Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ciclo Trad en Carballo
28 de agosto de 2010 11:00 h - 20:00 h

Dentro do Ciclo Trad, aCentral Folque organiza varias actividades ao redor da improvisación oral ou repentismo
, manifestación universal sobre a controversia entre dous ou máis improvisadores que en Galiza se denomina regueifa, brindo ou loia. Será un día cheo de actos ao redor desta arte na que se pretende reunir non só a improvisadores populares, mais tamén, a profesionais da escena relacionados coa improvisación que comparten fundamentos esenciais coa esta disciplina.

O encontro tamén vai dirixido a profesionais da comunicación social, investigadores e especialistas dos saberes dos que participa a regueifa co obxectivo de crear un lugar de intercambio sobre o movemento repentista en xeral, e sobre a regueifa en particular.

O encontro no que intervirán os regueifeiros Luís Correa “O Caruncho” e Benito Lombariñas explicándonos os segredos da súa arte contará tamén coa presenza de Cristina Domínguez e Ramón Pinheiro Almuinha,

As xornadas son de balde pero debe confirmarse a reserva cun mail a info@folque.com ou cunha chamada ás oficinas de aCentral Folque no +34 881 031 829.

Programa sobre a improvisación oral no Ciclo Trad 2010. Sábado 28 agosto.
Pazo da Cultura. 11 h


Encontro sobre a improvisación oral:
- Presentación con Cristina Domínguez e Ramóm Pinheiro
- Aula maxistral con Luis Correa “Caruncho” e Benito Lombariñas
- Reflexións sobre o repente

12.30 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Obradoiro de regueifa para público infantil

14.30 h Xantar do repente

19 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Presentación do libro “O regueifeiro Celestino Álvarez Castro” de Xosé M. Varela

19.30 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Sesión de regueifa con improvisadores locais.

22.30 h Praza do Concello
Concerto de Os Carunchos
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 http://www.buyche#blgtk08#apuggbootss.com/
Comentario por ugg boots (12-10-2011 05:54)
2 http://www.buyche#blgtk08#apuggbootss.com/
Comentario por ugg boots (12-10-2011 05:54)
3 que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxad#blgtk08#o. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 06:28)
4 que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxad#blgtk08#o. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 06:38)
5 que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxad#blgtk08#o. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.
Comentario por cheap ugg boots (12-10-2011 06:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer