Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O disco de Mercedes Peón quinto mellor do mundo segundo a World Music Charts Europe

Sen dúbida, a galega Mercedes Peón é unha das artistas máis rompedoras da música española, ou se o prefiren do que nos toca en canto a música étnica ou World Music. Mercedes parte da tradición musical galega e polo tanto tamén céltica, pero hai tempo que nos seus discos todo iso transcende nun mundo creativo realmente persoal e intransferible. O seu último disco, «SÓS», é unha obra mestra e así o recoñeceu a World Music Charts Europe, a lista de referencia mundial no xénero da música étnica que elixiu o álbum como o quinto mellor do mundo. O xurado estivo composto por 45 críticos de máis de 23 países europeos.

Este galardón é a guinda do pastel á xira que por toda Europa realizou Mercedes Peón ao longo de 2011. «SÓS» é unha deliciosa xeografía na que conviven ritmos ancestrais con electrónica, bo humor con reivindicación. Soprendente, rompedor, o premio non pode ser máis merecido.

www.abc.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2012 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer chega ao millón de páxinas visitadas
Semella increible, mais chegar a 1.000.000 de visitas é algo que ninguén podía crer cando comezamos esta aventura.

O que ao principio foi un blog de colegas para ter en común a información de festas, seráns e concertos acabou sendo unha referencia para moita da xente que se move no ambiente tradicional, e moita tamén que se foi achegando a nós dende outros ambientes.

É un orgullo que unha páxina modesta coma esta teña chegado a este nivel de visitas e siga a ter unha función que moitos agradecedes.

Unha aperta especial a tod@s os Malmequeriáns que 5 anos despois seguimos aí, desfrutando das festas e dos amigos, e coas mesmas gañas de troula.

E graciñas a tod@s os que seguides o blog e que, coa vosa aportación de información e cos vosos agradecementos polo traballo realizado, animades a seguir con esta páxina que tenta difundir o que a todos nos gusta, a cultura galega na súa beira máis festeira.

Malmequer
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Lecer de Nadal en Pontevedra
Programa Lecer no Nadal 2011-2012 do Concello de Pontevedra
Animación polas ruas do Casco Vello
De 19:30 a 21:00

3 de xaneiro
RETROUSO de Cela
Cantos de Nadal e Reis

MARAVALLADA
Panxoliñas

Ao remate, continuarase a festa nos bares da zona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2012 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de nadal en Allariz
O dia 3 de Xaneiro de 2012 as 16:00h, na Igrexa do covento das Clarisas en Allariz, CONCERTO DE NADAL.


Participan:

-A agrupación da Escola de Música Tradicional de Ourense: ” De Pé Feito”, e alumnos das Escolas de Música Tradicional
-As pandereteiras de Allariz, “Xilindeiras”
-As Clarisas Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-01-2012 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana de Reis
Segunda feira 2 (Luns)
• Mamá Cabra no Auditorio do Colexio La Salle (Compostela ) ás 17:30

Terza feira 3 (Martes)
• Concerto de nadal ás 16:00 na Igrexa do convento das Clarisas en Allariz
• Mamá Cabra no cine Alovi (As Pontes) ás 18:00
• Maravallada, Trepia e Retrouso de Cela a partir das 19:00 no casco histórico de Pontevedra
• Os Tres Tenedores no Liceo de Noia ás 20:30

Corta feira 4 (Mércores)
• Mamá Cabra no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 19:00
• Cantar de Reis do grupo Os Chichisos a partir das 19:00 no casco histórico de Pontevedra

Quinta feira 5 (Xoves)
• Sés no bar A Taberna (Cerceda) ás 23:00

Sexta feira 6 (Venres)
• Danzas de Reis en Riofío (Mondariz) ás 12:30
• Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)
• Foliada de Reis en Principe (Vigo) ás 18:00
• Danzas de Reis nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 19:00
• Serán nas Cortellas (Padróns - Ponteareas)

Sábado 7
• VIII Certame de Reis de Boimorto
• Danza de Reis en Guláns (Ponteareas) ás 12:30
• I Concurso de Baile Tradicional Galego ás 19:00 no Teatro Jofre (Ferrol)
• II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
• Luar na Lubre (con Mike Oldfield) no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
• Os Chichisos no Centro Cultural de Estribela (Pontevedra) ás 18:00
• Os Alegres no Centro Cultural da Devesa (Pontevedra) ás 19:00
• Pandeireteiras Aturuxo Pequeno no Centro Cultural de Meán, en Cerponzóns (Pontevedra) ás 19:00
• Pola Vila na Casa da Cultura de Cons, en Mourente (Pontevedra) ás 19:00
• The Real Mckenzies e Bastards on Parade na sala Inferno (Vigo)
• Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
• Serán de reis en Riofrio (Mondariz)
• II Serán da debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social

Domingo 8
• VII Gala Implicate!: Berrogüetto, Mónica de Nut Trío, Coro da Rá,... no Teatro Principal de Compostela ás 20:30

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer