Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reixa prepara un espectáculo musical coa banda sonora da movida

Quico Cadaval dirixirá 'Galicia caníbal' sobre un libreto de Antela Cid e Fran Peleteiro


Galicia caníbal podería ser o segundo LP de Os Resentidos, pero ao final o disco chamouse Fai un sol de carallo (1986) e o sintagma, xenial, quedou en título de canción. Foi a máis popular do álbum, iso si, con permiso de Sector naval, e os vigueses nunca saberán que sería peor. Pronto será tamén un musical. Un musical para o teatro. A idea volve ser de Antón Reixa, pero o libreto escribírono Antela Cid e Fran Peleteiro, da dirección escénica encargarase Quico Cadaval e a música, unha selección de grandes éxitos da movida viguesa e algunha novidade, quedará en mans de Pablo Novoa, outro dos protagonista daquela época presuntamente gloriosa como parte de Golpes Bajos. Curru Garabal será a directora artística.



Haberá cancións de Siniestro, Resentidos, Golpes Bajos, Semen Up, Aerolíneas ...

En canto peche o financiamento -máis de 500.000 euros nos que participará, di, "un importante empresario galego con intereses fóra de Galicia"-, Antón Reixa porá en marcha a produción. Hai 10 personaxes buscando voz e rostro en dous idiomas distintos. As cancións quedarán como estaban nos anos oitenta, a inmensa maioría en castelán, pero os diálogos terán unha versión en galego e outra para o resto de España. "Parte dunha ambición cultural pero tamén dunha oportunidade de mercado. O pop rock galego do oitenta estaba moi ben valorado en España", argumenta o tamén candidato á presidencia da Sociedade Xeral de Autores (SGAE).

No principio foi a música. Reixa fixo o seu setlist e pasoullo aos guionistas para que o vestisen cun enredo. Os hits, vaia. De Siniestro Total, Bailare sobre tu tumba, Quienes somos? De donde venimos? a donde vamos?, Assumpta e Ayatollah!. De Os Resentidos, Sitio distinto, Sector naval e a inescusable Galicia caníbal. De Aerolíneas Federales, No me beses en los labios e Soy una punk. De Semen Up, lo estás haciendo muy bien. De Golpes Bajos, Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes. E así con outras bandas da época, cada unha do seu pau, como Radio Océano, Os Cafres, Bar, Moncho e mailos Sapoconchos ou Los Limones.

"A partir desa selección musical, que aínda se está concretando", explica Antela Cid, "fixemos entrevistas e documentámonos sobre todo o que ocorreu nesa época. Os testemuños dos protagonistas da movida -artistas plásticos, músicos e xente da noite viguesa- axudáronnos a empezar a escribir a historia". Ao cabo dun intre, aclara nun correo electrónico: "Non é unha retrospectiva nostálxica daquel momento; presentamos a realidade actual dunha cidade costeira e proletaria". En efecto, o oitenta son agora. Vigo acariña os niveis de paro daquela década.

A protagonista de Galicia caníbal, o musical, non viviu o fenómeno do que se ocupa Emilio Alonso no recente Vigo a oitenta revolucións por minuto (Xerais). "É unha adolescente que non lle atopa sentido á vida e está ao bordo do suicidio", terza a coautora do libreto. "A través dun suceso extraordinario, fascinada polo bulebule de creación e rebeldía do oitenta, conseguirá ver a vida doutra maneira". A revisión promete polémica, ou polo menos o seu sucedáneo posmoderno: un ballón de comentarios anónimos na Rede como o que persegue ao promotor da obra desde que formalizou a súa candidatura á presidencia da SGAE, que se vota este mes.

Os 10 personaxes do espectáculo encarnan tres xeracións distintas. A adolescente, aos que naceron na década do noventa e teñen, no mellor dos casos, unha idea vaga do que sucedeu na década anterior. Os mozos de 30 anos que a acompañan na trama, a esa outra xente que contra todo prognóstico vai vivir peor que os seus pais, cunha taxa de desemprego do 50% e subindo. E por último, un matrimonio de 50 anos pretende enganchar a aqueles que viviron a presunta movida en tempo real. As testemuñas directas daquel desenfreo e este desastre.

Polo libreto circulan, resume Antela Cid, "un divorcio irremediable, unha historia de amor, as vivencias dun mozo de 30 anos obrigado a volver a casa de mamá e papá e as danzas das novas tribos urbanas, dos hiphoperos ou os hardcoretas aos parkoures e os neopunks". Todo iso trufado cuns 20 temas de cando Galicia caníbal era soamente aquela canción: "Con isto dá movida / haiche moito ye-yé / que de noite e de día / usa ghafas de sol". A súa estrea coincidirá coa celebración dos 25 anos do nacemento de Os Resentidos, que se volverán a reunir en Ourense o próximo 19 de maio no espectáculo A tribo toda baila.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Leilía

O novo álbum das Leilía serve como reivindicación da figura da desaparecida pandereteira Eva Castiñeira e de todas as mulleres que transmitiron ao longo dos anos o canto tradicional. As letras das cancións foron elaboradas polas escritoras Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.
O 14 de xaneiro farán a presentación oficial do disco no Liceo de Noia, e no Auditorio de Santiago poderase escoitalas en xaneiro ou febreiro, xa que a data do recital aínda non está decidida.


–Levaban dende 2005 sen editar disco. A que foi debida esa pausa?
–Ao longo destes anos sempre estivemos traballando e fixemos un espectáculo con elementos teatrais que nos permitiu actuar en circuítos diferentes ao estritamente musical. E logo nunca nos caracterizamos pola rapidez á hora de facermos os noso discos. Queremos que saian cando pensamos que realmente temos algo que aportar. As cousas deben ter o seu pouso.

–Contaron con sete escritoras para facer as letras. Dada a diferenza existente entre un poema e unha canción, como recibiron elas esa encarga?
–Pois algunha dixo que ía tentalo, mais que non sería doado e que se ao final viamos que non servía a letra non pasaba nada. Tiñan xa as melodías que empregaríamos para que traballasen sobre algo máis sólido. A colaboración resultou moi fluída e a idea foi recibida por todas elas con moito agarimo.

–É importante o traballo desenvolvido nos arranxos por Xoán Porto, un colaborador cotián da formación.
–Para nós é como o sétimo Leilía. Traballamos con el dende o ano 1998 e coñecémonos tanto que iso facilita enormemente o traballo porque sempre sabe o que ten entre as mans. Neste disco mudamos un chisco a instrumentación e a obra ten menos peso instrumental. Existe unha aportación da percusión, non so pandeiretas senón tixolas, cunchas, culleres ou pandeiro grande que engade sonoridades ao conxunto.

–Como sucede noutros discos, Felisa Segade e Merchi Rodríguez exercen de solistas.
–Tendo unhas voces espectaculares e con gusto como as delas o que tentamos é aproveitalas cando xurde esa posibilidade. Por exemplo, Merchi levaba anos tentando cantar unha jota do repertorio de Castiñeira, e nesta ocasión a oportunidade era perfecta para que o plasmase nun álbum.

–Cando actúan no estranxeiro chama máis a atención o espectáculo das Leilía puramente tradicional ou cando van acompañadas por músicos?
–Resúltalles máis exótico o espectáculo tradicional. Saímos con sachos e latas e iso chama moito a atención, ademais dun xeito de cantar que non se esperan. Levan unha sorpresa porque quizais dun país europeo non esperan que xurda algo desas características. Notamos que o impacto é forte. Un ano programáronos no Festival de Lorient dentro dunha noite de canto celta e as colegas que nos precederon tiñan un estilo suave e relaxado e nós comentamos que non sabiamos se o noso ía gustar, mais que era seguro que espertábamos aos espectadores presentes.

–Que significa para Galicia e a súa cultura unha muller tocando a pandeireta e cantando unha peza tradicional?
–Se nolo preguntaran hai vinte e cinco anos teríamos que falar dun pasado esquecido. Agora pode representar o presente e o futuro. Nestes tempos é normal que unha nena, moza ou muller colla unha pandeireta e cante. Cando comezabamos na música iso era algo raro. Recuperouse a memoria e debemos loitar para que se manteña viva.

–As compoñentes de Leilía tiveron unha ligazón forte con Cantigas e Agarimos. Como valoran o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA que se lle outorgou na pasada edición dos nosos galardóns?
–Pensamos que foi un recoñecemento moi xusto.
Durante moito tempo, asociacións de base do tipo de Cantigas e Agarimos foron as que mantiveron viva a tradición porque era nelas onde se podía asistir a clases de canto e baile: Non existían outros lugares, como pode suceder na actualidade. Realizaron un traballo esencial para que a xente medrase dentro da tradición e fixeron moito pola cultura deste país. Convén lembrar que moita da xente considerada de primeira liña na música de raíz galega saíu deste tipo de asociacións.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2012 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Debut de Paula Rey


Paula Rei debutou nun Colón cheo para ver a Luar na Lubre

Levaban dous meses esperando. Os seguidores de Luar na Lubre querían ver un concerto do grupo coa súa nova cantante, a coruñesa Paula Rey. «Despois de escoitar estas cancións teño ganas dun concerto enteiro», dicía un dos poucos espectadores que puideron asistir á presentación oficial da nova cantante que tivo lugar no Teatro Colón o pasado 3 de novembro. E é que naquel acto, Paula Rey interpretara unicamente tres cancións, que souberon a moi pouco.

A formación volveu onte á noite ao mesmo escenario onde gravaran o seu penúltimo traballo titulado ¡Ao vivo! e desde el fixeron unha mención ao incerto futuro do recinto, xa que a cesión á Fundación Novacaixagalicia non será renovada, cun chamamento a que «isto siga sendo un espazo cultural como ata o de agora».

Nesta ocasión e co teatro cheo, ofreceron un concerto propicio para facer comparacións coas distintas etapas dun grupo que acaba de superar o catro de século; pero nin a nova cantante nin os compoñentes do grupo quixeron entrar nese tipo de comprobación e o que si existiu foi un recordo ás antigas integrantes. Tras dous temas instrumentais, na terceira peza púidose comprobar o timbre da que é xa a cuarta vocalista desta formación referente no folk que se fai en Galicia. Estreouse con Chove en Santiago, unha peza de Luar na Lubre que ela mesma recoñeceu hai días que forma parte de «a banda sonora» da súa vida.

Non defraudou sobre o escenario, aínda que se apreciaba un certo nerviosismo. Foi Bieito Romero , alma máter do grupo, quen explicou o motivo: «Leva mes e medio connosco e tivo que aprender todo o repertorio, e é unha valentía moi grande estar aquí». Romero tamén desvelou que foi a súa impresionante interpretación de Tu gitana, na proba que realizou a que a levou a ser a elixida para interpretar os temas dunha formación que anunciou onte que comezará de inmediato a gravar o que será o seu disco número trece.

Recordo a Díaz Pardo

Como adianto e para non deixar dúbidas do por que foi a seleccionada, Paula Rei interpretou unha canción de amigo de Martin Códax, a capela. Para moitos foi o momento clave do concerto de onte á noite, no que tamén tiveron un especial recordo para o recentemente falecido Isaac Díaz Pardo, ao que lle dedicaron a peza Alborada de Veiga.

No concerto de dúas horas e media de duración, Paula Rey demostrou non só a calidade dunha voz ben formada, senón unha animada personalidade sobre o escenario, no que non só cantou e bailou, senón que se gañou a un público ante o que se presentaba por primeira vez e sobre o que tiña a prevención de «a ver se me aceptan ou non». Escoitando os aplausos, tras o Pousa, pousa co que Luar na Lubre pechou onte á noite a súa actuación, non quedaban ningunhas dúbidas de que a aceptación foi total e non só porque, tal e como indicara ao comezo da súa actuación, sentíase orgullosa de debutar «na casa» e ante a súa xente. Esa forza notouse ao longo de todo o concerto.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Bieito Romero e Paula Rey (Luar na lubre)
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-01-2012 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Novo episodio de `Non saimos do lixo´: A música

NON SAÍMOS DO LIXO/2.0 cap.9 "A música" from komunikando tv on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 10-01-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (Luns)

Terza feira 10 (Martes)

Corta feira 11 (Mércores)

Quinta feira 12 (Xoves)
• Serán na Discoteca O Sarela (Compostela)

Sexta feira 13 (Venres)
• Os Catro Quintos no San Mauro de Matamá (Vigo) ás 22:00
• Terbutalina e Ataque Escampe no Badulake (Ordes)
• Estás Rock en Estás (Tomiño): Guezos, Bastards on parade e The pretty shirts
• Estalotada en Compostela (Sande e Merlejo)

Sábado 14
• Bate no Cobre, Sete Cuncas, Gaita&cia, Furancho da Balsa no San Mauro de Matamá (Vigo) ás 19:30
• Os Vacalouras no Furancho Matamáfolc de Matamá (Vigo) ás 23:30
• Ce Orquestra Pantasma no Furancho Malaherba de Matamá (Vigo) ás 23:30
• Cantos na Maré 2012: Uxía, Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Socorro Lira (Brasil) e Xoán Curiel no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
• Leilía no Liceo de Noia
• Falperrys, Tiro na Testa, Menace na sala Farándula (Vigo)
• Serán de Prado da Canda (Covelo)

Domingo 15
• Os Carunchos no Furancho Matamáfolc de Matamá (Vigo) ás 17:30
• Gaita&cia no Furancho Malaherba de Matamá (Vigo) ás 17:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-01-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Suspendido o Concurso de Baile Toxos e Froles (Ferrol)
O Toxos e Froles decidiu suspender o concurso de baile que se ía celebrar o sábado, día de San Xiao, no teatro Jofre.

Inscribíranse tres agrupacións que cumprían os requisitos das bases, pero desde o coro decidiuse que era preciso un mínimo de seis para poder realizar con éxito o espectáculo que tiñan previsto. “Non sabemos por que non funcionou”, comentaba onte o presidente do coro, Arturo Lamas.

“Era un proxecto arriscado, moi bonito. Xa só bailar no Jofre é un aliciente para os grupos”, apunta. Tamén o premio, 3.000 euros, era unha contía que podía atraer a xente de toda Galicia. Polo de agora van tentar falar cos posibles participantes para ver que foi o que os botou para atrás e estudarán a posibilidade de volver intentar esta fórmula en datas vindeiras.
O que si teñen xa perfilado desde o Toxos é destinar eses 3.000 euros a certames máis reducidos, que se celebrarían na súa sede, na rúa Magdalena. Visto o éxito da competición de duetos de gaita e percusión, queren realizar proxectos similares para cantareiras e para cuartetos tradicionais. Ademais, haberá unha segunda edición do de dúos, destinado a menores de idade e que se celebrou o pasado 3 de decembro. “Saíu moi ben e a xente quedou moi contenta. Pensamos que ía ser moito máis difícil. Repetímolo seguro”, explica Lamas.
Os plans para os vindeiros meses, á espera de que se concreten definitivamente, pasan tamén por comezar a dar clases de acordeón, orientadas á música tradicional. Reforzaríanse así as escolas do Toxos, un puntal no que se apoia a actual directiva para manter os seus sinais de identidade e crear canteira para o futuro. Na actualidade, dáse formación de gaita (para adultos e nenos), baile e percusión. Tamén se imparten clases de encaixe de bolillos e de bordado.

Balance
De 2011 despídense satisfeitos. “Rematámos o ano ben, con bastantes actuacións”, apunta o presidente do coro. O obxectivo é seguir movéndose por toda Galicia e manter a entidade, continuar facendo cousas. “Estamos contentos porque vamos tendo xente e seguimos adiante”. Contan con 45 persoas no coro, dez no grupo de cantareiras e outras dez no instrumental.
Respecto á débeda do Toxos, o ano pechouse con preto de 20.000 euros amortizados, co cal o montante reduciríase a uns 140.000 –dunha cifra inicial de 180.000, segundo o presidente–. Os plans de redución progresiva vanse cumprindo aínda que, como lembra Arturo Lamas, todavía non se acabou de pagar o que se lle debe ós traballadores. Despois irán cobrando os proveedores.

Precisamente este problema económico foi un dos detonantes da crise institucional que padeceu a entidade, case centenaria, cun conflito interno que motivou a saída do anterior responsable, Pedro Sanz, e a toma das rendas do actual equipo, coordinado por Arturo Lamas, en febreiro do ano 2010.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-01-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a un bo e xeneroso
A morte sorprendía a Isaac Díaz Pardo aos 91 anos de idade na Coruña. O histórico galeguista, industrial, empresario e activista cultural estaba ingresado no hospital San Rafael da Coruña a se recuperar dunha pulmonía. Co seu falecemento remata unha das traxectorias vitais máis importantes para entendermos o galeguismo e a evolución do país ao longo dos últimos cen anos.





www.culturagalega.org
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-01-2012 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de seman de Reis
Quinta feira 5 (Xoves)
• Sés no bar A Taberna (Cerceda) ás 23:00
• Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
• Foliada no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Sexta feira 6 (Venres)
• Danzas de Reis en Riofío (Mondariz) ás 12:30
• Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)
• Foliada de Reis en Principe (Vigo) ás 18:00
• Danzas de Reis nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 19:00
• Serán nas Cortellas (Padróns - Ponteareas)

Sábado 7
• VIII Certame de Reis de Boimorto
• Danza de Reis en Guláns (Ponteareas) ás 12:30
• I Concurso de Baile Tradicional Galego ás 19:00 no Teatro Jofre (Ferrol)
• II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
• Luar na Lubre (con Mike Oldfield) no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
• Os Chichisos no Centro Cultural de Estribela (Pontevedra) ás 18:00
• Os Alegres no Centro Cultural da Devesa (Pontevedra) ás 19:00
• Pandeireteiras Aturuxo Pequeno no Centro Cultural de Meán, en Cerponzóns (Pontevedra) ás 19:00
• Pola Vila na Casa da Cultura de Cons, en Mourente (Pontevedra) ás 19:00
• The Real Mckenzies e Bastards on Parade na sala Inferno (Vigo)
• Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xabier Díaz no Auriense (Ourense)
• Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
• Serán de reis en Riofrio (Mondariz)
• II Serán da debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social

Domingo 8
• VII Gala Implicate!: Berrogüetto, Mónica de Nut Trío, Coro da Rá,... no Teatro Principal de Compostela ás 20:30
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan os Seráns do 2012
6 xaneiro
- Serán das Cortellas (Padróns-Ponteareas)

7 xaneiro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
- II Serán da Debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social
- Serán de reis en Riofrio (Mondariz)

14 xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

20 xaneiro
- Serán en Cabeiras (Arbo)

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
- Serán en Arbo
- II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena

4 febreiro
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes

11 febreiro
- Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)

17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.

24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)

14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)

28 abril
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-01-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán da debullada (Estás-Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-01-2012 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Reis no furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-01-2012 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Reis na Cova Céltica (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-01-2012 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Implícate! (Compostela)
Domingo, 08 de xaneiro de 2012
O acto, presentado un ano máis por Yolanda Castaño e Luis Tosar, contará coa participación de grandes personalidades da música, a danza, o teatro e a literatura galega. As entradas xa están á venda na taquilla electrónica de NOVAGALICIA BANCO.


O vindeiro 8 de xaneiro, domingo, ás 20.30 h, Implicadas no Desenvolvemento dará saída á súa cita anual coa cultura e a solidariedade no Implícate 2012.

E da man da organización, artistas como Berrogüetto, Mónica de Nut Trío, Coro da Ra, Mónica García, Eva Veiga, Estevo Creus+Traspediante, Teresa Moure, Carlos Santiago, Isabel Risco ou Marta Pazos+Voadora. O encontro, conducido por Luís Tosar e Yolanda Castaño, terá lugar, unha vez máis, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, sé do Implícate, noite de música e palabra solidaria! desde o ano 2007.

O Implícate, que se ven celebrando en Compostela cada ano desde o 2005, combina o mellor da música, danza, teatro e literatura feita en Galicia para visibilizar o traballo de Implicadas cun dobre obxectivo, lúdico e tamén de reflexión da sociedade.

As entradas, que tamén se poden adquirir no propio Teatro Principal os días 3, 4 e 8 de xaneiro, están xa a venda na taquilla electrónica de NOVAGALICIA (http://entradas.novagaliciabanco.es, venta de entradas, ou no 902 43 44 43) onde se habilitou tamén unha fila cero (entradas 5€) para aquelas persoas que non poidan asistir ao espectáculo, pero desexen facer unha achega económica. A recadación irá, coma sempre, destinada aos proxectos de desenvolvemento de Implicadas na India.

www.implicadas.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-01-2012 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre presenta nova vocalista na Coruña
Sábado 7 de xaneiro.
Concerto no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30 presentando a nova voz do grupo, Paula Rey, e con Mike Oldfield como invitado.


Paula tarda 23 minutos en chegar desde a súa casa de Adormideras ao teatro que a verá estrearse no folk. O Colón será ponte. Pasarela pola que a cantante cruzará para chegar da lírica á música do país. A que comulga coas raíces. Da man dunha formación que non deixará de sumar kilos de tradición. Ambos casaron un día hai dous meses cando a coruñesa non deixou de moverse. Acompasada.

—¿Como está sendo a adaptación de Paula ao grupo e do grupo a Paula? Supoño que será algo así como cando unha parella casa.
—(Bieito) É un proceso que non é dun día para outro. Ela ten que entender as características do grupo porque vén dun estilo totalmente distinto pero a súa capacidade vocal e a tesitura son moi boas, entón bastaralle con poñer vontade. É unha boa profesional así que terá que adaptarse a nós. Pola nosa parte, teremos que facilitarlle as cousas o máximo posible. E si, é unha especie de matrimonio ou maridaxe ou como se lle queira chamar.

—(Paula Rey) Veño do campo lírico, moi desvinculado ao folk que non eu, que sempre estiven ao tanto dos grupos desta forma de facer música. O que si é que nunca cantei. Por iso, é marabilloso que me xurdira esta oportunidade. Procedo dun mundo máis académico, máis da lírica pero é positivo en canto a que uso todos os recursos que aprendín no clásico para o folk. É todo un reto pero estouno intentando.

—É a voz máis preparada que tiveron?
—(Bieito) Si, é a primeira que ten estudos a nivel vocal. Paula traballou a voz dunha maneira diferente ás outras que eran autodidactas. Todas tiñan a súa forma de cantar. Distinta. Sara Vidal viña do fado tradicional e marcaba os xiros. Paula é a primeira que fai exercicios antes de cantar.

—(Paula Rey) Aínda que veño da lírica, utilizo máis rexistros e non sempre canto dun xeito operístico. Cando tocan temas tradicionais, coloco a voz dunha forma e se son máis líricos, doulles o meu toque.

—Despois de varios meses con ela, que aporta Paula a Luar na Lubre?
—(Bieito) Nervio, unha forza interior que é moi interesante. É unha rapaza nova con moitas ganas e cunha voz privilexiada. Aporta frescura e esa forza que axuda a incorporarse a un proxecto porque non é o mesmo que tirar dunha persoa cun estado anímico baixo. É así como nun mes estamos arrancando a nova etapa, algo que non ocorreu coas outras cantantes. Paula aprendeuse neste mes o repertorio.

—Comentou na presentación que lles chamara a atención porque non paraba de moverse.
—(Bieito) Si. Ela non para. Nos escenarios e, sobre todo, no folk, as cantantes son moi estáticas pero o movemento ben acompasado está moi ben. Nas probas chamounos a atención porque non paraba quieta. Vainos a poñer a todos a bailar.

—Van presentar temas do novo proxecto no concerto?
—(Bieito) Vai a haber novidades. Trátase dunha maquinaria moi pesada e facer cousas leva o seu tempo. Embarcámonos nun novo disco que sacaremos na primavera de 2012. Tocaremos novos temas pero non moitos. A gran novidade será Paula. Ela será a protagonista.

—Nerviosa?
—(Paula Rey) Estou expectante. Positivamente nerviosa. Teño inquietude por como vai ser e moitas ganas de que chegue xa.

—(Bieito) Sempre se nos acolle moi ben na cidade e en Galicia, en xeral. Ademais que o Colón é un símbolo para nós, onde sempre enchemos e no que gravamos “Ao vivo”, en dous días seguidos con cheo absoluto.

—Houbo un tempo que este territorio estaba vetado para o grupo.
—(Bieito) Si que o pisabamos pero desde o Concello non había esa cousa que tiña que haber cando posiblemente somos o grupo máis importante da cidade. Desde as diferentes corporacións municipais nunca se nos valorou. Fixérono máis en Pamplona e noutras cidades, algo que ten que ver co mal extendido da falta de autoestima. Así ata este ano que actuamos en María Pita. É unha cuestión de saber apreciar.

—Que opina da nova corporación municipal despois das declaracións da concelleira que tildaba o anterior como un programa cultural “demasiado galego”?
—(Bieito) Eu fixen un comentario no seu día como traballadores da cultura galega que somos porque somos cultura galega e con nós hai que contar, porque por “hache” ou por “be” somos historia. O que non sexa capaz de velo é o seu problema. É unha batalla constante e que aburre.

—Como aguantan tanto tempo na escena?
—(Bieito) Non é fácil e non se trata de resistir porque a nosa traxectoria foi ascendente e nunca baixamos o número de concertos. A clave é saber o que se quere. Despois danse certos movementos que abren novas vías pero, sobre todo, están os equipos humanos e creo que temos enerxía suficiente para botar outros 25 anos máis. Somos o único grupo que saca un disco cada dous anos e estamos con Warner desde 1996, cando a discográfica soe liquidar ás formacións nun segundo ou terceiro traballo.

—Inspíranse no “Libro das invasións” para o disco. Como están solventando o reto?
—(Bieito) Nunha parte inspirámonos neste libro, contemporáneo ás cantigas de Santa María e a lírica galaico-portuguesa, e despois está a música tradicional e o que nós reinterpretamos dela. No libro fálase dos “milisians”, un pobo indoeuropeo que se instalou en Galicia. Temos datos da Torre de Hércules e dunha cidade como A Coruña desde a que Ith, fillo de Breogán, viu a silueta dunha illa. Irlanda. É un libro que todos deberiamos coñecer. Toda esta historia está recoñecida porque os grandes da literatura coma Murguía se inspiraron no celtismo e ata o himno fala de Breogán. Nós afrontamola recoñecendo a historia como propia. É como poñer banda sonora a unha peli. Tes que imaxinar o momento en que Ith colle o barco e cando chega a Irlanda.

—Por que apenas saen novos grupos folk?
—(Bieito) Parece que a música folk funciona soa pero hai un traballo moi potente detrás. As cousas non saen por un golpe de sorte e as bandas cansan porque nunca pasa nada e a xente ten moita présa. Nós levamos moito tempo traballando, ás veces, en condicións moi precarias que fixeron do proceso, algo duro onde houbo o risco de que se rompera. Porque estas cousas pasan como pasan os divorcios e as separacións.

—Actuarán nun teatro que comezará en febreiro unha nova etapa. Que cren que pasará?
—(Bieito) A noticia non é boa e danos pena porque non sabemos o que vai pasar nin as propostas que están detrás

www.elidealgallego.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de Reis en Ramirás
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Mostra-Certame de Cantares de Reis (Boimorto)

Un ano máis estamos xa a traballar nun novo Certame de cantares de reis. Este ano imos atopar novidades, a máis destacable é a ausencia de premios, aínda que se seguirán facendo valoracións por parte do xurado.
Tamén, salientar, que comezaremos o sábado 7, xa pola mañá. Distribuiranse as cuadrillas polo noso Concello e polos concellos limítrofes a cantar todos á mesma hora (contra o mediodía). Despois poderán xuntarse todos nun xantar e a continuación, sobre as catro, catro e media dará comezo o VIII Certame de Reis, onde as cuadrillas cantarán e escenificarán un canto de reis.


Non debemos esquecer que o principal fin deste Certame é a recuperación dos cantos populares de reis que forman parte da nosa identidade como pobo e que se estaban a perder co paso dos anos como xa aconteceu con outras tradicións galegas. Outra das novidades é que ao longo do ano irase gravando un disco, con todas as cuadrillas, con cada un dos cantos que participaron na mostra.

O programa que temos pensado desenvolver este ano con motivo do Certama de Reis é o seguinte:

* Obradoiros semanais de cantos de reis para nenos/as e adultos en Boimorto e nos concellos limítrofes. É importante darlle pulo a este Certame mediante o espallamento e reafirmación da tradición dos Cantos de Reis na comarca da Montaña. Creación de novas cuadrillas por todos os Concellos limítrofes (Sobrado, Vilasantar, Melide, Toques, Arzúa...) ofertándolles obradoiros para a súa formación

* Cantos de reis pola comarca. O sábado 7 pola mañá distribuiranse as diferentes cuadrillas polos concellos limítrofes para cantar os reices todos xuntos á mesma hora, dándolle así un carácter máis comarcal a esta celebración. A continuación faremos un xantar e ese mesmo día pola tarde realizarase o Certame.

* Expositores de artesanía.

* Despois do Certame poñeranse uns pinchos para os participantes.

* Ó día seguinte celebrarase un Encontro sobre os Reises, onde, ademais de expoñer as diferentes ponencias tentaramos deixar deseñado o Certame do ano seguinte. Esperamos contar co albergue de Boimorto para telo a disposición das cuadrillas.

* Gravación dun disco para repartir polas asociacións e grupos que traballan a música e a tradición galega.

Os/as interesados/as poderán poñerse en contacto coa organización do certame no Concello (981 51 60 20) preguntando por Silvia Cea ou Yolanda Barreiro.

En breve poñeremos neste mesmo enlace as bases do Certame.

Desde o Concello de Boimorto animamos a todos/as a participar nesta nova Mostra-Certame de Cantos de Reis.

www.concellodeboimorto.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-01-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Baile Tradicional Galego (Ferrol)

O Real Coro "Toxos e Froles" crea o I Concurso de Baile Tradicional Galego, para dar a coñecer o traballo das agrupacións que desenrolan o seu labor a prol de conservar e amosar unha parte importante da nosa cultura inmaterial.

O evento terá lugar o vindeiro día 7 de xaneiro de 2012, ás 19:00 horas, no Teatro Jofre de Ferrol.


As agrupación interesadas podedes incribirvos enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podedes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Baile Tradicional Galego

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:

Bases do I Concurso de Baile Tradicional Galego

www.toxosefroles.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-01-2012 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi, Guillerme e Xabier no Auriense (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo programa de Folk In Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre as danzas de Reis
Sexta feira 6 (venres)
• Danza de Reis en Riofrio (Mondariz) ás 12:30
• Danza de Reis en Santa María (Salceda de Caselas)
• Cantos e danzas tradicionais de Reis nas Cortellas (Padróns-Ponteareas) ás 19:00
• Rancho de Reis de Fozara (Ponteareas) ás 11:30
• Rancho de Reis de Pías (Ponteareas) a partir das 12:00

Sábado 7
• Danza de Reis en Guláns (Ponteareas) ás 12:30

No sur de Galicia consérvanse as danzas de Reis asociadas ós denominados Ranchos de Reis. Estes Ranchos de Reis interpretan catro danzas diferentes:

Danza de castañolas e danza de palitroques: ambos acompáñanse de pezas de madera de buxo (castañolas ou paus) que os danzantes fan soar mentres executan a danza.
Danza de fitas: os bailadores danzan xirando arredor dun pau mentres suxeitan unha fita amarrada á punta dun poste, estas fitas van sendo trenzadas sobre o poste mentres os bailadores desenvolven a danza.
Danza de arquiños: os danzantes bailan xunguidos ás súas parellas por un pao en forma de arco decorado con fitas de cores debuxando figuras e entrelazando os arquiños de diferentes xeitos.

Ademais destas catro danzas, os bailadores adoitaban a pechar a representación bailando a xota, o valse, a muiñeira e a ribeirana.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rancho de Reis en Guláns (Ponteareas)




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos e Danzas de Reis nas Cortellas (Padróns - Ponteareas)

O vindeiro venres día 6 de xaneiro nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 7 da tarde, representación dos tradicionais cantos e danzas de Reis.

Como cada ano, na tarde de Reis, xuntarémonos todos nas Cortellas para a tradicional representación dos ancestrais cantos e danzas de Reis das Cortellas.
Despois, como sempre, faremos Serán.

Estades todos convidados a participar desta tradición. Vinde bailar, cantar, tocar e merendar con nós.
Agradecemos que convidedes a todos aqueles que poidan estar interesados.

Non faltedes. Estarémosvos agardando.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Rancho de Reis de Salceda de Caselas
Cada 6 de xaneiro pola tarde, na parroquia de Santa María (Salceda de Caselas)

Nestas datas tan sinaladas donde celebramos as festas do Nadal, no concello de Salceda de Caselas inténtase manter e recuperar unha antiga tradición que se viña celebrando anos atras nestas datas de Nadal concretamente no día de Reis, o chamado Rancho de Reis, rancho que ten unhas características que distan dos tradicionais ranchos que se celebran o longo de toda Galicia como pode ser o de Gulans, Riofrio ou do Norte de Portugal, unha variedade de rancho que o grupo O Seran recuperou estes ultimos anos, e na que nos o grupo Os de Sempre estamos concienciados e preparados para levar a cabo dita recuperación desta danza e na que probablemente para o proximo Nadal do 2009 poderemos danzar e tocar o Rancho de Reis, agora estámonos reunindo coas ultimas persoas que formaron o antiguo Rancho de Reis, para que nos trasmitan os 14 puntos desta danza, a musica que se tocaba e a indumentaria utilizada.

Antigamente en Salceda de Caselas existían dous ranchos, como non, o Rancho do barrio de abaixo (A Feira) e o rancho do barrio de arriba (O Barreiro), ademais da rivalidade do carnaval tamen había rivalidade co rancho de Reis, por certo tamén había o rancho de Carnaval, que diferenciaba do Rancho de Reis por ser mais numeroso e pola sua indumentaria.

Centrándonos no Rancho de reis, O rancho de Reis de Salceda, estaba formado por dous danzantes que bailaban entorno dunha figura A Dama, acompañado de gaiteiros, tamboril e bombo, polo tanto non existe a danza dos paus e dos arcos ou das cintas nin tampouco se baila dentro da igrexa. A figura da Dama esta representado por un neno (varon) vestido de Dama todo engalanado de ouro, xoias de ouro que se pedía polo barrio ou nas parroquias veciñas, sombreiro e manton, os danzantes vestían pantalons cortos e medias altas de cor blancas, na cabeza un sombreiro de duas puntas e unha castañetas nas suas mans que ían repinicando o son da danza. Na vispera do Reis, o rancho danzaban nas casas das parroquias de Salceda, deixando para o día de Reis o seu propio barrio, había persoas que acompañaban o rancho para ir pedindo nas casa si querian ver danzar o rancho, outras tiraban os fogos de palenque si os caseiros o aceptaban, o rancho danzaba na sua casa a cambio e este pagaba pola actuación e asi recaudabanse uns cartiños.

Existía unha gran rivalidade que empezaba na vispera da noite de Reis, pois os dous ranchos pelexaban por ser os primeiros en chegar a igrexa de Salceda, o que se chamaba "coller a Igrexa", as doce da noite tiraban o fogos de palenque anunciando que a igrexa fora collida. O día seguinte os dous danzantes do rancho que collera a igrexa, tiñan o honra de axudar a misa, cantar o Canto de Reis, e ser o primeiro rancho en bailar no adro da igrexa e na caso do cura co cal o outro rancho quedaba relegado a un segundo plano. Producíanse momentos de tensión na hora de coller a igrexa e segundo contan, o rancho do barrio de abaixo chegou a ir a igrexa cunha escopeta de caza para intentar desaloxar o rancho de arriba.

www.osdesempresalceda.blogspot.com


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Rancho de Reis de Riofrio
Ás 12 do medio día de cada 6 de xaneiro en Riofrío (Mondariz, Pontevedra), despois da misa, o Rancho de Reis de Riofrío baila as danzas de Reis.











Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Os Ranchos de Reis sorprenden aos viandantes en Vigo
A Agrupación Veciñal e Cultural do Casco Vello volveu saír un ano máis con esta tradicional formación. Repetirán o día 8 de xaneiro.

Os flashes dos teléfonos móbiles non deixaban de saltar na Porta do Sol ao paso do Rancho de Reis. A súa presenza sorprendía onte, mércores, por centos de vigueses que sobre as 19.00 horas ultimaban as súas compras na zona do centro de Vigo. A agrupación do Casco Vello, formada por unhas 50 persoas, tomou posicións na entrada de Príncipe e o asombro foi maior. Alí, ante os desconcertados espectadores que, con carriño de nenos incluído, apiñábanse na zona, os danzantes executaron o baile de cintas que se ían entrelazando ao redor dun mastro mentres soaba a música de gaitas, bombo e pandereitas.


`Levamos nove anos saíndo na festa de Reyes ininterrompidamente e, agora, polo menos, xa non din que somos un rancho portugués'. Quen así fala é Fiz Axeitos, responsable de Cultura da agrupación, contratada polos comerciantes e o Concello para actuar estes días polas rúas do centro (saíron por primeira vez o pasado luns, 2 de xaneiro). Este ano, por razóns de calendario, celebrarán o día grande o 8 de xaneiro, e non o 6, festividade propia de Reyes, cun percorrido completo durante todo o día polas rúas Pi i Margall, Torrecedeira e zona vella.

Este Rancho de Reis está formado por persoas de todas as idades, desde os 7 ata os 70 anos, e recupera unha vella tradición perdida no Casco Vello, pero que aínda recorda a xente moi maior, segundo sinala Axeitos.

María Prego, directora de baile da agrupación, recoñece que para formar este rancho tiveron que inspirarse noutras formacións, concretamente na de Sequeiros (Pazos de Borbén). Así, os seus compoñentes locen vestimenta branca e pano cruzado, ademais das coroas que levan os homes a modo de tocado.

Os Ranchos de Reis encádranse dentro das denominadas 'danzas brancas', cuxo orixe atopar nas festas pagás de cambio de estación e que máis tarde foron cristianizadas e asociadas a distintos gremios. No caso das de Reis, saen o 6 de xaneiro para pedir o aguinaldo e executan tres tipos de danzas, con cintas, arcos e paus. Aínda que este ano, por razóns de escenografía, o rancho do Casco Vello non canta as cantigas de Nadal, si saen con 'tixolas' para pedir por 'os Reises do Quiquiriquí', como di o retrouso popular.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Nadal en Cacheiras (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
As rúas de Pontevedra énchense de Cantos "de Reis"
"Os Chichisos" encheron as rúas da capital de cancións do Nadal

A música centrou onte as actividades do Nadal en Pontevedra con motivo da actuación de "Os Chichisos" polas diferentes rúas da cidade para celebrar os "Cantos de Reis", así como a presentación do disco de "Os Coribantes de Buchabade" no Teatro Principal.


Por duodécimo ano consecutivo, o grupo Os Chichisos, acompañado de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, pandereita e pandero, así como por un grupo de nenos e nenas, foron os encargados de animar as rúas cos tradicional "Cantos de Reis".

A saída tivo lugar na Praza da Liberdade ás 19.00 horas e o grupo tocou unha serie de pezas da literatura popular para os numerosos pontevedreses e visitantes que abarrotaban as diferentes zonas do centro histórico, así como as áreas comerciais.

Trátase dunha actividade na que tamén participaron preto de 30 nenos que estiveron a ensaiar nos días anteriores con Vos Chichisos na casa do pobo de Bértola-Vilaboa e que fixo gozar aos cidadáns.

Os Coribantes
Pola súa banda, o tradicional grupo de Ponte Caldelas, "Os Coribantes de Buchabade" presentou onte o seu primeiro disco directo no Teatro Principal a partir das 20.30 horas.
Trátase dun grupo que fai música popular e que ademais de tocar instrumentos de varias clases, tamén conta cunha sección de baile.
Nas últimas datas, Os Coribantes de Buchabade tamén se decidiron a porlle voz ás súas cancións.

http://farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Unha vintena de nenos de Saxamonde (Redondela) recuperan a tradición dos Cantos de Reis
"Os reises do kikirikí", "Primeira festa do ano" ou "Nadal de Luintra" son tres das cancións que mañá poderán escoitar en vivo, nas súas propias casas, os veciños da parroquia redondelana de Saxamonde, interpretadas por un grupo de nenos e nenas que levan días ensaiando no Centro Cultural Chan dás Pipas. Así logran recuperar a tradición dos Cantos de Reis, unha maneira de recoller aguinaldo e pasar un intre divertido con música e baile.

Coa zanfona como gran novidade na parte musical, os Cantos de Reis volverán soar mañá en Saxamonde nas voces e instrumentos de vinte nenos e nenas. Despois de que os Magos pasasen pola parroquia, percorrerán algunhas casas para interpretar os temas que levan días ensaiando, a cambio dun aguinaldo.

"Cantámoslle vos reises / do kikirikí / se non dannos nada / caghámoslle aquí", advirten nunha das pezas. O aguinaldo que reciben nos últimos anos adoita ter forma de chocolate e roscón, aínda que as cancións, con varias décadas de antigüidade e recuperadas polos monitores do Centro Cultural Chan dás Pipas, falan de "chourizos e touciño, pra facelo caldo", "un cabazo de bo viño e dous litros de augardente".
Claro que os membros deste grupo –entre os 4 e os 13 anos– prefiren un refresco. Para o tamborilero Pablo, xa é un premio poder "cantar e tocar", mentres que Antía, unha das maiores, di que "é divertido" percorrer as casas dos veciños ao ritmo da pandereita.

"Dia de Reis dia de Reis, primeira festa do ano, entre damas e doncelas, imos pedilo aguinaldo", cantan xa case de memoria á vez que soan gaitas, frautas, acordeón e outros instrumentos. Os máis pequenos, como Iago, acompañan rascando as cunchas. E ademais de cantar e tocar, teñen ensaiados uns bailes que van sorprender.
A cita é mañá ás 9.45 horas no Centro Cultural, para despois saír a por o aguinaldo. É unha das actividades estrela de Chan dás Pipas durante as festas do Nadal. Despois das vacacións, xa o vindeiro luns terán outra tamén orixinal: un taller de sombras chinescas.

http://farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Recuperar a antiga tradición de adoración de Reis en Pias (Ponteareas)
Un grupo de persoas maiores de Pías, en Ponteareas, a maioría septuaxenarios, recuperan este ano os cantos e danzas de Reis, tradicionais na parroquia hai máis de 70 anos e que se realizaban entón para adorar ao neno Jesús.

Segundo explicou José Antonio Arjones, que cumpriu xa os 76 anos, a recuperación realízase partindo de recordos da súa nenez e comezou a facerse o ano pasado. Xunto a el, que exerce de director, actúan outros 12 maiores, a de máis idade a súa irmá Isaura Arjones, de 83 anos.
O tamén coñecido como canto de Reis de Pías é unha adoración ao neno Jesús nado, con características ancestrais que se compón de reverencias, mostra con "arquillos" e que inclúe a que identifican como "cama de Xesucristo", onde as parellas compoñen cos seus arcos unha cama imaxinaria para ser visualizada. "Propuxémonos recuperalas para que os nosos netos saiban como eran e fágano", afirma Arjones. O evento celébrase dentro da igrexa de Santa Mariña de Pías tras a misa das 12,00 da mañá.

http://farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-01-2012 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco do cuarteto Chupacabras
Tradiphonias, primeiro disco do cuarteto Chupacabras

No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Rivera Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría.
Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e Cristian Silva Bóveda. Esta volta ven en parte provocada pola coincidencia dos membros do grupo no departamento de música tradicional do Conservatorio Superior de Vigo.
Aparte de en numerosos certames e festivais, teñen participado en audicións didácticas para alumnos de ESO e Bachiller.

PREMIOS:
2º Premio no Concurso de Música Tradicional 'Xiradela' en Arteixo no 2003 (categoría B)
3º Premio no concurso de cuartetos tradicionais de Miño (2003)
3º Premio no XXXVI concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2003).
1º Premio no III Concurso de Música tradicional de Cervo (2007).
1º Premio no X Memorial Manuel Texo na Vedra (2007).
4º Premio no XL Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2007).
1º Premio no I Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2007).
1º Premio no I Concurso de gaitas “Moxenas” de Valladares (Vigo, 2008).
1º Premio no I Concurso de cuartetos “Festas de Ourense” (2008)
1º Premio no XLI Concurso rexional de gaitas de Ponteareas (2008).
1º Premio no II Concurso de cuartetos de Luou (Teo, 2008).
Comentarios (3) - Categoría: Discos - Publicado o 04-01-2012 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Non só música popular
O cuarteto O Chupacabras acaba de sacar á luz o seu primeiro disco, ‘Tradiphonías’, un traballo moi elaborado a xulgar polos «tres ou catro anos» que levou confeccionalo e producilo, segundo recoñece un dos seus integrantes, o viveirés David Bellas. Porén, os seus membros contan ca satisfacción de que é froito do seu propio esforzo, pois fixérono practicamente todo e o resultado é que quedaron «bastante contentos», din. «O bo deste disco é que todo dependeu de nós, dende o deseño, gravación... tivemos un control absoluto sobre o resultado final, non sei se para ben ou para mal», comenta o de Viveiro.

‘Tradiphonías’ non é un disco folk, é algo máis. «Non o plantexamos de entrada como un traballo de música tradicional, senón basado nela». Deste xeito a música popular é «a materia prima» sobre a que van tecendo outras influencias. No disco «pódense atopar sonoridades producidas polos instrumentos dun cuarteto tradicional, pero con outro tipo de repertorio». Así, o grupo que compoñen David Bellas e o vicedense Xesús Riveira ás gaitas e Cristian Silva e Rafa Crespo na percusión foi máis alá e o resultado é «unha selección de pezas tan dispares como unha danza de espadas un tanto tribal, un canto de berce con ritmos exóticos, unha deconstrucción dun tema popular ou unha muiñeira do século XIX».

Son en total dez temas cos que pretenden non deixar indiferente a ninguén, aínda que a unión con outros estilos do mundo non foi algo previsto desde un principio. «Aínda que todos estamos bastante vencellados á música tradicional tamén estudamos outro tipo de músicas e moitas veces aparecen máis similitudes entre outros ritmos que diferenzas; foi un achegamento case casual á hora de ir traballando», segundo comenta David Bellas.

O gaiteiro viveirés incide na dificultade de sacar adiante o traballo polo financiamento. «Foi autoeditado, autoproducido, pagamos todo nós e á parte foi un traballo complexo porque foi un ano de ensaios intensivos para poder facer unha especie de falso directo». Cómpre lembrar que o disco se gravou hai dous anos no teatro Pastor Díaz; «Quixémolo facer así pola nosa propia formación. Logo veu o traballo de deseño e posprodución, pero a verdade é que non quixemos reparar no tempo para ter un bo resultado final, traballamos ata que estivemos completamente convencidos».

Presentación
O percorrido non remata aquí, pois agora toca presentalo por varias cidades galegas entre as que esperan que estea Viveiro, pois motivos non faltan: «Eu son de Viveiro, os dous técnicos que nos gravaron tamén e outro rapaz é do Vicedo. Logo, gravamos aquí no teatro e neste senso temos que agradecer ó Concello e en particular a Concepción Toral -anterior concelleira de cultura-, que nos deu facilidades», di. E en Viveiro tamén se pode mercar, na libraría Porta da Vila.

Orixes
O grupo foi sempre un cuarteto aínda que inicialmente tiña outra formación. Comezou cos mariñáns no 2003 e logo seguiron uns anos de parón, ata que no conservatorio superior de Vigo coincidiron cos outros dous integrantes actuais. Hoxe contan con recoñecemento a nivel galego, que comezou coa súa primeira oportunidade laboral, ó poder formar «un pequeno espectáculo que se moveu na zona de Pontevedra en teatros e circuitos de música de cámara». Agora con ‘Tradiphonías’ agardan ampliar horizontes.

http://elprogreso.galiciae.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2012 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Quempallou segundo posto na lista dos mellores 30 discos de música tradicional europea que elabora e difunde o portal Cronicas da Terra

Mentres se atopan inmersos no proceso de gravación do seu novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, o seu recente recomplilatorio “Once anos mallando” segue a darlle boas novas a Quempallou. No mes de Outubro ocupou a segunda posición na lista dos mellores 30 discos de música tradicional europea que elabora e difunde o portal Cronicas da Terra

Non é a primeira vez que a banda galega se achega ao país veciño, onde sempre recibe unha cálida acollida, como a que lle mostrou o público presente na Festa do Avante na que Quempallou actuou o pasado mes de setembro no escenario principal ante máis de 50.000 persoas.

www.cronicasdaterra.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2012 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
World Music Charts Europe salienta os discos de Uxía e Peón
O álbum SÓS de Mercedes Peón ocupou durante dous meses consecutivos o número un da lista World Music Charts Europe, elaborada por corenta e cinco profesionais da radio europea especializados en músicas de raíz, un logro meritorio. Agora ese disco volve ser recoñecido como o quinto mellor traballo do ano, o que volverá chamar a atención de programadores e xente do mundiño musical do Vello Continente, sempre atentos aos nomes que aparecen nesta prestixiosa lista, da que forman parte os xornalistas Albert Reguant, e Jose Miguel López, compoñentes asemade do xurado dos PREMIOS OPINIÓN.

Pola súa banda, Meu canto de Uxía chegara a ocupar o número sete nunha lista mensual e agora que decidiron escolmar os douscentos discos máis sobranceiros do ano, a cantante de Mos aparece nun moi interesante posto corenta. A nivel estatal son as artistas que acadan os lugares máis altos, no que pode ser unha boa mostra da notoriedade da música galega e das posibilidades existentes no estranxeiro. Unha aposta decidida pola internacionalización, complicada en tempos de crise, sería necesaria para dar un salto importante e nunca se decidiu considerala como un sector estratéxico.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2012 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer