NAO queren comunicar que Xavi, o que foi o seu cantante ata agora, e NAO, separan os seus camiños. Para NAO é complexo explicalo, pero queren expresar os seus mellores desexos para Xavi, e agardam que o tempo que pasaron xuntos servise para medrar, tanto a nivel persoal como a nivel musical.
NAO quere decir-vos a todos e todas as que os seguistes que van seguir dando guerra.
A idea de NAO está por riba dos membros que compoñen a banda, os que os coñecen xa o saben. Nos próximos meses seguirán a compoñer temas para o que será o seu 2º disco, con mais gañas que nunca, demostrando unha vez mais que non hai quen poida con eles.
Chegado o final do verán, querem agradecer a toda a xente que os acompañou en cada concerto, que compartiu con eles estes maravillosos momentos: Xose KamikaZe, Chichi, Búa, Marina e Roi e Manolo NAO, Grazas.