Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais (Compostela)
Martes 28 de decembro
ás 20:00
Auditorio de Galicia (Compostela)


A Mostra de Grupos de Baile Tradicional dos Centros Socioculturais celébrase no Auditorio de Galicia dentro do programa Apalpando as Ilusións, e contará coa actuación de cinco grupos dos CSC e un convidado, Brincadeira.

O presentador será Nelson Quinteiro. Como fío conductor desta gala, e presentando fragmentos do seu espectáculo 'Danza e Contradanza', a compañía CONTRA2, formada por Iván Villar e Nelson Quinteiro servirá como vínculo e nexo de unión entre os diferentes colectivos de danza tradicional locais.

Iván Villar e Nelson Quinteiro crean así unha linguaxe propia que ten sido descrita como "unha das propostas máis interesantes e orixinais no mundo do canto e danza tradicionais galegas, cunha aposta clara pola linguaxe contemporánea". Actuarán:

1. Armadanzas de Laraño
2. O Castro de Figueiras
3. Pena Maior de Marrozos
4. Grupo Río Sarela da Peregrina
5. Grupo de Baile Xirandaina de Amio
6. Grupo convidado: Brincadeira.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer