Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Matamá Ensemble
O grupo galego "Matamá Ensemble" gañou o II Certame de Música Amigos do Folk Plasencia, cuxa disputa supuxo o inicio da programación oficial do XV Festival Internacional Folk deste municipio cacereño, que se celebra ata o vindeiro sábado.

Grazas a este premio, o cuarteto vigués Matamá Ensemble, formado por Xurxo Fernández (gaita), David Bellas (saxo soprano), Noa Vidal (percusión e voz) e Lucía Comesaña (zanfona electroacústica e voz), asegúrase un posto para poder actuar na edición de 2011 do Festival Internacional Folk de Plasencia.

A Asociación de Amigos do Folk Plasencia, co patrocinio do Concello, organizou este certame, que se celebrou no Teatro Alkázar.

Tras recibir propostas de 24 grupos, o citado colectivo decidiu que os grupos finalistas fosen os andaluces Stolen Notes, os galegos Matamá Ensemble e os vascos Sokaide.

Durante corenta minutos, os tres grupos presentaron ante o público as súas "credenciais" e finalmente, o xurado profesional formado por Alicerce Barrios (etnomusicóloga da Universidade de Estremadura), Sonia Frías (xornalista de Radio Círculo de Madrid), Javier Monteagudo (membro do grupo Balbarda), Jesús Bravo (programador do Festival Magusto de Carvajo) e Miguel López (presidente de Amigos do Folk Plasencia) decidiuse pola banda galega.

Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e a contemporaneidade da música tradicional galega, desde unha óptica actual, con arranxos modernos que escorregan por encima das melodías e clichés coñecidos por todos.

O grupo naceu en Vigo en xaneiro de 2010, presentouse ante o público en abril do mesmo ano e conseguiu un gran éxito de público e crítica.

O seu repertorio é unha viaxe pola música tradicional galega dos últimos cincuenta anos, incluíndo muñeiras, pasodobres e xotas, entre outros sons.

www.farodevigo.es








Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por eu (26-08-2010 17:19)
2 QUE BUEN#blgtk08#O!!!!!!
Comentario por eu (26-08-2010 17:19)
3 David Bella#blgtk08#s, non Belo
Comentario por (26-08-2010 17:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer