Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alasdair Fraser & Natalie Haas en concerto en Vigo e Narón

A mellor música escocesa chegará esta semana a Galicia. Alasdair Fraser, o máis recoñecido violinista de Escocia e unha referencia do folk celta, presenta o seu dúo coa violonchelista Natalie Haas, coa que vén de publicar o disco In the Moment. O dúo actúa o martes 23 ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo, e o mércores 24 tamén ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Narón.

Alasdair Fraser e Natalie Haas presentan unha proposta de música celta en diálogos virtuosos e delicados entre violín e violonchelo. Desde o ano 2007 comparten escenarios en xiras por Europa e América. Xuntos son capaces de explorar ao mesmo tempo o son máis tradicional e os novos camiños da fusión entre os seus instrumentos, nunha proposta absolutamente exquisita. “O violonchelo foi sempre o corazón rítmico da música popular escocesa”, di Fraser, “e Natalie Haas é a compañeira perfecta: complementámonos, mergullámonos no territorio do outro, sentimos e vibramos xuntos. Liberamos o cello da súa atadura orquestral, para deixar que o seu ritmo se exprese xunto á melodía do violín”.

O concerto de Vigo está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo. As entradas custan 10 euros, e poden adquirirse por adiantado en www.laboleteria.es ou o mesmo día no Auditorio, unha hora antes do comezo do concerto.

O concerto de Narón conta coa colaboración do Concello de Narón. As entradas custan 15 euros e póñense á venda no despacho de billetes do Auditirio desde unha hora antes. Poden reservarse entradas chamando ao 981 102 897, de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 h.

www.nordesia.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-11-2010 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer