Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Todo listo para o Serán de Sobradelo
Medio milleiro de persoas procedentes de toda Galicia cantarán e bailarán o sábado na quinta edición dun Serán imprescindible

Guille, o irmán pequeno de Mafalda, asomaba a unha viñeta completamente atarefado, correndo dun lado para outro. A súa nai preguntoulle: «¿Onde vas tan a presa?». E a resposta foi antolóxica: «Non sei, pero non hai tempo que perder». Así, entre tempo e tempo que non se pode perder van esmorecendo tradicións e costumes que semellan non ter cabida nesta época de teléfonos móbiles e teclados portátiles. Por sorte, aínda queda no país quen lembra como era a vida hai unha presiña de anos, coas súas rutinas, as súas obrigas e tamén os seus espazos de lecer. Cos seus seráns, nos que o traballo ficaba detido nunha paréntese que a xente aproveitaba para cantar e bailar. Na costa ou no interior, no norte ou no sur, coas súas vestimentas propias, cos seus pasos e as súas melodías, cos seus ritmos. Aínda queda lembranza viva de todo aquilo, mais non durará moito máis. Cando os homes e mulleres que portan a memoria desta cultura ancestral marchen, unha porta ficará pechada para sempre. Conseguir que non sexa así é unha das tarefas que as asociacións culturais como Nós se teñen proposto. Desa fonte bebe o Serán de Sobradelo, que este sábado acada a súa quinta edición.

Consolidada como unha referencia absoluta en Galicia polo que respecta á celebración de seráns, a cita de Sobradelo contará coa participación de medio milleiro de persoas chegadas das catro esquinas do país.

En moitas ocasións trátase, lembra Xurxo Santos, presidente da agrupación vilagarciá, de xente veterana, con longas décadas de vida ás súas costas. Mais tamén de xente nova que se esforza por recoller e documentar os bailes e alalás que levarán a noite de Sobradelo ata tocar case o abrente. Esas persoas maiores, que doutro xeito sería moi difícil ver xuntas, compartindo a súa riqueza cultural, iso que se dá en chamar patrimonio inmaterial, son a raizame sobre a que medra toda a música tradicional. De aí a fonda importancia e o senso que entraña apoiar este tipo de eventos, salientou onte, na súa presentación, o concelleiro de Cultura da capital arousá, Xosé Castro Ratón. Quede claro que non haberá en Sobradelo ningún grupo profesional, agás o da asociación Nós. Así que será a Galicia de sempre a que renacerá, unha noite máis, no seu campo da festa.

O Serán dará comezo ás nove e media da noite no campo da festa de Sobradelo. Tendo en conta o rigor do tempo nestas datas, a organización ten disposto unha carpa para que nela se recollan todos os participantes. Haberá canóns de calor para combater o frío. Pero nada mellor, para quecer o corpo, que o chocolate con rosca que xa é unha tradición neste evento. A entrada é libre e totalmente gratuíta.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-11-2010 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer