Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo
1º Pablo Devigo e Alberto Costas
2º Oscar Ibañez e Carlos Estévez
3º Pedro Álvarez e Miguel Rivas

Pablo Devigo gañou por terceiro ano consecutivo o concurso de gaiteiros solistas.
O segundo premio, estatuiña e 1.000 euros, foi para Óscar Ibáñez e o terceiro, estatuiña e cincocentos euros, para Pedro Álvarez.


O xurado estivo composto por Álvaro Novegil Dopazo, Begoña Louzao Filgueira, Andrés Vilán Lorenzo, José Luis Represas Carrera e actuou como secretaria Filomena Álvarez Bértolo.

O gaiteiro Pablo Devigo alzouse por terceiro ano consecutivo co premio do concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo, que celebraba a súa duodécima edición dentro do marco da Festa do Gaiteiro. O xove músico conseguiu o primeiro posto, dotado con 2.000 euros, interpretando un fandango que sorprendeu ao xurado e unha versión dun tema do compositor galego Ernesto Campos. Óscar Ibáñez, outro veterano e gañador en pasadas edicións, conseguiu o segundo posto e Pedro Álvarez o terceiro.

No concurso competiron outros nove músicos «experimentados» segundo o xurado encargado de dirimir o fallo. Rubén Troitiño, natural de Soutelo, foi o primeiro en tocar ao seguir a orde inversa á inscrición. Javier Vázquez (Eivissa), Isidro Vidal, Rafael Carracedo (Alcorcón), Marcos Castro, Luís Alberto Gómez (Irún) e Javier Soto tamén participaron nesta disputada edición.

O concurso de solistas é unha cita xa consolidada na festa de Soutelo, que aposta pola música e os instrumentos tradicionais. A Consellería de Economía e Industria quixo tamén prestar o seu apoio visitando a Feira de artesanía, especializada na elaboración de instrumentos musicais tradicionais. A xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, asistiu ao mercado da Praza de Venezuela para ver as pezas confeccionadas por unha vintena de artesáns que alí se deron cita.

La Voz de Galicia
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-08-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 O que foi con Pedro Alvarez non #blgtk08#é Miguel Conde....é Miguel RIVAS
Comentario por (29-08-2010 17:33)
2 Non te preocupes que o texto é unha trapallada#blgtk08#, terá como 70 erros mirando polo baixo jejeje
Comentario por (30-08-2010 16:32)
3 jajaja ...xa cambi#blgtk08#aron o nome...jeje
Comentario por (02-09-2010 17:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer