Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe martes 13, ui, ui, ui,..... no Alalá

A Festa dos Fachóns (Castro Caldelas)

Aínda que a maior parte das festas en Galicia se celebran no verán, hai outras que conteñen verdadeiros tratados de vellas melodías populares de lareira e taberna: son as festas de inverno.

Para vivir en primeira persoa unha das máis espectaculares de Galicia, o Alalá viaxará ata Castro Caldelas, en plena Ribeira Sacra, á festa do lume, do viño e da música, chamada Festa dos Fachóns, e alí estará na compaña dos Guezos, que guiarán aos telespectadores por cada recuncho desta festa que se sabe cando comeza, pero se descoñece cando e como remata.

Na Festa dos Fachóns xa tocaban hai dous séculos os míticos Trabazos de Castro Caldelas, un grupo que aprendeu a solfa na emigración a miles de quilómetros de Galicia e que despois espallaría o seu coñecemento á volta, non só polos fachóns en Castro Caldelas, senón por moitas outras vilas da bisbarra.

O seu legado quedou recollido de dúas formas distintas; por un lado, os Guezos cunha versión moderna con guitarras, baixo, teclado ou sintetizador e, por outro, Os Airiños de Caldelas; un cuarteto de gaita, bombo e dúas gaitas tradicionais da zona de Ourense. Son dúas versións cunha mesma meta, que a música popular sirva para o que sempre serviu, para que bailen e se divirtan vellos e novos, algo que na Festa dos Fachóns está totalmente asegurado.


Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2007 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Boas!pois si , é unha festa que merece a pena, así que para o ano non a perdades...Eu levo indo tres anos e xa a teño fixa#blgtk08# no calendario...ainda que seica estaba mellor antes cando abría a taberna do Ovidio, na que había foliada toda a noite...
Comentario por Mar (13-02-2007 15:12)
2 A verdade é que a celebracion dos Fachons é unha das máis enxebres da zona de Caldelas porque a procesión do fachón eé impresionantee pola súa forza e valor simbólico.Ademais é un #blgtk08#acontecemento festivo no que as xentes da aldea acollemos ós que veñen de fóra para troulear e facer que o espírito do rural galego siga vivo.Animádevos a vir porque merece a pena.
Comentario por Montederramo (16-01-2008 15:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer