Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Festa da Canción Mariñeira (Marín)
A terceira Festa da Canción Mariñeira se consolida con rutas musicais pola ría

A carpa da praza de España será o eixo central da terceira Festa da Canción Mariñeira, que comezará mañá pola mañá e durará ata o domingo. Unha das principais novidades deste ano consistirá na oferta de viaxes musicais en barco -45 minutos na ría e outro tanto en Tambo-, a un custo de dous euros e con saida do porto de Marín de forma máis ou menos continua de 12 a 17.30 horas. As prazas débense reservar na oficina de turismo ou no teléfono 886 208 086.

As travesías serán amenizadas por un grupo musical para entreter aos participantes.
A concelleira de Turismo, a nacionalista Pilar Blanco, explicou que na carpa haberá degustacións, a cargo de catro establecementos hosteleiros da vila. O menú incluirá, a prezos económicos, frituras de peixe, nécora, cigala, navalla, polbo e empanada. O mexillón estará ausente da carta, xa que a marea bermella impide a súa extración recente e o Concello non quere ofrecer produto foráneo. O peixe ponno a confraría de pescadores e as navallas a lonxa de Campelo.

No apartado máis musical das xornadas, destaca a actuación da banda de música do Ateneo Santa Cecilia, ás 13 horas de mañana, mentres que o prato forte das celebracións será Malvela, un grupo que naceu ligado á difusión da cultura galega, e que dará o seu concerto ás 22.30 horas.

O domingo ás 13 horas actuará a banda de música de Salcedo. Ás 20.30 horas tocaralle o turno á coral do centro sociocomunitario de Marín. Pola noite, intervirán Sobre Rodas e Combo Mariñeiro, a partir das 22 horas. En todos os casos, a maioría das temáticas das cancións estará relacionada co mundo do mar, e no caso concreto da coral do centro sociocomunitario tentará rescatar algunhas das cantigas populares da localidade.

Artesanía
Como complemento da programación, na carpa haberá dous espazos reservados para exposicións. Por un lado, o artesá Manuel Piñeiro exhibirá as súas producións con bimbios. Polo outro José Manuel Formoso traerá unha selección dos mellores exemplares da súa colección de cunchas. Pilar Blanco precisou que no caso de Formoso trátase dunha das maiores colecións de macaloloxía de toda Galicia con pezas de todo o mundo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer