Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación dos novos cursos de Rebulir (Ramirás)
O vindeiro Sábado día 25 de Setembro as 19:00 h no Centro Sociocultural de San Andrés (Vilavidal – Ramirás), terá lugar o acto de apertura do curso lectivo 2010/2011 da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.

Neste explicaranse aos alumnos e familiares os horarios e actividades a desenvolver nos meses próximos. A principal novidade para este ano será creación dun futuro grupo de pandereteir@s que será constituído por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, o cal comezara a súa andadura polo mes de Decembro.

As disciplinas que se impartirán serán as seguintes:

- Baile Tradicional (Mestres: Alexandre Sotelino Losada e Ángela González Amoeiro)
- Canto e Pandeireta (Mestra: Mar Aragonés Montenegro)
- Gaita (Mestre: Jesús Pérez Saburido)
- Percusión Tradicional (Mestre: Marcos Pérez Saburido)
- Obradoiros e actividades de etnografía (Mestres convidados)

O mesmo acto será tamén o foro onde se entregarán os premios correspondentes ao III Concurso de Fotografía Antiga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer