Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Torneo de Billarda e Serán en Moaña
A Liga Nacional de Billarda chega a Moaña.
Tra-lo éxito da 1ª xornada en Porriño o pasado 27 de setembro, a Tempada 08/09 terá continuidade o día 18 en terras do Morrazo.


O lugar elexido é o paseo tras da praza de abastos (se chove, está previsto traslada-lo evento ó pavillón do I.E.S. Paralaia). A xornada estará amenizada con Teatro de rúa e con Música Tradicional, con actuacións e Serán aberto.

A participación é libre, gratuíta e totalmente aberta: queremos que participen homes e mulleres de tódalas idades, en solitario ou por equipos, canta máis xente, mellor. Por suposto, haberá premios e trofeos para os gañadores.

Ás 16 horas comeza a inscrición, os entrenamentos e o sorteo de grupos, para arrancar coa competición ás 17 horas.

Contaremos coa presenza de xogadores de todo o Sur de Galiza, que disputarán os primeiros postos provisionais da clasificación. Ó ser ésta a 2ª xornada, aínda é tempo de que calquera comece aquí a tempada.


Paralelamente ó torneo, está prevista a actuación do grupo de Teatro Codia e Miolo, así como do gaiteiro Xosé "O ghaiteiriño de Aldán", que darán paso a un serán aberto a tod@ aquel(a) que se anime a traer e tocar algún instrumento tradicional (gaitas, pandeiretas, tambores, bombo, o que sexa!).

http://billarda.blogsite.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2008 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña 'Chámate con xeito´

A galeguización dos nomes e apelidos a través da web
Esta campaña de normalización onomástica promovida pola Universidade de Vigo achega unha serie de recursos para saber máis sobre a antroponimia do país e proceder a cambiala no caso de que estea castelanizada.

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo quere suscitar unha reflexión acerca de como nos chamamos, de como fomos nomeados e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán, e propón unha busca da propia identidade onomástica. "Se oficialmente todos os topónimos galegos son Toxeiro ou Ameixeiras, por que os meus apelidos son Tojeiro e Ameijeiras, cando en castelán serían algo así como *Aliaguero e *Ciruelos".

Suxiren que a xente pare a reflexionar e escolla unha variante: "en correcto galego ou en correcto castelán, pero nunca en formas híbridas de ningunha lingua, formas híbridas que non son senón o estigma dunha asimilación non consumada". A campaña, 'Chámate con xeito', vai dirixida ás persoas que teñen o nome ou o apelido regaleguizábel: poñen como exemplo Iria Quintana Muíños, que debería galeguizar o apelido (Quintá), ou propóñenlle a Ángeles Sotelo Feijoo que opte polo galego (Anxos Soutelo Feixó ou Feixoo), ou unha forma castelá non deturpada (algo así como *Ángeles Sotillo Habichuelo).

Amais dun simulador de nomes e apelidos, a páxina, http://webs.uvigo.es/chamateconxeito, inclúe unha base de datos para consultarmos a orixe etimolóxica de varios nomes galegos, e recursos como textos lexislativos ou modelos de instancia para solicitarmos o cambio de nome e / ou apelidos. Tamén hai un enderezo de correo electrónico ao que podemos enviar consultas, un listado de ligazóns de interese sobre onomástica, e mesmo un apartado que nos permite enviarlle mensaxes ao teléfono móbil á xente, para lle suxerir que "se chame con xeito".

A través da páxina pódense conseguir tamén informes oficiais da RAG ou do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo nos que constae como deben ser os nosos nomes e apelidos en correcto galego, para que nos rexistros civís tramiten estes expedientes.

www.anosaterra.org

Web da Campaña
www.chamateconxeito.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2008 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación Campaña Pobreza Cero en Vigo
PORQUE AS PROMESAS NON SE COMEN: ISTE ANO 50 MILLÓNS MÁIS DE PERSOAS TEÑEN FAME,

MANIFESTACIÓN CAMPAÑA POBREZA CERO

VIGO, 18 DE OUTUBRO
12:30 Praza Independencia-Praza Constitución

A Rede Social Galicia Sur, plataforma que aglutina a máis de 15 organizacións de Vigo e Bisbarra que traballan tanto nos Países do Sur como en Galicia pola xustiza social e por conseguir un mundo máis xusto, equitativo e sostible, quere invitarvos a participar na manifestación que realizaremos o sábado 18 de outubro ás 12:30 dende a Praza de Independencia á Praza da Constitución co gallo da celebración do Día Internacional de Erradicación da Pobreza.

Nesta manifestación xuntarémonos organizacións sociais de toda Galicia para elevar a nosa voz sobre os incumprimentos reiterados dos nosos gobernantes no tema da loita contra a POBREZA.


Actividades:

Mesas Informativas: Venres 17 outubro. Na Praza de Independencia e na Praza da Constitución. Ás 19 horas
MANIFESTACIÓN: Sábado 18 de outubro. Saída: Praza de Independencia ás 12:30. Chegada: Praza da Constitución ás 14 horas.

As organizacións que formamos parte da Rede Social Galicia Sur e que convocamos a manifestación somos:

REDE SOCIAL GALICIA SUR

Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Coordinadora Galega de Ongd, Dar Máis, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas, Enxeñeiros Sen Fronteiras, Fundación Balms, Fundación Proclade, Fundación Social Emaús, Grupo VIH/SIDA e adiccións “O Imán”- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo , MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Fundación Secretariado Xitano, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidarios para el desarrollo, Taller de Solidaridad e Verdagaia.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2008 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Miro Casabella
O Concerto foi onte, xoves.

Foi unha das Voces Ceibes que, nos anos sesenta incomodaba aos gobernantes e arengaba aos estudantes, aos traballadores e aos amantes da boa música, despois, Miro Casabella optou pola historia, pola música antiga que lle falaba dun tempo no que a cultura se escribía en galego-portugués. Corenta anos despois sobe ás taboas do teatro Rosalía para lembrar esas loitas xunto a Raimon.

Voz profunda, de ter loitado tanto como pode lembrar e pausada, porque xa moito está feito, aínda que queda moito máis. Miro Casabella unirá o seu repertorio, esta noite, a partir das 21.00 horas, no teatro Rosalía de Castro.

-Como será a actuación desta noite?-Serán dous concertos paralelos, no que Raimon toca o seu repertorio antolóxico, dende os seus comezos ata os últimos temas que fixo e eu tamén; tocarei pezas de toda a miña andaina na música, dende as cancións de poetas ata a folc e antiga. É un percorrido.

-Son dúas loitas que se unen no presente, que cousas se conseguiron e cales non?-Tanto tempo despois de comezar a cantar cunhas reivindicacións claras, que sigamos cantando é algo, aínda que xa hai moitas cousas conqueridas. Non é preciso pedir un permiso para facer un concerto, como facía falta naquel tempo. Raimon ten moitos concertos prohibidos, coma min, e perseguidos e con multas. Isto xa está superado, pero segue a haber reivindicacións claras na cultura, tanto na catalana como na galega, que están excluídas, ignoradas e apartadas. No manifesto polo español dinse cousas que non son certas e atribúensenos feitos que non están pasando.

-A fala segue a ser unha reivindicación bastante forte.
-Totalmente clara, e na nosa cultura segue a ser unha demanda para poñer ao día, aínda que nos gobernos autonómicos temos voces máis ou menos amigas, aínda a loita hai que gañala na cidadanía, hai que facer país, que non se fai dun día para outro; ten que ser un traballo persistente.

-E haberá tamén metas novas polas que loitar e polas que cantar.
-A ecoloxía, o clima, a Terra e a conservación da natureza súmanse ás loitas de sempre, que seguen a estar presentes. O querérmonos un pouco máis, a afectividade, o recoñecemento das persoas que veñen a traballar con nós; é un punto de desequilibrio na sociedade, que nos pon sempre en garda e que non nos debería poñer así, porque nós fomos emigrantes durante moitísimos anos e a nosa xente fixo riqueza e cartos e trouxo moita cultura, porque nós aprendemos moito polo mundo.

-Pode a música cambiar o mundo?
-A música non é un poder executivo, non pode facer nada por decreto, a música só pode concienciar, é un vínculo, coma os medios de comunicación, que nos axudan a coñecer estados de ánimo, represións, axudas...

-Haberá sorpresas neste concerto?
-Non sei, depende de non sei quen, pero sorpresas sempre hai. As cancións seguen a ter vixencia e, moitas veces, son só cancións que falan de amor. Mesmo eu podo chegar a cantar cantigas de Santa María, aínda cando non son creente, pero a súa música, a súa importancia e impacto cultural na época merece que as recoñezamos coma un valor que tivemos.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-10-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 19 de setembro
Vai de baile do 19 de setembro de 2008

A Volta do demo VS Os Maragatos


Fase de Concurso:


Fase de Puntuación:
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 15-10-2008 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Camín de Cantares nos Oscos
Moi bo programa de Camín de Cantares en Penacova, no concello de Vilanova d'Ozcos, sobre Guillermo, gaiteiro da bandina Os Trabadelos, bandina tradicional con dúas gaitas, clarinete, caixa e bombo.







Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-10-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Foliadas en Noia
Ola!!
somos un grupo de musica tradicional de Noia, chamamonos A Subela e pertencemos á Sociedade Liceo de Noia.

Gustarianos dar difusión a unha proposta que imos por en marcha e que é a seguinte: o 3º venres de cada mes na Cafetería Tapal en Noia, a partires das 22:00h da noite, convidar a todo o que teña ganas de pasar un rato cantando, tocando, bailando, en fin que imos contar... pois eso, en Noia, todos os 3º venres de cada mes, ok?

un saudiño, e moitas grazas!!!
Oscar
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2008 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
O novo traballo de Tanxedoras
Tanxedoras falan do seu novo traballo "Tanxedoras" (PAI Música 2008) que sairá á venda proximamnete. Tanxedoras é un grupo de música tradicional formado por cinco rapazas de Vigo que proceden de diferentes formacións dentro do ámbito da música tradicional.

Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva son as cinco compoñentes de Tanxedoras, unha agrupación musical que destaca polo emprego de instrumentos tradicionais de percusión galega coma o pandeiro, cunchas, ferriños, culleres ou legóns. Un proxecto que naceu en setembro do 2003, aínda que con anterioridade e por separado formaron parte doutras agrupacións folclóricas. Mais os camiños da vida xuntáronas para traballar cunha idea común, a recuperación do legado musical de Galicia. Melodías tradicionáis e populares aprendidas dos nosos maiores.

Video - entrevista:
www.pai-musica.com






Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-10-2008 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Pepa, Davide e Madame Cell nas Crechas
Na Casa das Crechas (Compostela)
Hoxe martes 14 de outubro ás 22:00 h
Entrada 2€


Pepa Yáñez e Davide Salvado teñen unha longa carreira como intérpretes da música tradicional galega e doutros estilos (vinculados a grupos comoLiñaceira, X. M. Budiño, Ecléctica Emsemble, A Banda Melgacha e a compañías de teatro). Levan tres anos mesturando esta música con novas propostas de estilo variables, unha continua experimentación que chegou ao cabaret d'aquí, unha forma de espectáculo músico-performático e humorístico na compaña do pianista Nacho Muñoz, coñecido tamén como Madame Cell (produtor musical de discos de Uxía, Ecléctica Emsemble, Budiño ou Mercedes Peón, así como membro do colectivo artístico Alga).

Pepa e Davide, dúas voces temperamentais que seguen un camiño paralelo, a beleza, propóñennos un obxectivo diferente ao que nos teñen acostumados con Unha noite no muíño...: o fin agora mesmo é bailar, os medios póñenos eles. Partindo dunha melodía que lle escoitaron a alguén, dunha vella copla, do saber popular en definitiva, séguenlle o rastro, fano evolucionar de xeito natural e actualízano ata chegar a un son de hoxe, á vangarda. Esta nova viaxe empréndena cun vello acompañante: Madame Cell dende o piano ata as programacións electrónicas. Non miren para outro lado, miren para cabaret d'aquí.

www.casadascrechas.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Consternación na cultura galega pola morte de Ramiro Fonte

OS ACTOS DE DESPEDIDA CELEBRARANSE ESTA TARDE EN PONTEDEUME

Sucédense as mostras de pesar polo falecemento, o pasado sábado de Ramiro Fonte, poeta, escritor, académico e director do Instituo Cervantes de Lisboa.

O ministro de Cultura, César Antonio Molina, anunciou a súa presenza nas honras fúnebres, previstas para esta tarde ás 16:30 en Pontedeume. Molina destacou que o finado “foi dos máis grandes autores da lingua galega”. Coincidiu con el o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen lamentou nun comunicado o pasamento e incidiu en que “as letras e a lingua galega están de loito porque Galicia perdeu unha das voces máis lúcidas da nosa literatura”. Pola súa banda, a titular de Cultura, Ánxela Bugallo, calificou de “perda irreparable” a desaparición deste autor.

Desde a Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos salientou que Fonte “foi fundamentalmente un gran poeta. Dáse o paradoxo de que máis xente o coñece polas súas memorias, pero por riba de todo foi un poeta”. Para Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, “abandonounos un amigo de lealdade inquebrantable e un dos grandes, grandes, escritores galegos universais de todos os tempos”. Pola súa banda, Iolanda Díaz, concelleira de Cultura de Ferrol, lembrou que o autor “soubo renovar magnificamente a literatura e a poética no noso país". Carme Caffarel, directora do Instituto Cervantes, transmitiu tamén a súa “consternación” polo falecemento do escritor de 51 anos.

www.culturagalega.org

Ramiro Fonte e o universo vital da memoria
Santiago.


Memorística, artesanal, vital e única. Son verbas que se repiten nas palabras dos poetas, escritores, editores e amigos que coñeceron, compartiron e leron a obra artística de Ramiro Fonte. O poeta e director do Centro Cervantes de Lisboa finou o sábado deixando para a cultura galega unha gran obra en verso e prosa. Quixemos falar con dous coñecedores da obra de Ramiro Fonte, Miguel Anxo Fernán-Vello, editor de Espiral Maior e poeta, e Ramón Loureiro, xornalista, escritor e amigo persoal do finado, para indagar nas claves da súa obra.

¿Cómo retrataría a obra de Ramiro Fonte?
Miguel Anxo Fernán-Vello: Ramiro Fonte foi esencialmente poeta, porque estaba posuído por unha formación como lector de poesía, como capacidade de oficio, de escrita que el foi labrando no tempo desde moi novo. Sobre todo na última fase, el tiña conciencia do poema como forma, como construto. Hai na súa poesía unha fase última, o verso callado, a forma elevada ao extremo. O poeta tiña un gran coñecemento da poesía romántica inglesa ou alemá. Ramiro era un poeta moi culto que mesmo cando se achega ás formas tradicionais insufla unha enorme luz e calidade verbal.
Ramón Loureiro: Eu diría que a obra de Ramiro Fonte é unha obra excepcional en todos os sentidos. Excepcional en todas as acepcións do termo, porque é unha obra que forma parte da excepción, do que non é frecuente. Ramiro era sobre todo un poeta, pero cando falo da súa poesía falo dunha visión do mundo. É algo que vai moito máis alá dos versos.

Todos os críticos coinciden en sinalar o papel da memoria na súa obra…
MAFV: A experiencia do paso do tempo é fundamental na súa obra, e apréciase especialmente nas Vidas de infancia. Esa reflexión sobre o paso do tempo faina nun ton ás veces nostálxico. En Ramiro hai unha dor polo vivido, polos praceres perdidos, polo paraíso que non se atinxe, nun ton sempre de reflexión, de carácter moral.
RL: Evidentemente, a memoria persoal é moi importante en toda a obra de Ramiro, por varias razóns. A súa poesía é moi a miúdo unha poesía da experiencia, pero tamén porque na súa triloxía Vidas de infancia, na que como el me dicía que devolveu á vida a moitos mortos, o fermento da memoria permitiulle reconstruír unha realidade nova a partir da palabra.

¿Cal foi o papel da comarca do Eume na súa obra?
RL: Ramiro ten un territorio vital que está moi vencellado ao Eume, pero ese territorio se vai condensando no seu particular imaxinario, conforme o tempo pasa, ata que chega un momento no que Ramiro, que era moi rosaliano en todos os sentidos, tanto como Eume lle quere aos regatos pequenos, e en especial ao Covés. O Covés é un regato moi modesto que desauga no mesmo lugar que desauga o Eume, que fai xunqueiras cheas de garzas e que, dalgunha maneira para el, representaba unha porta aberta á súa infancia.

¿Percíbense diferenzas entre a súa prosa e a súa poesía?
MAFV: Ese oficio da escrita poética tamén o leva á súa prosa, nesa triloxía Vidas de infancia. Sen ser prosa lírica, ten un ritmo, unha medida, unha precisión. Ramiro era un ourive da linguaxe, non no sentido barroco, senón no sentido da contención, no deseño. Hai unha poética que identifica tanto a prosa como a poesía. Estiven relendo a súa obra estes días, e pódese percibir a súa determinación por crear esa poética.
RL: Ramiro Fonte dicía sempre que o gran estilo non é a prosa chea de subordinacións, a proliferación de conxuncións que unen unhas frases a outras, a subordinación levada ao seu gran estremo. El dicía que o seu gran estilo era a prosa que resulta transparente para a lectura dos perfís máis diversos e que, á súa vez, permite que cadaquén poida ver aí algo distinto en función da polisemia de toda obra literaria. A triloxía Vidas de infancia existe por si mesmo.

¿Cal considera que foi a achega ou o perfil de Ramiro Fonte no contexto da literatura galega?
MAFV: Eu creo que a xeración dos 80 na que se insería Ramiro Fonte é unha xeración moi diversa nas súas propostas, porque non ten nada que ver, por exemplo, Xavier Seoane con Manuel Forcadela. O que caracteriza a Ramiro Fonte é que é un poeta culto pero non culturalista. Os temas que el trata na súa poesía son os temas humanos, da poesía por excelencia. O tempo, a natureza, e a condición humana. Ramiro deixa unha obra poética que o tempo irá definindo dun xeito máis preciso, dunha gran limpeza, dunha calidade formal tinxida de notas rítmicas. A súa poesía ten unha melodía interior que vai avanzando e creando ese discurso poético. É unha das obras poéticas máis importantes do século XX en Galicia e fóra de Galicia.
RL: Eu creo que é unha contribución fundamental da literatura galega porque o camiño que andaba Ramiro non o andou ninguén máis. Non pode ter epígonos, porque a súa voz é tan persoal que non pode ter continuadores. Ramiro foi un feito único na literatura galega, como noutros momentos o foron Manuel Antonio ou Cunqueiro. Ramiro foi un universo enteiro.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
aCentral Folque Compostela: aberto prazo de matrícula curso 2008-2009
Para toda a xente aceptada no curso entrante de aCentral Folque Compostela, xa está aberto o prazo de matrícula para o 2008-2009 e se pechará no día 17 de outubro.

As oficinas administrativas estarán abertas ao público de luns a sábados en horario matutino (10-14 h) e vespertino (16-18 h) agás os luns á mañán e sábado á tarde que permanecerán pechadas.

Precisamos o número de conta da vosa entidade bancaria para facer o cobro das asignaturas nas que vos matriculedes máis o seguro escolar.

Tamén podedes enviar estes datos nun correo electrónico a matricula@folque.com

O teléfono da oficina é o 881 031 829

As oficinas atópanse na rúa Salvadas 22, baixo, 15705 Santiago, á volta da esquina da Escola de Altos Estudos Musicais.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca está de cabodano
A revista cumpre un ano e celébrao cunha festa e unha sorpresa: un 'desnudo' na portada dun famoso político galego asentado en Madrid.

"Hai un ano moitos crían que a Retranca estaba morta e que a nosa revista duraría dous telexornais". E van xa doce meses, doce números. A revista celebra o seu primeiro cabodano, é dicir un ano dende o que moitos a deron por morta mesmo antes de nacer. O vindeiro 31 de outubro, na noite de Samaín, Retranca celebra a súa festa en Pontevedra, a partir das oito da tarde no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia. Ese mesmo día ás 12 da mañá inaugurarán a Sede da Editorial Retranca, na rúa Peregrina.


Ademais desvelarase a portada do número 12 da revista, na que aparecerá un 'posado' dun dun famoso político galego asentado en Madrid. Apostas?

Primeiro cabodano de Retranca, tempo de botar contas. Como valoras o que foi até agora? Respondeu ás túas expectativas?
Foi bastante mellor do que esperaba. Son realista, e sei o que é Galiza, e os problemas de distribución que ten unha revista aquí. Ninguén apostaba por que pasaramos do número 3 e de feito un amigo confesoume que houbo unha porra para ver até que número chegabamos e perderon todos. Sabíamos que ía ser difícil, pero tiñamos moi claro o obxectivo: sacar unha revista sen subvencións, e que se vendese nos quioscos, que é un lugar moi difícil, porque están moi saturados de cousas, e hai moita competencia. Nós en realidade somos un produto moi caseiro, case unha empresa familiar, e competimos con revista que pertencen a grandes grupos empresariais, e que publican milleiros de exemplares. Foi moi importante o boca a boca, funcionou moi ben. En El Jueves dicíanme que se nalgún momento tiñamos problemas só tiñamos que publicar un pelotazo, pero aquí non temos familia real, e a duquesa de Lugo xa se separou.

Algún asunto a mellorar?
Un dos asuntos pendentes é o da publicidade. Non somos quen de captar moita publicidade; conseguir tres páxinas para cada número supón un esforzo titánico. E se non tes asegurada a publicidade, estás a expensas de que un baixón nas vendas nun número non che permita publicar o seguinte.

Que foi o que fixeches ben en Retranca que nos outros intentos de facer unha revista de humor galego se fixo mal?
Precisamente polas experiencias que houbo e que fracasaron, tiña medo, dá moito respecto. No camiño quedaron o Golfiño, o Xatentendo, ou o Can sen Dono, con fortes apoios empresariais e algunhas moi ligadas a importantes medios de comunicación, repartíndose cos xornais. Pero o problema é que estas publicacións estaban feitas dende o punto de vista da non supervivencia: ao depender deses apoios tan fortes preocupábanse menos por sobrevivir. Pero esas experiencias axudaron, porque en realidade todos os que estamos en Retranca estivemos tamén nas outras. Sabiamos que non podíamos deixar que entrasen cartos institucionais, ou apoios demasiado determinantes das empresas, nin de medios de comunicación, porque sempre che van condicionar á hora de publicar os contidos. Tiñamos que ser independentes.

Soubestes ver un oco, tamén...
Si, aquí había un oco. Non había iniciativas de produción propia que arriscasen. E tivemos un factor sorte, claro. Saímos no momento idóneo, despois dun cambio de goberno, no que a xente tiña gana de cambiar os tópicos sobre Galiza. E a cousa foi ben tamén pola calidade dos autores, combinando a vella garda e a súa experiencia coa nova garda, que ten moita calidade e creatividade. Isto non é El Jueves, nós non competimos con El Jueves, porque se estivesemos competindo con eles, perderiamos, evidentemente. Nós cubrimos un oco que a eles non lles interesaba cubrir. Non se facía humor sobre as cousas de aquí, primeiro porque non saben o que pasa aquí. Propúxenlles á xente de El Jueves facer algo sobre a Cidade da Cultura, e déronme unha viñeta, non lles interesaba.

Tamén porque non lle chega información. O humor precisa de información previa...
Si, non hai retranca sen afondar nos temas.

E como vai de vendas a revista?
Temos 200 subscritores. E en canto á tiraxe, do último número, de seis mil exemplares devolveron tan só 700.

Que novidades vai traer Retranca no seu segundo ano?
Recentemente comezou a colaborar o Carrabouxo, e tamén incluímos unha sección na que damos entrada a escritores galegos, porque temos aquí a autores con moita retranca. E nos próximos números entrarán Rober Bodegas e Pepe Carreiro. En canto á revista, queremos incorporar máis páxinas en cor. Tamén imos facer fincapé na Colección Retranqueira, en libros de humor galego que non se van vender no quiosco, senón en librarías. Así conséguese que permanezan máis tempo á vista, dispoñíbeis; os quioscos son moi efémeros. A comezos de ano sairán un de Alberto Guitián e outro de Mel.

E os colaboradores cobran, cousa insólita en Galiza...
Sabiamos tamén que isto non podía funcionar a base de achegas voluntaristas, que tiñamos que pagar as colaboracións, aínda que fose pouco, dentro das nosas posibilidades. É como se montas un bar; non te plantexas pagarlles aos camareiros ou non. Se queres esixir calidade, e constancia, ten que pagar, e pagando consegues tamén unha maior motivación, porque este tipo de publicacións queiman moito.

O outro día Xaquín Marín laiábase de que se estaba perdendo o humor galego...

Os galegos de hai trinta ou corenta anos eran moi distintos a como somos agora, eran labregos e tiñan ese humor moi particular. Vivimos nun tempo de globalización de estandarización e a galeguidade e ese xeito de facer humor esváese. Pero o humor galego evoluciona e ten que evolucionar, e nós na revista temos que seguir esa evolución, e facer un produto de acordo cos gustos dos nosos lectores.

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Voces Ceibes, o nome do compromiso

Os románticos do pasado están de noraboa.Logo de anunciarse o volta de Fuxan os Ventos nun concerto especial en Santiago, A Coruña ofrecerá un de homenaxe a Voces Ceibes

O Teatro Rosalía de Castro, da Coruña, acolle o vindeiro xoves, 16 de outubro, un concerto dos cantautores Raimon e Miro Casabella. O recital servirá de homenaxe a Voces Ceibes, un nome xenérico que hai xa 40 anos integrou un grupo de mozos que na década dos 60 decidiron poñerse a cantar co dobre obxectivo de reinvidicar a lingua galega e loitar a través da música contra a inxustiza, a desigualdade e o sufrimento do pobo galego.

Na cociña de Voces Ceibes tivo o seu papel o concerto que o 9 de maio de 1967 ofreceu Raimon no estadio universitario de Santiago. Naquela altura existía un movemento de canción protesta en boa parte do mundo occidental, e en particular en Cataluña.

Pero a primeira aparición pública do colectivo galego tivo lugar case un ano despois, nun recital de música galega organizado no paraninfo da facultade de Medicina da Universidade de Santiago o 26 de abril de 1968. Ao recital acudiron 2.000 persoas e os folletos de promoción foran redactados por Xesús Alonso Montero. Neste primeiro concerto participaron Benedicto coas cancións Eu son a voz do pobo, Un home, Loitemos e Carta a Fuco Buxán; Xavier con Monólogo do vello traballador, María Soliña, Romance incompleto e Longa noite de pedra; Guillermo Rojo con Quen tivera vinte anos, Tirade ao chan os fusiles, A vós irmáns, Señor, eu fun poeta; Xerardo Moscoso con Deuda cumprida e Réquiem Nº II e Vicente Araguas con Comunión, A cea e Eles non sabían cantar. Os poemas de Celso Emilio Ferreiro formaban a parte fundamental do repertorio, xunto a composicións propias.

En maio dese ano realizouse unha xuntanza no hotel Compostela de Santiago para organizar un colectivo de canción galega ó xeito dos cataláns Els setze jutges ou os vascos Ez dok amairu. A ela acudiron Vicente Araguas, Benedicto, Xavier, Xerardo Moscoso, así como Margarita Valderrama e Alfredo Conde. O colectivo, que tiña como características sobranceiras cantaren unicamente en galego e a canción social e belixerante, déuselle o nome de Voces Ceibes a proposta de Xavier.

En xuño de 1968, e por mediación de Salvador García Bodaño, chegouse a un acordo con Edigsa de Barcelona para publicar o primeiro disco de cada un dos catro compoñentes. En outono de 1968 realizouse a gravación en Barcelona: chegáronse a poñer no mercado dez singles.

A finais dese outubro realizaron trece actuacións en varias localidades galegas (Vigo, Ourense, A Coruña, Ferrol, Pontevedra...) e o 1 de decembro tivo lugar a actuación máis importante, no teatro Capitol de Santiago. Nela tocaron Benedicto, Xavier, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas e xa daquela tamén, Miro Casabella.

O 25 de xaneiro de 1969 o goberno declarou o estado de excepción que supuxo a paralización dos recitais. En 1969 actuaron en París. En 1970 Xavier deixa Voces Ceibes e entra Xaime Barreiro Gil. Benedicto marchara a facer o servizo militar, e Guillermo Rojo acaba deixando tamén o colectivo. No mes de decembro de 1970 entra durante breve tempo Tino Álvarez. Na primavera de 1971 deixouno Miro Casabella e entraron Suso Vaamonde e Bibiano.

En 1972 participaron na gravación do disco colectivo Cerca de mañana con Lluís Llach, Elisa Serna, Julia León, Pablo Guerrero, Xavier Ribalta, Imanol Larzábal, Adolfo Celdrán e Juanele, que saíu ó mercado en 1973 fóra de España.

As pelexas internas que xa levaban tempo furando no colectivo fixeron que o grupo desaparecera en decembro de 1974.

O concerto de Raimon e Miro Casabella no Teatro Rosalía celebrarase ás 21 horas e as entradas sairán á venda a 10, 13, 15 e 20 euros, con descontos dun 20 por cento para os posuidores de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados.

www.elcorreogallego.es

Foto: Benedicto, á esquerda, falando con Raimon, e Miro Casabella, de frente, en 1976
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Disco GZ pop!
18 artistas e grupos de diversos estilos
Cultura presenta o disco GZ Pop! en Barcelona para promocionar os grupos galegos emerxentes no exterior


O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e o xefe de redacción da revista musical Enderrock, Roger Palà, presentaron esta mañá no Centro Galego de Barcelona o disco GZ Pop! incluído no número de outubro desta publicación, e no que se encarta un suplemento sobre novas bandas galegas escrito polo xornalista e músico David Vázquez, quen tamén estivo presente no acto.

Luís Bará destacou a importancia desta iniciativa á hora de estreitar lazos con Cataluña no ámbito musical, e valorou moi positivamente a creación novas canles de difusión e encontro con outras culturas. Pola súa parte, o xornalista David Vázquez subliñou que o disco supón todo un descubrimento do potencial das grupos galegos xurdidos nos últimos anos.

Baixo o epígrafe "A nova fornada de pop en galego", o disco reúne a 18 artistas que dan bo exemplo da calidade das bandas galegas así como do amplo abano de estilos que interpretan: funk-rock, hip-hop, rock, pop electrónico... Os grupos escollidos para esta recompilación son: Loretta Martín, The Homens, Capitán Furilo, Lamatumbá, Víctor Aneiros, Nao, Som do Galpón, Dios Ke Te Crew, Mencer Vermello, Zënzar, Ruxe Ruxe, Galegoz, Safari Orquestra, O Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Narf, Projecto Mourente e Fanny + Alexander.

Xunto co CD, a publicación inclúe un suplemento dedicado á nova xeración de músicos galegos, nos que se fai unha breve introdución sobre cada un dos 18 grupos escollidos, así como unha evolución do pop-rock en galego dende Os Resentidos ata Os Diplomáticos, pasando polo rock bravú ou o agrorock para rematar na nova xeración plasmada no disco GZ Pop!

O disco, que xa está en circulación co número de novembro desta revista, tamén se repartiu entre os visitantes do Mercado da Música Viva de Vic, un dos eventos musicais máis prestixiosos de Cataluña con case vinte anos de historia.

Música máis alá das fronteiras

A Consellaría de Cultura e Deporte continua coa súa labor de promover no exterior as manifestacións culturais galegas dentro da súa diversidade: letras, patrimonio marítimo, música ...

Nestes días Barcelona é un dos puntos nos que Galiza deixa sentir a súa presenza, por un lado mediante a súa participación na XXVI Feira Internacional do Libro Líber e, por outro, coa presentación do disco GZ Pop! no Centro Galego da Cidade Condal. Precisamente, Luís Bará destacou o traballo e afán da Consellaría por artellar unha rede estable de contacto e intercambio con outros circuítos culturais para dar a coñecer o noso potencial artístico.

Entre estes programas destaca Galician Tunes, que supón unha xanela aberta ao mundo pola que se espalla o son de grupos galegos de moi diversos estilos. Nesta ocasión os protagonistas son o rock, o funk, o hip-hop pero tamén lle chegará o seu momento á tradición na feira de músicas do mundo Womex08. Neste evento, que se organiza en Sevilla a finais deste mes, celebrarase a "Galician Focus Night", cunha volta sobre a música folk galega representada por Xosé Manuel Budiño, Mutenhroi e Narf.

www.culturaedeporte.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Feira Terractiva (Arzua)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Programación do Liceum (O Porriño)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
O demo na literatura da tradición oral
Programa

11:00h
“Deus e o demo na literatura de tradición oral”
J.M.Pedrosa, Universidad de Alcalá

12:00h
“Casos de posesión diabólica en Galicia”
Xosé Miranda

13:00-14:00h
Mesa redonda arredor da figura do demo na literatura oral tradicional
PARTICIPAN
J.M. Pedrosa e X. Miranda
MODERA
Antonio Reigosa

16:30h
“Libros do demo, grimorios e ciprianillos”
Félix Castro Vicente

17:30h
“O poder do demo sobre o tesouro escondido”
Peter Missler

18:30-19:30h
Mesa redonda Libros do demo
PARTICIPAN
Félix Castro Vicente e Peter Missler
MODERA
Isidro Novo

COORDINADORES DA XORNADA
Isidro Novo e Antonio Reigosa
Entrada de balde
Na sala de exposicións da Deputación pode visitarse:
Libros do demo: grimorios e ciprianill
os

Organiza:
Asociación de escritores en lingua galega

www.aelg.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-10-2008 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile 12/09
Comezamos de novo cos videos do concurso de baile tradicional galego "Vai de baile".
Agardamos ir poñendonos ao día poco a pouco, que xa vai para un mes que comezou.

Vai de baile do 12 de setembro de 2008

Chimpa na palla VS Os Maragatos


Fase de Concurso:


Fase de Puntuación:
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 13-10-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de Música Tradicional de Luou (Teo)
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais
“II Concurso de Música Tradicional”
(Luou – Teo)


1. Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos unicamente por:
• Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico)
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2. Establécese unha única categoría sen límite de idade.

3. As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor ,sempre que sexan galegas.

4. O Xurado valorará os seguintes puntos:
• Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5. O Concurso celebrarase o día 19 de Outubro de 2008 no Local Social de Luou, Teo.
• Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
• O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
• A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
• A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
• A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5,
incluído o tempo entre elas.
• A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6. A data tope de inscrición será o día 15 de Outubro de 2008.

A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal:
A. C. A Mámoa
“Concurso de Música Tradicional”
A Igrexa s/n – Luou
15883 – Teo

Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://www.luou.es/amamoa
http://www.myspace.com/acamamoa

7. A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos 20 grupos seleccionados

8. A Organización establece 3 premios:
1º Premio 1.000 e + Agasallo conmemorativo
2º Premio 600 e + Agasallo conmemorativo
3º Premio 400 e + Agasallo conmemorativo

9. Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10. O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11. A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións:
Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
• acamamoa@hotmail.com
http://www.luou.es/amamoa
http://www.myspace.com/acamamoa
Telf.: 609 666 805 (Miguel)
• 657 247 504 (Xandre)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-10-2008 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de Perfeccionamento Técnico en Barcelona
A Federación de Entidades Galegas en Catalunya realizará o III Curso de Perfeccionamento Técnico os días 6, 7 e 8 do mes de decembro no Parc del Coneixement – Flor de Maig de Collserola.

Devandito curso constará das seguintes disciplinas:

 Baile Tradicional – Montse Rivera e Esteban Lamas
 Canto e pandeireta – Xabier Díaz Carro
 Gaita – Daniel Bellón e Pedro Lamas
 Percusión Tradicional – Miguel Souto
 Traxes e Aderezos – Mónica Hernández

Este ano, debido á gran acollida das anteriores edicións, a Federación, decidiu abrir as incripcións ao público en xeral. Os alumnos federados poderán asisitir ao curso gratis, ademais de gozar do material do profesorado, así como de almorzo e comida durante a duración do curso.

Aquelas persoas interesadas en asistir pero que no están vinculadas coa Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya, deberán abonar a cantidade de 70 euros en concepto de dietas e material. Así memo, deberán facerse cargo do seu desprazamento ao centro de ensino e o seu aloxamento.

Requisitos indispensables:

1. Ser maior de 16 anos, no caso de non ter a maioría de idade requirirase autorización da nai, pai ou tutor.
2. Demostrar un nivel mínimo esixido para a disciplina seleccionada.
3. O alumno deberá levar o instrumento necesario para a disciplina escolleita, ademais da roupa apropiada para facer as clases. O alumno dispoñerá dunha sala como vestiario e duchas.
4. Una vez completadas as prazas reservadas aos centros federados, o resto de prazas asignarase segundo estricta orde de chegada ata completar o aforamento da aula.
5. O envío da folla de inscrición, non implica a aceptación do alumno; este deberá esperar á confirmación, por parte da organización, da adxudicación da praza desexada.
6. Una vez aceptados os alumnos, notificaráselles cal é o material que require cada profesor e o número da conta para ingresar o diñero da matrícula (70 euros).
7. É imprescindible enderezo electrónico e teléfono para contactar co alumno.


O horario do curso é o seguinte:

DE A SÁBADO 6 DOMINGO 7 LUNS 8
9:00 10:00 PRESENTACIÓN
10:00 11:30 CLASE CLASE CLASE
11:30 12:00 descanso descanso descanso
12:00 14:00 CLASE CLASE CLASE
14:00 15:30 xantar xantar xantar
15:30 17:00 CLASE CLASE CLASE
17:00 17:30 descanso descanso CLAUSURA
17:30 19:00 CLASE CLASE


Prégase, os interesados reencher o formulario e envialo a cursillo@fegalcat.org
antes do 15 de octubro.


Mais información:

www.fegalcat.org


Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-10-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 10 (Venres)
• Bellón-Maceiras no Paraninfo da Universidade da Coruña ás 12:15
• Pradairo no Grove (Festa do Marisco)
• Nova Galega de Danza en Vilagarcía no Auditorio Municipal ás 21:00
• Os Cuchuefellos en Bueu (Festa da Sidra)
• Safari Orquestra en Lugo (San Froilán)na horta do Seminario
• Nordestin@s en Boiro (Gala dos empresarios de Boiro)
• Festa Algaravía no café Grandola de Ourense cos Carunchos ás 22:00

Sábado 11
• Pesdelán no Grove (Festa do Marisco)
• Na Virada en Lugo (San Froilán)
• Faltriqueira no Centro Social de Mondariz ás 21:00
• Marful en Boiro no Leña Verde

Domingo 12

Segunda feira 13 (Luns)
• Humor Neghro no Auditorio de Galicia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2008 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as actividades de Algaravía (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2008 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Un ano de Retranca
INCRIBLE PERO CERTO... RETRANCA LEVA XA UN ANO MORTA!!!

Pois si, damas e cabaleiros, fai un ano moitos crían que a Retranca estaba morta e que a nosa revista duraría dous telexornais e aquí nos tedes... con 12 números ás costas, unha chea de subscritores e as mesmas ganas de facer rir aos galegos.

Así que xa sabedes, o vindeiro 31 de outubro, na noite de Samaín tedes unha cita coa Santa Compaña, xa que estades convidados ao Primeiro Cabodano de Retranca (si, a revista Retranca naceu morta así que nada de aniversarios). O acto será en Pontevedra, no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia ás 8 da tarde. Prégase ir de loito e co bandullo baleiro (haberá pinchos).

E ademáis desvelaremos a polémica capa do noso nº 12, que ten coma protagonista a un famoso político galego asentado en Madrid que fai un posado para o deleite dos nosos lectores !!!

Ese mesmo día ás 12 da mañá inauguraremos a Sede da Editorial Retranca, na rúa Peregrina nº 9- Entrechán.

GRACIÑAS A TODOS /AS OS QUE FIXECHES POSIBLE QUE RETRANCA SEXA UN AUTÉNTICO MORTO VIVINTE!!

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2008 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Campamento de Voluntariado Ambiental no río Tea
Na campaña de outono do Proxecto Ríos e dentro do programa de Voluntariado en Ríos en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, celebrarase durante tres fins de semana de outubro (10-12; 17-19; 24-26) un campamento de voluntariado no río Tea.

Neste campamento realizarase unha acción para eliminar flora exótica e invasora. O voluntariado contará con material (traxes e botas de auga, material de inspección, guias de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos Durante os tres turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en rexime de pensión completa Díptico CAMPAMENTO TEA 08 (440 KB)

Pola semana realizaranse charlas nos distintos concellos polos que pasa o río (O Covelo, Soutelo de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra do Miño). O Campamento é gratuíto e hai un número limitado de plazas en cada turno. Se estás interesada/a en participar, xunta a preinscripción e enviaa a coordinación do Proxecto Ríos ( viqui@adega.info ). Inscrición CAMPAMENTO TEA 08 (22KB)

Podes inscribirte nos tres turnos ou de xeito independiente nalgún. Non dubidedes en contactar con nos para resolver calqueira dúbida.

Proxecto Ríos
Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15703 Santiago de Compostela

Teléfono fixo/fax: 981.57.00.99
Teléfono mobil: 650.261.283

viqui@adega.info
info@proxectorios.org

www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-10-2008 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
A Escola de Música Tradicional de Lugo abrirá en Novembro
A Escola de Música Tradicional de Lugo impartirá 10 disciplinas a partir de novembro

A primeira Escola de Música Tradicional multidisciplinar da provincia de Lugo, situada no centro Lugh 2 –na rúa Pintor Corredoira da capital lucense-, comezará a funcionar a principios do mes de novembro. Será xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e contará coa colaboración económica da Dirección Xeral de Xuventude e a área de Cultura da Deputación Provincial, que achegarán uns 120.000 euros ao ano.

Se se cumpre o calendario previsto, o prazo de matrícula para o novo curso será aberto a próxima semana, previsiblemente o luns. En principio, poderán inscribirse persoas de todas as idades, para clases de iniciación ou perfeccionamento, e nenos a partir de sete anos. O catálogo de materias inclúe gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto, pandereita, percusión, requinta, linguaxe musical e investigación etnomusicológica.

As clases serán impartidas por profesores de recoñecido prestixio, que chegarán desde distintos puntos de Galicia. O secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xaneco Tubío, explicou que todo o corpo docente estará formado por profesionais “dunha gran experiencia e cun nivel excepcional”, grazas a un coidado proceso de selección.

En principio, non hai límite de prazas para ningunha das disciplinas ofertadas no catálogo lectivo, aínda que todo dependerá da demanda que teña cada unha das materias. Nese sentido, Tubío asegurou que os promotores desta iniciativa esperan unha “gran resposta” por parte da sociedade lucense, dado que só nas clases de zanfona que xa está a impartir en Lugo a Asociación de Gaiteiros Galegos están inscritas unhas 25 persoas.

Unha vella aspiración
Segundo Tubío, esta escola materializará unha vella aspiración dos amantes da música tradicional, dado que permitirá abordar “unha parte de todo ese patrimonio inmaterial desde un punto de vista integral, incidindo en moitas das disciplinas que forman parte dese legado”. Así mesmo, deixou claro que esta experiencia é pioneira na provincia de Lugo e axudará a completar o traballo que desde hai anos veñen realizando moitas asociacións culturais.

Está previsto que as obras do Centro Lugh sexan finalizadas en novembro, polo que nese mesmo edificio haberá varios locais para ensaiar, unha sala de exposicións, un salón de actos –con capacidade para 90 persoas- e unha aula de novas tecnoloxías, ademais dun albergue internacional.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2008 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Gentalha do Pichel (Compostela)
A continuaçom mostramos a grelha de cursos que oferta o nosso centro social. Como poderedes ver, e ante o êxito do formato "monográfico", a gentalha optou este ano por reduzir o número de cursos anuais e potenciar a oferta de monográficos de mais curta duraçom. Lembrai que há rebaixas de 2 euros para as pessoas associadas e de outros 2 para quem figer mais de um curso.

Gaita
Marcos Varela Couselo
segundas feiras
iniciaçom de 20h30 a 21h30
aperfeiçoamento de 21h30 a 23h00
preço 22 €
começa o 13 de outubro

Guitarra
Rubén Parada Domínguez
terças ferias de 19h a 21h
Preço 22€
começa o 14 de outubro

Capoeira Angola
Boca do Rio
quartas de 20h00 a 21h30 e sábados 19h30 a 21h00
preço 25€
começa o 15 de outubro

Língua e cultura galegas para estrangeir@s
quintas feiras
19h00 a 20h00O

Língua Galega
(Norma Agal)
quintas feiras
AGAL de 20h30 a 21h30

Pandeireta
Jara
PANDEIRETA INICIAÇOM 1
quartas feiras de 19h00 a 20h00
preço 17€ começa o 15 de outubro
PANDEIRETA INICIAÇOM 2
sextas ferias de 20h30 a 21h30
preço 17€ começa o 17 de outubro

Baile
Iniciaçom ao Baile Tradicional
Carme Campo
terças feiras de 20h00 a 21h00
preço 14€
começa o 14 de Outubro

Tamboril
MANUEL DEL REY SEIJAS
quartas feiras de 20h00 a 21h30
preço 22€
começa o 15 de Outubro

E andamos a montar os seguintes Monográficos
Viagem ao interior: técnicas de meditaçom, ioga, automassagem, catarse, ...
com Araceli Fernández.
O céu a simples vista: obradoiro de iniciaçom à astronomia com David Bruzos
Técnicas avançadas de pandeireta com Aitana Cuétara
Velada erótica: reflexons sobre a criaçons de fantasiascom Paula Fernadez (Trabalhadora Social) e Noa Tilve (Psicóloga).
A dança como recurso educativo
com Marta Pereira Coutinho

mátricula: umha mensualidade do curso

Mais informaçom no 646 16 50 44 de 18h a 22h ou no C.S. O Pichel (sta clara 21) de 18h a 23h

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-10-2008 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Vai de Roda (Rianxo)


www.blogoteca.com/vaideroda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Horarios dos cursos da Fervenza de Ouzande (A Estrada)
HORARIOS DOS CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL.

GAITA
Venres ás 21:30

PANDEIRETA
Veteranas
Sábados ás 16:00

Iniciación
Sábados ás 17:00

BAILE
Sábados ás 18:00

Aínda podes incorporarte, achegándote ao local social de Ouzande nos horarios indicados.
Toda a información da AC A Fervenza de Ouzande picando en carreiros.blogspot.com

Outubro 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-10-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Rretranca

Retranca nº 11: Outono Cultureta

E, por fin, o outono. A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar os mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura Vén de camiño.

Conscientes deste ambiente propicio, os eximios representantes da intelectualidade galega reagrupan as súas forzas para continuaren a brava loita por elevar o espírito e a cultura do pobo dos rumorosos. Loitarán desde todas as frontes, desde os bastións das ciencias, as atalaias das letras e as avanzadas a peito descuberto das artes, e contarán co apoio das institucións públicas, que xa sacan as carteiras para o reparto de subvencións ao tempo que espallan anuncios e notas de prensa.

Pero o pobo resistirá. Por moito que nos agridan, nós seguiremos a ter en Luar o máximo referente cultural, no fútbol o espello da nosa conciencia nacional e de clase, e nas boas comidas os alicerces dun futuro liberador. Resistiremos á cultura!

Saúdos Retranqueiros,
A Santa Compaña.

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2008 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Esgotadas (día 18) as entradas para Fuxan os Ventos

·· Só quedan para a actuación do día 19

O regreso de Fuxan os Ventos ten asegurado xa o cheo do Auditorio de Galicia para o sábado 18 de outubro, día no que abrirán co seu espectáculo Terra de soños o ciclo "Sons da diversidade".

As localidades xa están esgotadas, segundo a organización. Os interesados aínda poden adquirir entradas para o concerto do día seguinte.

www.galicia-hoxe.com

Aqueles que non dispoñan de billete poden adquirilo aínda para o espectáculo do día seguinte (domingo 19) na web de Caixa Galicia ou chamando ao 902 434 443.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2008 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
1º concerto de aCentral Folque.

Este xoves as 20.30 na Igrexa da Universidade -antes da Compañía-, na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela -anexa á facultade de Historia- terá lugar o 1º concerto de aCentral Folque.

Será un espectáculo musical onde se sucederán actuacións individuais e colectivas do profesorado de aCentral Folque Compostela con convidados especiais. Será unha mostra amena e variada do persoal de aCentral.

A entrada é de balde.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai novas do Castañazo Rock 2008 (Chantada)

A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 1 de novembro 2008 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), a partires das 21:00hs. un super concerto coas bandas: The Real McKenzies (Canada), Skárnio (Galiza), Skama la Rede (Asturies), Skacha (Galiza), Xerock (Galiza).

Todo isto amenizado pola charanga Os Veraneantes, que estarán antes, durante e despois das actuacións, e por suposto, non faltará un gran magosto, e aínda por riba, de balde. Como en toda boa festa, haberá feira con polbo, carne, pan e viño toda a noite. Tamén teñen habilitado o pavillón dos deportes para durmir quem queira.

A entrada será de 5€

Este ano terán lugar os Iº Obradoiiros de Baixo, Batería, Guitarra e Producción Musical. (Informate e apúntate)
Tamén poderemos participar na competición de Xogos Bravú, Lanzamento de Boina, Turra-Soga, Corrida de Leiteiras e o Chote de Esterco, ou no espazo de Xogos tradicionais competiremos na Rá, Os Birlos, O Aro ou o Trompo.

Mais Info: www.castanhazo.com

www.komunikando.net


Videos do Castañazo rock 2007





Os cabezas de cartaz do 2008: The Real McKenzies

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-10-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Videos da Gala VII Premios Opinión
Videos da Gala de entrega dos VII Premios Opinión de música folk, celebrada este pasado venres no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 07-10-2008 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Budiño, primeiro premio

O gaiteiro moañés é o único artista que acadou dúas veces o máximo galardón dos PREMIOS OPINIÓN. Hai uns anos conseguira ser o mellor disco folk do ano por Zume de Terra e agora repite distinción polo traballo desenvolvido en Home.

-Que tal lle foi ao longo do verán presentando o novo álbum?
-Tocamos moitísimo. A primeira actuación tivo lugar en Glasgow, no mes de xaneiro. Fomos a sitios en Galicia, como Noia, nos que nunca actuáramos e, en xeral, notei ao público máis entregado ca noutras ocasións. É o primeiro disco que saíu ao mercado antes do verán e o que notei é que o tiñamos máis rodado. A xente xa sabe del e coñece algúns temas. Deste xeito dá máis tempo a dixerilo.

-E non faltaron abondosos recitais no estranxeiro.
-Non nos podemos queixar. Estivemos en lugares como Líbano, Siria, Xordania, Marrocos, Italia, Dinamarca, Bulgaria e México. Estes dous últimos anos foron os máis viaxeiros da miña carreira. En Damasco tocamos no teatro Nacional da Ópera, un recinto grandísimo. Estabamos avisados que o público é máis ben frío e empeñeime en que bailasen na parte final e conseguímolo, o que abraiou ao programador, que nunca tal vira. En México chegamos a participar nun programa cultural en televisión que ven catorce millóns de espectadores e ao día seguinte recibín moitos correos de persoas que nos viron actuar alí. Internet amósase como unha boa ferramenta para chegar lonxe da túa terra. Para o 2009, tentaremos entrar máis forte no mercado francés e tamén apostaremos por Alemaña, Holanda e Bélxica. As viaxes resultaron importantes a nivel creativo porque cada vez que chegaba a casa púñame a plasmar as melodías que xurdiran na miña cabeza cando estaba fóra.

-Xa son catro discos publicados e unha década enriba dos escenarios. Considera asentada a súa carreira?
-Non o sei. Non penso no que pasará no futuro. Cando rematei Paralaia parecíame imposible chegar a realizar outras doce composicións e logo foron saíndo temas para outros tres discos. O de cismar en que era difícil facer cancións no futuro sucedeume tamén con Zume de terra.

-Nunca lle escoito facer mención ao seu álbum Arredor. É o disco do que se sente menos satisfeito?
-Non, para nada. Foi un traballo que tocamos pouco en directo e metinme no estudo sen saber o que ía pasar, ao contrario do que aconcera con Paralaia, que xa estaba moi rodado. Ao longo destes anos vexo que a xente ten visións diferentes da miña obra e escollen como preferida calquera dos catro discos. Hai cores para todo o mundo. Podo dicir que me metín ao 100% con todos eles e sempre realicei o que quería.

-Na entrevista realizada cando gañou o seu primeiro PREMIO OPINIÓN botáballe piropos ao público coruñés. Segue a pensar o mesmo?
-Penso o mesmo dos espectadores coruñeses. Desde que presentei Paralaia, a miña ópera prima, constatei algo especial no público da cidade respecto a miña música e iso aconteceu todas as veces que estiven alí. Ademais, teño moitos amigos na Coruña.

-Houbo unha novidade no último ano e agora exerce como o seu propio mánager. Que tal vai esa experiencia?
-Fago unha valoración moi boa. Ter dúas persoas traballando na oficina fai que todo sexa fluído e máis se temos en conta que é xente que leva traballando comigo case dez anos. É un paso complicado de dar, pero ás veces cómpre tirarse á piscina.

-É o único artista que acadou por dúas veces o galardón como mellor disco do ano nos PREMIOS OPINIÓN.
-A verdade é que non o esperaba. É algo moi positivo. Cando estiven realizando promoción en Madrid a xente salientaba o do premio nas entrevistas porque chamou moito a atención. Ademais teño preparada unha sorpresa, xa que Mercedes Peón vai cantar a peza do disco e estou á espera do mail de Xoel para ver se chega á cidade da sú xira americana mañá ou o sábado. Se está na Coruña tamén subirá ao escenario e así contarei con dous artistas moi especiais canda min.

"Gravo os concertos en vídeo para logo poder pulir detalles"

Un dos aspectos orixinais nos concertos de Budiño é a presenza dunha pantalla de vídeo onde as imaxes se funden cos sons que producen os músicos no palco. Ao moañés gústalle moito a tecnoloxía e adoita empregala para beneficio propio. Por exemplo, leva tempo gravando os concertos en vídeo e sacando o son da mesa para analizar o que ocorre no escenario e así poder pulir cousas que non lle convencen. "Sei que é algo infrecuente entre os colegas de profesión, pero a min gústame gravar as actuacións e logo miralas detidamente na casa para correxir defectos. Xa modifiquei cousas das que non estaba satisfeito. Esas gravacións permítenme comprobar como funciona o espectáculo e saber onde están os puntos febles".

-De aquí ata que remate o ano, que ten previsto facer?
-Algo importante, como é a participación no Womex en Sevilla, unha feira musical onde están promotores de todo o mundo e poden saír xiras importantes. É a primeira vez que estou alí como artista convidado. Como público xa fun é considéroo un lugar onde aprender cousas dos músicos que participan.

-Cal son os artistas que máis lle impactaron ultimamente?
-Mercedes Peón sempre me impacta. O disco de Abe Rábade é alucinante. Tamén me gustaron moito Jorge Pardo en trío e Macaco. Nos últimos tempos encantáronme os irlandeses Mozaik, con veteranos como Andy Irvine e Dónal Lunny, que non sei se continúan en activo, o turco Mercan Dede, cuns directos moi diferentes aos discos, a caboverdiana Mayra Andrade e Christy Moore, que só coa súa guitarra lograba emocionar ao público.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Fía na Roca, Terceiro Mellor Disco

Tiveron un verán movido, indo a América e actuando nuns festivais sobranceiros na terra, como o de Ortigueira e a Carballeira de Zas.

Como valoran o acontecido na época estival?
-O de América foi tremendo, recibíronos como se fósemos os Rolling Stones. O público estaba espectante diante da nosa proposta musical e a acollida foi moi calurosa, coa xente bailando na parte final dos recitais. Os galegos dalí teñen un interese enorme por todo o que teña a ver coa cultura do noso país e vólcanse, tal como puidemos comprobar. O teatro de Uruguai estaba ateigado e ten un aforo de 1400 espectadores. En Arxentina tampouco quedaron entradas. Todo resultou marabilloso. Sentímonos moi arroupados e mimados. Aló, no que eles chaman a Galicia Austral, valoran máis a música galega que a xente da nosa terra, que debería querer un pouco máis o seu. A xira foi como unha viaxe aos nosos soños. En Zas e Ortigueira, dous dos festivais máis importantes do país, amosouse que o grupo ten capacidade para facer bailar ao público, algo que certa xente dubidaba. En Ortigueira pechamos a noite logo de actuar os Moving Hearts e non resulta doado manter o nivel. Quedamos moi satisfeitos deses dous concertos.

-Logo dun periodo dunha certa dificultade, cren que a nova proposta da banda principia a consolidarse?
-Por todo o que aconteceu na época estival pensamos que a formación está nun dos mellores momentos da súa andaina. Certas respostas positivas dos espectadores sérvennos para reafirmarnos no traballo efectuado nos últimos tempos e continuar afianzando unha liña de traballo que consideramos axeitada.

-En canto ás vendas de Vente Vindo non se poden queixar, xa con máis de catro mil copias colocadas.
-E pedíronos moitos discos de América. Non nos estrañaría que xa chegásemos aos 5000 exemplares vendidos, unha cifra estimable para estes tempos de crise na industria discográfica.

-É a segunda vez que acadan un Premio Opinión. Que representa para un grupo do país lograr un galardón na casa?
-Sempre gusta recibilos e que salienten o teu traballo. Valoramos esta iniciativa, que ademais é a única destas características que se realiza en Galicia. Parécenos moi útil porque fai que a música estea en primeiro plano da actualidade e iso sempre é positivo. Deberían apoiarse máis as iniciativas deste tipo e consideramos os PREMIOS OPINIÓN como un referente.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-10-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer