Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Na Lúa PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira

Na Lúa foron un dos grupos de referencia na historia do folk galego e sempre salientaron por tomar un camiño diferente ao que estaba de moda naquela época dos oitenta na que naceron. No seu concepto musical engadiron unha dose de contemporaneidade que abriu un vieiro daquela inexplorado no noso folk.

Sen refugar de realizar mesturas musicais, un dos seus eixes de acción veu marcado polo seu achegamento musical a Portugal, sendo tamén os primeiros que investigaban nesa fonte. Na última entrevista concedida a este xornal manifestaban que houbo xente que os marcou, “caso de Zeca Afonso, Fausto ou Júlio Pereira. Houbo uns anos nos que Galicia estaba a ser colonizada polos sons escoceses e irlandeses e naquel momento a nosa música corría o risco de ser asimilada. Afortunadamente agora xa valoramos o propio. Somos música celta por facer música galega e non por outra cousa, e conste que a nós a céltica é unha música que nos agrada bastante”.

O grupo nace en O Porriño no ano 1980, aínda que tardaron un lustro en sacar ao mercado o seu primeiro disco, titulado co nome da formación. En 1987 editarían A estrela de maio e un ano máis tarde o ambicioso Ondas do mar de Vigo. Na década dos noventa publicaron Contradanzas, Peliqueiro, Os tempos son chegados e Feitizo.
Polo tanto estamos a celebrar o trinta aniversario do conxunto e resulta un momento axeitado para recoñecer o seu importante labor para que a música folk galega tivese unha factura moderna, sempre tendo en conta onde se achaban as raíces sonoras. “Cremos que é un erro non facer romances ou cantigas coa mesma intención coa que se facían na súa época. Semella que sacralizamos o pasado e non ollamos para o presente. Existe un certo carácter etnográfico que, quizais, nalgún momento está fóra de lugar”, comentaban naquela entrevista mantida con eles.

Sempre miraron cara adiante coa intención de estar ao día na súa proposta sonora, mantendo sempre unha personalidade propia. Comezaron como banda instrumental e logo incorporaron a voz de Uxía Senlle, a do finado Xose Manuel Eirís, que estivo con eles o ano 1986, e nos últimos tempos era Xabier Debesa quen exercía o cometido vogal na formación.

NaLúa acada o terceiro PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira, galardón que premia unha traxectoria sobranceira no eido do folk e que anteriormente foi parar ás mans do histórico arpista Emilio Cao e na pasada edición ás de Antón Corral.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer