Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Xurxo Fernández (Matamá Ensemble)
A banda Matamá Ensemble acaba de gañar o II Certame de Música Folk de Plasencia

Son de Vigo e gañaron este mércores o II Certame de Música Amigos do Folk de Plasencia, sobre outros 24 grupos procedentes de todas partes de España. Xurxo Fernández (gaita), David Belas (saxo soprano), Lucía Comesaña (zanfona e voz) e Noa Vidal (percusións e voz) forman Matamá Ensemble, un grupo que aposta pola contemporaneidade da música tradicional galega, desde unha óptica actual. Tras ser os finalistas do concurso xunto a unha banda vasca e outra andaluza, o xurado cacereño elixiunos como os mellores da edición.

Como senten logo de gañar o concurso?
Estamos moi contentos, moi satisfeitos co noso traballo. A verdade é que levamos moi pouco tempo como grupo nos escenarios, e conseguir algo así é estupendo. Aínda estamos celebrándoo.

O grupo naceu en xaneiro deste ano, e xa foron recoñecidos a nivel nacional con este premio. Como xurdiu este proxecto?
Eu uninme un pouco máis tarde, en xuño, cando xa estaba o grupo rodado e xa deran o seu primeiro concerto, por abril. A idea partiu de David Bellas [o saxofonista], que é quen adapta as cancións. Pero somos todos amigos, tres de nós somos compañeiros do Conservatorio Superior, nos estudos de Instrumento Tradicional.

Nos seus temas mesturan a música tradicional coa música contemporánea, cren que é esa a fórmula do seu éxito?
Eu non diría que facemos música contemporánea, porque é un tipo de música demasiado inamovible, moi particular. Creo que nos adaptamos aos tempos, que a música tradicional galega está sempre evolucionando, e iso é o que tocamos. A tradición está viva. Facemos todo en base á música folclórica galega, desde muiñeiras, e ata pasodobres e xotas.

O premio que conseguiron permítelles aparecer no cartel oficial do certame do ano que vén, están xa pensando algo de face á próxima edición?
Aínda estamos celebrando o premio, así que non temos a cabeza posta no próximo ano, pero si que esperamos empezar a gravar algo de xeito profesional, e sobre todo, seguir cara a adiante.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer