Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso Nsaio no Camiño

O I Concurso Musical Nsaio arranca na súa primeira edición con intención de converterse nun referente, en canto a concursos musicais se refire, de toda a península.

A iniciativa xurde da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade con gran ambición por ambas partes. Como principal atractivo do certame temos o premio para o gañador; nin máis nin menos que unha carreira musical profesional.

Para que ningún artista se quede sen poder demostrar a súa valía temos un amplío espectro de estilos musicais ós que poden optar os participantes: Rock, Pop, Folk, Mestizaxe e Novas tendencias musicais serán os estilos a concurso.

15 serán os grupos escollidos para realizar a súa actuación en directo cuns medios técnicos de autentico luxo.

E que mellor maneira de realizar o concurso que recorrendo diversas vilas dos diferentes Camiños de Santiago mediante unha serie de actuacións en directo tanto dos artistas participantes como de grandes estrelas da música española. Def con Dos, Deluxe, Berrogüetto ou Macaco serán os encargados de cerrar os diferentes espectáculos nos que se realizarán as seleccións e de acompañar ós participantes no gran escenario dos eventos.

Fisterra, Mondoñedo, Melide, Verín, O Grove e Lugo serán as localidades que poderán gozar dos festivais nos que se elixirá ó gran gañador do concurso.

O prazo de recepción de maquetas remata o 16 de Xullo para enviar toda a documentación que se lles solicita para concursar. A partir de aí sairán elixidos os 15 finalistas que desenrolarán o seu espectáculo en directo nas seguintes datas e localidades:

- 20 de Xullo- Mondoñedo (Semifinal Rock con Def Con Dos)
- 21 de Xullo- Fisterra (Semifinal Pop con Deluxe)
- 24 de Xullo- Verín ( Semifinal Mestizaxe con Macaco)
- 27 de Xullo- O Grove (Semifinal Novas Tendencias con Telephunken)
- 28 de Xullo- Melide ( Semifinal Folk con Berroguetto)
- 15 de Setembro- Lugo (Final con Los Suaves)


Máis información en www.nsaio.net


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-07-2007 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao en Vigo
Pois xa esta confirmado o concerto de Manu Chao en Vigo o sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo:

-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Le Punk

Seica vai ser o único concerto de Manu Chao en todo o estado español.

Dende mañá, venres, estarán á venda as entradas para o concerto, tanto en despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500) como na web www.servinova.com.

O prezo para este concerto é de 30 euros (28 euros se se merca anticipada).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu un dos últimos galeguistas históricos
Morre en Mexico Elixio Rodríguez Domínguez

Nado en Grou (Lobios) o 4 de xaneiro de 1910.
De neno mudouse a vivir a Bande, onde o seu mestre, Xosé Taibo, o iniciou no galeguismo cando aínda era un rapazolo; logo estudou cos maristas en Venta de Baños (1920) e en Tui. Malia a expulsión que sufriu nesta cidade, conseguiu ser admitido nos maristas de Ourense. Durante a Segunda República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.

Detido pola Garda Civil ó comezo da Guerra Civil española, pasou dous meses encarcerado no convento de Celanova, conseguiu evitar o paseo enganchando na lexión. Pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos ata entrar na arma de aviación coa esperanza de poder pasar ó bando republicano, e estivo destinado como capitán en León e no pequeno aeródromo de Navia. En febreiro de 1937 incorporouse á Lexión Cóndor, ao mes seguinte conseguiu evadirse nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana, alí destinárono á base de San Javier en Murcia pero foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e outros deputados galegos residentes en Valencia, conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, no cal foi absolvido.

Pasou o resto da guerra en Barcelona ó cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral da Solidariedade Galega Antifeixista, ata que coa caída de Cataluña tivo que pasar a Francia, saíndo do país no barco Ipanema cara a Veracruz, onde chegou o 13 de xullo de 1939. Aquí aceptou o ofrecemento das autoridades de mexicanas para adoptar a nacionalidade mexicana e estableceu a súa residencia na Cidade de México como empresario e distribuidor. Porén, non perdeu o espírito galeguista, mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio, foi un dos promotores en 1952 e locutor do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia, primeiro emitida na emisora XMEC e logo en Cadena Radio Continental. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. Tamén participou na creación da revista Vieiros dirixida por Carlos Velo.

Ata sempre compañeiro, lembrarémoste sempre e botarémoste de menos este ano o dia da patria en Compostela.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Coñece o Casco vello de Vigo

Este domingo 15 desenvolverase a actividade CAMIÑA E COÑECE, organizado polas concellarias de Deporte, Cultura e Patrimonio Histórico.

Consiste nun percorrido guiado polo Casco Histórico de Vigo que comeza ás 10 da mañá na Praza do Berbés.

Se estás interesado en coñecer os recunchos, edificios nobles e curiosidades do Casco Vello de Vigo esta é unha boa oportunidade.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Vigofolcelta

Seica a entrada do BNG en cultura e festas de Vigo trouxo a posibilidade de ver algo de música tradicional e folc... por fin...

Festival Vigofolcelta

Luns 23 de xullo (Castrelos)
-Treixadura
-Davy Spillane
-Shooglenifty

Martes 24 xullo (Casco Vello)
-Faltriqueira

Mércores 25 xullo (Casco Vello)
-Os Cempés

Xoves 26 xullo (Casco Vello)
-Balbarda

Venres 27 de xullo (Castrelos)
-SondeSeu
-Flook

Confirmado tamén o concerto de Manu Chao con Radio Bemba Sound System e Le Punk o 4 de agosto no Peirao de Trasaltánticos
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai programación do Festigal
FESTIGAL 2007
24 e 25 de xullo, Santiago de Compostela


PROGRAMACIÓN MUSICAL DO FESTIGAL

MARTES 24
23:00h
· Loretta Martin (Galiza)
· Babylon Circus (Francia)
· Terrakota (Portugal)
· Dj Missill (Francia)

MÉRCORES 25
21:00h
· Fia na Roca (Galiza)
· Nancy Viera (Cabo Verde)
· Kroke (Polonia)

Ademais, o Mago Antón presenta o espectáculo MAGOS NO PAÍS DAS MARABILLAS.
Día 24 ás 22:00h
Día 25 ás 18:00h.

ACTIVIDADES CULTURAIS ALÉN DOS CONCERTOS

GALERÍA DAS IDEAS

Están previstas mesas redondas sobre os seguintes temas: “Conflitos e cambios na globalización” así como unha tertulia sobre a actualidade sociopolítica con participación de xornalistas e representantes políticos.

GALERÍA DAS LETRAS

Contará con recitais poéticos e exposicións; e sobre todo, coa presentación de novedades editoriais con presenza de autores e autoras de actualidade que asinarán exemplares ao final de cada presentación de libro, entre outros Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Teresa Moure, Suso de Toro, Inês Pedrosa ou Carlos Meixide.

GALERÍA AUDIOVISUAL (Sala Nasa)

Proxectaranse obras audiovisuais galegas facilitadas entre outros por distintas institucións, escolas e empresas. Barállase, entre outras, a proxección de curtas premiadas no Festival de Cans e nos Premios Mestre Mateo e de traballos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña.

OUTRAS ACTIVIDADES

Exposición “Queremos Coñecernos”, mostra divulgativa sobre a vida e traxectoria de mulleres galegas destacadas, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Galería da Ciencia e as novas tecnoloxías, cun espazo para o software libre, no que participarán diversas asociacións que promoven o uso do software libre ademais de promoción da culturacientífica galega.

Así mesmo, haberá unha galería de artesanía, unha feira de Asociacións e un espazo infantil.

Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-07-2007 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Final do XXVIII Concurso de Baile Xacarandaina

XXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA

Data: 15 de xullo do 2007 ás 11:00.
Pazo da Ópera da Coruña

Prezo localidades: 5,00 Euros

Venda Telefónica: 902.43.44.43
Venda electrónica: www.caixagalicia.es
Venda en billeteira o mesmo día a partires das 10:30 horas

Grupos clasificados para a final de Baile Tradicional:

Categoría A: (Até 8 anos)
- "I" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Teirón" da A.R.E.D. San Martín - Razo
- "Escornabois" da A.F. Santiaguiños - Boimorto
- "A" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada

Categoría B: (De 9 a 12 anos)
- "Farrapo" da A.F. San Lorenzo de Agualada
- "Lareteiros" da A.X. Xacarandaina
- "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
- "Garagao" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "B" do Grupo de Baile e Música "Tahume" - Olveira
- "D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Pedravixía" da A.C. Adro - Baio

Categoría C: (De 13 a 16 anos)
- "C" da Escola de Muineira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Seara" da A.C. Arume - Verdillo
- "Bulideiro" da A.V.V. A Coteleira - Cores
- "Carabilla" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "Xarío" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Béltrago" da A.X. Xacarandaina

Categoría D: (A partires dos 17 anos)
- "Abrente" da A.C. Queiroa - Laracha
- "Bulideiro" do Colexio Público Salgado Torres
- "D" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospilatet
- "Fusos e rocas" da A.C.F. "O Fiadeiro" - Vigo
- "Repenicoque" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "D" do Grupo de Música e Baile Tradicional Tahume - Olveira
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-07-2007 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos dos Encontros de Carboeiro 2007

Actualizando!!!!

Un dos clásicos de festa e esmorga tradicional, os Encontros do Mosteiro de Carboeiro deste ano.

Viva Santa Ferreña!!

Encontros de música trdicional de Carboeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-07-2007 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
L Burro i l Gueiteiro 2007
Xa está aberta a inscrición deste ano:

Informações:

- As inscrições deverão ser efectuadas on-line através do site www.aepga.pt.

- A pré-inscrição deverá ser acompanhada pelo pagamento de 30€ (reserva da inscrição). A totalidade do valor da inscrição deverá ser pago até ao dia 20 de Julho.

Para mais informações deve contactar através do e-mail: burroegaiteiro@gmail.com

O passeio foi delineado tendo em conta a beleza paisagística do Planalto Mirandês com passagem por caminhos antigos e recantos de grande beleza natural. A elevada diversidade biológica, a realidade agro-pecuária tradicional e os aspectos histórico-arqueológicos e culturais bem marcados são razões mais que suficientes para uma visita a esta região.

Preços base de inscrição (A data limite de inscrição foi prolongada para o próximo dia 28 de Julho):

Sócios: 85€
Menores de 15 anos: 50€
Não sócios: 100€
Pode-se inscrever para o evento completo, ou apenas para algum dos dias (inscrição por dia: 40€)

A inscrição completa, inclui:

- almoço e jantar do dia 30 em Fonte de Aldeia
- pequeno-almoço do dia 31 em Fonte de Aldeia
- almoço e jantar do dia 31 em Duas Igrejas
- pequeno-almoço do dia 1
- almoço dia 01 em Cércio
- jantar dia 01 em Miranda do Douro
- 1 T-shirt
- 1 navalha
- 1 saco de pano alusivo ao passeio
- aluguer do burro (aluguer partilhado entre 5 a 7 pessoas)
- dormidas em campismo (as tendas são da responsabilidade dos participantes) ou em acantonamento
- bebidas durante o passeio (cerveja, água, sumos)
- todas as actividades relacionadas com o passeio e participação nos concertos
- apoio de um socorrista ao longo de toda a actividade

Notas:

- As inscrições são limitadas
- A organização aconselha o uso de calçado confortável, uso de chapéu e protector solar.
- A Organização não se responsabiliza por quaisquer danos ou acidentes que aconteçam durante os dias do passeio



Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-07-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Pardiñas xa ten cartaz
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-07-2007 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura Quente 2007
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-07-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
V Xoldra Enxebre
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-07-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira 2007
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-07-2007 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do mes de Xullo

XULLO


Festival de Ortigueira
5 xullo: Sete Saias (Galiza), Balbarda (Madrid), Crema de gaita (Galiza), La Jambre (Andalucía) e Bonovo (Galiza) no Esceario Runas
6 xullo: Centro Coreográfico Galego (Vacuo), Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza), Pepe Vaamonde Grupo (Galiza), Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.), Flook (Irlanda/U.K.), Zarambeques (Galiza)
7 xullo: Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña), Kroke (Polonia), Kepa Junkera (Euskadi), Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galiza)
8 Xullo : Rosa Cedrón, Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia), Milladoiro (Galiza), Dervish (Irlanda), Mercedes Peón (Galiza)

Festichán (Moaña)
6 Xullo: Dios Ke Te Crew (Galiza), Remendaos (Manresa), Obrint Pas (Valencia), Hollywood Sinners (Toledo)
7 Xullo: Tanghana Show (Galiza), Sagarroi (Euskadi), La Troba Kung-Fú (Barcelona), Spunkfool (Girona)

Sabucedo 2007 (A Estrada)
6 xullo: Galegoz (Galiza), Alameda do Soulna (reggae-ska Madrid), EddieNesta (Kripton Industries-C. de Criptana- reggae, drum&bass)
7 xullo: Verbena na carballeira do Campo do Medio
8 xullo: Serán-Ruada na Carballeira do Campo do Medio

Asalto ao Castelo de Vimianzo:
7 Xullo: Berrogüetto, Deixa que xa, Pé de Boi e Black Bum

V Xoldra Enxebre na praia de Ariño (Xaviña - Camariñas)
13 xullo: Cristina Pato, Mutenrohi,...

Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza)
14 de Xullo: Os Cuchufellos (Speed Folk, Reaggae, Ska), Veria (Folk), De Perfil (Rock)
La Tarrancha (Ska, Reaggae), Porca Miseria (Punk Rock)

Festival da lingua en Compostela
20 xullo: Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club

MatamáFolc (Vigo)
20 xullo: Zurrumalla, Brigada Victor Jara e Ardentía

Festival Folc As Revenidas (Vilaxoán)
21 xullo: Treixadura, A Compañía do Ruido, …

Festival de Arealonga (Chapela)
21 Xullo: Linho do Cuco,…

Festival da Serrra da Queixa (Ourense)
21 Xullo: Guezos, Lamatumbá e Ruxe-Ruxe

IV Festival Sons do Vento en Melón (Ourense)

21 Xullo: Transilvanians, The Turres band, Kogito e Motor Perkins

Festa da Fraga (As Pontes)
24 xullo: Muxarega, Four men and a dog e Celtas Cortos

Concertos do día da Patria: Obrint pas, Terrakota,...
Festigal:
24 xullo Loretta Martin (Galiza: funk-rock), Babylon Circus (Franza: reggae, ska, jazz), DJ Missil (Franza),...
25 xullo Nancy Vieira (Caboverde),...

Traba Folc (Laxe)
28 xullo: Ruxe-Ruxe (Galiza), Quadrilha (Portugal) e Muxarega (Galiza)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 06-07-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro polos montes de Redondela
Galiza Nova de Redondela organiza un Roteiro circular que o sábado 7 de xullo terá lugar polos montes de Cedeira, Trasmañó, Negros e Chapela coa intención de mostrar o noso patrimonio arqueolóxico e natural, para que se coñeza o enorme valor que os montes conteñen.

Saída:
Ás 10 da mañá, dende a Mámoa do Rei (Trasmañó-Monte Penide), e durará aproximadamente tres horas. Acompañarannos expertos que nos van achegar explicacións.

Traede roupa e calzado cómodo. Faremos unha pausa a medio día para recuperar forzas, polo que se queredes, traede algún refrixerio e bocata. Haberá xogos populares.

Tfnes de contacto: 645 17 58 73; 607 27 22 99; 628 48 32 77

Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 06-07-2007 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Carballal
Seguimos a subir fotos!!!!

Desta vez o pasado Serán do Carballal.
Xa queda menos para pornos ao día...

Serán do Carballal


Video...quen quere sacar esta peza?



Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-07-2007 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns 2006-2007
Resume Seráns tempada 2006-2007


2006


Sábado 16 setembro:
Serán das Tarambainas (Lavadores- Vigo)

Sábado 24 setembro:
II Serán urbano de Pontevedra

Sábado 31 outubro:
Serán do Samaín (Ponteareas)

Sábado 25 novembro:
Serán de Saxamonde
Serán-Magosto de A Forna de Budiño (O Porriño)

Sábado 9 decembro:
Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2007


Sábado 13 xaneiro:
Serán de Prado (Covelo)

Sábado 20 xaneiro:
Serán de Paraños (Covelo)

Sábado 27 xaneiro:
Serán de Arbo

Sábado 10 febreiro:
Serán dos Namorados (Toutón-Mondaríz)

Sábado 17 febreiro:
Serán de Gargamala-Mourelle (Mondaríz)

Sábado 24 febreiro:
Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos)

Venres 2 marzo:
Serán da Hermida (Pazos de Borbén))

Sábado 3 marzo:
Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 17 marzo:
Serán de Borreiros (Gondomar)

Sábado 7 abril:
Serán de Fozara (Ponteareas)

Sábado 14 abril:
Serán de Angudes (Crecente)
Serán de Donas (Gondomar)
Serán de Vilasobroso (Mondaríz)

Sábado 21 abril:
Serán de Moreira (Soutomaior)

Sábado 21 abril:
Serán de Lourido (Soutomaior)

Sábado 28 abril:
Serán no Porriño

Sábado 5 maio:
Serán en Valadares (Vigo)

Sábado 12 maio:
Serán en Pontevedra
Serán en Rianxo
Serán no Porriño (Capela San Benito)
Serán de Morgadáns (Gondomar)

Xoves 17 maio:
Serán en Padornes (preto de Viladesuso)

Venres 18 maio:
Serán en Laxoso (Pontecaldelas)

Sábado 19 maio:
Serán en Redondela (na Alameda)
Serán en Padróns (Ponteareas)
Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
Serán no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)
Serán no Frendoal (Liméns-Cangas)

Sábado 26 maio:
Serán no Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 2 xuño:
Foliada en Bertamiráns (Ames)
VIII Encontros de Carboeiro (Silleda)

Sábado 9 xuño:
Serán en Pontesampaio (Pontevedra)

Sábado 16 xuño:
Serán na zona vella de Ourense (Praza Coronel Ceano) ás 20:00

Sábado 30 xuño:
Fin de curso e Serán de O Fiadeiro na A.V.V. Cabral-Santa Mariña (Vigo) ás 20:00

Sábado 7 xullo:
Serán en Amorín (Tomiño)
Serán en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas)

Domingo 8 xullo:
Rúada Rapa na Carballeira de Sabucedo (A Estrada).

Xoves 2 de Agosto
Foliada na "Sala The Estar" (Carral)


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-07-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
I Festa da Narración Oral

Programa:





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza

Concertos do Encontro:

Xoves 5 de xullo: Os Raparigos (21:30) e Batuko Tabanka (22:30)
Venres 6 de xullo: Macfeck (23:00)
Sábado 7 de xullo: Malvela (22:00) e Os Cempés (24:00)
Domingo 8 de xullo: Real Coro Toxos e Flores (21:00)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada pola cultura libre
Ao seren condenados a 250 euros por unha proxección libre e gratuíta, o Cineclube de Compostela convoca unha xornada pola cultura libre.
Proxeccións, poesía, teatro e música sucederánse este venres 6 de xullo no Pichel (SDC), a partir das 19:00 horas:

WE’RE ONLY IN IT FOR THE MONEY
VENRES 6 DE XULLO. A PARTIR DAS 19:00
O PICHEL


Proxeccións:
House at Pooneil Corners [One PM] (House at Pooneil Corners, Jean-Luc Godard, EUA, 1968, 8 min)
O tigre saltou e matou, mais vai morrer…, vai morrer… (El tigre saltó y mató, pero morirá…, morirá…, Santiago Álvarez, Cuba, 1973, 16 min)
Comida (Jídlo, Jan Svankmajer, Checoslovaquia-Reino Unido, 1992, 14 min)

Poetas piratas

Karaoke lírico

Teatro:
Berrobambán Teatro
Clara Gayo (O brazo armado da SGAE)

Música:
O Leo i Arremecághona!!!
Ataque Escampe
Deluxe Non
Dj. Marx & Dj. Engels

(Permítese a reprodución, copia, transformación e difusión, total ou parcial, por calquera medio e en calquera sitio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-07-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro "Venrespirar" da tempada en Ourense
Este Venres día 6, a partir das 22 h., despedimos os Venrespirar desta tempada, na praza das Mercedes de Ourense, coa colaboración do Pub "Olloledo".

Como fin de festa contaremos coa actuación do grupo "Os Terribles de Donas"

Os Terribles de Donas foron unha das murgas galegas de máis éxito e prestixio que funcionou ininterrompidamente ao longo de trinta anos, dende o remate dos trinta ata finais dos sesenta. Cun repertorio diferenciado entre o que foi a primeira época do grupo (na que primaban as muiñeiras, xotas e pasodobres) e as seguintes (coa incorporación das músicas traídas polos emigrantes e as que eran difundidas por medio da radio), o nome dos Terribles de Donas foise convertendo en sinónimo de festa rachada. Na actualidade, unha nova formación intenta recuperar o repertorio orixinal daqueles "Terribles" mantendo a filosofía do grupo. Podedes escoitar e ver un video deles no seguinte enderezo http://www.uvigo.tv/VODpublic/pontenasondas.html

E coma sempre, tamén tocará o Aula de Música Tradicional Gomes Mouro e todos aqueles que se/vos animedes.

Como vedes semella unha grande noite para tod@s @s que gostamos de bailar. ¡Esperámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada na Rapa das Bestas de Sabucedo

Contarase coas Pandeireteiras de Barro, Os Abrentes de Cerdedo, o Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán)...; e por suposto tod@s @s que queirades facer Rúa.

Micros abertos!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-07-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Orgullo gay en Compostela (7 de xullo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Festa dos Maios

Seguindo coa actualización fotográfica, subimos as correspondentes á Festa dos Maios do Casco Vello de Vigo do 2007.

Festa dos Maios no Casco Vello


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Asalto ao Castelo de Vimianzo 2007
Sábado 7 de xullo

PROGRAMA

Na Praza da Igrexa (12:00h)
-Xogos e Malabares: Buxainas, Mariola, Diábolo, Ra, Goma, Chapas, Aros...
-Pinta “Mandalas” no Chan
-Actividades co Paracaídas
-Contacontos e globoflexia

No lavadeiro da Irmandade (17:30h)
-AsaltoXogos Populares e Tradicionais: Petanca, Chave e Ra,Zancos e Porca, Bolos, Birlos, Ariños e Bólas, Carreiras de Sacos, Tira-soga e Comba...
-Obradoiro Irmandiño (con refugallos)

20.30 H. -TOUCIÑO Á GRELLA E VIÑO DO PAÍS, DE BALDE
22.00 H. – CONCERTO DEIXA QUE XÁ
23.00 H. – CONCERTO BERROGÜETTO

00.30 H. -ASALTO Ó CASTELO

01.30 H. – CONCERTO PÉ DE BOI
02.30 H. –CONCERTO BLACK BUM

INFO:
-Entrada libre
-Zona de acampada
-Sen Botellón, a festa sufrágase cos ingresos recadados na cantina situada no campo da festa.
Comentarios (5) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2007 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festichan 2007 en Chan de Arquiña (Moaña)

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do mundo celta Ortigueira 2007
Xoves 5

Exposicións
Nazón de Breogan. Exposición sobre a historia de Galicia organizada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Lugar: Claustro do Concello
Todos os días de 12.00 a 20.00 horas

Saias Faldas, de José Pardo
Lugares: Escaparates das rúas do centro de Ortigueira

Escenario Estrella Galicia
Proxecto Runas 07.
22.00 horas
Sete Saias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e Bonovo

Venres 6

Pasarrúas
Banda de Gaitas de Ladrido (Ortigueira)
Lugar: Cantón
12.00 horas

Banda de Gaitas de Candás
Lugar: Cantón
18.00 horas

Vídeo-documental
Cabo Verde Sabi. A muller e a terra, o home e o mar.
Idea e dirección: Manuel Maseda.
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Danza
Centro Coreográfico Galego
Lugar: Cantón
21.00 horas


Escenario Estrella Galicia
22.00 horas
Escola de Gaitas de Ortigueira(Galicia)
Pepe Vaamonde Grupo (Galicia)
Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.)
Flook (Irlanda/U.K.)
Zarambeques (Galicia)

Sábado 7

Pasarrúas
Banda de Gaitas de Verín
Lugar: Cantón
12.00 horas

Scotish Power Pipe Band e Banda de Pauliteiros de Sendín (Portugal)
Lugar: Cantón
17.00 horas

Lume na palleira
Programa en directo da Radio Galega
Lugar: Teatro de Beneficencia
15.00 horas

Vídeo-documental
AcTÚa
(1ª parte) Finalistas do Festival internacional de curtometraxes organizado por Intermón Oxfam
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Serán
Lugar: Campo de San Roque
19.00 horas

Escenario Estrella Galicia
22:00 horas

Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña)
Kroke (Polonia)
Kepa Junkera (Euskadi)
Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galicia)

Domingo 8

Desfile de bandas
Percorrido: Porto deportivo-Rúa As Pontes- Estrada xeral-Rúa Francisco Santiago-Tres farolas e Cantón
12.00 horas

Banda de Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Banda de Gaitas de Verín
Banda de Gaitas de Candás
Bagad Kemper (Bretaña)
Banda de Gaitasde Ladrido (Ortigueira)
Scottish Power Pipe Band
Banda de Pauliteiros de Sendín (Portugal)
Escola de Gaitas de Ortigueira

Pasarrúas
Banda de Gaitas Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Lugar: Cantón
12.00 horas

Vídeo-documental
AcTÚa
(2ª parte) Finalistas do Festival internacional de curtometraxes organizado por Intermón Oxfam
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Concerto
Rosa Cedrón. Entre dous mares.
Lugar: Teatro de Beneficencia
20.00 horas

Escenario Estrella Galicia
22.00 horas
Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia)
Milladoiro (Galicia)
Dervish (Irlanda)
Mercedes Peón (Galicia)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2007 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada)

Programa Rapa das bestas 2007

Venres 6
20:00 Inaguración das exposicións no Curro Vello.
20:30 Festival de música Sons da Rapa, na Carballeira do Campo do Medio

-Galegoz(Galiza)
-Alameda do Soulna (reagge, ska- Madrid)
-EddieNesta (Kripton Industries-C. de Criptana- reagge, drum&bass)

Sábado 7
06:30 Misa ao amencer
07:00 Saída cara ao monte dende O Celeiro
11:30 Xuntanza das greas no Peón, no monte
12:00 Apertura das exposicións:
15:00 Chegada das bestas a Sabucedo
19:30 Primeiro curro
22:30 Verbena na carballeira do Campo do Medio

Domingo 8
11:30 Apertura das exposicións:
12:00 Segundo curro
19:00 Ruada na Carballeira do Campo do Medio

Luns 9
12:30 Terceiro curro
18:00 Solta das bestas aos montes de procedencia

Organiza: Asociación cultural Rapa das bestas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Phoenix o 7 de xullo na Lama (Pontevedra)

Video de presentación:
 
O espazo será a Carballeira das ermitas (fornelos) aquí podese descargar o mapa para chegar:

Mapa

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa Rachada da Baña
O vindeiro Sábado 7 de Xullo de 2007, vaise celebrar a VI Festa Rachada da Baña no lugar da área recreativa Agra de Chans, en San Vicente.

Dende as 13:00 h. actuacións de:
-“ Os Pequenos da Baña”
-“Os Armadanzas de Laraño”.

A continuación, xantar de campo, (aquela xente que veña xantar, debe trae-la comida, xa que non a haberá á venta) e logo dende as 18:00 horas obradoiros de baile tradicional, con Gustavo Couto e de xogos coa asociación Correolas.

Contaremos tamén coas actuacións especiais de:
-Manuel Viquera, de Ordes.
-Murga “Os Campantes da Baña”.
-Grupo de Baile Xiradela de Arteixo.
-Os Carunchos de Vigo.

Os que saibades tocar algún instrumento, non dubidedes en acompañarnos con el. ¡¡¡O remate do xantar e das actuacións, haberá foliada!!!

NOTA: Haberá sitio para acampar. Para máis información chamar os Tlfs : 696740502 Emilio Lois e 656908829 Manolo Tourís.

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL “O TILLEIRO” E A MURGA “OS CAMPANTES DA BAÑA”.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de O Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2007 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Mostra Internacional de Teatro de Cangas
Programación:

Domingo 1
-Teatrapo (Extremadura): Eclipse 23.00 horas. Xardíns do Señal.

Luns 2
-As Sircopatas (Galiza) 21.00 horas. Xardíns do Señal.
-A Factoría Teatro (Galiza): Castronós, 22.30 horas. Auditorio Municipal.

Martes 3
-Fredi (Galiza) “Cirnanelo” 21.00 horas. Praza das Pontes.
-Teatro Corsario (Castela León) “Aullidos” 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Mércores 4
-Vanesa Sotelo (Galiza). 16 intervencións durante todo o día en distintos puntos de Cangas.
-La Pera Llimonera. 21.00 horas. Auditorio Municipal.
-Markeliñe (Euskadi) “Carbón” 23.00 horas Praza das Pontes.
-Fiandola (Galiza): Salasón 24.00 horas

Xoves 5
-Almacabra (Galiza) 21.00 horas. Praza das Pontes
-Jango Edwards e Peter Ercolano (EUA-Italia). 23.00 horas Auditorio Municipal.
-Produccións Bacana (Galiza). 00.30 horas. Salasón (2€)

Venres 6
-Clownx Teatre (Catalunha) “Actinooon” 21.00 horas. Función rueira
-Los Excéntricos (Catalunha) “Música Maestro” 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Sábado 7
-Teatro del Norte (Asturies). “Los principios del actor” 12.00 horas. Casa da Cultura.
-Compañía Maite Merino (Madrid) “Los Monólogos de la Vagina” 23.00 horas. Auditorio Municipal. (9€)
-The Combo Roxo (Galiza) 00.30 horas. Salasón (2€)

Por outra parte, Etelvino Vázquez e Manuel Lourenzo realizarán cursos de “O Signo Actoral” e a “Escrita Teatral” dende o martes até o vernes ás 16.30 horas no local Salasón.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da campaña

Voltamos subir fotos!!!!

Hai tempo que non subía nada e índa temos algunhas datas pendentes...
Hoxe aproveito para subir fotos festeiras da campaña electoral.

Unha noite no Furancho da Balsa

Peche de campaña cos Festicultores no Casco vello

P.D.: Tentarei por ao día a galería de fotografías
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-06-2007 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Festival Folk Cancioneiros

Festival Folk Cancioneiros

A Fundación Pedro Barrié da Maza, con obxecto de potenciar e fomentar entre os grupos folc afeccionados o interese polo repertorio do Cancionero galego, de Torner e Bal y Gay, e do Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, cuxas reedicións críticas preparou con motivo do seu 40º aniversario, convoca o concurso Festival Folk Cancioneiros.

O intérprete ou grupo máis destacado será premiado con 6.011 euros, a gravación dun disco editado pola Fundación e a participación nun concerto compartindo escenario cunha consagrada formación de folk galega.

A documentación deberá enviarse entre o 11 de xuño e o 15 de outubro de 2007 ao enderezo da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Cantón Grande nº 9, 15003 - A Coruña, nun sobre rotulado “Festival Folk Cancioneiros”.

Bases convocatoria

Impreso de solicitude

Cancioneiro Galego

Cancioneiro Musical de Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-06-2007 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Verán
Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Flook
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima

Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé

Festas da Coruña...poño só o Noroeste Pop Rock porque o resto é de vergoña...

Noroeste Pop-Rock (A Coruña)
2 agosto: Dover, Deluxe e Triángulo de Amor Bizarro.
3 agosto: Nacha Pop, Danza Invisible e Toreros Muertos.
4 agosto: Los Crueles, New York Dolls e La Inconsciencia de Uoho

Festas do Apostolo (Compostela)
13 xullo: Soraya. Obradoiro.
14 xullo: Serrat & Sabina. Praza do Obradoiro. 30€.
15 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
16 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
Música tradicional no Toural. Colexiata de Sar. 22:30 horas
19 xullo: Julieta Venegas. A Quintana. (6-8€)
20 xullo: Festival Linguas Vivas. Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club, Dj Capitá. 20:30 horas Multiusos Fontes do Sar.
21 xullo: Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis. Monte do Gozo. 40 euros.
Música no Toural. Alberto Conde Trío. 23:00
22 xullo: Marlena Smalls & The Hallelujah Gospel Choir. A Quintana.
24 xullo: Orishas. A Quintana. 24:00
The Ellas. Praza do Toural. 01:00
25 xullo: Susana Seivane. A Quintana. 23:00 horas
26 xullo: XXIX Día do Traxe.
11.30 Concentración de persoas con traxes tradicionais galegos. Alameda.
12.00 Desfile polas rúas até o Obradoiro.
16.00 Concentración de participantes en San Domingos de Bonaval.
19.30 Desfile de traxes tradicionales dende Bonaval á praza da Quintana.
20.00 Exhibición de traxes na praza da Quintana.
27 xullo: Álvaro Costas & Hot Band. A Quintana.
28 xullo: Estrella Morente. A Quintana. (12-25 €)
29 xullo: Brath. A Quintana. 21:30 horas
30 xullo: Música no Toural. Pablo Seoane. 23:00
31 xullo: Dios salve a la reina. Tributo a Queen. A Quintana. 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2007 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer