Pois como non podíamos estar quietas, en Asociación Cultural Trépia seguimos a organizar cousiñas.
Desta volta toca monográficos con dous mestras de auténtico luxo!
Por unha banda teremos ao corazón e sentimento do canto tradicional, María Vidal Solla con "Pandeireta nas rías de Corcubión e Muros".
So un detalliño, para aproveitar ben o curso é necesario ter un nivel medio (dominar os toques básicos polo menos).
Así que o sábado 20 de Maio de 17:00 a 20:00h xa tedes plan en Pontevedra!
E ao día seguinte coa elegancia pura do baile tradicional, Artur Pastoriza Puga que estará cun obradoiro práctico titulado "Simbiose entre o baile e a música tradicional".
Para todos os públicos.
O domingo 21 de Maio de 10:00 a 13:00h.