Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aqueles Seráns...

¡Que difícil é atopar hoxe en día a mozos e maiores divertíndose baixo un mesmo teito; a pais e fillos danzar da man e a cativos e adolescentes pasando o tempo xuntos! ¡Quen o ía dicir ! Dende logo o que máis sorprende é atopar esta escea tan entrañable e esperanzadora; unha escea na que avós, pais, fillos e netos se estean a divertir nun mesmo espazo e dun mesmo xeito. O miragro interxeracional non se conseguíu nin con campañas dos Servizos Sociais nin con medidas institucionais.

Algo tan sinxelo como a recuperación dunha tradición ten feito que , por fin, todos consigan desfrutar xuntos. Deste xeito, os seráns cobraron forza e voltaron a cobrar importancia nas axendas dos veciños. Logo dun minuicioso traballo de pescudas os seráns son capaces de facer bailar a vellos e nenos, aínda que, cos anos, vanse engadindo novos elementos nestas festas tradicionais. Iso sí, seguen sen perde-la súa esencia:. a do baile e a música como entretemento.
Luis Prego Fernández, recuperador de tradicións e músico, explíca o milagro dos seráns, ruadas, folidas, esfolladas ou tamén chamadas fiadas ou polavilas en terras de Galiza.

Cando na época dos sesenta comezaron a desaparecer os seráns ninguén se atrevería a pensar que corenta anos despois se convertirían en festas capaces de congregar a centos de persoas e,nalgúns casos, incluso milleiros.
Daqueles vinte ou trinta veciños que se divertian ao son das pandereitas pasaron a ser festas nas que non falla o viño nin os chourizos asados.

Logo de perderse completamente os seráns voltaron ás vidas dos galegos cobrando forza e ofrecendo no seu repertorio non só música e diversión, tamén comida, bebida e exhibicións de danza tradicional.

Cando Luis Prego Fernández se propuxo documentarse sobre a música tradicional galega aínda non sabía que acabaría argallando unha ?festa rachada?. Este vigues apaixoado da música e as tradicións galega non podía imaxinar o que se agochaba nos recordos dos máis maiores, marcados por unha vida chea de traballo pero tamén con tempo para o lecer.

Aínda que a traxectoria de Prego comeza vinculada á asociación ?De Troula?, acabou formando parte do grupo ?O Fiadeiro?.
Cando Luis, acompañado doutros membros do grupo, comezou o traballo de recopilación e documentación de bailes e cantigas galegas sempre se atopaba con referencias aos seráns, unhas festas, que segundo os máis maiores das parroquias, comezaban arredor das oito da tarde e nas que se xuntaban os veciños uns tres días á semana nas noites de inverno. ?A xente recollía o gando antes e coma no inverno non había outro xeito de divertirse xuntábanse onde podía, sempre a partires do outono e cando as tarefas do campo xa estaban rematadas?, explica.
Lembra Prego que un dos primeiros serán que organizou foi o da Ínsua, en Ponte Caldelas, aló polo 1991. Como tivo certo éxito continuaron xa no ano 92 facendo o serán no baixo do bar do Crego. ?Xuntamos a catro pandereteiras e ao grupo de gaitas que había antigamente e propuxémoslle xuntarnos tódolos sábados e facer festa. Foi todo un éxito?.

Os primeiros seráns que recorda fixéronse nos teleclubs e nas antigas escolas, xa que aínda non había espazos habilitados para esta festa.
No ano 93 nas Cortellas de Padrón animaron a algunhas veciñas que xunto con Manolo da Nave e Domingos da Ermida organizaban o serán os sábados. Domingos, á súa vez, trouxo dende A Ermida de Pazos de Borbén a unhas señoras maiores que tocaban e así, dun xeito completamente inesperado, acadaron a esencia dun serán: reunir a xente de distintas poboacións para tocar e bailar xuntos. Deste xeito Cortellas e A Ermida foron os primeiros da comarca e facer un serán dos de antes, dos auténticos.
E así comezaron na Ermida, donde comezou a vir xente de Paredes, e de ahí, pasouse a facer un serán na casa escola de Paredes, e foi tamén nesta vila donde comezaron a recupera-las labradas. Incluso chegaron a restaurar un muíño e a polo en funcionamento para explicar o proceso de elaboración do pan. ?Nos puxemos a curiosidade e eles a memoria. Foi estupendo. Fixemos un serán ó pé do río?.
Logo chegou Moscoxo, falando co crego da parroquia lle propuxeron facer un serán en cada parroquia atopando en Lence, o crego, un gran apoio. Foi ahí donde se fixo o primeiro macro-serán porque víu xente dos arredores, e foi ahí donde tomaron contacto cos veciños de Toutón que hoxe organizan o macroserán dos Namorados.
Pero tampouco quere Luis Prego esquecerse das veciñas de Sequeiros que se deron a coñecer a traverso das veciñas da Ermida.
Mentras o boca a boca facía a súa laboura de dar a coñecer a recuperación desta tradición, conseguindo que veciños de todas as vilas se interesasen, a tarefa de documentación seguía. Para quecer o corpo sustituiron a tradicional ?copiña de augardente? polo chocolate con rosca.

Lembra Prego que os primeiros que comezaron a dar comidas foron os de Sequeiros e os de Toutón. Recorda, ademais, que na nave de Pousiño se deu a primeira merenda para os participantes.
?Tamén en Sequeiros se fixo o primeiro palco explícitamente para os seráns. Fixoo Manolo na súa nave porque él é ferreiro. Realmente podemos decir que o serán da nave de Manolo e o de Moscoxo foron os primeiros macro-seráns. E aí tamén comezou a rivalidade, sobre todo, na comida que se ofrecía: xamón asado, empanada... e un longo etc de boa gastronomía?.

Aqueles seráns daqueles seráns dos anos trinta, corenta e cincuenta consérvase o espírito e as ganas de divertirse porque o xeito de festexar foi cambiando. Naqueles seráns que se celebraban nos alboios das casas e nas cortes do gando non había comida, tan só ganas de pasa-lo tempo porque, en realidade, no inverno non había outro tipo de diversión, así que, unha vez rematadas as tarefas do campo, limpaban as cortes, puñan candís de carburo e collían as pandeiretas dispostos a bailar ata ben entrada a noite.

Naqueles primeiros seráns colocaban bancos para sentarse os maiores e dentro do cadrado danzaban os máis novos. Na zona de Fozara, Ponteareas, cando non había alboio cortaban piñeiros e con colmo facían o tellado para poder resgardarse do frío.
Tal foi a importancia dos seráns que nalgunhas parroquias como a Calvos de Moscoxo celebraban varios á vez para rivalizar.
Os seráns conseguían xuntar aos veciños de distintas parroquias e vilas e constituían un lugar de encontro para os namorados e nun marco entrañable da vida social. Nos bancos dos seráns tecíanse historias, rumores, cantigas e cotilleos que logo se aireaban nas coplas de entroido.

Entre algunhas das diferencias que existen cos primitivos seráns está o número de cantigas que se cantan no esceario. Antigamente a xente que subía a cantar tiña que aguantar cinco temas porque a xente o que quería é bailar para poder, entre outras cousas, ligar. Agora hai tanta xente para participar que se tocan menos pezas por grupo. Entre as pezas que se soían tocar estaban a jota, a ribeirana hoxe coñecida como muiñeira, o agarrado que é o pasodobre, a jota corrida ou balse e o dous pasos ou a mazurca que son dous ritmos distintos. ?Agora existe o defecto de dárselle moita impotarcia aos grupos que tocan perdendo parte do contido humán?.

O xeito de tocar nun serán era un distintivo de cada vila ou parroquia. Cada pobo tocaba uns temas determinados e característicos da súa zona. ?Agora nun serán te poden tocar un maneo, estase a globaliza-los serán e eu preferiría que cada pobo conservase o seu xeito de cantar e bailar. Coido que os grupos que van aos seráns deberían respetar aos grupos anfitrións e facer que ninguén interprete os bailes e cancións propios do seu pobo, pero para iso habería que facer unha laboura de recollida de datos que permitira documentarse e saber en cada zona que é o quese bailaba e tocaba?.

Pódese dicir que en toda Galicia se bailaba ao son da gaita,da pandeireta, das cunchas e de moitos outros instrumentos improvisados pero habería que destacar que en cada zona predominaban uns ou outros instrumentos e que en cada provincia os seráns adoptaban distintos nomes. Deste xeito, no sur da provincia de Pontevedra denominábanse seráns, en cambio no norte da provincia e en Ourense e Avión chamábanselle ?ruadas?. Na zona da Fonsagrada pasabana ser ?polavilas? e no Caurel ?filandón?. En Bergantiños e na Coruña son ?foliadas?. Noutras zonas incluso se coñecían por ?fiadas? ou ?esfolladas?. Nalgunha outra chamábaselle ?palilladas? porque as señoras maiores aproveitaban para palillar encaixe de bolillos mentras gardaban ás netas ou ás fillas. En canto a instrumentación e ás pezas existían certas diferencias; en Avión, por exemplo, bailabase a jota, a muiñeira e o agarrado. Na Limia non tiñan pandeiretas e tocaban a trisca que eran latas de pementón ou tixolas cunha chave. Na Fonsagrada só había gaiteiros e na zona do Paradanta tocábase moito a pandeireta, o pandeiro, as cunchas ou os ferriños. O gaiteiro tan só tocaba alí donde se podía contratar, e todo se pagaba a escote, incluso a luz. En definitiva, a instrumentación, as pezas, a ausencia de comida, os bailes característicos de cada pobo e o emprazamento son algúns dos factores diferenciadores entre os seráns dos nosos avós e os de agora.

www.apeneira.com
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Agrupacións Folclóricas e Tradicionais
- A Ponte Vella (Teo)

- Armadanzas (Laraño)

- Brincadeira (Compostela)

- Cantigas e Agarimos (Compostela)

- Cantigas e Frores (Lugo)

- Donaire (A Coruña)

- Iar (A Coruña)

- Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)

- Lembranzas Galegas (web só en español...)

- Malveiras (Vilagarcía de Arousa)

- Muiños de Oliveira (Ponteareas)

- Nosa Terra (Pereiras-Mos)

- O Fiadeiro (Vigo)

- Fortín da Pomba (Bandeira)

- Pedra da Garza (Fozara-Ponteareas)

- Retrouso (Bueu)

- Tangaraño (Mos)

- Terra Meiga (O Viso- Redondela)

- Traspés (Vigo)

- Xacarandaina (A Coruña)

- Xiradela (Arteixo)

- Xirandola (Silleda)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2007 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais de Verán na Galiza 2016

Xullo
- 6, 7 e 8 de xullo: Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo)
- 6 e 7 de xullo: Morrasound Rock Fest en Domaio (Moaña)
- 6 de xullo: XXIII Asalto ao Castelo (Vimianzo)
- 6 de xullo: Rapa Sons´18 (Sabucedo-A Estrada)
- 6, 7 e 8 de xullo: Festival Costa do Castros (Oia)
- 7 de xullo: XXV Festival no Río Castro en Naraío (San Sadurniño)
- 7 de xullo: XXI Música na Noite en Calo (Teo)
- 7 de xullo: IV Psicotroita en Sigüeiro (Oroso)
- 7 de xullo: XXIII Asalto ao Castelo (Vimianzo)
- 7 de xullo: XVII Festa Rachada na Baña
- 7 de xullo: VI Sons nas Fervenzas de Codeso

Festival Taiña
Comentarios (0) - Categoría: Calendario de Festivais de Verán na Galiza 2016 - Publicado o 31-01-2007 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entre botar un baile e tomar un polbo

Fin de semana esmorgueiro.

Mágoa que o furancho Matamáfolc sexa tan pequeno, teriamos que facer como fixeron os do Casco Vello no serán de Prado da Canda, Abaixo as paredes!!!!, aínda que neste caso habería que contratar a un albanel para a ocasión...
Ardentía montou unha boa no furancho, non sei de onde sacaron @s bailador@s o sitio para bailar, pode que de meter moitos cóbados e de varios pares de pisotóns pero alí estaban os irreductibles practicando unha das máis antergas das diversións.

O sábado como todolos anos por estas datas o frio deunos a benvida á beira do Miño.
En Arbo desta vez o tempo estivo repartido entre a clase de baile tradicional que impartiu María Prego, a cea e o Serán nun lugar tan inhabitual como pode ser as cocheiras da Casa-cuartel da Garda Civil (vade reto!!).
Até as catro da mañá continuou a festa acompañados xa do chocolate e tras unhas boas racións de chourizos con castañas para toda esa recua de músicos e bailador@s, vell@s e moz@s, que se achegaron até aló.

Moi boa xentiña esta de Arbo.

Pra rematar a fin de semana o domingo Polbeiro, clásico dos clásicos nestas rías baixas, a mestura perfecta do xantar e da música, das necesidades do corpo e da ialma. Unha boa xuntanza de amigos e xente de bo ... ou mal vivir.

Saúde e que siga a Festa!!!


Comentarios (3) - Categoría: Resacosix - Publicado o 31-01-2007 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Limiar

Raquel lanza o órdago, eu recollo a luva e damos un paso cara adiante na historia de Malmequer coa creación do noso blog.

Emulando ao amigo Guillerme poderiamos preguntarnos: e logo, que raio ven sendo Malmequer?

Malmequer (ou Margarida) é o nome popular común a unha grande variedade de prantas e flores.

Mal me quer, ben me quer, mal me quer, ben me quer... o vello xogo do amor e o desamor.

No noso caso Malmequer é un grupo de xentiña que disfruta da festa, da esmorga, das foliadas, dos seráns, da música e baile tradicional, sen complexos nen pretensións, que lles présta a natureza, os xantares entre amigos, as escapadas polas nosas congostras e fragas, cun común denominador de amor pola nosa cultura tradicional.

Comentarios (9) - Categoría: Malmequer - Publicado o 31-01-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
E logo que raio é un Serán??
E logo que raio é un Serán??

Pois Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior...) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo ?serán?, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un ?circuito de inverno?, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

?A ruadiña vai boa, a ruada boa vai,
a ruadiña vai boa, a conta de quen a fai?.

E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns, sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca ?por confusión-, tras-trás...), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos, mazurca...). Deste xeito os bailadores xa sabían qué bailes tocaban, estipulándose moitas veces a obriga de botar coa mesma parella os catro. Desgraciadamente esta orde respéctaa cada vez menos xente ?sobre todo a máis moza, seguramente por descoñecemento-, e é unha mágoa, porque son estas cousiñas as que lle dan ese valor do antergo á festa.

Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas, de xeito que todo aquel que ficara fóra deste ritual era dalgún xeito desprazado socialmente:

?O que non canta nin baila, que vén facer ó serán
aprender catro mentiras, para ir contar mañán?.

E aínda hoxe é o principal cometido deles. A maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar, porque de feito para eso foron creados e ese é o seu principal cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito ?natural? como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.

Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!!.

Guillerme Ignacio Costa '04

Comentarios (12) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos Folc/Tradicionais
- A Roda

- A Quenlla

- A Requinta da Laxeira

- Anxo Lorenzo

- Ardentía

- Axouxere Folk

- Bellón Maceiras

- Berroguetto

- Bouba

- Brath

- Carlos Nuñez

- Coanhadeira

- Covalblú

- Crema de gaita

- Cristina Pato

- Cuarteto Caramuxo

- Faltriqueira

- Fuxan os ventos

- Ghaita de pedra

- Grialia

- Guezos

- Irtio

- Leilía

- Linho do cuco

- Luar na Lubre

- Lulavai

- Maghúa

- Malvela

- Marful

- Mercedes Peón

- Milladoiro

- Na Virada

- Noitarega

- Ophiusa

- Os Carunchos

- Oscar Ibañez

- Pablo Díaz

- Pablo Seoane

- Pé de Boi

- Pepe Vaamonde Grupo

- Projecto Trepja

- Quempallou

- Riobó

- Ruote

- Sondeseu

- Susana Seivane

- Tanto Nos Ten

- Tanxedoras

- Tiruleque

- Treixadura

- Ultreia (Obradoiro de cultura tradicional)

- Xabier Diaz

- Xarín Gaiteiros

- Xose Manuel Budiño



Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁNS 2022-2023 (Nova tempada)
2 de setembro
- XIV Serán dos Callos (Salceda de Caselas)

3 de setembro
- I Serán de Outono en Estás (Tomiño)
- VII Serán en Lordelo (Mondariz)

10 de setembro
- VIII Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)

17 de setembro
- IV Foliada de Queirís (Coirós)

23 de setembro
- Foliada en Compostela

24 de setembro
- Foliada en Souto (Toques)
- VIII Retrofoliada (Cela-Bueu)

1 de outubro
- XV serán da colleita en San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas)
- IX Fiandón de Merlán (Palas de Rei)

7 de outubro
- Foliada en Freixo (Vigo)

8 de outubro
-Foliada na Muiñada de Vimianzo

15 de outubro
- I Serán en Orbenlle (Budiño - O Porriño)

29 de outubro
- XI Serán Carballeira na Picoña (Salceda de Caselas)
- X Ruada de Teixeiro
- III Foliada Celavella (Celanova)

4 de novembro
- Serán de outono (Ponteareas) (Adiado)

5 de novembro
- Serán en Ribadelouro (Tui)
- XIII Foliada de Sada

12 de novembro
- Serán magosteiro (Moraña)
- I Serán de Pesqueiras (Salvaterra de Miño)

18 de novembro
- Taramfoliada en Cabral (Vigo)

19 de novembro
- Foliada da Mariña en Xove
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- XIII Serán Paradanda (O Grove)

25 de novembro
- Serán en Compostela

26 de novembro
- II Serán da Salgueira (Vigo)
- I Serán de Soalleira (Sanxenxo)
- XV Serán A Forna de Budiño (O Porriño)

10 de decembro
- Foliada da Fonsagrada
- I Foliada da Chan (Cerdedo-Cotobade)

7 de xaneiro
- Serán en Riofrío (Mondariz)

13 de xaneiro
- Serán en Bembrive (Vigo)

14 de xaneiro
- Serán en Estás (Tomiño)

21 de xaneiro
- Serán de San Antón nas Cortellas (Ponteareas)

27 de xaneiro
- Serán en Ponteareas

4 de febreiro
- XI Serán de San Brais en Salcedo (Pontevedra)
- X Serán Tahume en Ribeira

11 de febreiro
- III Serán de Trevo en San Salvador de Meis (Meis)
- XVII Serán de Toutón (Mondariz)

11 de marzo
- Serán de Arbo
- Serán de Guillade (Ponteareas)

18 de marzo
- Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- I Serán Porco ao Espeto de Sobrada (Tomiño)
- Serán no Freixo (Vigo)

25 de marzo
- Serán da Ermida (Pazos de Borbén)
- Serán en Peitieiros (Gondomar)

1 de abril
- VII Foliada Nordestía de San Ciprián (Cervo)
- Serán de Meirol (Mondariz)
- Serán de Traspielas (Fornelos de Montes)
- Aña Urbana en Pontevedra

6 de abril
- Serán do Sor

15 de abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)

22 de abril
- I Serán da Emus Chapela (Redondela)
- Serán en Castro Barreiro (Salceda de Caselas)
- Serán de Goián
- XVIII Serñan Casino de Vilasobroso (Mondariz)

29 de abril
- Serán en San Xoán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán de Primavera en Oroso
- Foliada en Berán-Leiro
- Serán da Foliada de Melide
- XII Serán do Patrocinio (Rianxo)
- IX Foliadiña e XV Foliada nas Pozacas -Cerqueda

30 de abril
- Serán no monte Picaraña (Chans-Ponteareas)

6 de maio
- Ruada no Seixido (A Lama)
- Serán de Sampaio (Vigo)

20 de maio
- Serán no Casino de Antas (A Lama)
- VI Serán da Tortilla en Mandrás (San Cristovo de Cea)
- III Serán de Sobrada
- Ruada en Parada

27 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén)
- Serán de Soutelo (Salceda de Caselas)
- I Foliada Barcalesa (Negreira)

3 de xuño
- XIX Serán de O Coto no Colexio Carballal en Vigo
- Foliada na Pontenova
- II Foliada de Santo Antón de Cabanas (Abegondo)
-III Serán d´Arnoia
- Serán de Rande (Redondela)
- Serán en Guillarei

4 de xuño
- XII Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
- Serán de Borreiros (Gondomar)

9 de xuño
- Fiada da Carballeira

17 de xuño
- Serán de Baiña (Baiona)

Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (390) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
De Foliada por Galiza
En Compostela, todos os mércores pola noite a partires das 22:30 hai Foliada na Casa das Crechas, e Serán na Sala Nasa o último xoves de cada mes.

En Ourense Foliada no segundo venres de cada mes (itinerante) ás 22:00.

Nas Pontes o último venres de cada mes Foliada na Cafetaría Lar a partir das 22:30 horas.

En Cangas no último venres de mes Foliada no Salasón.

En Carral (A Coruña) Foliada no primeiro xoves de cada mes na Sala The Star.

En Ordes último venres de cada mes Noite de Tasca (itinerante).
Comentarios (6) - Categoría: De Foliada por Galiza - Publicado o 31-01-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0