Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Mini e Mero
Homenaxe en Riotorto a Mini e Mero, os mestres de mestres

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, Mini e Mero40 asociacións culturais homenaxean a Mini e Mero, dúas figuras senlleiras da música e da cultura galega. Será este venres, 24 de setembro, no marco da Festa da Cultura, no concello de Riotorto (Lugo).


Trátase, segundo os organizadores, dun recoñecemento obrigado de todo o pobo galego e, de xeito moi particular do movemento asociativo, polo seu labor, difusión e estudo da nosa música, do seu compromiso coa lingua e a cultura galega e da súa colaboración coas causas vencelladas ao noso país. Mini e Mero serán nomeados socios de honra das entidades organizadoras, xa que consideran que “significan o triunfo da palabra, propia ou prestada, escrita ou falada, pero nosa”.

Sociedade • 20/09/2010 • Autor: Redacción
A homenaxe vai consistir nun concerto no que participarán Susana Seivane, Os Tres Trebóns, Os Minhotos, Xavier Díaz e Ugia Pedreira, fechando o mesmo unha actuación dos homenaxeados. Asemade entre a actuación de cada un dos grupos farán uso da palabra persoas vencelladas á actividade destes dous galegos como a escritora Marica Campo, Xesús Mato, gran promotor da musica galega e impulsor de Fuxan os Ventos e Afonso Blanco, Presidente de Xermolos e impulsor do festival de Pardiñas.

Trátase dunha homenaxe aberta a todas as persoas e colectivos que así o desexen. Poden achegar as súas suxestións ao correo: festadacultura@gmail.com

Paralelamente, ao día seguinte e tamén o domingo, celebrarase a Feira do Libro e do Disco con actuacións de Magín Blanco, Anxo Moure ou a presentación do ensaio "Rosalía, o clamor da rebeldía" de Pilar García negro. Unha publicación premiada pola Fundación Vicente Risco. A cantante Ugia Pedreira tamén presentará o seu disco-poemario "Noente Paradise". Ademais levarase a cabo un recital poético onde se reencontrarán músicos da xeración dos 80.

www.radiofusion.eu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer