Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seminario de Percusión en Melide
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG como ven sendo habitual, organiza coincidindo coa foliada de Melide, un seminario que nesta edición versará sobre a percusión tradicional.

A música tradicional galega é moi rica en instrumentos de percusión (pandeireta, pandeiro, bombo, culleres…) que dan ritmo as cancións e que son algo básico dentro da nosa música.

Estes instrumentos teñen a súa propia partitura e melodía que complementa á principal, polo que desenvolven un papel fundamental no campo da música tradicional galega.

A través deste Seminario de Percusión, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música, contando para isto con dous especialistas de primeira orde como son Francisco Estévez ‘Chuco’ que será o engargado de conducir as 11 da mañá un relatorio e Roi Adrio que as 5 da tarde conducirá a sesión práctica.


Para formalizar a inscripción hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Rúa Alfonso XIII 7, oficina 8, 36002 Pontevedra; ou por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o 28 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

www.gaiteirosgalegos.com

Informámosvos que se pecha o prazo de inscripción para o Seminario de Percusión que a AGG organiza en Melide o vindeiro sábado 30 por ter completo o aforo.

Graciñas a todos!!!!
Comentarios (4) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-04-2011 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Roi Adrio... Gaiteiros Galegos.. Ai sí , a través #blgtk08#de Roi Maceda. Jejeje. Sorte. Así funciona o mundo
Comentario por (26-04-2011 02:59)
2 Si si, está claro. Como é tan malo, so da o obradoiro por iso, polo funcionamento do mundo. Está claro q#blgtk08#ue non está capacitado, enfin.....

é a vida así e ao estilo mourinho Así funciona o mundo
Comentario por (29-04-2011 12:19)
3 É tan bo, que A AGG nunca o chamaría para dar un curso.#blgtk08# Por suposto, Roi está por enriba de moitos outros...
Comentario por (29-04-2011 13:55)
4 Roi Adrio, un dos mellores percusionistas de Galicia.
Roi Maceda, sen vinc#blgtk08#ulación dende hai ben tempo coa AGG, boas ganas de meter cizaña ten algunha xente.
Comentario por Antonio (01-05-2011 23:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer