Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Suspendido o Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de axudas da Xunta de Galicia

A XUNTA DE GALICIA NEGOULLE O APOIO ECONÓMICO Á ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS PARA A CELEBRACIÓN DO CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL, QUE SE VIÑA REALIZANDO DURANTE OS ÚLTIMOS ANOS

O CONGRESO, ABORTADO POLA XUNTA, ESTABA ADICADO MONOGRÁFICAMENTE Ó ANO SANTO COMPOSTELANO E AO CAMIÑO XACOBEO NA SÚA RELACIÓN COA HISTORIA DA MÚSICA GALEGA.


A AGG, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso no que participaron máis de 1000 docentes, vese obrigada a suspender a V edición por falta de apoio económico.

Lugo, 24 de novembro de 2010. A Asociación de Gaiteiros Galegos, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos do actual goberno galego e co propio conselleiro de cultura, e vendo a total falta de apoio pola súa parte, esta entidade vese obrigada a suspender a que sería a V edición do Congreso, que tiña previsto celebrarse os días 3,4 e 5 de Decembro en Santiago de Compostela. A Asociación de Gaiteiros Galegos porase en contacto cos seus asociad@s e cos participantes nas anteriores edicións do congreso para comunicarlles que “debido a falta de apoio institucional por parte da Xunta de Galicia este ano non se poderá celebrar a V edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional”.

As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego.



Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 25-11-2010 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Este é o goberno máis salvaxe que se poida ter. Que se pode esperar desta xente que non se decata do noso, que non coñece a toponimia, que invita ó papa de Roma a que veña aquí a bendecilos, mentres os doentes, están con #blgtk08#servizos mínimos e cun ano e medio en listas de espera, que nos seus actos imperan as gaitas que lles meteu Foxo polos ollos porque as demais, son dos "ghaiteiriños".
Que mágoa que aínda non sexamos DONOS DO NOSO.
Comentario por Carmiña de Soutomaior (25-11-2010 20:43)
2 pois eu al#blgtk08#egrome....
Comentario por (25-11-2010 20:49)
3 pois eu tamen sempre eran os mesos os #blgtk08#que o organizan e eles comian o guiso
Comentario por (26-11-2010 12:14)
4 Cando aprendades a organizar un CONGRESO serio e non unha trapallada montada polos catro de sempre, poderemos falar. En primeiro lugar, pido profesionalidade por parte#blgtk08# dos que o organizan e por parte de quen participa, que as veces soamente van ensinar o plumeiro en público autoinsultándose ou amosando públicamente a súa ignorancia
Comentario por Gonza (27-11-2010 01:24)
5 Que fácil é falar ca#blgtk08#ndo non se fai nada
Comentario por (27-11-2010 17:42)
6 Comentario 5. Sabes ti algo do que eu fago ou deixo de facer? Asegúrote que o que fago o fago ben por#blgtk08#que domino os campos. Se non os dominase como os da AGG non o faría. Que atrevemento pola túa parte!
Comentario por Gonza (28-11-2010 16:56)
7 Baixa Modesto, q non#blgtk08# hai sitio pa todos
Comentario por (28-11-2010 21:38)
8 nin pa#blgtk08#ra tí
Comentario por (30-11-2010 00:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer