrumentos e gorxas!!!

e para que todo isto sexa posíbel non esquezas mercar o único e exclusivo modelo de edita's design das camisolas desta tempada!!!

pola noite toooodoooo istoooooooo meus queridos ateos minhas queridas ateas!! todo en propiedade eclesiástica!! No grandioso Mosteiro de Monfero... onde se non????....

- Alalé
- Ulträqäns
- Zënzar
- Sacha na Horta
- Magnifique Bande dos Homes sen Medo


XAQUE!!!!!!!

http://oabordelo.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-10-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida de Fía na roca

Despedímonos en Escocia

Despois de tantos anos fiando, ao remate deste verán pensamos que chegara o momento de facer un alto no camiño. Levamos dezasete anos de andaina e agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender outras iniciativas. E aínda que non temos plans para o futuro, non desbotamos a idea de voltar despois dun tempo.

Daquela, o último concerto vai ser en Glasgow-Escocia no festival Celtic Connections, o vindeiro mes de xaneiro. Quedan aí todos os discos e a web para que non vos esquezades de nós. Ademais, seguiremos facendo música. Xa nos escoitaredes.

Agradecemos moito o cariño e apoio que nos fostes achegando desde tantos lugares.
Unha aperta a todos/as e... Ata sempre!!

Fía na roca:
Carlos Castro, Giao Somoza, Pablo Pérez, Roberto Rama, Roberto Santamarina, Sonia Lebedynski, Xosé Ramón Vázquez

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2010 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Madredeus anunciam fim (outra vez)


A banda revela que, ainda este mês, lançará o terceiro e derradeiro álbum da encarnação Madredeus & A Banda Cósmica. "Falta de meios" na origem da decisão.

Os Madredeus anunciaram o final da "encarnação" Madredeus & A Banda Cósmica.

Em comunicado, o grupo revela que o seu terceiro e derradeiro álbum, Castelos na Areia , sai no próximo dia 25 de outubro.

O último disco dos Madredeus, nas lojas este mês

Castelos na Areia completa "a trilogia dos Madredeus com a Banda Cósmica", lê-se no mesmo documento. Em 2008, este grupo, formado após a partida da vocalista Teresa Salgueiro, editou Metafonia , em 2009 Nova Aurora e, no mesmo ano, o DVD Ao Vivo no Teatro Ibérico .

De Castelos na Areia constam, ainda segundo o comunicado, "11 temas - baladas, grooves, dramas e desafios, num disco pensado e destinado a ser divulgado por uma rádio progressista".

Na origem da dissolução dos Madredeus & Banda Cósmica, decisão tomada em dezembro de 2009, está a "falta de meios para contratar um grupo tão numeroso de artistas, uma vez que os concertos não abundam, a rádio e televisão pouco arriscam na divulgação deste tipo de música e a venda de CDs é completamente irrisória".

Os músicos afiançam, no entanto, que "este não será um adeus, mas sim um até sempre, porque os Madredeus têm o poder de se reinventarem como uma Fénix que ressurge das cinzas".

Entre 2008 e 2010 os Madredeus & A Banda Cósmica deram 21 concertos em Portugal, três na Polónia, 2 em Espanha e um no Brasil.

http://blitz.aeiou.pt

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria: A Saia de Carolina en galego
CONVOCATORIA DA PLATAFORMA A SAIA DA CAROLINA EN GALEGO

Razón:
O feito de que nas aulas de música de sexto de primaria do colexio da Laxe de Marín, e en moitos máis colexios do noso país, os/as nenos/as estuden a canción tradicional A saia da Carolina en castelán provoca risa primeiro e indignación despois. A carón doutros temas en castelán e inglés, A saia da Carolina vén traducida no libro de texto -redactado en galego ata o ano pasado- como consecuencia da aplicación da política lingüística da Xunta de Galicia e coa inten ción de conseguir unha falacia imposible, o bilingüismo harmónico.
A tradución de temas populares ten funcionado a xeito de esconxuro ridiculista, como ironía e autodefensa co ntra quen pretende anormalizar o normal, pero de ningunha maneira pode formar parte dun método didáctico se non se pretende incluír nunha campaña de desprestixio da lingua máis feble. O camiño cara a ese bilingüismo cordial, que leva ao desprestixio social do idioma galego e á progresiva substitución polo castelán, implica barbaridades como a cometida no colexio da Laxe. A inversa sería impensable.

Causa:
Para quen vén administrando a educación en Galicia dende que temos autonomía política, a cuestión do idioma sempre foi unha batalla que conviña perder, aínda que non moito. Manter ben controlada a chave do noso orgullo para proxectar en Madrid a imaxe que aló desexan ver, a dun pobo submiso e ancorado aínda nos Séculos Escuros, que soubo reducir o idioma propio –popular e de glorioso pasado- a unha cuestión familiar e folclórica, implica que os mesmos dirixentes que marcan outras liñas de progreso (de progreso propio) neste país non proxecten unha imaxe de “tímido españolismo” sobre as súas respectivas sedes partidarias centrais, e así poder promocionar a nivel estatal as súas propias carreiras políticas. A vítima, o idioma galego, o que nos fai únicas/os no mundo. Manter contentos os sectores moderadamente galeguistas e conniventes cunha ínfima promoción do idioma que moran nas delegacións galegas dos dous partidos maioritarios estatais, é a única razón que os obriga a un certo respecto polo idioma.

Nin un paso máis.
Consecuencia desta actitude servil, entre outras, é a creación dese concepto-pantasma, o bilingüismo harmónico, que só serve para roubarlle ao idioma galego espazos re-conquistados con anos de loita. A última arma, o Decreto do plurilingüismo. A consecuencia, patetismos como o cometido no colexio da Laxe coa Saia da Carolina, encamiñados a espallar entre as xeracións máis novas a imaxe dunha lingua limitada e cada vez menos válida.

Resposta:
Nace a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego coa intención de enfrontar, coa forza cívica e da razón, un feito concreto: a ofensa cometida contra o noso idioma e contra a nosa cultura popular por quen ten a obriga coidar, promocionar e poñer en valor todo ben cultural galego, e máis cando se trata de transmitilo ás novas xeracións.

Así, a Plataforma cívica A saia da Carolina en galego convoca a todo o Pobo Galego para que ás 20:00 h. do vindeiro día 21 de outubro de 2010 se concentre na alameda de Marín coa intención de cantar a nosa canción como debe ser, como lla queremos transmitir aos/ás nosos/as pequenos/as e ao mundo, en galego. As nosas voces serán unha espiral infinita.

Non nos roubarán a alegría.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Dous días de troula cos Diplomáticos de Montealto
O xoves 21 de outubro, na véspera do concerto, proxectarase ás 22.00 horas na Casa Museo Casares Quiroga o documental A Coruña rabuña, da que é autor Fran Pego, na que se presenta unha crónica sobre a cidade nos anos 90 con música dos Diplomáticos de Monte Alto.

Por outra parte, o venres 22 ás 20.00 horas está programada a saída da Ruta da Tralla –que unirá Monte Alto con Elviña– na rúa do Parque, onde se celebrará a homenaxe a Canzobre.

Despois realizarase unha ruta en autobús até a praza de Catro Camiños para tomar rumbo cara á Sala O Túnel, na que terá lugar o concerto de Jarbanzo Negro e dos Diplomáticos, ás 22.00 horas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-10-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Actualización de Malmequer
Ía tempo que non actualizabamos as ligazóns pola imposibilidade de organizar dun xeito práctico as mesmas sen acumular centos de enlaces directos, así que acabamos de rematar un novo xeito de engadir ligazóns que entendemos pode ser útil e practico.

No menú da esquerda podedes atopar xa as novas ligazóns dende a páxina de inicio de Malmequer, que pretendemos sigan a intención da páxina, apoiar ou dar a coñecer unha parte da cultura galega da que tod@s disfrutamos.

Resumindo, as ligazóns van estar repartidas así:

*Agrupacións Folclóricas e Tradicionais
Webs das Agrupacións galegas relacionadas co baile e música tradicional.

*Amigos
Páxinas de colegas de Malmequer

*Artesáns
Listaxe de webs de artesáns galegos de instrumentos tradicionais

*Escolas de baile/música tradicional
Lugares de referencia para aprender a bailar ou tocar áo xeito tradicional

*Grupos Folc/Tradicionais
Grupos de música folc ou tradicionais galegos en activo

*Grupos Rock/Pop/Pachanga
Grupos en activo de rock, pop, punk, hip hop, pachanga... que canten en galego ou maioritariamente en galego.

*Recursos
Webs interesantes onde podense atopar bos recursos, máis páxinas informativas, gravacións de recolleitas, roupa tradicional, discos antigos descatalogados, pelis en galego, ...



Entre todas as posibildades sempre podemos esquecernos dalgún, xa por descoñecemento ou por non existir a páxina correspondente en internet. Pretendemos incorporar ás máximas ligazóns posibles sempre que cumpran un mínimo de relación co tema, polo que se botades en falta algunha podedes darnos o toque, ben nos comentarios ou ben a través do correo electrónico malmequer.vigo@gmail.com

Un saúdo a tod@s

Malmequer
Comentarios (30) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2010 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista cos Diplomáticos de Montealto
Nos anos 90, Galicia vivía tamén a súa particular idade dourada do rock. Eran os tempos da movida, Vigo e Siniestro Total. Con todo, ninguén se atrevía a facer rock en galego. Uns rapaces de aldea, "Os Diplomáticos", convertéronse entón naquel grupo imposible. Agora cumpren 20 anos. "Naquela época dicíase que o galego non valía para o rock and roll, e que na Coruña ninguén falaba galego", rememora Xurxo Souto, líder do grupo.

Os agoreiros afirmaban que aquela experiencia estaba condenada ó fracaso. Con todo, aquel grupo de "inconscientes" decidiu perseverar na súa idea: facer rock en galego.

"Aquilo foi fascinante. Foi a felicidade extrema", recorda Souto. "Os Diplomáticos de Monte Alto" mesturaba todo o que se podía mesturar: ska, punk, folk ou música popular. Eran mestizos sen sabelo. De feito, o seu éxito levounos a París, onde compartiron escenario e aventuras con Manu Chao. Eran tempos de "Mano Negra". Moito antes diso, "Os Diplomáticos" tiveron que saír de Monte Alto, un dos barrios máis emblemáticos da Coruña. "Cruzamos a Ponte Pasaxe e atopámonos con moitos grupos parecidos", sinala Souto. Entón foi cando xurdiu o movemento: O Bravú.

"Xa existían os grupos. O único que fixemos foi xuntarnos todos", engade Mangüi, outro dos compoñentes da banda. Aquela primeira reunión tivo lugar en Chantada (Lugo) e supuxo a ruptura da "incomunicación proverbial" da cultura galega. "Sabemos o que pasa en Londres ou en Berlín, pero non o que ocorre en Verín", lamenta Souto.

Tras aquel encontro comezou a época dourada do movemento bravú, do rock que cheira a monte. "A carne sen castrar", define Souto. Eran tempos de Heredeiros da Crus, Os Resentidos ou Yellow Pixolinas. "Naquela época moviámonos nun territorio marxinal", recorda Souto. Con todo, a súa música conectou coa xente e levounos a percorrer toda a península ibérica e ata Francia. "Pasamos de non ser nada a ser uns auténticos dinosauros", subliña Souto parafraseando a Rosendo. O impulso do movemento bravú durou pouco, pero o suficiente para crear por fin unha tradición de rock galego e, ata, influír en toda unha xeración de mozos a través das cancións dun popular programa infantil. "Agora hai que matalo para que xurdan novas formacións", di Souto.

NA CORUÑA Concerto na sala "O Túnel"

Na Coruña só sobreviven catro salas de concertos. "É un fracaso histórico da Coruña non ter unha sala potente", apunta Souto. O vindeiro venres "Os Diplomáticos" tocarán de novo nunha destas salas, "O túnel" para celebrar os vinte anos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2010 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
A serenidade enerxética (Leilía)
O grupo de pandereiteiras Leilía prepara un novo disco no que as letras das cancións estarán feitas por escritoras galegas. Será un traballo realizado "por mans de muller"

Ana Rodríguez empezou a tocar a pandeireta aos 16 anos. Xunto con Rosario, Mercedes, Felisa, Patricia e Montse formaron o grupo Leilía no ano 1989. O segredo de permaneceren unidas está en que "somos moi diferentes, pero complementarias". A súa música soa poderosa, entregada á enerxía da Terra, chea de pasado, futuro, cultura. Elas fan traballo de recollida de cantos tradicionais. Estar coas persoas vellas é unha forma de adquirir serenidade, calma, sosego. A vida non remata hoxe nin mañá. As cousas só teñen a importancia que teñen. Bailar, cantar e aturuxar é unha forma de invocar a forza do corpo e do espíritu. A sensibilidade sae ao exterior e Ana, mentres fala, síntese moi emocionada. O aire énchese de pandeiretas e coplas. As mulleres de Leilía beben do mundo tradicional, pero tamén son anovadoras, auténticas, simpáticas e enerxéticas.

De onde vén o nome de Leilía?
No ano 89 fundouse o noso grupo. Naceu con vocación de cantar e aprender. Non existían grupos de pandereiteiras como tal, senón que existían como acompañamento de grupos de baile. Leilía naceu xuntándonos os domingos para cantar cancións. Non nos coñeciamos moito. Eu era alumna de Felisa Segade. Elas coñecíanse de Cantigas e Agarimos. Os veciños oíannos cantar e pedironnos que cantásemos na misa. Pensamos en formar o grupo. Sempre fomos moi democráticas. Dixemos: "vamos buscar un nome". Por azar abrin un dicionario, que xa está descatalogado, e atopei a palabra leilía, que significa: "Estrofa e copla popular" e iluminóuseme a cara. A miña irmá Rosario pareceulle precioso. A algunha xente soaballe moi doce, maino. Xurdeu a primeira actuación a nivel do pobo, e quedounos o nome de Leilía.

Sodes seis mulleres de Compostela, unha cidade moi apegada á tradición e á Historia. Que relación tedes con esta cidade?
Estamos moi vinculadas a Compostela. O carácter da nosa música vén dado polas nosas conviccións, a nosa forma de ver as cousas. Non sei se iso o imprime a cidade. Estudamos aquí, saímos aquí. O noso grupo é compostelán. Xuntabámonos en Teo para ensaiar. Cremos que é importante saber de onde vés para saber a onde vas. O noso primeiro concerto serio foi na Cidade Vella, na Praza de Cervantes, e estaba organizado pola Asociación Cidade Vella. Vítor Belho pensou que nós encaixabamos con ese festival e nós sentímonos abrumadas. Foi un concerto precioso, e tocabamos música tradicional. Queriamos amosar como cantaban os nosos avós e tataravós. Iamos enfundadas nos tempos de antes. Usabamos unha lata de pemento e un rapaz, que estaba practicamente chorando, díxonos que agora entendía a súa avoa cando lle falaba das latas de pementó.

Como foron os teus inicios no mundo da música tradicional?
Estabamos no Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras. Cantabamos no coro. Miña nai sempre cantou e estivo vinculada a coros de igrexa. Unha vez montamos unha peza na que o grupo de baile necesitaba pandereiteiras. Viñeron pandereiteiras de Rois. Quedamos pasmadas ante aquela forma de tocar que saía tan de dentro, tan do fondo...Pedimos nós ter clase de pandeireta e veu Felisa Segade e empezamos a xuntarnos para tocar. Miña nai é unha muller de cantar moito. Ten unha voz preciosa, moi fina.

As persoas de maior idade das poboacións rurais máis recónditas son as que saben as mellores cancións?
Canta menos contaminación de fóra haxa, mellor. Se esa persoa non emigrou, non mudou de parroquia e non tivo influencias de mundos alleos, conserva o coñecemento orixinal. A información é máis veraz, máis real, máis auténtica. Outras persoas foron a outros lugares e aprenderon outras cousas. Cada persoa maior que morre, vaise con ela un legado que queda no esquecemento. A televisión, os medios de comunicación, son outro efecto contaminador. Felisa e Montse decátanse de que antes a forma de cantar dun lugar era máis precisa, e agora co programa "Luar" da TVG hai mesturas tremendas e perdeuse a pureza. Luar ten a contrapartida de que lle deu valor a cousas que estaban esquecidas. Volveu a haber "ruadas" e volveu a xuntarse a xente para cantar. Tamén está a influencia da emigración. Os agarrados son posteriores ao "baile solto".

Por que foron as mulleres as que transmitiron dunha xeración a outra os cantos máis antigos da Galicia rural?
A razón é que as mulleres das aldeas non podían saír a mocear fóra. Eles podían andar nos camiños de día e de noite. Elas facían festas para atraer os homes. E as mulleres non emigraban. A emigración a América deixou Galicia sen homes. Galicia é unha sociedade matriarcal e sobre a muller recaeu todo o divertimento. As mulleres tiñan que facer todo. A muller galega é moi forte. Está vinculada aos fillos, ao campo, á casa...

Esas mulleres son especialmente divertidas, simpáticas.
Era o que che tocaba. Ou cantabas ou bailabas. Se tiñas que tocar a pandeireta os mozos non viñan bailar contigo. Todas querían bailar cos mozos. Moita xente tocaba a pandeireta nas aldeas. Quen facía os "seráns" eran as mulleres. Quen mantiña o divertimento durante os días que non eran festa, eran as mulleres. Cando eran as festas contrataban os gaiteiros. Un agasallo moi común das avoas ás netas era a pandeireta. Eu empecei a tocar a pandeireta aos 16 anos e miña irmá con seis anos máis.

O escritor Suso de Toro entendeu moi ben a vosa música. El di que o humor dos galegos é moi melancólico e por iso é tan amargo e retranqueiro.
El entendeu o noso reto de saltar da tradición á modernidade. O bó das coplas galegas é que non teñen unha temática única. Falas de amor, desamor, enfrontamentos, traballos...A temática é libre, ampla. Dentro dunha mesma canción pode haber coplas de amor, mariñeiros, costureiras, desamor...As coplas en Galicia son soltas. Non hai un fío condutor. Cada copla cóntache algo. Non hai unha temática xeral e ninguén che fai unha canción de principio a fin. O que a xente non era capaz de dicir falando, dicíao cantando. Facer as beiras, adular ou criticar a alguén...Cantaban a viva voz. Era unha forma de comunicarse. Inventaban as melodías, os toques de pandeireta. Había unha gran creatividade na xente aínda que non tiñan formación musical. Pero sabían facer rimas, sabían métrica...

É difícil ser tradicionais e mais anovadoras ao mesmo tempo?
Ao principio nacemos para dar a coñecer a tradición oral galega. O disco "Leilía" é un compendio de melodías e formas de tocar. É un disco etnográfico. Interesábanos ser a ponte entre o pasado e o presente, entre a xente nova e a xente maior. Co paso dos anos sentimos a necesidade de evolucionar, de tentar achegarnos a eses dous mundos. O que se nos ocorreu foi adornar as melodías tradicionais con instrumentos máis modernos. Tiramos de mans amigas como Nando Casal e Antón Seoane. Naceu o disco I é verdade i é mentira. Era verdade todo o tradicional pero eran mentiras os adornos. Non queriamos traicionar o noso nome e non nos iamos "vender" por ser máis comerciais. Nunca perdemos o norte de seguir recollendo e partindo de melodías reais. Demos un paso máis e quixemos falar de cousas actuais. Metemos letras de agora, modernas, de Suso de Toro e Felisa Segade, no disco "Madama". Xoán Porto é un "leilío" máis porque se encarga dos arranxos musicais.

Que nos podes contar sobre o novo disco que estades agora preparando?
Queremos e esperamos que saia a finais deste ano. Cambiamos a forma musical. O son do disco é diferente. Leva baixo, guitarra e acordeón. Os arranxos musicais son de Xoán Porto. Queremos dar unha imaxe de que aínda nos quedan moitas cousas por aprender, moito por facer. Tentamos amosar unha parte descoñecida. As letras están de man de escritoras galegas. Estamos facendo proxectos e aínda non temos o nome do disco. Estamos abertas a suxestións. É un disco que vai estar moi "da man da muller". Xa presentamos algúns temas en concertos en directo, en Rianxo, Ribeira, Miño. A acollida da xente foi moi boa. Hai comentarios e referencias no Facebook de Leilía e esas cousas animan moito.

Paréceche que a música popular é como un cofre no que está gardada moitísima sabedoría? Temos moito que aprender das persoas vellas?
Non é tanto a música, senón a serenidade da xente maior, a relatividade que lle dan a todo. Os anos fanche ser unha persoa máis reflexiva. A xente maior trasládache a sensación de que o mundo non se acaba mañá, e non vale a pena atafegarse. Co tempo dáste conta de que as cousas teñen a importancia que teñen. A experiencia é a nai da ciencia. As persoas vellas teñen moitas cousas vividas e en poucas palabras poden transmitir moito. Deixouse moito de mirar cara á aldea. Está vinculada coa medicina natural, cos labores do campo. Ensínache moito e ponche os pés na Terra.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-10-2010 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Cores do Atlántico no Alalá

Hoxe, martes, día 19/10/2010

Din as lendas que na illa de San Simón atracaron corsarios temibles, viviron monxes templarios e que alí chegou ata o mesmo capitán Nemo buscando eses tesouros que din están agochados nela. O "Alalá" desta noite viaxa ata a illa de San Simón para descubrir un tesouro musical, os ritmos novos da lírica medieval galego - portuguesa e as teses actuais sobre a orixe das cantigas de amigo.


Na illa de San Simón o equipo do programa asiste a un concerto das históricas cantigas de amigo, pero musicadas cos ritmos alegres e sensuais do Brasil e á presentación do libro - disco chamado "Cores do Atlántico", que non só é unha revisión sobre a procedencia destas cantigas, senón que constitúe un fermoso tesouro musical que verte un raio de luz sobre a nosa historia.

Ata agora os estudosos dicían que as cantigas de amigo foron compostas por trobadores medievais como Mendiño, pero no libro hai unha nova tese que afirma que en realidade foron recollidas polos trobadores da época a partir dos cantos que as mulleres interpretaban.

Esta é a tese da profesora Ria Lemaire, que fixo un coidadoso estudo sobre o tema, ao que se sumou a compositora Socorro Lira recollendo unha selección de cantigas e transformándoas en fermosas pezas musicais adaptadas ao noso tempo. Amais, Socorro contou coa colaboración de músicos galegos, brasileiros, africanos e foron mestres de obra os amigos de "Ponte nas Ondas".

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 19-10-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Por fin 'Sós' (Mercedes Peón)
É difícil fuxir dos tópicos cando se fala de Mercedes Peón. Porque é, efectivamente, unha das nosas artistas máis internacionais. E conseguiuno mesturando tradición e vangarda. Foi nomeada mellor artista do ano polo magazine Folkworld e top ten nas listas doutra revista británica, Songline, cando na súa web, un tanto semiclandestina, fala dos seus avós e non das súas influenzas. E participou en máis de 300 festivais en 30 países, malia a editar discos cada tres ou catro anos.

Precipitándose xa no manido, a súa voz xunta os rexistros máis íntimos e suxestivos cunha potencia que, como dicían cando a escolleron entre as dez mellores artistas de 1997 a 2007 (con Carlos Núñez e Berrogüetto) da Europa que eles consideran mediterránea, "é capaz de competir coa forza da gaita, e gañarlle". Despois do debú Isué (2000), de Ajrú (2003) e de Sihá (2007), o 22 de novembro sairá a luz un novo álbum, Sós. Antes, o 29 deste mes, seleccionada entre 800 propostas de todo o mundo, actuará na sección oficial do Womex de Copenhague, o certame máis importante de world music. Estes días ocupa o tempo, coa axuda do escultor Suso Basterrechea e do fotógrafo Ovidio Aldegunde, en preparar a escenografía da nova xira. "Tentar crear o ambiente necesario para expresarme totalmente soa, sen atrancos".

Sen romper a cabeza, Sós podíase definir como un calidoscopio de sons, pero é algo máis complexo. É como o mar, que baixo a mobilidade das ondas agocha unha estrutura de capas e estratos de auga. "Está baseado en viaxes a São Paulo ou Marrocos, experiencias no festival de teatro Radicals Lliure de Barcelona e sentimentos fondos na miña terra. O fío condutor parte do electroacústico, tratando os sons, a un tempo presentes ao redor dunha obra, formando parte dela con todo o espazo que ocupan. Na cuestión da temática acontece o mesmo. Comezo pola forza e a intuición, continúo co poder, deixo espazo para as palabras dos demais sen dirección, para que a xente se exprese como queira. Desemboca en desaparecer, nacer, emocionarse, anoxarse", defíneo a súa autora.

As experiencias e os ruídos evidéncianse en Sós. Empezando pola polisemia do título, que atinxe á soidade, á petición de socorro en código morse e mesmo ao xeito arxentino e uruguaio de dicir "sodes" e "es", pero en realidade "o título é o son do morse, tres pitidos curtos, tres longos e tres curtos". No primeiro tema, Elas? conta cómo mercou unha pandeira en Rabat e, cando se puxo a tocala, os que escoitaban batían as mans, os pés e bailaban. "Síntome como de aquí. Son galega, son bérber, son árabe marroquí. Son cousa rara, son", di o retrouso. São Paulo está entrefebrado de sons que a compositora ía gravando polas rúas, mesmo un "próxima estaçao... Esperanza" composto a medias pola megafonía do metro paulista e a expresión que dixo unha compañeira para completar o título do álbum de Manu Chao. "Ou o bruar dos helicópteros, omnipresentes en São Paulo".

Hai tamén trazas da súa faceta máis antropolóxica en Falar mellor, que comeza como un batoallo de cancións populares. E, pola contra, pezas instrumentais como Ciumes (baseada na banda sonora da longa de Margarita Ledo Liste, pronunciado Lister), diálogo sinuoso de ventos. No seu conxunto, Sós levoulle dous anos e medio compoñelo e gravalo na súa casa, tocando ela todos os instrumentos. Nacho Muñoz inclúe nalgúns temas os teclados, Fernando Abreu o clarinete, Manuel Cebrián a guitarra e Fernando Martínez o acordeón, pero son instrumentos que tamén toca Peón. Mesturouno José Puga, pero tamén o produciu ela. "Creo a música producindo. Non hai un estudo de gravación nin amigos que boten unha man. Traballo moito en base á edición dos sons e baixo un concepto: antepoñer a emoción á perfección. E nunca tan emocionada estiven".

Nin o novo disco (que sairá nunha caixa metálica serigrafiada, en edición limitada a 5.000 exemplares, cunha distribución internacional) nin as xiras afastan a Mercedes Peón do labor como recompiladora da música popular que comezou a facer aos 13 anos. "Fágoo moito menos do que me gustaría. Hai unha xente urbanita que está a facer un labor incrible, formando parte da fonte, provocando festas (fiadas), e sobre todo disfrutando de algo único que non se vai repetir, do que a xente do noso redor carece... Toda Europa debería de poñerse en pé para non deixar que desaparecera. Esa liberdade coa que se vive en calquera cultura ancestral, iso témolo nós".

Quizá por iso, a intérprete da banda sonora de Mareas vivas ve diferenzas na percepción da súa música. "En Galicia síntome comprendida, agasallada, seguida. Se eu evoluciono, o público segue querendo compartir e emocionarse comigo aínda que non estea sendo doada ou amable, musicalmente falando. Son de aquí e levo o de todos nós na miña creatividade. No resto do mundo transcende o máis fondo, a sorpresa musical. Se xa falamos de festivais, son a persoa apropiada para poñer o público en pe".

Mercedes Peón, amais de intérprete e compositora, é unha empresa. Unha empresa que nunca pide subvencións. "É un tema moi complexo. Cando saquei o primeiro disco pedín un crédito para pagar estudos de gravación, músicos, etcétera. Busquei selo discográfico para venderlle o CD, e formei unha banda á que lle tiña que pagar aínda que a min non me pagaran en tres meses. As viaxes ao estranxeiro teñen que ser rendibles de seu, se hai axudas benvidas sexan, pero o meu traballo non pode depender da subvención. Outra cousa moi distinta é a creación e o rexime fiscal ao que estamos sometidos. Se teño que parar dous anos para crear unha obra, de que vivo?".

Iso non quere dicir que lle aforre ás Administracións o deber da difusión cultural. "Hai que pensar que a cultura é un ben común. Se se peneira a sociedade coa subvención ou se están creando produtos artificiais. Se ao mellor habería que ter comisións con parámetros moi distintos para cada cuestión. A cultura é tan ampla que debería ser pensada máis a longo prazo, e valorar onde hai que incidir para crear espazos autosostibles nun futuro". Na música galega hoxe, di, "existe creatividade, e hai moita máis formación". "Movementos concretos con tendencias semellantes que fan escola e seguidores".

E non está a música máis normalizada ca outras facetas da cultura? "É cuestión de actitude. Nunha entrevista en Madrid, preguntáronme se vía doado saír do local cara o internacional. Respondín que eu estou no centro de todo, non me sinto na periferia. Outra cousa é como pretenden ordenar o mundo. Para que a cultura galega estea normalizada habería que poder realizarse en todos os ámbitos con ela e non é así".

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2010 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Na cerna da música tradicional en Galicia
Neste volume, da autoría de José María Cebeiro Fernández e de Xosé Francisco Noia Souto, recóllese a vida desta formación a partir da proposta da Asociación Cultural A Regionalista, que cada ano publica un estudo etnográfico centrado no territorio de Teo, concello que acolle o Certame Persoeiros da Terra para agasallar a cultura tradicional

Fieis á cita anual, a Asociación Cultural A Regionalista, en colaboración co Concello de Teo, celebrou o pasado 26 de setembro o II Certame Persoeiros da Terra que este ano se lle dedica ao Sexteto Enxebre Hermanos Lamas, de Cornide-Teo, no centenario do seu nacemento como conxunto. No acto conmemorativo presentouse o libro Sexteto Enxebre Hermanos Lamas de Cornide. Centenario (1910-2010), que recolle a vida desta formación e que ten como autores a José María Cebeiro Fernández e a Xosé Francisco Noia Souto.

A idea da publicación anual destes estudos etnográficos, centrados no territorio teense, partiu da Asociación Cultural A Regionalista, con sede neste municipio, que logrou, ademais, que a cita, dende o ano pasado, se convertese en anual xa que "para a xente que amamos a cultura galega, é a forma de renderlles homenaxe ás persoas que dende o anonimato co seu bo facer a expandían. É dunha gratitude e satisfacción persoal impagables"

No día da presentación do libro tamén se procedeu á inauguración dunha exposición co material recompilado en hemerotecas e prestado para a ocasión polas familias dos integrantes: instrumentos orixinais, partituras centenarias e mesmo correspondencia desde a fronte en plena Guerra Civil do 36: Neste sentido, resultou fundamental o papel das familias –parte viva do Sexteto Enxebre Hermanos Lamas– e dos transmisores da cultura galega en xeral, quen lles facilitaron ós autores a información e mais os materiais necesarios para a execución deste libro-monográfico. A partir destas achegas, Cebeiro Fernández e Noia Souto preséntanos unha escolma do material emprestado para que poida ver a luz que outorga a inmortalidade que ofrece a edición dun libro.

A través das páxinas deste libro descubrimos que o auxe e proliferación das murgas, charangas ou músicas se produciu a partir do ano 1900, que ocuparon o elo perdido entre o cuarteto ou sextetos tradicionais (como as requintas) e as bandas de música. Estas formacións populares tiñan como base instrumental os elementos propios do cuarteto tradicional, como a gaita, a caixa e o bombo, ó que se lles uniron os pratos; o resto dos instrumentos son de vento madeira ou vento metal.

Coa Guerra Civil, as murgas ou charangas sufriron un fondo retroceso aínda que, ó integrárense moi ben no contexto dos festexos e por mor da unión entre os actos cívicos e os relixiosos, proliferaron de vagariño por toda a xeografía galega. Ademais, o seu custo á hora de contratalas, en comparanza coas bandas de música, influíu positivamente no espallamento ó cal contribuíu tamén que se fosen incorporando músicos con formación académica, o que lles deu gran dinamismo a estes grupos tradicionais ó poder achegar un repertorio rico e variado.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Marful arrasa
Marful esgotou a primeira edición do seu agardado disco ‘Manual de sedución’ en menos dun mes, despois de que o pasado 16 de setembro presentaran o traballo no Teatro Colón da Coruña. O grupo formado por Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Marcos Teira actuará na Casa da Música do Porto o vindeiro 29 de outubro.

Segundo Marful, Manual de sedución é o seu disco máis surreal, o máis desexado, logo do éxito do primeiro, de 2006. Xa daquela Marful lideraba unha revolución musical en canto a arranxos, estética e letras de cancións.

Marful, o grupo do que os fans din que "é o mellor que lle puido pasar á musica galega nestes últimos 10 anos", déixase seducir neste novo traballo pola música popular galega, italiana, cubana, brasileira, a música ambulante, as varietés e o music-hall. O resultado é un son club, vintage e cool, co carimbo do realismo máxico galego, cheo de tópicos galego-portugueses e de retranca. Un disco para danzar twist, swings, pasodobles, jotas, mambos...

Un disco que seduce en acougo, fai preguntas e acepta a contradición. Neste Manual de sedución o amante ótimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exibicionista emocional. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans tentan posibilidades. Grazas a un extremo poder de desafio, en Marful atópanse tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora: Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual e Ugia Pedreira. Catro sedutores que saben gañar o aplauso do público e o recoñecemento da crítica alí a onde van.

Manual de sedución está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado na primavera 2010 e foron acompañados nesta viaxe por moitos amigos e colaboradores, entre eles Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería e percusións) de Sumrá

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Premio `IAR´ de Folclore Galego 2009
Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 18 anos. Agora ben, se tes algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, propoñendo a túa candidatura ou a terceiras persoas para ser galardoado, como foron no seu momento os que referenciamos no Anexo.

Unha vez máis, insistimos especialmente en que calquera persoa, grupo ou asociación que realice unha labor de potenciación, traballo, coñecemento, e demais pola nosa cultura pode optar a este Premio. É a nosa mais sinxela maneira de recoñecemento.


As candidaturas deberán remitilas a :

XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com
O fallo do xurado será o 15 de Novembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL

O Premio “IAR” de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.

Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.

As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio “IAR” son as seguintes:

1. Poderá concorrer á obtención do Premio “IAR” toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.

2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.

3. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio “IAR” está aberto dende o pasado mes de Febreiro ata o 10 de Novembro, valorando nesta decimoitava edición o labor realizado ata finais do ano 2008, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.

4. As candidaturas deberán ir acompañadas dun “currículo” da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.

5. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares “IAR”, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio “IAR”

6. O Premio “IAR” será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares “IAR”, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares “IAR”, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.

7. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio “IAR” anterior.

8. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.

9. O Premio “IAR” 2009 fallarase o 15 de Novembro, antes da celebración da XVIII edición do Festival de Premio “IAR” de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 27 de Novembro de 2010.

A.VV. Castrillón-Urbanización Soto “IAR”

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-10-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega celebra dúas décadas na música tradicional co disco ‘XXI’

Vinte e un son os anos que levan os Noitarega ofrecendo ao público a súa visión da música tradicional do país. A esa data de andaina polos escenarios fai referenza o título do seu máis recente traballo, XXI, que constitúe o terceiro dentro da súa carreira musical.

Chama a atención os poucos álbumes publicados en dúas décadas. “A razón principal é que algúns dos compoñentes da formación non viven da música e iso condiciona o funcionamento da banda, pero tamén cómpre ter en conta que nós sempre consideramos o disco como unha carta de presentación e que a nosa razón de ser non era gravar, senón realizar concertos para ter contacto directo co público”, sinala Xosé Oliveira, gaiteiro da formación.

Estes son malos momentos para contar con moitas actuacións, “e co paso dos anos podemos dicir que resulta complicado manter un grupo das nosas características, xa que quedan poucos. Os concertos non son moitos e os cachés non son altos. Houbo un periodo en que notamos un certo baixón e coincidiu coa eclosión de propostas folk. Penso que agora é un momento de volta ás raíces e que as novas xeracións, moi eclécticas nos gustos, demandan música tradicional”. Como tantos outros músicos galegos deberon recurrir á autoprodución para editar este traballo. “Iso é consecuencia das condicións que ofrecen as discográficas. Compénsanos máis facelo así. Deste xeito, ti mesmo sementas e es o que recolles as patacas se a colleita sae ben. De momento non nos podemos queixar porque levamos vendidos case mil exemplares”. Na obra existen nomes que salientan, ao aportaren tres composicións ao álbum. Trátase de Moxenas, Henrique Otero e Carlos Justo. Dous dos gaiteiros de Noitarega foron alumnos e veciños de Moxenas, e os percusionistas acompañárono nas súas actuacións durante cinco anos. “Foi o noso mestre musical e referente na forma de tocar e entender a gaita”, indica Oliveira. “Otero é a outra parte do espello, o músico con formación que non tocaba de ouvido e mantense como outro referente claro para nós, mentres que Justo é un compositor cunha gran capacidade creativa”.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-10-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 18 (luns)
• Tonecho Castelos e Pablo Esqueira no Forumfolk (A Coruña)

Terza feira 19 (Martes)
• Xoan Curiel na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 20 (Mércores)
• Galegoz no Pub Avante (Compostela) ás 22:30
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Quinta feira 21 (Xoves)
• Protesta A Saia da Carolina na alameda de Marín ás 20:00

Sexta feira 22 (Venres)
• O Sonoro Maxín no Clavicémbalo (Lugo)
• Invivo na sala Ora Green (A Coruña)
• Xoel López con Xose Manuel Budiño no Pavillón das Travesas (Vigo)
• Brasilegos (Uxía, Fred Martins e Sergio Tannus no Liceum (O Porriño)
• Os Diplomáticos de Montealto e Jarbanzo Negro na sala Tunel (A Coruña)

Sábado 23
• Concurso de Música Tradicional de Cervo (Lugo) ás 17:00 no Salón de actos do Concello
• Pressing Catch no Auditorio Municipal de Cedeira
• Grelo Folc (Monfero): Alalé, Ultraqäns, Zënzar, A Magnifique Bande, Sacha na Horta
• Serán en Achas-Randufe (A Cañiza) a carón do campo de futbol
• Serán en Barcela (Arbo)
• Serán no casino de Antas (A Lama)
• Serán en Mosende (O Porriño)

Domingo 24
• I Xornada música e baile tradicional de Eirís (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-10-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

Este domingo 17 de Outubro en Luou (Teo) viveuse unha bonita xornada acompañada ca música d@s participantes no IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo. Os grupos participantes foron (por orde de actuación):


1º- Paínho do mal tempo de A Estrada
2º- Cuarteto Repichoco de A Coruña
3º- Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa
4º- Abelente de Ourense
5º- Os Fonte Suairas de A Coruña
6º- Os Cochenos de Bueu
7º- Os Enxebres de Cacheiras de Teo

Despois do veredicto do xurado resultaron gañador@s:

1º Premio: 1.000 € + Agasallo conmemorativo ---> Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa

2º Premio: 600 € + Agasallo conmemorativo ---> Os Fonte Suairas de A Coruña

3º Premio: 400 € + Agasallo conmemorativo ---> Abelente de Ourense



Dende a organización queremos dar as grazas a todos os grupos participantes e felicitalos polo excelente nivel demostrado na interpretación de todas as pezas.
Xa só nos queda emplazarvos a tod@s para o 2011.
Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-10-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 15 (Venres)
• Oh Trio no Museo da Historia de Sargadelos (Cervo)
• Marxe Eskerda na discoteca Diva (Redondela)
• Abóbriga e Grialia na taberna A Rianxeira de Matamá (Vigo) ás 23:00

Sábado 16
• Pinchada de música galega en Ourense
• O Circo da Lingua en Arcade (Soutomaior): Güintervan, Nao, Os Tres trebóns e os Homes sen medo, Som do Galpom
• Orfeón Terra a Nosa na igrexa de Lalín ás 20:45
• XIII Festival Algazara (Ponteareas) ás 20:30
• Gala O Son do Tangaraño no auditorio de Mos ás 20:30
• VI Ruada de Arteixo
• Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Domingo 17
• Tanxedoras en Vigo, na Praza da Princesa ás 14:00
• Mamá Cabra no Centro Social de Dena (Meaño) ás 18:00
• IV Concurso de Cuartetos Tradicionais (Luou – Teo) ás 18:00
• VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Real Coro Toxos e Froles, Ultreia Obradoiro de Cultura Tradicional, Cántigas da Terra
• VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores no Auditorio de Ribadumia ás 19:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
16 de Outubro
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
- Ruada de Arteixo

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)
- Serán no casino de Antas (A Lama)

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño ao carón da igrexa

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

5 de marzo
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán do Furancho da Balsa (Matamá - Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
VI Ruada en Arteixo
Sábado 16 Outubro ás 22:30
Praza do Balneario de Arteixo



Un ano máis estades todos convidados á nosa ruada, celebrarémola na Praza do Balneario como o ano pasado, non podedes faltar, haberá festa toda a noite.

Agardámos a todos para bailar, cantar e pasar unha noite de troula


Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Gala O Fiadeiro en Ribadumia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Gala O Son do Tangaraño en Mos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festival `O Circo da Lingua´ en Soutomaior
A Plataforma Queremos Galego da localidade de Soutomaior organiza o festival en defensa do galego O Circo da Lingua, para o sábado 16 de outubro neste concello da comarca pontevedresa.

Ante a despreocupación do Concello de Soutomaior por apoiar de calquera xeito esta iniciativa, O Circo da Lingua autofinánciase na súa totalidade mediante a venda de camisolas editadas especialmente para a ocasión, ao prezo de 10€.

No Circo da Lingua haberá actividades para todos os públicos a partir das 11.30 da mañá; haberá tamén unha zona de xantar comunitario, para o que hai que anotarse previamente (o prezo dos bonos é de 15€). O acceso ao recinto do festival e ás diferentes actividades si é completamente gratuíto. As persoas que xa saibades que ides asistir e queirades apuntarvos, podédelo facer directamente enviando un correo-e a queremosgalegosoutomaior@gmail.com

Programa

· 11:30 h Roteiro musical.
Actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de Saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)

· 11:30 h Xogos tradicionais
Mostra de xogos tradiconais galegos na que os participantes poderán coñecere desfrutar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de Bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral

· 14 :00 h Xantar popular.
Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para a o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com

· 16:00 Castelos inchables para nen@s:
Lugar: Alameda de Talorío

· 16:00 h Feira do Libro
Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade - Soutomaior)

· 16:00 h Feira de Artesanía
Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

· 17:00 h Espectáculos de Rúa
Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
• Os 7 magníficos +1
• Peter Punk
• (Dúas compañías máis pendentes de confirmación)

Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)

· 17:30 Mesa de debate “ Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”
A palestra contará coas intervencións de :
• Anxo Louzao ( Secretario nacional de CIG Ensino)
• Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
• Fran Rei (Portavoz da Plataforma Cidadá Queremos Galego)
• Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na facultade de filoloxía galega da Universidade da Coruña)
• Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e catedrático de lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)

20:30 Concertos na Alameda de Talorío
· Os tres trebóns e os homes sen medo
· Nao
· Som do galpóm
· Güintervan


www.queremosgalego.org
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-10-2010 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo
IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

Este vindeiro Domingo 17 de Outubro de 2010, a partir das 18h temos o pracer de convidarvos a tod@s á celebración da fase final do IV Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, os cuartetos que actuarán serán os seguintes (a orde determinarase mediante sorteo intres antes de comezar, esta é a orde de inscrición) :

1º- Canle Dadá de Vilagarcía de Arousa
2º- Abelente de Ourense
3º- Os Cochenos de Bueu
4º- Os Trebellos do Morrazo de Marín
5º- Os Enxebres de Cacheiras de Teo
6º- Os Fonte suairas de A Coruña
7º- Paínho do Mal Tempo de A Estrada
8º- Cuarteto Repichoco de A Coruña


Antes de nada agradecerlles a tod@s eles/as a sua participación no noso modesto concurso, grazas a xente coma eles/as xa estamos na nosa IV edición, algo para nós impensable fai ben pouco tempo.

Os premios a repartir serán os seguintes:
1º- 1.000 € + agasallo conmemorativo
2º- 600 € + agasallo conmemorativo
3º- 400 € + agasallo conmemorativo

Se o tedes a ben, vemonos o domingo en Luou!!! ;-)
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-10-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Festival Algazara (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-10-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
VI Ciclo de Coros Históricos
Os domingos 3, 10 e 17 de outubro ás 19:00 h celebrarase o VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía de Castro da Coruña coa seguinte programación:

17 de outubro

Real Coro Toxos e Froles
Ultreia Obradoiro de Cultura Tradicional
Cántigas da Terra

NON FALTES!!

www.frouma.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Pinchada de música en galego (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Marxe Esquerda en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2010 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Oh! Trío. Proxecto acústico en Compostela e Cervo
Dentro do festival Espazos Sonoros , Oh Trio ofrecerán a súa nova proposta musical creada sobre temas da coletánea feita polos musicólogos Torner e Bal y Gay onde as linguaxes do jazz e a improvisación libre mestúranse coas melodías transcritas da tradición oral a mediados do século XX. Actuarán o xoves 14 de outubro na Igrexa da Universidade (Santiago) e o venres 15
no Museo da Historia de Sargadelos (Cervo)


Oh Trio son:

Antonio Bravo, guitarra acústica
Germán Díaz, zanfona
Diego Martín, percusións


“E o que teñen que faguer todos aquiles que arelen ser músicos galegos, é s’introducir na i-alma da nosa música popular (...) para atenguir as íntimas esencias do lirismo galego e con eles construir unha música universal.”
(Discurso sobre la música popular gallega (ca.1930), Jesús Bal y Gay)

Oh! Trío é unha formación que ten menos dun ano de existencia, aínda que os seus compoñentes coñécense e veñen colaborando xuntos en distintas formacións como Rao Trío, Brigada Bravo & Díaz ou Marisco Fresco. Oh! Trío presenta o seu novo proxecto acústico baseado en melodías tradicionais do Cancionero Gallego de Torner e Bal y Gay.

Despois dun traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece esta obra, Oh! trío propón unha recreación de melodías galegas desde o prisma do jazz e a improvisación.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
A e-Trad abriu o curso con 266 alumnos
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, inaugurou o xoves pasado o curso na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, nun acto que contou coa actuación do grupo 8 Rodas, pertencente á Orquestra Sondeseu, e no que tamén ofreceron un concerto de música tradicional os profesores do centro con pezas preparadas para a ocasión.

A E-Trad aproveitou esta cerimonia para entregar os diplomas á primeira promoción saída desta escola (os alumnos do itinerario profesional), desde que se independizou da Escola de Artes e Oficios, á que pertencía como departamento de Música Tradicional. A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional conta este curso con 266 alumnos matriculados, mentres que o ano pasado terminárano 180 persoas. Este salto no número de alumnos débese a que cada ano vaise sumando outro curso do novo plan de estudos, desde que comezaron fai tres anos coa chegada do novo goberno municipal. O itinerario profesional está dividido en dous niveis cun total de seis anos, e está dirixido a unha minoría de profesionais que se queren introducir na música folk tradicional ou estudantes que queren ser profesionais.

Pero a E-Trad tamén conta cun itinerario básico para afeccionados, persoas que sen preparación previa queren aumentar a súa cultura persoal, que queren gozar da música, entre outras motivacións. No ciclo básico, por primeira vez este ano foi necesario sortear as prazas pola elevada demanda que se rexistrou. Doutra banda, a escola sumarase este ano a un programa do Servizo Municipal de Educación para visitar decenas de colexios e institutos da cidade e levar neste caso a música tradicional aos escolares. Para os máis pequenos está previsto cantar con eles un conto na aula, de tal forma que poidan sentir e ?tocar? a música de preto. Á súa vez, os alumnos de Secundaria poderán asistir a concertos, que serán explicados e nos que poderán participar con palmas, percusión e doutras formas que lles permitan achegarse á música a través da diversión.

En paralelo, a E-Trad prosegue co proxecto europeo para fomentar a creación de orquestras folk ligadas a institucións educativas (seguindo o modelo de Sondeseu), que este ano trouxo a Vigo aos seus socios de Turín e de Helsinqui, a quen se sumou a Royal Scottish Academy of Music and Drama. En relación con isto, os responsables da escola lanzaron outra idea na recente Convención de Folk celebrada en Zamora, que consiste en crear unha rede similar pero centrada na Península Ibérica, con institucións de España e Portugal, e que xa tivo resposta dunha localidade lusa, da Escola de Música Tradicional de Burgos e a Deputación de Granada, cada unha coa súa forma de ver o folk.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2010 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas artesanas co selo de Antón Corral
O veterano construtor de instrumentos cede a testemuña ao seu neto no seu obradoiro de Tui.

Varias xeracións de gaiteiros, entre eles Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Anxo Lorenzo e Anxo Loís Pintos, aprenderon de Antón Corral, na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Alí creou o obradoiro de gaitas, zanfonas e doutros instrumentos de vento. Pasado o tempo, xa xubilado, ao falecer a súa esposa, decidiu vivir co seu fillo, nora e netos, en San Bartolomé de Tui. No baixo da casa trasladou o seu obradoiro e museo. O seu neto Ramón é o seu sucesor

O profesor artesán Antón Corral Martínez, de 74 anos de idade, vive os anos dourados da súa xubilación coa satisfacción de que o oficio, co seu propio estilo ten sucesor. O seu neto Ramón Corral, que se formou na Escola de Artes e Oficios de Vigo, fundada en 1972, fíxose cargo do obradoiro instalado no baixo da casa unifamiliar de San Bartolomé, en Tui. O mozo ademais é percusionista e actuou recentemente con Pedro Álvarez, gañando un concurso en Bandeira, ademais doutro en Ponteareas, co cuarteto "Redea solta".
Os instrumentos que saen do obradoiro, que funciona ao xeito "Antón Corral", teñen como característica "que o punteiro afina perfectamente grazas o minucioso traballo. Utilizo torno e xubias de man", conta Ramón. Así, a gaita "recoñécese polo seu timbre elegante, redondo e coa potencia xusta. Por iso gusta", precisa o avó Corral.

Até a súa porta chegan ex alumnos que son hoxe figuras de éxito mundial na música, como Carlos Núñez que "ten a súa propia estética no escenario, vestido de branco e coa gaita en cor negra". Con todo, Xosé Manuel Budiño inviste as cores: a gaita é branca, de liño, e el vístese de negro. Avó e neto, entre os que se advirte unha clara complicidade, contan que no obradoiro ambos investigan de forma permanente "loitamos para mellorar o son e a estética", afirman, sinalando un medidor de humidade no salón de probas. Por iso xorden as 14 tonalidades que teñen as gaitas de agora, "cunha escala cromática de Fa grave a Fa agudo", describen, sobre pezas que utilizan os músicos profesionais, aínda que moitos piden "a tonalidade de La".

As pezas son de buxo, que é a única madeira galega utilizable; e de granadillo de Sudáfrica, que se ennegrerce co paso do tempo e que é a mellor pola súa densidade, sonoridade e que apenas se deforma pola influencia do clima húmido ou cálido. Hai roncos moi traballados, de estilo barroco, con incrustacións de prata e marfil, auténticas pezas de colección. Cada unha leva manuscrita a súa característica e posible defecto. O "vestido" da gaita é a parte que compete a Esperanza, nai de Ramón, que utiliza a tea que pide o cliente, desde liño, a brocado ou veludo.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2010 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Bruma en Compostela
Lugar: Salón Teatro Rúa Nova, 34
Data: mércores, 13 de outubro de 2010
Prezo: 5 €
Horario: 21:30

A compañía pontevedresa Bruma protagoniza a segunda das actuacións do programa "ST Música Presente" no marco da que presentará o seu primeiro traballo discográfico, o DVD 'Nove espellos e unha caixa de música', editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo.


Dirección Artística e Musical: Serxio Cobos
Elenco: Uxia Portela, Manuel Covas, Maria Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas, Serxio Cobos
Iluminación: Ángel Cobos
Son: Fran Santos
Vestiario músicos: Patri
Vestiario bailaríns: Ada Negra

Consciente ou inconscientemente pasamos a vida buscando espellos humanos cuxo reflexo nos diga algo de nós. Algúns aborrecémolos, outros namórannos, pero nada, ou case nada, dura. A partir desta reflexión e nun ambiente melancólico, romántico, escuro e máxico desenvólvese esta produción onde a música é o son da danza e a danza, a imaxe do son.
Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, 'Nove espellos e unha caixa de música' mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica ou contemporánea (interpretada polos bailaríns Uxía Portela, Manuel Covas, María Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas e Serxio Cobos).

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-10-2010 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Manolo Solla no Alalá

Hoxe, martes, día 12/10/2010

Un son e unha voz, na figura de Manolo Solla, máis coñecido como o gaiteiro de Vilariño, será protagonista dunha nova noite na compaña de "Alalá", que se achega á vida e obra de todo un mestre gaiteiro, nacido en Vilariño, Hío, concello de Cangas, lugar onde se sentiu atraído pola gaita cando saían a percorrer as parroquias durante o famoso Entroido.


Lucho -Luchiño, como lle puxo súa avoa cando o veu nacer- falaranos de momentos clave na súa vida, de como mercou a súa primeira gaita; dos momentos duros no traballo e na familia dun home entrañable, un gran mestre e un magnífico gaiteiro.

Foi aquí desde onde, sendo moi pequeno, trasladouse cos pais a Vigo, onde a vida deste home foi moi intensa e a súa traxectoria musical tamén, pois estivo en moitos grupos, como Os Cuncheiros e Vento das Cíes; en formacións do momento como foi Os Cruceiros, unha das máis importantes da música nos anos sesenta e en que estaban figuras como Henrique Otero ou Portela; formou parte dos "Airiños Galegos de Sampaio"; leva vinte e sete anos na Asociación de Lavadores en Vigo e doce anos co seu grupo actual, "Os Folieiros de Lavadores". O que nunca deixou foi de aprender, pois foi e segue a ser mestre.

Na década dos sesenta e setenta facer anuncios para radio e televisión non era habitual, pero Solla púxolles música a varios anuncios publicitarios e as gravacións dos discos en Madrid foron momentos gloriosos para o mestre gaiteiro. Non faltaron recoñecementos e galardóns e numerosas viaxes por España adiante.

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-10-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 11 (luns)
• Festival Trazo: Nao, Machina, Amacheta
• Raiba en Allariz
• A Tuna Rastafari na discoteca Isabella (Ponteareas)
• Brath na praza de Santa María (Lugo) ás 20:00

Terza feira 12 (Martes)
• XIII Certame Internacional de Improvisación Oral (Vigo)
• Nova Galega de Danza na praza Horta do Seminario (Lugo) ás 21:15

Corta feira 13 (Mércores)
• Bruma no Salón Teatro (Compostela)

Quinta feira 14 (Xoves)
• A Tuna Rastafari no Ache (Marín)

Sexta feira 15 (Venres)
• Marxe Eskerda na discoteca Diva (Redondela)

Sábado 16
• O Circo da Lingua en Arcade (Soutomaior): Güintervan, Nao, Os Tres trebóns e os Homes sen medo, Som do Galpom
• Orfeón Terra a Nosa na igrexa de Lalín ás 20:45
• Gala O Son do Tangaraño no auditorio de Mos ás 20:30
• VI Ruada de Arteixo
• Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Domingo 17
• Tanxedoras en Vigo, na Praza da Princesa ás 14:00
• Mamá Cabra no Centro Social de Dena (Meaño) ás 18.00
• VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Real Coro Toxos e Froles, Ultreia Obradoiro de Cultura Tradicional, Cántigas da Terra
• IV Concurso de Cuartetos Tradicionais (Luou – Teo)
• VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores no Auditorio de Ribadumia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-10-2010 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer