Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cea gaiteira en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Tres Estralos en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Danza de San Sebastián (Aldán-Cangas do Morrazo)
Aldán acolle o domingo a ancestral danza de madamas e galanes de San Sebastián
Bailarase pola mañá no atrio e pola tarde, no Torreiro e a alameda


A ancestral danza de madamas e galanes en honor a San Sebastián volverá celebrarse o domingo na parroquia canguesa de Aldán. Pola mañá haberá misas ás 10 e ás 12, con procesión, e a continuación de escenificará a danza no recinto da igrexa. Pola tarde volverán repetirse os pasos ao ritmo de gaitas e tambores no Torreiro e a alameda. Desde 1995 xa non se celebra no patio do pazo dos condes de Aldán, como outrora. Os actos están organizados pola Asociación Cultural San Sebastián, que o pasado sábado celebrou a súa asemblea ordinaria para organizar todos os preparativos deste peculiar evento.

A danza supera ampliamente os 300 anos, xa que hai testemuños escritos de que se bailaba en 1678, data de constitución da cofradía do santo e cuxo primeiro mordomo foi un antepasado dos Canalejas.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Semente de música (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2013 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
aCentral Folque en Dublín

Alumnado da aCentral Folque en Santiago tocarán na catedral de Dublín cunha orquestra de máis de 50 músicos irlandeses

Os 11 músicos da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago son convidados do Temple Bar Trad Fest , o festival celta de inverno máis importante de Irlanda, no barrio antigo de Dublín. Despois da estrea mundial en Sligo hai un ano no Celtic Fringe Festival ante máis de 800 persoas, este concerto terá lugar na catedral do século XIII nun espectáculo con baile, música, narración e entusiasmo de máis de 50 músicos novos de Irlanda e Galicia que forman a Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.

A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque.
Ademais da suite, unha banda escollida do alumnado da Escola Livre da MPG dará un concerto de música galega o mércores 23 de xaneiro nun evento especial na Casa do Concello de Dublín en conmemoración da presidencia de Irlanda da UE neste semestre.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Oscar Ibañez en Madrid


O gaiteiro de Pontevedra Óscar Ibáñez presentará o vindeiro sábado 19 de xaneiro ás 20h na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela o seu novo CD Alén do Mar.

Será unha presentación informal na que repasará a historia da grabación do mesmo e na que tocará algún tema en directo. Ao final da mesma servirase un viño galego.

O acceso á mesma será exclusivamente con invitación e poderanse solicitar no correo apintegamarela@gmail.com ou no teléfono 656 312 329
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Zanfona en Redondela
CURSO DE ZANFONA NA SOCIEDADE DE AGRICULTORES DO VISO

A Asociación Cultural Santa María do Viso ofrece na Sociedade de Agricultores da parroquia un curso de Zanfona impartido polo coñecido artesán e zanfonista Carlos do Viso.

Este curso ofrécese os xoves de 19:30h a 22:30h, contando con prazas limitadas. Dende a asociación queren promover a aprendizaxe neste secular instrumento da tradición musical galega e nada mellor que aproveitando os coñecementos de Carlos de Viso. Indicar que non é estrictamente necesario posuír zanfona para poder asistir a estas clases. Para máis información e inscrición ponse a disposición dos interesados o teléfono 686.474.848.

Paralelamente a asociación cultural segue ofrecendo cursos relacionados coa música tradicional galega como son pandeireta con Luis Prego, percusión tradicional con Josiño da Teixeira e gaita con Manuel Cruces. Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ó teléfono 656.938.058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 17-01-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Cristina Pato

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cristina Pato namora a Nova York
A galega presentou o seu novo disco, «Migrations» («Migracións») nun club neoiorquino

Pato actuou en Nova Iorque ante un público entregado. Galicia no escenario, no ritmo, nos instrumentos, nos músicos. Iso era o Jazz Standard, un dos clubs de jazz máis coñecidos de Nova York, a noite do martes. E é que o escenario o ocupaba Cristina Pato. A gaiteira que revolucionou o mundo da gaita tamén é capaz de revolucionar unhas táboas con tanto prestixio. Primeiro, coas súas palabras. Nun segundo, Cristina métese ao público no peto: «¿Quen de vós sodes neoiorquinos?», pregunta a de Ourense ao público que abarrota o local, e a continuación, despois de que a inmensa maioría levantase as mans: «Pero, ¿quen nacestes en Nova York?».

Iso é o seu novo disco, Migrations (Migracións, en español) que a música galega presentaba no no club neoiorquino. «O concepto da migración é o que mellor representa todo o que me foi pasando nestes sete ou oito anos que levo en Nova York, -dicía Cristina Pato para La Voz pouco antes do concerto-. E o disco é tamén iso, bebe moito do jazz pero sen perder a raíz».

E se Pato é capaz de revolucionar coas súas palabras, cando fai música, a emoción entre o público é indubidable. Non só a gaita, que sen dúbidas é a que levantou os maiores aplausos, tamén o piano, a frauta, o pandeiro? Cristina Pato fixo un alarde de mestría musical, a mesma que fai no seu disco.

Como ela explicaba, no disco e, claro, no concerto, había jazz, pero había tamén moita Galicia. Aires de muñeira interpretados por ela xunto a outro galego, o acordeonista Víctor Prieto. Unha lección maxistral de como se toca o pandero. E, sempre, gaita. Cando Cristina Pato colle a gaita, a sala aguanta a respiración. E ela que toca con todo o seu corpo consegue que sigan case sen respirar ata os aplausos, enormes.

Un público entregado e unha cidade entregada. Esa mesma mañá The New York Times dedicoulle unha elogiosa crítica ao seu disco; nela agradecíalle a súa vulnerabilidade e percorría a mestría de Pato coa gaita e o proceso que seguiu a súa carreira xunto a músicos da talla do chelista Yo-Yo Ma ou Emilio Solla, xunto ao que no concerto interpretou un tango; con gaita, iso si.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Cristina Pato
A artista vira cara ao jazz e presenta novo disco en Nova York onde imparte obradoiros en Harvard así como concertos en dúas xiras anuais no devandito país ademais de India e China.

"A xente ve a gaita como un instrumento exótico e non hai que esquecer que Estados Unidos é un país feito por emigrantes". Cristina Pato realiza esta reflexión alén do Atlántico onde imparte talleres en Harvard así como concertos en dúas xiras anuais no devandito país ademais de India e China. Está considerada unha das mellores gaiteiras do mundo por The New York Times. Hoxe mesmo, sae á venda o seu primeiro álbum con discográfica norteamericana. Titúlase Migrations e transpira jazz en cada nota a pesar de levar muiñeiras e pasodobres máis estándards.

-Cal é o caldo de cultivo deste novo disco?
-É o resultado do oito anos que levo xa vivindo en Nova York. Ten que ver co concepto de migración, de cando nos imos a outra parte do mundo sen perder as nosas raíces que se unen ás raíces doutras persoas que están na mesma situación. O feito de atoparme con outro músico galego, Victor Prieto, e ver a capacidade de expresión do seu acordeón no mundo do jazz; e o feito de ver tamén como a gaita atopaba o seu sitio de forma natural na música contemporánea foi o que me empuxou a facer este disco, o primeiro con discográfica norteamericana.

-Estréao hoxe.
-É a presentación oficial do disco con dous sets no Jazz Standard, en Nova York, que é un do tres locais míticos para o jazz nesta cidade. As entradas para o primeiro set xa están esgotadas e creo que vai ser unha noite moi emocionante.

-Cando chegará a España?
-O disco chegará a Francia en febreiro, e a España nos próximos dous meses. A discográfica está especializada en música jazz, e lanzarao en todas as plataformas dixitais.

-O músico Yo-Yo Ma foi clave para relanzar a súa carreira.

-Tamén foi a razón pola que hei postpuesto a miña volta a Galicia. Eu vin a Nova York a facer un doutoramento de piano clásico cunha bolsa da Fundación Barrié dando un respiro á gaita. A miña idea era estar tres anos. Neste tempo, coñecín a Oswaldo Golijov (compositor para Francis Coppola), el fíxome entender que a gaita tiña o seu oco no mercado da música clásica e foi el quen me levou da man a Yo-Yo Ma, co que colaborei en discos e acompañado en xiras. Con el, actuarei na Festa do Queixo en Arzúa en marzo.

-Dea detalles dos temas.
-Hai un pouco de todo, aínda que música tradicional-tradicional non hai moita. Si fago unha versión da "Xota de Pontevedra", pero en xeral son temas de autor e standards do jazz como "Dindi" (de Jobin). Despois, hai dous muiñeiras que son composición de Victor Prieto, un acordeonista galego de jazz que coñecín na infancia e que reencontrei en Nova York.

-Resulta difícil imaxinarlla de baixón.
-Hai unha frase que me acompaña sempre: "Todo o que pasa convén". Sempre hai que sacar unha conclusión positiva do que ocorre. Cando vin a Estados Unidos a facer o doutoramento, para min non era un bo momento porque necesitaba buscarme a min mesma outra vez. Non tiña claro se quería seguir como gaiteira ou volver ao meu soño de infancia de dedicarme á música clásica. Agora, doume conta de que podo levar os dous mundos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2013 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (Luns)

Terza feira 15 (Martes)
? Pandereteiras Chorouvía no muíño vello de Delio (Redondela) ás 22:00

Corta feira 16 (Mércores)
? Foliada no Lagharto Pintado (Vigo)

Quinta feira 17 (Xoves)

Sexta feira 18 (Venres)
? Traspés na Taberna Rianxeira (Vigo) ás 22:30

Sábado 19
? Os Carunchos no Pub Gatos (Melide)
? Rodrigo Romaní no Auditorio da Illa da Arousa ás 21:00
? IV Serán de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa Adiado
? II Serán de Cabeiras (Arbo)
? Serán na Casa do Pobo de Marcón (Pontevedra)

Domingo 20
? Danza de San Sebastián (Aldán-Cangas do Morrazo)
? Narf, Xoan Curiel e Hector Lorenzo no Auditoria de galiza (Compostela) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2013 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoido de percusión en Brincadeira (Compostela)
NOVOS XEITOS PARA A PERCUSIÓN TRADICIONAL, impartido por XOSÉ LOIS ROMERO

Info completa (inscrición, prezo, prazas etc.) en http://www.brincadeira.org/gl/actividades/obradoiro-novos-xeitos-para-percusi-n-tradicional

Este curso pretende pór en valor toda aquela percusión tradicional, principalmente percusión "de man", que nunca foi abordada dende un punto de vista creativo, coa fin de aportar novos recursos e actualizar as súas funcionalidades, fóra das tradicionalmente asumidas. Traballarase con arranxos para varios instrumentos sobre os ritmos tradicionais, pondo especial atención na interpretación en grupo, así como a ensamblaxe, tímbrica, polirrítmia, fraseoloxía...

O curso vai dirixido principalmente a percusionistas do folclore ou percusionistas en xeral, cun nivel técnico medio/alto. Os instrumentos que se abordarán son: pandeira, tarrañolas, lata, pandeiro, bombo...

Tedes para apuntarvos ata o 25 de xaneiro, e só son 10 prazas!

Asociación Cultural "Grupo de Baile e Música Tradicionais BRINCADEIRA"
Rúa Home Santo, 62-baixo
15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.brincadeira.org
625600692
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-01-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
? Doa no Café Bar Lanzós (Betanzos) as 22:30
? Abóbriga no Furancho da Balsa (Vigo)
? Os Serrabares na Casa Barbeiro de Aldán (Cangas do Morrazo) ás 22:30
? Zurrumalla no C.S. En Pé (Pontevedra) ás 23:00
? Estalotada en Compostela
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 12
? Festival Folclórico no Liceo de Betanzos ás 19:30: A.C. F. Os Brigantinos, Cantareiros Maghúa, A. F. San Xoán de Ouces, Axóuxeres de Lubre, A. C. Santo Domingo, As Garelas de Betanzos
? Berrogüetto no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
? Cantos na Maré no Pazo da Cultura de Pontevedra. 21.00
? Serán na casa cultural de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes)
? III Serán da Debullada (Estás-Tomiño)

Domingo 13
? Xuntanza de Ranchos de Reis ás 16,30 no recinto parroquial da Igrexa de Santa María(Salceda de Caselas)
? Abóbriga no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
? Festival Implícate! no teatro Principal (Compostela) ás 20:30, Xosé Manuel Budiño, Sés, Xoán Curiel,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2013 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2013 (Pontevedra)
Sábado 12 de xaneiro do 2013 ás 21:00 h.

Cantos na Maré 2013: Chico César + Ruí Veloso + Cheny Wa Gune + Sés

Pazo da Cultura, Pontevedra. 25 / 30 ?


Chico César (Brasil), Ruí Veloso (Portugal), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galiza) serán os protagonistas canda a banda de músicos formada para o ocasión. De novo conta coa dirección artística de Uxía e regresa á dirección musical do pianista Paulo Borges (Azores-Portugal) , un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

O cantos na Maré non é festival ao uso porque os artistas non veñen coa súa propia banda a interpretaren repertorio propio. Durante varios días conviven e ensaian xuntos para coñecérense e prepararen un repertorio único que interpretarán "cará ao público" nun formato exclusivo desta ocasión. Deste xeito, abondos momentos de anteriores edicións fican gravadas con emoción na memoria do público testemuña da maxia transmitida desde o palco.

Os protagonistas desta edición
Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.

A cita este sábado 12 de xaneiro ás 21:00 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entradas a 25 ?.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2013 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Implícate! (Compostela)
VIII edición do Implícate! Noite de palabra e música solidaria

Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a nosa cita anual coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 13 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na oitava edición do 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', organizado por Implicadas/os no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Luís Tosar.


O obxectivo de 'Implícate! Noite de música e palabra solidaria', no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica e a acción clara.

Este ano o cartel do VIII Implícate! Noite de música e palabra solidaria está formado por:

MÚSICA:
- Budiño
- Sés
- Xoán Curiel

DANZA:
- Quique Peón

LITERATURA:
- Carlos Negro
- María Canosa
- Eva Veiga
- Anxo Angueira


TEATRO:
- Roberto Vilar
- Rubén Ríos e Estíbaliz Veiga


Para levar adiante esta actividade contamos coa colaboración desinteresada de empresas, organizacións, institucións, personalidades, voluntariado, etcétera. Pero a túa contribución tamén é importante:

1. Se podes asistir ao Implícate, merca a túa entrada: As entradas (12 ? xeral, 8 ? estudantado) estan á venda na taquilla de Nova Galicia Banco, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43. Por suposto, tamén se poden mercar no propio Teatro Principal. Non agardes ao último día para mercar a entrada porque os últimos anos o .

2. Se non podes ir, merca fila 0: Está dispoñible unha fila cero (aportación mínima de 5 ?) para @s que non poidades acompañarnos físicamente pero desexedes facer a vosa achega. Merca fila a 0 na taquilla de Nova Galicia Banco.

3. Tanto se podes asistir ao Implícate! coma se non axuda a cubrir os gastos de organizar o festival cunha doazón. Pódesnos facer unha transferencia na nosa conta:


NOVA CAIXA GALICIA: 2080 0531 11 3040010798
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2013 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
II Xuntanza de Ranchos de Reis (Salceda de Caselas)

Este domingo, volven as Danzas Brancas ao recinto da igrexa de Santa María, coa segunda Xuntanza de Reis cos tradicionais Ranchos de Riofrío, Guláns e Salceda

Salceda de Caselas revivirá o domingo, 13 de xaneiro, unha das manifestacións do ciclo festivo do Nadal galego con máis raizame: os antiquísimos Ranchos de Reis. Unha das tradicións da época de Reyes, que xunto a outras moitas, veciños, asociacións e Concello empéñanse en seguir mantendo e protexendo como 'sinal de identidade a conservar e legar a xeracións vindeiras'.

O Rancho de Reis de Salceda actuará o domingo xunto aos de Riofrío e GulánsY niso está a concelleira de Cultura, Teresa Pérez, quen conta que durante moitos anos mantívose un singular canto de reis en Salceda, que xunto con varios ranchos ían de casa en casa 'cantandos vos reis'. E o mesmo facían noutras localidades próximas como Riofrío en Mondariz ou Guláns en Ponteareas. O empeño da concelleira é pór en valor estas manifestacións. Para logralo, o Concello, emprenderá un plan de recuperación 'mediante a transmisión aos máis novos deste patrimonio que aínda se conserva vivo no municipio'. Un labor na que tamén está implicada, dede fai dez anos, a asociación Ou Serán.

Para darlle unha maior visibilidade e mostrar a riqueza destas expresións populares antiquísimas, este domingo, día 13 de xaneiro, ás 16,30 horas, no recinto parroquial da Igrexa de Santa María, celebrarase a segunda Xuntanza de Ranchos de Reis coa actuación dos Ranchos de Reis de Riofrío, Guláns e Salceda.

Os Ranchos debullarán unha sucesión de bailes e ao son da música recrearán pasaxes como a huída a Exipto da Sacra Familia ou a viaxe do tres Reyes Meigos guiados polo cometa para chegar ao portal de Belán e adorar ao Neno recentemente nado. Todo iso, coa cadencia dunha sucesión de estrofas cantadas, e un entrelazado de puntos de baile moi cerimoniosos.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2013 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán da Debullada (Estás-Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-01-2013 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-01-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón Cia
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 10-01-2013 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
No bico un cantar: O Tren (08/01/2012)


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 10-01-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
? Foliada no Lagharto Pintado (Vigo) ás 23:30

Quinta feira 10 (Xoves)
? Quempallou na Regueifa (Vigo) ás 22:00

Sexta feira 11 (Venres)
? Abóbriga no Furancho da Balsa (Vigo)
? Estalotada en Compostela
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 12
? Festival Folclórico no Liceo de Betanzos ás 19:30: A.C. F. Os Brigantinos, Cantareiros Maghúa, A. F. San Xoán de Ouces, Axóuxeres de Lubre, A. C. Santo Domingo, As Garelas de Betanzos
? Berrogüetto no Pazo da Cultura de Narón ás 20:00
? Cantos na Maré no Pazo da Cultura de Pontevedra. 21.00
? Serán na casa cultural de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes)

Domingo 13
? Abóbriga no Salason (Cangas do Morrazo) ás 20:00
? Festival Implícate! no teatro Principal (Compostela) ás 20:30, Xosé Manuel Budiño, Sés, Xoán Curiel,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-01-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Finou o gaiteiro Xosé Marentes
Grande perda.
Foisenos un dos mellores exemplos do xeito de tocar nas terras da Fonsagrada, o inimitable Xosé Marentes, gaiteiro do pobo da Santa Xuliá, pobín que ten dado excelentes músicos e bailadores.
Moitas horas pasei eu escoitando a este mestre, que sempre tivo a súa casa aberta para todo aquel amante da nosa música e as nosas tradicións. Unha magoa. Estas xoias colgounas no youtube Edelmiro, inda que creo que foron grabadas no Museo Comarcal da Fonsagrada por xentes do Colectivo Berce, a principios dos 90.
Luis Prego


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Axenda de Reis
Sexta feira 4 (Venres)
? Mamá Cabra en Redondela ás 12:00
? Berrogüetto no CC Novacaixagalicia de Vigo ás 21:30
? Os Chichisos cos Cantos de Reis ás 17.00 en Pontevedra na praza da Liberdade
? Noite de Tasca en Pontepedra (Tordoia)
? Ruada de Ano Novo ás 22:30 na praza da Derrasa, en Pereiro de Aguiar.

Sábado 5
? Mamá Cabra ás 19:00 na Praza do Obradoiro, (Santiago de Compostela)
? Foliada de Reis no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Domingo 6
? Rancho de Reis de Fozara (Ponteareas) ás 12:00
? Rancho de Reis de Pías (Ponteareas) ás 12:00
? Danza de Reis en Riofrio (Mondariz) ás 12:30
? Cantos e danzas de Reis nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) ás 18:00
? Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)
? Foliada de Reis en Vigo na rúa Principe ás 18:00

Segunda feira 7 (Luns)
? Rancho de Reis de Guláns (Ponteareas) ás 13:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Reis no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-01-2013 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Tordoia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Aninovo en Pereiro de Aguiar.
Queixumes dos pinos invítavos a celebrar con nós a chegada do 2013 coa Ruada de Ano Novo. Será unha festa popular que organizaremos o vindeiro venres 4 de xaneiro a partir das 22:30 na praza da Derrasa, en Pereiro de Aguiar.

¡Agardámosvos!

¿Que é a Ruada de Ano Novo?
Unha festa tradicional (gratuita) a modo de foliada.

¿Para tocar e bailar?
Si, para tocar e bailar, pero tamén para cantar ou simplemente pasar con nós unha boa noite. Todo o mundo é benvido a aportar a súa música e os seus puntos de baile. Non hai escenario. Todo é libre.

¿Cando?
O venres día 4 a partir das 22:30 e ata que o corpo aguante. Para os máis festeiros e lambóns, remataremos a noite cunha chocolatada.

¿Onde?
A 10 minutos escasos de Ourense, na praza da Derrasa en Pereiro de Aguiar. Unha vez alí, non ten perda. Dende Ourense chégase pola C-536 (carreteira de Ponferrada) e ó chegar á Derrasa, xirando á dereita pola carretera dos Gozos, daredes de fronte coa festa. Adxunto, tamén vos enviamos un pequeno mapa.

¿Máis información?
No facebook de Queixumes dos pinos e no propio evento da Ruada. Alí iremos anunciando novidades. Tamén no Twitter (@queixumespinos). Se non, aclaramos calquera dúbida neste mail (qdp.our@gmail.com)

¿E se non podo ir?
A festa seguirá sen vós, pero haberá máis oportunidades. Pronto anunciaremos máis datas de ruadas no noso facebook.

O que si, poidades vir a celebrar con nós ou non, agradecemos que difundades esta mensaxe.

¡Feliz 2013!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-01-2013 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-01-2013 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Pandeireta PRO
A aplicación móbil do mes: Pandeireta PRO

Jandro de Sixtema aledoume a pasada noite ao avisarme que dende Taptil estreaban unha aplicación de balde para iOS que está chamada a ser a máis destacada do mes (e iso que a semana pasada saíu a de Google Maps) pois trátase nada máis nin nada menos que unha pandeireta virtual.
Pandeireta PRO pode empregarse como o instrumento tradicional real, riscando, petando e abaneando, de xeito que incluso pode aproveitarse para cantar como as fillas da Conexa, algo que sospeito que vou facer o martes que vén diante do televisor.

Podedes botar un ollo ao anuncio de Pandeireta PRO que sería unha risa que emitisen os vindeiros días nalgunha canle da TDT ás tantas da noite:

¡Nin batamantas, nin hostias en vinagre! ¡Chega Pandeireta PRO!


http://marcus.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugia Pedreira (Marful)
Com Marful prepara o seu terceiro disco numha trajetória que é abundante em iniciativas criativas. Entre elas, 'Acrobata', esse encontro coa música popular brasileira através da parceria com Fred Martins que está na sua recente conta de discos. Chouteira, Ecléctica ensemble ou Nordestinas som alguns dos nomes de grupos que nascerom arredor desta mulher que tem merecido um posto de luxo na nossa música. Ugia Pedreira dirige o centro de formaçom, investigaçom e promoçom da música popular galega acentral folque através do que nascem a cada pouco novos projetos arredor da nossa música.

Você é umha da principais vozes da nossa música e diretora do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. O que é que leva umha artista a investir tanto esforço na formaçom musical?
Para ensinar há que estar disposta a aprender, é uma frase bem antiga. O ensino, se for vocacional, mantém-te viva, fresca, nova.

Quando eu era adolescente nom tivem oportunidade de sair estudar artes de forma interdisciplinar e sem justilhos.

Tivem, como tanta gente da música, que fazer-me a mim mesma entre acertos-erros. A música alimenta o espírito, ajuda á plenitude do ser como qualquer arte. Nom é uma questom de classe social. Ou estamos palhimocos? A música é fundamental para a nossa saúde.

Acentral é umha iniciativa que parte do próprio mundo da música. Que espaço ocupa no ensino musical do país?
O que queríamos, umha coluna vertebral. Desde 2000, quando estávamos ainda em Lalim, até hoje em dia sairom das nossas aulas: programadores, agências de produçom, investigadores, músicos de ofício, compositores, artesáns de instrumento.

Promovemos e criamos emprego para a música popular galega, expandimos ideias e pensamentos generosamente, promovemos e criamos novos espaços, criamos contextos e situaçons novas sem subsídios dos Ministérios, nem de Europa, nem de Indústria, nem de Turismo...algumha vez apoio da Junta e algumha vez apoio dalgumha Deputaçom, é dizer "dinheiro público" investido nos projetos apresentados para os públicos e também, temos e tivemos apoio dos concelhos interessados no nosso trabalho. Isto continua a ser assim.

"A Lusofonia devera ter como universo natural Galiza, aqui come-se muito bem, a gente é super-hospitaleira e nom pedimos nada"
Ao dar tanto, que recebes? Abraços, dinheiro limpo, experiências de ouro, casas que se abrem, boa comida, conversas que te mantenhem entre o fio que une presente-passado-futuro, inspiraçom, amigas e amigos por todo o mundo, momentos de encantamento carregados de amor a paladas. Conheces a miséria e a bondade, vês quem som os bons e generosos, os imbecis e escuros dentro e fora do teu tour.

Que significou para a música popular galega a sua criaçom?

Na minha subjetividade diria que LUZ. aCentral somos selvagens e fervorosos defensores da horizontalidade laboral cada vez mais conseguida. Estamos dando e demos LUZ na sombra e no medo. LUZ onde o músico era o tolo ou o pobre. aCentral é futuro real, umha canteira nas maos dos galegos-as e nom de empresas de fora ou de esquilmadores. aCentral dá irreverência, calor, exemplos de vida, coraçom e optimismo através da música.

ACentral está a fornecer novas promoçons de artistas formados em tempo de crise. Acha que há futuro para a música galega? O setor está-se a queixar dunha diminuçom de apoios institucionais, eliminaçom de circuitos, desapariçom da promoçom exterior... Como valora a política cultural da Consellaría de Cultura em relaçom à música?

Cartos da fame e fame de cartos impressos em formigom. As associaçons musicais Agaphono e Agem e suponho que também Musicos ao Vivo, recebem subsídios da Junta da Galiza para as suas organizaçons. Creio também que com rede económica suficiente também está a E-Trad de Vigo ou de Lugo. Se nom estás na lei de partidos nom existes, ou? É parte de jogo da repartiçom do pastel. Repartiçom de cargos, de cargas e descargas.

Desde o ano 2000 venho-me perguntando quando se apoiará a qualidade, a educaçom, a honestidade laboral, os projetos que sementam e fertilizam para realmente melhorar de forma responsável o setor e quando se deixará de apoiar o amiguismo, as grandes magnatas e alcaides da cultura que só querem alimentar os seus petos e o seu ego.

Noutros países como Irlanda ou Bretanha a música, por dizi-lo dalgumha maneira, toma parte do produto interior bruto. Galiza poderia ser pola sua criatividade umha potencia musical?

É. Ou nom lembramos a quantidade de dinheiro em tempos de crise que gastam os galegos para fazer as suas festas com orquestras (cheias de grandes músicos) que aumentam os capitais de compositores espanhóis e latinos graças ao pagamento na SGAE. Orquestras que promovem a cocaína, homófobos e riem-se dos imigrantes (nom todas).

Em Cabarcos, concelho de Barreiro, ponhem 400 euros por casa para fazer umas festas iguais ás do lugar vizinho. Estamos num dos pontos estratégicos de Europa entre a cultura portuguesa e a cultura latina, num dos faros criativos e talentosos mais potentes, com humor e improvisaçom de vivéncias musicais que ainda topas em qualquer parte, ainda podes beber água clara. A musica galega é uma bomba. Os ovários e a música galega tenhem um poder inestimável. Sim, estou enfadada, mas nom resignada e mostro-o, podia nom mostrá-lo.

Além da atividade formativa, desde aCentral nascem outras iniciativas arredor da investigaçom e difusom. Diga-me das primeiras, Projeto Florencio, jornadas de violino popular, ... fica muito por fazer arredor do património musical?

Um dos pilares de aCentral é o Sr. Ramom Pinheiro, que leva grande peso atualmente no Centro. Home que pujo finca-pé no primeiro disco galego de Aires da Terra e portanto naquel primeiro Ano da Música. Ele fijo a investigaçom da música galega em Cuba, criou os dous primeiros e últimos Post-graus de Música Tradicionalna USC onde pudemos gozar de grandes nomes da antropologia musical mundial.

"Lembremos a quantidade de dinheiro que gastam os galegos para fazer as suas festas com orquestras que aumentam os capitais de compositores espanhóis e latinos graças ao pagamento na SGAE"
Ainda lembramos as que tivemos essa grande sorte. Criou a empresa de documentaçom Ouvirmos... é um visionário do património junto com J. Luís do Pico Orjais e outra gente que trabalha na sombra e nom recebe medalhas Castelao nem falta que lhes fai, porque o maior prémio é ver a utilidade real e emocional de qualquer achado como arqueologistas do património que som. Agora Pinheiro, graças á Fundaçom Granell pode dar a conhecer o GRANELL MUSICO. Sim, o Granell compositor, pronto sairá um disco-livro e um espectáculo com as suas miniaturas. Uma explosom de orgulho para o país e para quem, como sempre saiba ver. Diamantes para a auto-estima, a coesom social com funçom pública.

Canto às segundas, AC entral está-se a caracterizar pola procura de novos cenários e projetos imaginativos como o "Músicas Doces" que vam botar a andar numha confeitaria de A rçua. Porque levam a música a umha doçaria?

O ano passado figemos na Casa das Crechas e no Café Concerto A Escondida de Espasante "Os Petiscos Musicais" que esperamos exportar a
Portugal em breve, onde a música e acomida estavam ao mesmo nível tratando de identificar os dous alimentos de forma parietal. Esta ideia das Músicas Doces é um projeto musical de desenvolvimento local em Arçua com alto grau de comunicaçom consciente. Maria, da linda pastelaria, umha mulher valente que quer cachos de magia cultural para o seu povo. Ela chamounos a nós. E nós ajudamo-la com as nossas ideias pondo em valor o poder que pode ter a pastelaria central da vila de Arçua. Alguém mais?

Afondam no caminho encetado na "Gira Surreal" por Marful, um percorrido por espaços singulares do país com um original formato de concertos. Tenhem previsto continuar com esta linha de atuaçons?

Eu gostaria. Aprendim muito, creio que as administraçons e o público também. O público comprometido pagou 15 euros por bilhete para ver Marful, deslocou-se e deu-nos o seu calor. Som feliz sentindo-me querida cantando neste país ainda que nom saia muito na TVG ou na Radio Galega que eu pago (e onde deixei sementes e também ervas da fame).

"A minha proposta é criativa: fazer o que me saia da cona"
Som feliz cantando neste país necessitado de referentes para novas geraçons. Há artistas que no seu curriculum manda mais Japom e Nova Iorque, porque já se sabe como fascina a determinado setor da populaçom o de "triunfar" fora, ainda que tivesses que ir comendo bocadilhos de plástico polo caminho.

Sei de como funciona o jornalismo musical, o marketing e a publicidade sem escrúpulos, onde o nível artístico depende dos aeroportos visitados ou do engrosse de umha agenda.

Também sei dos que venhem aqui comer bem na música e na mesa e depois Galiza na biografia nom aparece como território exportável. Existem nomes de músicos galegos -estou rodeada- que ajudam, sanam as inconscientes feridas do povo. Nom emigrarom, ficarom aqui. Ou é que a emigraçom agora causa admiraçom? Aventureiras somos todas, acarreiradas e viajadas também.

Com tantas iniciativas e umha inquietude tam variada no âmbito musical, como definiria a sua proposta criativa?

Criativa. Fazer o que me saia da cona (ver Conismo Indiano), para isso tenho que senti-la cada vez mais. Leva tempo e pouca politesse.

Com Marful anunciam que estám a trabalhar no seu terceiro disco. Para onde se dirige?

Tenho novas composiçons feitas, umhas quantas rancheiras. No concerto privado no Paço de Muinhos estreamos umha delas.

Marful fai gala de terem sido pioneiros à hora de cruzar fronteiras, ponho por caso, protagonizando a primeira participaçom galega em Womex. Cresceu a sua presença internacional?

Abrimos conexons através da música em lugares onde nom chegara a Galeguia. Nom temos nem mais nem menos concertos internacionais, continuamos a velocidade de cruzeiro. Temos mais gente fora que nos ajuda em comparaçom com há 2 anos. Marful medra constantemente. A nossa funçom creio que vai mais alá da visom superficial de fazer discos e palcos. Somos um meio de comunicaçom. Estamos trabalhando com Olga Nogueira, sócia de aCentral e mulher que estivo no antigo Departamento de Internacionalizaçom na Junta.

"Marful medra constantemente. A nossa funçom creio que vai mais alá da visom superficial de fazer discos e palcos. Somos um meio de comunicaçom"
Cada concerto de Marful conseguido é um movimento circular e em espiral. Um concerto de Marful nom é tocar por tocar, nom som todos iguais e existem uns valores entre arte-produto que começam a ser expansivos já nas primeiras conversas da venda. Nós parimos e nós decidimos por fim. E vamos pouco a pouco, como sempre. Quem tem pressa?

Na sua filosofia semelha estar também a parceria com outras músicas, o seu encontro com Fred Martins em Acrobata é umha forte aposta no diálogo da Música Popular Galega coa Música Popular Brasileira. A lusofonia é o universo natural para a música galega?

É. A Lusofonia devera ter como universo natural Galiza, aqui come-se muito bem, a gente é super-hospitaleira e nom pedimos nada. Fum a Brasil e conhecim Fred, gostei da sua arte e no Ciclo de Músicas Portuárias pudemos traé-lo para o país atravês de aCentral. Ficou. Bebe das nossas fontes aqui. Figemos um disco em parceria, que editou, distribuiu, comunicou e pagou aCentral.

Figemos muitos concertos por aldeias, vilas e cidades galegas varias, ademais de London, Oxford, Bruxelas, Portugal, Barcelona, S.Paulo e agora ...ando noutras cousas. Por iniciativa de Marcos Lorenzo musiquei com Marcos Teira todos os poemas em galego de Lorca que se apresentarám o 17 na Cidade da Cultura. Também estou começando a desenhar um novo projeto formativo-cénico continuador do formato P. Florencio para a Marinha e Ortegal e para os músicos galegos que se quigerem unir à magia dos Salons de Baile.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto representa este mes a Galicia no Celtic Connections de Glasgow
A banda galega actúa hoxe en Ourense e mañá en Vigo presentando a súa "Xira de andar por casa" - O grupo viaxará ó mítico festival escocés para actuar o 26 de xaneiro

As melodías da música galega volven un ano máis ó festival de música celta máis importante do inverno en Europa: o Celtic Connections de Glasgow. Dende o 17 de xaneiro ata principios de febreiro, actuarán Uxía, Carlos Núñez e Berrogüetto. Antes de marchar, esta última banda ofrecerá en Galicia varios directos da súa "Xira de andar por casa". O Auditorio de Ourense, a partir das 20.30 horas de hoxe; e o Teatro de Novacaixagalicia de Vigo, dende as 21.30 horas de mañá, serán ?xunto a Pontevedra e Narón? os espazos galegos que gozarán da súa música antes de tomar camiño a Escocia.

O zanfonista, compositor e membro fundador da banda Anxo Pintos explicaba onte que esta "Xira de andar por casa" ten como única "convidada especial a recreación e reversionamento acústico de boa parte do repertorio máis emblemático, de temas que nos acompañaron ó ongo de 17 anos" de vida da banda.

O público que se achegue hoxe a Ourense e mañá a Vigo poderá coñece-las cancións chave da discografía do grupo de forma "máis íntima", entroncando coa filosofía dunha xira que trata de ubica-lo espectador no salón da súa casa para que disfrute dun concerto de música tradicional nun ambiente cálido.

É por iso que a coidada escenografía recrea unha hipótetica sala de estar durante dúas horas aproximadamente nas que tamén sonarán novidades como o tema "Nadal en Arcos", que presentaron o mes pasado tras recompilalo entre cantareiras e pandereteiras de Mazaricos, ou unha versión especial de "Cancro Cru" (Navicularia, 1997), segundo detalla Pintos.

Este músico recoñece que a actuación en Vigo ten un engado xa que o actual Teatro Novacaixagalicia foi onde ofreceron a súa primeira actuación. "Vigo é praza especial porque é a cidade que nos mirou nacer; onde estreámo-lo noso disco Navicularia. Ese teatro está relacionado con sensacións moi especiais", explica. Entre eses sentimentos lembrados, figura "a ovación de varios minutos que tivemos que cortar a base de insistir cando rematámo-lo primeiro concerto".

A banda, que se atopa xa argallando novo disco, que será o sexto da súa carreira, lembra que por mor da situación económica actual o único patrocinio co que conta para esta xira é "ir á taquilla"; é dicir, nutrirse da venda de entradas. "Ata o momento, estamos moi contentos con como marcha... É agora o público o que debe decidir si inviste co pago da entrada na existencia dos concertos e da música". O custe da mesma para Ourense e Vigo é de 15 euros.

"É un desastre desmantelar a cultura, que representa o 5% do PIB do país"

Anxo Pintos, membro fundador de Berrogüetto, alertou onte dos problemas do sector cultural galego cos recortes ó sinalar que "é un desastre e unha calamidade para un país desmantela-lo que representa o 5% do PIB; así como deixar de consideralo un sector estatéxico na economía. Iso demostra miopía política".

O músico engadiu que "agora parece que a cultura vén sendo un apéndice prescindible nuns momentos de austeridade que practicamente se están levando todo por diante. A cultura é algo do que se pode gabar un país, o que o pode poñer nun escaparate é o sector cultural, e neste caso falamos do folc. É un dos xéneros musicais e dos sectores culturais que teñen conseguido maior penetración internacional nestas tres últimas décadas".

Debido a estas circunstancias, a banda afánase en realizar xiras no exterior, especialmente en América. Na actualidade, traballan nun novo disco así como nunha banda sonora para unha película galego-arxentina despois de darse a coñecer en Estados Unidos coa Banda Sonora do filme The Way. "Se chegan agora moitos peregrinos a Galicia débese ó éxito desa película en EEUU", sentenciou Anxo Pintos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Falece Raúl Piñeiro, produtor e divulgador do folk

A morte sorprendía a Raúl Piñeiro o pasado 27 novembro na súa casa familiar de Alongos, en Toén.
Produtor, manager e divulgador da música folk, Piñeiro desenvolveu un importante labor na difusión internacional dos sons de raíz galega, sendo un dos responsables da recuperación do Festival de Ortigueira, que chegou a dirixir, ou do desenvolvemento do de Moaña. Ademais, coordinou os congresos o Mundo da Gaita e deu a coñecer no noso país moitos dos músicos do folk irlandés e de Bretaña, onde tiña abondosos contactos.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Vituco Neira fai un repaso musical ao 2012
Vituco Neira fai un repaso musical ao 2012 para culturagalega.org

O cantante dos Ruxe Ruxe e responsable do Planeta Furancho da Radio Galega, Vituco Neira, fala para culturagalega.org sobre o que supuxo o 2012 para a música do país. Como é costume, desde o portal do Consello da Cultura Galega fan un repaso por todos os eidos da cultura do país e desta volta escolleron o frontman dos Ruxe para analizar a situación da nosa música nestes tempos de crise.

Extractamos para vós o que lle contou Vituco á xente de culturagalega.org. Aquí podes ler o artigo completo, Crear en 2012(I), primeira de dúas entregas nas que o portal do Consello da Cultura repasa os distintos campos da produción cultural de noso. Neste primeiro artigo, analízase a situación da literatura, -da man de Dolores Vilavedra-, a banda deseñada, -con Henrique Torreiro-, e a da propia música.

O talento suple os cartos
?Dise que en momentos de crise, a necesidade agudiza o enxeño, e no campo da música isto semella ser certo?, sinala Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega e integrante dos Ruxe Ruxe, ?están a saír moitas cousas boas, os grupos cada vez tocan vez mellor e o discos están mellor producidos?. Malia á crise propia do modelo discográfico, non deixan de saír álbums, e a autoedición semella afianzarse non noso panorama musical. ?A xente ten máis formación, hai vinte anos non había tanta xente que controlase de son, e mesmo as posibilidades para aprender a tocar instrumentos eran menores. Hai moito talento, e sábense aproveitar moi ben as posibilidades que achega a informática á gravación e á produción?, apunta, defendendo mesmo que as novas tecnoloxías mesmo poden facilitar un mellor resultado final mesmo sen gravar en estudio. ?Eu mesmo teño gravado discos en estudio moi bos, pero hai que o facer a toda velocidade porque pagas por tempo e normalmente vas cos cartos xustos. Con estas ferramentas podes traballar na casa e obter un son case profesional, e ademais gañas o tempo que lle podes dedicar ao disco, tes todo o tempo que precises, e entón iso pode ser moito máis valioso do que meterse nun estudio a fume de carozo?. E pon como exemplo o disco de debut de Skarallaos. ?Gravouno o saxofonista na casa e chamoume a atención o ben que soaba, ten un son espectacular?.

Debuts e regresos
Entre os lanzamentos do ano destaca lanzamentos como o último de Zënzar, ?que conseguen manterse de actualidade e mesmo tirar un dos mellores discos dos seus 25 anos de traballo, que ten moito mérito?. Fronte a estes veteranos, destacan debuts como de Terbutalina, ?foron unha auténtica sorpresa, un grupo cunha grande autenticidade no seu xeito de ser e de se enfrontar ás cancións. Na mesma liña, tamén está o primeiro disco de Familia Caamagno, que amosa un grande nivel. E tantos outros que de certo me esquecen e polo que lles pido desculpas?. Como unha tendencia particular deste 2012, Neira apunta ?os retornos?, que marcaron en boa medida a actualidade musical. ?Os Cempés retornaron aos escenarios e sacaron un disco. Os Resentidos, voltaron con disco tributo incluído. Os Heredeiros da Crus cun directo e o proxecto dun disco en marcha, e ata Os Diplomáticos, que se reuniron o pasado novembro no Castañazo Rock e compartiron escenario con outras dúas referencias do Bravú, Os Papaqueixos e os Rastreros?. E é que semella que a innovación non está rifada coa nostalxia na música galega actual. Outra característica que pode facer lembrar este 2012 foia proliferación de iniciativas de Crowdfunding na música galega. Desde o xa mentado Tentemozo dos Cempés ao segundo compilatorio Galicia Bizarre ou, máis recentemente o Son Brasilego de Sergio Tannus, ?´eunha fórmula que abre moitas portas para paroducir discos, unha opción para que o grupo poida vender o disco por anticipado, que ó que se fai na maioría das veces?.

Situación ao vivo
Como contraste ao optimismo creativo, Neira recoñece que no campo da música ao vivo están a se dar importantes transformacións que non son necesariamente positivas. ?Os festivais están reubicándose un pouco e buscando o seu sitio. As cousas están complicadas e déixase notar a crise, aínda que cada vez hai máis público, hai tamén menos cartos. Antes había eventos que con pór unha barra e vender camisolas podían cubrir os gastos, e iso agora xa non acontece?. No entanto, semella que de novo a necesidade agudiza o enxeño, e que pode haber mudanzas de importancia no sector. ?Está a se traballar nunha xuntanza de festivais, hai preto de 18 que están a traballar para ver se hai xeito de pór cousas en común e tirar situacións vantaxosas ao negociar con compañías de son ou para a contratación. Temos que ser conscientes que moitas destas iniciativas non deixan de ser proxectos altruístas de asociacións e colectivos e que grazas a eles a música do país sobrevive?. En escenarios máis pequenos, o locutor pensa que o panorama é máis positivo, malia ao feche dalgunhas salas. ?Mantéñense nomes míticos e van aparecendo espazos novos. Hoxe o punto forte da música está nos bares e nos pubs, é unha escena que está a funcionar moi ben e son os mecenas reais da música, quen lles permite aos grupos novos ter onde tocar?.

www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2013 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0