Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

1º PREMIO: A Ponte Vella
2º PREMIO: Traspés
3º PREMIO: Trébede

Mellor Vestiario: Os Xeitosos de Trazo
Mellor Acompañamento: Traspés


Noraboa ao premiados

A Ponte Vella venceu no concurso de baile Azaloira
O auditorio da Bandeira estivo abarrotado na undécima cita do certame que organiza Fortín da Pomba


A Ponte Vella, de Reis en Teo, reverdeceu onte de novo os seus loureiros no concurso de baile tradicional Azaloira, en Bandeira. Alzouse por cuarta vez co primeiro premio, dotado economicamente con 1.500 euros. A segunda praza foi para Traspés, de Vigo ,800 euros, mentres Trébede, de Marín, que acudía por primeira vez, situouse en terceira posición, con 500 euros de premio.

O galardón ao mellor vestiario foi para Os Xeitosos, de Trazo, mentres Traspés gañou tamén a distinción ao mellor acompañamento, ambas as categorías dotadas con 150 euros.

Josefa Ferreiro, presidenta de Fortín da Pomba, grupo organizador do concurso, destacaba onte a gran resposta de público que abarrotou o auditorio Manuel Dopazo de Bandeira: o aforamento quedou de novo pequeno e foi necesario colocar cadeiras supletorias para intentar dar cabida ao numeroso público.

Os grupos eloxiaron a organización do certame, que abriu a actuación dos máis pequenos da escola de Fortín da Pomba. Tras as actuacións dos cinco grupos concursantes, dúas pezas en cada caso, e durante a deliberación do xurado, actuou Fortín da Pomba.


Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-05-2011 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 noroboa aos premiados.
Grande#blgtk08#s gaiteiros de traspés, GHRANDES!!!
Comentario por (03-05-2011 03:04)
2 quero felicitar @s rapaces de trébede polas suas actuacions,fixeronno moi ben e os bailes preciosos,para ser a pri#blgtk08#meira vez que van aun concurso,seguide asi que chegaredes moi lonxe.as cantareiras impresionantes.noraboa
Comentario por lucia (03-05-2011 15:20)
3 Non creo que Trebede teña merito por ser o seu primeiro concurso, pois o 85% do grupo xa ten moitos concursos as es#blgtk08#paldas. Pero Estou dacordo en que os bailes eran preciosos. Algo mais podian merecer. Pero eran vistos os premios.
Comentario por (03-05-2011 18:50)
4 non hai videos do concurso?? se alguen os ten agradec#blgtk08#erialle que os subise
e noraboa aos prmeiados
Comentario por (03-05-2011 19:05)
5 Comentario 3 porque er#blgtk08#an vistos os premios?
Comentario por (03-05-2011 20:34)
6 bueno... eu apostaba por#blgtk08# traspés como primeiro
Comentario por curioso (03-05-2011 21:40)
7 Fixérono mellor que A Pon#blgtk08#te Vella, acaso?
Comentario por (03-05-2011 22:37)
8 http://apontevella.blogspot.com/2011/04/azaloira-2011.htm#blgtk08#l

Aí tendes os dous videos da Ponte Vella.
Comentario por Javi Ponte Vella (04-05-2011 00:10)
9 Eu non creo que Traspés merecera levar o prime#blgtk08#iro... nin sequera se merecía levar o segundo
Comentario por (01-06-2011 22:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0