Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Escándalo pola organización do Xacobeo no concerto de Carlos Nuñez
Medio milleiro de persoas asubiando ás portas do Obradoiro porque os antidisturbios non os deixaban entrar mentres o centro da praza estaba repleto de cadeiras para VIPS baleiras. Ex-altos cargos da Xunta saltándose a barreira policial. Berros de "A por ellos!" que interrumpen a actuación. Esto é só parte o panorama co que tiveron que lidiar Carlos Nuñez e os Chieftans no polémico concerto deste sábado en Santiago.

Segundo informaron a GC varios asistentes, a organización do evento, a cargo do Xacobeo, reservou case todo o centro da praza para invitados, autoridades e prensa. Porén, moitos deles non se presentaron a ver ao afamado gaiteiro.

Si acudiron moitísimos cidadáns ao concerto programado de b alde a partir das 20:30. Porén, xa dende as 20:15 axentes antidisturbios impedían a entrada ao recinto, alegando que o aforo estaba cheo. Algo que non era certo, pois ademais das butacas libres, había moito espazo para o público de pé sen cubrir.

A reacción do público foi comezar a asubiar. Pouco a pouco os berros de "Feijóo dimisión!" medraron na multitude. Os máis lanzados incluso tentaron superar a barreira policial, o que provocou algunhas carreiras dos axentes.

O nivel da protesta era tal que chegou aos ouvidos do músico. Carlos Nuñez equivocouse, e dende o escenario fixo alusión a unha posíbel protesta política. Logo tentou calmar os ánimos alegando que o concerto sería transmitido pola TVG en diferido.



Despois de unha hora de protestas, a organización entrou en razón e permitiu a entrada dos espectadores, que non tiveron problemas para ocupar o espazo libre. Estoutro vídeo de GC proba a gran cantidade de espazo vacío que había cando a Policía xa non deixaba pasar á xente:



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2010 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 o que me parece mais forte mais aló de problemas de organización que sempre hai é o pouco respeto que hai pola música, chega a ser bisbal ou outro calquera e a xente estaría agardando dende o día anterior previo pago dunha entrada de 25#blgtk08# ou 30 €. pero claro como é musica galega podemos armar o cristo e que lle den a todos. O mellor unha frase que se escoitou de: se nos non podemos entrar, vós tampouco podedes tocar, cando había xente collendo sitio dende as 4 da tarde
Comentario por (15-09-2010 23:37)
2 o que me parece mais forte mais aló de problemas de organización que sempre hai é o pouco respeto que hai pola música, chega a ser bisbal ou outro calquera e a xente estaría agardando dende o día anterior previo pago dunha entrada de 25#blgtk08# ou 30 €. pero claro como é musica galega podemos armar o cristo e que lle den a todos. O mellor unha frase que se escoitou de: se nos non podemos entrar, vós tampouco podedes tocar, cando había xente collendo sitio dende as 4 da tarde
Comentario por (15-09-2010 23:50)
3 Eu estiven coa xente da valla, o que fixo a organización foi denigrante. Eramos 50 personas que estabamos no segundo corte (había un corte antes que conseguimos evitar) e atopabamonos o carón do escenario habia sitio para 4 veces máis pero non nos deixaban pasar. Eu non formei parte dos asubíos porque a música é a que ten que escoitarse no#blgtk08# concerto e paréceme unha falta de respeto ó músico, pero repito que a xente estaba moi picada, había sitio de sobra e facíanse os cegos. O peor de todo foi cando un da organización dixo que por 50 euros deixabanos pasar eso picou moito máis ademais de ver como xente saia do concerto ós 10 minutos de empezar, cousa que me parece incrible.
Comentario por (16-09-2010 13:07)
4 Cheguei as 20h pola entrada da igrexa de San Francisco e tampouco me deixaron pasar.P´´esima organizaci´´on,que foron os unicos culpables dos asubios e os gritos de "fora,fora" que lle adicamos dende ese lado.En ningun momento fixemos alusions politicas(xa non poño tiles pq o portatil anda tolo) e ese si q foi un grave erro por parte de Carlos Nuñez por falar sen saber antes de tempo.Asubiamos e gritamos cando remataban os aplausos e ainda non tocaba,para q se escoitase ben.Respeto polo musico teño moito,asi q o comentario un confu#blgtk08#ndese bastante.Tranquil@ que ainda q fose de balde,Carlos vai a cobrar os seus miles de euros.Repito,a critica vai directamente a organizacion(non teño queixa da policia nacional q incluso nos deixaba pasar e dicia que habia sitio bastante,pero q ´´el non mandaba).Falta de respeto ´´e o que tiveron todos eses "vips" que deixaron asentos baleiros.
E xa falando do concerto,e como opinion personal,loxicamente,xa fun a mais de dez concertos de Carlos e dende logo este non est´´a nin por asomo entre os mellores.
Un saudo.
Comentario por (17-09-2010 00:20)
5 o meu comentario e o seguinte:ollando o dos videos de youtube que estan censurados por carlitos,xa se dice todo,parece que non interesa que se vexa a realidade do que pasou,Eu mireino pola tele,e podo dicir#blgtk08# que ali collia moitisima mais xente,que habia moitas sillas baleiras dos vip,e que este meteu a pata ata onde espalda perde o seu nome cos comentarios que fixo sen saber certamente o que pasaba,unha aperta
Comentario por (17-09-2010 09:52)
6 A miña familia máis eu cheghamos as 4 da tarde, en previsión de coller unha cadeira, E NON SOMOS VIP´S, nun sitio que nos apetecera,sendo o concerto que ia ser,catro horas e media despois, alghún diria "mataos", pois non, ó atopamos, pero papamos unha de sol boa, de feito ando a paghar as consecuencias hoxe.
Dito esto, E NON SOMOS VIP´S, e que nun concerto destes, o que non se pode facer e andar de viños e dez minutiños antes do concerto, vamos de "ghuais" e quero silla, e como decia o anuncio do concerto: cando se completara o aforo pecharíase a praza, pois así o fixeron.
E que pasou, LIO E MAIS LIO, o sitio hai que buscalo é gardalo, a nós tamén apetecerianos andar de viños é tapas, e cinco minutos antes do concerto, si tivera entrada vip´s ir ao centro e na primeira fila, pero non foi o caso, nos fodemos, pasamos a tarde na cadeira co cú máis chan que o solo, para escoitar o concerto que nos fodechesdes todos cos vosos ghritos. É mentira que cando soaba a música a xente deixaba de liala, porque era cando a armaban máis.
Eu me preghunto: si esa xente que deixaron pasar, "quentes" como viñan, entre eles, alghún "arma danzas", quixera "reventarlle o concerto" a C#blgtk08#arlos, e se formara unha estampida, penso eu como a que se armou na ALEMANIA, hoxe andaríamos a falar de mortos, fun cos meus nenos, para ir meténdolles o "gusanillo" da música tradicional, DO NOSO, como o facemos a sua nai máis eu dende fai unhos cantos anos, e con éxito. Ademais de ir a ver a uns cantos amighos que ese día tocaban a GHAITA con Carlos, un día moi especial para eles e para nós. As medidas de SEGURIDADE SON AS MEDIDAS DE SEGURIDADE, se pasara algho o millor un dos afectados é alghén da miña familia ou eu mesmo. E A QUEN CULPO?, os da valla? por ser o comenzo dunha boa, a os da organización? por facer algho incorrecto, ou a CRISTO BENDITO?. Reflexionade sobre esto.
E para rematar, un comentario, que decia que non foi un dos seus mellores concertos, pois eu digho: porque ghastaches tanta enerxía, e en vez de jodernos o concerto, non diches media volta e marchaches para a casiña?.
En compensación tivemos a sorte de escoitar todas as probas se son e ata afinar cos meus amighiños antes do concerto, escoitando alghunhas das cancións interpretadas unhas horas máis tarde pero para vinte que éramos.
Saúdiños, e para a próxima hai que previr a continxencia.
Comentario por O novo (17-09-2010 14:29)
7 totalmente de acordo, o concerto non saíu toto o ben que podía sair pola tensión que se orixinou, creo que para calquera que prepare un concerto durante tanto tempo non é prato de bo gusto que lle boten abai#blgtk08#xo todo e debe ser bastante frustrante facer música con ese ambiente. Eu quedei fora de moitos concertos por non chegar a tempo a coller sitio, e nunca montei ningun escandalo de estos, en que país vivimos?
Comentario por (18-09-2010 00:51)
8 Vese que o comentario 6 fala sen saber,como lle pasou a Carliños no concerto.Na entrada que habia pola igrexa de san francisco non gritamos en ningun momento cando estaban tocando.Esa ´´e a primeira aclararion.
2ªDis que viñamos de viños e tapas.Resulta que este agora ´´e pitoniso e sabe de onde vimos.Se saimos as 18h de trabalar de vigo,vividor,non podemos ir coma ti 4 horiñas antes a sentar o c´´u.
3ªNon t vaias polos extremos e non me compares o de alemaña co da plaza do obradoiro.Se mesmo un policia nacional,como xa puxen,dixo q habia sitio abondo para estar e con total seguridade.
4ªSe non p#blgtk08#rotestasemos,non entrariamos,como asi fixemos a media hora de comezar o concerto.
5ªFun o concerto pq me gusta Carlos Nuñez.E volvo a repetir que este non foi dos seus mellores concertos,e iso non significa que teña q marchar do concerto pq ti queiras,´´e a miña opini´´on personal.
6ªOs 10 gaiteiros que tocaron tam´´en os coñezo eu a case todos.Xa toquei e bailei con moitos deles,´´o igual que con Carlos Nuñez,flipao.
Pero bueno,se a proxima vez teño q previr a continxencia como dis,vas ti a traballar por min e eu vou a montar a mesa e a xogar as cartas mentres che gardo o sitio.
Saudiños.
Comentario por (18-09-2010 22:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer