Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Loimil (A Estrada)
Loimil acolle este sábado un festival con case 300 cantareiras e gaiteiros, con comida popular

A parroquia estradense de Loimil conta cun dos grupos de cantareiras máis prestixiosos da zona, Ruadeira, dirixido polo silledense José Codesido Pallares. Os seus integrantes, a asociación de Mulleres Rurais da parroquia e o propio director do grupo tiñan ganas de organizar un gran encontro de cantareiras de toda Galicia e gaiteiros na propia Loimil, en forma de festa popular para recuperar a vella tradición dos seran , ou ruadas, moi típicas a principios do século pasado pero case perdidas a partir da Guerra Civil.

Os esforzos, contactos, negociacións e o propio coñecemento que posúe José Codesido sobre moitos dos grupos de cantareiras de toda Galicia acabaron frutificando, e xa para mañá, sábado, anúnciase a celebración da primeira edición dunha festa popular de música tradicional na que se espera contar con máis dunha vintena de grupos de cantareiras e de gaiteiros. E ata poderían superar as dúas ducias, segundo explican os seus organizadores.

Cinco autobuses
A festa popular iniciarase este sábado a partir das dez da noite, nunha gran carpa pechada e con canóns de calor situada xunto á vella escola da parroquia.

Ata cinco autobuses sairán ese día de distintos puntos de Galicia, como Pazos de Borbén, Avión ou Mazaricos, para trasladar a Loimil a uns 300 integrantes dos grupos que participarán. Pero tamén chegarán máis dun centenar de acompañantes, e na zona de Loimil e contorna poderían mobilizarse tamén algo máis de cen persoas para asistir a este evento, e festa, que inclúe unha comida popular, cea, na que non faltarán -sempre gratis- os callos, carne asada, petiscos, castañas e chocolate.

O grupo Ruadeira realizou nos últimos tempos diversas saídas para participar en festexos con presenza de cantareiras ou intentos de recuperar seranos. Mañá toca a devolución de visita.
O colectivo Mulleres Rurais ten aberta xestións na Deputación para que o ente provincial achegue algunha axuda económica para cubrir parte dos gastos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer