Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berrogüetto gaña o galardón á mellor canción galega nos Premios da Música
O grupo recibiu o galardón á mellor canción en galego por 'Alalá da noite', con letra de Manuel Rivas

Rosendo, Joan Manuel Serrat e La Shica foron os triunfadores da XV edición dos Premios da Música, cuxos gañadores deu a coñecer a Academia das Artes e as Ciencias da Música. Os galardóns entregaranse o próximo 18 de maio no Teatro Arteria Coliseum de Madrid.

Tanto Rosendo como Serrat impuxéronse en dúas categorías: o de Carabanchel nas de Mellor Álbum e Mellor Álbum Rock e o catalán por Mellor Canción e por Mellor Produción Musical Audiovisual grazas a 18 Minipelículas. Ambos os veteranos copan así as categorías máis desexadas.

La Shica completa o trío de artistas con dous galardóns ao ser sinalada como Artista Revelación polo seu álbum Supercop, e como Autor Revelación polo seu tema Con Dinamita, no que comparte créditos, iso si, con Fernando de la Rúa, Héctor González, Luís Domercq, Miguel Rodrigáñez e Pablo Martín Jones.

Completan o palmarés desta edición, xa todos cun único premio, Macaco como Mellor Álbum Pop, Kiko Veleno como Mellor Álbum Pop Alternativo, Los Planetas como Mellor Álbum de Rock Alternativo, Mala Rodríguez e Delorean como Mellor Tema de Música Electrónica.

Pola súa banda, o falecido Enrique Morente gañou o premio a Mellor Álbum de Flamenco por Morente Flamenco, mentres que Pastora Soler-que partía con tres nomeamentos- fíxose co de Mellor Álbum de Canción Española por 15 Años, Chano Domínguez co de Mellor Álbum de Jazz, Zenet co de Mellor Álbum de Fusión e Kepa Junkera co de Música Tradicional.

A película de Icíar Bollaín También la lluvia foi elixida como Mellor Banda Sonora. No apartado de música clásica, o Mellor Autor é Anxo Illarramendi por 3ª Sinfonía, e o recoñecemento a Mellor Intérprete é para Jordi Savall, Andrew Lawrence-King e Frank McGuire. O premio a Mellor Edición de Obra Musical Clásica vai para Luís Serrano Alarcón.

No que ten que ver cos premios ás diferentes linguas, María do Mar Bonet gañou o premio a Mellor Canción en Catalán-Valenciano por A Dansa da Primavera, Bide Ertzean a Mellor Canción en Eúscaro por Don Inorrez, Berrogüetto a Mellor Canción en Galego por Alalá dá Noite e Anabel Santiago a Mellor Canción en Asturiano por Ágora.

Suso Sáiz foi elixido como Mellor Produtor Artístico polos seus traballos con Iván Ferreiro, Diego Vasallo, Os Seis Días e Pol 3.14, mentres que Carlos Raia é oficialmente o Mellor Técnico de Son grazas ao seu labor cos murcianos M-Clan.

Precisamente M-Clan, grupo liderado por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez foi o gran perdedor destes premios pois a pesar de partir con seis nomeamentos, só se alzaron co galardón a Mellor Técnico de Son, neste caso grazas ao labor de Carlos Raya. Así mesmo, Dani Martín, que contaba con tres nomeamentos, quedouse cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha nesta ocasión.

Finalmente, Fito e Fitipaldis alzáronse co recoñecemento ao Mellor Vídeo Musical, do realizador Rafa Sañudo. O premio a Mellor Arreglista é para Joan Albert Amargós polos seus traballos con Tomatito



www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2011 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer