Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Camiño a Teo
O día 6 de novembro chega o Papa a Compostela. Unha visita que durará exatamente 7 horas e 45 minutos e que custará ao erário público 4 millóns de Euros. Se queres fuxir da cidade e non sabes a onde, Sei o que nos Figestes e komunikando.net convidante a facer “O camiño a Teo”.

Cando?
Sábado 6 de novembro de 2010. Durante 7 horas e 45 minutos (de 11:30 a 19:15).
Onde?
No Campo de Santo Domingo en Solláns, parróquia de Calo, Concello de Teo.

Quen convoca?
Sei o que nos figestes e komunikando.net

Quen colabora?
Asociación cultural “Lúa Chea” (Calo)
Paiasos en Rebeldía
Radio Kalimera

Quen hai?
Paiasos en Rebeldía, A magnifique Bande, Airiños do Maycar, Pandereteiras Bouba, Pepe Penabade, Medomedá, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Leo i Arremecaghoná, Todo Tallada, ...

12:00h. Pasarrúas e espectáculos.

-Paiasos en Rebeldía
-A magnifique Bande dus homens sen medo (música de rúa)
-Airiños do Maycar (gaiteiros)
-Pandereteiras Bouba
-Dom Casto, Bispo do Reino de Galiza (Pepe Penabade)


14:00h Xantar Popular

17:00h Concerto a Teo.

-MEDOMEDÁ
-NOVEDADES CARMINHA
-ATAQUE ESCAMPE
-LEO ARREMECAGHONÁ
-TODO TALLADA


(O programa está aínda aberto e seguramente haberá algunha sorpresa máis)

Como?
O camiño a Teo contará cun presuposto tres ou catro mil veces inferior ao da visita do Papa, 1000 euros. Este é o diñeiro que estimamos nos custará a sonorización do evento. Ao tratarse dun concerto maléfico os grupos tocarán gratis (dende aquí o noso máis sinceiro agradecemento), aínda que, se conseguimos arrecadar unha cantidade superior aos 1000 euros, os artistas poderán receber polo seu traballo algún diñeiro.

A nosas vías de financiamento son dúas: a publicidade e o “cepillo” que pasaremos ese día.

Podes ingresar o teu donativo no número de conta 2080 0354 26 0040346416 da Asociación Cultural komunikando, en Caixanova, poñendo “Camiño a Teo” no conceito. Deus cho paghe!

Se tes un negocio e queres inserir publicidade no banner contacta con komunikando.net ou sei o que nos figestes.

O noso agradecemento aos nosos primeiros patrocinadoras/es:
Pub Avante (Cantom de Sam Bieito, 4, Compostela), Dinahosting (Rua das Salvadas, 41, rés-do-chao, Compostela), Café-Bar As Duas (Praça da Oliveira, Compostela), Malas Pécoras (Praça Algália de Baixo, Compostela), Pub O Curruncho (R. Entre-Muros, 12, Compostela), Tarasca (R. Entre-Muros, 13, Compostela),Café-Bar 13 (Rua Santa Clara, 13, Compostela), Café-Bar A Medusa (Praça Salvador Parga, 1, Compostela), O Muíño de Louro (Estrada Geral, Louro), O Dezaseis (Rua de Sam Pedro, 16, Compostela), Cofeepop (Rua de Sam Pedro, 9, Compostela) e Bar Tolo (Fonte de Sam Miguel, 8, Compostela).


Porquê?
Porque queremos exprimir o noso rechazo á visita do Papa e ao esbanxamento de diñeiro público, sobretodo en tempos de crise como os que vivemos, e queremos facelo como as galegas e os galegos mellor sabemos: de entruido (disfarzados de papas, cardeais, bispos, padres, de monxas ou freiras, de acólitos ou coroiñas, et cetera, et cetera), de romaria (atea).

Programa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-11-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer