Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cabodano de Retranca
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Samaín no Aturuxo de Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festa infantil do Samaín no Casco Vello de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 31 (Venres)
? III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? Encontro dos Axouxeres en Mondoñedo no Auditorio Pascual Veiga ás 18:00
? Transilvanians na Pecera (Vigo)
? Pepa & Davide e Madame Cell no Liceum do Porriño
? Pinto de Herbón, Luís Caruncho e Dios Ke Te Crew no Museo do Pobo Galego (Compostela)
? Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
? Samaín e Serán do Samaín en Ponteareas
? Festa do Samaín na Praza do Berbés de Vigo a partir das 18:00

Sábado 1
? III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? Encontro dos Axouxeres en Ribadeo no Auditorio Hernán Naval ás 12:00
? Encontro dos Axouxeres en Burela na Casa da Cultura ás 18:00
? Pablo Seoane grupo en Cedeira, na Festa do Samaín as 17:00.
? O Leo e Garcia (cantante da banda Dios ke te crew) no Esmorga (Ourense)
? Festival Devesa Son (Melide): Sonoro Maxín, Quempallou e Tromentelos Chis Pum
? Os Cuchufellos e Guezos en Maceda (Ourense)
? Tanxedoras nas Pontes (A Coruña)
? Castañazo Rock en Chantada: The Real McKenzies (Canada), Skárnio (Galiza), Skama la Rede (Asturies), Skacha (Galiza) e Xerock (Galiza
? I Foliada en Sada (A Coruña) na Praza Irmáns Suárez Picallo

Domingo 2
? III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
? Encontro dos Axouxeres en Ortigueira no Teatro da Beneficiencia ás 12:00
? Dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández. (Voz e sanfona) ás 12:30 no C. S. do Castiñeiriño (Compostela)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Venres 31 de outubro
-Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
-Foliada na Cafetería Lar (As Pontes)
-Serán do Samaín na Praza da Igrexa de Ponteareas

Sábado 1 de novembro
-I Foliada en Sada, na praza dos irmáns Suárez Picallo ás 20:00

Mércores 5 de novembro
-Serán-Foliada na Fábrica de Chocolate (Vigo)

sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
-Ruada (Serán) en Cuspedriños (Cotobade)

Sábado 15 de novembro
-III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
-Serán en Pontevedra, na praza da Ferreiría

Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)

Xoves 4 de decembro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 6 de decembro
-Serán no Centro Cultural de Zamáns (Vigo).

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

Sábado 10 de xaneiro
-Serán de Prado da Canda (Covelo)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Portada do xornal Público de hoxe

Xa ía sendo hora de decirlle algo ...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 24 de novembro
Vai de baile do 24 de outubro de 2008

Os Xoldra VS Os Rebuldeiros

Fase de Concurso


Fase de Puntuación
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 31-10-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Sada
O vindeiro sábado 1 de novembro, ás 20:00 h, na Praza Irmáns Suárez Picallo, de Sada (A Coruña), terá lugar a I Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa, e coincidindo con ela, o Magosto municipal, no que colaboran as asociacións de Sada.

Podedes participar tocando e/ou cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del. Sempre música tradicional. Se non queredes actuar, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.

Se desexades actuar, confirmádeo canto antes no teléfono: 617 94 08 33 ou no correo electrónico: tercermolino@hotmail.com.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla Cando saiban o número de participantes, informaránvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Tralas actuacións previstas, a intervención será libre.

Haberá bochinche con castañas, bolos preñados, viño, etc. e a media noite, queimada.

Esperámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-10-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
FOLIADA OUTUBRO 2008

Comeza a 4ª tempada de FOLIADAS no Lar.


Como de costume serán os derradeiros venres de cada mes agas o de Decembro que non se fará.

En esta ocasión debutaremos co gaiteiro local de noventa anos de idade, FREIXO.

Para a segunda parte contamos con unhos rapazes, tamén da Vila, que formaron recentemente un grupo moi interesante (jintony´son) que fai música "blues", tamén nos prepararán algún tema tradicional.

Como sempre rematarase cunha repichoca popular onde poderá participar quen o desexe.

Dende a organización recordamos que a participación nas FOLIADAS está aberto a todos os grupos que o soliciten, preferentemente tradicionales, tanto locales como de fora.

Contacto:

Tlfo: 654165194
nocombaro@hotmail.com

www.nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-10-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Castañazo Rock 2008 (Chantada)
A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 1 de novembro 2008 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), a partires das 21:00hs. un super concerto coas bandas:

- The Real McKenzies (Canada),
- Skárnio (Galiza),
- Skama la Rede (Asturies),
- Skacha (Galiza),
- Xerock (Galiza).


Todo isto amenizado pola charanga Os Veraneantes, que estarán antes, durante e despois das actuacións, e por suposto, non faltará un gran magosto, e aínda por riba, de balde. Como en toda boa festa, haberá feira con polbo, carne, pan e viño toda a noite. Tamén teñen habilitado o pavillón dos deportes para durmir quen queira.

A entrada será de 5?

Este ano terán lugar os Iº Obradoiiros de Baixo, Batería, Guitarra e Producción Musical. (Informate e apúntate)

Tamén poderemos participar na competición de Xogos Bravú, Lanzamento de Boina, Turra-Soga, Corrida de Leiteiras e o Chote de Esterco, ou no espazo de Xogos tradicionais competiremos na Rá, Os Birlos, O Aro ou o Trompo.

Mais Info: www.castanhazo.com

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-10-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto Castañazo en Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-10-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Devesa Son en Santiso
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
2º concerto matutino do Folque
2º concerto matutino no CSC do Castiñeiriño o domingo 2 novembro

Este domingo ás 12.30 h celébrase o 2º concerto matutino a cargo do dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández dentro da serie de actividades que o Centro Galego de Música Popular organiza en locais socio-culturais de Santiago onde mestres de aCentral Folque Compostela actúan en formacións miúdas.

Para a segunda entrega serán Ugia Pedreira (directora de aCentral e cantante de recoñecido prestixio) e Óscar Fernández (mestre e músico de referencia do folque galego). Comparten escea nun dúo de voz e sanfona que interpretarán un repertorio de composicións de Ugia e os temas que ela aprendeu de súa nai na casa familiar en Foz.

Dous músicos que xa colaboraron no disco Circo Montecuruto de Cempés e que desde entón buscaban formulas para facer música xuntos. Este é o terceiro concerto que realizan. O primeiro tivo lugar na Igrexa de Melide e o segundo no Teatro Paco Rabal de Vallecas.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Labregos do tempo dos Sputniks en Ourense
O Sábado, 1 de Novembro, às 22h30 na Esmorga, concerto de Labregos do tempo dos Sputniks.

O Leo e Garcia (cantante da banda Dios ke te crew) juntam-se para reinterpretar textos de Celso Emílio Ferreiro em chave de hip-hop e punk. O preço do bilhete é 3? para sócias e 4 ? para não sócias.

Labregos do tempo dos Sputniks é un projecto musical de O Leo, e García, cantante de Dios ke te crew. Criado em 2007, juntam-se para concertos sem ensaios prévios, como a 'Festa pela liberdade' (Sala Nasa, Dezembro de 2007), ou o 7ºaniversário do Cineclube de Compostela (no Local Social 'A Gentalha do Pichel', Abril de 2008). Num princípio o nome foi Galegos no tempo dos Sputniks.


www.agal-gz.org/blogues/index.php/aesmorga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
A música tradicional nas aulas
OS ENSINANTES DE MúSICA TRADICIONAL DEBATEN SOBRE COMO INTRODUCIR ESTE LEGADO NA EDUCACIóN FORMAL

Nos últimos anos, o interese entre os docentes de ensino obrigatorio pola nosa música tradicional está a se incrementar. No entanto, a presenza deste legado sonoro continúa a ser mínima nas aulas. O III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega dedícalle esta fin de semana boa parte do seu programa a un ámbito que ten un inmenso potencial á hora de popularizar este legado.

Máis de catrocentas persoas tentaron inscribirse neste encontro. Entre elas, atópase un bo número de mestres e profesores de ensino primario ou secundario que buscan ferramentas ou orientacións para achegar ás súas aulas a nosa música tradicional. E é que, segundo aseguran os coñecedores do medio, nos últimos anos está a se incrementar a presenza destes sons nos centros de ensino. Segundo explica Xaime Estévez, coordinador das mesas redondas destas xornadas, ?eu levo 25 anos de profesor e vexo unha evolución positiva. A propia matrícula neste congreso, que a min me sorprende positivamente, indica que hai moitísimo profesorado moi sensibilizado con esta temática?. Coincide con ele Xerardo F. Santomé, membro da asociación Gaiteiros da Xistra e que intervirá no congreso co relatorio Proposta estratégica sobre as aplicacións didácticas da música popular galega nos sistemas ensino. Para Santomé, ?a situación mellora porque antes non había nada. Agora podes atopar unhas follas sobre música tradicional no libros de Coñecemento do Medio. O problema moitas veces é que se fala diso dun xeito moi teórico, sen que o alumno o viva nin o sinta?. Para alén dos libros si que advirte un incremento no interese dos ensinantes. ?Nesta nova fornada de profesores de música si que hai interese, pero ás veces queda en dar teoría máis do que outra cousa?.

Propostas puntuais
O que falta é, segundo estes profesores, algún sistema que permita coordinar as múltiples iniciativas que se desenvolven, illadas, en diferentes centros. ?Sería interesante sistematizar o que hai feito. O mesmo cun grupo de traballo que se promovese desde a propia Consellaría para que o ensino obrigatorio tivese un papel destacado na difusión da música tradicional e que incentivase aos profesores para apostar por isto?, advirte Estévez. Pola súa banda, Santomé coincide en que ?unha queixa común dos profesores é que non existe material para traballar. Desde a nosa asociación defendemos que cos nenos e co contorno é un coñecemento que se transmite facilmente. O que si se detecta é que existe unha falta de formación entre os profesores. En primaria si teñen unha formación pedagóxica que lles permite traballar mellor este campo, pero en secundaria, que é onde se poderían conseguir obxectivos a curto prazo, nótanse máis eivas na preparación?.

O traballo da Xistra
Nese ámbito, Santomé leva anos a traballar na Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra, que desenvolveu unha boa cantidade de material didáctico arredor deste campo. ?Facemos concertos didácticos con Caixanova e actividades para todo tipo de ensino e para a familia. Temos unidades didácticas sobre vestiario, instrumentos e aspectos concretos. Todas estas experiencias están avaliadas e desenvolvidas, quen as queira empregar que as empregue?. Precisamente este colectivo fará unha demostración do seu traballo nun concerto que se desenvolverá na sesión de tarde do domingo no marco do Congreso.

Música en todas partes
A proposta de achegar a música ás aulas non vai, cando menos nos casos consultados, por crear unha materia ou un número de horas específico para tratar a música tradicional. ?Non reclamamos horas para a música tradicional, senón que pretendemos que poida ser empregada como unha referencia para ámbitos coma a cultura, a etnografía ou outros. Non pretendemos que o alumno vexa na música tradicional unha materia máis, senón un xeito de se comportar como galego. Que comprobe que é unha música perfectamente válida para calquera eido da vida, tanto a nivel profesional como persoal?, explica Santomé. Coincide con el Estévez, para quen ?debemos potenciala non como algo illado, xa que a música fai parte dunha cultura. Desde o pasado ano en primeiro de ESO hai unha materia chamada Proxecto Interdisciplinar no que pode haber un sitio destacado para a nosa música. Pero en xeral podería estar presente en moitas materias coma coñecemento do medio, plástica ou literatura. En todos os centros hai departamento de galego, grupos de normalización e profesorado interesado neste tema?. Nese sentido non ven prioritario mudanzas nos contidos das materias, e apostan antes por dinamizar as posibilidades que xa existen. Segundo Santomé ?facer un decreto por facelo poucas veces consigue os obxectivos que se persiguen. O que procuramos é unha mentalización, que poida que dea nalgún momento nun reflexo legal?.

A estratexia
A proposta estratéxica que Santomé presentará no congreso considera o ensino obrigatorio coma un dos tres eixes nos que traballar a formación na música tradicional. ?Queremos buscar o punto de intersección entre os sistemas de aprendizaxe. Por unha banda está o sistema informal de ensino, onde o alumno marca os tempos e os obxectivos, ao xeito tradicional. Logo está o ensino non formal, que é o que agora mesmo ten máis potencia en Galicia, derivado do asociacionismo e que traballa en programas oficiais e dun xeito máis ou menos informal. E logo está o ensino oficial?. Para Estévez a introdución do noso legado musical neste ámbito ?pode facer de colchón ante os efectos da globalización e recuperar estas raíces que a sociedade perde. É moi importante que nos centros haxa esta referencia. Os rapaces tocan coa mesma naturalidade un djembé que unha gaita, e teñen que saber de onde vén cada cousa?, completa este profesor.

O debate está enriba da mesa. De certo os máis de douscentos participantes que conseguiron inscribirse no congreso han achegar un bo feixe de propostas sobre o papel que a nosa música tradicional pode e debe desempeñar no ensino. Esta fin de semana daranse uns pasos máis neste camiño.

www.culturagalega.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Por terceiro ano consecutivo, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago do 31 de outubro ao 2 de novembro.

Tras dúas edicións, observamos como esta cita anual se esta a converter nun referente, xa non so para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para moitos mestres e mestras de ensino obrigatorio que achan aquí unha fonte de ideas e coñecementos para o seu quefacer diario. A través desta actividade, queremos amosar a riqueza da nosa cultura tradicional e incidir na importancia que ten a transmisión destes coñecementos ás novas xeracións, para que saiban conservalos e respectalos. Polo tanto, antóllase imprescindible a presenza de todos os ámbitos educativos de música tradicional existentes na actualidade en Galicia: escolas de música, conservatorios, asociacións culturais e centros de ensino obrigatorio.

A inclusión de actividades prácticas na pasada edición, como foron os obradoiros, que se desenvolveron con grande éxito, ábrenos un novo camiño polo cal guiar o III congreso. Tanto os talleres como os concertos didácticos son o complemento preciso para os relatorios e mesas de debate. Son a expresión necesaria para comprender as posibilidades das nosas tradicións, a súa riqueza, e a sinxeleza coa que se poden levar a cabo facilitando a aprendizaxe dun xeito ameno e activo.

Pretendemos, por tanto, continuar cunha actividade fundamental para levar a cabo os fins da Asociación de Gaiteiros Galegos que non son outros que a dignificación e difusión das nosas tradicións. A educación é o punto de referencia, a base de toda acción que pretenda isto, xa que nos máis novos está o futuro e haberemos de saber como achegarlles tan importante legado para que o recoñezan como seu.

Información sobre a Inscrición

Boletín de Inscrición

INSCRICIÓN
Deberase enviar o impreso de inscrición cumprimentado á Secretaría Técnica do Congreso, así como o xustificante do pago bancario por calquera dos seguintes medios:
- Por correo ordinario ao enderezo: Rúa de Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra, especificando no sobre ?II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional?.
- Por correo electrónico a: secretaria@gaiteirosgalegos.com
O prazo de inscrición rematará o día 24 de Outubro ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA
Estudantes e/ou asociados da AGG, AS-PG ou afiliados á CIG: 10 Euros
Outros: 25 euros.
Para poder beneficiarse dos descontos é necesario acompañar á documentación requirida, un xustificante que acredite dita condición.

FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta: 0182 0465 10 0200016989 indicando ?Taxa inscrición?, nome e apelidos do inscrito.

HOMOLOGACIÓN
Está en trámite o recoñecemento de créditos de libre elección nas universidades de Vigo e A Coruña para os asistentes ao Congreso que así o soliciten. Para elo, requirirase control de asistencia e a certificación correspondente.
Tamén está solicitada a homologación deste congreso á Consellería de Educación por 21 horas lectivas.

ALMANAQUE
1 de Outubro ? 17 de outubro de 2008. Prazo de presentación de resumos das comunicacións.
1 de Outubro ? 24 de outubro de 2008. Prazo de inscrición.
31 de Outubro, 1 e 2 de novembro de 2008. Celebración do Congreso.

SEDE
AUDITORIO DE GALICIA. Santiago de Compostela.
Avda.. Burgo das Nacións s/n.
15705 Santiago de Compostela.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Programa III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-10-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Encontros dos Axóxeres

Tras a realización durante o mes de setembro das Festas dos Axóuxeres 2008, chega o tempo dos Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia, nun formato máis recollido.

Durante os meses de outubro e novembro, os encontros achegaranse a novas vilas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias. Os Encontros dos Axóuxeres continuarán no primeiro trimestre do 2009, con 16 novas datas e localidades de toda Galicia.

Iso si! Non esquezas reservar a entrada previamente chamando ao número 686160879.

Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro?, un encontro para festexar a lingua galega.

www.xunta.es

venres, 31 de outubro
Mondoñedo
Aud. Munic. Pascual Veiga 18:00

sábado, 01 de novembro
Ribadeo
Aud. Munic. Hernán Naval 12:00

sábado, 01 de novembro
Burela
Casa da Cultura 18:00

domingo, 02 de novembro
Ortigueira
Teatro da Beneficencia 12:00

venres, 07 de novembro
Ribadavia
Casa da Cultura 18:00

sábado, 08 de novembro
Celanova
Salón de Actos do Claustro Barroco 12:00

venres, 21 de novembro
Oroso
Centro Cultural 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-10-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns da Nasa
Comezan de novo os SERANS na NASA !!!

1º Serán da nova tempada, xoves 30 de outubro

Esta é a programación para este trimestre.

Estamos traballando xa no do 1º semestre de 2009.
Cada grupo disporá este ano dalgúns minutos máis, 40 e só participarán 3 por cada SERÁN.

As portas abriranse a partir das 21.00 h
Saúdos

Planning seráns 2008-2009

30 OUTUBRO
10:00-10:40 LICEO DE NOIA
10:40-11:20 RETROUSO
11:20-12:00 CANTIGAS E AGARIMOS

4 DECEMBRO
10:00-10:40 GAITEIROS DO NORTE
10:40-11:20 DONAIRE
11:20-12:00 PONTE VELLA
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto [Trepia] gañadores do GZ crea 2008
OS FINALISTAS

Os finalistas da especialidade de Música do GZ cea 2008 foron os que seguen:

· Os Gru, polas cancións "As movies de Antón de Castro" e "Ti me soas".

· Proxecto Qualia, polas cancións "Ruido e paz" e "Natura morta".

· David Taboada, polas cancións "Chove, chove" e "As tres irmanciñas".

· Noise Project, polas cancións "II" e "A pedra de afiar".

· Projecto [Trepia], polas cancións "A roseira" e "Leghons".

· Anxo Graña, polas cancións "Bailadela" e "Saxos".


A FINAL

A final da especialidade de Música, celebrouse o día 28 de outubro nos locais de ensaio do Estadio de Fútbol de San Lázaro en Santiago de Compostela. Despois do evento, o xurado escolleu aos premiados.

OS GAÑADORES

Os premiados na especialidade de Música son:

· 1º Premio: Projecto [Trepia], polas cancións "A roseira" e "Leghons".

· 2º Premio: Noise Project, polas cancións "II" e "A pedra de afiar".

· 3º Premio (compartido):

- Os Gru, polas cancións "As movies de Antón de Castro" e "Ti me soas".

- Anxo Graña, polas cancións "Bailadela" e "Saxos".

www.myspace.com/projectotrepja
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Fussión galega en Comedy Central
O chelista francoamericano Yo Yo Ma acompañado da gaiteira ourensá Cristina Pato no late show humorístico Colbert Nation da canle Comedy Central, presentado por Stephen Colbert.

A canción, chamada "Panxolina", está incluida no novo disco do chelista Yo Yo Ma "Songs of Joy & Peace."



www.chuza.org

www.colbertnation.com
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 30-10-2008 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas da lingua...galega
O presidente galego asistiu en Vigo á sinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Asociación Clúster do Naval de Galicia (Aclunaga), para potenciar o galego no sector, un acto no que tamén participou a Secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López.
.........................................

Acto oficial... fondos públicos para apoiar o idioma galego,... Presidente da Xunta,...Secretaria xeral de Política Lingüística...

e que pon no cartel? "Embarcámonos coa a lingüa galega"

Manda carallo o interese pola lingua galega!!
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Máis de 200 profesionais do ámbito do ensino e da música tradicional daranse cita os días 21 de outubro e 1 e 2 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela para participar na terceira edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.

Segundo explicou hoxe en rolda de prensa Olimpio Xiráldez, membro da Asociación de Gaiteiros Galegos, o congreso tenta, principalmente, "corrixir unha carencia moi grande no ensino reglada" como é "que apenas se toca a música tradicional" nos currículos.

Neste senso, a reunión centrarase en "dotar aos docentes de materiais de ensino adecuados para transmitir os valores da música tradicional", tanto instrumental como canto e baile.

Así mesmo, nesta edición potenciarásen os obradoiros, "que funcionaron moi ben o ano pasado" e constitúen "o complemento preciso para os relatorios", e reservaranse seis espazos para a presentación de comunicacións.

A través desta iniciativa, a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende "mostrar a riqueza cultural tradicional" de Galicia e "incidir na importancia que ten la a transmisión destes coñecementos ás novas xeracións" a través do ensino reglada, os conservatorios e as escolas de música.

Pola súa banda, o Director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, incidiu na importancia de considerar á música tradicional como "unha manifestación viva e non como unha peza de museo" e fixo fincapé en "a gran incidencia social" que ten esta manifestación.

CONGRESO

O III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega inaugurarase o próximo día 31 de outubro ás 16.40 cun relatorio sobre a nova escola de música tradicional de Lugo a cargo da Asociación de Gaiteiros Galegos.

A primeira xornada de congreso continuará cunha conferencia sobre a expresión corporal e a danza en música tradicional e finalizará coa primeira mesa de debate, sobre a incursión da música tradicional no ensino obligatoria.

O día 1 de novembro continuarán os relatorios e relatorios, e terá lugar o obradoiro 'Construción de enredos musicais', a cargo de Emilio Lois Branco. Pola tarde presentaranse as novas publicacións sobre música tradicional e ensino da Editorial dúas Acordes e Edicións do Cumio e debaterase sobre a incursión da música tradicional nos conservatorios.

Na última xornada será a quenda para dous talleres, sobre iniciación ao baile tradicional e 'A regueifa' respectivamente, e dos relatorios sobre o repertorio tradicional infantil e as aplicacións didácticas da música tradicional galega nos sistemas de ensino.

Finalmente, antes de clausúraa celebrarase un concerto didáctico a carbo de Xistra de Coruxo baixo o título 'Que tocamos? Con que tocamos?'.

www.europapress.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
13 novembro. Xornada de protesta

EN DEFENSA DOS INTERESES DA CLASE TRABALLADORA GALEGA A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL

Estamos asistindo nas últimas semanas a unha carreira á desesperada, por parte de EEUU e de varios Estados europeos, entre eles o español, por intentar salvar un sistema financeiro especulativo que se lles vén abaixo, recorrendo para isto a inxectar no sistema financeiro cantidades de milleiros de millóns de euros, supostamente para ?salvar a economía de todos?. Ante a utilización desta cantidade tan enorme de fondos públicos, os cidadáns de a pé, a clase traballadora, cómpre que reaccionemos e nos fagamos varias preguntas:

Son xustas estas medidas? NON.
Non podemos aceptar, por inxusto e abusivo, que os recursos públicos, o recadado cos impostos pagados por todos e todas nós, sexan utilizados polos gobernos para tapar o buraco negro, de milleiros de millóns de euros, provocado por un sistema financeiro especulativo que permitiu amasar grandes fortunas a banqueiros e promotores inmobiliarios. Mentres isto acontece, eles teñen as súas fortunas bes resgardas.

Existen responsábeis desta crise? SI.
Os oligarcas e as forzas políticas (no caso do Estado español, o PP e o PSOE ) que xustificaron e defenderon durante todos estes anos este modelo de capitalismo neoliberal que, entre outras medidas, promoveu un sistema financeiro desregulado que impón as regras de xogo da economía a nivel mundial, xerando burbullas especulativas cos prezos da vivenda, da enerxía ou dos cereais, posibilitando a acumulación da riqueza nuns poucos a custa do endebedamento, redución da capacidade de compra das familias e miseria en amplos sectores da poboación.

Teñen consecuencias graves estas medidas para a clase traballadora? SI.
O endebedamento dos Estados que esta achega de recursos públicos ao sector financeiro vai supor, ha traer consigo: recorte do gasto público en servizos sociais, ensino, sanidade, pensións, infraestruturas, etc., incremento dos impostos indirectos, inflación, recorte dos salarios... En definitiva, empobrecemento da clase traballadora e incremento das desigualdades sociais.

Son posíbeis e necesarias outras medidas? SI.
Non podemos meter millóns de euros do erario público nas mans daqueles que son os responsábeis da actual crise, para que sigan especulando con eles nos mercados financeiros e ampliando as súas grandes fortunas. HAI QUE NACIONALIZAR TODO O SECTOR FINANCEIRO e levar adiante unha xestión pública dos bancos, como única garantía de que o sistema financeiro estea realmente ao servizo do sector produtivo, do crecemento da economía real, e non ao servizo do lucro duns poucos como está a suceder na actualidade.

Non nos resignemos, mobilicémonos. Non aceptemos unhas medidas que pretenden que esta crise económica a paguemos, coma sempre, os traballadores e traballadoras, mentres os culpábeis da mesma seguen a incrementar o seu patrimonio persoal. Defendamos un sistema socioeconómico que socialice as ganancias e non só as perdas. PSOE e PP culpábeis.

Galiza, outubro de 2008

Manifestacións en todas as comarcas o 13 de novembro

A Mariña: Saída ás 19:30 da Praza Maior de Viveiro

A Coruña: Saída ás 20:00 horas da Praza da Palloza.

Ferrol: Saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro, diante do sindicato.

Lugo: Saída ás 20:00 h da Ronda da Muralla, diante do sindicato.

Ourense: Saída, ás 20:00 h do pavillón dos Remedios.

Pontevedra: Saída ás 20:30 h da Praza da ferrería.

Santiago: Saída ás 20:00 h da Praza Roxa.

Vigo: Saída ás 20:00 da Vía Norte.

www.galizacig.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Contos clásicos musicados e en galego

A Real Filharmonía pon música a tres contos clásicos reescritos por Neira Cruz

A Real Filharmonía de Galicia colabora coa Editorial Galaxia na preparación da edición de tres contos clásicos reescritos por Xosé Antón Neira Cruz e acompañados pola música da orquestra dirixida por Maximino Zumalave.


Os tres contos irán acompañados por ilustracións de Rodrigo Chao, Federico Fernández e Enjamio, respectivamente, e pola música clásica interpretada pola Filharmonía. Os libros editaranse en formato álbum, acompañados dun CD, e estarán á venda o vindeiro mes de novembro. Este traballo enmárcase no proxecto 'Musicontos' da Editorial Galaxia e no que participa o Consorcio de Santiago.

A gravación en directo da música que acompañará a versión galega da 'Cinsenta', titulada 'O prodixio dos zapatos de cristal', coincide co primeiro concerto didáctico desta tempada, ao que asistirán escolares.

A orquestra gravará a Abertura e varias pasaxes orquestrais de 'La Cenerentola', obra composta por Rossini sobre o conto de Perrault. A gravación, en vivo, contará coa voz da soprano Amil e a narración da cantante e actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Os concertos didácticos celebraranse este mércores e o xoves ás 11 da mañá.

'O prodixio dos zapatos de cristal' conta a historia dunha rapaza en paro que quere ser cantante e atopa traballo nunha zapatería onde se garda un curioso zapatiño de cristal.

Clásicos actualizados
Do mesmo xeito, Neira Cruz adaptará outros dous clásicos para Galaxia, trasladándoos ao mundo actual e cotián. 'O debut de Martiño Porconi. O que foi dos tres porquiños e o lobo', baseado no conto de 'Os tres porquiños', narrará as lembranzas do tenor Martiño Porconi previas a un concerto, relacionadas cos seus avatares co lobo.

Por último, en 'Un bico de amor e vida', fai unha relectura da historia da sereíña, ao tempo que se reflexiona sobre a traxedia do Prestige.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
O son galego exportase ao Womex
Galicia descobre a súa música desde hoxe na maior feira internacional de música de raíz

Na noite do sábado 31, Xosé Manuel Budiño, Narf e Mutenrohi serán os protagonistas nos escenarios do Womex nun programa que se denominou "Galician Focus Night". Os tres farán historia xa que na traxectoria da feira "nunca antes actuara un artista galego", explicaba onte Sergio Lago, do selo coruñés Falcatruada.

Esta edición será a terceira para a compañía galega -representante de Budiño e_Narf- que, desde o ano 2006, leva acudindo a case todas as feiras importantes para profesionais en Europa como a Midem en Cannes ou a Popkomm en Berlín.
Quen tamén repite por terceira ocasión é o selo Ouvirmos. A firma lucense abanderará por segundo ano consecutivo aos vigueses Crema de Gaita que o pasado mes de agosto telonearon en Castrelos a Emir Kusturica.

Coñecer que se coce fóra
O responsable da compañía, Xosé Manuel Aldea, explicaba onte que dous son os motivos fundamentais que lles moven á cita: promocionar os seus artistas e aprender novos modos de gestionar o patrimonio musical.
"Nós acudimos para ver que propostas están en auxe no mundo e incorporar ideas, materiais e formatos ao noso catálogo. O Womex é un viveiro de ideas e proxectos que axuda a proxectar exteriormente a música galega", sinala Aldea. Os contactos poden culminar en cada edición en xiras dos grupos polo estranxeiro como os concertos de Crema de Gaita en Portugal ou os de GalegoZ en Cataluña.

Malia os beneficios de estar presente nesta feira, poucas compañías galegas acudiran a Womex nos últimos anos (a razón de tres ou catro por edición). Para este 2008, un total de 17 estarán presentes nun stand de Galician Tunes, da Consellería de Cultura. Entre as primerizas, PAI Música que chegará con entrevistas concertadas con empresas de Francia, Estados Unidos e Irlanda. "Son promotoras de festivais e outros selos cos que se poderán intercambiar ideas e producións", detacou Xusto Molejón de PAI que presentará o primeiro disco de Roi Casal de Milladoiro así como o das pandereteiras Tanxedoras; ou os álbumes de Lamatumbá, Ruxe-Ruxe, Malvela, Treixadura, Os Carunchos ou as caboverdianas Batuko Tabanka, entre outros.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xa á venda o CD/DVD de GS21
Título: Isolma
Autor/es: GS21


GS21 é unha compañía galega de baile e música que nace no 2005 da man dunha serie de músicos e bailadores formados na tradición galega pero cunha visión atemporal e moderna da mesma. No seu espectáculo, "Isolma", achegan infinidade de recursos sacados da tradición aos que se lle aplican novas lecturas intentando producir no espectador sentimentos e emocións que veñen do máis fondo da alma.

"Isolma" está dispoñible en CD e en DVD, nunha gravación onde se recolle unha das primeiras postas en escena desta compañía.


www.cumio.com


Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-10-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Orquestra Olympus a por un novo 24 horas
A orquestra Olympus, unha das máis reputadas do axitado calendario de festas de Galicia, ultima os detalles dun gran evento sen precedentes de máis de 24 horas de duración que arrincará ás doce da noite do venres 31 de outubro en Negreira, seguindo o ronsel da marca Guinness logrado o pasado ano tras actuar un día enteiro sen descanso.

O espectáculo, que leva por título Un millón de festas, contará coa presenza de grupos icona da movida dos oitenta, como Nacha Pop ou A Unión, quen actuarán no tramo final do concerto, ou o dúo vigués Cómplices, formado por Teo Cardalda e María Monsonís, que serán dos primeiros en subirse ao escenario en Negreira.

A orquestra quere renderlle homenaxe á festa en Galicia coa colaboración dalgúns dos seus propulsores, como é o caso dos cantantes Sito Mariño, Miguel Torres, Manolito O Pescador, Sabela ou Pili Pampín, na tarde do sábado, ao ritmo dunha gran sesión vermú. Antes, na madrugada, soarán os ritmos máis cañeros con Toñito de Poi e Rasa Loba, Astarot ou o grupo Hit. Tampouco faltará unha sesión discoteca con Dj Sonic (primeiro disco dance en galego) e Dj Xila. Polo escenario de Olympus pasarán novo talentos da canción, como a ex concursante de Operación Triunfo Eva Carrera ou Rocío Caamaño, xunto ao showman e imitador Alberto Cunha.
Para Antonio Arjones, coñecido por Peke, principal promotor do evento, todos os artistas invitados que actuarán con Olympus representan tres cousas: «Partir de onde todos nós partimos: da festa, como é o caso de Sito Mariño, Sabela ou Manolito O Pescador. Doutra banda, os temas da Unión, Nacha Pop ou Cómplices son auténticos himnos do mundo da música e, por conseguinte, da festa. E gustaríanos que todas as novo promesas poidan gozar do esforzo que realizaron no mundo da música», asegura Peke.

Paralelamente, os organizadores pretenden axudar ás comisións de festas cun sorteo de tres premios en metálico coa recadación do millón de boletos postos á venda a un prezo dun euro, e repartidos entre unhas 800 comisións de toda Galicia. A cada hora sortearanse viaxes a Canarias e Mallorca, estancias nun balneario, e instrumentos como unha guitarra, un violín ou un saxo doados polos músicos da orquestra.

A Dirección Xeral de Interior, adscrita á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, autorizou a ampliación do horario de peche para os negocios de hostalería de Negreira durante o macroconcerto da orquestra Olympus o próximo 1 de novembro. Cafeterías, bares, restaurantes, hamburgueserías e pubs, incluídos na listaxe adxunta á solicitude cursada polo Concello, terán un horario especial de apertura desde as 23 horas do día 31 de outubro ata as 00.00 horas do día 2 de novembro. Tal autorización non implica modificación algunha na actividade para a que están autorizados devanditos locais.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira longametraxe arqueolóxica de Galiza
'O Neixón: historia viva dun castro' documenta o proceso de escavación e investigación dos depósitos arqueolóxicos dos castros de Neixón (en Cespón, Boiro), amais da relación entre a poboación da parroquia co recinto arqueolóxico.

O documental, producido polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, foi presentado o pasado venres ás 20.00 no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Hospital de San Roque) en Compostela. Cunha duración de 112 minutos, está dirixido por Lukas Santiago, quen tamén se encargou do guión e da produción xunto cos arqueólogos Xurxo Ayán e Leonardo González. A banda sonora é obra do grupo de folk do Bierzo Aira da Pedra.

A longa mostra a evolución histórica dos castros de Neixón, un espazo que se converteu co paso do tempo "nunha complexa paisaxe cultural", dende a construción do poboado fortificado do Castro Pequeno nos séculos VIII-VII a.C. Tamén as persoas que habitan a parroquia de Crespón participan como "testemuñas directas".

A zona é obxecto de estudo arquelóxico, por parte dun equipo do CSIC dirixido por Xurxo Ayán, dende o 2003. Segundo explicou Leonardo González, guionista do proxecto, o traballo é "innovador" ao combinar "dous tipos de discurso": o científico, representado polos arqueólogos, e o da "xente que vive na parroquia, que se basea na memoria, na tradición e nas propias vivencias, igualmente lexítimo".

O audiovisual, ferramenta divulgativa

Segundo o director, Lukas Santiago, "o audiovisual está chamado a converterse na ferramenta máis importante de divulgación da arqueoloxía". Esta longametraxe é a primeira que se produce en Galiza sobre temas de arqueoloxía, e o seu directora afirma que será moi útil para a divulgación da arqueoloxía entre o público en xeral pero tamén "como ferramenta didáctica en colexios e institutos e mesmo en facultades de Historia".

O documental supuxo 20 días de rodaxe, e foi xa representado para os seus e as súas protagonistas da parroquia de Crespón o día 16 de xullo, día da Virxe do Carme. Foi recoñecido no World Archaeological Congress de Dublín ou o Congreso Internacional de Arqueoloxía Clásica de Roma o pasado mes de setembro. Así mesmo, está seleccionado para a fase final do VII Festival Internacional de Cinema Arqueolóxico de Bidasoa, en novembro, e para o Kineon Festival International du Film Archéologique de Bruxelas, que terá lugar no 2009.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía en Madrid
Uxía, marabilla serena
A cantante pontevedresa encandilou a un público ao que chegou a por en pé nun recital na Galileo Galilei (Madrid)


Ten que prodigarse máis. Asumiuno a propia Uxía Senlle, consciente de que os oito anos transcorridos entre Danza dás areas (2000) e o seu flamante Eterno navegar é unha inmensidade, por moito que ese novo traballo figure entre as grabaciones máis emocionantes e exquisitas da tempada. Pero como é unha artista minuciosa, a cita do mércores na Galileo Galilei trascendeu a súa condición do trinque discográfico para erixirse en acontecemento sociolóxico-musical. Non queda claro que pagase moita xente a entrada, pero alí estaba o núcleo duro da colonia galega en Madrid (de Teté Delgado a Víctor Coyote) codeándose cos grandes da música de ascendente tradicional, como Eliseo Parra, Luís Pastor ou Luís Martín Díez, o fundador do Nuevo Mester de Juglaría.

A súa voz é agora templada e emotiva e foxe sempre do aspaviento
Á cantante pontevedresa non lle quedaba outro remedio que marabillar. Ben arroupada, serena, sempre na súa salsa, cumpriu os pronósticos e marabillou. E iso que as circunstancias persoais non eran as máis propicias, renqueante aínda dunha pequena operación quirúrxica recente. "Ti canta baixiño", aconselloulle o médico o luns, antes de tomar o avión. Coma se fose tan sinxelo: cando Uxía canta, canta. "Só lle podería facer caso se me chamase Carla Bruni", chanceaba entre o seu círculo de amizades.

Pasou tempo xa desde a rapariga que prestaba a súa voz aos míticos Na Lúa nos anos oitenta, aquela moza modosita que dubidaba se escollera ben a vocación: debutou sobre as táboas nun concurso de cantautores onde ningún xurado dedicoulle unha triste mención de honor. choveu ata desde a Uxía que asombrou en 1995 con Estou vivindo non ceo, un álbum do que seguen bebendo ducias de músicos de raíz. Nin sequera é xa o rostro visible da plataforma Nunca Máis, un compromiso polo que se granxeou o rancor e a inquina de quen xamais se tomaron a molestia de escoitar un só dos seus discos.

A súa é agora unha voz templada e emotiva, que foxe sempre do aspavento na súa busca dunha expresión moito máis esencial. E niso atopou a horma do seu zapato no pianista, productor e arreglista Paulo Borges, un portugués das Azores. Un descubrimento de tintes case simbólicos, porque "desde as Azores domínase todo o Atlántico", como anota a artista de Sanguiñeda. E diso mesmo versa o seu presente discurso musical.

Porque o de Uxía xa non se circunscribe só á música tradicional galega, como cando rexistrou as mellores grabaciones coñecidas ata a data das emblemáticas Alalá dás mariñas ou Eu chorei chorei. Agora enarbola a canción lusófona, asume un certo deixe jazzístico e empápase de salitre atlántico en toda a súa extensión. A súa garganta aperta ese inmenso triángulo de océano que se estende entre Salvador de Bahía, Praia de Cabo Verde e Vilagarcía de Arousa.
A súa mesma aliñación instrumental é un infrecuente exemplo de cosmopolitismo e audacia. O acordeonista de Berrogüetto, Santiago Cribeiro, compartía espazo co contrabaixista de jazz Xacobe Martínez Antelo, o trombonista lisboeta Rubén Santos e o delicioso cavaquinho (esa guitarrita parecida ao timple canario ou o catro) dun caboverdiano, Jon Luz.

Sobresaiu a tenue sensualidade das nosas cores, canto á resistencia feminina que simbolizan mulleres como Malvela ou a Señora Carmen; ou esa festa colectiva que foi Danza ritual, co público xa fora dos seus asentos.

"Saberás que a morte non mata", canta Uxía en Sen ti. Algo parecido refire na lira, o tema popular co que nas Azores se conxura a sombra sinistra da parca. En efecto, agradécese estar vivo; aínda que só fose para seguir escoitándoa.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Profesores de gaita galega
A Consellería de Educación e Ordenación universitaria ven de abrir o prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de gaita galega.

Remata o 3 de Novembro.

Contido da disposición publicada no DOG
Número do Dog: 203
Páxina do Dog: 19.119
Data da Disposición: 10 de outubro de 2008

Sección: IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
Organismo: CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anuncio

Anuncio do 10 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas na especialidade de gaita galega.

Primeiro.
-Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo e especialidade seguinte:

Corpo de profesores de música e artes escénicas:
Ver referencia pdf "20300D014P027.PDF"

Segundo.-Prazo de solicitude.
O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Modelo de solicitude.
O modelo de solicitude poderá ser recollido na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais, e está á disposición tamén na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/profesorado/interinos-substitutos/convocatorias apertura de listaxes de substitutos, servizo de secundaria (documentos relacionados).

Cuarto.-Comisión baremadora.
A asignación da puntuación que lles corresponde aos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Poderán asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.

Quinto.-Requisitos dos candidatos.
-Estar en posesión do título especificado na base primeira.
-Acreditar o certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou equivalente.
Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas para a especialidade, non posúan o certificado de lingua galega 4 ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do dito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sexto.
O baremo, de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006, será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2008.
Benito Fernández Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Lulavai no Fórum Metropolitano (A Coruña)
As arpistas de Lulavai actúan hoxe luns no Fórum Metropolitano da Coruña.

As catro arpistas de Lulavai son parte da sección dese instrumento na orquestra folk SondeSeu. Hai uns meses decidiron montar un grupo propio onde deitar as súas inquedanzas eofrecer un repertorio no que mesturan as pezas instrumentais coas cantadas, aproveitándose das súas voces melodiosas.

Elas foron protagonistass na pasada edición dos VII Premios Opinión realizando un pequeno concerto de vinte minutos que deixou unha gran sensación entre os asistentes á cerimonia de entrega de galardóns.
Agora haberá a posibilidade de escoitar un recital enteiro do grupo o vindeiro luns, posto que o cuarteto actuará no Fórum Metropolitano dentro do interesante ciclo Fórum Folk, organizado pola Concelleira de Cultura do consistorio coruñés.

O concerto de Lulavai comezará ás nove da noite.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2008 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
IX Xornadas de Música e Danza Tradicionais Galegas (Vigo)

CONVOCATORIA PARA O ANO 2008

1. Datas e lugar de realización.
As IX Xornadas de música e danza tradicionais galegas terán lugar os días 2, 8, 9 e 16 de
novembro de 2008 no Centro Cultural Caixanova ás 20:00 horas.
O acto de presentación será o domingo 2 de novembro.
O día 8 de novembro, sábado, actuarán seis agrupacións e o día 9, domingo, as outras seis.
O día 16 de novembro terá lugar a final das xornadas.

2. Prazo de presentación para solicitudes de inscrición.
Dende o día 1 de outubro ata as 13:30 horas do día 20 de outubro de 2008, ambos inclusive.

3. Data de sorteo da orde de actuacións das agrupacións.
24 de outubro de 2008 ás 12:00 horas.

4. Premios.
1º premio: 1.500 euros, medalla e diploma.
2º premio: 900 euros, medalla e diploma.
3º premio: 600 euros, medalla e diploma.
4º , 5º e 6º clasificados: diploma e accésit de 100 euros.
Premio especial ao mellor grupo de acompañamento: 200 euros.

Mais información e bases en:
www.hoxe.vigo.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-10-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
? Encontro dos Axouxeres en Carballo ás 19:00 na Praza da Cultura
? Tromentelos Chis Pum na Sala 600 de Melide
? Alasdair Fraser & Natalie Haas no Teatro Colón da Coruña
? I Foliada "Cantigas na rua" a partir das 21.00 na Praza de España (A Coruña). Cántigas da Terra e grupo convidado "Os Carunchos".

Sábado 25
? Roteiro de Congostra polo P.N do Gerés (Portugal) ás 9:00 no Berbés (Vigo)
? Ataque Escampe na Illa de Arousa
? Tromentelos Chis Pum en Rois
? Axouxere, Os Chiquilicuatres e Sonoro Maxín en Vedra (A Coruña)
? Serán da Balsa, no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
? Serán-Magosto no torreiro da Festa de Matamá (Vigo)
? Serán en Rebordáns (Tui)

Domingo 26
? Roteiro de Adega polo Courel dende Lugo ás 9:00
? Roteiro Camiña e Coñece por Chandebrito e Valadares (Vigo) ás 10:00
? Dúo Edelmiro Fernández e Francisco Estévez ?Chuco?. (Gaita e tambor) no Centro Sociocultural de Conxo ás 13:00
? Encontro dos Axouxeres en Melide ás 17:30 no Multiusos
? Foliada en Vedra con: A requinta da Laxeira, Grupo de requinteiros A Gaita de Sarandón, Os Campantes da Baña, Charanga e pandereteiras Vai de Roda de Rianxo, Os Esfolladores de Illobre

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Venres 24 de outubro
- Foliada "Cantigas na rua" no Campo da Leña (A Coruña)

sábado 25 de outubro
-Serán da Balsa, no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
-Serán-Magosto no torreiro da Festa de Matamá
-Serán en Rebordáns (Tui)

Xoves 30 de outubro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 1 de novembro
-I Foliada en Sada, na praza dos irmáns Suárez Picallo ás 20:00

sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
-Ruada (Serán) en Caroi (Cotobade)

Sábado 15 de novembro
-III Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

Sábado 29 de novembro
-Serán en Couso (Gondomar)

Sábado 3 de xaneiro
-Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

sábado 31 de xaneiro
-Serán en Silvoso (Pontecaldelas), no adro da festa

Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-10-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0