Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berrogüetto filmou unha actuación histórica
Finalistas dos Grammy e gañadores dunha ducia de garladóns, Berrogüetto é unha das bandas do país con máis éxito internacional. Porén, non logran actuar en Galicia tan a miúdo como lle gustaría aos seus seareiros. Este sábado estiveron en Santiago para grabar un DVD. Unha actuación histórica que recolle en primicia a cámara de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Vídeo no interior con declaracións en exclusiva dos músicos nos camerinos.

Kosmogonías, o último traballo editado polo grupo Berrogüetto foi presentado no Auditorio de Galicia coa resposta favorable dun público que case encheu o aforo e que aprobou o novo son da banda con Xabier Díaz encargado de poñer a voz.

O disco contén un cd con once pezas cunha letra de Manolo Rivas e un dvd no que traballaron man a man coa videocreadora Olaia Sendón. Rosa Aneiros colabora aportando un texto descriptivo do conxunto.

A banda tocou en Compostela, a cidade que os viu debutar oficialmente no festival Cidade Vella hai 15 anos. O sábado amosáronse fortes e seguros do que fan, logo de presentar por todo o mundo este disco editado neste 2010. Kosmogonías mostra a súa nova faciana logo de abandonar Guadi Galego a formación.

A BSO de The Way, creada por Tyler Bates, responsable, entre outras, da música de 300 e protagonizada por Martin Sheen, inclúe as cancións de Berrogüetto Nadal de Luintra e Fusco, as únicas achegas nacionais a un filme no que tamén participan artistas do talle de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.

Apoio do conselleiro de Cultura
Berrogüetto é un grupo consolidado e que entra nos circuitos internacionais cada ano.

Coa chegada da nova voz, aseguran sentirse coa mesma ilusión e gañas dos seus inicios e así o demostraron neste recital ao que non faltaron innumeraveis persoas relacionadas coa cultura galega, e mesmo o propio conselleiro de cultura da Xunta no medio dun amplo despliegue técnico da TVG que grabou o concerto íntegro e que posiblemente sea editado en formato DVD.



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-11-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer