Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Folque na Rúa (Compostela)
CONCERTOS NAS RÚAS COMERCIAIS

Continua a actividade de Folque na rúa é un programa de concertos nas rúas de Santiago de Compostela para animar o espazo público durante o horario comercial entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro de 2010. Está organizado por ACOTES (Asociación de Comerciantes de Santiago) coa colaboración artística de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular.

O obxectivo de Folque na rúa é a mistura de música tradicional e comercio para potenciar e divulgar a cultura galega a través da música creando á vez unha atmosfera agradábel nas rúas de Santiago para clientes, visitantes e cidadáns.

Folque na rúa une música tradicional e comercio tamén para darlle un aire fresco e renovado á campaña da tempada, dinamizar comercial e culturalmente as rúas, buscando presencia e notoriedade nos medios de comunicación á vez que se potencia a cultura galega por medio dun feito diferencial como é a música tradicional, reclamo fundamental para turistas e santiagueses.

PROGRAMA

xoves, 30 de decembro
Hora: 18:00
Primordiais (harpa e canto)

martes, 4 de xaneiro
Hora: 18:00
Ariel Ninas e Xacobe Varela (Zanfona e gaita)

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer