Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
Adxuntamos Carta ó Director do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) ante a actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense na visita do Papa Benedicto XVI o pasado sábado 6 de Novembro en Compostela. Consideramos este comunicado de vital importancia para informar á cidadanía en xeral sobre este tema, polo que quixeramos publicar esta nova carta no seu medio para a súa difusión.

Moitas grazas pola atención prestada. Un saúdo.

VAIA EMPANADA

Con motivo da visita de Benedicto XVI, Galicia tivo a oportunidade de ser un escaparate visto por milleiros de persoas en todo o mundo. Tivemos ocasión de presenciar como desde a organización do acto se puxo todo o esmero en acoller esta visita ofrecendo o mellor da nosa terra a esta máxima autoridade da igrexa católica. Entre estes agasallos: unha alfombra floral típica de Ponteareas, un menú no que non faltaron pratos tan galegos como a empanada; e incluso o mesmo Papa pronunciou unhas palabras no noso idioma.... Sen embargo, para o recibimento, e como única representación da música de Galicia, ofrecéuselle a banda marcial da Deputación de Ourense, que tratou de agasallar ó Papa (sen conseguilo porque pasou sen parar).

Se en vez de empanada, o arzobispo avergoñado pola rusticidade deste entrante galaico, ofrecese pizza ó pontífice, ou se en vez da escola de alfombristas de Ponteareas viñesen outros de Edimburgo para prepara-lo camiño que ía pisar o sucesor de Pedro, seguro que todos nos preocupariamos de que se negase con estes actos a validez da nosa cultura para nos representar ante o mundo. Pois a banda de gaitas que recibiu a Ratzinger e ó seu séquito non nos representa a nós os galegos, senón ó (dignísimo) pobo de Escocia. Nin o seu repertorio, nin esas gaitas marciais, nin os seus tambores de plástico, nin os seus vestidos pertencen ós galegos como pobo. Non nos representan. Se o papa pode xantar empanada, ¿non pode escoitar gaitas galegas tocando música galega?. Se somos un pobo suficientemente maduro e seguro de si, ¿por que seguimos confiando en gaitas de fora para nos representar ante o mundo e ante nós mesmos?

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)
A Coruña
www.cdg.es.vg
colectivoendefensadagaita@yahoo.es
A ÚNICA LOITA QUE SE PERDE É A QUE SE ABANDONA
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 O de impoñer continuamente en actos oficiais as gaitas escocesas, só obecece á ignorancia máis supina por parte dos gobernant#blgtk08#es da Xunta (chámese PP). De non ser así, só é ánimo de asoballar o que nos é propio.
Aínda hai moito acomplexado!!!
Comentario por Carmiña de Soutomaior (09-11-2010 18:33)
2 Se a aristocracia do PP tivese un mínimo aprezo pola cultura do país que están a governar, non poñerían paiasos escoceses desfilando en actos públicos#blgtk08#. Logo queixámonos, pero o mesmo povo galego que educa a seus fillos en castelán é o que puxo a eses neocaciques a cargo da administración. Aúpa CDG!
Comentario por Marcos da Portela (10-11-2010 00:14)
3 Ei de dicir, que estou completamente de acordo, faltaba máis, pero polo que me dixeron, esti#blgtk08#veron tocando os gaiteiros de Colexiata do Sar cando chegou á Catedral.
Apertas CDG!
Comentario por Antonio Prado (10-11-2010 11:37)
4 Estarían, pero nadie os veu. OS que #blgtk08#se viron foron os escoceses
Comentario por (11-11-2010 11:17)
5 Afortunadamente, o Papamobil pasou a toda velocidade. Creo mesmo que o chofer cando se deu conta, xa tiña pasado a Scottish Royal Pipe Band of Ourense.
Eso sí, unha vez na praza de Aza#blgtk08#bachería, o papa pudo deiletarse durante un gran rato da nosa fermosa gaita galega e do noso traxe tradicional. Incluso o Papa, mandou un saúdo a estos participantes que estaban na balconada.
Comentario por Diaspora (11-11-2010 11:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer