Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Berrogüetto gravará un DVD no seu concerto de Santiago
O vindeiro 13 de novembro ás 21:00 horas, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela vivirá un momento único na carreira de Berrogüetto, pois terá lugar a gravación do concerto para ser editado o ano próximo en DVD. Ademais, a banda sonora de The Way, creada por Tyler Bates, inclúe as cancións de Berrogüetto Nadal de Luintra e Fusco, as únicas achegas nacionais a un filme no que tamén participan artistas do talle de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.

A gravación deste concerto suporá a primeira ocasión na que a banda galega afronte o reto de gravar en directo unha das súas actuacións. Deste xeito, o último concerto nacional da xira Kosmogonías suporá un aliciente para os seus asistentes, arroupando a Berrogüetto e sendo protagonistas do seu novo traballo.

Para esta actuación, Berrogüetto desenvolveu unha escenografía especial non vista durante a xira, que se acompañará da peza de videocreación deseñada en exclusiva pola artista Olaia Sendón. O concerto de Santiago porá fin á xira que levou a Berrogüetto a escenarios de toda Galicia, ademais de cidades como Madrid, Zaragoza ou L´Hopistalet de Llobregat. O vindeiro DVD se publicará no ano 2011, coincidindo coa xira internacional Kosmogonías. Este concerto suporá o comezo do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.

Presentación do disco novo "Kosmogonías" en Santiago de Compostela
CICLO SONS DA DIVERSIDADE
Sábado 13 de novembro
Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
21:00h


www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer