Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XLIII Concurso de Gaitas de Ponteareas
O vindeiro domingo celebrase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, o XLIII Concurso de Gaitas, o mais antigo de Galicia, que xa é unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, e que xa está considerado como o certame de música tradicional galega de máis amplia traxectoria.

Poden participar no concurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.

Sinalar que o concurso de gaitas desenvolverase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, por mor das obras de renovación das intalacións do auditorio “Reveriano Soutullo”.

A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, e a directiva do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, que consciente da importancia deste concurso cede as súas instalacións.

Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros

O Concello de Ponteareas, tamén aboará a tódolos grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.

Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.

Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-09-2010 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Os concursos cada vez se apunta menos xente, xa que son sempre os mismos os que levan os premios.
como se poden apunt#blgtk08#ar ghaiteiros novos de 15 ou 16 anos se despois van os atracadores de concursos e levan os premios todos.
uhna pena.
Comentario por cada dia menos concursantes. (18-09-2010 11:24)
2 Eso e primeiramente unha falta de respeto a os concursantes comentarista 1 ou envexa.Os concursos son para demostrar, os par#blgtk08#ticipantes para participar e o xurado inda que na maioria dos cason non esta a altura dos concursantes para puntuar.
Comentario por Miguel (18-09-2010 12:47)
3 A música é unha arte, non unha co#blgtk08#mpetición. Que hai que demostrar?
Comentario por (20-09-2010 00:42)
4 Ya sabemos que la musica es un arte, ese arte hay que demostrarlo, bien sea en un escenario, exposición (caso de pintura , escultura)etc y ya que dices que no es u#blgtk08#na competición, la vida en si misma es una competición día a día., tu mismo estás compitiendo en opinión.
Un saludo
Viva el arte de la buena música.
Comentario por Competición (20-09-2010 08:57)
5 Quen entrega a vida a un#blgtk08#ha arte nunca competirá.
Comentario por (20-09-2010 13:28)
6 Morrerá #blgtk08#de fame
Comentario por Cuco (20-09-2010 15:50)
7 Pero #blgtk08#feliz
Comentario por (20-09-2010 15:51)
8 Sen os "atracadores de concursos", como di o do comentario 1, os concursos serían unha merda.
xa se veu este ano en ponteareas que había unha diferenza ABISMAL#blgtk08#!!! , entre os dous primeiros premios e o resto dos premiados.
Ten razón o do comentario 2. ¡¡¡a ver cando os concursos contan cun xurado q esté a altura!!!
Comentario por (20-09-2010 16:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer