Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Serán en Cabeiras (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-01-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro de Coros Tradicionais (Gondomar)

A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.

Despois de que Perfecto Feijoo crease en 1883 en Pontevedra a agrupación coral Aires da Terra, a comezos do século XX formáronse algúns dos coros que aínda hoxe permanecen, como Toxos e Froles (Ferrol, 1915), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), De Ruada (Ourense, 1919) ou Cantigas e Agarimos (Compostela, 1923). Estas formacións preservaron a tradición coral que chega aos nosos días arrequecida pola achega popular durante décadas de actividade a prol da música, da cultura e do idioma de Galicia.

Seguindo a súa estela, durante os últimos anos xurdiron en Galicia algúns coros de corte tradicional, entre os que se atopa Cantares do Brión, que ten as primeiras actuacións públicas en 2009 e que se constitúe formalmente o 7 de marzo de 2010. A súa presentación oficial celébrase o 22 de xaneiro de 2011, apadriñados polo coro Cántigas da Terra.

A proximidade desta data de presentación é a escollida para celebrar de hoxe en diante o que se chamará «CANTARES NO MIÑOR. Encontro de Coros Tradicionais». Como o seu nome indica, este evento terá como marco a comarca do Val Miñor e por aquí pasarán, nos próximos anos, as agrupacións corais máis representativas de Galicia, sempre baixo o signo da tradición musical galega.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Pardal na rúa en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Circio en Ourense
O domingo 22 de xaneiro ás 19:30, a Compañía de Música e Danza Circio actuará no Auditorio Municipal de Ourense.

CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.
A súa primeira produción, ¨Baile de Soños¨, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.

Quen non soñou con bailar…?
Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…



Dirección: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Bailaríns: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas e Serxio Cobos.
Músicos: Laura Puga, Marcos Saburido, Alba Malvido, Patricia López, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo espectáculo de Quique Peón Cía
Dende a Compañía de Danza Galega "Quique Peón Cía" comprácenos presentarvos a estrea do espectáculo Alendacroa, que terá lugar os días 20 e 21 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña ás 20:30 horas.

Despois do grande éxito de Ovay a Quique Peón Cía afronta a súa segunda montaxe, Alendacroa, que está baseada nas lendas das Mouras, poñendo así en valor estas fermosas historias que forman parte do imaxinario popular da cultura de Galicia a traveso da danza.

Esta obra é unha descrición da historia, escrita e dirixida por Henrique Peón Mosteiro, inspirada en distintas lendas sobre o tema, onde se fala da relación dos personaxes do mundo real (humanos) cos do submundo (as Mouras).

Alendacroa é un espectáculo concibido cunha estructura compostal de diferentes escenas que se van sucedendo unha tras outra a modo de actos, semellante os antiguos ballets románticos, nos que se fusionan a danza tradicional de Galicia, a danza oriental e a contemporánea, así coma outras artes escénicas, tales como teatro e música, creada adrede para a ocasión.

Quique Peón Cía
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Músicas de semente: Galiza e Brasil
18 cordas e tres sereias

O Auditorio de Galicia (Sala Mozart) acolle o vindeiro venres 20 de xaneiro ás 21:30 o recital 'Músicas de semente: 18 cordas e tres sereias', un concerto solidario polo dereito a crecer en galego que contará coa presenza das voces de Uxia, Guadi Galego, Ugía Pedreira e as cordas de Guillerme Fernández, Sérgio Tannus e Fred Martins.


Un recital único e especial feito en colaboración coa escola de ensino popular Semente, veciños de aCentral Folque no barrio de Vista Alegre que terá a súa ludoteca aberta toda a tarde e de balde. Despois do concerto haberá unha sesión DJ con música galega e brasileira no CS. O Pichel.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
I Mostra do Traxe Tradicional Tequeletequele (Ponteareas)
Sábado 21 de xaneiro
Auditorio Reveriano Soutullo (Ponteareas) ás 20:00

Tequeletequele organizamos esta Mostra do Traxe coa intención de aportar o noso gran de area na recuperación das nosas tradicións e costumes. O acto é de entrada libre.


Nesta primeira edición presentaremos ó noso corpo de docentes, que intervirán para mostrarnos o seu bo facer. Participará unha representación de "Os Muíños de Oliveira" poñendo o baile xunto cunha das nosas mestras. E O Son da Triga ambientará o peche do acto.

Colaboran no desfile:
A. C. Traspés (Vigo)
GBMT Tahume (Ribeira)
A. C. Vai de Roda (Rianxo)
A. C. Os Muíños de Oliveira (Santiago de Oliveira, Ponteareas)
GBMT Pedra da Garza (Fozara, Ponteareas)

Docentes:
Abraham Fernández
Mayra Lunar
Nuria Gesteira
Sandra Diéguez
Patricia Cela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Aldán volve vestirse de gala (Cangas do Morrazo)
A Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, parroquia do concello de Cangas do Morrazo

A danza e contradanza en honra ao santo bailarase como todos os anos en tres ocasiones, a primeira e máis cerimoniosa no atrio, tras a misa das 12.30, coa procesión ao redor do templo. Os danzantes fan as venias mentres San Sebastián, acompañado da Virxe da Carmen, sae da igrexa, pedindo así permiso para un baile que protagonizan 5 mulleres, e 10 galáns baixo as ordes dun guía e ao son dun gaiteiro e un tamborileiro. O pequeno atrio, aínda pendente do demandado arranxo, faise pequeno para tanta avalancha de xente. O día é festa en Aldán e en moitas casas cúmprese coa tradición de reunir á familia. Ao carón, o Pazo dos Condes de Aldán, que neste día abríase hai anos para que damas e galáns bailasen no xardín, permanece agora pechado.

O segundo dos bailes é en O Torreiro, ao cinco da tarde, cumprindo coa mesma tradición de hai anos. E despois repítese na alameda, a última localización que se incorporou á danza cando a asociación que se encarga de velar polo seu mantemento, decidiu deixar de bailar dentro do pazo.

A danza é festa de interese turístico desde fai sete anos e mantense viva desde 1678. As propias familias da parroquia foron as que fixeron posible que este baile perdurase no tempo ao pasar como unha "herdanza" de pais a fillos. De feito dentro do grupo bailan pai e filla como é o caso de Antonio Docampo, o guía, e a súa filla Pilar que o fan desde hai anos. Como novidade, este ano, no grupo incorpórase unha muller, Irene Carballo, filla do desaparecido Antonio Carballo.

O párroco de Aldán, Juan Pego, estará de novo oficiando a misa, á que adoitan acudir tamén outros sacerdotes invitados e vinculados por nacemento á parroquia. O ano pasado fíxoo o párroco de Ponteareas, Eugenio Nerga.
Na danza e contradanza, ademais dos propios pasos da muiñeira que xa lle dan beleza, súmase a vestimenta chea de contrastes. As mulleres bailan con altos chapeus de flores de cores e cintas tamén multicolor caendo sobre as costas e enredando cunha longa trenza de pelo. Sobre os seus ombreiros locen bordados mantones de Manila, camisa tamén bordada, branca, con voltas e voltas de colares rechamantes e saia longa con enaguas, branca e con mandil negro.

Os homes, por contra van de negro, chapeu, e castañuelas nas mans coas que marcan tamén os pasos da muiñeira. A danza, que dura uns 45 minutos báilase co guía á fronte, e as damas e galáns formando tres filas. O baile empeza lento, até case monótono, e vai collendo forza a medida que transcorre o tempo, con punteos e voltas ata que a danza acaba en contradanza.
No fondo esta festa, que hoxe parece máis pagá, segue conservando un marcado carácter relixioso, mesmo das propias persoas que bailan. moitas o fan por ofrecemento e unha promesa ao santo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pola liberdade en Ourense
Esta sexta-feira, 20 de Janeiro, o colectivo Galiza em Punk organiza um concerto pola liberdade d@s pres@s independentistas no que o importe recadado da venda de bilhetes será destinado integramente à solidariedade coas presas e presos independentistas.

Os grupos que colaboram som KELTOI e TIRO NA TESTA e atuaram a partir das 21h no Café Cultural Auriense (Praça do Corregidor, 11).

O preço do bilhete é de 6 € e podes pilhá-lo antecipadamente no Auriense ou reservá-lo em galizaempunk@hotmail.com já que o aforo é limitado.

Acode e Difunde!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2012 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos Reanimados no bar Labranza (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2012 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
...E cando as mulleres bailaron a danza
Ata 1968, as mulleres tiñan vetada a danza de Aldán e facíano homes vestidos coas enaguas

A danza de Aldán pervive desde 1678, pero ata 1968 non chegou a liberalización da muller a ela. Ata entón as mulleres tiñan vetado bailar no grupo de 10 galáns e 5 damas cuxa función suplían os homes vestidos de muller. Ían cos chapeus de flores tan propios desta danza, enaguas brancas, mantóns e colares. Maricarmen Valladares, Josefa "Finucha" Martínez, Delia Prieto, Lolita Carballo e Maricarmen Docampo, esta última falecida, foron o primeiras cinco mulleres en bailar a danza. O catro primeiras reuníronse onte en Aldán.

Foron ao colexio xuntas, divertíronse en cuadrilla no antigo teleclub de Aldán, viviron experiencias que, a pesar das carencias propias da época, aseguran fixeron felices a súa infancia e mocidade nesta parroquia de Cangas, romperon moldes vestindo pantalóns vaqueiros e foron as primeiras mulleres en bailar a danza de Aldán. Aquilo supuxo unha revolución xa que se levantou o veto nesta danza a que as mulleres ocupasen o seu sitio nesta danza de 10 galáns, 5 damas e un guía, que se baila en honra a San Sebastián. As outras mulleres de máis idade da parroquia vían con receo os cambios.
Aquel primeiras cinco mulleres foron Maricarmen Valladares, Josefa "Finucha" Martínez, Delia Prieto, Lolita Carballo e Maricarmen Docampo, esta última falecida. Pasaron máis de 40 anos daquela primeira danza e xuntas, onte en Aldán, o catro primeiras, con idades entre os 60 e os 65 anos, lembraban unha experiencia que marcou as súas vidas e tamén significou un antes e un despois na danza. Delia trasladouse a Barcelona polo seu traballou en Telefónica, Carmen vive en Beluso, Lolita en Pontevedra despois de percorrer o norte de España co seu marido garda e Finucha segue vivindo en Aldán. A pesar de tanta distancia, gardan a mesma amizade que desde nenas.

Precisamente mañá, a danza volve bailarse na parroquia, no día da Festa de San Sebastián, e en tres ocasiones ao longo do día: tras a misa solemne do mediodía e coa procesión, e pola tarde, ao cinco, no Torreiro e na alameda.
Cren que os organizadores da danza pensaron nelas para bailar, porque sempre estaban metidas nas actividades da casa parroquial, xa que non había demasiada tradición familiar, salvo no caso de Delia Prieto, cuxo irmando si bailou vestido de muller, despois seguiu de galán e continuou outro irmán. O párroco de entón, Rafael Mallo, tamén quería que as mulleres bailasen porque, chegado da zona de Noia, pareceulle sorprendente que os homes se vestisen de mulleres. De igual maneira, lembran ao irmán do conde de Aldán, José María, que despois morreu en accidente, e que contribuíu a este cambio: "Aquel primeiro día non deixou de facer fotografías. Foi todo un acontecemento", lembran as mulleres mentres una delas pregunta ao resto "lembrades o medo que tiñamos ás venias?"
Delia bailou 3 anos, Finucha só un porque cando o ía a facer ao seguinte tivo que deixalo por falecemento da súa avoa e non o retomou, aínda que si se incorporou a súa irmá; Lolita tamén bailou dous anos xa que ao terceiro casou e nesta danza só poden bailar as mulleres solteiras; e Carmen permaneceu 4 anos. Ela tamén casou e sucedeulle unha irmá e un irmán, que fixo de galán

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2012 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto de Quique Peón
Quique Peón dedica a súa nova obra ás lendas das mouras
«Alendacroa» estrearase este venres no Teatro Rosalía, da Coruña.


Alendacroa tira do imaxinario popular e rescata, nun espectáculo de danza, as lendas mouras, eses relatos do imaxinario popular sobre a raza mítica do submundo. Ese é o discurso do segundo espectáculo de Quique Peón Cía, que se estrea o venres e o sábado, ás oito e media da tarde, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

«A tradición galega en materia de danza está moi investigada e traballada polos grupos folclóricos do país, pero a nosa proposta pasa pola fusión de danza tradicional, oriental e contemporánea», explicaba onte o bailarín e coreógrafo Henrique Peón, durante a presentación na que estivo con Rut da Huerga, Ruth Mirou e Romina Trigo, que o acompañarán no escenario, xunto aos tamén bailaríns Lucía Veiga, Fran Sieira e Miguel Sotelo. Esta obra, con música de Pedro Lamas, concibiuse en sete actos, «igual que os antigos ballets románticos», e irán enlazados con textos da poetisa Yolanda Castiñeiro.

«Alendacroa cheira a país, a Galicia, e neste caso é unha fusión de varias cousas», explicou Peón, que recalcou que o que busca é explorar as posibilidades da danza tradicional en Galicia. «Nós queremos dar un paso máis alá e expresar emocións con movemento, que ata o do momento non estaba feito», comentou. O director do Rosalía, Xosé Paulo Rodríguez, destacou que de maneira singular apostouse neste caso por unha residencia da compañía antes do espectáculo, para o que xa se poden adquirir as entradas a 13, 9, 7 e 6 euros.

Alendracroa é ou segundo espectáculo de Quique Peón Cía, unha compañía que vira sobre o bailarín e coreógrafo e que se estreou non 2009 coa obra Ovay, que é como denominan os canteiros ás persoas ousadas. Cun espectáculo que incluía o primeiro só masculino da danza galega conseguiu o recoñecemento do público e da crítica.

Peón mostrábase satisfeito onte porque a obra foi seleccionada, xunto a outras once en todo o Estado, polo Ministerio de Exteriores para ser representada nas embaixadas e consulados en todo o mundo. Peón conta cun dilatado currículo vinculado á etnografía musical galega, como investigador, docente e intérprete, que nos últimos tempos compaxina coa súa evolución cara á danza contemporánea.


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
A música de Leilía meteuse aos noieses no peto

Facendo honra ao título do seu último traballo ConSentemento, Leilía ofreceu un concerto no Liceo de Noia que chegou ao corazón dos asistentes.

O grupo quixo homenaxear cos seus cánticos a todas as mulleres que fixeron realidade a creación, conservación e transmisión da cultura galega. Como non podía ser doutro xeito, decidiron presentar o seu disco nestas instalacións pola vinculación dalgunha das artistas coa institución. Non en balde, Felisa e Montse, profesoras de pandereita, canto e baile galego, compartiron o seu talento durante anos cos alumnos noieses. Grazas ao seu traballo, o Liceo dispón dun patrimonio riquísimo en canto a vestiario e instrumentos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-01-2012 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Finou Concha de Trasmonte (Asturias)
Faleceu Concha Rodríguez Suárez, de Trasmonte (Cangas del Narcea).

Gravación:
LA TRADICIÓN MUSICAL EN ESPAÑA VOL.3
PANDERO CUADRADO Y PANDERETAS TRASMONTE (ASTURIAS)

«Concha é como eses cometas que din os astrólogos, que pasa agora e non volve pasar en miles de anos, e dis "ese xa non o vexo eu". Pois non imos ver outra Concha, que vos quede claro a todos. É irrepetible». Ambás, o popular estudioso da música e a cultura asturianas, definía desta forma a Concha de Trasmonte, unha das figuras máis importantes do folclore asturiano, que recibiu a homenaxe do Concello de Cangas del Narcea. Fronte a máis dun centenar dos seus amigos e veciños, Concha descubriu a placa que dá o seu nome á aula de música tradicional de Cangas.

Foi unha tarde moi emocionante que se cubriu de bágoas en máis dunha ocasión. Esta muller, Concepción Rodríguez Suárez, comezou a tocar o pandeiro desde pequena, aprendendo da súa nai, Faustina. Acompañou aos seus sones coa súa voz, única e irrepetible a tenor dos especialistas. Desde a súa casa en Trasmonte, e co seu marido José (falecido fai sete meses, e que foi nomeado e homenaxeado en incontables ocasións no acto), recibiu a cuantos pasaron por alí tratando de conservar a pureza do folclore da zona, do que Concha é fiel custodio.

A protagonista estaba visiblemente emocionada. «Non tiñamos outra cousa para o baile que os pandeiros e a voz», confesa Concha.

A neta de Concha tamén tomo a palabra para dicirlle: «Es a doutora honoris causa da vida», o que, evidentemente, emocionou aínda máis á homenaxeada.

www.lne.es



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2012 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Pardal na rúa, de estreo en Moaña

Este sábado estréase un novo novo grupo, Pardal na Rúa.

Os seus membros son Pilar Gonçalves (Ex Carunchos), Xosé Pumar e Renato Spencer.

O concerto será no Var con Uve, en Abelendo, Moaña. O sábado a partir das 10:30.

Pilar Gonçalves, Zé Pumar e Renato Spencer poñen en común as súas ideas sobre música galega e o resto dos países lusófonos. Tendo como base a liberdade creativa, presentámosvos un repertorio multicolor de versións e novas creacións. Non faltedes!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Música sen distancias
O Festival Cantos na Maré une en Pontevedra a cinco grandes voces de tres pasíses e sela a súa novena edición cun irresistible éxito de público

Que as case 800 entradas das que dispón o aforamento do Pazo da Cultura de Pontevedra esgotásense con días de antelación, dá conta do alto nivel de expectativas que rodeaban á 9ª edición do Festival Cantos na Maré, unha cita musical ao redor das culturas lusófonas creada e dirixida pola cantante Uxía Senlle, celebrada a noite do pasado sábado. Por iso, as primeiras palabras da anfitrioa, pronunciadas ante un auditorio abarrotado, entre o que sentaron actores como Carlos Branco, músicos como Xosé Manuel Budiño, artistas como o pintor Antón Sobral e cargos políticos e da administración, como o viceportavoz de Encontro Irmandiño e alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega, foron para agradecer esa confianza a un público que describiu como "fiel, cómplice e implicado".

"Nos tempos que corren, este festival é un milagre", afirmou Senlle, despois de abrir o recital acompañada polo invitado "da casa", o músico e actor da Fonsagrada, Xoán Curiel, conmovido pola invitación a un festival ao que tantas veces asistira "sentado alén do escenario".

Á parte das excelencias dos artistas que compuxeron o cartel, a interpretación do conxunto instrumental foi máis aló do meritorio, sobre todo cando se coñece o escaso tempo dispoñible para os ensaios previos.

Baixo a dirección musical do pianista azoriano Paulo Borges, o quinteto non só resolveu con eficacia a contextualización de temas de cada un dos participantes (ademais de Senlle e Curiel, a brasileira Socorro Lira, o portugués Carlos do Carmo e a caboverdiana Mayra Andrade), senón que tamén soubo crear as atmosferas oportunas para encontros festivos como o de Senlle, Lira e Curiel, e tan vibrantes como o que protagonizaron Andrade e Do Carmo, dúas grandes voces separadas por varias xeracións e unidas no fado Um homem na cidade. A súa unión no escenario, e as palabras iniciais da moza cantante -"é incrible que poida falar con todos vostedes na miña lingua materna e saber que me entenden"-, sintetizan o que é Cantos na Maré desde hai unha década. Aínda Andrade, toda unha celebridade no ámbito da world music no seu primeiro concerto en Galicia, levaría outra das grandes ovacións da noite cando, xa no bis, lembrou a artista caboverdiana recentemente falecida Cesária Évora interpretando, entre bágoas, a súa Saudade.

Outro tributo da noite foi para Isaac Díaz Pardo, a quen Uxía dedicou a peza Alalás encadeados, sobre uns versos inéditos do poeta Uxío Novoneyra. O virtuosismo nas cordas do guitarrista brasileiro Sérgio Tannus redondeou a homenaxe, que foi seguido polo patio de butacas. A alegría e a naturalidade de Lira, quen achegou a tradición musical do nordeste brasileiro tiveron un desenfadado paralelismo na actitude bromista de Do Carmo.

Tras un aspecto serio e circunspecto, vestido con traxe e gravata, aos poucos minutos de pisar o palco, o fadista desatou as gargalladas dos seus compañeiros de escenario e as do público cunha serie de comentarios desternillantes sobre o propio evento e a incorporación de ritmos brasileiros ao seu repertorio. "Isto é unha tolemia... Que sexa o que Deus queira", exclamou entre risas antes de dar paso a Lisboa, menina e moça, coa banda ao completo. Seguidamente, chamou a Senlle ao seu lado para cantar con ela o fado Gaivota, no que brillaron a gran calidade e tesitura de voz de ambos. Despois de dúas horas e media de música, ninguén parecía querer irse cando chegou o final.

Na despedida, Senlle prometeu sorpresas para conmemorar dun modo especial o dez anos de Cantos na Maré, o próximo ano 2013. Quizá puidese ser a ocasión idónea para rescatar inesquecibles actuacións que han ir deixando todas as edicións do festival, polo que xa pasaron Lenine, Paulinho Moska, Mozo Cesar, Waldemar Bastos, Ugia Pedreira, Mercedes Peón, Guadi Galego e Xabier Díaz, entre outros artistas.

Nos próximos días, a emisora Radio 3 de Radio Nacional de España emitirá un programa especial sobre o concerto con actuacións gravadas en directo e entrevistas.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2012 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 16 (Luns)

Terza feira 17 (Martes)

Corta feira 18 (Mércores)

Quinta feira 19 (Xoves)
• Fernández e Quintá na Casa das Crechas (Compostela)
Vaamonde, Lamas & Romero en Lugo ADIADO

Sexta feira 20 (Venres)
• Guadi Galego, Uxia Senlle, Ugia Pedreira, Fred Martins, Guilherme Fernández e Sérgio Tannus no Auditorio de Galiza (Compostela)
• Terbutalina na sala 600 (Melide)
• Quique Peón Cia no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Serán en Cabeiras (Arbo)

Sábado 21
• I Encontro de Coros Tradicionais: Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e Cantares do Brión (Vincios, Gondomar) no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar ás 20:30
• Quique Peón Cia no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Esquíos na Sala Badulake (Ordes)
• Serán de Gargamala (Mondariz)

Domingo 22
• Circio no Auditorio Municipal de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de baile tradicional na TVG
O programa a Solaina da TVG está organizando un concurso de baile tradicional (individual, parellas e grupos ata 8 persoas).

Buscamos os reis da muiñeira! Se o seu é o baile tradicional xa non ten escusa para non compartir o seu talento con todos nós. Apúntese no noso concurso para ser o rei da muiñeira, é moi doado!!! Só ten que seguir as instrucións do vídeo.

Chámenos ao teléfono 881 997 989 ou escribanos ao mail asolaina@crtvg.es





www.crtvg.es
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-01-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Xira de galas de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2012 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento de Ernesto Abal González
Hoxe temos que informar dunha triste nova, faleceu Ernesto Abal de 67 anos, bombeiro do grupo "Os Faíscas" de Solobeira (Vilagarcía de Arousa).

Ernesto, amigo dos amigos e un apaixoado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados

Sempre estivo ligado a cultura tradicional, en todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar.

O enterro será mañá, sairá as 15:45 dende o novo tanatorio de Ribadumia cara a igrexa de San Adrián de Vilariño (Cambados) onde se oficiará o funeral as 16 horas.

Aos amigos gustaríalles renderlle unha homenaxe tocando, polo que vos convidan a tod@s aqueles que queirades a levar unha gaita en Do para acompañalos.

Dende aquí facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
• Os Catro Quintos no San Mauro de Matamá (Vigo) ás 22:00
• Terbutalina e Ataque Escampe no Badulake (Ordes)
• Estás Rock Estás (Tomiño): Guezos, Bastards on parade e The pretty shirts
• Estalotada en Compostela (Sande e Merlejo)

Sábado 14
• Bate no Cobre, Sete Cuncas, Gaita&cia, Furancho da Balsa no San Mauro de Matamá (Vigo) ás 19:30
• Os Vacalouras no Furancho Matamáfolc de Matamá (Vigo) ás 23:30
• Ce Orquestra Pantasma no Furancho Malaherba de Matamá (Vigo) ás 23:30
• Cantos na Maré 2012: Uxía, Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Socorro Lira (Brasil) e Xoán Curiel no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
• Leilía no Liceo de Noia
• Falperrys, Tiro na Testa, Menace na sala Farándula (Vigo)
• Serán de Prado da Canda (Covelo)

Domingo 15
• Os Carunchos no Furancho Matamáfolc de Matamá (Vigo) ás 17:30
• Gaita&cia no Furancho Malaherba de Matamá (Vigo) ás 17:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
14 xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

20 xaneiro
- Serán en Cabeiras (Arbo)

21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
- Serán en Arbo
- II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena
- Serán en Mondariz, no pavillón de deportes(próximo á igrexa)

4 febreiro
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes

11 febreiro
- Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)

3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)

17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.

24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)

14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)

28 abril
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Prado da Canda (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-01-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
programación da Romaría de San Mauro (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Abre o furancho Malaherba en Matamá (Vigo)

O vindeiro fin de semana vaise celebrar a festa de san Mauro en Matamá(Vigo).
A asociacion ''Colectivo cultural alternativo Malaherba'' vai a abrir un furancho nesta festa co fin de recadar cartos q irán destinados as actividades que esta asociacion organiza ao longo do ano.


Animádevos a vir por Matamá este fin de semana e non vos esquezades de visitar o furancho malaherba!!!

A programacion da festa de san mauro é a seguinte:

-VENRES 13 xaneiro
22h. Actuación do grupo CATRO QUINTOS na carpa instalada na Praza de San Mauro.

23h. SERÁN POPULAR na carpa.

23h. Actuación do grupo CATRO QUINTOS no FURANCHO MALAHERBA.

-SABADO 14 xaneiro

19:30h. Actuacións na carpa dos grupos FURANCHO DA BALSA, BATE NO COBRE, SETECUNCAS e GAITA&CIA.

23:30h. FURANCHO MALAHERBA actuación do grupo OS VACALOURAS.
Actuación no Furancho MatamáFOLC do CE ORQUESTRA PANTASMA.

-DOMINGO 15 xaneiro
13:30h Actuacion da Banda de Música ATLANTIDA DE MATAMÁ na carpa da festa.

TAPAS E COCIDOS NOS DISTINTOS FURANCHOS.
16h. Sesión sobremesa na carpa da festa co CE ORQUESTRA PANTASMA.

17:30h No Furancho Matamá FOLC OS CARUNCHOS.
Na carpa da festa GRUPO DE GAITAS DA CULTURAL ATLANTIDA DE MATAMÁ e o grupo OS DE SEMPRE DO FURANCHO RIANXEIRA.

19h. No FURANCHO MALAHERBA actuación do grupo GAITA & CIA.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de tarrañolas e culleres (Compostela)

Cantigas e Agarimos organiza no primeiro trimestre do ano un obradoiro de tarrañolas e culleres.

Terá unha duración total de 10 h. e nivel de iniciación.

Profesor: Manuel Rey

Datas:
16, 23, 30 de xaneiro
6, 13, 27 de febreiro
5, 12, 26 de marzo

Horario:
Luns de 20:15 a 21:30 e de 21:30 a 22:45.

Prezo: 60 euros
Prazo de matrícula ata o 13 de xaneiro.

Información:
Cantigas e Agarimos
Antigo CEIP Ramón Cabanillas, rúa Castiñeiriño 21
Santiago de Compostela
T. 618 518 524 - 981 939 084
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-01-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto didáctico en Bembrive
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos na maré 2012 (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-01-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tiro na Testa, Falperrys e Menace en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Estás Rock 2012 (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-01-2012 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novo programa de Folk in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2012 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Sarela (Compostela)
SERÁNS DO SARELA

Xoves 12 de xaneiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)


“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

Chega o primeiro serán do ano!

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile.
22h30 . Riscadela de Calo
23h15 . Os da Chaparra
24h00 . Donaire
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información

www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com

FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-01-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Doa entra no World Music Charts Europe de xaneiro
O grupo galago DOA entra na listaxe do World Music Charts Europe do mes de xaneiro.

Esta listaxe leva funcionando desde 1991 e recollen os mellores discos publicados dentro da World Music como xénero. Trátase dos World Music Charts Europe, unha lista de recomendacións realizada por especialistas en música étnica procedentes de 23 países.

O xurado que cada mes selecciona novas entradas e modifica as posicións está formada por prescriptores de radios de toda Europa.

www.wmce.de



1. Fatou - Fatoumata Diawara
País: Mali

2. Kinshasa Succursale - Baloji
País: Bçelgica

3. Traveler - Anoushka Shankar
País: India/España

4. Madreperla - Riccardo Tesi et Banditaliana
País: Italia

5. The unbroken surface of snow - Andrew Cronshaw
País: Reino Unido

6. The original sound of cumbia - Varios artistas
País: Colombia

7. 2011 A space odyssey - Cambodian Space Project
País: Camboya/Australia/Francia

8. Aam Zameen: Common ground - Kiran Ahluwalia
País: Canada/India/Mali

9. Sem nostalgia - Lucas Santtana
País: Brasil

10. Sonnet - Aldona
País: Polonia

11. 10 Anys - Franca Masu
País: Italia

12. Fayt - Cankisou
País: Republica Checa

13. Mavra Froudia - Petrakis, Lopez y Chemirani
País: Grecia/España/Iran

14. Soulmotion - Natasa Mircovic & Nenad Vasilic
País: Bosnia/Serbia/Austria

15. Aigabani - Kalaban Coura
País: Mali/Belgica/Marruecos

16. The alaev family & Tamir Muskat - The Alaev Family & Tamir Muskat
País: Tajikistan/Israel

17. Tassili - Tinariwen
País: Mali

18. Corazon & hueso - Melingo
País: Argentina

19. Foxlight - Iarla O'Lionaird
País: Irlanda

20. A fronda dos cervos - Doa
País: Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2012 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Lobalú pon música de bossanova a Rosalía
Os fíos invisibles que conectan a música tradicional galega coa de países cunha riqueza tan grande como Brasil é o territorio de exploración de Lobalú, un dúo compostelán que acaba de presentar o seu primeiro disco, Haikus, e que neste principio de ano vai levar a cidades como A Coruña, O Porto ou Vigo.
A cantante Najla Shami e o guitarrista Héctor Lorenzo traballan xuntos desde fai cinco anos e aproveitan a súa experiencia con ritmos como o jazz e a bossanova para compor e facer versións de temas que soan de forma moi distinta ao orixinal.

A súa ousadía e o interese por buscar novas fórmulas que se salgan do convencional leváronlles a incluír no disco dous temas baseados en poemas de Rosalía, un de Cantares galegos e outro de Follas novas, co que mostran que é posible levar a musicalidade dos versos da escritora de Padrón a terreos pouco transitados ata agora. O disco contou coa colaboración de destacados músicos como os guitarristas de jazz Michel González e Álvaro Guillerme Fernández, o multinstrumentista brasileiro Sergio Tannus, o acordenonista Pedro Pascual ou o contrabajista Afonso Calvo.

Vento_Najla Shami & Héctor Lorenzo from xavier belho on Vimeo.



Mestizaxe
A cantante Najla Shami, que leva a mestura cultural nos xenes xa que o seu pai é palestino e a súa nai galega, asegura que existe un gran potencial para aproveitar as conexións musicais e lingüísticas entre Galicia, Portugal e Brasil. "Agora en Galicia hai unha importante presenza de brasileiros que viven aquí e de feito teño proxectos con algúns. Para eles tocar música non é traballar, gozan facéndoo", explica Shami, que viviu entre Lugo e Santiago pero a quen lle gusta recoller nas súas cancións influencias de músicas doutras latitudes, desde Latinoamérica aos países árabes.

No disco que agora presentan case todas son composicións propias aínda que tamén inclúen algunha allea, como unha versión de Rumores def Falúas, de Uxía Senlle. Lorenzo, que é quen se encarga da composición musical, asegura que hai textos que son máis fáciles de adaptar ao formato dunha canción, como ocorre cos de Rosalía, mentres que noutros casos atopan máis dificultades pero, aínda así, converteron en música poemas de Val-Inclán, Cunqueiro ou Manuel Antonio, entre outros.

www.elpais.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2012 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Labazada no Avante (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2012 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer