Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Merdeiro volta ás rúas do Casco Vello

O Merdeiro volve correr polas rúas do casco vello de Vigo.

Esta tradición ten todos os ingredientes para garantir a diversión neste entroido: facendo unha sátira do escabicheiro (persoa que limpaba os pozos negros e recollía "ghaldrucho" ou restos de peixe e marisco), os mariñeiros e mariñeiras da zona de Vigo vestíanse de "merdeiros" e andaban a amolar á xente pola rúa.

Despois de moitos anos de esquecemento da figura, o Casco vello da cidade olívica volverá encherse neste entroido de merdeiros e merdeiras que percorrerán as rúas nunha entroidada, brincando, berrando e facendo canfurnadas, todo isto acompañado por un grupo de treboada.

O domingo (pola mañá e pola tarde) e o martes de entroido, correrán os merdeiros polas rúas viguesas facendo das súas...
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-02-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Nunca os mirei e estiven a preguntar entre os familiares e nin os mais vellos saben #blgtk08#diso.
Supoño que é mui antigo.
Adiante coa recuperación do merdeiro!
Comentario por turonio (17-02-2007 21:51)
2 A figura desapareceu antes da Guerra Civil. Alá polos anos vinte o Concello emitiu bandos para prohibir o comportamento dos merdeiros por consideralo incorrecto.

De todolos xeitos aínda hai xente que lembra esta figura, así na emisión dun programa de TV local de hai uns días, e preguntando na#blgtk08# rúa sobre os entroidos de anos pasados, un vello lembrou directamente os seus recordos dos merdeiros metendose coa xente nas rúas de Vigo.

A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ten coeditado un libro sobre a historia do Merdeiro, por se alguén está interesado.

Un saúdo
Comentario por Henrique (18-02-2007 03:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer